Revista do Craega 36

16
Nº 36 > Outono 2015 REVISTA do CRAEGA > III Ecological Galicia en Cambados > V Feira Ecolóxica de Lugo > Craega organiza a Xornada Técnica “Terra e Mar” > Showcooking en Vigo > Encontro cos bloggers gastronómicos A aposta ecolóxica, por terra e por mar Os produtos eco autóctonos, cada vez máis visibles

description

 

Transcript of Revista do Craega 36

Page 1: Revista do Craega 36

Nº 36 > Outono 2015

REVISTA do

CRAEGA

> III Ecological Galicia en Cambados

> V Feira Ecolóxica de Lugo

> Craega organiza a Xornada Técnica “Terra e Mar”

> Showcooking en Vigo

> Encontro cos bloggers gastronómicos

A aposta ecolóxica, por terra e por mar

Os produtos eco autóctonos, cada vez máis visibles

Page 2: Revista do Craega 36

Establecementos colaboradores

minoristasA Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,casetas 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Cesta da SaúdeRamón Cabanillas, 1015701 Santiago de CompostelaA Coruña981 592 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoR/ Mallorca, 2, baixo27003 Lugo982 812 [email protected]

ABC de BioR/ Padre Don Rúa, 236203 VigoPontevedra986 117 [email protected]

As CabaciñasR/ Restollal, 79, baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo32004 Ourense988 245 [email protected] www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente ÁrboreR/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo36203 VigoPontevedra986 233 [email protected]

D´AldeaRosalía de Castro, 25, baixo15701 Santiago de CompostelaA Coruña981 598 [email protected]

Ecocentro NaturezaAvda. de Galicia, 52, baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797 - 982 105 230

EcogalizaPraza de Abastos, nave 7,locais 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableR/ Santo Domingo, 4, local 5,Galería Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Ecotienda OrillamarR/ Orillamar, 76, baixo15002 A Coruña881 928 [email protected]

Ganadería Tierra Celta S.L.Vilar, 35, San Pedro de Baroña15979 Porto do SonA Coruña981 853 [email protected]

Herbolario MentaR/ Cesáreo Tizón, 2532500 O CarballiñoOurense988 274 [email protected]

Horno Integral PandaránAvda. Bueu, 1936940 Cangas do Morrazo Pontevedra986 303 [email protected]

Horta + SáR/ Pérez Ardá, 26, baixo esq.15009 A Coruña981 285 [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaR/ Damas Apostólicas, 13, baixo(A Ramallosa)36370 NigránPontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde TuiR/ Alcalde Casal Aboi, 436700 TuiPontevedra986 600 [email protected]

HortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvda. Finisterre, 2515004 A Coruña981 976 [email protected]

Maguz EcolóxicosMercado San Agustín, posto 315001 A Coruña615 600 [email protected]

Ourense Bio, SLR/ San Rosendo, 9, baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Ponte BioPraza Arxentina 536160 PonteareasPontevedra603 602 050

Puro BíoR/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo32004 Ourense988 603 [email protected]; [email protected]

Recuncho EcolóxicoMercado municipal, local exterior, 14Praza do Concello15100 CarballoA Coruña687 243 [email protected]

Tenda Ecolóxica EquilibrioAvda. dos Mallos, 115007 A Coruña881 898 788 - 981 242 [email protected]

Terra EcolóxicaTravesía de Rianxo, 315009 A Coruña881 879 [email protected]

Todo Bio, SLR/ Doutor Fleming, 7 B32003 Ourense988 251 [email protected]

Verde Bioleta, SLR/ Pizarro, 8136204 VigoPontevedra986 493 617 - 986 113 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das BestasPidre, 2727207 Palas de ReiLugo982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Coto do Rano 2R/ Reza, 11, baixo32003 Ourense988 240 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13, Luou15886 TeoA Coruña981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Restaurante BiobaniaR/ Cordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]

Restaurante CamposRúa Nova, 2-427001 Lugo982 229 743 - 982 220 [email protected]

Restaurante EspañaR/ Teatro, 1027001 Lugo982 242 717 - 982 229 [email protected]

Restaurante MiramarR/ Arnela, 3515114 Ponteceso A Coruña 981 738 039www.miramardecorme.com

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de LemosLugo982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Restaurante Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Taberna do LabregoCamiño Real, 32, Pacios27372 BegonteLugo982 398 [email protected]

