REVISTA NO LÍMITE

44
NO LÍMITE NO LÍMITE NO LÍMITE No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite 2008—2009 nº 15 ÍNDICE A voar………………………….…………………..2 Limiar………………….. ………………………....3 Aqueles marabillosos anos…………………………...4 O longo camino………………………………….....5 Entrevista a Xabier Xil……………………………....6 Lendas da bisbarra 1.………………………………..8 Lendas 2 / Visitas con encanto……………………….9 Ao rescate das voces que se están perdendo………….10 Toponimia da Limia………………………………..11 Sesións de cinefórum...…………………………….12 Folga estudiantil……………………………………13 Excursión a Madrid………………………………...14 Relato……………………………………………..15 Remedios caseiros…………………………...….... 18 Colaxes e caligramas…………………….………....22 Resucitando a Ofelia……………………………….24 Encontros literarios……………………………..... 25 Sarmiento………………………………………....26 Receitas…………………………………………...27 Barak Obama………….…………………………..28 Mulleres na ciencia………………………………...29 Nihil sub sole…………………………...…….…...30 Viaxe a Roma - Florencia…………………………...31 Recomendacións literarias…………………………..33 Frases célebres……………………………………..34 Creacións e recreacións literarias…………….……...35 Enquisa …………………………………………...39 25 de Abril: Revolução dos cravos …...…………......40 Un tipo de vida inmigrante……………………….... 41 Viaxe a Lodoselo. ………………………….….…...43 Magosto en Lodoselo...………………………...…...44 EDITA ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística) do IES Lagoa de Antela MAQUETACIÓN E COORDINACIÓN Carmen Gómez PORTADA Deseño: Sara Vázquez / Colaxe: Isabel Fernández CONTRAPORTADA Deseño: Carmen Gómez / Máscaras africanas DESEÑOS Antía Valbuena e Iván Pérez COLABORARON Antía Pousa Vanesa Rodríguez Raquel Vázquez Elísabeth Lamas Esther Losada Paula Limia Ana Barxa Carlos Rodríguez Sonia Míguez Alba Morán Lucía Bolaño Yolanda Doliveira Fatima Fathallah Cándido Paniagua Victoria Feijóo Esther Álvarez Isabel Fernández Miguel Carballo Andrea Marques Laura GarcíaIsabel García Rosa de Ávila María Fernández Uxía Nogueira Álex Pires E tamén: o club de lectura de 1º de BAC, alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC e A Veróni- ca, Maimuna, Manuel, David, José Luis, Óscar, Jonathan e José Manuel.

description

revista do IES Lagoa de Antela

Transcript of REVISTA NO LÍMITE

Page 1: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

ÍNDICE

A voar………………………….…………………..2

Limiar………………….. ………………………....3

Aqueles marabillosos anos…………………………...4

O longo camino………………………………….....5

Entrevista a Xabier Xil……………………………....6

Lendas da bisbarra 1.………………………………..8

Lendas 2 / Visitas con encanto……………………….9

Ao rescate das voces que se están perdendo………….10

Toponimia da Limia………………………………..11

Sesións de cinefórum...…………………………….12

Folga estudiantil……………………………………13

Excursión a Madrid………………………………...14

Relato……………………………………………..15

Remedios caseiros…………………………...….... 18

Colaxes e caligramas…………………….………....22

Resucitando a Ofelia……………………………….24

Encontros literarios……………………………..... 25

Sarmiento………………………………………....26

Receitas…………………………………………...27

Barak Obama………….…………………………..28

Mulleres na ciencia………………………………...29

Nihil sub sole…………………………...…….…...30

Viaxe a Roma - Florencia…………………………...31

Recomendacións literarias…………………………..33

Frases célebres……………………………………..34

Creacións e recreacións literarias…………….……...35

Enquisa …………………………………………...39

25 de Abril: Revolução dos cravos …...…………......40

Un tipo de vida inmigrante……………………….... 41

Viaxe a Lodoselo. ………………………….….…...43

Magosto en Lodoselo...………………………...…...44

EDITA ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística) do IES Lagoa de Antela

MAQUETACIÓN E COORDINACIÓN Carmen Gómez PORTADA Deseño: Sara Vázquez / Colaxe: Isabel Fernández

CONTRAPORTADA

Deseño: Carmen Gómez / Máscaras africanas

DESEÑOS Antía Valbuena e Iván Pérez COLABORARON Antía Pousa Vanesa Rodríguez Raquel Vázquez Elísabeth Lamas Esther Losada Paula Limia Ana Barxa Carlos Rodríguez Sonia Míguez Alba Morán Lucía Bolaño Yolanda Doliveira Fatima Fathallah Cándido Paniagua Victoria Feijóo Esther Álvarez Isabel Fernández Miguel Carballo Andrea Marques Laura GarcíaIsabel García Rosa de Ávila María Fernández Uxía Nogueira Álex Pires E tamén: o club de lectura de 1º de BAC, alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC e A Veróni-ca, Maimuna, Manuel, David, José Luis, Óscar, Jonathan e José Manuel.

Page 2: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

AA VV

OOAA

RR!!!!

Page 3: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Comezamos este ano 2009 con neves e moito frío. Dí a sabedoría popular que ano de neves,

ano de bens. Esta será a única esperanza frente a unha crise económica que, segundo os expertos,

non tocou fondo.

Alá polo 1 de marzo tamén cambiou o goberno da Xunta de Galicia.

En Ciencia, xa en setembro do 2008, púxose en marcha un dos proxectos que moitos dín que é o

máis importante da Historia: o CERN ( Centro Europeo de Investigación Nuclear), que contén o

acelerador de partículas máis grande do mundo o LHL e no que participan científicos de moitos paí-

ses.

A súa posta en marcha supón a maior revolución tecnolóxica coñecida dende onde se pretende

dar resposta a cuestións tales: que é a materia?, cal é a súa orixe?, como permanece unida formando

obxectos tan complicados como as estrelas, os planetas ou os seres humanos?.

Do mesmo xeito que a edificación das grandes catedrais góticas fixo avanzar as técnicas de deseño

e construción, a física de partículas imprimirá un gran avance tecnolóxico en moitos campos: dende

a medicina e os tratamentos contra o cancro ata a protección do medio ambiente ou a informática.

Este ano 2009 tamén é o Ano Internacional da Astronomía que conmemora os 4 anos transcorri-

dos dende que Galileo mirou o ceo por primeira vez cun telescopio. 20 Maio: Día Internacional da

Astromonía.

Non obstante, para quen escribe estas liñas, este ano vai ser o ano do cambio, pois o curso que

vén marcharei coa Física e a Química cara a outra parte.

Hai case 16 anos que cheguei a Xinzo de Limia, a este instituto, daquela chamábase I.B. Mixto.

Teño que recoñecer que foron tempos duros, pero o principio físico da tendencia de todos os pro-

cesos a adquirir a mínima enerxía, fai que recorde moito máis o bo, e dende logo fomos moitos

anos bos os que tiven neste meu centro.

Ao longo destes anos, foron moitas as vivencias e as aprendizaxes que fixeron que medrara como

profesora e como persoa, vinme rodeada de compañeiros/as e amigos/as, e na súa compaña tratei

sempre de facer un traballo honesto.

Foron moitas alumnas e alumnos os que pasaron por estes laboratorios e nos que pretendemos

inculcar curiosidade e, por que non?, querencia pola Ciencia. Non pensedes que este obxectivo é

cativo ou simplista. Sempre me alegrei cando algún de vós expresabades curiosidade e queriades

saber máis.

Hai quen di que só se pode entender a Limia vivindo nela. Eu non vivo aquí, pero son limiá por

sentimento, e este “I.E.S Lagoa de Antela” é e será sempre o meu centro.

Quero darvos as GRAZAS con maiúsculas a todos ( non podo escribir todos os vosos nomes, e

teño medo de esquecer algún), aos que agora estades no centro e aos que estiveron e xa marcharon

por todos estos anos que para min foron tan importantes e que gardarei na miña memoria con

moito cariño.

