REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da...

31
REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA,

ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de outubro de 2013, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Preguntas orais en Comisión

1.1 10443 (09/POC-001538)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis e 2 máisSobre a posición do Goberno galego en relación á aprobación do Real Decreto sobre o sector eléctrico españolPublicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 05.08.2013

Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión

2.1 7507 (09/PNC-000620)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre a denegación pola Xunta de Galicia da autorización solicitada pola empresa canadense Goldquest Ibérica para unha explotación mineira no territorio das reservas da biosfera Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño, así como a axilización da incorporación da serra de Foncuberta á Rede Natura 2000Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102, do 15.05.2013

2.2 11482 (09/PNC-000971)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa empresa Arteixo Telecom, no concello das Pontes de García RodríguezPublicación da iniciativa, BOPG n.º 157, do 11.09.2013

2.3 11855 (09/PNC-000987)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María Consuelo e Beiras Torrado, Xosé ManuelSobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas bonificacións fiscais reintegradas ao Estado español segundo o Acordo da Comisión Europea do 17 de xullo de 2013Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 18.09.2013

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

2.4 12017 (09/PNC-000993)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGonzález Santín, Juan Carlos e Méndez Romeu, José LuisSobre a demanda ao Goberno central de derrogación do artigo 17 do Real decreto lei 20/2012 no referido ás recargas pola demora no pagamento das cotas á Seguridade SocialPublicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 18.09.2013

2.5 12034 (09/PNC-000996)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco Xesús e 2 máisSobre a paralización de xeito definitivo pola Xunta de Galicia do proxecto de explotación dunha mina de ouro en Corcoesto, así como as novas solicitudes de investigacións mineiras presentadasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 18.09.2013

2.6 12371 (09/PNC-001021)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSestayo Doce, Beatriz e 2 máisSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para resolver a situación financeira na que se atopa a feira FIMO de FerrolPublicación da iniciativa, BOPG n.º 166, do 25.09.2013

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013 Cristina Isabel Romero Fern§ndez Presidenta da Comisi·n

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO

E TURISMOPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaCristina Isabel Romero Fernández P

VicepresidentePedro Manuel Arias Veira P

SecretariaMaría Consuelo Martínez García AGE

María do Carme Adán Villamarín BNGHipólito Fariñas Sobrino PJosé Manuel Gallego Lomba SJosé Luis Méndez Romeu SBerta Pérez Hernández PJosé Francisco Santos Regueiro PBeatriz Sestayo Doce SMiguel Angel Tellado Filgueira PGonzalo Trenor López P

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 10443(09/POC-001538)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis e 2 máis

Sobre a posición do Goberno galego en relación á aprobación

do Real Decreto sobre o sector eléctrico español

Publicación da iniciativa, 147, 05.08.2013

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Luis Méndez Romeu, Beatriz Sestayo Doce e José Manuel

Gallego Lomba, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario So-

cialista ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Comisión.

O Goberno do Estado vén de aprobar un deal decreto que modifica

fondamente o actual sistema eléctrico español e que deberá ser seguido

doutro paquete lexislativo. A reforma, que afecta de xeito notable ao sector

enerxético galego, non aborda os problemas de fondo, pero introduce cam-

bios importantes na retribución da xeración eléctrica e na tarifa dos consu-

midores. De xeito, na opinión de empresas e cidadáns, o obxectivo da nor-

ma é meramente recadatorio, ata tal punto que a primeira consecuencia xa

foi anunciada: o incremento da tarifa eléctrica nun 3,2 % dende agosto.

O Real decreto non resolve a seguridade do subministro enerxético,

nin a dependencia do exterior para os combustibles fósiles, nin mellora a

competitividade da industria, nin cumpre os compromisos medioambien-

tais, nin ofrece seguridade xurídica ós investidores.