Establecementos colaboradores

hostaleiros

3 | De feiras

8 | Formación

12 | Encontros

14 | Degustacións

15 | Taboleiro de anuncios

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Page 3: Revista do Craega 36

CRAEGA > 3

A V Feira Ecolóxica de Lugo, asentada na Praza Maior da capital lucense, arrincou o xoves 20 de agosto coa súa presentación oficial a cargo do

presidente do Consello Regulador da Agricultu-ra Ecolóxica de Galicia (Craega), José Antonio Fernández, o cal estivo acompañado da alcalde-sa de Lugo, Lara Méndez, e mais da concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

No acto de presentación a rexedora lucen-se destacou que a produción ecolóxica supón unha oportunidade económica para o concello. Así mesmo, Méndez subliñou a importancia de apoiar este tipo de iniciativas pois facelo “sig-nifica apostar polo noso, polos nosos produtos autóctonos, pola nosa cultura gastronómica e pola nosa tradición”. A súa intervención fina-lizou destacando a relevancia de visualizar os nosos produtos coma un atractivo turístico máis para que os visitantes se vaian “cun bo sabor de boca”.

Pola súa banda, o presidente do Craega agra-deceu a colaboración do Concello para celebrar esta cita “que co paso do tempo se vai conso-lidando”. No transcurso da súa intervención, ao facer referencia ás cifras deste ano en materia de produción ecolóxica, destacou que España

Ecolugo,a colleita ecolóxicade Galicia

DE FEIRAS >

V FEIRA ECOLÓXICA DE LUGO

O presidente do Craega, J. A. Fernández; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, no acto de presentación da feira

Page 4: Revista do Craega 36

4 < CRAEGA

DE FEIRAS >

é un dos países europeos con maior superficie ecolóxica e o que menos consome, por iso cre necesarios este tipo de encontros para incen-tivar e promover os produtos ecolóxicos e, ao tempo, unha boa oportunidade para a interac-ción entre os distintos produtores, elaboradores e comercializadores do sector. Rematou a súa presentación invitando a visitar os postos e a consumir produtos ecolóxicos.

DESEÑO E CALIDADE COMO MARCAS DISTINTIVAS

Nesta quinta edición, que se desenvolveu os días 21 e 22 de agosto, en horario de 10:00 h a 14:30 h, asentáronse sete stands, nos que se puideron atopar ata trece produtores, varios de-les aglutinados nas carpas de dúas empresas co-mercializadoras: Vinissi Galicia e Proyecto Aibán.

Durante eses dous días os visitantes tiveron a oportunidade de atopar unha gran diversidade de produtos procedentes da agricultura e gan-dería ecolóxicas, así como produtos do mar, como algas ou conservas, orixinarios das pro-vincias de Lugo, A Coruña e Ourense. De todo había: herbas aromáticas, medicinais e mesmo plantas comestibles de Herbas Caaveiro; viños ecolóxicos da Ribeira Sacra Diego de Lemos; co-gomelos de Ecosetalia e conservas de algas Mar de Ardora, comercializados pola empresa Vinissi Galicia; marmeladas e mel de Conservas do Tá-mega; produtos a base de castañas de Pecado de Outono; froitas e verduras ecolóxicas de Eco-adellao; castañas de Caurelor, que, ademais, ven-día nesta ocasión mel de Mel Rural e, finalmente, galletas mariñeiras Daveiga; queixos e iogures Arqueixal; requeixo, queixo patela e San Simón de Casa Ánxel, e hortalizas de Ecomímate, todos eles comercializados por Proyecto Aibán.

Page 5: Revista do Craega 36

CRAEGA > 5

DE FEIRAS >

Entre os moitos visitantes e compradores que por alí pasaron, cómpre destacar a presenza da alcaldesa de Lugo, que asistiu acompañada da concelleira Carmen Basadre, e de Ana Prieto, concelleira de Economía, Emprego e Desen-volvemento Económico, así como do presiden-te do Craega, José Antonio Fernández, e mais do secretario deste organismo, Javier García Lozano.

O programa de Ecolugo completouse cunha de-gustación aberta ao público o primeiro día da feira, que foi elaborada polo Restaurante Espa-ña de Lugo. A cata estaba composta por tataki de carne de tenreira ecolóxica, mexillón tigre con espuma de patacas, galletas mariñeiras Da-veiga con marmelada de tomate, galletas maru-xas e tosta de queixo Arzúa-Ulloa con marme-lada de pemento, uns petiscos ecolóxicos que foron servidos xunto con viño e sidra, tamén de produción ecolóxica.

