Revista MaOs nº1

48

description

Segundo número da Revista MaOs. Coordinada e editada por MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega

Transcript of Revista MaOs nº1

Page 1: Revista MaOs nº1
Page 2: Revista MaOs nº1

Revista MaOs nº1Xaneiro de 2016

Santiago de Compostela

Equipo editorialMaOs Innovación Social

Deseño e diagramaciónMiguel Durán Bermúdez

ColaboraciónsNoa Estévez Pérez, Marcial Blanco,

Sabela Fernández e a Comissom de História da Gentalha do Pichel,e Trespés. Soc. Coop. Galega.

Page 3: Revista MaOs nº1

Breve introdución ao consumo responsableOs grupos de consumo (I)Os grupos de consumo (II)

Zocamiñoca, un proxecto colectivo, unha experiencia persoal

P O M O S O F O C Oc o n s u m o r e s p o n s a b l e

Quase um ano de CV (Curriculum vitae) com CV (Carmen Valboa)

F E R R A M E N T A Sc a d e r n o d e t r a b a l l o

s o b r e m e m o r i a h i s t ó r i c a

4propostas innovadoras

E N P O S I T I V Om o v é m o n o s . . . s e n c a r r o !

Un lugar na axendapara o cinema etnográ�co

R E C O M E N D A M O S

Entrevista a Trespés

E N P R I M E I R A P E R S O At r e s p é s s o b r e o a u d i o v i s u a l

Page 4: Revista MaOs nº1

P O M O S O F O C Oc o n s u m o r e s p o n s a b l e

Page 5: Revista MaOs nº1

5

b r e v e i n t r o d u c i ó n

a o c o n s u m o r e s p o n s a b l e[ N O A E S T É V E Z P É R E Z ]

Vou comezar este pequeno texto como sempre comezo, como sempre se comezan este tipo de re�exións, consumir non é un acto neutro. Segundo as decisións que tomemos no momento de consumir, estaremos colaborando con un ou outro modelo de sociedade, de relacións, de distribución da riqueza e da pobreza, de distribución dos alimentos, de vida, de planeta...

E aí está toda a súa complexidade, o que fai difícil e ao mesmo tempo motiva a que consumamos dun xeito responsable, que tentemos transformar as relacións de poder, que tentemos mudar as cousas.

Neste artigo voume centrar sobre todo na alimentación, mais a meirande parte das re�exións que imos facer son extrapolables aos bens e servizos que consumimos ou dos que facemos uso.

Page 6: Revista MaOs nº1

6

Comecemos polo modelo de produción. Se temos un produto agroecolóxico, fronte a outro convencional, o agroecolóxico vai ser nutritivamente máis interesante, mais non só iso, o ecolóxico garántenos que non ten residuos de pesticidas ou outros produtos químicos nocivos para a saúde, nin transxénicos, nin, no caso de alimentos de orixe animal, hormonas, ou orixinados a partir de material reprodutivo clonado, ou procedente de animais que estiveron toda a súa vida nunhas condicións penosas. A maiores, se escollemos un alimento agroecolóxico fronte a un que non o é, pode-mos ter a certeza de que o seu proceso de cultivo ou cría foi moito mais respectuoso co medio ambiente (contaminación de solos, auga e aire, interacción co ecosistema, etc).

Cando falamos de produción agroecolóxica referímonos a pequenas explotacións que manteñen unha visión integral do ecosistema no que se insiren, coidando as relacións entre a produción agrícola, as persoas e o medio ambiente. Probablemente os alimentos ecolóxicos producidos de xeito industrial a gran escala, leven menos produtos químicos que os convencionais, mais son moito menos interesantes desde un punto de vista de distribución económica, condicións laborais, interacción co entorno, mantemento dun rural vivo, etc.

E que hai da orixe do produto? Dependendo de onde veña, este terá feito un camiño ou outro, o que se traduce nun maior ou menor impacto ambiental (gasto enerxético e emisión de gases de efecto invernadoiro) e un maior número de inter-mediarios. A maiores para que compense o movemento de produtos dun lado ao outro do planeta, frecuentemente estes foron producidos en grandes monocultivos, transportados en grandes cantidades e producidos baixo unhas condicións laborais inxustas.

Amigos da Terra �xo un informe chamado "Alimentos quilométricos"1, 2, moi reco-mendable. Na súa actualización cóntannos que en 2011, o Estado Español importou 25,486 millóns de toneladas de alimentos que percorreron de media 3.827,8 quiló-metros e xeraron 4,212 millóns de toneladas de CO2. Cal foi o alimento que máis se importou? Pensos para animais (na súa meirande parte transxénicos).

Outro factor a ter en conta é onde adquirimos eses produtos. Comprámoslle as verduras a un pequeno produtor que vive ao noso carón? Ou imos a unha grande super�cie? Nos supermercados e nas grandes super�cies hai unha aparente varieda-de que na realidade consiste en produtos de moitas cores comercializados por unhas poucas multinacionais (10 multinacionais controlan o 90% dos alimentos a nivel mundial3, 4), a meirande parte dos produtos propostos nestes espazos viaxaron grandes distancias, están sobreenvasados, teñen por detrás unha longa cadea de produtoras, intermediarias, distribuidoras, e comercializadoras que se caracterizan por moita xente traballando nunhas condicións de grande precariedade e moi poucas persoas enriquecéndose (é frecuente que as cadeas de supermercados negocien á baixa os prezos dos produtos e as condicións de produción). Ecologistas en Acción afonda máis neste tema no seu informe "Comprar nunha grande super�-cie, mitos e feitos"5.

Page 7: Revista MaOs nº1

7

E por suposto son espazos totalmente estudados e preparados para facernos consu-mir e consumir, precisemos ou non. O colectivo "consume hasta morir"6 ten moi analizado como nos in�uencia a publicidade, aconsello unha visita á súa web!

En contraste, cando imos comprar a un dos múltiples mercados que temos espalla-dos por todo o territorio galego7, temos acceso a produtos locais e de tempada vendidos directamente pola persoa que os cultivou, criou ou elaborou. Podemos ter a certeza de onde van ir parar os cartos, e que estamos contribuíndo a manter un rural vivo. Tamén no caso das pequenas tendas de barrio é moito máis fácil ver que estamos comprando e a quen. Ademais podemos facer vida de barrio, atoparnos coas persoas que viven perto nosa...e mesmo podemos ir camiñando ou en bici!

E haberá quen diga...si, todo moi bonito, mais os alimentos agroecolóxicos son moooooito máis caros! Si e non. Por un lado hai que facer a re�exión de que hai detrás dos alimentos baratísimos que atopamos nos supermercados (por exemplo as marcas brancas), como estarán producidos (volvemos ao valor nutricional, ao impac-to na nosa saúde e ambiental, etc), canto cobrará quen o produciu, quen o envasou, e a caixeira que cho cobrou; porque igual é barato, mais en realidade está saíndo moi moi caro en canto a dereitos sociais e calidade.

Talvez temos que cuestionarnos os nosos hábitos de consumo e analizar de podemos consumir menos produtos (menos cantidade, menos "aparente" variedade) e trans-formar isto na compra de produtos que nalgúns casos sexan máis caros, mais tamén mais sustentables, máis nutritivos e mais xustos.E se observamos os datos, estamos gastando en alimentación moito menos do que se gastaba antes. Desde os anos 50 o gasto familiar en alimentación caeu do 50% ao 25%, e case a metade dese 50% son produtos procesados e precociñados e o consu-mo de alimentos e bebidas fóra da casa8.

Por outro lado, se buscamos formas de consumo alternativas, por exemplo formando parte dun grupo de consumo9, 10, os prezos, sendo xustos, non son para nada eleva-dos. A maiores, para as persoas que temos a sorte de cobrar un soldo todos os meses, supoño que todas queremos cobrar un soldo digno, e para iso tamén teremos que contribuír a que quen nos rodea cobre soldos dignos polo seu traballo, non?

E para rematar, tentar mudar de hábitos de consumo implica un esforzo, e non sempre é fácil. Penso que é importante facelo porque nos apetece, desfrutándoo, desde o gozo. Non por unha busca de perfección. A coherencia 100% no existe. Lembremos o que di Toni Lodeiro sobre o 80/2011, as melloras ate o 80% do "ideal" son positivas. A partir de aí, cada paso que damos réstanos mais enerxía da que nos aporta. Fagamos do noso consumo algo que nos faga sentir ben!!

A maiores hai moitas cousas que podemos facer a nivel individual, mais se consegui-mos organizarnos e facer cousas a nivel colectivo (poñamos por caso grupos de consumo, cooperativas de enerxía, etc) non só imos poder chegar máis lonxe, senón que imos estar acompañadas, o cal axuda a crear rede, a crear comunidade, e fai o camiño máis interesante e máis rico!!