Doutra banda, o Real decreto fará inviable o desenvolvemento das

enerxías renovables cando deberían de ser potenciadas. Nin minora a factu-

ra que pagan os consumidores. De feito a norma semella cumprir unica-

mente os criterios de Bruxelas sobre o déficit público, e polo tanto, perde a

oportunidade de iniciar un novo modelo de política enerxética que permita

superar os atrancos existentes.

O Real decreto crea unhas condicións onerosas para o desenvolve-

mento do autoconsumo eléctrico, que permitiría a moitas empresas, gran-

xas agrogandeiras, agrupacións de consumidores, mesmo centros comer-

ciais, producir a enerxía que consumen e compensar mediante o Balance

Neto a que toman da rede coa que poden verter. Créanse condicións tan ne-

gativas que dificultará unha medida de apoio real aos consumidores. Aquí o

Goberno amosa a total subordinación aos intereses das grandes compañías

eléctricas, temerosas de perder unha pequena parte do grande mercado cau-

tivo que representan todos os fogares e instalacións produtivas.

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Cómpre que a Xunta manteña unha posición activa diante da reforma

eléctrica que se inicia. Como Comunidade excedentaria en enerxía que non

repercute en mellores tarifas para usuarios domésticos e industrias, o Go-

berno galego debe facer valer a posición estratéxica de Galicia como pro-

dutora, en especial no ámbito das enerxías renovables.

É por iso que os deputados e a deputada que asinan formulan as se-

guintes preguntas para a súa resposta oral en Comisión.

1.ª) Que criterios defende o Goberno galego en relación co devandi-

to real decreto?

2.ª) Foi consultada polo Ministerio de Industria e fixo alegacións ao

texto?

2.ª) Que iniciativas desenvolverá a Xunta para garantir un regula-

mento do sector eléctrico que permita o abaratamento real das tarifas, o pu-

lo das enerxías renovables e o despregue do autoconsumo?

Pazo do Parlamento, 24 de xullo de 2013

Asinado dixitalmente por: José Luís Méndez Romeu na data 24/07/2013 11:37:59 Beatriz Sestayo Doce na data 24/07/2013 11:38:11

José Manuel Gallego Lomba na data 24/07/2013 11:38:18

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en Comisión

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 7507(09/PNC-000620)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo

Sobre a denegación pola Xunta de Galicia da autorización

solicitada pola empresa canadense Goldquest Ibérica para unha

explotación mineira no territorio das reservas da biosfera

Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño, así como a axilización

da incorporación da serra de Foncuberta á Rede Natura 2000

Publicación da iniciativa, 102, 15.05.2013

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa

da súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz, ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión.

A Xunta de Galicia proponse reactivar o sector mineiro concedendo autorizacións de

explotación por toda a xeografía galega. Na Galiza existen actualmente 304 explotacións

mineiras, que producen máis de 24 millóns de toneladas ao ano, e xeran un movemento

económico de 322,7 millóns de euros ao ano; é dicir o 2% del Produto Interior Bruto.

Segundo o Director Xeral de Industria, Sr. Tahoces, en breve sairán a concurso 178

dereitos mineiros, dispoñibles na Galiza por diversas razóns, como a renuncia ou

caducidade. A Xunta afirma que se adxudicarán as licencias de explotación en función de

tres criterios: a calidade técnica do proxecto, a restauración dos terreos e o impacto

económico na zona a través das inversións e os empregos que xere, coa intención de

lanzar un sinal aos inversores estranxeiros, especialmente americanos e canadenses,

para que se interesen en estas minas. Nas explotacións que saen a concurso existen,

entre outros minerais, caolín, canterita, granito, cuarzo, ouro, prata, e minerais

pertencentes ás chamadas terras raras.

Polas declaracións do Sr. Tahoces, pode deducirse que entre as prioridades da Xunta

para outorgar as licencias de explotación non se atopan a protección do medio ambiente,

da saúde pública ou do patrimonio natural, etnolóxico, arqueolóxico ou turístico.

