RESEÑA LIXO PABLO FONTENLA

2
RESUMO DE LIXO Lixo é un libro que merece a pena tanto polo contido literario como polas ilustracións e gustoume porque creo que aborda con realismo e gran crueza a situación que atravesan os “nenos buzo” vivindo na calle, buscando alimentos entre o lixo, cobizándose entre cartóns e obras abandonadas e agudizando o enxeño para poder subsistir. Cando volvía de gastar na farmacia as únicas moedas que lle quedaban para mercar unhas aspirinas para o seu compañeiro de asentamento, a vagabunda viu as chamas e á policía rodeando a nave abandonada, o que lle fixo recordar a pequena bombona de gas que conseguiran nunha casa abandonada, e grazas á cal puideran comer algo quente nas últimas semanas. Miúda e delgada ela, barbudo e mangallón el, formaban un equipo perfecto; ela metíase dentro dos colectores de roupa vella e dos subterráneos de alimentos e el axudáballe dende o exterior cunha corda. E así sobrevivían. Dende os dezanove anos de idade, non volvera á casa familiar, xa que unha noite o seu pai pecháralle a porta por saír á rúa, segundo el, na hora á que saen as putas. Marchou para o sur e, de cando en vez, traballaba recollendo froita, pero cando remataba a temporada vivía na rúa. Por medo a que a golpeasen e para evitar perigos, decidira vivir e vestir coma se fose un rapaz, finxindo afeitarse cada día, o que causaba as burlas do seu amigo barbudo. A pesar disto, ás veces sentía ganas de abrazar ó seu compañeiro, como muller que era. A primeira vez, fora cando, sentados nun banco ás portas dun colexio, el rompera a chorar e contáralle que ó separarse da súa muller, esta o afastara do seu fillo de nove anos. Logo da separación, as resacas remataron co seu traballo e a rúa foi o seu novo fogar. Ó principio, ela chamaba á súa nai por teléfono de cando en vez máis, como ultimamente nunca lle contestaba, decidiu facerlle unha visita. Ignoraba que ela tamén marchara da casa, farta de aguantar un home barrigudo e groseiro que desafogaba a súa ira con Salta, a cadela que lle regalaran de nena a súa filla e que tanto quería. Comentario [m1]: NOTA: 10

description

RESEÑA LITERARIA DO LIBRO TITULADO LIXO. AUTOR DA RESEÑA PABLO FONTENLA. 4º DE ESO

Transcript of RESEÑA LIXO PABLO FONTENLA

Page 1: RESEÑA LIXO PABLO FONTENLA

RESUMO DE LIXO

Lixo é un libro que merece a pena tanto polo contido literario como

polas ilustracións e gustoume porque creo que aborda con realismo e gran

crueza a situación que atravesan os “nenos buzo” vivindo na calle,

buscando alimentos entre o lixo, cobizándose entre cartóns e obras

abandonadas e agudizando o enxeño para poder subsistir.

Cando volvía de gastar na farmacia as únicas moedas que lle

quedaban para mercar unhas aspirinas para o seu compañeiro de

asentamento, a vagabunda viu as chamas e á policía rodeando a nave

abandonada, o que lle fixo recordar a pequena bombona de gas que

conseguiran nunha casa abandonada, e grazas á cal puideran comer algo

quente nas últimas semanas. Miúda e delgada ela, barbudo e mangallón

el, formaban un equipo perfecto; ela metíase dentro dos colectores de

roupa vella e dos subterráneos de alimentos e el axudáballe dende o

exterior cunha corda. E así sobrevivían.

Dende os dezanove anos de idade, non volvera á casa familiar, xa

que unha noite o seu pai pecháralle a porta por saír á rúa, segundo el, na

hora á que saen as putas. Marchou para o sur e, de cando en vez,

traballaba recollendo froita, pero cando remataba a temporada vivía na

rúa.

Por medo a que a golpeasen e para evitar perigos, decidira vivir e

vestir coma se fose un rapaz, finxindo afeitarse cada día, o que causaba as

burlas do seu amigo barbudo. A pesar disto, ás veces sentía ganas de

abrazar ó seu compañeiro, como muller que era. A primeira vez, fora

cando, sentados nun banco ás portas dun colexio, el rompera a chorar e

contáralle que ó separarse da súa muller, esta o afastara do seu fillo de

nove anos. Logo da separación, as resacas remataron co seu traballo e a

rúa foi o seu novo fogar.

Ó principio, ela chamaba á súa nai por teléfono de cando en vez

máis, como ultimamente nunca lle contestaba, decidiu facerlle unha visita.

Ignoraba que ela tamén marchara da casa, farta de aguantar un home

barrigudo e groseiro que desafogaba a súa ira con Salta, a cadela que lle

regalaran de nena a súa filla e que tanto quería.

Comentario [m1]: NOTA: 10

Page 2: RESEÑA LIXO PABLO FONTENLA

Esa noite do incendio, cando recolleu a caro dun colector o que era

cría que era un leitón, e resultou ser un bebé abandonado, achegóuselle

Salta, que a recoñeceu e seguiu, mailas chamadas ameazantes do pai.

Dende entón non se aparta da cadela e, por non a perder, rexeitou entrar

nunha casa de acollida e tamén negábase a entrar na cociña económica

para comer de quente, sentada a unha mesa, porque non se quería

arriscar a perder a súa compañeira. Comparten a comida que a cadela

recolle do interior dos colectores, porque nos ollos dela ve os da súa nai e,

cando lle dá o mellor bocado, sente que é a súa nai a quen llo está a dar.