Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESF
-
Upload
enxeneria-sen-fronteiras-galicia -
Category
Documents
-
view
459 -
download
0
Transcript of Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESF
PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. A PERSPECTIVA DE ESF.
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
MASTER DO AUGA. UDC.
• Consideracións sobre o glosario. Por que PICD?
• Antecedentes e xustificación. Por que o manual?
• Principios e valores de ESF e relación cos PICD
• Melloras en PICD
• Eixos e principios en PICD
• Ciclo dos PICD
INDICE
GLOSARIOPROXECTO: conxunto de actividades interrelacionadas para ser
levadas a cabo baixo unha xerencia unificada, a fin de lograr un
obxectivo específico de relevancia, nun prazo previamente
establecido e mediante a utilización de recursos
predeterminados.
PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE COOPERACIÓN AO
DESENVOLVEMENTO (PICD): trátase de proxectos que se
realizan noutros países con participación de ESF Galicia en
tódolas etapas dos mesmos, para lograr unha serie de
obxectivos de desenvolvemento definidos e medibles.
GLOSARIOASISTENCIAS TÉCNICAS INTERNACIONAIS: trátase de proxectos que se
realizan noutros países con participación de ESF Galicia no eido técnico
nalgunha das etapas dos mesmos, para lograr unha serie de obxectivos de
desenvolvemento definidos e medibles.
CICLO DOS PROXECTOS: trátase dunha abstracción que pretende
explicar as diferentes etapas que atravesan os proxectos dende o seu
inicio ao seu remate, o que na metodoloxía do Marco Lóxico e outras
empregadas tradicionalmente en cooperación para o desenvolvemento
deron lugar a: Programación, Identificación, Deseño-Formulación,
Execución e Seguemento, Avaliación e Peche. Esta última será na que
se basee o presente manual.
Problema Focal: Baixa sinerxia dos PICD co resto de actividades da asociación.
Causada por: - Inexistencia ou descoñecemento dos canais de comunicación entre as áreas - Funcións dos axentes non definidas ou pouco claras.- Insuficiente formación en Xestión de PICD.
Estas causas pódense agrupar nunha imprecisión na definición interna e coñecemento do ciclo e metodoloxía do proxecto (xa que se isto se dera automáticamente se poderían definir funcións, estructura e canais de comunicación para abordalo).
XUSTIFICACIÓN
PROMOVEMOS A TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO
(TpDH).
Entendemos a técnica dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en
que se xera e non como un fenómeno illado ou neutro (integralidade). Incorporamos nas
nosas accións técnicas e metodoloxías apropiadas (tanto no senso de apropiación
como no senso de axeitadas) para non crear dependencias externas e cuestionamos o uso
histórico da tecnoloxía nas relacións Norte-Sur, apostando por unha tecnoloxía que potencie
a dignidade das persoas e respecte o medio ambiente.
Nos PICD a TpDH é un principio básico, aplicable non só aos diferentes sectores de
traballo de ESF Galicia en PICD (acceso universal aos servizos básicos como auga,
enerxía, TICs, alimentación, que cremos que é técnicamente posible e acadable), senon
tamén nas metodoloxías de traballo transversais da ONGD, o que se cristaliza
especialmente na promoción das tecnoloxías de Software Libre e libre difusión do
coñecemento (sempre que non atente contra a intimidade ou integridade das persoas).
PRINCIPIOS DE ESF
PROMOVEMOS A EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN PARA O
DESENVOLVEMENTO.
Enxeñería Sen Fronteiras estudia as realidades onde leva a cabo a súa acción e
xera coñecemento sobre as alternativas para paliar as principais problemáticas.
Os PICD deben ser ferramentas que xeneren reflexións de primeira man sobre
as problemáticas que se pretenden solucionar, profundizando nas súas causas
intrínsecas para poder atacalas de raíz, de xeito que non se convertan en meros
parches. Ademais, é importantísimo a extracción de leccións aprendidas e a
reflexión crítica continua nas estratexias de desenvolvemento nas que os
PICD se enmarquen, xenerando retroalimentación, xa que se considera que non é
o actual o modelo de desenvolvemento o máis axeitado para acadar un mundo
máis xusto e solidario (a misión da organización).