Page 8: Revista MaOs nº1

8

Fica no tinteiro....

- Por que a produción de carne a nivel europeo está baseada na importación de pensos transxénicos de terceiros países?

- Como in�úen os tratados de libre comercio (CETA, TTIP, TISA,...) no noso día a día, no noso consumo, na nosa produción de alimentos? E como in�úe noutros países?

- Que hai detrás das etiquetas? Podo estar comendo un produto que conteña tran-sxénicos sen que o poña na etiqueta?

- Redes de consumo responsable, de rural vivo, de comunidades en transición, de moedas locais, de bancos do tempo, de café-reparación, de decrecemento...

- Cales son as relacións entre xénero e produción e consumo? Como o consumo responsable favorece a igualdade?

- E moitas cousas máis! Todo está relacionado, engade o que queiras!

Page 9: Revista MaOs nº1

9

o s g r u p o s d e c o n s u m o ( I )[ Q U E S O N ? ]

[ E X E M P L O S ]

Consumir non é un acto neutro, é unha acción que repercute en moi diferentes niveis: na saúde, no ambiente, nas condicións de vida de quen produce, nos hábitos de consumo, nos prezos, e un longo etcétera. Facernos conscientes da importancia do noso consumo é un primeiro paso importantísimo se queremos mudar a forma de producir alimentos, de alimentarnos e de alimentar. Tanto consumir como producir son accións intimamente relacionadas, xa que ao consumir un produto estamos facendo unha escolla, apoiando un tipo especí�co de produción.

Se compro no supermercado un paquete de garavanzos non estou dándolle carta branca á compañía que a produce para facer o que queira, mais tampouco o contra-rio. Se lemos ben a letra pequena do paquete é moi posíbel que descubramos que eses garavanzos proveñen do outro lado do Atlántico e que, por tanto, tiveron que facer unha viaxe longuísima para a cal foi preciso usar moito petróleo. E como pode ser que eses garavanzos sexan máis baratos que os producidos de forma máis próxi-ma? Que tipo de empresas e que tipo de condicións laborais están por detrás desa produción?

Neste último exemplo encontramos xa algunhas das claves que explican a multiplica-ción nas últimas décadas de pequenos grupos de consumo por todo o noso territo-rio: a vontade de saber máis sobre que consumimos, a súa orixe, como se produce, a quen apoiamos ao consumir ese produto, como o consumimos. Poderíamos engadir outro tipo de cuestións, como a cantidade de embalaxe utilizada, como á hora de decidir unha compra a intelixencia colectiva pode resultar unha axuda fronte ao consumo individualizado, a repercusión na nosa saúde dun consumo consciente, como mudar os nosos hábitos de consumo é máis importante para aforrar que o feito de comprar os produtos máis baratos, como a compra colectiva pode diminuír os prezos sen por iso restar dereitos a quen produce, etc.

Page 10: Revista MaOs nº1

10

Que é un grupo de consumo? A de�nición rápida podería ser: conxunto de persoas que se organizan para realizar compras conxuntas de produtos, normalmente de alimentación, aínda que tamén poden incluírse outros, como de hixiene ou de limpe-za. Unha de�nición demorada podería descubrirnos a riqueza de variantes e posibili-dades existentes de tipos de grupos de consumo. Un exemplo é que os grupos poden ou non incluír as propias persoas produtoras (prosumidoras). Nestes artigos centrarémonos nos grupos que teñen en común determinados valores: consumo responsábel, local e exclusivo ou maioritario de produtos ecolóxicos. [Sobre produtos ecolóxicos podes consultar o noso artigo: É ecolóxica esta mazá? Trucos para identi�car produtos eco]

Que tipos de grupos de consumo hai? Existen unha grande variedade de tipos e formatos de grupos, a seguir tentaremos describir só algúns dos máis comúns baseándonos na ausencia ou presenza de formato legal:

• Cooperativas. É un formato no cal podemos encontrar maior ou menor complexi-dade:

• Con tenda. Neste caso poden acceder á tenda e comprar produtos todas as persoas, socias ou non da cooperativa. As socias normalmente teñen un desconto e poden participar activamente da vida interna da cooperativa, como asistir e participar nas asembleas internas. Exemplos: Árbore e Aldea, en Vigo, ou Panxea, en Compostela. (Merecen unha mención especial a xa disolvi-da A Xoaniña, no Ferrol.)

• Con tenda só para persoas socias. Só as persoas socias da cooperativa poden comprar na tenda, a cal non está aberta para o público. Exemplo: Zocamiñoca, na Coruña.

• Grupos sen formato legal (ou grupos informais). Este tipo é o máis frecuente debido á facilidade organizativa e á súa �exibilidade. Adoitan ser grupos reducidos de persoas que se autoorganizan para facer os pedidos e que non dispoñen de formato legal, en ocasións tampouco dispoñen de local propio nin de stock. Existen grupos que si dispoñen de forma legal (cooperativa ou asociación) mais que o seu funcionamento é idéntico ao dos grupos informais (caso de Eirado, en Compostela, agora en proceso de disolución como cooperativa e que continúa como grupo informal). Este tipo tamén adoita ser o habitual cando o grupo forma parte doutra organización maior (caso do grupo da PIC, en Compostela). Exemplos: Nabiza Ceibe+Fabas Lobas, dous grupos que se fusionaron en Compostela, A Gradicela, en Pontevedra, ou a Semente, en Ourense.

Page 11: Revista MaOs nº1

11

Os criterios de compra. A seguir ofrecemos unha pequena recompilación dos valores que máis frecuentemente se citan nas páxinas dos grupos de consumo:

• Produtos locais e de temporada.• Produtos ecolóxicos (con selo, sen selo). A importancia da confianza con quen produce.

• De pequenas produtoras (dar apoio sen xerar dependencia).• Pagar o prezo xusto.• Ter en conta as condicións laborais e a ética empresarial.• Favorecer a compra de produtos que requiran pouca embalaxe.• A compra ou non de carne, peixe e/ou lácteos.

Exemplos de organización interna. Imos describir a seguir algúns exemplos dife-rentes para a xestión de grupos de consumo, aínda que nos centraremos no caso dos grupos informais:• As cooperativas: Teñan ou non tenda aberta ao público, o máis habitual é que exista a �gura da persoa liberada ou contratada, que cobra por organizar ou xestio-nar parte do traballo, sendo que en ocasións se completa ese traballo remunerado co voluntario por parte doutras persoas socias. A existencia desta persoa ou persoas traballadoras implica un gasto económico para a cooperativa que normalmente deriva no incremento do prezo dos produtos ou da contía que debe pór cada persoa asociada na cooperativa (capital social inicial, cotas anuais, etc.).• Os grupos informais. A variabilidade é grande, aínda que podemos encontrar en xeral dous formatos básicos: aquel no que o traballo é rotatorio e aquel no que hai unha ou varias persoas que sempre se encargan da organización dos pedidos e/ou da repartición. Vexamos un par de exemplos:

Page 12: Revista MaOs nº1

• Exemplo 1. Grupo que fai pedidos cada dúas semanas, sempre ou case sempre ás mesmas produtoras e os mesmos tipos de produtos básicos (verduras, froitas, ovos, lácteos e pan), facendo pedidos puntuais doutros produtos (por exemplo, aceite dúas veces ao ano). Este grupo organízase en unidades de consumo (ou casas, ou familias) e cada pedido xestiónao unha desas unidades de forma rotatoria (de forma que cada unidade só ten que organizar un pedido cada tres meses, por exemplo, dependendo do número total de unidades que haxa no grupo). As produtoras envían a lista de produtos cada segunda feira/luns e as unidades teñen até a cuarta feira/mércores para facer o pedido nun documento compartido online (por exemplo, no Google Drive). Esa mesma cuarta feira envíase ese documento á produtora para que prepare os produtos e ao día seguinte os leve ao local onde se fai a repartición (un local social, por exemplo). A unidade de consumo responsábel por organizar ese pedido ten que ocuparse de recibir e distribuír os produtos, cobralos e pagalos. O pagamento é sobre o pedido anterior, é dicir, a produtora cobra ese día o que entregou no pedido anterior.

• Exemplo 2. Parecido ao anterior, só que os pedidos son semanais e só piden frescos en formato cesta, é dicir, non poden escoller os produtos que van na cesta, pagan un �xo de 8€ e a persoa produtora enche a cesta con produtos frescos propios por ese valor.

• Exemplo 3. Formas parte dunha cooperativa e hai persoas traballadoras contratadas que fan todo o traballo excepto tomar decisións, o cal se fai na asemblea mensual á cal podes asistir. Ti simplemente recolles o teu pedido na tenda o día de�nido ou compras o que precises calquera día.