A febre do ouro ten posto sobre a pista dos vellos filóns galegos a varias compañías

canadenses que xa crearon filiais en España. En diferentes fases da súa tramitación

cóntanse xa, nas catro provincias galegas, ao menos 10 minas que poden ser reabertas

en pouco tempo.

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Así, aparecen proxectos avaliados pola Xunta de Galicia que pretenden vender a

empresas estranxeiras os nosos montes para a extracción de distintos metais, entre

outros:

"Explotación de filóns de prata, ouro, chumbo, cinc e cobre nun territorio que forma parte

da reserva da biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) e que se reparten catro

Concellos lucenses (A Fonsagrada, Baralla, Baleira y Becerreá)”.

Goldquest, una compañía canadense planea empezar a perseguir filóns nun territorio que

forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño, que se

reparten catro concellos lucenses (A Fonsagrada, Baralla, Baleira y Becerreá). Goldquest

espera encontrar prata, ouro, chumbo, cinc e cobre.

A Consellería de Economía e Industria ten tramitado o permiso de investigación a favor da

filial Goldquest Ibérica, con sede en Ponferrada e Madrid.

O anuncio aparecido no DOG fai referencia a 68 cuadrículas mineiras, inda que o papel

que estivo exposto no taboleiro de anuncios do concello de A Fonsagrada falaba de 396.

Se finalmente o proxecto se limitase á superficie confirmada polo DOG, a investigación

mineira xa afectaría de cheo ás dúas reservas da biosfera situadas no límite entre Galiza

e Asturias e a un lugar de interese comunitario (LIC), a Serra de Foncuberta, pendente de

incorporarse á Rede Natura.

A zona protexida sobre a que se superporían as investigacións da empresa mineira son

as montañas por onde transcorren os ríos Eo e Miño. Entre o conxunto da flora presente,

confirmouse a presenza de 97 familias e máis de 500 especies, máis de 500 especies

vexetais.

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Polo exposto é polo que o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

apresenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1.- Protexer as dúas reservas da biosfera, Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño, non

concedendo a autorización para a explotación mineira á que pretende optar Goldquest

Ibérica.

2.- Axilizar a incorporación da Serra de Foncuberta á Rede Natura 2000.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. da AGE.

Xosé M. Beiras Torrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 06/05/2013 18:52:09 Xosé Manuel Beiras Torrado na data 06/05/2013 18:52:14

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 11482(09/PNC-000971)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

en relación coa empresa Arteixo Telecom, no concello das

Pontes de García Rodríguez

Publicación da iniciativa, 157, 11.09.2013

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa da súa

deputada Carme Adán Villamarín e e do seu Portavoz Francisco Xesús Jorquera

Caselas, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Proposición non de Lei para o seu debate en comisión, relativa ás actuacións que ten

que desenvolver a Xunta de Galiza en relación coa empresa Arteixo Telecom de As

Pontes.

Exposición de motivos

En xaneiro de 2001, Italtel, un dos provedores de sistemas de telecomunicacións

máis importantes no ámbito mundial, abría a súa fábrica nas Pontes, da man do Plano de

Desenvolvemento asinado pola Xunta, Endesa e as organizacións sindicais, e co apoio

do Igape, cunha axuda de 4MЄ a fondo perdido dos 7,2MЄ de investimento inicial. O

obxectivo da empresa italiana era dobrar a súa produción de decodificadores de

televisión dixital terrestre cunha plantilla inicial de 38 mozos e mozas empregadas (cun

aumento até 44 a finais do ano e 60 entre 2003 e 2004), para clientes como Madritel e

Quiero TV. Á inauguración asistiron o presidente da Xunta, Manuel Fraga, tres

conselleiros e o embaixador de Italia.

A creba de Quiero TV deixa á fábrica das Pontes sen carga de traballo e obriga a

apertura de expedientes de regulación de emprego desde o ano 2002 até marzo de 2003.