Produtores e elaboradores> Arqueixal> Casa Ánxel> Caurelor> Conservas do Támega> Diego de Lemos> Ecoadellao> Ecomímate> Ecosetalia> Galletas Mariñeiras Lugar da Veiga> Herbas de Caaveiro> Mar de Ardora > Mel Rural > Pecado de Outono

Comercializadores> Proyecto Aibán> Vinissi Galicia

INTEGRANTES DE ECOLUGO

Page 6: Revista do Craega 36

6 < CRAEGA

DE FEIRAS >

Entre os días 6 e o 10 de agosto o pa-seo da Calzada da vila cambadense foi o escenario un ano máis de Ecological Galicia, unha das feiras ecolóxicas máis

concorridas do verán galego. Este ano estivo conformada por preto de 50 stands, que luciron baixo a sombra das árbores da alameda e foron visitados por numerosos veciños e turistas.

Ata Cambados chegaron as novidades de empre-sas que apostan pola produción ecolóxica proce-dentes de diferentes puntos de España e Portugal: os aceites de Vizcántar, de Córdoba; os de Agri-sanz, de Alicante, ou os de Branco Carvalho Neto, de Mirandela (Portugal); as patacas fritidas de Aña-vieja, de Soria, ou os aperitivos chegados dende Almería da man de Vitasnack, entre outros moitos.

Tampouco faltou á cita unha nutrida represen-tación de produtos ecolóxicos de firma galega

co selo de certificación ecolóxica: os produtos lácteos de Casa Grande de Xanceda, as galletas mariñeiras Daveiga, os xeados de Biofactory, o viño albariño de Corisca, as tortas de Candea e Miño, o pan da Panadería Divina, os fungos silvestres de Ecosetalia, a comida vegana a do-micilio de La Cuchara Veggy, as castañas de Pe-cado de Outono, o mel de Polemel, os mirabeis de Froitas do Rosal, as Conservas do Támega (Terra de Baronceli) ou os cafés de Cafés Sabo-ra… por citar só algúns.

Durante os catro días de duración da feira, o público tivo á súa disposición un completo pro-grama de actividades no auditorio Exposalnés que incluíu obradoiros de cociña, artesanía, pintura… así como charlas divulgativas, como a impartida por Lolo Andrade, que falou sobre “Bosques e e xardíns comestibles”.

Ecological Galiciaafianza a súa presenza en Cambados

Page 7: Revista do Craega 36

CRAEGA > 7

DE FEIRAS >

Participación do Craega na feira

O Craega tamén puxo o seu gran de area neste evento coa orga-nización da Xornada Técnica de Certificación e Comerciali-

zación en Agricultura Ecolóxica, que tivo lugar na mañá do venres 7 de agosto no auditorio Exposalnés, e cunha degusta-ción de produtos do mar o sábado 8. Na cata puidéronse saborear mexillóns ao vapor con vinagreta, empanada de millo con mexillóns, galletas mariñeiras con paté de algas, espetadas de queixo con tomatiños cherry e aceite, así como viño Rías Baixas ecolóxico. Esta activi-dade contou coa colaboración dunha enóloga das adegas Corisca, así como do presidente e do secretario do Crae-ga, que achegaron información sobre as vantaxes do consumo dos produtos ecolóxicos da terra e do mar. A elabo-ración dos produtos correu a cargo da empresa coruñesa Leiralonga, encarga-da do catering da feira.

Page 8: Revista do Craega 36

8 < CRAEGA

A produción ecolóxica,por terrae por mar

FORMACIÓN >

A Xornada foi inaugurada polo presiden-te do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, e mais por Víctor Caamaño, tenente alcalde de Cambados, que

acudiu en representación da alcaldesa desta lo-calidade, Fátima Abad Roma.

A encargada de presentar a Xornada foi a di-rectora xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, Patricia Ulloa, quen incidiu na necesidade de consagrar esta iniciativa para visibilizar o sector, sobre o cal lembrou que non abrangue só a agricultura senón tamén a gandería; neste sentido fixo refe-rencia aos recentes estudos levados a cabo na Facultade de Veterinaria en Lugo, os cales xa teñen demostrado as vantaxes da gandería eco, “unha gandería sostible e de maior rendemento que a intensiva”.