12

Page 13: Revista MaOs nº1

13

o s g r u p o s d e c o n s u m o ( I I )[ S U X E S T I Ó N S

P A R A O R G A N I Z A RU N G R U P O D E C O N S U M O ]

Este artigo é útil para quen lera a nosa anterior entrega (aquí) e aínda así queira organizar un grupo de consumo. Tentaremos dar a seguir algunhas suxestións chega-das da nosa experiencia ou da de persoas próximas (o cal non implica que sexan sempre útiles, cada caso é un mundo). • Que hai xa? Rebuscade ao voso redor: hai algún grupo funcionando perto de vós? Unídevos!

• Facer grupo. Se o anterior non funciona: falade con outras persoas que poidan ter as vosas mesmas necesidades-inquietudes. Ter en conta:

· Cantas persoas? Se queredes ser un grupo informal (este artigo céntrase nesa opción), recoméndase unha cifra entre 8 e 15 unidades de consumo, xa que ser demasiado poucas pode resultar pouco rendíbel para quen vos leve os produtos ou para vós se tendes que repartir entre vós os custos de envío. É mellor ser dous grupos de 10 que un de 20 unidades, por que? Porque vai ser moito máis fácil de xestionar un grupo pequeno que un grande e será máis fácil encontrar produtoras locais que poidan subministrarvos a cantidade que solicitedes sendo poucas que moitas. Pensade que se poden organizar pedi-dos conxuntos entre varios grupos cando haxa que pedir un produto concreto para o cal se esixe un pedido mínimo ou para repartir máis os custos de envío. A máxima é: colaborar, non competir! As persoas que formedes parte do grupo é recomendábel que vivades máis ou menos perto unhas de outras: pensade en canto vos teredes que desprazar para recoller os produtos!

Que é unha unidade de consumo? Máis abranxente que casa ou familia, describe un conxunto de persoas que fan os pedidos xuntas: unha persoa, unha parella, un grupo de colegas, etc. As unidades non deben ser moi numerosas (1 a 3 persoas), xa que os seus pedidos poderían desestabilizar o grupo (ter poucas unidades e moi numerosas é o mesmo que un grupo de moitas unidades).

Page 14: Revista MaOs nº1

14

• Definirse colectivamente. Na primeira reunión, á parte de vos presentar, talvez sería boa idea de�nir conxuntamente como se vai organizar o grupo, os criterios de compra, etc. Aquí tendes unha lista de posíbeis asuntos a de�nir:

• Que tipo de produtos queredes pedir? Dous casos frecuentes que se decide neste punto:

· Os pedidos serán vexetarianos ou veganos? Incluiranse lácteos, ovos, peixe e/ou carne?

· Os produtos serán ecolóxicos? Se é que si: incluiranse só aqueles con selo do CRAEGA ou tamén aqueles sen selo mais que sexan producidos de forma ecolóxica? [Para este e outros puntos pode axudarvos o noso artigo É ecolóxica esta mazá? Trucos para identi�car produtos eco ou este outro publicado na moi recomendábel web de Opcions: Soy precaria y como ecológico]

· A quen lle ides pedir? Apostades por persoas que teñan producións pequenas e locais e pedides sempre a elas (podedes ter unha ou varias para diferentes produtos, por exemplo) ou procurades unha distribuido-ra que vos subministre todos os produtos? Seguindo a lóxica proposta até o de agora, recomendamos apoiar co voso consumo iniciativas locais, pequenas, e estabelecer unha relación de con�anza, visitar a súa explotación, etc., o cal é unha forma tamén de evitar intermediarias, que nos distancian do coñecemento e contacto directos sobre os xeitos de producir e de quen produce, e que moitas veces incrementan os prezos �nais.

• Que produtos queredes pedir? Exemplos: Hai grupos que só piden produtos frescos (verduras e froita, ás veces incluíndo tamén ovos e leite) e outros que só piden aceite, pasta, arroz, etc. Se pedides produtos frescos é probábel que encontredes dúas opcións principais:

· Cesta aberta. Cada unidade de consumo pode escoller os produtos que van no seu pedido de produtos frescos. É máis complexo á hora de repartir as cestas, xa que todas serán diferentes e haberá que ter coida-do de que cada persoa recolle a súa, e os prezos tamén variarán.

· Cesta pechada. A persoa produtora enche a cesta (ou bolsa ou saco) até o prezo que lle indiquedes (8€ ou 10€ por exemplo) cos produtos de temporada de que dispoña esa semana na súa explotación. Facilita a repartición e o pagamento mais podes acabar tendo na casa produtos que non queres (neste caso sempre podes tentar facer unha troca con outra persoas).

· Existen moitas outras opcións, máis ou menos complexas e algunha máis solidaria con quen produce os alimentos (pagando por exemplo unha cota mensualmente e repartides os produtos entre vós, garantin-do así a quen produce uns ingresos �xos cada mes, mesmo nos meses de verán que é cando os grupos adoitan non pedir nada, neste caso pagaríase igual a cota por solidariedade).

• Cada canto tempo serán os pedidos? Moitos grupos fan os pedidos cada quince días, outros semanalmente...

Page 15: Revista MaOs nº1

15

• Que día da semana, a que hora e onde se fai a repartición? Isto é un básico, polo cal é bo decidilo entre todas as persoas do grupo para que se adecúe ás vosas necesidades tanto o día da semana, como a hora e o local de recollida. Ese local pode ser calquera ao que teñades fácil acceso: un centro social, o garaxe dunha casa, etc. O importante é ter en conta se ides ter stock ou non, ou sexa, se de cada pedido van sobrar produtos que hai que almacenar para que a xente vaia comprando á medida que os precisan. Se tendes que pagar un alugueiro xa a cousa sae máis cara e igual tendes que pagar cotas... Ah, e tende en conta que no local onde se faga a repartición ou onde se almacenen os produtos até ese momento poden facer falta dous elementos importantes: unha neveira (para o leite fresco, por exemplo) e unha pesa (para cando teñades que repartir produtos comprados a granel).

• Como nos repartimos o traballo? Entre outras cuestións sería bo decidir:· Se todas as responsabilidades seguintes van ser rotativas (moi recomen-dábel xa que ao �nal algo de traballo dá ter un grupo de consumo, mellor repartir esforzos, o cal axuda a manter o equilibrio nas responsa-bilidades, no saber facer as cousas e o bo ambiente).

Page 16: Revista MaOs nº1

16

· Quen procura persoas produtoras locais que vos poidan servir os pedi-dos. [Onde procurar? Os contactos poden recollerse nun mercado local, en tendas ecolóxicas, ou mesmo na lista de produtoras da web do CRAEGA].

· Quen contacta con elas para facer os pedidos.· Quen as recibe no local determinado para que entreguen os pedidos.· Quen se encarga de facer a repartición e de pagar á produtora.

• Como se van facer os pagamentos á produtora e entre vós (se alguén adianta cartos, etc.)? É frecuente evitas as transferencias bancarias e pagar en man un pedido ao entregar o seguinte.

• Cal é o sistema que ides utilizar para dicir o que quere pedir cada unidade de consumo? Exemplos: folla de cálculo online, formulario online, por correo electrónico (non recomendábel, podedes acabar con moitos correos na vosa caixa de entrada), ao recoller un pedido anótase nunha folla de papel o que se quere para o seguinte (isto só funciona ben cando se pide pouca variedade de produtos), etc. Resulta moi conveniente marcar datas límite para realizar os pedidos, para pagalos, etc.

A de�nición é moi importante e recoméndase facela antes de decidir se ter un formato legal (cooperativa, asociación) ou non (grupo informal, que non ilegal, vós consu mides, non producides nin vendedes a terceiras persoas). Neste artigo centrámonos no grupo informal porque se adapta a moitas situacións (mesmo pode funcionar a pequena escala dentro de entidades maiores) e dá menos traballo en xeral.

• Facer un pedido de proba. É bo non chegar á agonía organizativa, ás veces é mellor facer un primeiro pedido de proba a ver como vai e xa se irá axustando todo aos poucos. É moi importante non facer sete mil reunións previas de de�nición. Son moitas cousas as que dixemos antes que estaría ben decidir, mais é realmente importante manter un espírito positivo e aberto para que o grupo dure no tempo.

• Coidade o grupo. O punto anterior vai un pouco por salientar unha cuestión que na pequena experiencia é fundamental: coidar o grupo, que todo o mundo opine e escoite, mesmo facendo encontros diferentes (en Eirado con maior ou menos éxito faciamos merendolas, por exemplo). Outra idea que nos parece fundamental é a de colaborar con outros grupos de consumo, non só para facer pedidos conxuntos, se non tamén para intercambiar experiencias e información.