Tras numerosas xestións políticas e sindicais e pola presión dos traballadores e

traballadoreas, entran o Santander Central Hispano e Endesa, que pasa a ser accionista

maioritaria, e acádase un contrato para AUNA de 30.000 decodificadores, o que

garantía plena carga de traballo até abril de 2005. En novembro de 2004, cunha

produción duns 6.000 decodificadores, a razón de 200 diarios, coa contratación de

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

novos traballadores a través de ETTs e con quendas para garantir o ritmo de produción,

a empresa anuncia o inicio do expediente de extinción de contratos e o peche definitivo

da fábrica para o 31 de decembro, anuncio que coincidía co momento no que remataban

os compromisos adquiridos polas axudas públicas recibidas.

Presentábanse dúas ofertas para a súa compra. Por unha banda, a dunha empresa

gaditana, Buroteco, que garantía o mantemento dos postos de traballo, cunha

ampliación até os 102 a finais de 2007. Por outra, Arteixo Telecom, fundada pola Xunta

no ano 1996, que plantexaba o despedimento de 7 dos 38 empregados, e presentaba un

traslado das súas instalacións existentes na localidade coruñesa nas que estaba a aplicar

un ERE temporal e xubilacións para unha parte dos seus 144 traballadores. A finais de

2004, sen un proxecto industrial definido, coa aplicación de criterios político-

urbanísticos e o respaldo da Xunta, Arteixo Telecom facíase con Italtel, con clientes

como Alcatel, Renfe, Siemens e Soluziona.

Na actualidade, o capital social de Arteixo Telecom é de algo máis de 7,2MЄ

repartido en 1,2 millóns de accións, maioritariamente en poder de Global Diez,

representada por un antigo asesor da Consellaría de Industria en varias lexislaturas do

PP, e que ostenta a Presidencia da empresa; ao inicio, a Xunta estivo representada por

Sodiga con máis de 200.000 accións cun valor nominal de case 1,3MЄ.

Como consecuencia, fundamentalmente, de operacións financeiras internas de

difícil comprensión e de resultado negativo para a empresa, e dunha xestión deficiente e

decisións empresariais pouco ou nada acertadas, sobre de todo no plano estratéxico,

Arteixo Telecom ten diminuído á súa cifra de negocio nun 43% en tres anos, período no

que, mediante a aplicación de sucesivos EREs acordados cos traballadores, ten reducido

os gastos de persoal nun 21%, o que non foi quen de impedir unhas perdas, no 2011 e

2012, de máis de 7,5MЄ, cun patrimonio inferior aos 5MЄ, o que resulta nun

endebedamento, no 2012, de máis de 10MЄ.

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

O 20 de maio de 2013, o xulgado do mercantil nº 1 da Coruña ditaba auto de

declaración de concurso voluntario-ordinario de acredores, a petición da empresa, de

xeito unilateral e sorpresivo. No plano de viabilidade proposto pola empresa figuran

medidas como despedimentos de 46 traballadores, cun criterio de idade (menores de 30

anos e maiores de 57) e indemnizacións a cobrar a finais de 2014, rebaixas salariais do

20%, desrregulación da xornada laboral, minoración do número de clientes e abandono

das actividades de I+D+i.

A situación descrita foi trasladada ao Conselleiro de Industria no mes de xullo,

nunha reunión na que o representante da Xunta comprometeuse a traballar na procura de

solucións e convocar outra xuntanza, o que non se ten producido até hoxe.

Polo exposto con anterioridade, e ao considerar a responsabilidade que ten a

Xunta para cos traballadores da empresa Arteixo Telecom, incrementada pola súa

decisión na compra de Italtel no polígono de Penapurreira nas Pontes, formulamos a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a desenvolver, de xeito urxente,

as xestións e actuacións necesarias para dotar de carga de traballo e de apoio financeiro

á empresa Arteixo Telecom, co obxectivo de garantir a súa viabilidade e o mantemento

dos postos de traballo e condicións sociolaborais.”

