Revista do Craega 33

12
Nº 33 > Inverno 2014 REVISTA do CRAEGA > Craega visita o SIAL no seu 50 aniversario > Premios ecolóxicos > Novas xornadas formativas do sector O outono trouxo novas iniciativas ecolóxicas

description

 

Transcript of Revista do Craega 33

Page 1: Revista do Craega 33

Nº 33 > Inverno 2014

REVISTA do

CRAEGA

> Craega visita o SIAL no seu 50 aniversario

> Premios ecolóxicos

> Novas xornadas formativas do sector

O outono trouxo novas iniciativas ecolóxicas

Page 2: Revista do Craega 33

Establecementos colaboradores

minoristasA Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,casetas 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoR/ Mallorca, 2, baixo27003 Lugo982 812 [email protected]

A Tropical Finarrei SLRúa da Paz, 2032005 Ourense988 220 688 - 988 440 [email protected]

A Xoaniña, SCGR/ Venezuela, 7815404 FerrolA Coruña981 930 868xan.martinez@cooperativaxoaninha.orgwww.cooperativaxoaninha.org

ABC de BioR/ Padre Don Rúa, 236203 VigoPontevedra986 117 [email protected]

As CabaciñasR/ Restollal, 79, baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo32004 Ourense988 245 [email protected] www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente ÁrboreR/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo36203 VigoPontevedra986 233 [email protected]

Ecocentro NaturezaAvda. de Galicia, 52, baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797 - 982 105 230

EcogalizaPraza de Abastos, nave 7,locais 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableR/ Santo Domingo, 4, local 5,Galería Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Ganadería Tierra Celta S.L.Vilar, 35, San Pedro de Baroña15979 Porto do SonA Coruña981 853 [email protected]

Herbolario MentaR/ Cesáreo Tizón, 2532500 O CarballiñoOurense988 274 [email protected]

Horno Integral PandaránAvda. Bueu, 1936940 Cangas do Morrazo Pontevedra986 303 [email protected]

Horta + SáR/ Pérez Ardá, 26, baixo esq.15009 A Coruña981 285 [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaR/ Damas Apostólicas, 13, baixo(A Ramallosa)36370 NigránPontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde TuiR/ Alcalde Casal Aboi, 436700 TuiPontevedra986 600 [email protected]

HortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvda. Finisterre, 2515004 A Coruña981 976 [email protected]

Maguz EcolóxicosMercado San Agustín, posto 315001 A Coruña615 600 [email protected]

Ourense Bio, SLR/ San Rosendo, 9, baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Ponte BioPraza Arxentina 536160 PonteareasPontevedra603 602 050

Tenda Ecolóxica EquilibrioAvda. dos Mallos, 115007 A Coruña881 898 788 - 981 242 [email protected]

Terra EcolóxicaTravesía de Rianxo, 315009 A Coruña881 879 [email protected]

Todo Bio, SLR/ Doutor Fleming, 7 B32003 Ourense988 251 [email protected]

Verde Bioleta, SLR/ Pizarro, 8136204 VigoPontevedra986 493 617 - 986 113 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das BestasPidre, 2727207 Lugo982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Coto do Rano 2R/ Reza, 11, baixo32003 Ourense988 240 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13, Luou15886 TeoA Coruña981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Picota Espazo GastronómicoR/ Bailén, Praza de Abastos27400 Monforte de LemosLugo982 418 [email protected]

Restaurante BiobaniaR/ Cordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]

Restaurante CamposRúa Nova, 2-427001 Lugo982 229 743 - 982 220 [email protected]

Restaurante EspañaR/ Teatro, 1027001 Lugo982 242 717 - 982 229 [email protected]

Restaurante MiramarR/ Arnela, 3515114 Ponteceso A Coruña 981 738 039www.miramardecorme.com

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de LemosLugo982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Restaurante Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Taberna do LabregoCamiño Real, 32, Pacios27372 BegonteLugo982 398 [email protected]

Taberna Vegetariana GaiaR/ Orzán, 206-208 baixo15003 A Coruña658 155 [email protected]

Establecementos colaboradores

hostaleiros

3 | Outono de feiras

5 | Actualidade do sector

8 | Formación

11 | Taboleiro de anuncios

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: pendente

Page 3: Revista do Craega 33

CRAEGA > 3

A marca ecolóxica galega cruzou fron-teiras o pasado mes de outubro coa presenza de varios operadores do Craega no Salón Internacional da Ali-

mentación (SIAL), a feira parisiense bianual que se desenvolve no parque de exposicións Paris Nord Villepinte e que este ano cumpriu 50 anos de existencia.