Page 17: Revista MaOs nº1

Z o c a m i ñ o c a ,u n p r o x e c t o c o l e c t i v o ,u n h a e x p e r i e n c i a p e r s o a l

[ M A R C I A L B L A N C O ]

Hai elementos que resultan difíciles de encaixar nunha de�nición xeral, por moi completa que esta sexa. Elementos que poidan parecer accesorios, pero son básicos no nacemento e supervivencia de moitos proxectos como o do que vos vou a falar, a Cooperativa de Consumo Consciente e Responsable Zocamiñoca.

A evolución das persoas, dos colectivos nos que convivimos e, en de�nitiva, dun espazo amplo de convivencia como é unha cidade, é o elemento fundamental para que aí xurdan máis ou menos proxectos e estes sexan máis ou menos innovadores. Porque as persoas somos importantes, pero non evolucionamos soas, facémolo a un ritmo compasado con outras persoas que nos rodean e coas que compartimos espazos e vida.

Aquí está a miña historia... Pero eu son único, e non son nada sen ás persoas coas que vivín e coas persoas que sigo a vivir, que me fornecen a experiencia dos seus conse-llos, exemplos de vida, convivencia, etc.

Nacín nunha sociedade capitalista. Pronto aprendín a ocuparme do meu para non buscar máis problemas dos que xa tiña, que nunca son poucos aos ollos dun neno. Ocupaba os espazos que me invitaban a ocupar e formaba parte das estruturas xa establecidas (familia, escola, equipo de baloncesto, panda de amigas, ...). E todo o demais quedaba fóra da miña man, era espectador ou consumidor pasivo das macroestruturas que me ofrecía a rica sociedade de consumo e que me parecían inabarcables (supermercados, tendas de roupa, partidos políticos, televisión, música, ...).

Pero a cidade ten máis vida do que parece e fun atopando no camiño algunhas persoas que pensaban e actuaban de xeito diferente. Estraños seres que lle daban importancia a cousas para as que eu non pensara en alternativas. Seres ás veces máis luminosos e outras veces máis escuros, simpáticos ou antipáticos, pero que compar-tían a súa rebeldía fronte ao modelo imposto polo sistema.

17

Page 18: Revista MaOs nº1

18

Page 19: Revista MaOs nº1

Non puiden máis que sentir a�nidade con eses estraños seres porque, sendo sincero, nunca me sentín cómodo no meu papel. Sempre me custaba seguir os patróns marcados pero eu só non podía facer fronte a tan grande empeño como parar a roda que parecía que me movía cara a un lugar no que eu non quería estar.

E comecei a atopar espazos nos que ir pouco a pouco desenvolvendo a miña creativi-dade e a miña rebeldía. Atopei a música e á xente coa que desenvolver a miña lingua nai sen a presión de falar con quen non che entende. Atopei o teatro que tanto me da para superar os meus límites e tanto me axudou a coñecerme. Atopei outros xeitos de desprazarme pola cidade, sucumbindo á comodidade e sensacións que me fornecía o pedal. Atopei amigas que querían facer intervencións na rúa, expresarse e á vez fornecer contido máis aló do que fornecen as televisións e que �xeran a moita xente re�exionar. E pouco a pouco aparecía máis e máis xente... Onde parecía que era todo gris, as persoas enchíanas de cor, de ideas e de rebeldía. Rebeldía ao modelo que nos inserían nesta sociedade ao nacer e co que debiamos crecer ata que nos enterraran con el.

Pero comecemos... Zocamiñoca naceu en min cando camiñaba desorientado polos supermercados, mirando etiquetas, comparando ingredientes e procedencias, obser-vando a xente que pasaba ao meu carón. Quería ter o control do que compraba e non coñecía outro modo, pero tiña a sensación de ter só unha pequena parte do que quería controlar. E esta idea foi evolucionando conforme eu tamén evolucionaba como persoa.

E ao carón da miña evolución vital, incorporábanse persoas coas que compartía a miña preocupación pola falta de control que temos como consumidoras, polo perni-cioso papel das multinacionais, pola contaminación da Terra, pola inxustiza social que viven moitas agricultoras de cerca e de lonxe, pola busca dos alimentos máis saudables. E comezamos a camiñar xuntas.Coñeciamos proxectos noutras partes nos que xente coma nós crearan grupos de referencia e criamos que na Coruña somos raros pero non tanto como para non ser capaces de crear algo similar aínda que co noso estilo. E comezamos a visitar outras cidades, e tamén visitamos o campo e entramos en contacto con pequenas agriculto-ras dos arredores. E tamén pouco a pouco outras persoas amosaban o seu interese a participar dese ilusionante proxecto comezaba a coller forma.

E traballamos con calma, asentando cada pequeno logro. Tendo moi claro todas cara a onde iamos. Sen saltarnos ningún paso intermedio e con toda a responsabilidade que require crear algo tan importante para tantas persoas.

E sempre me preguntan: Zocamiñoca... que signi�ca? En realidade nada. Como que nada? Pois nada, porque para cada unha de nós Zocamiñoca signi�ca unha cousa diferente, e non queriamos que gañase nin a de�nición máis purista, nin a máis alternativa, nin a máis formalista, nin a máis soñadora...

19

Page 20: Revista MaOs nº1

Sei o que signi�ca para min, aínda que me resulta difícil plasmala en palabras. Imaxí-nome hai vinte anos, camiñando desorientado por un supermercado. Mirando etiquetas, tardando media hora en facer unha compra de tres produtos. Observando a xente que pasaba ao meu carón, que paraba onde eu paraba. Ás veces ía a un sitio e outras a outro, sen máis criterio.

Hoxe en día facer a compra semanal é algo fundamental na miña vida. Xa non deam-bulo por diferentes lugares porque a fago sempre no mesmo sitio. Xa non paro a mirar os ingredientes do que compro porque sei perfectamente o que levan, porque teño o informe completo de cada elección que �xeron as miñas compañeiras do grupo de produtoras. Xa non observo a xente que pasa ao meu carón, porque a saúdo e falo con todas de como lle foi a semana, dos seus proxectos nos próximos meses ou do próximo evento importante ao que poderiamos ir.

Iso é para min Zocamiñoca. E tamén unha porta aberta a outros proxectos e persoas, porque a través de Zocamiñoca tamén coñecín moitas agricultoras que agora son amigas, proxectos vitais, cociñeiras de restaurantes veganos, nutricionistas coas que compartir ideas sobre a nosa alimentación... En Zocamiñoca coñecín xente doutros colectivos sociais coas que compartimos loitas.

Zocamiñoca sobreviviría sen min e eu sobreviviría sen Zocamiñoca, pero sería outra Zocamiñoca e eu sería outra persoa. A vida continúa e as persoas seguimos evolucio-nando. Eu agora participo tamén doutros proxectos, moitas persoas forman parte de Zocamiñoca, e seguiremos atopándonos, coas nosas coincidencias e diferenzas. A cidade segue viva e segue a evolucionar. Nacen e nacerán outros proxectos, que terán base no creado anteriormente, nas persoas que compartimos diferentes proxectos e cruzámonos constantemente dun a outro.Se tes unha idea, unha ilusión, un soño... Adiante! Busca as persoas adecuadas, com-parte e constrúe!

20

Page 21: Revista MaOs nº1
Page 22: Revista MaOs nº1

Quase um ano de CV (Curriculum vitae) com CV (Carmen Valboa)

F E R R A M E N T A Sc a d e r n o d e t r a b a l l o

s o b r e m e m o r i a h i s t ó r i c a

Page 23: Revista MaOs nº1

23

O novelo Carmen Balboa

Este ano, para o começar dumha nova pesquisa, um nome ecoava com força nas nossas reunions: Carmen Balboa, mulher que residira nas Hortas, nº 8. Atirar dum novelo que desconheciamos e do qual mal tinhamos um �o levou-nos todo um ano, em grande medida porque a ponta do �o era, na realidade, a ponta dum iceberg que nos �jo navigar muitas vezes à deriva. Esta crónica polo mar da memória de Carmen Balboa está contada como a vida mesma, com fragmentos sobre outras personagens, prosaísmos, amores, roubos e algum que outro crime (intelectual).

Subir ao faiado das casas de Compostela para entrar nos capítulos de vida das pessoas que, durante o franquismo, forom vítimas do assanhamento dos vencedo-res da Guerra Civil, soprar neles o pó da desmemória e mostrar, através dumha olhada e umha frase, um pedaço da alma delas é o que leva fazendo, durante mais de onze anos, a comissom de história da Gentalha do Pichel, com a colecçom de cartazes, “Galiza nom esquece”.