Unha aperta

Isabel

Page 4: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Para os alumnos e alumnas de 2º de

BAC facer unha pequena composición conme-

morando o seu paso polo instituto estase a con-

verter nunha tradición. Mais nesta ocasión gus-

taríame levar a cabo isto dende unha perspecti-

va un pouco máis persoal, falando das miñas

primeiras impresións, dos primeiros fracasos,

dos primeiros éxitos, dos primeiros amoríos, que

non han de ser moi diferentes dos vosos.

Finais de setembro, 8:30 a.m , os ner-

vios poden co cansazo e o corazón palpita tan

rápido e forte coma nunca antes… Atopámonos

unha morea de cativos nun salón de actos espe-

rando a que se produza a “inauguración” do

noso paso da nenez á adolescencia…Todos mi-

ramos cara todos sen saber que dicir ou que

pensar, só desexando que nos toque na aula con

alguén coñecido, así o trago non será tan

amargo…Entra no salón de actos un home serio,

que impón respecto, explícanos unha serie de

normas que nunca, nunca pero nunca podemos

incumprir. Logo comezan a asignarnos ás nosas

correspondentes aulas…Nerviosa, temo o mo-

mento no que dirán o meu nome, poreime en

pé e unha multitude de ollos fixará a súa mira-

da en min. Pasado este trago, dirixímonos á

nosa aula, 1ºc.

Nas primeiras semanas o cambio foi

difícil, o horario, as numerosas materias, os

exames… Mais co tempo afixémonos a esta no-

va vida…

No segundo ano xa non foi todo novo,

sabía o que me esperaba polo que os nervios

minguaron. Porén, co cambio de edificio en 3º,

o estudo de novas materias como física e quí-

mica e os cambios propios da adolescencia

fixeron que as cousas non fosen coma nos

dous anos anteriores. Comezaba así outra eta-

pa na que, paulatinamente, todo se ía compli-

cando. No último ano de educación obrigatoria

xa non quedaba nada dos anteriores anos vi-

vidos. O estrés dos exames, os amoríos que re-

volucionaban as hormonas e o estudo de algo

que detestaba, que sentía que non era “o meu”

fixeron que vivise un ano un tanto complicado.

Co comezo do bacharelato introducí-

ame na última etapa, o medo de converterme

en universitaria xa percorría o meu corpo, ese

medo ó descoñecido non era cousa nova, viví-

rao noutras ocasións e sabía que volvería senti-

lo no futuro.

Estes dous anos están sendo duros

para min pero os esforzos realizados producen

os seus froitos. Todos os sacrificios que fago sei

que me benefician no presente e me beneficia-

rán no futuro. Sinto que é gratificante porque

todo o que estou a facer é porque eu quero,

porque teño a posibilidade de estudar o que

me apaixona; aprender a lingua da que provén

o galego, comprender o que transmite a Ve-

nus de Cnido, por exemplo, entender o pensa-

mento dos primeiros filósofos ou estudar a súa

complicada lingua.

Sei que non é doado pero pensade

que todo o que vale a pena require o seu esfor-

zo, pensade que na actualidade temos o privi-

lexio de poder estudar todos e cada un de nós

e iso. Iso non ten prezo. Aproveitade estes anos

que vos aseguro serán inesquecibles.

Antía Pousa

Es

te

s m

ar

ab

illo

so

s a

no

s

Page 5: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O longo camiño!!

O luns 16 de marzo as 10:30 había un coche de

liña esperándonos na porta do instituto. Para que? Os

alumn@s de 1º de Bach. e 4º ESO (Div.) tiñamos unha

saída na zona dos Blancos.

A viaxe ata Covas estivo moi animada pola música,

notábase que a xente devecía por chegar. Unha vez alí

comezaron os problemas, que persoas ían levar os sa-

chos? (Os profesores por suposto que non!) Emprende-

mos o camiño baixo un sol abrasador e, que nos espe-

raba ante os nosos atónitos ollos? Unha interminables

subida! Na primeira curva presentóusenos o noso

acompañante, Santos. Explicounos que iamos realizar a

ruta que prepararan, para que a xente paseara polo

monte e coñecese a paisaxe da zona, que constaba de

40 km. pero tranquilos que nós só fixemos 15 km. Polo

camiño informounos da importancia do piñeiro albar

para a recuperación do solo e o que tardaba en arder

cando se iniciaba un incendio, as causas e consecuen-

cias destes e os métodos que se empregan para a súa

extinción. Fixemos un alto para plantar as árbores que

trouxeramos. Por fin lle demos uso os sachos! (Aparte

da competición que montaramos, gañaba quen lle car-

gase o sacho a outra persoa máis rápido) despois de

demostrar os nosos dotes sachando continuamos

para buscar un lugar onde comer (que tanto traballo dá

fame).

Paramos a comer nun mirador, observamos unha

gran variedade de menús que ían dende bocadillos de

mortadela ata empanada, croquetas e uns deliciosos

doces caseiros (que os profesores tamén degustaron

porque hai xente moi “pelota”). Despois de xantar fixé-

moslle caso ao mirador, onde algúns de nós puidemos

observar a nosa aldea (Sarreaus, Solveira...) e Santos

contounos como eran as batidas dos lobos que organiza-

ban as diferentes aldeas da zona. Continuamos a nosa

marcha co estómago cheo e o sono rodándonos, dirixí-

monos a un alto onde admirar a paisaxe e poder ver o

Penedo da Raíña Loba.

Comezamos o retorno cansos (e acalorados!) e che-

gamos ao paraíso, que tiña forma de zona sombreada e

unha fonte con auga fresca. Enchemos as nosas cantim-

ploras. Chegados a este punto os profesores avisáronnos

de que tiñamos que facer 5 km nunha hora (non daba-

mos creto pero o feito de que fose todo baixada consolá-

banos moito). Para cumprir co tempo imposto tomamos

un atallo pouco frecuentado (cheo de toxos e silvas!).

Medios mortos (Lamas, acúdenos!) chegamos ao coche

de liña. HORROR!!! Faltábanos un sacho!!! (adiviñades

de quen era a culpa?) Desta volta, na viaxe palpábase o

cansazo. Só había mostra de interese nos aloumiños que

algúns estudantes se intercambiaban.

Cando chegamos ao instituto disolvémonos con

discreción.

Raquel Vázquez e Elisabeth Lamas

Unha vez alí comezaron os problemas, que persoas ían levar os sa-chos? (Os profesores por suposto que non!)

Page 6: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Nacín e vivín en Morgade toda a vida, entre as car-balleiras do monte das Lagas. Alí pasaba as tardes todas canda o meu avó ou o meu bisavó no monte, botando a pacer as vacas. A miña mai case nunca me deixou ir enredar cos outros nenos ata que fun mo-zote, así que ese é o meu mellor recordo de infancia. Un moi bo recordo, por certo.

E os anos que pasaches no instituto? Que destaca-rías desa etapa?

O instituto é un lugar cheo de significación para min, como seguramente para todas e todos. Nel comezas a sentirte medrar case por primeira vez, e nótaste mudar constantemente. Obsesiónaste coa mudanza e tentas atoparte, case amarrarte porque te sentes fuxir e non sabes ben para onde... e así será o resto da vida. Cando estás nel pensas que é un punto de chegada. Despois decátaste de que é un punto de partida e que xa non hai volta atrás. Do meu paso polo instituto destacaría o matraquillo, os bocadillos

de lombo con queixo e as aulas pola tarde en prima-vera coas xanelas abertas e o aire fresco ventilando a voz das profesoras.

Cando te decataches da túa vocación para a poe-sía?

A vocación é algo que seica teñen os curas e as monxas. O resto temos ganas e vontade de facer cousas. E a min sempre me gustou contar historias, a quen non lle gusta contar historias?, é algo que facemos desde que aprendemos a falar. E a poesía non é máis ca un xeito de contar historias pero doutra maneira. Con ela os recursos da linguaxe póñense ao teu dispor para que tentes comunicar o que tu queiras como tu queiras, por iso a poesía se di que é liberdade, porque é pura creación e as

Xabier Xil Xardón naceu en Morgade, e estu-

dou filoloxía galega. Vén de recibir o premio

“Eusebio Lorenzo Baleirón”, e puxémonos en con-

tacto con el para coñecer este compañeiro limiao.