O Craega non quixo perder o aniversario e ata alí viaxaron os operadores Helados Gael; Porto-Muíños (Las Verduras del Mar); Mieles Anta coa marca Pazo de Lusío; Conservas Antonio Pérez Lafuente e Alibós Galicia, que contaron co seu espazo para promover a produción ecolóxica co apoio do Craega entre os máis de 6.000 ex-positores chegados de 105 países, nos que se podía atopar unha amplísima gama de produtos agroalimentarios. Os produtores galegos oferta-ron, entre outros alimentos ecolóxicos, conser-vas de pescado con ingredientes vexetais, algas, xeados de diversos sabores, produtos apícolas ou castañas e derivados.

A gran feira gala, considerada coma un dos grandes observatorios das tendencias de con-sumo mundiais, desenvolveuse dende o día 19 ata o 23 de outubro e por ela pasaron máis de 150.000 visitantes da industria da agroalimen-tación, provenientes de preto de 200 países, que, ademais, puideron elixir entre as máis de duascentas conferencias e mesas redondas nas que se debateu acerca das diferentes iniciativas no ámbito da nutrición a nivel mundial. A próxi-ma cita deste encontro será entre o 16 e o 20 de outubro de 2016.

Nos meses de outubro e novembro os produtos ecolóxicos estiveron presentes en diferentes feiras, tanto a nivel autóctono, nas de Arzúa ou Monterroso, coma a nivel internacional, en concreto no SIAL, a macrofeira bianual de París que este ano chegou á súa 50 edición, á que o Craega asistiu a través dalgúns dos seus operadores.

O Craega visita o SIAL no 50 aniversarioda feira parisiense

Outono de feiras

Page 4: Revista do Craega 33

4 < CRAEGA

A vila lucense de Monterroso acolleu entre os días 24 e 26 de outubro a XXIII Feira Agroalimentaria do Queixo e as Castañas da Ulloa, unha cita que

lle serve de antesala á histórica Feira dos San-tos. Monterroso converteuse nun amplo escapa-rate de produtos locais, no que houbo oco para os alimentos ecolóxicos que expuxeron varios operadores inscritos no Craega: as empresas Castañas Naiciña e Alibós Galicia; Aceites Abril; Cauru (produtora de mel); Granxa Maruxa, que levou as súas galletas Maruxa, e a empresa de ecoagroturismo Arqueixal, que estivo na feira cos seus queixos, iogures e leite ecolóxicos.

O evento durou tres días nos que houbo música e outras actividades, como catas didácticas de queixo destinadas ao alumnado ou o concurso de tapas e petiscos Pasatapas. O 26 de outu-bro, último día da feira, repartíronse castañas asadas e houbo degustación de queixos, tapas de empanada e pan de castañas.

Tras once edicións, a feira ecolóxica de Arzúa, coñecida como Te-rractiva, consolídase coma o gran referente das feiras no sector verde da nosa comunidade. A mostra da súa boa saúde foron os 65 expositores que conformaron o escaparate de propostas

sostibles que se puideron ver a fin de semana do 15-16 de novembro no recinto feiral Terra do Queixo.

A feira contou coa presenza de varios expositores de produción ecolóxica, terapias alternativas e artesanía sustentable e foi un punto de encontro de produtores, artesáns, distribuidores e público en xeral, no que se gozou, ademais, dunha ampla variedade de produtos de alimentación ecolóxicos, materiais de bioconstrución, cosmética natural ou artesáns de instrumen-tos tradicionais.

A cita tamén ofreceu un extenso programa de actividades complemen-tarias, que abrangueu obradoiros, exhibicións, conferencias e actuacións musicais e teatrais.