No marco da feira Ecological Galicia tivo lugar o venres 7 de agosto en horario de 9:45 h a 14:30 h no auditorio Exposalnés de Cambados a Xornada Técnica de Comercialización e Certificación en Agricultura Ecolóxica “Terra e Mar”, organizada polo Craega. Nela déronse cita preto de setenta profesionais do sector para asistir aos relatorios de diversos especialistas, así como dos representantes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama). Ademais de aprenderen, os asistentes intercambiaron opinións e resolveron dúbidas, sobre todo aqueles que viñan tomar nota coa idea de converter o seu negocio en ecolóxico.

De esquerda a dereita: J. Antonio Fernández, Víctor Caamaño, Patricia Ulloa e Javier García Lozano na inauguración da Xornada

Page 9: Revista do Craega 36

CRAEGA > 9

FORMACIÓN >

Ulloa insistiu no valor deste tipo de actuacións para informar do que é a certificación ecolóxica co fin de ofrecer produtos de calidade e fixo fincapé nas dúas actividades en auxe e que se deben ter en conta: o mel e, sen dúbida, a acui-cultura, en concreto o cultivo dos mexillóns e da troita ecolóxicos, así como o mercado da con-serva de algas porque “a produción ecolóxica é da terra e do mar”.

No cabo salientou o aumento do apoio econó-mico por parte da Xunta de Galicia, “convencida de que a preservación do noso medio reverte no futuro deste país”.

Tras a inauguración, a primeiro relatorio correu a cargo de María Dolores Raigón Jiménez, pre-sidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), que lles ofreceu aos asisten-tes a charla titulada “A calidade alimentaria dos produtos ecolóxicos”. Raigón comezou a súa in-tervención advertindo do abuso de aditivos nos sistemas produtivos convencionais e das súas consecuencias para a nosa saúde e para o me-dio ambiente, así como para a economía, posto que “a agricultura convencional tira un terzo do que cultiva”, segundo estudos da propia SEAE.

Raigón achegou datos sobre as razóns da di-minución dos valores nutricionais, entre as cales destacou a perda de fertilidade biolóxica dos so-los ou os longos percorridos que teñen que facer os alimentos ata chegaren ao mercado, polo que pensa que a salvación é a agricultura ecolóxica. A seguir, compartiu co público un detallado es-tudo comparativo a través de diversas gráficas, nas que se podía observar a gran diferenza dos valores nutricionais dos alimentos convencionais e dos ecolóxicos, o que vén demostrar de forma

científica que a produción ecolóxica repercute positivamente sobre a nosa saúde.

Esperanza de Marcos Sanz, subdirectora xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecoló-xica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) puxo ao día aos asistentes sobre a lexislación vixente en mate-ria de agricultura ecolóxica en España, a través dun relatorio que titulou “Certificación ecolóxi-ca: futuros cambios da normativa europea”. Es-truturou o súa exposición en catro apartados: evolución do sector da produción ecolóxica en España; regulamento da produción ecolóxica e análise do marco normativo actual; propostas do novo regulamento e, por último, a situación actual da proposta do novo regulamento de pro-dución ecolóxica.

De Marcos analizou polo miúdo os contidos do regulamento base 834/2007 do 28 de xuño de 2007, polo que se rexía ata o de agora a certi-ficación ecolóxica e fixo fincapé na necesidade de mellorar diversos aspectos dada a crecente demanda deste sector, e nomeou algúns dos puntos que se recollen na nova proposta: mello-rar os niveis de control, garantir a competencia

“A preservación do noso medio reverte no futuro deste país”

Dolores Raigón, presidenta da SEAE, disertou sobre as vantaxes da alimentación ecolóxica

Esperanza de Marcos, subdirectora xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica do Magrama, falou sobre lexislación en materia ecolóxica

Patricia Ulloa incidiu no auxe da acuicultura ecolóxica

Page 10: Revista do Craega 36

10 < CRAEGA

FORMACIÓN >

legal ou aumentar a confianza dos consumido-res. Así mesmo, tocou algúns puntos polémi-cos, como a posibilidade de que se eliminen as excepcións ou a supresión do recoñecemento do proceso de conversión a ecolóxico. Deu fin á súa intervención poñendo o foco no estado actual desta proposta de mellora, sobre a que recoñeceu que cómpre chegar a un maior con-senso entre a Comisión Europea, o Consello de Ministros e o Parlamento para poder implemen-tar un novo regulamento.