Page 24: Revista MaOs nº1

24

A ponta do fio

O �o chamado Carmen Balboa passou a ser, já desde o primeiro momento, denomi-nado, entre nós, Carmen Valboa. A mudança de letra ajuda-nos a centrar um bocado mais a focagem da nossa pesquisa, porque além de reivindicadoras da memória histórica da nossa cidade somos também reivindicadoras da sua memória histórica ortográ�ca. E com apenas umha letra, podemos começar a viajar melhor com Carmen de Bonaval, porque isso é o que signi�ca Val boa (Bom val). De Carmen Valboa, só encontramos, num princípio, referências mui escassas extrai-das dum livro de Aurora Marco, Memoria das mulheres da guerrilha antifranquista. Por ela, descobrimos que no domicílio das Hortas, 8, hoje, um prédio imaculado e reabili-tado sem umha mínima pegada daquela época, esta mulher, Carme Valboa, serviu de arriscado enlace durante os primeiros anos da pos-guerra. A sua moradia das Hortas constituia um espaço de encontro para muitas reunions do Partido Comunista em Compostela e também era a sede para a entrega e recolhida de pacotes com cartas, armas e víveres para os fugidos. Carmen gestionou, ademais, na rede de apoio aos guerrilheiros estabelecida por Isabel Rios e Maria Peres Melide em Curtis, os novos ingressos de fugidos à guerrilha do monte. Num registo efectuado no 13 de Março de 1946, na casa de Maria Pérez Melide (a companheira do Foucelhas), a Esquadra Civil encontrou duas cartas de dous dos irmaos Valboa. Tanto a de Jesús, fugido, como a dela própria vam dirigidas ao guerrilheiro Ponte e determinarám a sua detençom no momento em que se dirigia pessoalmente a levar um pacote de víveres para os guerrilheiros. Devido às torturas sofridas, com a sua delaçom, produz-se, nesse ano, a detençom da maioria dos guerrilheiros e apoios da guerrilha e a queda de�nitiva da cédula do PC na zona de Santiago.

O fio fica frouxo e há que continuar a esticá-lo

O rasto de Carmen, após o seu encarceramento, na prissom da Corunha e logo, na prissom de Amorabieta (EH) onde sae com liberdade condicional em Novembro de 1947, �ca apagado. A nossa heroína, apesar de ter todo este historial de implicaçom com a guerrilha e o PC em Compostela, nom aparece em ningum documento e fotogra�a no arquivo histórico da Fundaçom 10 de Março, nem na rede. Por um tempo, continuamos a colapsar o serviço de empréstimo da Biblioteca Geral e de História solicitando, dia sim, dia também, inúmera bibliogra�a de memória históri-ca para dar com umha pista dela. Ainda que temos alguns dados interessantes tirados de biogra�as diversas, por causa de umha conversa com Vítor Santidrián, o autor da História do PC na Galiza e estudoso do tema, a�nal decidimos abandonar temporalmente o per�l político de Carmen, ao nos corroborar ele próprio que nom existe material grá�co relevante sobre Carmen Valboa. Mudanza de rumo. Neste caso, viramos cara o lado pedagógico de Carmen porque além de mulher resistente ao régime franquista após a guerra, era mestra de pro�s-som.Se, em 1946, quando se produzem os factos da sua detençom, nom estava em activo, a pergunta é se após a sua libertaçom no ano 47, foi depurada de�nitivamente polo franquismo ou pode voltar reincorporar-se à pro�ssom...

Page 25: Revista MaOs nº1

25

Mais umha vez, a soluçom encontrá-mola no livro de Aurora Marco onde se nos conta que ainda que estivo depurada do magistério desde o ano 46, em 1960 pode rein-gressar, de novo, ao corpo. Os destinos: Bamiro (Vimianço) de 1961 até 1973 e Baio (Zas) de 1973 a 1980. Aproveitando essa linha, procuramos em livros da Geral e Pedagogia sobre escolas rurais em Vimianzo e Zas, mas outra vez, navigamos sem avistar horizonte nenhum. E um dia no meio do ermo bibliográ�co, os digitalizados tecnólogos habitantes da comissom, esses que têm um apêndice na mao incorporado, chamado smartphone, proponhem a ideia de colocar nas redes sociais- o Facebook- a pergunta surreal de se alguem conhece ou conheceu a Carmen Valboa, vizinha da rua, Hortas 8, Composte-la. E ainda que algumhas pensamos que se alguem sabe dela, duvidosamente o mecanismo de contacto poida ser o Facebook, já que se alguem a conheceu tem de ser alguem maior e nom usuário das redes, temos que reconhecer que uns dias depois, contacta connosco Reices, un músico do folque galego, dizendo que a sua mai foi vizinha da Carmen e da sua família nas Hortas nos anos setenta. Eureka! Por�m, aparece memória viva e nom dados isolados num livro! E assi, umha tarde de outono, conhecemos a Teresa Villar, casualmente, mestra como Carmen e residente em Vea. Teresa V. achegou-nos a umha C. Valboa com um per�l mais real e, ainda que ela desconhece os dados concretos da sua detençom, é um livro aberto sobre a intrahis-tória da família de Carmen ( O pai, os 14 �lhos Valboa...)Além de se debruçar na relaçom que tivo, naqueles anos setenta, com Carmen e o seu homem, Roberto, o que mais nos destaca é o recordo das suas vivências, como estudante do curso de Magistério na Corunha, na casa do irmao de Carmen, Jesús.Nessa tarde tam intensa, pois, aclaramos muitos vazios do album familiar de Carmen Valboa mas em certa medida, ainda que o �lme de Carmen Valboa se enriquece em narraçom, com historietas dela própria e dos irmaos, após a conversa, sentimos que devemos emprender a partir deste momento outra direcçom. Até o de agora, naviga-mos cegos pola rota de Carmen Valboa ao carecermos de planos e de imagens dela e da família. A partir deste encontro, achamos, é o momento, por encima de todo, de encher o relato com umha fotogra�a de Carmen. Esse dia, Teresa Villar fornece-nos também um dado fulcral: O distanciamento progressivo de Carmen da casa de aluguer das Hortas em Santiago, umha vez começa a trabalhar como docente.

Atirando o fio cara Baio Apesar do lançamento dum “mailing” massivo sobre a causa “Carmen Valboa” a associaçons e instituiçons culturais da zona, a única resposta que obtemos durante muitos meses é umha longa noite de silêncio. E já a ponto de desistir, um dia, umha pesquisa, por inércia, na rede, leva-nos, por acaso, a um blogue de memória histórica da Costa da Morte. Nele, surpreendentemente, achamos umha entrada sobre Benja-min Balboa que intuimos pode ter algo a ver com a nossa Carmen Valboa.Dada a extensíssima e ainda nom bem identi�cada prole Valboa pola minha parte, contacto de novo com Teresa Vilhar atravês dum mail, perguntando sobre os seus três irmaos. Em de�nitiva, aclara-me ela: “Jesús Valboa foi o que viveu comigo nossetenta ( 1974-76) quando eu estudava magistério na Corunha”. Fugido com vinte

Page 26: Revista MaOs nº1

26

anos a Cuba e logo a México, por causa da sua ideologia de esquerdas, tivo que permanecer agochado numha pensom na Corunha os primeiros meses do golpe fascista. Apesar do perigo, na sua ousada mocidade, atrevérasse a namorar nesses meses de reclusom com umha rapariga da Corunha de nome e origem eslavo que contemplava todos os dias desde a janela da sua pensom. Durante mais de trinta anos, jurárom-se amor eterno e quando ele puido voltar do seu “exílio” americano constituirom, segundo Teresa, um dos casais mais raivosamente românticos da Corunha, revivindo, dia a dia, sem trégua, o seu apaixonado amor adolescente. Alem de falar de Jesús, Teresa concreta também os nomes dos outros dous irmaos homens de Carmen, soldados da Marinha republicana: José Valboa fusilado em Cartagena e de quem, um crego lhe disse a Carmen no depósito quando foi recolher o seu cadáver: "Ahí tiene eso" e Benjamin, exilado em México por culpa da sua adesom ao bando republicano. As teclas de Benjamin Valboa em Google descobrem na janela do computador a Benjamín Balboa López, Savonarola, o�cial radiotelegra�sta de Marinha, masóm, membro da lógia Atlántida e amigo de Martínez Barrio. As peripécias do irmao de Carmen som especialmente importantes no estalido do alçamento o 18 de júlio, já que ele conseguiu interceptar as radiomensagens do bando franquista e paralizar, num primeiro momento, as tentativas do bando “nacional” de controlar o exército de mar. Graças às arriscadas acçons de Benjamim que se enfrentara mesmo aos seus superiores, o Governo da República nom perdeu o contacto coas bases navais nim com a maioria dos barcos que compunham a esquadra, impedindo, assim a passagem do estreito de Gibraltar às forças sublevadas. Numha interessantíssima biogra�a novelada sobre Benjamin Balboa dum conhecido romancista social galego, Daniel Sueiro, intitulada La �ota es roja, aparecem muitas declaraçons de Carmen, fornecendo umha semblanza do seu irmao e em geral, da família Valboa. Isso sim, estamos na mesma histéria de sempre já que em todo um livro de 400 folhas, nom aparece, por lado nenhum, umha imagem da família Valboa ou de Sueiro fazendo as gravaçons a Carmen nos setenta. E apesar de que no livro, Sueiro comenta que tem todo um arquivo com material dos Valboa ao seu dispor, nom podemos contactá-lo porque ironias do destino, Daniel Sueiro, também está morto.