Terractiva, a maior feira galega do sector verde

Presenza de alimentos ecolóxicosna XXIII Feira de Monterroso

Page 5: Revista do Craega 33

CRAEGA > 5

Actualidadedo sector

A orixinalidade e a dozura da proposta ecolóxica elaborada polo establecemento Canela Bakery Coffee conquistou o padal dos asistentes no 10.º Concurso de Tapas de Lugo, cuxos votos lle deron o premio do público na categoría de

Mellor Tapa Ecolóxica; foi preparada con doce de xeado de iogur ecolóxico, tofe, Peta Zetas e chocolate.

O cociñeiro Héctor López recolleu a correspondente placa conme-morativa o 10 de novembro nun acto celebrado na Casa do Concello. Un ano máis, o Craega colaborou na organización deste certame.

O Concurso de Tapas de Lugo premia o Canela Bakery Coffee

O 21 de outubro a SAT Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña) recolleu o premio que lle concedeu o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Am-

biente (Magrama) na categoría correspondente á Produción Ecolóxica polo seu labor empresarial dentro dos Premios Alimentos de España.

A decisión do xurado baseouse na alta cali-dade do produto desta empresa, así como na súa aposta pola orixinalidade e pola innovación na produción ecolóxica, todo iso unido a unha actitude de conciencia e respecto cara á bio-diversidade mediante o fomento de actuacións favorables cara á flora e fauna salvaxes.

A encargada de entregarlles o galardón foi Isa-bel García Tejerina, titular do citado Ministerio, nunha gala que tivo lugar no Salón dos Mosaicos do Alcázar de los Reyes Cristianos de Córdoba.

O Magrama organiza estes premios dende hai 26 anos co obxectivo de valorar o labor des-envolvido por empresas e profesionais que se distinguiron por producir, ofrecer e divulgar os alimentos de calidade españois e para iso té-ñense en conta oito modalidades: Restauración, Produción Ecolóxica, Comunicación, Internacio-nalización Alimentaria, Mellor Aceite Oliva Vir-xe Extra, Mellor Queixo e Mellor Viño 2014, ademais do Premio Extraordinario Alimentos de España.

Casa Grande de Xanceda recolle o seu Premio Alimentos de España á Produción Ecolóxica

Temos boas noticias: aplaudimos os premios do Canela Bakery Coffee e da Casa Grande de Xanceda, damos conta da aprobación dun novo real decreto que lle dará pulo ao sector e, finalmente, presentamos unha síntese do recente estudo do Magrama, que confirma que os compradores se animan cada vez máis a consumir produtos eco.

Page 6: Revista do Craega 33

6 < CRAEGA

A Consellería do Medio Rural e do Mar levou a cabo no mes de ou-tubro unha promoción de produtos galegos con indicación de ca-lidade e nela colaborou o Craega coa difusión de información de produtos ecolóxicos. A campaña arrancou o día 10 de outubro

na Coruña e rematou o día 27 na capital lucense, pasando por Pontevedra, Ourense, Ferrol e Vigo.

Esta iniciativa consistiu en ofrecerlles información aos consumidores sobre produtos ecolóxicos a través da entrega dun díptico do Craega e explicar-lles que son e cales son as principais diferenzas entre un produto eco e un convencional.

Os consumidores puideron atopar nos mostradores expostos nos super-mercados Carrefour de cada cidade leite, iogures, queixo e outros deri-vados lácteos, así como café e infusións, sidra, aceite de oliva, mel ou preparados con algas.

O día 3 de outubro o Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), un real decreto polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Operadores Ecolóxicos e se crea unha

Mesa de coordinación da produción ecolóxica. Esta norma ten como obxectivo darlles resposta ás obrigas no que se refire á información e ao control dentro desta materia e dálles continuidade ao apoio e ao impulso que dende o Ministerio se vén ofrecendo a estas producións.

O Rexistro Xeral incorporará nunha base informatizada os datos dos rexistros ou sistemas de información das comunidades autónomas e facilitará tamén a coordinación en materia de xestión e control, así como o acceso á información de calquera operador dentro do territorio nacio-nal, independentemente da zona na que leve a cabo a súa actividade. Con iso preténdese acadar unha maior transparencia e un maior desen-volvemento do mercado destes produtos.