Despois dun descanso, tocoulle a quenda ao xornalista Ernesto Sánchez Pombo, que titulou a súa charla “Comunicar en verde”. Tras unha introdución na que se lamentou do desprestixio actual dos medios, centrou o seu relatorio na importancia de “formar e informar aos xorna-listas” para que poidan dar a coñecer o sector da produción ecolóxica. Neste sentido valorou de xeito positivo o traballo do Craega este ano, que presentou ante a prensa a súa memoria de actividades nas catro provincias galegas. Así mesmo, resaltou o labor das redes sociais ou dalgunhas revistas dixitais como Benbo, La Alacena Roja ou Abalar Galicia. Pechou a súa exposición animando ao sector a que “aprovei-te os medios de comunicación” e ofrecendo un decálogo de ideas para mellorar, entre as que que estaban afondar nas relacións cos medios

e lograr transmitir a idea de que é bo para a saúde e para combater a despoboación.

O último relator foi Juan Carlos Sancha González, procedente da Unidade de Viticultura da Univer-sidade da Rioxa e propietario de Bodegas Juan Carlos Sancha, quen falou sobre “Conversión de viñas a ecolóxico e a súa comercialización”. Sancha realizou un percorrido histórico dende a viña tradicional, pasando pola convencional ini-ciada nos anos 60, na que se arrancaban das ladeiras os viñedos vellos para facelos convivir con outros cultivos en hortas, ata chegar de novo á conversión e á volta da viticultura eco-lóxica, “a mesma que tiñan os nosos avós, pero agora con coñecemento científico”.

O rioxano criticou duramente a falta de sentido común das actuacións levadas a cabo no campo para acabar cos viñedos vellos e agora obrigar a tratar a uva para que funcione o que, segundo advertiu, trae consigo graves problemas eco-nómicos e fitosanitarios. Entre outros moitos temas expostos, reflexionou sobre as vantaxes e desvantaxes de dar o paso cara á viticultu-ra ecolóxica, pola que cre que se debe loitar pensando na xente nova, por ter maior nicho de mercado e, por suposto, por cuestións de saú-de. Lembrou os ingredientes das viñas ecolóxi-cas, esterco compostado e sol, e detívose tamén nas desvantaxes de embarcarse neste negocio,

“A viticultura ecolóxica é a mesma que a dos nosos avós, pero agora con coñecemento científico”

< Ernesto Sánchez Pombo, xornalista

>Juan Carlos Sancha, da Unidade de Viticultura da

Universidade da Rioxa

Page 11: Revista do Craega 36

CRAEGA > 11

FORMACIÓN >

entre as que citou a súa carestía, a necesidade de contar con máis asesores e a implicación dun maior risco, malia que está convencido de que cómpre facer o esforzo “para chegar á fórmula ECO2= ecolóxico e económico”.

Finalmente, afirmou que nos próximos anos a agricultura integrada e a ecolóxica seguirán me-drando, pois é necesario tomar conciencia: “Non pode haber subvencións por parte das adminis-tracións e permitirse escándalos alimentarios”, polo que cre que a viticultura convencional aca-bará por desaparecer.

A Xornada concluíu cunha mesa redonda, mo-derada por Ramón Damián Fernández Conchas, do Servizo de Mercados da Consellería do Me-dio Rural e do Mar, na que estiveron presentes, ademais dos relatores anteriores, o presidente do Craega, José Antonio Fernández; Natalia Ro-dríguez Estévez, de bodegas de viño albariño ecolóxico Corisca; Juan Carlos Juncal, de Di-mesalnés, que conta con 7 bateas certificadas,

e Tino Otero, da empresa de algas ecolóxicas Porto-Muíños. Na mesa expuxéronse variados puntos de debate, entre os que salientaron os retos do futuro no consumo e na produción e comercialización ecolóxicos e a incerteza ante o endurecemento das condicións de certificación da vindeira normativa.

Pola súa banda, Natalia Rodríguez, Tino Otero e Juan Carlos Juncal compartiron co público a súa experiencia empresarial cando se decidiron polo ecolóxico, un camiño que non foi doado malia coincidir os tres en que merece moito a pena.