Onde pasaches a túa infancia? Como recordas

os teus anos de neno?

normas, se o intentas, practicas e lle pos entusiasmo, ás veces es capaz de pólas tu.

Que te levou e quen te animou a escribir para os de-

mais?

Pois supoño que me levaron, nun principio, as ganas de contar cousas, como xa che dixen, e despois esa satisfac-ción plena que se sente ao crear algo a partir das ideas, con máis ou menos valor para os demais, pero crealo. Co tempo decátaste de que todo na ficción é posible, que a creación podería ser ilimitada, e xa non hai volta atrás. Por outra banda, o incentivo máis grande para seguir escribindo dámo a xente que me quere e me anima a seguirlle dando, e tamén as miñas compañeiras e compañeiros das Redes Escarlata. Tamén a lectura é unha fonte de alento. Lendo decátaste de todo o que che queda por aprender, por saber dicir, por transmitir.

Ler é para min un incentivo constante para seguir escribindo.

Que intentas transmitir ou expresar coa túa poesía? Acho que o motor de todo canto fago é a ansia de desenmascarar o espectáculo que nos venden todos os días como realidade, a perda, aparentemente irreversible, dos sinais de identidade que nos fan humanos (cultura, idioma, idiosincrasia, etc.). Afondar nas miñas propias contradicións... abrirme en canal, gústame dicir, saber como funciono para atallar mellor a enfermidade. O capitalismo é un monstro voraz que non só o engule todo, senón que te fai acreditar en que, se queres, tu tamén podes chegar a ser un engulidor de

o motor de todo canto fago é a ansia de desenmascarar o espectáculo

que nos venden todos os días como realidade, a perda, aparentemente

irreversible, dos sinais de identidade que nos fan humanos

Page 7: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

recoñecido prestixio. É a barbarie racionalizada e servida en bandexa de prata: uns poucos comen dela, outros poucos máis arrabañamos os restos e todos os demais, que son a maioría, con sorte roen os ósos. O capitalismo e, no noso caso concreto, o imperialismo español, son os meus mellores aliados á hora de me motivar para escribir.

Algún escritor ou algunha corrente literaria inflúe na túa obra? Por que?

Pois seguramente moitas, máis das que eu recorde seguro. Vaia, por deixar nómina dalgunhas lecturas de poesía preferidas, por falar de xente en activo, direi Chus Pato, Ferrín, Antonio Gamoneda, Dani Salgado, Xabier Cordal, María do Cebreiro, Rompente, Ronseltz,... e paro xa, que senón non paro. En realidade non lin moito aos clásicos e non estou moi posto no que se fai fóra do país, para alén dalgunhas cousas que me van caendo nas mans. Aínda me queda case todo por coñecer, e iso gústame.

Que poema ou poemas escollerías como o mellor da túa obra? Por que?

Lévome moi mal con todo o que escribo, así que ningún. Ese ao que te refires sempre estará por vir.

Recentemente recibiches o premio “Eusebio Loren-

zo Baleirón”, que supón para a túa carreira como poeta? Que sentiches o recibir este galardón? A que aspiras e ata onde desexas chegar nesta fa-ceta da túa vida?

Todos os premios, como é lóxico, che fan moita ilusión ao recibilos porque supoñen o recoñecemento público e social da túa obra, ademais do premio económico, da publicación da obra e da visibilización da mesma. Mais este fíxome especial ilusión porque é un premio cunha traxectoria moi consolidada. É un recoñecemento moi importante a unha obra miña, e só teño medo de que cando saia o libro finalmente decepcione, porque realmente o Eusebio Lorenzo é un certame que crea certa expectativa entre as lectoras e lectores de poesía deste país. No tocante á poesía, e á comunicación en xeral, aspiro a levar a cabo unha chea de proxectos colectivos coa xente das Redes Escarlata, a rematar os poemarios todos que teño en construción e a encetar outros tantos cando poida e teña tempo e vagar.

Como xa sabemos es membro da Asociación Aguil-

hoar, algún dos teus poemas está dedicado a esta asociación ou os seus membros?

Algún debe haber, si.

Fálanos dos fins da asociación Aguilhoar e que te levou a formar parte da mesma. O Centro Social da asociación que tedes aberto en Xinzo, que función ten?

Pois eu vexo na Aguilhoar un punto de encontro para a xen-te nova da nosa comarca, un lugar de achegamento de ide-as, de intercambio e de posta en andamento de proxectos comúns, co obxectivo de podermos gozar dunhas ofertas de lecer que as autoridades públicas nos negan. As novas e os novos temos todo por facer, todo por construír, todo por transformar. Unhas charlas, uns recitais, uns concertos, unhas foliadas e un refrixerio cos colegas son o mellor xeito de comezar, non cres? Eu animo a quen lea isto (hai alguén aí!?) a que participe da Aguilhoar. Cantas máis sexamos máis proxectos poderemos levar a bo porto.

Pertences a algunha outra asociación, agrupación…? Cales son os seus obxectivos e que te leva a formar parte delas?

Son militante da FPG e das súas mocidades, Adiante. Tamén fago parte do colectivo das Redes Escarlata. O obxectivo da miña militancia? Unir forzas de cara á liberación nacional do noso país e á instauración do único sistema económico e político xusto que existiu ata o momento e que se chama comunismo.

Que opinión che ten a plataforma “Galiza Bilingüe”? Cres que defenden o que din que están a defender?

Galicia que? Ah si, muller, os de Galicia Vil-lingüe. Estiveron sempre aí, só que agora dan a cara e saen á rúa. Hai anos, non moitos, seica vestían camisa azul e levaban a Franco baixo palio. Antes dicían Una, Grande y Libre, e hoxe din Unidad, Progreso y Democracia. Se analizamos o que no contexto da época significaban aquelas tres primeiras pala-bras e o que significan hoxe as outras tres decatarémonos de que non mudaron nadiña. Saben que non teñen razón, pero non che hai pior ignorante có que quere ignorar. En resumidas contas, unha xente extraordinaria! E de boa fa-milia todos! Un consello para os mozos e mozas, nenos e nenas ga-

legos.

Coidado coas droghas e cos vil-linghüístas! Sentidiiiño!

Esther Losada e

Paula Cristina

Limia

Page 8: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

LENDA DA LAGOA DE ANTELA

Segundo conta a lenda, antigamente, cando aínda non existía a Lagoa de Antela, había dúas torres: a do Castro e a Torre da Pena. En cada unha delas vivía un canteiro que picaba nas pedras cun martelo. O problema era que só contaban cun martelo para os dous co cal tiñan que facer quendas para facer uso da ferramenta lanzándoo de torre a torre. Cóntase que un día a un canteiro faltáronlle as forzas e o martelo quedou a medio camiño entre as dúas torres. Cando o martelo caeu, segundo din, a auga comezou a brotar do buraco que fixera ao caer e de tanta auga que saíu formouse a Lagoa de Antela.