Canto á Mesa de coordinación da produción ecolóxica considérase un novo órgano renovado de coordinación coas comunidades autóno-mas, destinado a impulsar e reforzar a acción coordinada das distintas autoridades competentes. Esta Mesa impulsará a toma de decisións e a harmonización na execución das obrigas derivadas da normativa comunitaria en materia de produción ecolóxica, especialmente no re-lativo ao control oficial.

O Magrama aproba o Rexistro Xeral de Operadores Ecolóxicos e a Mesa de coordinación da produción ecolóxica

Medio Rural promove produtos eco nas grandes cidades de Galicia

Page 7: Revista do Craega 33

CRAEGA > 7

O Ministerio de Agricultura, Alimenta-ción e Medio Ambiente (Magrama) vén de elaborar un estudo sobre a tipoloxía e sobre o perfil sociodemo-

gráfico do consumidor de alimentos ecolóxicos en España, do que se desprende que a porcen-taxe de consumidores que adquire ou adquiriu alimentos ecolóxicos coa súa etiqueta identi-ficativa aumentou lixeiramente dende 2011 e representa xa case un terzo da poboación española.

Ademais, o estudo apunta que se amplía a súa distribución xeográfica, que pasa da súa princi-pal localización na zona nordés á súa extensión por todo o territorio. Entre as persoas que ad-quiren estes produtos aumentou tamén a súa frecuencia de consumo a máis de dúas veces por semana e o 25 % deles tómaos a diario. O consumidor iníciase xeralmente no produto ecolóxico pola froita e a verdura.

O estudo detecta tipoloxías consolidadas en-tre estes consumidores e distingue entre ca-tro tipos: os “desimplicados”, que consomen por moda; os ecoloxistas; os convencidos e os preocupados pola saúde. O perfil do consumi-dor ecolóxico está nos 44 anos de media e con menor predominio de mulleres.

En relación coas súas características socioeco-nómicas, o estudo actual aprecia un nivel de formación e de actividade similar ao conxunto da poboación, o que indica a súa presenza en novos segmentos desta. Ademais, predominan os fogares con fillos.

Os produtos ecolóxicos representan na actua-lidade o 28 % dos alimentos adquiridos po-

los consumidores e, malia a sensibilidade do consumidor ao prezo, este é cada vez máis numeroso.

No estudo tamén se analizan os hábitos de compra e percíbese un incremento na compra directa a agricultores e en tendas especializa-das en alimentación ecolóxica.

Finalmente, destaca o número de operadores que se dedican á produción agrícola, gandeira, á transformación e elaboración, á comercializa-ción ou á importación, que se incrementou nun 3 %, e salientan especialmente en produción acuícola e en exportadores a terceiros países.

Os consumidores atopan en España unha am-pla e variada gama de produtos, xa que o país, con 1.610.129 hectáreas de superficie inscrita destinada á agricultura ecolóxica, mantén o li-derado europeo en número de hectáreas.

Un estudo do Magrama salienta o aumento do consumo de produtos ecolóxicos en España

A porcentaxe de consumidores que adquire ou adquiriu alimentos ecolóxicos representa xa case un terzo da poboación española

Page 8: Revista do Craega 33

8 < CRAEGA

Durante o pasado mes de novembro tiveron lugar once seminarios de agricultura e gandería ecolóxicas, organizados pola Asocia-ción para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica (Depro-eco) nos concellos de Melide, Lourenzá, Quiroga, Silleda, Guitiriz,

Castroverde, Xermade, Lugo e Vilalba, para o que contaron coa colabora-ción de Agronovo Ecoloxía.

As charlas foron impartidas por tres relatores especializados nos diferen-tes temas: Javier Villanueva, xerente de Agronovo Ecoloxía, quen relatou as axudas da nova PAC 2014-2020; Xisela Fernández, tamén de Agronovo Ecoloxía, que se centrou nas técnicas propias de produción ecolóxica en explotacións gandeiras e agrícolas, e Rafael Rivadulla, de Califica Forma-ción, quen falou sobre as mellores técnicas para comercializar e facer un marketing máis axeitado para a venda de produtos ecolóxicos.