Como conclusión final todos estiveron de acor-do nos tres piares que propuxo Sancha Gon-zález para manter o sector: formación do pro-dutor/consumidor, I+D específica dos produtos ecolóxicos e moita promoción, posto que “non podemos pensar en poñer o selo ecolóxico se-nón facemos un orzamento de promoción por parte dos axentes responsables: produtores, comercializadores e Administración”.

Tras a rolda de intervencións, deuse paso ao diálogo co público e a xornada rematou cuns petiscos no patio exterior do Exposalnés a cargo da empresa coruñesa Leiralonga.

“Hai que facer o esforzo para chegar á fórmula ECO2 = ecolóxico e económico”

Natalia Rodríguez, de Bodegas Corisca, e Tino Otero, de Porto-Muíños, contaron a súa experiencia empresarial

J. C. Sancha é propietario de Bodegas Sancha e J. Carlos Juncal, de Dimesalnés, conta con 7 bateas de mexillón certificadas

Page 12: Revista do Craega 36

12 < CRAEGA

ENCONTROS >

O pasado día 21 de xullo o Craega or-ganizou unha xuntanza con preto de vinte periodistas especializados en gastronomía para dar a coñecer o seu

labor e, ao mesmo tempo, ofrecer unha degus-tación dos produtos ecolóxicos galegos. O lugar elixido foi o Fogar do Santiso, un dos restauran-tes ecolóxicos de referencia en toda a comuni-dade, situado no concello de Teo, moi preto da capital galega, e rexentado por Xosé Santiso.

Neste orixinal encontro estiveron presentes, en-tre outros, representantes das revistas dixitais especializadas Benbo, Cepas y Vinos ou La Ala-

cena Roja, así como os responsables dos blogs La cocina de mi abuelo, Galletas para Matilde, Fedegustando ou Mis Lutier, que puideron de-bater sobre a produción ecolóxica diante dun suculento menú a base de produtos ecolóxicos ofrecidos polo Fogar, que aposta xa dende hai moitos anos por unha carta 100 % ecolóxica, baseada en produtos autóctonos e de tempora-da da súa propia colleita.

O menú incluía pementos de Padrón, croquetas, empanada de grelos, tempura “Mar e horta”, be-renxenas, tomates da Avoa de Osedo, tomates negros de Santiago ou carne ecolóxica de razas

“A metade da produción agroalimentaria de Galicia podería ser ecolóxica”

O Fogar do Santiso, punto de encontro de

bloggers gastronómicos

Foto

: MIS

LUTI

ERFo

to: A

BA

LAR G

ALI

CIA

Page 13: Revista do Craega 36

CRAEGA > 13

O novo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, reuniuse co Craega, representado polo seu presidente, José Antonio Fer-

nández, e mais polo seu secretario, Javier García, o pasado 30 de xullo no edificio multiusos monfortino. O motivo foi achegar posturas e coñecerse para, no futuro, poder organizar eventos en colaboración.

Esta rexión, cunha gran produción de viños e outros alimentos de gran calidade, ve no Craega un apoio que, de cara aos consumi-dores, axuda á súa valoración e á súa pro-moción. O Consello e mais a denominación de orixe Ribeira Sacra son os principais con-sellos de certificación agroalimentaria que operan en Monforte de Lemos.

ENCONTROS >

A nova Corporación de

Monforte de Lemosinterésase polo labor do Craega

autóctonas... e para adozar o xantar, os comen-sais puideron degustar sobremesas ecolóxicas a base de crema de chocolate e noces, queixo á brasa ou xeados artesáns de amorodo e mora.

Entre os temas que se trataron durante o en-contro salientaron os procesos de certificación alimentaria e o mundo da produción ecolóxica de alimentos. Deste xeito, o presidente do Crae-ga, José Antonio Fernández, e mais o secretario da entidade, Javier García, explicaron que, facen-do unicamente pequenos axustes, a metade da produción agroalimentaria de Galicia podería ser ecolóxica. Segundo a súa opinión, a popularida-de, a boa acollida e a fidelidade que está tendo o sector por parte dos consumidores xa non pa-rece un obxectivo imposible.