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Asdo.: Francisco X. Jorquera Caselas

Deputado e Portavoz do G.P. do BNG

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 30/08/2013 11:24:47 Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/08/2013 11:24:56

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 11855(09/PNC-000987)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo e Beiras Torrado, Xosé Manuel

Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en

relación coas bonificacións fiscais reintegradas ao Estado

español segundo o Acordo da Comisión Europea do 17 de xullo

de 2013

Publicación da iniciativa, 162, 18.09.2013

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa da

súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz Xosé Manuel

Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

A Comisión Europea concluíu que o réxime español de arrendamento fiscal para a

adquisición de buques (Tax Lease) é parcialmente incompatible coas normas da UE sobre

axudas estatais.

Segundo Bruxelas, o réxime implantado en 2002, nunca foi notificado á Comisión Europea

para a súa autorización previa, e permitiu a agrupacións de interese económico (AIE) e a

os seus inversores beneficiarse dunha vantaxe selectiva con respecto aos seus

competidores.

España deberá reclamar aos inversores nas AIE o reembolso das axudas incompatibles

que recibiron entre 2007 e 2011. Estas axudas deberán ser devoltas ao Estado español e

por conseguinte retornarán ao orzamento do Estado.

Isto é, os recursos que deben devolver os afectados pola resolución da Comisión irán á

Facenda española, polo que o Estado debería asumir un compromiso de transferencia

das cantidades ás Comunidades Autónomas afectadas para a súa reinversión en plans

encamiñados á reactivación e ao reforzamento do sector naval.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da AGE presenta a seguinte Proposición non

de Lei para o seu debate en Comisión:

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a que reclame do Estado que as bonificacións

fiscais reintegradas ao Estado en virtude e aplicación da decisión da Comisión Europea

do pasado día 17 de xullo, sexan transferidas ás Comunidades Autónomas (en proporción

á súa cota participativa territorial na orixe e causa de ditas bonificacións) con destino a

medidas de apoio e fomento da competividade e promoción do sector naval.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. da AGE.

Xosé M. Beiras Torrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 09/09/2013 10:49:57

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 09/09/2013 10:50:03

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.4 12017(09/PNC-000993)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos e Méndez Romeu, José Luis

Sobre a demanda ao Goberno central de derrogación do artigo

17 do Real decreto lei 20/2012 no referido ás recargas pola

demora no pagamento das cotas á Seguridade Social

Publicación da iniciativa, 162, 18.09.2013

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Socialista, por iniciativa dos seus deputa-

dos, José Carlos González Santín e José Luis Méndez Romeu, a través

do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cá-

mara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu

debate en Comisión.

Ata a publicación do "Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de

medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competi-

tividade", unha vez transcorrido o prazo regulamentario establecido para

o pagamento das cotas á Seguridade Social sen o seu ingreso, reportaranse

as seguintes recargas:

a) Cando os suxeitos responsables do pago presentasen os documen-

tos de cotización dentro do prazo regulamentario:

• Recarga do 3 % da débeda, se se aboasen as cotas debidas dentro do

primeiro mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

• Recarga do 5 % da débeda, se se aboasen as cotas debidas dentro do

segundo mes seguinte ao vencemento do prazo regulamentario.

• Recarga do 10 % da débeda, se se aboasen as cotas debidas durante o

terceiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.

• Recarga do 20 % da débeda se se aboase esta unha vez transcorrido o

terceiro mes desde a finalización do prazo regulamentario do ingreso.

b) Cando os suxeitos responsables do pago non presentasen os do-

cumentos de cotización dentro do prazo regulamentario:

• Recarga do 20 % da débeda, se se aboasen as cotas debidas antes de

que remate o prazo de ingreso establecido na reclamación de débeda ou ac-

ta de liquidación.

• Recarga do 35 % da débeda, se se aboasen as cotas debidas a partires

de que remate este prazo de ingreso.