A TRAIZÓN DA TORRE DE SANDIÁS

Segundo contan relatos e lendas antigas, hai moitos anos os irmandiños intentaron conquistar a Torre de Sandiás para destruíla e apoderarse do terreo. Pero cando os irmandiños empezaron o ataque cóntase que os da Torre resistiron o asalto, resistiron ata que un criado traizoou os señores da fortificación deixándo entrar os irmandiños por unha porta. Os asaltantes mataron os señores a san-gue frío mentres durmían e logo destruíron e queimaron a Torre do Castro, por iso agora está así de destruída. Jorge Losada

LENDA DO CASTELO DA PENA

Hai moitos anos, contan os vellos, que a lagoa de Antela estaba comunicada por tres castelos ben diferenciados entre eles: a Torre de Pena, a Torre do Castro e a Torre da Forxa. Din que había un túnel que unía estas tres torres, ata o punto de que botaban unha galiña con poliños na Torre de Pena e ían saír á Torre do Castro. Este tipo de túneles eran utilizados polos mouros que poboaban as torres para espiarse os uns aos outros e tamén para acceder ao interior dos caste-los, porque andaban en guerra entre eles. Concretamente, falan os vellos, que o castelo de Pena tiña unhas celas escuras, provistas dunhas argolas cunhas cadeas onde prendían os mouros apresados para torturalos. Téñense atopado mesmo esqueletos. Este castelo da Pena estaba rodeado dunha gran muralla, que dificultaba a entrada dos mouros e que servía de protección ao castelo, polo que a única forma de traspasala era a través dos túne-les. Nesa época, segundo din os máis vellos, a loita entre os mouros era con espadas e tamén con apa-rellos de todo tipo, de aí os seguintes versos: O meu avó tiraba de castelo a castelo coa pica dun martelo. Por iso se di que o pico que lle falta ao castelo da Pena foi destruído nesas loitas cun enorme martelo, sendo roubado polos mouros de Sandiás, os da Torre do Castro, como símbolo de vingan-za. Lucía Bolaño

Page 9: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O PENEDO DO ANGARAÑO

No alto do monte de Cortegada hai un penedo chamado o Penedo do An-garaño. Nel metíanse nenas e nenos pequenos para curar as enfermidades. Co rapaz había que levar a tres Marías e logo pasar o neno entre as buratas do Penedo de *Angaraño. Despois prendíase unha vela e queimábase a roupa da rapaza ou rapaz.

* Variante de arangaño, nome que designaba o raquitismo Na noite de San Xoán, se te lavas nunha das fontes da aldea que bote todo o ano, antes de que saia o sol, pasaranche todos os grans da cara. Mirian Corbal PENEDO DAS MOURAS

Era unha nena dunha aldea que ía todos os días coas ovellas ao monte onde había un penedo. Ne-se penedo vivía unha moura que lle daba un sal de ouro á nena cando a vía baixo a promesa de que non dixese nada á nai. Un día, a súa nai decatouse de que a súa filla traía algo e esta cofesoulle a verdade. Ao día seguinte, cando foi coas ovellas aos penedos non volveu e a súa nai foi buscala, pre-ocupada. Preguntoulle á moura onde estaba a súa filla e a moura contestoulle: “Nin mariquita nin ma-ricota, a túa filla está na pota.” Iván Garrido

S DAS NOITES

Meu avó contoume que, antigamente, “As das Noites” andaban vagando

polas rúas da aldea buscando quen as guiase. Polas noites quen dese con

elas quedaba atrapado como guía ata que o desafortunado conseguía dar

con alguén que fixese a súa tarefa e así el poder librarse.

Tamara Castro

VISITAS CON ENCANTO

Alba Prol Cid, vella alumna do

instituto que vén de rematar a

carreira de Comunicación Audio-

visual, disertou sobre A linguaxe

nos medios de comunicación”.

Alba, que xa era unha moza es-

pelida e crítica na época que tran-

sitaba polos corredores do institu-

to, achegou-

nos unha

visión analíti-

ca dos me-

dios de co-

municación

insistindo na

i n f l u e n c i a

nefasta des-

tes no comportamento das perso-

as, en especial dos e das adoles-

centes, principais obxectivos do

mercado.

O afán de consumo leva ao poder

mediático a fabricar programas

que se adapten ao ideal dos consu-

midores, sen criterio de calidade só

de cantidade. Todo vale e o que

importa é a imaxe.linguaxe este-

reotipada, publicidade subliminal:

produtos que son nocivos se se

devoran sen xuízo crítico.

Page 10: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Andar aos caldos feitos: comer de balde nas casas dos outros, sobre todo, na época das matanzas Andar coma rato no queixo: estar cómo-do O galego non perde o rego: sentir morri-ña pola terra

Aínda que me botes os cans ao rabo, léveme o demo se deixo o nabo: ser va-lente Choupín, choupiñeiro, onde está o teu compañeiro?: úsase no outono para ato-par cogumelos que aparecen xuntos Cabalo que ten que ir á guerra non mo-rre no ventre da égoa: cada persoa ten o seu destino Despois de abril a auga vén tras do tam-boril: auga con treboada Despois do palleiro cheo tanto fai de pa-lla como de feo: a cuestión é encher o

estómago Andar co cu á recancha: andar espido Tomar o taco: tomar algo despois de traballar Ver a morte aos ollos: estar a piques de morrer Facerlle o cu ao demo: ter maña

Topeñar/ topenexar: deixar caer a cabe-za co sono Amolloar/amalloar/anolloar: atar os cordóns dos zapatos , chancas ou zocos Restrebe: parte do centeo que non é recollido Recachar: remangar Luxar: manchar Chirnar: manchar con carbón Enfeitar: adornar Porfiar: insistir Entornar: envorcar, darlle a volta

Ao rescate das voces que se están perdendo

a algo Amuarse: enfadarse Arremedar: imitar mal Rebañar: limpar o pra-to Esgurrichar: beber o que queda sorbendo Bebichar: beber pouca cantidade e en veces consecutivas. Acachouparse: acaza-parse Carmear: alisar Tronzar: cortar ao me-dio Xeira: traballo Vincallos: con eles atá-banse os feixes de pa-lla. Treitoira: estadullos, fungueiros. Paus para os laterais do carro. Xostra: vara delgada e flexible Zudre: augas residuais Zumezuga: becho das augas que chupa o sangue Lenzo: saba

Voces recollidas por

alumnado de 4º da ESO

Debuxo: Iván Pérez

Page 11: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

CASAS DA VEIGA (latín casa e

prerrománico baika): casas que se

atopan na Veiga, situada na beira

dun río, xa desaparecido pola

concentración

parcelaria.

Informantes:

Laura Cid Seguín

(78 anos) e

Cesáreo

Villamarín Dorrío

(80 anos)

REBOREDA

( latín robur):

lugar onde había

carballos talados

pola concentra-

ción parcelaria.

Informante: Segundo Vilachá (76

anos)

MOSTEIRO (latín monasteriu):

houbo un mosteiro no monte

habitado por importantes nobres: a

finais do s. IX e comezos do s. X o

matrimonio formado por Alfonso

Romarígiz e Gutina, de nobre

familia (sen dúbida señores do

castelo que se erguía no vello

Castro de Ribeira e donos das

terras que o rodeaban) fundan un

mosteiro nese lugar. Din que as

casas desta aldea están construídas

con pedras deste mosteiro. Tamén

se di que baixo este mosteiro había

un tesouro. Informante: Berta

Cerradelo Feijoó (84 anos)

OS PENEDOS DA RAÍÑA LOBA

(latín pinna + regina + lupu): hai un

penedo e conta a lenda que nel

vivía un ser metade muller metade

loba, moi simpática coa xente e

que saía a peitear os cabelos cun

peite de ouro.

CASAS ERMAS (latín casa +

eremu): terreo de cultivos nunha

ladeira que acolle a aldea de

Loureses. Din os da zona que alí

estaban as casas do antigo

Loureses.

Informantes: Josefa Gándara Gil (72

anos), Erondina Gándara Gil (51

anos) e Marina Gándara Gil (66

anos)

AIRA XIS (latín area): alí reuníanse

os habitantes da aldea para facer o

concello, na actualidade séguese

este costume. Era unha eira dun

señor chamado Xis.

A MANGA: (latín manica)

lugar onde había laghas, pozos

con auga onde se metía o liño

para preparalo.

Informante: Dolores Fernández

Sinde (60 anos)

ALDEA DO MUÍÑO (árabe ad-

day’a+ latín molinu): zona

onde abundaban os muíños.

LUCENZA (do latín “luce =

luz”): chámase xa que, debido á súa

situación xeográfica no cumio dunha

montaña, o sol sempre brilla intensa-

mente, sobre todo nos amenceres.

PEDRA MOURIÑA: (do latín petra +

mauru): monte pertencente á Serra

do Larouco, na que se mostran indi-

cios da presenza de mouros en épo-

cas antigas, debido á existencia du-

nha estrutura para a acumulación de

xeo chamada “Pozo dos Mouros”

que estes utilizaban para dispor de

auga en épocas de sequía.