Foto

: MIS

LU

TIER

Foto

: ABA

LAR G

ALI

CIA

Page 14: Revista do Craega 36

14 < CRAEGA

O programa dos showcooking que está levando a cabo o Craega polas prin-cipais prazas de abastos de Galicia fixo a súa parada en Vigo o pasado

venres 17 de xullo. O Consello está a organizar diversos eventos promocionais que favorecen o coñecemento deste tipo de produtos. Os es-pectáculos de cociña ao vivo son unha destas actividades, que mostran todo o que acompaña a elaboración dun prato ecolóxico e as van-taxes de cociñar e comer con materia prima ecolóxica.

Nesta ocasión foron os veciños de Vigo os que tiveron a oportunidade de asistir a un destes showcooking, en concreto no mercado de abas-tos do Calvario. Coa antesala dos realizados en Santiago de Compostela e A Coruña o nivel que-daba moi alto, pero a curiosidade do público por estes produtos certificados fixo que a xornada fose tamén exitosa na cidade olívica.

Nacho Rodríguez Bello, propietario e cociñeiro do restaurante Gastromanía (Ribeira, A Coruña), foi o punto central na elaboración en directo e na posterior degustación de tres tapas ecolóxicas:

DEGUSTACIÓNS >

O espectáculoao vivo dacociña ecoviaxa ata Vigo

rosbif de tenreira galega afumada con crema de queixo Arzúa; ensalada rusa con mexillón, sali-cornia e xema de ovo, e patacas bravas con alga wakame ao allo.

O chef estivo acompañado en todo momento por Javier García, secretario do Craega, e por José Antonio Fernández, presidente da entidade, que se ocuparon do labor divulgativo.

Page 15: Revista do Craega 36

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritosPara publicar os anuncios enviar a solicitude a [email protected]

Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a

domicilio en Santiago de Compostela e concellos

limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega

[email protected]

Repartimos cestas personalizadas de

verdura e froita no concello de Lugo, que

se poden complementar con produtos

biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo)

Isabel Zaera Dolz: 637 849 641

[email protected]

granjashambhalla.com

650 343 777

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)982 886 225

[email protected]

Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o desexe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío.

Vicente Prieto Ledo609 864 738

[email protected]

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos.Granxas de Lousada SC

657 103 [email protected]

Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Facemos plantel por encarga

Biohorta

981 483 312 / 669 690 212

[email protected]

Venda de Porco Celta en ecolóxico.

Leitóns para criar ou para consumir.

Posibilidade de engorde dos porcos

por encargaElisa e Camilo: 676 666 157

Secundina Costa Piñeiro (Viveiros Ramil planta de horta)Queda aínda no viveiro algunha planta da campaña de primavera (cebola, tomates, pementos etc.). Preparámonos agora para a campaña de verán (leitugas,

escarolas, pakchoi, col chinesa etc.) e de outono (repolos, brócoli, coliflor etc.). Para poder ter unha planta axeitada é moi importante ter os cultivos planificados, así os viveiros poderemos programar ben as [email protected] - 986 710 707

Carmen de SocastroNa horta ecolóxica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estamos en Socastro, 11, concello de Rois, A Coruña. Ven e coñé[email protected] 167 138

Bo para a túa saúde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxica de Raza Vianesa alimentada exclusivamente con pasto e leite, rica en Omega 3 e recomendable para celíacos. Poñémola na súa casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasada ao baleiroEcovianesa S.L. - Berrande (Ourense)676 966 255 [email protected]

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxico. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e

tradicionais certificadas Feitoría Verde

698 164 249 / 698 161 [email protected]

https://feitoriaverde.wordpress.com

Realizamos plantón hortícola en ecolóxico.

Asesoramento con cursos de hortofruticultura

e cultivos de invernadoiro

Semilleros Penateixa

636 060 286 / 693 654 130

[email protected]

semillerospenateixa.blogspot.com

Realízanse sacrificios ecolóxicos.

Matadoiro Comarcal de Sarria

San Xulián da Veiga, 27614

Luís López: 982 531 273

Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no CraegaAlbá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 [email protected] / www.arqueixal.com

Véndense fabas ecolóxicas de

Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal

648 705 100 / 982 146 006Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa

explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)650 343 777

Page 16: Revista do Craega 36

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

MINISTERIODE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓNY MEDIO AMBIENTE

GOBIERNODE ESPAÑA

Impr

eso

en p

apel

rec

icla

doM

aine

Glo

ss G

reen

Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/nEdificio Multiusos27400 Monforte de Lemos (Lugo)Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 [email protected] www.craega.es

Síguenos en: