Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

20
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA GALEGA 1º BACHARELATO Curso 2014-15 GUIÓN I. OBXECTIVOS II. CONTIDOS III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS IV. MEDODOLOXÍA DIDÁCTICA V. MATERIAIS CURRICULARES VI. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN VII. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN VIII. CONTIDOS MÍNIMOS EXIXIBEIS PARA A CUALIFICACIÓN POSITIVA IX. PROXECTO LECTOR E PLAN TICs X. PROGRAMAS DE AULA

Transcript of Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

Page 1: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA GALEGA

1º BACHARELATO Curso 2014-15

GUIÓN

I. OBXECTIVOS

II. CONTIDOS

III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

IV. MEDODOLOXÍA DIDÁCTICA

V. MATERIAIS CURRICULARES

VI. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

VII. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

VIII. CONTIDOS MÍNIMOS EXIXIBEIS PARA A CUALIFICACIÓN POSITIVA

IX. PROXECTO LECTOR E PLAN TICs

X. PROGRAMAS DE AULA

Page 2: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

2

I. OBXECTIVOS

1. Comprender o contido global e particular, así como a intención e

propósito dos discursos orais, escritos e audiovisuais procedentes de

diversos contextos comunicativos da vida social e cultural;

nomeadamente, dos ámbitos público, educativo, profesional e dos

medios de comunicación.

2. Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe axustando

o discurso a diferentes situacións comunicativas (especialmente ás do

ámbito académico) e mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a

adecuada presentación e a utilización dos principais elementos

cohesivos.

3. Desenvolver as principais técnicas de comunicación e aprendizaxe

relativas á comprensión e á produción que se empregan durante a

interacción oral, para lograr os fins pretendidos e atendendo aos

distintos contextos.

4. Identificar os diversos tipos de textos orais, escritos e audiovisuais e

reflexionar sobre a súa estrutura, así como recoñecer o seu tema e a

organización da información.

5. Interpretar e valorar criticamente a información e as mensaxes que

emanan dos distintos discursos e utilizar con autonomía e espírito crítico

as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

6. Planificar, realizar e corrixir as propias producións de xeito que a

persoa usuaria da lingua sexa axente social no seu ámbito, contribuíndo

a consolidar as distintas funcións sociais da lingua (de identidade,

familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional).

7. Coñecer a realidade multilingüe do mundo, de Europa e do Estado

español valorando positivamente a riqueza que representa e fomentar o

desenvolvemento da competencia pluricultural e, en especial, o da

plurilingüe.

8. Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social da nosa lingua

e factores e procesos que ao longo da súa historia a levaron á situación

actual.

9. Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas

variedades e superar estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de

valor e prexuízos.

Page 3: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

3

10. Recoñecer e analizar as distintas unidades da lingua e o seu

funcionamento a partir dos distintos tipos de textos que se producen en

contextos diferentes, cun achegamento analítico que observe a lingua

partindo da globalidade até chegar ás unidades mínimas.

11. Apreciar e valorar a corrección e precisión formal como unha

condición para que a comunicación funcione de maneira óptima.

12. Adquirir un corpus léxico importante, adecuado á intención e á

situación comunicativa, almacenable a longo prazo, de fácil acceso e

formalmente correcto.

13. Coñecer as características das principais etapas da literatura galega

así como as correntes, xéneros, autoras e autores e obras máis

representativas utilizando fontes bibliográficas axeitadas para o seu

estudo.

14. Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e fragmentos

representativos das diferentes épocas da literatura galega en tanto que

expresión de determinadas circunstancias históricas e sociais.

15. Concienciarse de que unha lectura crítica e de calidade mellora a

competencia comunicativa, xa que posibilita a formación, a información e

o pracer.

II. CONTIDOS

Bloque 1. Contidos comúns

Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza

diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da

etapa post-obrigatoria.

Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de

coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica

que facilitan a comunicación lingüística.

Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de

xeito documentado e cun vocabulario rigoroso que lle proporcionen ao

alumnado os rudimentos do discurso científico.

Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a

interacción comunicativa.

Page 4: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

4

Busca, obtención, selección e integración de información procedente de

fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e

polas tecnoloxías da información.

Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e

consideración positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da

normalización lingüística.

Interese pola literatura como manifestación artística do ser humano,

como fonte de formación permanente e de satisfacción persoal.

Reflexión e análise de obras e fragmentos de diversos períodos

literarios.

Bloque 2. Lingua e texto

Reflexión e comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral

que teñen que ver coa comunicación e a linguaxe: comunicación,

linguaxe, lingua, unidades lingüísticas, signo lingüístico, funcionalidade

lingüística e disciplinas lingüísticas.

Reflexión sobre o concepto de rexistro lingüístico, os seus tipos e as

súas manifestacións lingüísticas. Aplicación ás producións propias dos

coñecementos adquiridos. Análise do rexistro en producións alleas.

Recoñecemento da presentación e corrección ortográfica como dúas

propiedades textuais que deben aplicar ás producións propias. Repaso

de casos de ortografía dubidosa.

Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e

características lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero e número, o

grao do adxectivo, as conxuncións comparativas.

Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e

características lingüísticas. Outras palabras adnominais (artigo,

demostrativo, posesivo, cuantificadores e identificadores).