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Isto estaba así regulado para diferenciar, por unha banda os empresa-

rios que non presentasen os documentos de cotización en prazo regulamen-

tario que tiñan unha recarga de mora do 20 %; e aqueles que tiñan un pro-

blema puntual de liquidez e que non podían facer fronte ao pago das súas

cotas no prazo regulamentario. Isto ademais favorecía que os empresarios

fixeran un esforzo adicional para poder pagar as súas cotas canto antes, xa

que o primeiro mes tiñan un recargo do 3 %, o segundo o 5% e o terceiro

do 10 %.

Nestes momentos de crise económica cando os empresarios galegos

e do resto de España están a ver como se lles pecha o acceso ao crédito, é

cando o Goberno do Estado, decide modificar a recarga de mora cargando

aos empresarios desde o primeiro día un recargo do 20 %, como sinala o

artigo 17 do Real decreto lei 20/2012 . Isto fai que se perda o incentivo de

pago dos empresarios que tiveron unha tensión de tesourería xa que sería

igual pagar o primeiro mes que o cuarto, e implica unha sanción de facto

que non respecta os principios de proporcionalidade que deben rexer a im-

posición das recargas.

Ademais, esta modificación normativa implica unha dificultade en-

gadida aos nosos empresarios que ven como día a día o Goberno do Estado

en vez de axudar e facilitar a recuperación económica e a creación de em-

prego pon trabas con medidas coma estas que sumadas a outras como a de-

saparición de bonificacións á contratación, fan que cada día sexa máis difí-

cil ser empresario en Galicia e en España.

Por todo iso o Grupo Parlamentario Socialista, presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que demande

do Goberno de España derrogación do artigo 17 do Real decreto lei

20/2012 no referente ás recargas da Seguridade Social.

Pazo do Parlamento, 10 de setembro de 2013

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

3

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: Juán Carlos González Santín na data 10/09/2013 17:42:46 José Luís Méndez Romeu na data 10/09/2013 17:42:57

Abel Fermín Losada Álvarez na data 10/09/2013 17:47:00

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.5 12034(09/PNC-000996)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús e 2 máis

Sobre a paralización de xeito definitivo pola Xunta de

Galicia do proxecto de explotación dunha mina de ouro en

Corcoesto, así como as novas solicitudes de investigacións

mineiras presentadas

Publicación da iniciativa, 162, 18.09.2013

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do seu

deputado Francisco Xesús Jorquera Caselas e das súas deputadas María do Carme

Adán Villamarín e Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Comisión relativa á paralización definitiva do proxecto mineiro de Corcoesto.

O proxecto de megaminería que a empresa Edgewater pretende levar adiante en

Corcoesto está sendo contestado por importantes sectores da poboación galega. As

razóns deste rexeitamento susténtanse en criterios científicos, relativos o demoledor

impacto medioambiental, as consecuencias negativas no desenvolvemento económico

no conxunto da comarca de Bergantiños, así como a aplicación dun modelo colonial, de

explotación voraz dos nosos recursos naturais para beneficio de empresas estranxeiras.

Todo estes motivos levan ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) a oporse a este

proxecto e reclamar a súa paralización definitiva.

Durante as últimas semanas tivemos constancia de que a Xunta de Galiza

recibira nova documentación á empresa promotora deste proxecto mineiro. Esta

documentación non se ten feito pública até o momento. Segundo informou o propio

Director Xeral de Enerxía e Minas, trátase de documentación moi importante en

relación coas garantías técnicas e financeiras da empresa. Aspectos sen dúbida que son

relevantes e que merecen ser coñecidos polo conxunto de galegos e galegas.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) considera que a Xunta de Galiza con este

tipo de noticias só está intentando xustificar unha posición favorábel ao proxecto e que

constitúen un engano mais ao conxunto do pobo galego.

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polo dito, formúlase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en

Comisión:

“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a denegar autorización á empresa

Edgewater en relación con proxecto mineiro de Corcoesto, paralizando definitivamente

este proxecto mineiro e as novas autorizacións de investigación mineiras que están

solicitadas.”