PRINCIPIOS DE ESF
CREEMOS NA PARTICIPACIÓN DOS AXENTES LOCAIS.
Traballamos contando co protagonismo das copartes e comunidades locais,
adaptando as intervencións no terreo ás peculiaridades culturais e aos ritmos que o
desenvolvemento sustentable require. A cooperación debe ser solicitada, liderada
e plenamente aceptada polas copartes e a poboación destinataria, a cal participa
en todo o ciclo.
No caso dos PICD este principio debe aplicarse con especial coidado, xa que se
trata de realidades externas á de ESF, para o cal debe procurarse a participación
dos axentes locais en todo o ciclo dos programas.
PRINCIPIOS DE ESF
TEMOS UNHA CONCEPCIÓN INTEGRAL DA COOPERACIÓN EXTERIOR.
Identificamos os factores sociais, económicos, institucionais, técnicos,
culturais, éticos, ambientais e políticos mediante equipos de traballo
pluridisciplinares. Os plans de acción son, así, integrais, e perseguen efectos
multiplicadores para garantir a súa continuidade unha vez rematada a cooperación
exterior.
Principio de aplicación a toda acción exterior, tanto PICDs como Asistencias
Técnicas.
PRINCIPIOS DE ESF
SOMOS UNHA ORGANIZACIÓN ACONFESIONAL, APARTIDISTA E
POLITIZADA.
Enxeñería Sen Fronteiras non está vencellada a partido político algún, nin
asociación relixiosa, pero consideramos que a participación política da cidadanía e
das organizacións é a principal vía para a transformación social e a busca da
igualdade de oportunidades de desenvolvemento.
No caso dos PICD isto ten grande relevancia, xa que se consegue información da
realidade de primeira mano no entorno no que os PICD se desenvolven, o que
debe xenerar respostas de incidencia política tanto no terreo (neste caso
necesariamente a través dos socios locais ou copartes) como no Norte
(mediante accións de incidencia, sensibilización, tanto propias de ESF Galicia
como dentro de redes ou movementos aos que pertence).
PRINCIPIOS DE ESF
CREEMOS NO ASOCIACIONISMO.
Os membros de Enxeñería Sen Fronteiras non procuran protagonismo persoal na súa acción,
non pretenden obter lucro económico ou profesional da mesma. ESF defínese coma unha
organización participativa e democrática na que os distintos órganos de decisión son
compostos por todos os membros.
A xestión dos PICD está perfectamente vencellada ao organigrama da asociación para
manter este principio de participación de tódolos membros da asociación na toma de
decisións. Deste xeito, trátase de evitar as personalizacións e os protagonismos, así como
prebendas ou recompensas persoais tanto no norte como no terreo, e promóvese a
importancia da acción exemplarizante dos membros de ESF Galicia aínda máis se cabe
nas accións internacionais, por ser a imaxe de ESF Galicia, pero tamén da cooperación
galega e española. Ademais priorizarase a búsqueda de sinerxias e traballo en rede con
outros axentes tanto no terreo como en sede, que potencien o impacto dos PICD e a
eficacia e eficiencia das accións.CONTRADOS COMO APOIO DOS VOLUNTARIOS E NON
AO REVÉS???????????
PRINCIPIOS DE ESF
- Formulación realizada a nivel interno seguindo un proceso a nivel
asociativo segundo o ritmo marcado pola propia asociación e grupos de PICD, así
como das copartes e axentes locais, con tempo suficiente para madurar propostas,
pero poñendo prazos límite.
- Sistematización e estandarización das etapas do ciclo dos programas.
- Prestar atención dentro da sistematización das etapas do ciclo aos
aspectos transversais que den resposta aos principios e valores de ESF Galicia.
- Introducir dentro da sistemática dos programas resultados e actividades
específicas de EpD e sensibilización, tratando de xenerar sempre estudos e
leccións aprendidas, así como materiais de EpD, como algo “natural” dos proxectos
de ESF Galicia, e non simplemente baseándose en accións coxunturais ou
puntuais.
MELLORAS NOS PICD
- Converter o aspecto de comunicación e difusión en transversal nos
programas, tanto como ferramenta para a transparencia como para dar a coñecer
leccións aprendidas e problemas, e tamén como elemento de transformación
social.
- A definición de liñas de base, aínda que sexan moi simple, para poder
comparar indicadores e medir impactos, faise esencial no proceso das accións de
desenvolvemento en xeral e dos PICD en particular, e así débese incluir na lóxica
do proxecto, contando cos recursos necesarios para levantala e para facer o
monitoreo posterior. Nesta etapa, xunto coa etapa de identificación, é na que máis
débese contar coa participación de tódolos axentes.
MELLORAS NOS PICD
- Tratar de establecer cronogramas equilibrados con reparto de
responsabilidades e funcións entre os membros do grupo para asegurar calidade,
traballando con enfoque ao proceso e non aos fitos.
- Función específica nos grupos encargados da xestión dos PICD, onde é
especialmente importante pola súa vocación de traballo a longo prazo e rendición
de contas a axentes externos, de responsable de monitoreo interno do
funcionamento do grupo en relación ós recursos humanos e ó ritmo de traballo, e
que detecten necesidades das persoas voluntarias, ou deficiencias que se den nos
ritmos de traballo.
MELLORAS NOS PICD
- Vencello real e operativo dos PICD co proceso da EpD e Educación para a
Cidadanía Crítica, e coas campañas de sensibilización e incidencia, de xeito que
se trascenda o impacto local dos mesmos e sexan unha ferramente real de loita
contra a desigualdade e as súas causas profundas.
- Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano.
- Voluntariado e base social como ferramenta de formación e transformacion de
comportamentos, de xeito que o voluntario ten a participacion e responsabilidade
nas decisións estratéxicas e operativas nos grupos de PICD como parte do
proceso de EpD e creación de conciencia de desenvolvemento e transformación
social. O persoal contratado é simplemente un apoio para acadar isto, e unha
ferramenta para o aseguramento da calidade.
EIXOS E PRINCIPIOS NOS PICD
- Traballo en rede en terreo e no norte para acadar sinerxias, buscando impactos
maiores das actuacións, o enriquecemento mútuo, e o fomento do pensamento
crítico.
-Creación, fortalecemento e promoción das capacidades locais das persoas e
institucións para asegurar o protagonismo dos pobos no seu propio
desenvolvemento, así como asegurar a sostenibilidade real das accións e o poder
prescindir da presenza de ESF Galicia a medio prazo.
- Promoción de procesos de transformación de carácter estructural e integral, non
accións puntuais e isoladas.
- Transparencia e rendición de contas a toda a sociedade, financiadores e
poboación meta.
EIXOS E PRINCIPIOS NOS PICD
- Promoción dos Dereitos Humanos, con especial atención a enfoque de equidade
de xénero e/ou grupos vulnerables (nenez, minorías étnicas, desprazados).
- Intercambio, Investigación, Desenvolvemento e Innovación nas actuacións dos
PICD, como ferramenta para a mellora continua, cuestionamento da filosofía e
metodoloxías de traballo, e enriquecemento do sector da cooperación ao
desenvolvemento.
- Perspectivas de defensa do medio ambiente e prevención e mitigación dos risco,
e integración con programas de desenvolvemento xa existentes.
- Promoción da participación crítica e responsable dos distintos axentes en cada
fase (desde a poboación meta e copartes até o grupo de proxectos).
- Eficiencia no uso de recursos.
EIXOS E PRINCIPIOS NOS PICD
CICLO DO PROXECTO (PICD)
IDENTIFICACIÓNDESEÑO/
FORMULACIÓN
AVALIACIÓNEXECUCIÓN/
SEGUEMENTO
PROGRAMACIÓN
CICLO DO PROXECTO (PICD)
- Novos programas (sector, país, coparte?). Aprobación XD e ratificación
Asemblea.
- Convenios para a execución dos PICD, sendo operativos, pódense firmar sen
aprobación de XD, co visto bo da comisión de PICD.
- Formulación interna de ESF, e posteriormente adaptación a financiadores. Papel
destacado da comisión PICD.
- Comisión PICD. Formación e regulamento. A partir deste manual rematar a súa
delimitación e aprobar o regulamento formalmente nunha próxima Asemblea. De
momento segue como estaba? (vogal+representantes dos grupos de
PICD+representante de accións no norte ou EpD+ técnico de PICD con voz sen
voto).