Caracterización e tipoloxía.

Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e

características lingüísticas estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. Os conectores: preposicións e conxuncións. Caracterización

e tipoloxía. As locucións prepositivas. O adverbio: caracterización e

tipoloxía. As locucións adverbiais.

Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido,

características lingüísticas. Os pronomes: caracterización e tipos.

Funcións e usos.

Page 5: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

5

Bloque 3. A sociolingüística

A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino:

principais evolucións fonéticas do latín ao galego. Cultismos,

semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas irregulares.

A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade

lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.

A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na

Península Ibérica. Territorios, usos e situación legal. O caso galego.

Bloque 4. A literatura

A literatura e o texto literario. Xéneros e recursos formais. Introdución á

cronoloxía xeral da historia da literatura galega.

A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de

escarnio) e a lírica relixiosa (as cantigas de Santa María).

Caracterización, lectura e comentario. A prosa medieval.

A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e

culta. Caracterización, lectura e comentario.

A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía

de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores

coetáneos.

III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, RELACIONADOS

COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Interpretar diferentes tipos de discursos orais, escritos e audiovisuais e a

situación en que se desenvolven, captando o sentido global e a intención do

discurso, a mensaxe e as súas ideas principais e secundarias. Con este criterio

preténdese avaliar a capacidade do alumnado para comprender e valorar na

súa integridade textos de distinta natureza, recollendo as ideas fundamentais

en resumos, esquemas ou mapas conceptuais tras aplicar distintas estratexias

Page 6: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

6

e coñecementos de carácter lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Ademais

deben ser capaces de identificar a intención comunicativa dun texto

(información, opinión ou persuasión) sendo quen de emitir xuízos críticos sobre

el.

2. Participar en interaccións orais de acordo coas normas establecidas e

realizar producións orais planificadas, relacionadas con algún contido do

currículo ou tema de actualidade e usando recursos audiovisuais, bibliográficos

e das tecnoloxías da información e comunicación. Avaliarase a capacidade do

alumnado para participar de forma activa, autónoma e con eficacia

comunicativa en interaccións orais. Así mesmo, comprobarase a capacidade do

alumnado para planificar e realizar exposicións orais sobre os temas

mencionados integrando a información obtida da consulta e selección de

diversas fontes de documentación e da utilización de diferentes recursos e

estratexias. Valorarase a pronuncia e a entoación axeitada, a corrección

gramatical, a fluidez, a presentación, a estrutura e o emprego do léxico

adecuado á situación comunicativa, así como o uso dos elementos

paralingüísticos oportunos.

3. Compoñer producións escritas planificadas sobre temas de actualidade

ou curriculares, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada,

con coherencia, cohesión, corrección ortográfica amais dunha coidada

presentación. Trátase de verificar a capacidade do alumnado para comunicarse

por escrito de forma planificada, ben sobre papel ben en soporte dixital;

valorarase a presentación clara e ordenada, a corrección gramatical e o uso

dun rexistro adecuado á situación comunicativa, a selección e presentación do

tema e das ideas de xeito lóxico, así como a axeitada utilización de

mecanismos de cohesión lingüística que doten estas producións de certa

entidade.

4. Caracterizar e identificar diferentes tipos de textos orais, escritos e

audiovisuais procedentes de diversos contextos comunicativos da vida social e

cultural, sobre todo, dos ámbitos científico e académico e dos medios de

comunicación. Este criterio refírese á valoración da capacidade para identificar

o tema, estrutura formal e informativa e nivel de adecuación de diversos tipos

de textos pertencentes a diferentes ámbitos de uso. Igualmente preténdese

comprobar se o alumnado é quen de manexar o tipo de texto máis oportuno

para cada situación comunicativa que se lle presente na súa vida cotiá.

5. Coñecer os conceptos teóricos, as normas de uso e os procedementos

lingüísticos (flexión, clasificación, análise, etc.) propios da gramática galega.

Trátase de verificar o coñecemento formal e a capacidade de reflexión sobre a

lingua que posúe o alumnado, a cal se observará a partir da súa capacidade de

indución sobre textos de distinta natureza.

Page 7: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

7

6. Utilizar sistematicamente os coñecementos lingüísticos para comprender

e analizar textos alleos de distintos ámbitos sociais e para producir, compoñer

e revisar textos propios e de temáticas diversas. Con este criterio trátase de

comprobar se o alumnado é quen de transferir e aplicar de xeito reflexivo os

coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico co fin de mellorar a

recepción de textos e a revisión e composición das propias producións.

7. Coñecer e utilizar un caudal léxico (palabras, frases feitas,

combinacións, fórmulas sociais ou elementos discursivos) apropiado e amplo

que incremente non só o vocabulario receptivo, senón, e sobre todo, o de tipo

produtivo. Este criterio servirá, por unha banda, para comprobar a adquisición

dun léxico receptivo que permita mellorar e ampliar a comprensión de textos de

distinto tipo e grao de complexidade; por outra, trátase de verificar se o novo

caudal léxico que se vaia adquirindo é comprendido, retido e reutilizado

adecuadamente en producións propias cada vez máis elaboradas.

8. Diferenciar as variedades internas da lingua e identificar as

interferencias lingüísticas e desviacións da norma. Preténdese que o alumnado

sexa quen de recoñecer nos textos a información que determinadas marcas

lingüísticas proporcionan sobre a súa cronoloxía, a procedencia xeográfica do

emisor, o grupo social a que pertence ou o contexto en que se producen. Así

mesmo, terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar estes

coñecementos ás propias producións evitando, sobre todo, a utilización de

interferencias de sistemas lingüísticos alleos.

9. Valorar a lingua galega e ser quen de identificar os prexuízos e

estereotipos que están ligados a ela. Con este criterio trátase de verificar se o

alumnado é consciente da situación lingüística actual e da súa problemática,

así como se ten capacidade para manifestarse de forma crítica e razoada sobre

o tema. Valorarase se o alumnado é capaz de recoñecer prexuízos e

valoracións pexorativas presentes nos usos lingüísticos, así como a súa

capacidade para reflexionar sobre eles e evitalos de forma consciente nas súas

propias producións.

10. Coñecer as causas históricas da situación actual dos usos lingüísticos

en Galicia e valorala con espírito crítico e reflexivo, manexando de xeito preciso

a terminoloxía sociolingüística. Este criterio pretende comprobar se o alumnado

entende a lingua como un fenómeno social e diacrónico que explica a

problemática actual do galego.

11. Coñecer a historia da literatura galega: as principais etapas,

movementos, autoras e autores e obras. Trátase de comprobar se o alumnado

coñece as claves da nosa historia literaria e se comprende a produción literaria

como un produto cultural situado nun contexto sociohistórico determinado.

Page 8: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

8

12. Ler, analizar e comentar obras e fragmentos significativos da historia

da literatura galega, utilizando os coñecementos sobre as formas literarias

(xéneros, recursos literarios, versificación) e os distintos períodos, movementos

e autores. Preténdese que o alumnado sexa quen de ler, interpretar, analizar e

valorar con espírito crítico textos e obras literarias utilizando coñecementos

históricos e de análise de texto literario (xénero, estrutura, temática, recursos

formais). Tamén se valorará a súa capacidade para consultar e manexar de

forma autónoma distintas fontes de información que lle permitan interpretar

textos e obras literarias.

IV. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

O proceso de ensino debe estar dirixido non tanto á transmisión de

coñecementos como ao desenvolvemento por parte do alumnado de

habilidades e estratexias de planificación da propia actividade de aprendizaxe.

Será preciso integrar na práctica da aula tanto procedementos, conceptos e

actitudes como o traballo das capacidades básicas (escoitar, falar, ler e

escribir) así como todos os bloques de contidos presentes nos currículos.

A actividade construtiva do alumnado é factor decisivo na realización da

aprendizaxe. É o/a alumno/a quen modifica e reelabora os seus esquemas de

coñecemento, construíndo a súa propia aprendizaxe. En todo caso, tentarase

que o/a alumno/a sexa o protagonista dentro da aula, e non un mero receptor

de información, para o cal se fomentarán e valorarán as súas iniciativas á hora

de propor actividades e desenvolvelas participativamente, de criar os seus

propios textos a partir de modelos propostos, de expresar e confrontar as súas

opinións críticas sobre os distintos asuntos tratados, etc.

A metodoloxía estará sempre en función do desenvolvemento das

competencias básicas, incidindo de maneira particular naquelas que se

encontran mais presentes nesta materia, basicamente a competencia en

comunicación lingüística, mais tamén as competencias para aprender a

aprender, autonomía e iniciativa persoal, social e cidadá e tratamento da

información e competencia dixital; tendo en conta sempre que tanto o proceso

de aprendizaxe como o de adquisición de competencias progresa en espiral, o

que significa que a adquisición de novas habilidades debe ir paralela ao

mantemento e á activación das dos cursos anteriores, pois sobre elas se

asenta. Neste proceso o profesorado actuará como guía e mediador para

facilitar a construción desa aprendizaxe.

Noutra orde de cousas, é importante entender que a profunda

transformación que nos últimos anos se vén experimentando na sociedade no

Page 9: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

9

campo da adquisición e procesamento da información obriga a adaptar as

metodoloxías e estratexias didácticas no ensino. O alumnado, en particular,

máis familiarizado coas novas linguaxes comunicativas, manifesta unha

receptividade moito máis grande á adquisición de contidos a través dos novos

soportes informáticos. Os roles tradicionais do profesorado que diserta sobre

os contidos expostos no libro de texto e do alumnado que escoita de xeito

pasivo (tan presentes aínda hoxe en día, sobre todo nas clases de literatura)

teñen cada vez menor efectividade. O aproveitamento dos recursos

informáticos, dos que cada vez está sendo mellor dotado o noso centro, son,

pois, unha arma eficaz para, por un lado, captar a atención do alumnado,

estimulando a súa motivación e, por outro lado, convertelo nun elemento máis

activo no proceso de aprendizaxe.

En consecuencia, intentaremos avanzar nesa liña, cun emprego cada vez

máis frecuente de presentacións propias ou tiradas de internet, emprego do

encerado dixital, materiais de tipo audiovisual e sonoro a partir de recursos

obtidos da rede ou de elaboración propia.

Iremos incorporando progresivamente máis cursos e contidos á aula virtual

do centro, para facilitar a utilización de materiais TIC nas clases e o seu acceso

por parte do alumnado fóra das horas de clase, así como para mellorar a

comunicación entre profesorado e alumnado mais tamén entre o propio

alumnado, mediante os recursos que a aula virtual ofrece.

As orientacións básicas que guían a metodoloxía da nosa materia son as

seguintes:

Ir substituíndo progresivamente as dinámicas de aprendizaxe dedutiva e

indutiva por outras de natureza interactiva, máis participativas, creativas e

lúdicas que reforcen a motivación do alumnado e potencien a súa

madureza.

Reforzar os aspectos prácticos da lingua, Ortografía, Fonoloxía e

Gramática, poñendo especial atención nas competencias lingüísticas

activas, aproveitando as estruturas lingüísticas que cada alumno/a ten xa

interiorizadas (neste aspecto é importante ter en consideración que boa

parte do alumnado deste centro é galego-falante ou, cando menos, está

familiarizado co emprego activo do galego) para, a partir delas, afianzar o

coñecemento gramatical, procurando prescindir na medida do posíbel do

hábito dunha explicación teórica.

Con todo, segue entendéndose como necesaria a explicación inicial

daquelas cuestións que o/a profesor/a considere imprescindíbeis para unha

correcta orientación do traballo do alumnado. Podendo empregarse para

esta fin o libro de texto seleccionado para cada curso, así como outro tipo

Page 10: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

10

de materiais curriculares elaborados polo/a propio/a profesor/a ou tirados de

diversos campos (xornais, televisión, literatura...) que sirvan ao mesmo

tempo para achegar a dinámica da aula á realidade en que o alumnado se

encontra inmerso. A realización de exercicios de tipo práctico permitirá o

afianzamento dos coñecementos lingüísticos.

Profundar no estudo do Léxico, partindo do coñecemento do vocabulario

máis concreto e próximo, ben organizándoo en campos léxicos xerais, de

xeito que se tenda a enriquecer o vocabulario de maneira uniforme, ben

partindo, de maneira menos sistemática, de textos literarios ou non

literarios, láminas, recolleitas da lingua oral, etc.

No proceso de adquisición de léxico, axudarase ao alumnado a

identificar todo aquilo que na súa práctica lingüística é produto da influencia

do castelán e aqueles termos ou peculiaridades lingüísticas que son

exclusivas da súa zona e a confrontalos co galego estándar, procurando

que en ningún caso sinta rexeitamento nin pola súa lingua espontánea, por

considerala "acastrapada", nin por unha lingua normativa que puidese

chegar a sentir como artificial e imposta.

Adoptar un enfoque comunicativo no ensino e aprendizaxe da lingua, que

faga do texto a unidade comunicativa fundamental (de todo tipo de textos,

mais especialmente dos expositivos e argumentativos) e que favoreza o

emprego do idioma en distintas funcións e contextos de uso. As habilidades

e estratexias lingüísticas deben ser obxecto de especial atención sen por

iso desdeñar a reflexión e o coñecemento do código lingüístico.

Para tal fin, promoveranse actividades de lectura, análise e

comprensión de textos escritos de natureza moi variada, procurándose

alcanzar unha boa competencia na corrección e expresividade da lectura en

voz alta, na comprensión dos contidos e na capacidade para valorar de

xeito crítico e persoal a información presente neles.

Tamén se realizarán actividades de produción de textos escritos,

igualmente de natureza variada, onde se pretenderá afianzar e progresar no

emprego correcto da lingua (aspectos ortográficos e gramaticais), da

selección de vocabulario, da textualidade, da organización dos contidos, da

adecuación á situación comunicativa e da correcta presentación visual.

Potenciar a oralidade, fomentando, por un lado, a participación activa e

espontánea do alumnado durante a dinámica das clases e organizando, por

outro lado, actividades nas que o alumnado expoña contidos ou defenda

argumentos perante os/as seus/súas compañeiros/as (debates, exposicións

orais...). Será importante conseguir que as intervencións orais se

Page 11: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

11

desenvolvan, na medida do posíbel, dentro da corrección lingüística, da

claridade e corrección na exposición de contidos e argumentos, e participen

dun espírito de respecto e tolerancia ante as opinión discrepantes. Para isto

precisarase crear na aula un bo ambiente de respecto e boa acollida por

parte do grupo cara ás intervencións do alumnado.

Promover a utilización de diversas fontes (manuais, enciclopedias,

internet...) e recursos para a obtención da información, para realizar unha

selección crítica da mesma e empregala para unha correcta elaboración de

textos propios, nos que se abra a posibilidade de emitir opinións persoais.

Fomentarase o emprego de programas informáticos para a confección de

traballos e actividades (procesador de textos e presentacións, basicamente)

Propiciar, non só actividades individuais, senón tamén grupais, que

favorezan o intercambio respectuoso de ideas, o discurso argumentativo e o

espírito crítico e cooperativo.

Promover a lectura até a adquisición por parte do alumnado dun hábito

lector, importante para o perfeccionamento lingüístico, para o melloramento

da capacidade de expresión e para o mellor coñecemento da realidade

literaria, cultural e social do noso país. Con esta finalidade proporase, como

regra xeral, a lectura de 3 obras de literatura en cada curso, ademais

doutros textos literarios ou non literarios que serán puntualmente

empregados na dinámica da clase.

Polo que respecta aos contidos de literatura, a metodoloxía empregada

centrarase, na medida do posíbel, no texto literario: na súa comprensión e no

seu desfrute. Con frecuencia, o rigor do estudo literario e a excesiva teorización

afastan ou dificultan a recreación na lectura, en especial cando aínda non se

adquiriu unha suficiente madurez lectora. Isto fai que con frecuencia o

alumnado identifique a literatura en si co estudo da literatura (libro de texto,

explicacións do profesor...) máis que co propio texto literario, pensado para o

pracer e a reflexión.

Por iso entendemos que o ideal é que o discurso teórico previo estea

orientado sempre a facilitar a comprensión do texto, polo que debe reducirse a

dar as claves mínimas necesarias para o alumnado afrontar a lectura. Unha

vez lido o texto é cando se debe abordar a reflexión teórica profunda sobre a

propia obra, autor, período, situación histórico-social en que foi escrito, etc.,

deixando que o alumnado, desde a experiencia persoal da súa lectura,

colabore activamente na súa comprensión, na construción do seu propio

coñecemento.

Page 12: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

12

V. MATERIAIS CURRICULARES

Ademais do manual de referencia e seguindo a metodoloxía anteriormente

exposta, empregaranse nas clases materiais dixitais de natureza diversa,

encadrados dentro das accións previstas de acordo co plan de integración das

TICs.

1. Manual de referencia: Lingua e Literatura Bacharelato 1. Consorcio

Editorial Galego

2. Blogue de Aula. http://marlou.blogaliza.org/

3. Blogue monográfico sobre a Literatura Galega. http://marlou-

literaturagalega.blogspot.com.es/

4. Aula Virtual. http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/aulavirtual/

VI. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE

AVALIACIÓN

Dado que o proceso de avaliación é continuo, terase en conta, á hora de

avaliar ao alumnado, o seu rendemento diario nas clases. Valorarase

positivamente a súa boa actitude, a súa capacidade de traballo e a súa

participación activa no desenvolvemento das clases, así como todo tipo de

iniciativas que complementen as actividades propias do curso. A avaliación

por tanto non será unha simple comprobación dos contidos asimilados polo

alumnado senón tamén unha constatación das súas actitudes e da súa

disposición cara ao traballo. Valorarase igualmente a capacidade expresiva

á hora de transmitir os coñecementos adquiridos.

Hai que ter en conta, por outra parte, que a avaliación debe referirse en

grande medida aos progresos individuais realizados polo alumnado en

relación consigo mesmo e non só en relación coa media do grupo.

Intentarase daquela un seguimento o máis individualizado posíbel que teña

en conta os avances realizados por cada alumno/a a partir da súa situación

inicial e tendo en conta sempre as súas limitacións ou condicionamentos

particulares, tanto a nivel individual como do contexto familiar e social no

que se encontra.

Para constatar a evolución do alumnado, esencialmente nos campos de

adquisición de coñecementos, aplicación de procedementos e de

desenvolvemento da capacidade expresiva, realizarase por regra xeral

Page 13: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

13

unha proba escrita por avaliación, podendo realizarse outros controis

para os/as alumnos/as que o necesitaren ou variar o modelo da proba

cando a docente considere que non foron alcanzados ao longo do período

avaliado os obxectivos mínimos pretendidos.

O carácter das probas, como se desprende da metodoloxía exposta

nesta programación didáctica, será esencialmente práctico. Para a

cualificación das mesmas valorarase, sen menosprezo das cuestións

teóricas que se poidan presentar, o dominio activo da lingua. O modelo

destas probas será o exame de Selectividade.

Como normal xeral, requerirase a realización dun traballo de

investigación elaborado mediante o uso das TICs, coa finalidade de que

sexa tamén exposto oralmente na aula. Tratará da situación da Lingua ao

longo das distintas etapas da súa Historia social anteriores ao séc. XX e

centrarase no ámbito de Rianxo. Tamén se poderá realizar un traballo de

investigación en torno a algún aspecto da Historia da Literatura anterior ao

séc. XX . Na avaliación destes traballos valorarase a totalidade do proceso:

obtención de información a partir de diversas fontes,

selección crítica desa información,

elaboración persoal dun discurso propio a partir desa información

exposición oral axeitada,

nivel de organización dos contidos,

emprego dun rexistro de lingua adecuado,

corrección gramatical e ortográfica,

presentación visual acorde co nivel académico (apartados, títulos,

imaxes, recursos audiovisuais, limpeza...)

Como norma xeral, tamén se requerirá a realización de dúas lecturas

por trimestre: unha na aula, servíndose da Antoloxía de textos elaborada

pola docente, e outra fóra da aula, para á que se indican as obras no

apartado do Proxecto Lector. Na avaliación destas lecturas valorarase o

grao de desenvolvemento da competencia comunicativa, así como da

competencia cultural e artística. Os instrumentos de avaliación serán

diversos e adecuados cada un á obra escollida para cada trimestre

(informe, proba escrita ao xeito tradicional, cuestionario na Aula Virtual,

creación literaria propia, creación artística a través do uso de aplicacións

web …).

Page 14: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

14

VII. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

1. A avaliación será continua e esa continuidade percibirase claramente nos

procedementos que o/a alumno/a empregue no día a día: competencia

comunicativa, competencia lingüística, competencia pragmática,

competencia sociolingüística… Será valorada a competencia do/a alumno/a

tanto como o grao de desenvolvemento que este poida acadar. Nas

cualificacións das avaliacións parciais, así como na avaliación final, o

progreso do/a alumno/a durante o curso e o grao de desenvolvemento das

súas competencias básicas en xeral e da súa competencia comunicativa en

particular poderán ser valorados coa suma de até 3 puntos sobre a nota

obtida.

2. Para comprobar o grao de adquisición de contidos conceptuais e o grao

de desenvolvemento da competencia comunicativa (a nivel escrito)

realizarase unha proba escrita sempre ao final de cada trimestre, (de

realizarse máis dunha proba nun mesmo trimestre, indicarase que

porcentaxe de nota representa cada unha delas no seu momento). Esta

proba suporá o 70% da nota global da avaliación, é dicir, 7 puntos sobre

10. Debido á súa duración (1h. e 30 m.), esta proba escrita deberá

celebrarse fóra do horario lectivo.

3. Para comprobar o grao de desenvolvemento das competencias básicas

pediranse traballos de investigación. Estes traballos encomendados

aos/ás alumnos/as terán na cualificación de cada avaliación, así coma na

avaliación final, un valor máximo dun 20%, é dicir, até 2 puntos sobre 10.

En caso de un/unha alumno/a non presentar o traballo correspondente a

ese trimestre, non poderá obter un aprobado na avaliación correspondente

da materia, pois non acadaría os contidos mínimos.

4. Para fomentar o aprecio pola literatura e crear hábitos lectores, na

procura de formar alumnos/as con sentido crítico e criterio artístico,

proporanse lecturas, que o alumnado deberá realizar para poder ser

avaliado positivamente en cada trimestre. Este apartado suporá o 10% da

nota global do trimestre, é dicir, até 1 punto sobre 10.

O alumnado poderá realizar todas as lecturas que desexe. As obras lidas a

maiores, voluntariamente, serán tidas en conta e avaliadas tal e como se viu

no apartado 1.

5. Tanto nas probas coma nos traballos, aplicaranse os criterios de

corrección vixentes para o exame de Selectividade. Se a aplicación deses

criterios fose contraproducente para un elevado número de alumnos/as,

Page 15: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

15

poderanse descontar até 2 puntos por falta de competencia do/a alumno/a

na modalidade escrita, xa sexan os erros a nivel de ortografía coma de

redacción, puntuación ou por composición. A superación destes erros

valorarase positivimante.

6. Unha actitude inadecuada na aula (por acción ou por omisión), a

ausencia inxustificada máis de 3 veces nun trimestre así como o non

emprego do galego na aula, tanto na relación co/a profesor/a coma cos/as

compañeiros/as, será valorado negativamente. Por cada vez que algo

disto suceda serán descontados 0,5 puntos. Aínda que o máximo que

se lle poida descontar das cualificacións serán 2 puntos. Todo isto

poderá ser recuperado desde o momento en que o/a alumno/a pase a

empregar a lingua galega para se comunicar na aula habitualmente, asista

regularmente e/ou manteña unha actitude adecuada de cara ao seu

proceso de ensino-aprendizaxe.

VIII. CONTIDOS MÍNIMOS EXIXÍBEIS PARA A

CUALIFICACIÓN POSITIVA e PERIODIZACIÓN

a) Contidos común (todos os trimestres)

Lectura comprensiva, análise e comentario de textos.

Elaboración de textos argumentativos e artigos de opinión.

Participación nos debates que se celebren no seo da aula.

Produción de textos escritos respectuosos coas regras de

corrección lingüística.

Realización de exposicións orais cun vocabulario adecuado ao nivel

acaémico do alumno/a.

Respecto polas normas básicas que rexen a interacción

comunicativa.

Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e

consideración positiva do esforzo e o compromiso individual a prol

da normalización lingüística.

b) Lingua e texto

Presentación e corrección ortográfica como propiedades textuais

que deben aplicar ás producións propias. (todos os trimestres)

Page 16: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

16

Comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral que teñen

que ver coa comunicación e a linguaxe. (1º trimestre)

Tipos de textos: descritivo, expositivo, narrativo, argumentativo,

instrutivo, dialogado... (1º trimestre)

Reflexión sobre os conceptos de nivel e rexistro lingüístico e as súas

manifestacións sociolingüísticas. (1º trimestre)

Morfoloxía: substantivo, adxectivo, artigo, pronomes persoais,

demostrativos, posesivos, cuantificadores e identificadores, verbo

(formas e usos; perífrases), conectores (preposicións, conxuncións

e locucións prepositivas e conxuntivas) adverbio (e locucións

adverbiais). (2º e 3º trimestre)

c) A sociolingüística

A diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península

Ibérica. Multilingüismo e plurilingüismo. (1º trimestre)

A formación da lingua galega: substrato, estrato e superestrato.

Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas

irregulares. (1º trimestre)

A lingua galega na Idade Media. Contexto histórico e situación

sociolingüística. (2º trimestre)

A lingua galega nos Séculos Escuros. Contexto histórico e situación

sociolingüística. (2º trimestre)

A lingua galega no Rexurdimento. Contexto histórico e situación

sociolingüística. (3º trimestre)

d) A literatura

A Literatura Galega, unha literatura non normalizada. Cronoloxía .

(1º trimestre)

A literatura medieval: a lírica profana e a lírica relixiosa. A prosa

medieval. (2º trimestre)

A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e

culta. (2º trimestre)

A literatura no século XIX: Prerrexurdimento, Rexurdimento.

Rosalía, Curros e Pondal. Outros autores coetáneos. (3º trimestre)

Page 17: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

17

IX. PROXECTO LECTOR

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA 1º BACHARELATO

1ª AVALIACIÓN

2ª AVALIACIÓN

3ª AVALIACIÓN

O crepúsculo e as formigas

X.L. Méndez Ferrín

Ed. Xerais

O heroe

Manuel Rivas

Ed. Xerais

Hora zulú

Santiago Lopo

Ed. Galaxia

Selección de textos

ensaísticos e xornalísticos

(Actualidade)

Antoloxía poética

(Idade Medieval)

Elaboración propia

Antoloxía literaria

(Rexurdimento)

Elaboración propia

LECTURAS VOLUNTARIAS

1. Tonas de laranxa Manuel Lourenzo e María Lourenzo

2. Ambulancia Suso de Toro

3. Land Rover “

4. Polaroid “

5. Calzados Lola “

6. Trece badaladas "

7. Crime en Compostela Carlos Reigosa

8. Ollos de auga Domingo Villar

9. A xeira das árbores Teresa Moure

10. As rulas de Bakunin. Antón Riveiro Coelho

11. En salvaxe compaña. Manuel Rivas.

12. Un millón de vacas. “

13. Que me queres, amor? "

14. Todo é silencio “

15. Ilustrísima. Carlos Casares.

16. Vento ferido. “

17. Arraianos Xosé Luis Méndez Ferrín.

18. Título a escoller da Xeración Nós 19. Título a escoller da narrativa de posguerra 20. Título a escoller da Literatura Universal (traducida ao galego)

Page 18: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

18

X. PROGRAMAS DE AULA PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºBACH. (1ª AVALIACIÓN)

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Suporá a suma de até 3 ptos ou a perda de até 2 ptos sobre a nota obtida na Avaliación)

1. BLOQUE 1: CONTIDOS COMÚNS

o Análise e comentario de textos. Elaboración de textos argumentativos e artigos o Actitude soliolingüística. o Desenvolvemento das Competencias Básicas.

2. BLOUE 2: LINGUA E TEXTO o O signo lco. A lingua. As disciplinas lcas. o Unidade e Variedade das línguas. Os rexistros. Os desvios normativos. o Tipos de textos. Textos expositivos e argumentativos. Textos xornalísticos.

3. BLOQUE 3: A SOCIOLINGÜÍSTICA e A HISTORIA da LINGUA o Un mundo de linguas. O Plurilingüismo. o As orixes do galego.

4. BLOQUE 4: LITERATURA o Introdución á Literatura Galega. o Cronoloxía da Literatura Galega. A Literatura Medieval

(Libro de Apoio: Lingua e Literatura Bacharelato 1. Consorcio Editorial Galego)

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DA LINGUA (PTIC) (Suporá o 20% da nota global do trimestre, até 2 punts sobre 10)

TÍTULO: As orixes do galego. Substrato, estrato e superestrato no espazo de Rianxo. 1. Elaboración dun tema (máximo 60 liñas) partindo dos resumos feitos do libro de apoio e/ou páxinas web indicadas pola docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TICs que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Entrega: 1 de Novembro. Exposición: primeira-segunda semana de Novembro.

III. LECTURAS (PL) (Suporá o 10% da nota global do trimestre, até 1 punto sobre 10)

Lectura na aula: Selección de textos ensaísticos e xornalísticos. Lectura fóra da aula: O crepúsculo e as formigas. X.L. Méndez Ferrín. Ed. Xerais. (Finalizada: 1 de Novembro) Outras Lecturas: Realizadas as lecturas obrigatorias, o alumno/a escollerá libre e voluntariamente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Dará conta delas a través de entrevistas persoais ou de informes enviados ao correo-e do profesora. (PL) (PTIC) (A Avaliación deste labor voluntario realizarase a través da información recibida de xeito oral ou escrito. Darase por rematada o día do exame. Suporá un incremento de até 1 pto. por lectura na nota global do trimestre, sempre que no exame o alumno/a tivese acadado polo menos un 4)

IV. EXAME (A súa Cualificación suporá o 70% da nota global do trimestre, até 7 puntos sobre 10)

DATA: Realización: 10 de Decembro. (1ª Aval. 16-17-18 Decembro)

Page 19: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

19

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºBACH. (2ª AVALIACIÓN)

V. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Suporá a suma a maiores de até 3 ptos ou a perda de até 2 ptos sobre a nota obtida na Avaliación)

1. BLOQUE 1: CONTIDOS COMÚNS

o Análise e comentario de textos. Elaboración de textos argumentativos e artigos o Actitude soliolingüística. o Desenvolvemento das Competencias Básicas.

2. BLOUE 2: LINGUA E TEXTO o Tipos de textos. Textos dialogados ou dramáticos. o Morfoloxía. Tipos de palabras e análise morfolóxica.

3. BLOQUE 3: A SOCIOLINGÜÍSTICA e A HISTORIA da LINGUA o A situación da língua na Idade Media. o Os Séculos Escuros o Dúas linguas nunha sociedade.

4. BLOQUE 4: LITERATURA o A Literatura oral e popular. o A Literatura dos SSEE e da Ilustración.

(Libro de Apoio: Lingua e Literatura Bacharelato 1. Consorcio Editorial Galego)

VI. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DA LINGUA (PTIC) (Suporá o 20% da nota global do trimestre, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: A situación da lingua na Idade Media en Rianxo. O nacemento, o esplendor e a decadencia contextualizados. / A Literatura Medieval

1. Elaboración dun tema (máximo 60 liñas) partindo dos resumos feitos do libro de apoio, de fotocopias e páxinas web indicadas polo docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TICs que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Entrega: 1 de Febreiro. Exposición: segunda-terceira semana de Febreiro.

VII. LECTURAS (PL) (Suporá o 10% da nota global do trimestre, até 1 punto sobre 10)

Lectura na aula: Antoloxía poética. (Idade Media) Lectura fóra da aula: O héroe. Manuel Rivas. Ed. Xerais. (Finalizada: 1 de Febreiro). Outras Lecturas: Realizadas as lecturas obrigatorias, o alumno/a escollerá libre e voluntariamente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Dará conta delas a través de entrevistas persoais ou de informes enviados ao correo-e do profesora. (PL) (PTIC) (A Avaliación deste labor voluntario realizarase a través da información recibida de xeito oral ou escrito. Darase por rematada o día do exame. Suporá un incremento de até 0’5 ptos. por lectura na nota global do trimestre, sempre que no exame o alumno/a tivese acadado polo menos un 4)

VIII. EXAME (A súa Cualificación suporá o 70% da nota global do trimestre, até 7 puntos sobre 10)

DATA: Realización: 10 de Marzo.

Page 20: Programación 1ºBACHARELATO (13/14)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LGL DE 1ºBACHARELATO 2014-15

20

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºBACH. (3ª AVALIACIÓN)

IX. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Suporá a suma de até 3 ptos ou a perda de até 2 ptos sobre a nota obtida na Avaliación)

1. BLOQUE 1: CONTIDOS COMÚNS

o Análise e comentario de textos. Elaboración de textos argumentativos e artigos o Actitude soliolingüística. o Desenvolvemento das Competencias Básicas.

2. BLOUE 2: LINGUA E TEXTO o Tipos de textos. Textos descritivos e narrativos. o Morfoloxía. Tipos de palabras e análise morfolóxica.

3. BLOQUE 3: A SOCIOLINGÜÍSTICA e Hª da LINGUA o A situación da lingua no século XIX. o O nacemento do Galeguismo.

4. BLOQUE 4: LITERATURA o A Literatura do século XIX. Precursores e Rexurdimento. o Rosalía de Castro. Curros Enríquez. Eduardo Pondal.

(Libro de Apoio: Lingua e Literatura Bacharelato 1. Consorcio Editorial Galego)

X. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A HISTORIA DA LINGUA (PTIC) (Suporá o 20% da nota global do trimestre, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: A situación da lingua galega no séc. XIX en Rianxo. O nacemento do Galeguismo. O Provincialismo, o Rexionalismo e a defensa da lingua e da identidade galega. / Historia da Literatura.

1. Elaboración dun tema (máximo 60 liñas) partindo dos resumos feitos do libro de apoio, de fotocopias e páxinas web indicadas polo docente. 2. Realización dun traballo mediante o uso das TICs que ilustre os contidos recollidos no tema escrito. 3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICs. DATAS: Entrega: 1 de Maio. Exposición: primeira-segunda semana de Maio.

XI. LECTURAS (PL) (Suporá o 10% da nota global do trimestre, até 1 punto sobre 10)

Lectura na aula: Antoloxía literaria (Rexurdimento). Lectura fóra da aula: Hora zulu. Santiago Lopo. Ed. Galaxia (Finalizada: 1 de Maio) Outras Lecturas: Realizadas as lecturas obrigatorias, o alumno/a escollerá libre e voluntariamente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Dará conta delas a través de entrevistas persoais ou de informes enviados ao correo-e do profesora. (PL) (PTIC) (A Avaliación deste labor voluntario realizarase a través da información recibida de xeito oral ou escrito. Darase por rematada o día do exame. Suporá un incremento de até 0’5 ptos. por lectura na nota global do trimestre, sempre que no exame o alumno/a tivese acadado polo menos un 4)

XII. EXAME (A súa Cualificación suporá o 70% da nota global do trimestre, até 7 puntos sobre 10)

DATA: Realización: 10 Xuño.