PROGRAMACIÓN LATÍN I

29
PROGRAMACIÓN DE LATÍN I 1º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2009-2010 © Lorenzo Fraga Montero (Xefe de Departamento) 1

description

Programación de Latín I, curso 2009-10, IES da Terra Chá, Castro de Rei, Lugo.

Transcript of PROGRAMACIÓN LATÍN I

Page 1: PROGRAMACIÓN LATÍN I

PROGRAMACIÓN DE LATÍN I

1º DE BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE CULTURA

CLÁSICA

I.E.S. DA TERRA CHÁ

CASTRO DE REI

LUGO

CURSO 2009-2010

© Lorenzo Fraga Montero(Xefe de Departamento)

1

Page 2: PROGRAMACIÓN LATÍN I

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN:

1. CONTEXTUALIZACIÓN.

2. MARCO LEXISLATIVO.

2. OBXECTIVOS.

3. CONTIDOS.

4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

CONTIDOS.

6. METODOLOXÍA.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

2

Page 3: PROGRAMACIÓN LATÍN I

1. INTRODUCCIÓN.

1. CONTEXTUALIZACIÓN.

A programación da asignatura de Latín I forma parte do Proxecto

Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na

provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na

súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose

no primeiro curso. O grupo de Latín I está formado por 3 alumnas.

Non hai ningún/ha alumno/a de 2º de bacharelato con esta

asignatura pendente.

2. MARCO LEXISLATIVO.

O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes

normas:

1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4

de maio de 2006)

2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)

2. OBXECTIVOS.

Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación

e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

(DOG do 23 de xuño de 2008) son:

1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de

3

Page 4: PROGRAMACIÓN LATÍN I

dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o

coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos

básicos da lingua latina.

2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as

linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal,

pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín

ou influídas por el.

3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e

traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as

súas características esenciais e o xénero literario ao que

pertencen.

4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que

permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a

súa interpretación.

5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización

romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos

criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia.

6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana

no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento

transmisor de cultura.

7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de

sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e

actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural

europeo.

3. CONTIDOS.

O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se

4

Page 5: PROGRAMACIÓN LATÍN I

establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os

contidos da asignatura de Latín I en 5 bloques:

1. CONTIDOS COMÚNS:

▪ A lectura, comprensión e tradución de textos latinos: a

precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos

matices.

▪ As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con

respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;

evolución posterior e influencia na sociedade occidental.

Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller

e da infancia e na escravitude.

▪ Imbricación cultural entre a antiga Roma e o mundo

contemporáneo.

2. A LINGUA LATINA.

• Do indoeuropeo ás linguas romances.

• A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.

• Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.

• Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes.

• A estrutura da oración.

◦ A concordancia.

◦ Orde de palabras.

◦ Oracións simples e compostas.

◦ Coordinación.

◦ Inicio do estudo da subordinación.

3. OS TEXTOS LATINOS E A SÚA INTERPRETACIÓN.

▪ Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e

5

Page 6: PROGRAMACIÓN LATÍN I

comentario de textos latinos.

▪ Análise morfosintáctica.

▪ Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con

comentario do seu contexto histórico, social e cultural.

4. O LÉXICO LATINO E A SÚA EVOLUCIÓN.

▪ Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa

frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán.

▪ Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica

do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e cultismos.

▪ Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria.

5. ROMA E O SEU LEGADO.

▪ Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V

d. C.

▪ Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases

sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O

exército.

▪ Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O

urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos.

▪ A romanización de Hispania e as súas pegadas.

6

Page 7: PROGRAMACIÓN LATÍN I

4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

No cadro que segue recóllense os eixes transversais do currículo e

aquelas unidades nas que serán tratados preferentemente.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

CONTIDOS.

Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas

que seguen unha secuenciación progresiva, da 0 á 32. A súa temporalización

hase concretar na programación de aula.

De seguido enuméranse as unidades didácticas, diferenciando os

contidos de cada unha nun bloque relativo á lingua, no que se tratan os

contidos dos bloques temáticos 1º, 2º, 3º y 4º. Establécese unha

temporalización por avaliacións que é puramente estimativa. Non se fai

referencia ós textos e ás actividades, pero toda unidade didáctica vai

acompañada de textos, actividades e o vocabulario correspondente; a

concreción de todo isto déixase para a programación de aula.