SILVAESCURA (latín “silva = selva”

+ “obscuru = escuro”): o nome deste

aldea fai referencia á súa situación

xeográfica. Situado nun recuncho do

monte, conta con 10 habitantes, e as

casas existentes están rodeadas de

árbores e silveiras que fan do sitio

un lugar incomunicado e misterioso,

fundido entre a natureza, de aí a

referencia á escuridade.

QUEIRUGAS (do prerrománico

*karia (arbusto de madeira dura e

raíces grosas, que serve para facer

carbón): o nome vén dado pola

abundancia desta planta nas

inmediacións da aldea.

VILARIÑO DAS POLDRAS ( latín

villa + *pullitru/ pullu): din os vellos

que lle chaman así porque había

moitos cabalos.

GODULFES (xermánico pola termi-

nación –ulfe: lobo): era unha vila na

que había moitos lobos, por iso lle

puxeron así.

MONTE DE PAU (latín monte+

paulu): vénlle o nome da ponte de

pau que hai alí. Segundo a lenda, se

non eras limpo de corazón e fixeras

mal a alguén desta zona non

poderías pasar a ponte e ademais, as

fadas que están debaixo da ponte

levaríante con ela.

NIÑODAGUIA (latín nidu+ aquila):

nesta zona había aguias que levaban

as pitas, agora xa non hai tantas pola

colocación de muíños de vento na

serra que destruíron o seu hábitat.

SALGUEIROS (latín salicariu): antes

da concentración esta aldea estaba

rodeada de salgueiros que

funcionaban como protección contra

os saqueadores. Ademais esta aldea

enriqueceuse co estraperlo xa que o

acceso a ela era moi difícil debido

aos salgueiros e os gardas non

podían acceder facilmente á zona.

FORXA (francés forge): en tres casas

antigas desta aldea atopáronse

restos dunha forxa. Os máis vellos

contan que a forxa fora un centro

comercial onde se adquirían todo

tipo de apeiros, armas, etc. No

monte aínda se atopan restos de

como facían o carbón.

FONTEMOURA (latín fonte+

mauru): o nome procede dunha

lenda: por riba da aldea hai unha

fervenza e unha torre, dende a

fervenza baixa unha trabe de ouro e

outra de alcatrán pasando polo

castelo que construíran os mouros

ata a fonte que hai no medio da

aldea. Todo aquel que atope a de

ouro farase rico e quen atope a de

alcatrán será maldito.

Alumnado de 1º de BAC

TOPONIMIA DA LIMIA

Page 12: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Todo comezou un día

nunha clase de galego, aló polo 20 de novembro, cando a profe de galego nos propuxo unha sesión de “Cinefórum”. Pero que é o “Cinefórum”? Explicóu-nolo: consistía nunha sesión de cine pola tarde no instituto du-rante unha hora e media ou dúas, unha vez cada certo tem-po, que terían lugar no salón de actos do noso centro. Entón decidimos asistir a primeira sesión para probar esa nova experiencia que nos acababan de propoñer.

Así foi pois, o día 26 de novembro fomos á primeira sesión de “Cinefórum”. A pelí-cula titulábase: “O baño do Papa”. Esta estivo acompañada duns doces que prepararon para nós o PCPI de Cociña do IES, e un posterior comentario da película.

O segundo filme foi o día 17 de decembro e a pelícu-la titulábase: “Os nenos no pa-raíso”.

A terceira se-sión foi coa película de “Pradolongo”, que o algu-nhas persoas xa viramos o ano pasado no cine. Esta esti-

vo acompañada duns bombóns para picotear algo doce..

A derradeira película, proxectada o 19 de febreiro, titulábase “A Onda”. Ese día xa quedamos a comer no IES unhas deliciosas pizzas e uns doces que preparara o PCPI de Cociña, especialmente para nós. Logo, antes de comezar a ver a película, puxémonos unhas máscaras, sombreiros…, para expresar a nosa ilusión porque ó día seguinte comezaba o noso “GRAN ENTROIDO”. Esta sen dúbida foi a que máis nos gustou e a que máis nos impactou a todos. Acompañamos este texto cun breve resumo de cada filme: 1º O baño do Papa: de xéne-ro dramático. No ano 1988 e o Papa XOÁN PAULO II vai visitar Melo, unha pobre comunidade fronteiriza de Uruguai. Os máis modestos están convencidos de que esta visita será milagrosa para a al-ma e a carteira… 2º Os nenos no paraíso: de xé-nero dramático

SESIÓNS DE CINEFÓRUM NO INSTITUTO

No ano 1999. Os zapatos da peque-na Zhore desapareceron. O seu irmán maior Ali perdeunos. Son pobres, e non teñen para uns zapa-tos novos… 3º Pradolongo: Pradolongo é a historia de tres amigos dá infancia que ven dete-riorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os senti-mentos amorosos entran nas súas vidas… 4º A Onda : Ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle a idea dun expe-rimento que explique aos seus alumnos cal é o funcionamen-to dos gobernos totalitarios na Ale-maña de hoxe en día… A idea do “Cinefórum” pareceunos unha idea interesante, xa que de-senvolvemos e damos a coñecer os nosos puntos de vista fronte a nu-merosos temas sociais. Agardamos que esta iniciativa se siga levando a cabo nos vindeiros cursos.

Lucía Bolaño e Isabel Fernández

Page 13: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

FOLGA ESTUDANTIL POLA

DEFENSA DO GALEGO

O día 26 de novembro de 2008 os estu-

dantes do IES Lagoa de Antela e o Cidade de

Antioquía secundamos a folga convocada pola

Mocidade pola Normalización Lingüística e que

era apoiada polo Comité de Estudantes e Galiza

Nova.

Os motivos polos cales deciden convocar a

folga son moitos:

- Na maior parte dos centros non se cumpre

coa lexislación.

- A Consellaría de Educación aínda non fixo

públicos datos nin avaliacións reais sobre o grao

de aplicación do decreto (124/2007) no curso

pasado (malia o propio

decreto indicar que ten

que facerse).

- Seguen sen pórse

en funcionamento as

medidas e os medios

demandados desde a

comunidade educativa.

- Son moitas as

declaracións e accións

contra a lingua de Ga-

liza que se están pro-

ducindo case a diario desde os sectores máis re-

accionarios (estes grupos son teledirixidos por

poderosos grupos económicos, políticos e me-

diáticos de Galiza) e que din defender o

“bilingüismo” e a “liberdade”.

- Polas agresións que sofren os topónimos

da nosa nación, que recordamos que non se

poden traducir.

- ...

Ademais de secundar a folga, os estudantes

críamos preciso realizar un acto de reivindica-

ción para que se vise que eramos conscientes de

que trataba a folga.

O acto comezámolo ás doce diante dos ins-

titutos e cunha pancarta co lema: SEMPRE EN

GALIZA, SEMPRE EN GALEGO (de Galiza No-

va, que xa fora empregada o 18 de maio de

2008 nunha manifestación en Santiago de

Compostela), foi alí onde se leu o manifesto da

Mocidade pola Normalización Lingüística.

Logo deste pequeno acto decidimos dirixir-

nos en manifestación ata a Praza Maior da vila.

Dende o instituto viñemos “acompañados” pola

Policía Local que cortou o tráfico cando foi ne-

cesario. Durante este traxecto foron moitos os

lemas empregados polos estudantes: en galego,

temos dereito; queremos estudar, en galego;

sempre en Galiza, sempre en galego; na Galiza,

en galego... Xa na Praza Maior volveuse ler o

manifesto e deuse o acto por rematado logo de

berrar outro pouco.

Agora gustaríanos

darlle as grazas a tódo-

los alumnos que se-

cundaron a folga (sen

asistir ás clases ou que

só foron facer os exa-

mes) e sobre todo a

aqueles que aportaron

a súa presenza no acto

reivindicativo. Tam-

pouco nos esquecemos daqueles profesores que

respectaron o noso dereito á folga e sobre todo

a aqueles que dalgunha maneira nos apoiaron.

A todos vós moitas grazas por axudar e apo-

iar a parar as agresións contra o galego.