Enfiando a agulha

Paralelamente, chama Teresa Villar e diz-me que conseguiu o contacto dum familiar de Carmen Valboa de Baio. Por um momento, imagino já a ansiada instantânea da mestra retaliada. Mas por se acaso, antes de chamar, olho na rede e comprovo que o familiar é um destacado dirigente político de dereitas em Baio. Fico sem palavras e resisto-me a marcar o nûmero e a continuar tirando do novelo. Se é que algo �ca já, no meio de tanto nihilismo. Como o destino dumha obra do teatro do absurdo, essa mesma semana, aparece a resposta do endereço do blogue da Costa da Morte ao qual escrevéramos pedindo informaçom. A resposta nom pode remover-me mais. Quem escreve é a esposa do autor do blogue, informándome do falecimento do seu home, acrescentando ademais que Carmen Valboa era umha tia avó dele. O que vem signi�car trasalgumha pesquisa da minha parte – esquelas e informaçom na rede- que o autor do blogue era o irmao do político de dereitas de Baio e que se ele era de esquerdas e o

Page 27: Revista MaOs nº1

outro irmao, de dereitas é consequência de procederem dumha família, polos vistos, republicana, por parte de mai e reaccionária ao mesmo tempo por parte de pai. E que quem nos poderia ajudar, por ter muito interesse pola cultura da zona e a memó-ria histórica tal e como nos demonstrou no seu impressionante blogue está morto. Fio interrumpido e mais umha vez, sem fotogra�a de Carmen. Ficam agora já mui poucas possibilidades de en�ar a agulha.

27

Page 28: Revista MaOs nº1

Baieses Como diria George Sand, na procura cara a verdade, escolhemos sempre os camin-hos mais complicados e na realidade, o atalho que deveriamos ter apanhado era bem mais singelo. Tras as instituiçons e os lugares da memória encontram-se pessoas e em Baio, a nossa verdade Carmen Valboa nom poderia ter saido nunca à luz sem a valio-síssima ajuda de Xosé Mª Lema e Jorge Mira: dous entusiastas baieses, imensamente comprometidos com o patrimônio das suas origens.Por um lado, graças a X. Mª Lema que nos situou já, de�nitivamente, na folha de rota que deviamos seguir, puidemos acceder à impressionante semblanza dumha das mulheres rebeldes de Bamiro, como el próprio nomeu a Carmen Balboa, numha entrevista do escritor à Carmen quando ela contava já com oitenta anos e estava a ponto de falecer. Com Jorge Mira, com quem conectamos graças a J. Ramom Pichel, abriuse-nos todo um aleph de memórias trasatlânticas do galeguismo do exterior ao descobrirmos, com ele, umha tarde de domingo, umha “clandestina ” biblioteca galeguista, hoje em dia, propriedade da Associaçom cultural Tabeirom, localizada nas escolas Labarta Posse de Baio e da qual, se sabia muito pouco da sua riqueza e importância bibliográ-�ca. Aquela tarde, num quarto, do qual Jorge Mira, resaltou a metáfora de estar situado justo na parede onde, no exterior, se encontrava o escudo franquista da águia, encontrámos, como crianças penetrando num jardim secreto, a impressionan-te colecçom de livros e jornáis “proibidos” de Carmen Valboa López e o seu homem, Roberto Veloso Gómez. Este casal que se conhecera noutra cena parecida à de Jesús Valboa e a sua dona, janela com janela e porta com porta, no Ceám, em Bamiro (Carmen recien estreada de mestra em Baio e Roberto, com casa azul de indiano, “recién” chegado de Buenos Aires, no ano 1956) revelava-nos, página a página da sua hemeroteca e biblioteca, toda umha vida de vencidos de esquerda galeguista, camu�ados no grisalho túnel do franquismo. Roberto fora, na realidade, o presidente das Mocedades galeguistas de Buenos Aires nos anos 50 e trouxera com ele, correspondência escondida e jornais como Loita ou Adiante onde se dava conta da actividade daquéles anos do galeguismo do exterior. No achado do arquivo Veloso-Valboa, aparecia um ronsel de fotos com Suárez Pical-ho, Alonso Rios e Neira Vilas, caixas de brochuras sobre Galeúzca, cursos de nazonalis-mo galego, toda a colecçom de A Fouce, umha primeira ediçom do Sempre em Galiza e livros de ediçiós do Castro sobre fugidos, apenas como uma primeira porta até Sementeira, A nosa Terra e os familiares de Veloso e Valboa na Corunha. Ainda �cavam mais portas e Jorge Mira seria quem nolas abriria. O rosto e a palavra da mestra de Bamiro, enlace da IV Agrupación antifranquista nos anos 40, em Compostela, emergia, por �m, para nós, permitindo começar uma página dum livro que nunca seria escrito.

28

Page 29: Revista MaOs nº1

3

Page 30: Revista MaOs nº1

Entrevista a Trespés

E N P R I M E I R A P E R S O At r e s p é s s o b r e o a u d i o v i s u a l

Page 31: Revista MaOs nº1

31

[ E N T R E V I S T A A T R E S P É S ]

Page 32: Revista MaOs nº1

32

Trespés Soc. Coop. Galega traballa desde a cultura, o social e o ambiental para contri-buír á mellora da sociedade. O seu ámbito de actuación é Galiza, e cun equipo multi-disciplinar e creativo desenvolve iniciativas que se materializan en traballos que van desde a recollida de toponimia até actividades de educación e sensibilización nas escolas ou a produción audiovisual. Sobre este último eido, falamos con eles.

• A primeira pregunta parece obrigada. Por que escollestes o audiovisual como medio de traballo para mellorar a sociedade?Entendemos que para a produción de contidos, o audiovisual aporta algunhas vanta-xes en comparación con outros soportes, as máis delas vinculadas con maiores posibilidades de difusión, e tamén no referido ao tratamento dos propios contidos. O audiovisual facilita visibilizar dun xeito sinxelo a través da imaxe un contexto comple-xo. Non podemos obviar que vivimos nunha sociedade onde a imaxe está substituín-do, ou substituíu xa, a outras formas de transmitir información.

• O voso primeiro traballo audiovisual foi Por que non cantades todas, en 2014. Pode-des presentárnolo?É un traballo que se centra nun grupo de mulleres dunha aldea galega e o seu víncu-lo coa música tradicional. Foi un traballo que realizamos na zona de Zobra en Lalín a partir dunha encomenda da Comunidade de Montes da parroquia que quería preser-var a memoria destas mulleres e entendían que recoller as súas memorias a través do audiovisual podería ser unha boa opción para que os saberes que estas mulleres tiñan se puidesen preservar. Gústanos destacar como a música estivo incorporada na vida destas mulleres do mesmo xeito que traballar, comer, dun xeito natural. Na súas mocidades vivían a música como axentes participativos e non como a maioría de nós que somos consumidores de música, imos a concertos e comprarmos cds, somos axentes pasivos. Aprender a tocar facíase por que era preciso para artellar os espazos de lecer, pois non se contrataban grupos. As pandeiretas comprábanse entre todas e na aldea había unha ou dúas. Aprendían con pratos de porcelana. E mesmo agora na súa vellez a música ten, tamén, un papel importante, case como un elemento tera-péutico, pois quedar para tocar no centro social supón romper as rutinas e esquecer un pouco o día a día coas súas doenzas, problemas.

Page 33: Revista MaOs nº1

• Un ano máis tarde, en 2015 estreastes En todas as mans, pero levabades xa anos traballando sobre el. Podedes contarnos como foi o proceso?En todas as mans comezou como un desexo, dar visibilidade a unha realidade, a dos montes veciñais, que entendíamos non se facía visíbel máis alá das edicións locais dos xornais. Iniciamos o proxecto xa hai catro anos, tiñamos claro que o propio proceso do documentario, procurar �nanciamento, avanzar na de�nición nas histo-rias a contar, gravar, debía de servir tamén para atinxir un dos obxectivos que nos marcamos, dar visibilidade a esta realidade. Por iso, entendíamos todo isto máis como un proceso que como un proxecto en si. En parte, coa difusión estábamos a crear o público do documentario. O �nanciamento era un pé vital de todo o que queríamos, o documentario �nal que queríamos obrigábanos a un esforzo económi-co, queríamos gravar cunhas condicións técnicas que supuña contar cunha equipa mínima, que deberíamos mover por diferentes localizacións. Ao tempo debíamos ir per�lando as historias, coñecer máis a realidade que queríamos mostrar, coñecemos proxectos, visitamos diferentes comunidades, falamos con xente da universidade. Case que �xemos un mestrado en montes veciñais.