O obxectivo destes seminarios era dar a coñecer e promover a produción ecolóxica entre produtores convencionais e emprendedores que apostan polo sector agrogandeiro.

Xornada de debate na Cañiza

Baixo o título Xornada de Iniciativas Produtivas e Innovadoras para a Dinamización do Sector Agrario e Forestal, o Centro Co-marcal da Paradanta (A Cañiza, Pontevedra) converteuse nun espazo de debate durante a tarde do 29 de outubro.

Formaron parte deste encontro Javier García Lozano, secretario do Crae-ga, quen falou da “Certificación ecolóxica en Galicia”; Manuela González Chao, responsable do Departamento Agro de Aceites Abril, quen diser-tou sobre a “Olivicultura en Galicia, unha oportunidade”, e, finalmente, Fernando Magdalena Blanco, presidente da Comunidade de Montes en Man Común e Veciñais de Trasmaño, e Ángel Álvarez Otero, de Alterna-tivas Forestais, que ofreceron algunhas pautas sobre o “Aproveitamento forestal: paulownia e sequoia”.

Grande éxito de participación nos seminarios de Deproeco

Formación Durante os meses de outono seguíronse organizando xornadas, seminarios, cursos e encontros e neles abrollaron ideas, novas iniciativas e propostas de innovación para continuar avanzando no sector.

Page 9: Revista do Craega 33

CRAEGA > 9

A Asociación de Defensa Fitosanitaria (AEDA) é a organiza-dora desta acción formativa. Está integrada por un gru-po de produtores, ecolóxicos ou non, con todo tipo de orientacións produtivas. Entre outros obxectivos, ten o

da formación dos socios de cara á redución do carácter intensivo da produción agraria e o de facer unha agricultura máis respec-tuosa co medio ambiente sen que isto signifique un menor rende-mento económico para as explotacións.

AEDA na procura dunha agricultura máis respectuosa co medio ambiente

Baixo este subtítulo, o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acolleu durante os días 12 e 13 de decembro, en

horario de 16:00 a 19:15 horas, as Xor-nadas sobre Alimentación Ecolóxica, de asistencia libre e gratuíta, que foron orga-nizadas pola Asociación de Defensa Fito-sanitaria (AEDA).

A primeira das xornadas inaugurouse coa presenza de María Dolores Raigón, presi-denta da Sociedad Española de Agricul-tura Ecológica (SEAE), quen falou sobre as “Propiedades de los alimentos ecoló-gicos”. A ela seguiuna Xan Pouliquen Ker-lau, xerente de Xestión Agraria e Natureza (XAN), quen reflexionou sobre a utiliza-ción dos pesticidas co relatorio titulado “Os pesticidas: ¿son seguros?”.

A segunda e última das xornadas comezou co relatorio do xornalista Carlos de Prada, fundador do Fondo para la Defensa de la Salud Ambiental (Fodesam), quen diser-tou sobre “La contaminación ambiental, esta epidemia desconocida”. A continua-ción foi a quenda para a mesa redonda que se abriu coa seguinte cuestión: “Os produtos ecolóxicos, son caros?” e estivo integrada por unha produtora ecolóxica, a vogal de consumo consciente da Asocia-ción para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e por Marcos Besada como ten-da minorista de distribución de alimentos ecolóxicos. O evento clausurouse cunha degustación de produtos ecolóxicos entre todos os participantes.

Sabemos o que comemos?

Page 10: Revista do Craega 33

10 < CRAEGA

O pasado 13 de novembro a De-putación de Lugo e o diario Eco-nomía Digital, en colaboración co grupo El Progreso, organizaron

unha nova xornada do ciclo Galicia en clave económica, que se vén celebrando dende o pasado ano, nesta ocasión na Casa Sindical de Chantada.

Baixo o título “A hora da agricultura ecoló-xica”, José Antonio Fernández Álvarez, pre-sidente do Craega; José Luis Olmedo, técni-co de Customdrinks, e Patricia Ibarra Lloves, responsable de Ecological Galicia, foron os expertos encargados de analizar a situación actual da produción agrícola ecolóxica en Ga-licia e de debater sobre as posibilidades de crecemento económico que esta pode ofre-cer ao país.

Coma nas anteriores charlas, o debate estivo aberto ao público e a asistencia foi gratuíta e libre ata completar a súa capacidade.

Afrugal organiza a I Xornada sobre Innovación nas Plantacións de Froiteiras

A agricultura ecolóxica, tema central dun novo encontro de Galicia en clave económica

O día 17 de decembro tivo lugar no Multiusos A Senra (Bergondo, A Coruña) a I Xornada de Innova-ción nas Plantacións de Froiteiras,

que organizou a Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal).

O programa de conferencias inaugurouse cunha charla sobre as liñas de axuda por parte da Xunta de Galicia e, seguidamente, José Luis Olmedo Nadal, técnico de Cus-tomdrinks, interveu co relatorio sobre “Co-mercialización da mazá de sidra. Proxecto Maeloc”. A sesión matutina rematou coas charlas de Miguel Fernández Pardo, técni-co da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, que presentou a “Marca de calidade dos produtos horto-frutícolas

da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e a de Nuria Prado Or-dás, da Consejería de Agricultura (Junta de Castilla y León), quen falou sobre “La pro-ducción integrada en Castilla-León”.

Pola tarde foi a quenda de Javier García Lo-zano, secretario do Craega, que interveu co relatorio titulado “A fruticultura ecolóxica”. A Xornada clausurouse coa charla “As en-tidades asociativas do sector frutícola de Galicia”, na que interviñeron Miguel Soto Arborés, técnico da Cooperativa Ullama; José Antonio López Pampín, fruticultor e membro de Maceira e Sidra, a Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume e J. Juan Rico Rodríguez, fruticultor e secretario de Afrugal.

Page 11: Revista do Craega 33

CRAEGA > 11

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritosPara publicar os anuncios enviar a solicitude a [email protected]

Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a

domicilio en Santiago de Compostela e concellos

limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega

[email protected]

Repartimos cestas personalizadas de verdura e froita

no concello de Lugo, que se poden complementar con

produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo)

Isabel Zaera Dolz: 637 849 641

[email protected]

granjashambhalla.com

650 343 777

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)982 886 225

[email protected]

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia GalegaPazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)

650 343 777

Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o desexe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío.

Vicente Prieto Ledo609 864 738

[email protected]

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos.Granxas de Lousada SC657 103 467

[email protected]

Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Facemos plantel por encarga

Biohorta

981 483 312 / 669 690 212

[email protected]

Ofrécense casa e terras para produción

ecolóxica a 15 min de Lugo por prezo simbólico

María Xesús Lama López: 635 777 205

[email protected]

Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitóns

para criar ou para consumir. Posibilidade

de engorde dos porcos por encarga

Elisa e Camilo: 676 666 157

Véndese ou alúgase finca de 10.700 m2 de produción de froita ecolóxica con 700 árbores. Venda de froita asegurada. Casa de pedra para restaurar, situada nun lugar privilexiado na ribeira do MiñoCésar García Alonso: 670 852 [email protected]

Realizamos plantón hortícola en ecolóxico.

Asesoramento con cursos de hortofruticultura

e cultivos de invernadoiro

Semilleros Penateixa

636 060 286 / 693 654 130

[email protected]

semillerospenateixa.blogspot.com

Patacas ecolóxicasRibeira de Portizó

Sober (Lugo)

Marena: 627 214 476

Realízanse sacrificios ecolóxicos.Matadoiro Comarcal de SarriaSan Xulián da Veiga, 27614Luís López: 982 531 273

Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no CraegaAlbá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 [email protected] / www.arqueixal.com

Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadasMª Josefa Leitón Ramallal

648 705 100 / 982 146 006

Page 12: Revista do Craega 33

12 < CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

ministeriode agricultura, alimentacióny medio ambiente

gobiernode españa

Impr

eso

en p

apel

rec

icla

doM

aine

Glo

ss G

reen