Rematamos con SEMPRE EN GALIZA,

SEMPRE EN GALEGO, un lema moi emprega-

do por Castelao no seu día, que aínda segue vi-

xente e que agardamos que siga indefinidamen-

te.

Ana Barxa Cid e Carlos Rodríguez Parada

Page 14: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

ExcursiónExcursión a Madrida Madrid

A mañá do día 12 de Marzo

algúns alumnos e alumnas de

2º de bacharelato partimos cara

a Madrid. A viaxe fíxose algo

longa pero tras unha parada

para comer, chegamos ao noso

destino. A 1ª visita foi ao museo

Reina Sofía, onde quedamos

sorprendidos pola magnitude

do Guernica de Picasso.

Despois camiñamos ata a Praza

Maior e fomos vendo o

Congreso, a Porta do Sol e a

G ran V ía . P ara c e a r

dividímonos en grupos, algúns

fomos en metro e vimos outros

edificios emblemáticos pola

nosa conta, como a Casa das

Moedas, a Torre de España e

RTVE. Logo reunímonos en

Atocha sobre as 23:30 e fomos

para o hotel que estaba nas

aforas de Madrid. Foi unha

noite intensa!!, durmimos

pouco pero ás 8:00 xa

estabamos na cafetería do hotel

para almorzar. Ese día vimos

as Torres de Europa, que se

atopan no Paseo da Castellana,

e fomos en metro ata o Museo

de América onde contemplamos

parte da cultura indíxena. Se-

parámonos para comer e algúns

aproveitamos para visitar o

interior do estado Santiago

Bernabeu, a verdade é que nos

impresionou a súa dimensión.

Vimos os vestiarios, as

butacas, a sala de prensa, os

bancos dos xogadores, o

campo…Outros quedaron pola

zona do Prado e tiveron a

oportunidade de ver o exterior

do Museo Thyssen e de

cruzarse co rei e a raíña Sofía

que estaban a recibir á

presidenta de Alemaña

Anxela Merkel. Sobre as catro

da tarde visitamos o Museo do

Prado e logo paseamos polo

Parque do Retiro. Aí volvemos

separarnos para cear e visitar

a cidade e de novo

encontrámonos en Atocha

para ir ao hotel a “durmir“. O

día seguinte xa era o momento

de voltar pero, pola mañá,

aínda visitamos o Escorial e

logo collemos o autobús para

ir a Segovia, onde vimos o

acueducto e logo separámonos

para comer. Pola tarde

rematar fomos ver a catedral

e, a continuación, o exterior do

Alcázar. A media tarde

collemos o bus para volver ao

noso lar. Chegamos sobre as

doce da noite.

Foi unha viaxe de tres días

que se fixo aínda máis curta

do que era, pasámolo moi ben

e aproveitamos moito o tempo.

Ademais de gozar da

c o m p a ñ í a d o s n o s o s

c o m p a ñ e i r o s c o s q u e

compartimos as aulas,

aprendemos moitas cousas

t a n t o c u l t u r a l c o m o

persoalmente. Vimos como se

vive nunha gran cidade e

aprendemos a desenvolvernos

nela. Como di o noso profesor

Sindo, foi como un pinchiño, e

con estas viaxes aumenta o

noso interese aventureiro.

Estarán todos de acordo con

que este tipo de excursións do

instituto non se esquecen.

Recomendámosvos que cando

cheguedes a 2º de bacharelato

non a perdades.

Page 15: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

… para que as futuras xeracións de ovellas comúns e

correntes puidesen exercitarse tamén na arte da escul-tura. A. Monterroso

En México D.F. aínda se deixaba cheirar o sangue dos

mortos que non figuraron en ningún xornal nacional. Falábase de sesenta nunha carga policial contra mani-festantes na Praza das Tres Culturas. Falábase baixiño, o gran evento estaba aí e o sangue é perseverante. Pero a marea de forasteiros achegábase e, por tódolos recun-chos medraban esperanzas, patriotismo de pel de gali-ña e un subidón de autoestima. Medraba a sede de cor-pos novos e atléticos, de divisas en Santa Fe, de saúde, de compañeirismo e que gañe o mellor, de titulares nos xornais, e de dicir que aquí estamos, que veñan saber quen somos. Que é para vós un heroe? Pero ninguén contesta e a pregunta rebota contra a porta, contra o encerado, contra as manchas da parede e o mapa colgado dela, esvara por cada un dos estados de cores variadas e for-mas irregulares, planea sobor de nós, agardando que alguén erga a ollada. Sintoa pendurada a poucos centí-metros por riba da miña testa, amosando as poutas cunha ansia rapaz, mentres me protexo coas mans. Foxen pombas coma bicos, entre desfiles, coros, fogos de artificio, himnos. Unha praga de optimismo asolaga o Estadio Olímpico Universitario. Alegría controlada por un despregue impúdico de forzas de seguridade. E a cometa negra que pasa por diante da tribuna presi-dencial é só un lunar fuxidío sobre unha luminosa es-tampa para a posteridade. Mentres vou afundindo un pouquiño máis a cabeza

entre as mans, mentres cravo con tanta forza os cóba-dos na mesa, que penso que vou perforar a madeira e os meus cóbados van quedar alí espetados, para sem-pre, mesmo cando eu xa me teña ido de aquí. Así os meus antebrazos, alí cravados, sosterán a cabeza dou-tro alumno con ganas de enterrarse entre as súas máns, que serán as miñas e que o protexerán, do fastío, do medo, das palabras que non din nada. A 2240 metros sobre o nivel do mar as capacidades físicas dos atletas poderían verse afectadas. Este fora un dos argumentos utilizados por outras cidades que com-petiran con México, seleccionada finalmente como sede dos vixésimo novenos xogos olímpicos da nosa era. Atopábase ben, con forzas, concentrado, e con moitísimos desexos de gañar, por Dora, por Henry, e as súas mans trafegando entre a escuma do algodón, por Georgina, polos seus antepasados sen voz, polos seus once irmáns, por Georgina, polos negros de Clarksville, polos de Texas e de tódolos Estados, por aquela primei-ra vez en Lemoore, cando foi máis rápido que a súa irmá, e soubo que non ía ser doado, por Georgina, para que se sentira aínda máis orgullosa. Por el, si, evidente-mente, tamén por el. Chegou rindo e facendo bromas, parecía moi contento. En realidade, estaba algo raro porque el case nunca facía bromas, tampouco era moi faladeiro. E, dende logo, non acostumaba a ser tan agarimoso, pero aquel día estaba distinto. Chamoume algo que soaba doce e deume unha aperta. Abriu a mochila e sacou un novo xogo da Play, ese que non me trouxeran no último Na-dal, aínda que insistira moito en que o quería, ás veces parecía que lle gustaba levarme a contraria. Iso mo-lestábame daquela, agora cando o recordo paréceme que o entendo.

Page 16: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Sabía que podería deixarlles un pouco de ventaxa ó comezo, só un chisco, o necesario para que se confia-sen e para aforrar enerxías. Chegáballe o balbordo das gradas, os ánimos e os berros que adiantaban a victoria, pero prefería pensar que non tiñan nada que ver con el. En ningún momento mirou para o público que enchía o estadio. Non era o momento, non quería ver as caras de expectación, tampouco as bandeiras, non quería cargar con nada diso. Tamén evitaba ato-parse coa ollada dos outros corredores, xa lle desex-ara sorte a John, era suficiente. Agora quería verse só contra o cronómetro, coma nos entrenamentos, apu-rando a pista, dosificando o esforzo para, no último momento, poder adiantar ós homes máis rápidos do mundo. ¿E mamá, onde anda? Creo que está arriba. Quedou mirándome uns segundos, coma se non entendera o que lle viña de dicir. Botaron moitísimo tempo pecha-dos no seu cuarto, pasaba da hora da cea e eu xa tiña fame, pero souben que non podía interrompelos. Por veces, chegábame a voz de mamá enfadada, berrando algo. A el non, a el non se lle escoitaba. Aínda tarda-ron. Cando por fin baixaron, mamá meteuse rapida-mente na cociña, coma se fuxira, pareceume que tiña a cara encarnada. El achegouse a min, sentou ó meu carón e dixo que tiña algo que explicarme. Agardar o pistoletazo de saída era o momento máis espiñento, sabía que esa espera podía debilitalo, por iso a concentración era imprescindible. Unha vez que se botara á pista, tería o dominio. Estaría no seu te-rreo, engolido pola vertixe da velocidade, pateando a terra vermella para ser a cada paso máis rápido. E a cada paso ir desprendéndose dalgo, do medo, da im-potencia, da dor, da rabia, ou de todo mesturado. E chegar á meta tan lixeiro e tan libre que, por uns se-