• Chamounos a atención que ambos os traballos teñen a palabra todas no seu nome. Simple coincidencia?Pois en verdade, é un feito no que non tiñamos reparado. Si, simples coincidencia.

• En ambos os casos contastes coa mesma directora, Diana Toucedo.Si, Diana é unha cineasta galega que xa coñecíamos pois é tamén de Redondela, aínda que agora mora e traballa en Barcelona. Cando estábamos a encetar a pre-produción de En todas as mans, falamos con ela, pois pensábamos que podería achegar a súa bagaxe e o seu xeito de traballar ao proxecto, e que este ía se ver acrecentado coa súa participación. Non nos equivocamos. A incorporación de Diana permitiu que tanto a proposta narrativa como o abordamento técnico atinxira os obxectivos que nos marcamos.

33

Page 34: Revista MaOs nº1

34

• Malia ter temáticas ben distintas, ambos os filmes gardan relación clara e directa co rural. Por que pór o foco sobre el?Un dos elementos que nos de�nen como cooperativa é focalizar parte do noso traballo sobre os territorios, avaliando as súas potencialidades, dinamización os seus recursos, difundindo os seus patrimonios e realidades. Nesta idea, cremos que moitas das solucións aos problemas que enfrontamos no mundo pasan por reverter proce-sos, voltar ao local, ao próximo, así é como entendemos o rural como oportunidade e non como problema. Entendemos que moitas das potencialidades destes territorios aínda están aí sen aproveitar, e cando dicimos aproveitar non nos referimos só a un aproveitamento económico, senón tamén aos aproveitamentos sociais, ambientais. Despois está tamén a cuestión do valor patrimonial que lle damos ao rural. Entende-mos este patrimonio como dinámico, que se transforma como se transforman as propias sociedades, mais si que certa carga negativa que se propagou sobre ese mundo signi�cou un serio risco de desaparición para eses patrimonios e saberes. É verdade que en moitas ocasións como sociedade priorizamos a salvagarda do obxec-to, o material fronte aos saberes e coñecementos. Por sorte aínda temos viva unha xeración que garda uns saberes e coñecementos sobre o noso rural que é preciso recoller, non como antigüidades, mais si como coñecemento de alto valor para ese novo rural que desexamos para o noso país.Para todo isto tamén é fundamental que como sociedade nos queiramos algo máis. Non somos especiais, nin mellores nin peores que outros, mais levamos anos cunha grande carga enriba, froito de moitas cuestións históricas, sociais. Cumpriría virar isto.

• A participación popular marca moitas das producións audiovisuais que se desenvolven no rural. Esta frase extraída dun artigo de Germám Ermida en Cultura Galega nos pareceu moi acaida para os vosos traballos. Por que optar pola participación no rural?No noso caso porque entendemos os nosos proxectos desde a lóxica da participa-ción. Cremos que unha maior implicación das persoas dos territorios onde traballa-mos repercutirá nun maior bene�cio do propio proxecto e da propia sociedade. No xeral, ese modelo de produción tal vez aconteza motivado por ser proxectos auto-xeridos, de proximidade, que en ocasións xorden das propias comunidades locais.

• Agora si. Podedes presentarnos En todas as mans?É un �lme coral que se achega a unha realidade que marca grande parte do noso territorio. Son historias de persoas que traballan por mellorar os territorios que habitan e que utilizan unha ferramenta para conseguir estes obxectivos, o monte veciñal. Son as súas voces as que ouvimos, a de Samuel, Henar, Luís, Eugénia, Alex, Isaac. Era tamén de xustiza. Despois de que se encetara o proceso de devolución dos montes veciñais ás comunidades, hai xa máis de corenta anos, eran escasos os traba-llos audiovisuais que deitaran a súa ollada sobre este mundo. Preguntamos que estaría acontecendo, que proxecto se desenvolvían. E en verdade topamos unha realidade moi dinámica, con forza, cunha forza que conmove. Queríamos que este traballo fose un recoñecemento para elas e eles, que sentirán orgullo de poder ser comuneiras e comuneiros. Despois que a propia sociedade valorase isto como o que é, un patrimonio cultural imaterial, pois realmente é o que é, unha forma propia de xerir os territorios, unha institución propia que permaneceu mesmo contra a vontade da Historia.

Page 35: Revista MaOs nº1

35

Das cousas máis lindas que nos dixeron por parte da xente que xa visionou o docu é que ao acabar un ten desexos de se meter nunha comunidade de montes, de partici-par. Con cousas así, nós sentimos que en parte os obxectivos foron atinxidos.

• Unha das cousas que máis interesantes nos pareceu a nivel de produción de En todas as mans foi a busca e �nanciamento a través do crowfunding. Como foi a expe-riencia? Supomos que, como todo, o crowdfunding terá cousas boas e malas. Para quen comeza, xa sexa no audiovisual ou noutro espazo, mover proxectos é aínda máis difícil que para que leva anos nesa actividade. Hai que loitar contra un mal, a descon�anza de que sexas capaz de facer o que pretendes facer. Nós tivemos que batallar contra isto. De feito marcamos dúas fases no proxecto, antes e despois da primeira fase de gravación. Cando arrancamos realizamos un grande esforzo para conseguir o �nanciamento, máis das que en principio pensabamos. Tal vez pecamos de optimistas. Lanzamos unha campaña propia de �nanciamento colaborativo a través da nosa páxina e contactamos con administracións, entidades, comunidades de montes. O �nanciamento ía chegando lento. En parte consideramos que certasreticencias viñan motivadas por esa descon�anza ante quen non era coñecido. Nós queríamos un documentario cunhas calidades técnicas e narrativas máis próximas do cinema que do televisivo. É iso era o que presentábamos en documentos ou en xuntanzas. Con resultados lentos, como dicíamos. Por iso, cando tiñamos a metade de �nanciamento decidimos desenvolver parte da gravación para avanzar no proxec-to. O material desa primeira fase permitiunos contar con material que podíamos mostrar e que mostraban o documentario que queríamos facer, e si que percibimos unha mudanza na valoración do traballo. Cremos que o éxito da campaña de crowdfunding nunha plataforma, en parte foi por esta cuestión. Outro dos motivos foi, ao noso entender, a visibilidade que o proxecto xa tiña despois de tres anos de presenza nas redes sociais, en presentacións do proxecto en xornadas, nos medios de comunicación.

• Botando un ollo a diferentes clasificacións de documentais, hai varias palabras que nos parecen encaixar con En todas as mans. Son as seguintes: social, etnografía, reivindicación, pedagóxico e informativo. Concordades?Si, son etiquetas coas que concordamos. De�nen elementos que están presentes no propio traballo dun xeito ou doutro, aínda que en verdade sempre tivemos dubidas sobre onde encaixaría este documentario.

Page 36: Revista MaOs nº1

36

• Como se distribúe un audiovisual de produción propia?En verdade, con moito esforzo. Mais do que podíamos pensar. Un dos maiores peri-gos para os traballos audiovisuais é que unha vez rematados non se vexan. Non son poucos os proxectos que tiveron este problema. Nós tiñamos claras algunhas cousas, unha delas era que tan importante como facer o esforzo por sacar adiante o proxecto e ter o documentario, ía ser que ese esforzo non �case inútil e cumpría facer o posíbel por que o traballo chegase á xente. Hoxe podemos dicir que case 2000 persoas asistiron a algún dos pases que se teñen feito. Esperamos que esta cifra sexa maior nos próximos meses. Até o de agora os mecanismos de distribución foron proxec-cións en Galiza e Portugal, venda de dvd's. Para a súa distribución internacional estamos negociando cunha distribuidora, e que contempla entre outras vías a distri-bución a ravés dunha plataforma de visionados online, con esa idea preparamos lexendas en inglés e español para o documentario.

• Para pechar, podédesnos contar se tedes en mente algún novo traballo audiovisual?Ideas de proxectos sempre hai, aínda que nestes momentos estamos centrados na difusión de En todas as mans que non é pouco.

Page 37: Revista MaOs nº1
Page 38: Revista MaOs nº1

4propostas inspiradoras

E N P O S I T I V Om o v é m o n o s . . . s e n c a r r o !