Ademais, establécese unha secuenciación independente para os

7

Page 8: PROGRAMACIÓN LATÍN I

contidos de legado e historia (bloques 1º e 5º), estructurado en unidades

didácticas que se incorporarán segundo se considere oportuno ó longo do

curso.

• CONTIDOS DOS BLOQUES 1º, 2º, 3º E 4º.

1ª AVALIACIÓN.

➢ Unidade 00:

Lingua:

Historia e evolución da lingua latina.

A pronunciación clásica do latín.

Cantidade e acentuación en latín.

➢ Unidade 01:

Lingua:

oracións predicativas e atributivas.

➢ Unidade 02:

Lingua:

Nominativo e acusativo.

➢ Unidade 03:

Lingua:

Primeira e segunda declinacións.

Formas verbais.

Xénero: masculino, feminino e neutro.

Adxectivos

Latinismos, cultismos e palabras patrimoniais.

➢ Unidade 04:

Lingua:

Singular e plural.

Ille, illa: uso e valor.

8

Page 9: PROGRAMACIÓN LATÍN I

➢ Unidade 05:

Lingua:

Verbos: o presente de indicativo.

O caso ablativo.

Preposicións.

➢ Unidade 06:

Lingua:

Infinitivos.

A conxugación mixta.

O caso vocativo.

Oracións interrogativas.

Gramática histórica: primeiras regras de evolución

fonética do latín ó galego / castelán.

➢ Unidade 07:

Lingua:

A terceira declinación.

Adxectivos.

Verbos irregulares.

➢ Unidade 08:

Lingua:

O imperativo.

Preposicións.

Verbos compostos.

➢ Unidade 09:

Lingua:

O xenitivo.

Adverbios.

9

Page 10: PROGRAMACIÓN LATÍN I

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó galego /

castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 10:

Lingua:

Sustantivos neutros e adxectivos.

Adxectivos.

2ª AVALIACIÓN

➢ Unidade 11

Lingua:

O caso dativo: o complemento indirecto.

➢ Unidade 12

Lingua:

Sustantivos e adxectivos; repaso.

“Est” e “sunt”.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 13:

Lingua:

Oracións subordinadas.

O pronome relativo.

➢ Unidade 14:

Lingua:

Pronomes demostrativos.

10

Page 11: PROGRAMACIÓN LATÍN I

Pronomes persoais.

Os posesivos.

➢ Unidade 15

Lingua:

Os verbos irregulares “uolo” e “nolo”.

Imperativos irregulares.

Outros pronomes e adxectivos demostrativos.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 16:

Lingua: repaso.

➢ Unidade 17:

Lingua:

Os tempos verbais:

• pretérito imperfecto de indicativo.

• pretérito perfecto de indicativo.

➢ Unidad 18:

Lingua:

Temas de perfecto.

Numerais.

Expresións de tempo.

Os significados do tema de perfecto.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó galego /

castelán.

11

Page 12: PROGRAMACIÓN LATÍN I

• Formación de palabras.

➢ Unidade 19:

Lingua:

O tema de perfecto.

O pretérito pluscuamperfecto.

Expresións de lugar.

O locativo.

➢ Unidade 20:

Lingua:

O tema de perfecto.

A cuarta declinación.

3ª AVALIACIÓN

➢ Unidade 21:

Lingua:

O tema de perfecto.

A quinta declinación.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 22:

Lingua:

Temas de perfecto.

Usos do caso ablativo.

➢ Unidade 23:

Lingua:

o verbo “fero”.

12

Page 13: PROGRAMACIÓN LATÍN I

Outros usos do caso ablativo.

➢ Unidade 24:

Lingua:

a comparación nos adxectivos:

• Declinación do comparativo de

superioridade e do superlativo.

• Comparativos e superlativos irregulares.

Réximen do comparativo de superioridade.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 25:

Lingua:

Superlativos irregulares.

A comparación nos adverbios.

Adverbios comparativos irregulares.

➢ Unidade 26:

Lingua:

o participio de presente.

➢ Unidade 27:

Lingua:

o futuro imperfecto.

o futuro perfecto.

Oracións subordinadas de relativo.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

13

Page 14: PROGRAMACIÓN LATÍN I

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidade 28:

Lingua:

“Alter”, “uter” e “uterque”.

➢ Unidade 29:

Lingua:

a voz activa e a pasiva.

o participio de perfecto pasivo.

➢ Unidade 30:

Lingua:

Pretérito perfecto, pretérito pluscuamperfecto e

futuro perfecto da voz pasiva.

Gramática histórica:

• Regras de evolución fonética do latín ó

galego / castelán.

• Formación de palabras.

➢ Unidad 31:

Lingua:

Presente, futuro e imperfecto da voz pasiva.

➢ Unidad 32:

Lingua:

Repaso dos contidos de todo o curso.

• CONTIDOS DE HISTORIA E LEGADO (BLOQUES 1º E 5º).

1. Unidade didáctica 01: Roma e o seu imperio.

1. Orixe de Roma.

14

Page 15: PROGRAMACIÓN LATÍN I

2. A Roma monárquica e a Roma republicana.

3. O imperio (27 a.C. - 476 d.C.)

4. A relixión en Roma.

5. A conquista romana de Hispania. A romanización.

2. Unidade didáctica 02: A sociedade romana.

1. Estrutura social en Roma.

2. Órganos de goberno.

3. O dereito romano.

4. A familia.

5. A vida cotiá do romano.

6. A casa romana.

3. Unidade didáctica 03: Lingua e literatura latinas.

1. A lingua latina e as linguas románicas.

2. O teatro latino.

3. Poesía épica, lírica e elexíaca.

4. A historiografía latina.

5. A oratoria e a filosofía.

4. Unidade didáctica 04: As obras públicas e a arte romana.

1. Obras de enxeñería.

2. Vías de comunicación.

3. Edificios públicos.

4. Edificios de ocio.

5. As artes plásticas.

6. Pegadas romanas en Hispania.

6. METODOLOXÍA.

Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo

apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua latina,

Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución.

15

Page 16: PROGRAMACIÓN LATÍN I

1. Lingua latina, Interpretación dos textos e Léxico e a súa

evolución.

1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando

ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar, ben

oralmente, ben mediante esquemas ou presentacións.

2. Explicación: deseguido explicaranse os contidos teóricos de

morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes

propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de

tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de

morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois,

xa na aula, xa de modo individualizado.

3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade

didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto

entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo

individual polos/as alumnos/as, para ser corrixido polo

profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo

práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así

mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión

sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica.

4. Léxico e a súa evolución:

1. Léxico. É importante que dende o principio os/as

alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario latino. É

por iso que se considera que todo o vocabulario que se

utilice nos exercicios e nos textos, agás que se diga o

contrario, debe ser coñecido. O obxectivo desta medida é

que os/as alumnos/as asuman dende o primeiro día que a

aprendizaxe do grego e mailo latín é neste eido moi similar

16

Page 17: PROGRAMACIÓN LATÍN I

á das linguas modernas.

2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de

contidos relativos á evolución do latín ó galego ou castelán.

En función da dispoñibilidade de tempo e da importancia,

hanse tratar estes apartados na aula ou hanse remitir para

unha simple lectura na casa.

2. Roma e o seu legado. A literatura romana.

Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque

a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos

bloques.

Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado

da programación partimos de dous principios:

1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en

grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento.

2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo

maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e,

ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos.

Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de

contidos é a seguinte:

1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do

bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción

do profesor.

2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión

entregado polo profesor. No guión hanse recolle-los

obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte

do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que

elabora-lo traballo.

17

Page 18: PROGRAMACIÓN LATÍN I

3. o traballo será entregado ó profesor para a súa corrección e

valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a

colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á

disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera

ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección.

4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará

unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio

todos eses materiais en soporte informático.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN.

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e

o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

son:

1. Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e

sinxelos, orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior

fidelidade posible.

Con este criterio preténdese comprobar, a través de

exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun

texto, a competencia lingüística en latín e a capacidade de

recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva.

Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de

dificultade mínima. Poderán contribuír á valoración da

consecución de obxectivos os exercicios doados de tradución

inversa ou de elaboración en latín de pequenas mensaxes orais

e escritas.

18

Page 19: PROGRAMACIÓN LATÍN I

2. Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos

da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función

da comprensión do texto latino, apreciando variantes e

coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co

galego e co castelán.

Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as

nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer

as características dunha lingua flexiva e identificar formas,

funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co

obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino.

O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas

galega e castelá ou outras coñecidas por el.

3. Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou

referentes ao mundo romano e distinguir aspectos

históricos e culturais contidos neles.

Con este criterio preténdese determinar a capacidade de

comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas

partes e establecer a relación entre elas. O estudante poderá

manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura

comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os

textos latinos con textos de literatura actual e valorando a súa

vixencia na actualidade.

4. Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras

linguas faladas na Península palabras de orixe latina e

analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica,

así como deducir regras básicas de derivación e

composición.

19

Page 20: PROGRAMACIÓN LATÍN I

Este criterio trata de constatar se o alumnado ten conciencia

de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o

latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas

léxicas. Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán

ou doutras linguas romances cos seus correspondentes étimos

latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e

semánticos producidos no curso da súa evolución.

5. Identificar os aspectos máis importantes da historia do

pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as

pegadas da cultura romana en diversos aspectos da

civilización actual.

Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado

romano, especialmente centrado na Península Ibérica, e a

constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles

exercicios son o traballo sobre fontes escritas e

iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos

e xacementos arqueolóxicos, ou a procura nos medios de

comunicación de referencias ao mundo romano.

6. Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado,

algún traballo de investigación sobre a presenza do mundo

romano no contorno, consultando as fontes directas (restos

arqueolóxicos, epigrafía, textos antigos) e utilizando as

TIC como ferramenta de organización e comunicación dos

resultados.

Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no

seu contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos

como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta

20

Page 21: PROGRAMACIÓN LATÍN I

correctamente mediante a utilización selectiva de fontes

diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade de indagar nas

fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os

datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC

como ferramentas fundamentais. Neste sentido recoméndase o

uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias

e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

ferramentas da internet.

7. Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas

deseñadas ou películas documentais e de ficción relativas ao

mundo romano.

Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da

lectura comprensiva e a visión crítica de películas documentais

e de ficción relacionadas co mundo romano.

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN:

1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA,

polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA.

2. AVALIACIÓN INICIAL.

Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do

seguinte modo:

1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo

coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe

xeral ten o alumnado.

2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e

legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de

coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Roma

21

Page 22: PROGRAMACIÓN LATÍN I

en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en

particular, con Galicia.

3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar

de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta

asignatura.

3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións

establécese o siguinte procedemento:

1. Cualificación avaliación:

1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame

ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame

ou proba completa constará das seguintes partes:

1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que

o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento

suficiente dos contidos explicados en clase sobre

morfoloxía, sintaxe teórica e evolución da lingua

latina (inclúense aquí os latinismos e aforismos

latinos).

Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do

exame.

2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a

alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo

práctico os seus coñecementos de morfoloxía,

sintaxe e léxico.

Para a realización desta proba hase dispoñer dun

léxico latino sen tradución ó galego/castelán.

Esta proba pode constar de ata tres partes;

1. unha para traducir de latín a galego/castelán

22

Page 23: PROGRAMACIÓN LATÍN I

(valor 1/3).

2. outra para traducir de galego/castelán a latín

(valor 1/3).

3. outra para traducir do latín ó galego/castelán un

texto visto en clase (valor 1/3).

A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación

final do exame.

3. NOTA DE CORTE:

1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo

menos 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes

do exame mencionadas, o exame no seu conxunto

hase considerar suspenso e a nota máxima,

automáticamente, un tres.

2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é

preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10

na cualificación do segundo exame de avaliación.