gundos, crería terlle mudado a pel ó mundo. Á partir de entón todo empezou a mudar de tal xeito que sinto coma se tivera subido a un cohete e empezara unha viaxe da que aínda non estou seguro de ter volta-do, en realidade xa non estou seguro de moitas cousas, porque empezas a te facer preguntas a ti mesmo e é co-ma se ti tamén tiveras estado alí, ou unha parte de ti polo menos. E tamén sentes medo por momentos, sentes rabia, por momentos sentes odio, un odio indefinido, non só ós que puxeron a bomba, senón tamén ós que o mandaron alí, e incluso chego a odialo a el tamén, porque se foi, porque nos deixou sós. Non entendo nada, pero eu

tamén estou a mudar e aínda non sei en que vou dar. O pensamento acouga e o corazón latexa con forza, o aire énchelle ata o último alvéolo dos pulmóns, as súas longas pernas danlle confianza, aguantan, refórzanse, a cada paso gañan en precisión e velocidade, sénteas case con asombro coma se un mecanismo misterioso e alleo as movera, coma se por si mesmas foran invencibles. Apreta un pouco máis, sabe que pode, que todo vai res-ponder á súa vontade, á súa afouteza, á súa confianza en quen é, e no que está a facer alí. Un pouco máis, só un pouco máis e a carreira é súa. Si, a victoria é súa. Por veces, tamén sentía o desexo de estar con el alí, fuxir da escola, dos horarios, da vida cotiá de costumes co-tiáns, para vivir aventuras, no deserto, entre xente estra-

Page 17: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

ña, nese mundo tan distinto, tan afastado. Enviounos algunha foto. A que máis me gustaba era esa na que estaba cos seus colegas, todos apoiados nun todote-rreo enorme, algúns coa arma na man, caída, apun-tando para baixo, coma un aparello doméstico, case unha prolongación do brazo, todos homes, e o meu pai no medio, sen casco, sen arma, co brazo por riba do ombreiro dos seus colegas, todos sorrindo un chis-co, dous loiros e, os outros, todos negros. No túnel, camiño do podio, John decatouse de que esquecera os guantes, mercados pola súa muller. Foi Norman, entón, quen propuxo que se repartiran o único par de guantes do que dispuñan. Tommie me-tería o puño dereito no guante de boxeo e John o es-querdo. Os tres levaban as insignias do OPHR, porque Norman quixo, por demanda propia, sumarse á súa reivindicación. Tommie agachou a cabeza para reci-bir a medalla de ouro e subiu ó caixón máis alto. Os miles de espectadores norteamericanos que enchían o estadio berraban fachendosos o seu nome, o nome do seu país, aplaudían, erguíanse nas gradas, abaneaban bandeiras. Saudaban ó heroe, á gloria nacional, o atleta que posuía once récords mundiais, o home máis rápido do planeta, 200 m. lisos en 19,83, unha marca que ninguén conseguiría superar ata moitos anos despois. Pero outras veces, co tempo máis a miúdo, simple-mente extrañabao e tiña medo e ese medo ía cam-biando. Ás veces era medo de que lle pasara algo, outras medo de que se esquecera de nós, que non quixera voltar con mamá e comigo, que coñecera ou-tra muller, ata chegaba a ter medo de que foramos nós os que o esqueceramos a el, que voltara e non o recoñecéramos, que chegara convertido nun estraño.

O himno norteamericano empezou a encher o Estadio Azteca, entón el e John Carlos deixaron caer a cabeza sobre o peito e os seus puños enfundandos nos guantes negros erguéronse cara ó ceo. O himno continuaba e eles mantiñan a súa firmeza, o seu desafío ás estrictas normas olímpicas, o seu berro de apoio ó black power, o poder negro que era tamén parte dese país que repre-sentaban, o país das oportunidades, velaí el mesmo, sen ir máis lonxe, o país que louvaba a gloria dos homes feitos a si mesmos, dos loitadores, sen dúbida ese era o seu país. Cando as últimas notas do himno se apagaron, escoitouse o berro aceso e ronco dunha afección ferida no seu orgullo patrio, atravesada por un espasmo con-taxioso que medraba coma unha pandemia repentina de honor visceral, de ira en ebulición. E, finalmente, a con-cordia minuciosamente orquestrada rachou e falou a besta. Negros, volvede para a vosa casa a África. Chegaron un home e unha muller vestidos de uniforme e chamaron á porta. Mamá sacudía a cabeza. Non, non, non, repetía polo baixiño. Non, non, non…sigo a escoi-tala aínda ás veces. Entregáronnos unha medalla e ata nos escribiu o presidente. E ficamos sós, ela, eu, a meda-lla, e esta dor, e estas preguntas que aínda non sei facer, e esas respostas das que ás veces desconfío,…Que loitou pola liberdade, que todo o pobo americano e todos os cidadáns de ben estanlle recoñecidos, que para moitos é un exemplo, un heroe, …

Serbal

Page 18: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Introdución: Lucía Bolaño

Debuxos: Antía Valbuena

Recolleron os remedios de boca das avoas: alumna-

do de 4º da ESO e 1º de BAC

Información científica: Isabel García (profesora de

Física e Química)

INTRODUCIÓN

Non hai moito, acudir a unha consulta médica resul-

taba moi caro e, ademais, para moitas enfermidades

non se coñecía ningún tratamento. Isto explica a

existencia da medicina popular, que recolle o con-

xunto de tratamentos creados polo pobo para curar

as distintas doenzas. Para sandar empregábanse

remedios elaborados con compoñentes que se tiñan

máis a man, fundamentalmente herbas e plantas, e

outros obxectos e produtos, que preparaban e apli-

caban persoas que posuían as habilidades e coñece-

mentos necesarios. A aplicación das menciñas adoi-

taba ir acompañada de recitado de ensalmos, breves

poemas aos que se lle atribuían propiedades curati-

vas.

TÉCNICAS MÁIS IMPORTANTES UTILIZADAS HABI-

TUALMENTE NOS REMEDIOS TRADICIONAIS

Os procedementos

máis habituais para ex-

traer os principios acti-

vos das plantas son:

INFUSIÓN

As infusións prepáranse botando auga fervendo

por riba das plantas cortadas en anacos (secas ou

frescas) e deixando repousar o líquido nunha teteira

ou recipiente tapado..

DECOCCIÓN

Para preparar unha decocción débense cocer as

plantas durante un tempo breve. Con este proce-

demento extráese máis sustancia do produto, por

iso acostuma facerse coas partes máis duras ( raí-

ces e talos) das plantas.

MACERACIÓN

A técnica consiste en deixar

repousar ou abrandar os

produtos nalgunha sustancia

líquida ( aceite, auga, alcohol..).

BAÑOS, INHALACIÓNS E UNGÜENTOS

Cos resultados das coccións e infusións tamén se

realizan baños ( para certas infeccións oculares é

bo limpar os ollos cun baño de infusión de camomi-

la ou macela) ou inhalacións ( moitas das doenzas

pulmonares poden mellorar cos vapores de cocer

determinadas plantas). Así mesmo, os líquidos ob-

tidos da maceración poden utilizarse para uso tópi-

co, como ungüento.

PROPIEDADES

Hai un gran número de plantas que teñen varias

propiedades e que poden servir, ao mesmo tempo,

para facer unha boa dixestión e para calmar os ner-

vios. En cambio hai arbustos e follas de árbores que

só son recomendábeis para unha finalidade concre-

ta.

As propiedades máis comúns que presentan as

plantas que usamos como medicinais son:

DIURÉTICAS

Estas plantas favorecen a fabricación dos ouriños.