Page 39: Revista MaOs nº1

39

Pódese, vivir sen coche? Contestar “si” pode ser unha resposta militante, pero tamén realista? A cultura do automóbil está asentada no noso imaxinario e sostense, entre outras, sobre as di�cultades que a xente atopa para desprazarse a cidades e vilas, e moito máis para se mover entre aldeas ou parroquias.

En concreto na Galiza, onde se dá unha forte dispersión da poboación á vez que hai unha tendencia alcista de xente que vive no rural pero traballa na cidade, o transpor-te é o un dos grandes desafíos para a sustentabilidade do país. Reverter unha situa-ción na que os carros nos levan a traballar, ao centro médico, ao colexio, etc. implica-ría desmontar a idea, pero sobre todo a realidade, na que o automóbil parece ser o medio máis cómodo para desprazarse.

Moitas entidades públicas e iniciativas cidadás están a traballar e apostar por alterna-tivas de mobilidade. A seguir recollemos catro propostas de éxito que levan anos funcionando.

1Camiños escolaresOs camiños escolares son só unha alternativa de transporte sustentable e un xeito de fomentar a autonomía das crianzas. Detrás de que vaian a pé á escola adoita haber un plan integral que se visualiza en adhesivos e/ou persoas voluntarias que vixían pero que abrangue a redución de velocidade dos automóbiles en determinadas zonas así como o trazado dos percursos máis seguros para as crianzas. Cidades como Pontevedra e máis recentemente Compostela e Ourense xa van a pé.

Page 40: Revista MaOs nº1

40

3

4

2Carro compartidoA rede e as redes que nela se tecen son unha transposición da realidade de carne e óso, e ofrecen unha moi interesan-te xeito de organizarse e incluso auto-organizarse para compartir carro, sobre todo para viaxes esporádicos de longa distancia e habituais de media distancia.

Un autobús de mercadoríasO Kombibus de Brandeburgo aproveita o transporte público -as estacións, o persoal, os vehículos e a liña de paradas- para o transporte de mercadorías e bens comer-ciais. Algo que aquí se viña facendo á peque-na escala desenvolveuse nesta cidade impli-cando as empresas, sobre todo de zonas periféricas e rurais. Os bene�cios adicionais que supón o transporte de mercadorías e bens axudan a estabilizar o servizo de trans-porte público e, en casos, mesmo a ampliar a cobertura territorial.

Transporte baixo demandaNa localidade grega de Ioánina púxose en marcha o autobús baixo demanda. Até a introdución deste servizo, os pasaxeiros só podían empregar as paradas prede�nidas ao longo da ruta. Desde 2006 déuse-lles a posibilidade de subir e baixar noutros lugares, só facendo unha sinxela reserva mediante chamada telefónica e sen que supuxera un custo adicional para quen viaxa. Isto supuxo una aumento no uso do autobús. Un ano máis tarde en varios concellos de Galiza se puxo en marcha o Chama ó bus, cuns resultados irregulares.

Page 41: Revista MaOs nº1
Page 42: Revista MaOs nº1

Un lugar na axendapara o cinema etnográ�co

R E C O M E N D A M O S

Page 43: Revista MaOs nº1

43

u n l u g a r

n a a x e n d a p a r a :[ O C I N E M A

E T N O G R Á F I C O ]

Page 44: Revista MaOs nº1

44

O cinema etnográ�co permítenos achegarnos a realidades cotiás ou extraordinarias do noso arredor ou de fóra del. Facilítanos poder coñecer formas de vidas, tradicións, costumes, persoas, lugares; viaxar a través do tempo e do espazo e vivir, por momen-tos, a vida doutras persoas. Nós quixemos, neste caso, revisar diferentes propostas feitas en Galiza, unha pequena presentación de dez historias máis ou menos actuais que para nada pretenden ser representativas de todo o que bon facer neste ámbito. Historias que falan de temas tan diversos como o monte, o lecer, a industrialización, a emigración, as fronteiras, os traballos, a memoria. Historias todas elas que ben mere-cen que lle reservemos un lugar na axenda.

Días de reparto Jorge Coira e Iker Borrieta (2010)

Neste documental amósase a vida e o traballo de Felipe, un vendedor que cada día lles leva na súa furgoneta os alimentos e os produtos básicos ás persoas con di�culta des para comprar. No entanto, non son exclusivamente mercadorías o que Felipe leva na súa furgoneta, por a partir de aí xorden relacións humanas que levan o traballo de Felipe máis alá da venda de mercadorías. Podedes ver o trailer.

En todas as mans Diana Toucedo (2015)

Este documental saca á luz a historia dos montes veciñais. Esta forma de xestión do monte, que se mantén en Galiza e en Portugal (coñecidos como baldíos), representa en Galiza 700.000 ha, o que supón preto do 25% da super�cie galega. Ao longo da historia, os montes veciñais e os baldíos sufriron o intento de usurpación por parte das diferentes administracións. O último destes intentos foi durante o franquismo e o salazarismo, o que orixinou un con�ito coa veciñanza dos lugares que rematou coa devolución aos seus lexítimos propietarios. Estas devolucións comeza-ron hai agora corenta anos. Podedes ver un adianto.

Page 45: Revista MaOs nº1

45

Da regueifa ao rap Helena Villares e Pilar Pérez (2008)

Helena Villares e Pilar Pérez buscan amosar as conexións de regueifeiros e rapeiros galegos. Protagonizado por Pinto de Herbón, Luís Caruncho e Dios ke te crew, este documental narra a historia e a evolución da regueifa na cultura popular galega, así como do mundo do rap e o hip-hop no panorama musical galego dos últimos anos.

Ciclo combinado Sabela Pernas Soto e Nuria Castro Prieto (2006)

Sabela Pernas Soto e Nuria Castro Prieto analizan nesta peza de 12' a situación socioeconómica do lugar das Pontes, antes e despois dunha revolución industrial suscitada pola implantación dunha central térmica acompañada dunha mina de carbón a ceo aberto. Pódese ver completo.

Galeg@s Universais. Historias do Mar Lukas Santiago (2010)

O mar é parte da nosa vida. En Galeg@s universais. Historias do mar relátanse as lembranzas dun mariñeiro xubilado que comezou a ir ao mar por necesidade nos anos da fame, que estivo embarcado na Terranova, conta a dureza dos traballos e do día a día e como, aínda así, segue a manter a súa relación co mar e conserva o barco co que xa de maior faenou na ría da Arousa. Pódese ver un adianto.

Em companhia da morte Filmes de Bonaval (2011)

Este documental narra a estreita relación que existe entre a vida e a morte e presén-taa desde unha perspectiva afastada da nosa realidade, de hospitais e tanatorios. Filmada en Castro Laboreiro, Em companhia da morte rompe o silencio sobre a morte das sociedades urbanizadas e mostra outra maneira de enfrontala.

Bs. As. Alberte Pagán (2006)

Bs. As. é unha película sobre a emigración a Buenos Aires e a relación co Galiza. Nela amósanse as miserias, a dor, as traxedias, os traumas, as di�cultades que conviven coa emigración. Ver.

Page 46: Revista MaOs nº1

46

París #1 Óliver Laxe (2008)

Un grupo de amigos viaxan a Galicia e gravan cousas que lles gustan, sen máis. Buscan que as imaxes sexan as transmisoras das emocións e sentimentos que xorden da relación que manteñen coa xente no seu camiño. Pódese ver.

A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao Encarna Otero (2014)

Historia da mina de volframio da Brea e das persoas que traballaron nela. No ano 1939 chegou a ser unha das grandes minas mundiais que abastecían os exércitos aliados e alemáns, que cobizaban este apreciado mineral para a armamento. Minei-ros, contrabandistas, mulleres ás que non se lles permitía traballar nas galerías e na fábrica pero si no lavado e separación do mineral, e mesmo presos represaliados do réxime franquista traballaron á procura do volframio. Co tempo, en 1950, construiría-se o poboado de Fontao. Este título fai parte do proxecto Memorias de vida en vivo da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, unha produción que se levou a cabo coa colaboración da Asociación Veciñal Minas da Brea.

Avión, a aldea ausente Marcos e María Hervera (2012)

O concello ourensán de Avión pasa de ser un conxunto de pequenas aldeas marca-das pola miseria e, como consecuencia, a emigración masiva a ser recoñecido polo triunfo da súa veciñanza na emigración a América, especialmente a México. No entanto, detrás do éxito, da abundancia económica das grandes mansións e dos coches de luxo, agóchase a dor da emigración, das despedidas, das familias separa-das, da tristeza de estar lonxe da terra.

Page 47: Revista MaOs nº1
Page 48: Revista MaOs nº1