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 10/09/2013 20:04:11

Ana Belén Pontón Mondelo na data 10/09/2013 20:04:20

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 10/09/2013 20:04:53

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 08.10.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.6 12371(09/PNC-001021)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis

Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para

resolver a situación financeira na que se atopa a feira FIMO

de Ferrol

Publicación da iniciativa, 166, 25.09.2013

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Socialista por iniciativa da súa deputada,

Beatriz Sestayo Doce, e dos seus deputados, José Luis Méndez Romeu e

José Manuel Gallego Lomba, a través do portavoz e ao abeiro do disposto

no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Moitas veces tense traído a esta Cámara por este Grupo

Parlamentario a dramática situación de Ferrol e Ferrolterra, como

consecuencia das desastrosas políticas pasivas dos gobernos do PP. Reiterar

a dramática taxa de paro do 32 % na cidade de Ferrol. A emigración

dramática de 3.600 persoas nestes dous últimos anos, a desesperante

situación do naval, o peche de empresas e comercios, o desmantelamento

de servizos públicos son exemplos do que vén sendo unha folla de ruta

desoladora dende a entrada dos gobernos populares nos gobernos.

Este Grupo Parlamentario vén traendo solucións a cada un dos

problemas ou, polo menos propostas con diagnoses reais, negados pola

prepotencia do Goberno da Xunta de Galicia, que acaban sendo evidentes

co tempo e cun Goberno pasivo e profundamente devastador.

Un dos problemas traídos a esta cámara polo Grupo Parlamentario

Socialista é a situación de FIMO, un complexo inmellorablemente

emprazado en Ferrol, con acceso por varias vías de comunicación, e que

alberga a Feira Decana de Galicia. A desidia do PP, a falla de planificación

e a inactividade deu lugar a unha situación de quebra para FIMO, ante a

sorpresa de toda a comarca de Ferrolterra. O Grupo Parlamentario

Socialista formulou iniciativas nesta Cámara cando aos traballadores se lles

adebedaba 9 meses de salario e o caos era inminente. As propostas

socialistas foron obviadas, a prepotencia do PP fixo mella e con ocasión

dunha concentración dos traballadores ante actos do PP, pagáronse as

nóminas prometendo solucións unha vez máis. Pois ben, a día de hoxe, e

salvado o acto do PP no que os traballadores lexitimamente fixeron as súas

protestas, volve a adebedarse 5 meses de nóminas aos traballadores, o

recinto está sen luz por non pagar as débedas a Fenosa e existen anuncios

de despedimentos nunha cidade absolutamente asfixiada.

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · forma parte de dúas reservas da biosfera, Río Eo -Oscos -Burón e Terras do Miño, que se reparten catro concellos

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Ante a evidencia unha vez máis das mentiras do PP, o Grupo

Parlamentario Socialista, presenta a seguinte proposición non de lei para o

seu debate en Comisión.

O Parlamento de Galicia insta o Goberno da Xunta a adoptar de

forma urxente medidas que salven FIMO do desastre actual, sinaladamente:

1.ª) Que se proceda á entrada no consello da administración dos

municipios da comarca de Ferrolterra que o desexen con intervención da

Mancomunidade de municipios.

2.ª) Que participe no Consello de Administración a Xunta de Galicia

en condicións que aseguren a sostibilidade de FIMO.

3.ª) Que se deseñe un plan de actividades públicas innovadoras e

vencelladas a Ferrolterra con carácter referencial en Galicia.

4.ª) Que se realice unha feira galega anual de referencia.

5.ª) Que se manteñan todos os postos de traballo

Pazo do Parlamento, 16 de setembro de 2013

Asinado dixitalmente por: Beatriz Sestayo Doce na data 16/09/2013 19:42:37

José Luís Méndez Romeu na data 17/09/2013 10:53:38 Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/09/2013 10:54:14

José Manuel Gallego Lomba na data 17/09/2013 10:54:52