De non ser así, automáticamente e

independentemente da cualificación do primeiro

exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a

nota máxima un 3.

4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en

tanto que a avaliación desta materia se concibe coma

continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous

exames completos, hase prima-la cualificación do

segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a

cualificación do segundo por dous, sumaráselle a

cualificación do primeiro e dividirase o total entre

23

Page 24: PROGRAMACIÓN LATÍN I

tres).

2. Cualificación final.

1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª

aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) /

6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a

alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder

aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación.

2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando

beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é

inferior a cualificación da terceira avaliación, a

cualificación final neste apartado da materia será a

desta avaliación.

3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do

segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10%

restante obterase a partir da calificación obtida na

elaboración e exposición dun traballo realizado sobre

os contidos de legado.

3. Recuperación.

1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación.

Dado que non se libera materia, os/as alumnas que

suspendan unha avaliación recuperarán

automáticamente a anterior aprobando a seguinte.

4. Proba extraordinaria de setembro.

Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera

restricción dos contidos farase pública no mes de xuño.

Queda a discreción do profesor esixir ou non os

contidos de legado na proba de setembro. En todo caso

24

Page 25: PROGRAMACIÓN LATÍN I

esta circunstancia comunicarase ós/as alumnos/as no

mes de xuño.

5. Redondeos.

Ademais das probas escritas, valorarase especialmente

para a determinación dos redondeos das cualificacións

de avaliación a participación activa en clase, acreditando

a realización das actividades mandadas para casa e o

coñecemento da materia explicado ata o momento, así

como curiosidade polos distintos aspectos da materia.

6. Lecturas obrigadas.

Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha

lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta

o profesor poderá optar pola realización dunha breve

proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da

proba que acredita a lectura non aportará nada a

cualificación, pero será un requisito indispensable para

poder aproba-la asignatura.

4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de

bacharelato con Latín I de 1º de pendente.

Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán

poder traducir do latín ó galego/castelán as oracións

traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán

poder traducir do galego/castelán ó latín as oracións

traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse

co apoio dun glosario do vocabulario latino preciso sen

tradución, e irán acompañadas da análise sintáctica e

morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir,

25

Page 26: PROGRAMACIÓN LATÍN I

sen axuda do dicionario, ó galego/castelán un texto latino visto

e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía,

historia, sociedade y legado da Roma clásica que se traballaran

durante o curso.

5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas

de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

avaliación, este departamento dispón que toda falta non

xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos

exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise

con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a

avaliación independientemente da cualificación obtida.

3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA

DOCENTE.

Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos

de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

siguintes procedementos:

1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo

menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as

a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do

profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da

asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación

directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a

marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía

empregada.

26

Page 27: PROGRAMACIÓN LATÍN I

2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión

terase en conta expresa e especialmente os comentarios

dos/as alumnos/as.

3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo

de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a

práctica docente.

8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:

1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de

aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de

referencia ha se-lo libro de Latín 1.º de Bachillerato (de Oxford

EDUCACIÓN), que ten coma autores a M. Balme, J. Morwood, D. Pardo e

J. M. Sánchez (os dous últimos autores da versión española). En tanto

que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste

departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as

alumnos/as co menor custo posible.

2. Libro de lectura (OBRIGADO): Miles Gloriosus de Plauto (provisional).

3. Conta de correo electrónico (OBRIGADA).

4. Conta en Slideshare (OBRIGADA)

5. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento

ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en

internet (http://www.departlatin.260mb.com/).

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES.

Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes

actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 1º de

27

Page 28: PROGRAMACIÓN LATÍN I

bacharelato:

1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo (datas e obras

pendentes de determinar)

10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as

optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade,

escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la

mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula

de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

actividades na forma que resulte máis conveniente.

11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o

curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no

libro de actas do departamento unha valoración acerca do

desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a

programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non.

En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse

propo-las medidas correctoras oportunas.

En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.

28

Page 29: PROGRAMACIÓN LATÍN I

Asdo.: Lorenzo Fraga Montero(Xefe de Departamento de Cultura Clásica)

29