Relatos dos nenos e nenas de 2º C

18

description

Relatos inventados polo alumnado de 2º C de primaria para I Certame de Relato Curto do Ceip Sigueiro

Transcript of Relatos dos nenos e nenas de 2º C

Page 1: Relatos dos nenos e nenas de 2º C
Page 2: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

2º C• A MÚSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO de

Pablo Rivera Carnota e Juan José Varela Villegas

• A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO de

Kevin Balsa Vázquez e Mónica Villar Ferreiro

• O CISNE PIANISTA de Tania Sánchez Barreiro e

Nerea Ramos Gómez

• MÚSICA DRACONIANA de Martín Ramírez

Rodríguez e Pedro Ruiz García

• VIRGINIA E SERGIO EN CONCERTO de Sergio

Rivera Souto e Virginia Piñeiro Bernández

• TEOLÉ ,O MÚSICO QUE ENTUSIASMA AOS

NENOS de Sara e Lucía

Page 3: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

• VAMPIRO GUITARRISTA de Tomás Agustín Vargas

Combé e Nuno Sancosmed Fernández

• A MÚSICA DA PRINCESA ROSI FAI BAILAR E

CANTAR de Cristina Quinteiro Delgado e Andrea Portos

Iribarnegaray

• MÚSICA DE SABELA de Nuno Sancosmed Fernández

e Maria Iglesias Hernández

• PIPO O DRAGÓN CANTARÍN de Adrián Torres

Parada e Miguel Vilas Fernández

• A ORQUESTRA DE DIEGO de Aarón e Carlos

Page 4: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

A MUSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO

Había unha vez un home que se sentía músico aínda que non sabía tocar

ningún instrumento.

Estaba moi triste por isto.

Un día inventaron un novo instrumento chamado tromba. El enterouse e quixo

aprender a manexalo.

Practicou tanto que pronto aprendeu a tocalo moi ben Isto animouno e decidiu

facer o mesmo con outros instrumentos pero non lograba tocar o violín.

Resistíaselle!

Un día conseguiuno tocar un pouquiño.

Despois practicou máis, e máis e máis ata que logrou facelo e mostroullo aos seus

amigos.

Tocou o violín e aplaudíronlle moito.

Dicíanlle que era a música máis fermosa do mundo.

Uns días máis tarde organizo unha xira. Foi a Canadá, Colombia, París e Madagascar.

En Madagascar viu lémures e chimpancés e tocou o violín para eles durante moito

tempo. Tanto,que chegou un momento que empezou a aburrirse e marchou.

Foi para Dinamarca .Alí sentíase moi feliz.

Xa na primeira noite neste país retárono a unha competición musical aceptou e

gañouna utilizando a tromba e o violín.

Page 5: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

Quedou a vivir alí para sempre cumprindo o seu soño de ser músico,un músico moi

bo. Tanto, que dicían del que facía a música máis fermosa no mundo.

AUTORES: PABLO RIVERA CARNOTA, 7 anos, 2ªC

JUAN JOSÈ VARELA VILLEGAS, 7 anos, 2ª C

Page 6: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO

Érase unha vez unha flor que era moi feliz, que se chamaba Sara. Un día foi a

un concerto en vivo e veu cantar a Lady Gaga e dixo : eu quero cantar como

Lady Gaga. E empezou a practicar para ser unha estrela do pop ou do rock.

E empezou a cantar nos concertos, e foi moi famosa.

Un día levantouse, mirouse no espello e viu que estaba enferma da gorxa e dixo:

non podo cantar esta noite. E foi o médico, e lle dixo: tes que esperar uns meses para

que te poñas ben. E esperou tres meses, e nada. Pero o mes seguinte púxose mellor e foi

o concerto, pero cando chegou non había nadie. Chegou a casa e púxose a cantar.

Despois foi crecendo e tivo tres fillos que sabían tocar a tromba, a frauta e o violín, e

pasaron anos, e xa tiñan trinta e catro anos. Despois cando a súa nai morreu, decidiron

montar unha orquestra para ser como a súa nai. E despois inventaron unha canción nova

que se trataba do amor, e foi moi famosa. Escoitábase na radio, na televisión,...Un día

Lady Gaga pediulles a banda que tocase con ela o venres pola tarde. Entón o venres

pola tarde Lady Gaga veu en limusina a recoller a banda, empezou a orquestra e

fixéronse moi moi famosos como a súa nai.

AUTORES: KEVIN BALSA VÁZQUEZ, 7 anos, 2ºC

MÓNICA VILLAR FERREIRO, 7 anos, 2º C

Page 7: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

O CISNE PIANISTA

Érase unha vez un cisne que vivía só nun lado do estanque dun parque. Onde el vivía

só se oía o son dunha guitarra eléctrica. Odiaba ese son e aínda por riba os outros cisnes

do estanque, que estaban acostumados a oír outro tipo de música, ríanse del.

Un día decidiu cambiar de lugar e foi vivir a un lado do estanque onde se oía o son

dun piano. Esta música si que lle gustaba.

Gustáballe tanto que un día decidiu ir mercar un piano a unha tenda de música e

aprender a tocalo. Despois dun tempo conseguiu tocalo moi ben e os cisnes e patos do

estanque fixéronse fans del.

O cisne pianista fíxose tan famoso que era coñecido en todos os estanques, ríos e

mares ata que cansado e xa velliño morreu disfrutando da música do seu instrumento.

Está enterrado no lago do parque e todos tocan alí o piano que colocaron na súa

memoria. Alí a guitarra de rock está prohibida.

Só se pode tocar o piano e música clásica en honor ao cine pianista.

Din que aínda anda por alí a súa pantasma.

AUTORAS:

TANIA SÁNCHEZ BARREIRO, 7 anos, 2º CNEREA RAMOS GÓMEZ, 7 anos, 2º C

Page 8: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

MÚSICA DRACONIANA

Érase unha vez un dragón chamado Yaratina.

Era un dragón moi grande , de cor verde e vermello.

Yaratina tiña sete anos e ademais do seu gran tamaño, chamaban a atención as agullas

que tiña no lombo e na súa cola .

De pequeno , os seus país regaláranlle un gran anel de bronce que parecía máxico e que

lucía nunha das súas garras da perna dereita dianteira. Todos quedaban abraiados ante

aquel ser tan grande e chamativo. Naceu e criouse nunha montaña onde un escorpión

negro lle ensinou a ser tan forte como unha rocha.Todos os habitantes da montaña

sentían respecto e un pouco de medo por ser tan grande e forte así como pola súa

aparencia.

Pero o noso grandísimo dragón tiña unha cualidade oculta que nada pegaba co seu

aspecto. Adoraba a música. Sabíao todo sobre a música, compositores e instrumentos.

Tocaba a guitarra, a frauta a gaita…

Os veciños pensaban que era o seu anel o que lle daba esa forza.

Un día entrou nunha das covas da montaña na que vivía e atopouna chea de

instrumentos musicais: una batería, guitarras de todo tipo… Todos estes instrumentos

eran dourados. Eran moi bonitos.

Comezou a tocalos e saíu una música marabillosa que atraeu a todos os habitantes da

montaña ata a cova. Alí escoitaron o concerto que deu e quedaron sorprendidos ante a

beleza das melodías.

Quixeron mercarlle por moitísimos cartos os instrumentos para poder facer eles esa

música bonita pero Yaratina non quixo saber nada dese tema.

Page 9: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

Seguiu compoñendo e tocando ata gañar un premio da música. Eran moitos cartos e

unha enorme nota musical de ouro. Cos cartos construíu un gran pazo onde ensinaba a

todos os que quixeran a cantar, tocar instrumentos ou todo o que quixeran sobre o tema

da música.

O dragón Yaratina , ao que todos lle tiñan tanto respecto e un pouco de medo ,converteu

a montaña nun lugar moi alegre e divertido no que non faltaban os concertos,festivais e

bailes

AUTORES: MARTÍN RAMÍREZ RODRÍGUEZ, 7 anos, 2º C

PEDRO RUIZ GARCÍA, 7 anos, 2º C

Page 10: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

VIRGINIA E SERGIO EN CONCERTO

Érase unha vez un neno chamado Sergio. Ía a clases de música coa súa amiga Virginia.

Un día Sergio díxolle a Virginia:

-Queres ir mercar un instrumento comigo?.

-Claro que si!- contestoulle a nena- Espérote na Praza de Santiago.

Así o fixeron e cando chegaron a tenda preguntoulle Sergio á dependenta:

-Tes unha guitarra ou calquera outro instrumento de corda?.

- Como non!- contestoulle –Que queres unha guitarra, un violín, un contrabaixo…?.

-Un contrabaixo, por favor. Contestoulle Sergio.

Cando chegou Sergio á casa díxolle súa nai:

-Sergio, imos de viaxe a Portugal.

- Oh, mamá- contestoulle Sergio. Non pode ser. Teño un concerto en Lugo.

A súa nai preguntoulle:

-Quen te invitou a un concerto?.

- Ninguén. Ímolo facer Virginia e eu.-Contestou o rapaz.

-Síntoo pero non podes ir. O avión está chegando.-Aclaroulle súa nai.

-Pero mamá, o concerto é entre martes e o venres!.- Replicou.

-Non. Xa está reservado o avión.

Page 11: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

-Mamá, vaite ti e déixame quedar con Virginia- Pediulle o neno.

-Vale!Deixareite pero pórtate ben e intenta tocar o mellor posible. Corre a facer as

maletas!- Pediulle a súa nai.

- Vaite, mamá. O avión vai marchar e xa sei facer as maletas eu só.

A nai marchou e Sergio, despois de facer a maleta, foi á casa da súa amiga Virginia.

Tlin, tlin, tliiin! Tlin, tlin, tliin…!- tocou Sergio o timbre.

-Quen é?- preguntou unha voz dende dentro mentres viña a abrir a porta.

- Son Sergio. Veño quedar aquí dende o martes ao venres con Virginia. A miña nai

marchou e deume permiso para quedar aquí.

-Xa, xa o sei. Podes quedar aquí dende o martes ao venres.- Aclaroulle a nai de Virginia

que foi quen lle abriu.- Entra,xa sei o do concerto. Vai onda Virginia que está no seu

cuarto.

-Ola, Sergio! Saudou o pai da nena.

-Ola!,contestou o invitado- Xa é de noite e vou durmir.

Ao día seguinte foron cunha orquestra a tocar e cantaron unha canción. Tiveron moito

éxito en Lugo, Galicia, España, Portugal e toda Europa.

AUTORES:

SERGIO RIVERA SOUTO, 7 anos, 2º C

VIRGINIA PIÑEIRO BERNÁRDEZ, 7 anos, 2º C

Page 12: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

TEOLÉ ,O MÚSICO QUE ENTUSIASMA AOS NENOS.

Había una vez un neno ao que lle gustaba moito a música. El tiña moitas ganas

de cumprir anos para comezar no conservatorio.Chamábase Teolé.Era loiro.

Cando cumpriu oito anos entrou no conservatorio e comezou a tocar o

saxofón.Todo o mundo o adoraba.Cando foi maior converteuse nun compositor moi

famoso,ata lle fixeron un museo na provincia de A Coruña.Tres meses despois marchou

a vivir a Australia.

Un día un neno do colexio de C.E.I.P. de Sigüeiro díxolle a súa nai:¡Mamá,imos

ir de excursión ao museo de Teolé!,mamá,¿Cómo se fixo o museo e quen é Teolé?-

preguntou o neno.Pois mira meu fillo, Teolé é un home que toca o saxofón e tamén é un

compositor moi famoso.

Agora que xa che expliquei quen era Teolé vouche explicar o do museo.

El compuxo moitas cancións e por iso fixéronlle o museo.Alí están as cancións

pegadas nas paredes,tamén haberá unha banda que toque as cancións.

Ao día seguinte,o neno chegou ao colexio e marchou no autobús moi contento

para o museo.Cando chegou alí quedou pampo.Pensou que ese museo era o máis bonito

que vira na súa vida.

De regreso a súa casa díxolle a súa nai que ían facer un grupo de música

chamado:AS COMPOSICIÓNS DE TEOLÉ.

De inmediato empezaron a planificar concertos.O día do concerto viron entrar a

un home loiro.O neno sabía perfectamente que era Teolé.

Coñecéronse,fixéronse moi amigos e foron de xira polo mundo.

AUTORAS

SARA E LUCÍA, 7 anos, 2º C

Page 13: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

O VAMPIRO GUITARRISTA

Había unha vez un vampiro que era guitarrista. Un día foi ver unha orquestra vampiriana de rock porque organizaba unha festa.

Había moita xente, é dicir, moitos vampiros e el perdeuse entre eles. Non sabía volver xunto a orquestra e preguntou polo camiño de volta. Á esquerda, a dereita…

Daba voltas e voltas pero nada, o camiño non atopaba. Por fin atopou coa policía quen lle indicou ben o camiño.

Cando chegou onde a orquestra disfrutou porque tocaron moito, moito, moito, moito, tanto que xa cansos de tanto tocar deixárono probar a el.

Fixéronse amigos os da orquestra e máis el e invitáronmo a súa casa onde seguiu tocando e tocando pero claro, facían moito ruído.

Os veciños foron chamarlle á porta:

- Non podes tocar agora, estamos durmindo!!!.

- Eu son un vampiro e podo facer o que me de a gana – contestoulle el. Ala, ata logo!

Cerroulles a porta de malos modos e seguiu tocando toda a noite.

Despois marchou para a súa casa e deitouse pero cando tivo que erguerse non era capaz. Estaba moi canso.

Cando por fin logrou levantarse foi a tocar un pouco o piano. Cando andaba nisto veulle á cabeza a escena da noite anterior e decidiu ir a pedirlles perdón a os veciños da casa onde vivían os vampiros da orquestra.

Deuse conta do maleducado que fora con eles.

Aceptaron as desculpas e déronlle permiso para ir tocar alí sempre que quixeran pero sempre e cando fose de día, para non molestar, claro.

AUTORES: TOMÁS AGUSTÍN VARGAS COMBÉ E NUNO SANCOSMED FERNÁNDEZ, 7 anos, 2º C

Page 14: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

A MÚSICA DA PRINCESA ROSI FAI BAILAR E CANTAR

Érase unha princesa que se chamaba Rosi e tiña como mascota a un unicornio chamado Laila. Nunca se separaban porque Laila era moi boa e coidaba de Rosi.

Ían xuntas a clase de música e cantaban sempre “ la, la , la, lalaaaa…..”.

Un día o unicornio perdeuse no bosque comendo mazás e Rosi, ao quedar soa , tamén se perdeu.

As dúas estaban moi asustadas porque había lobos pero despois de andar e andar, atopáronse de novo.

Como as perseguían os lobos, Laila, sen querer, rachoulle o vestido á princesa pero foron ata o Castelo e a princesa mudouse e volveu quedar toda guapa e moi aquelada, como corresponde a toda princesa.

Xa pasado o susto, decidiron facer unha festa cos seus amigos, unha festa de pixamas, na que todos xuntos o pasarían ben e esquecerían o acontecido no bosque.

Así o fixeron. Viñeron todos ao Castelo e Rosi e Laila tocaron a guitarra mentres os demais cantaban e bailaban. NINGUÉN QUERÍA MARCHAR!. Ata lles tatuaron unha clave musical de ouro!.

Cando por fin rematou todo descansaron e xa non pensaron máis no bosque, só no ben que o pasaron os seus amigos coa música na festa.

Á mañá seguinte decidiron ir a un museo. Alí viron un cadro que lles gustou tanto que lle quixeron facer unha música que o acompañase sempre e o fixese aínda máis fermoso.

Cando por fin a acabaron,volveron a poñerlla. Ao cadro gustoulle tanto que todas as figuras que había nel puxéronse a bailar e a cantar sen parar.

Isto foi noticia coñecida en todo o mundo e, a princesa Rosi e a súa mascota, o unicornio Laila, foron loubadas e admiradas en toda a Terra como grandes compositoras e músicas.

AUTORAS: CRISTINA QUINTEIRO DELGADO E ANDREA PORTOS IRIBARNEGARAY, 7 anos, 2º C

Page 15: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

MÚSICA DE SABELA

Había unha vez unha nena que se chamaba Sabela. Tiña catro anos e gustáballe moito a

música.

Un día Sabela foi ao parque. Alí, coma sempre, púxose a cantar coas súas

amigas Sara e Ariadna a canción Waca-waca”. Despois a de Mossa e así outras que

estaban de moda. Pasárono moi ben.

Despois foron á casa da súa mellor amiga Sara, para tocar instrumentos coma a

frauta , o tambor, o saxofón a trompeta e a guitarra. Disfrutaron moitísimo!

Ao rematar o día, cada unha foi para á súa casa e quedaron en practicar unha

canción. Así o fixeron , e ao día seguinte cantáronas para as compañeiras. A todas lles

saíu moi ben. Tanto que decidiron facer un grupo musical para ensaiar e disfrutar coa

música. Chamáronlle “Sabela e as súas colegas”.

Xuntábanse todos os días no parque a ensaiar. Facíanno tan ben e os nenos do

parque e os pais estaban entusiasmados.

Cada vez viña máis xente ao parque a escoitar o grupo de Sabela. Daba xenio

velas tocar, cantar e bailar...

Un dos pais que alí estaban traballaba na televisión e propusolles aos pais das

rapazas facer un programa con elas para que foran coñecidas en toda Galicia. Os pais

das nenas aceptaron.

Fixeron o programa e gustaron moito. Foron coñecidas en Galicia e fora dela

converténdose en famosas admiradas por moitos rapaces e rapazas.

FIN

Page 16: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

AUTORES: NUNO SANCOSMED FERNÁNDEZ E MARÍA IGLESIAS

HERNÁNDEZ, 7 ANOS, 2º C

Page 17: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

PIPO, O DRAGÓN CANTARÍN

Había unha vez unha paisaxe chamada Dragonia. Nela vivían os dragóns, entre eles Pipo.

Pero Pipo non era un dragón normal. Chamábanlle o Dragón cantarín. Tamén había un dragón malo que se chamaba Ramón e ao que todos os demais odiaban.

Ramón vivía no Reino de lume.

Un día Ramón decidiu atrapar á Fada dos Desexos para desexar que Pipo non puidera cantar.

A Fada dos Desexos cando foi atrapada puido enviarlle unha mensaxe a Pipo para que soubera das intencións de Ramón.

Pipo atravesou a País de terra, auga, bosque e nubes ata que chegou ao Reino do Lume. Entón viu a Besta do Lume.

Pipo cantoulle unha canción de amor e a Besta púxose a chorar e deixouno pasar polo medio das súas pernas.

Entón Pipo distraeu a Ramón e colleu a Fada dos Desexos. Rescatouna e escapou con ela do Reino do Lume.

AUTORES:

ADRIÁN TORRES PARADA

MIGUEL VILAS FERNÁNDEZ.

CURSO: 2º C

IDADE: 7 anos.

Page 18: Relatos dos nenos e nenas de 2º C

A ORQUESTRA DE DIEGO

Érase una vez un lobo que se chamaba Diego. Un día pensou en facer una orquestra.

Contratou a un gorila, un guepardo e una serpe. Tiveron que ir ata Hawai para facer a

estrea da orquestra.

Foi moita xente a escoitalas. Gustaron moito.

Despois foron a una liga mundial de orquestras. Quedaron de primeiros. Gañaron una

copa de ouro.

Alí atoparon coa Banda do Terror e fixeron una loita musical. Volveu a gañar a

orquestra de Diego!

De volta a casa atoparanse con que os seus pais non lles deixaban seguir coa orquestra.

Eles, que non estaban conformes, insistiron e insistiron ata que o conseguiron pero

condición de que non podían deixar de lado os estudos.

AARÓN E CARLOS 2ºC.