Son boas para as doenzas de ril. Un exemplo deste

tipo de planta é a cola de cabalo.

RELAXANTES

Serven a relaxar a musculatura e actúan como se-

dante. Son recomendábeis para persoas que pade-

cen trastornos nerviosos.

Dentro deste grupo están: as follas de laranxeira e

a valeriana.

Remedio

s t

radic

ionais

Page 19: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

EXPECTORANTES

Axudan a expulsar as mucosas e a sucidade acumulada

nos pulmóns e as vías respiratorias. Un exemplo é o

anís estrelado.

DIXESTIVAS

A macela é quizais a planta dixestiva máis coñecida

pero non a única, tamén está o tomiño.

ANTIINFLAMATORIAS

Rebaixan a inchazón cando,

por infección ou contusión,

se produce un avultamento

que provoca dor. Unha

planta con esta acción é o

romeu.

CARMINATIVAS

Estas plantas axudan a expulsar os gases intestinais. O

fiúncho, o comiño son exemplos emblemáticos.

ASTRINXENTE

Secan e constrinxen a pel e as mucosas. Os preparados

inxeridos por vía oral teñen efectos antidiarreicos e

tamén acostuman a ser ser antihemorráxicos.

DEPURATIVAS

Estas plantas favorecen a eliminación das substancias

tóxicas que circulan polo sangue.

PARA O CATARRO

Ferver durante uns minutos auga cunhas cantas

ramas de ourego, coar a mestura e tomala quen-

te. Pódese adozar con azucre ou mel. Tamén se

lle pode engadir limón.

Licuar 2 pomelos pelados e 150 grs de cebola

pelada e tomar o líquido 1 vez ao día en xaxún.

Ferver nun cazo o zume dun limón, unha boa

cullerada de mel e unha copa de coñac. Unha

vez fervido tomala o máis quente posible.

Cebola picada nun prato: pola noite, na cama,

cheirala poñéndoa debaixo da almofada.

Auga aferrada: pór unha espeta de ferro no lu-

me, cando se volva vermella introducila nun

vaso de auga e bebela.

Botar auga nunha pota con 9 figos, ferver uns

minutos, coar a auga, botarlle mel e beber.

Relar unha cenoria nun bote de mel, ou intro-

ducir en pequenas lascas, e cada mañá tomar 1

cullerada.

Vapores de romeu e eucalipto .

Romeu ( Rosmarinus officinalis L.): Contén unha

esencia con derivados terpénicos, á que se lle debe a

maior parte das súas virtudes medicinais; ácidos fe-

nólicos de acción diurética, e flavonoides con efectos

antiespasmódicos.

A súa acción máis importante é a de tonifican-

te. Os convalecentes, esgotados, e incluso os anciáns,

atoparán nas súas infusións un bo tónico que lles de-

volverá a vitalidade perdida.

Os baños con infusión

ou decocción, e as friccións

con alcohol ou con esencia

de romeu, teñen efecto

estimulante no caso de

hipotensión ou de esgota-

mento físico.

Estas accións axudan

nos procesos catarrais e

gripais a recobrar a enerxía e serve como reconstitu-

ínte.

Limón (Citrus limon L.): o xugo de limón contén vi-

taminas, B1, B2 e C, sales minerais ( potasio sobre

todo), oligoelementos, azucres, mucílagos, ácidos

orgánicos (cítrico, málico, acético e fórmico) e flavo-

noides (hesperidina). Entre outras accións é:

Antiséptico: o seu xugo resulta moi útil contra as

amigdalite (anxinas) e a farinxite. Igualmente resulta

beneficioso como antiséptico para todo tipo de feri-

das e úlceras cutáneas.

Febrígugo: o xugo inte-

gral, que inclúe tanto

polpa como a cortiza

baixa a febre no caso de

gripe e arrefriados.

Pomelo ( Citrus maxi-

ma): ten as mesmas propiedades ca o limón pero ac-

túa con menor intensidade.

Page 20: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Mel: a color, aroma e sabor de

cada mel depende das diferen-

tes especies florais das que liban

as abellas. Cada Unha posúe

virtudes propias:

Mel de azar: sedante, para quen

padece problemas de ansieda-

de, estrés, insomnio.

Mel de romeu: combate os problemas hepáticos, ademais

de calmar a tose.

Mel de tomiño: aumenta as defensas.

Mel de uz: é un gran diurético que combate a cistite.

Mel de mil flores: reconstituínte, moi bo para o aparello

dixestivo e intestinal.

Mel de eucalipto: beneficiosa para o sistema respiratorio.

PARA A GRIPE

Ingredientes:

150 grs de repolo

150 grs de laranxa pelada

Unha vez que os ingre-

dientes estean licuados

tomar tres veces ao día.

PARA A AFONÍA

Ingredientes:

100 grs de apio

100 grs de repolo

Unha vez preparados licualos e tomalos unha vez

pola mañá en xaxún e outra vez pola noite .

Apio ( Apium graveolens L.): Toda a planta contén un

aceite esencial que actúa sobre o ril, glucoquininas, un

glucósido ( apiína), cumarina, e oleorresina, ademais de

substancias nitroxenadas e vitaminas B e C.

Ourego (Origanum vulgare L.):

Toda a planta é rica nun aceite

esencial que contén timol e car-

vacrol, de acción sedante, anties-

pasmódica e carminativa. Entre

outros usos utilízase para afec-

cións respiratorias que cursan con tose seca ou irritativa,

como a larinxite ou a tose ferina. O ourego ten tamén

acción expectorante, béquica e antitusíxena.

Figo (ficus carica L.): o líquido que se obtén da de-

cocción dos figos secos ten propiedades emolientes

(calmantes) sobre as mucosas inflamadas, xa sexan

dos aparellos dixestivo ou respiratorio. Dá bos resul-

tados no caso de farinxite, gastrite, bronquite e tose

irritativa.

C e n o r i a

(Daucus caro-

ta L.): a raíz

contén abun-

dante pecti-

na, substan-

cia glucídica

de acción

absorbente antidiarreica; sales minerais diversas,

especialmente de potasio e fósforo, así como oligo-

elementos, que a fan remineralizante e diurética;

aceite esencial, que lle confire a súa peculiar aroma

e os seus efectos vermífugos; e vitaminas do grupo

B, algo da C e, sobre todo, caroteno. A cenoria é un

dos vexetais máis ricos en provitamina A.

A vitamina A ten efectos como preventivo de cata-

rros nasais, sinusais, farínxeos e bronquiais, pois

ademais de fortalecer as mucosas, aumenta as de-

fensas. Tamén mellora a función da mucosa gástrica.

Eucalipto ( Eucalyptus globulus labill.): as súas fo-

llas conteñen tanino, resina, ácidos graxos e sobre

todo, esencia, na que se atopan os seus principios

activos. Esta esencia contén cineol ou eucaliptol

entre outras substancias. A esta esencia débenselle

as súas propiedades expectorantes, balsámicas,

antisépticas, broncodilatadores e lixeiramente fe-

brífugas e sudoríficas.

O vapor, xunto coa esencia de eucalipto volatiliza-

da, actúa de dúas maneiras:

1- Directamente sobre a pel do peito, facilitando

a eliminación de toxinas a través da pel e desconxes-

tionando os pulmóns.

2- Por inhalación dentro dos bronquios. Ade-

mais, á acción antiséptica, balsámica e expectoran-

te da esencia engádeselle o efecto mucolítico do

vapor de auga, que desfai o moco bronquial e facili-

ta así a súa eliminación.

Page 21: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

PARA A TOSE

Licuar 175 grs de cebola picada e tomar o pre-

parado en xaxún unha vez ao día.

Ferver a cebola e beber a auga da cocción, 1

vaso cando se teña un acceso de tose.

Ferver xarxa con azucre e mel e beber a poción.

Cebola ( Alium cepa L.): Toda a planta contén unha

esencia volátilrica en glucósidos sulfurados, o máis im-

portante é o disulfuro de alilpropilo. A esta esencia

débese a maior parte das súas propiedades. Expecto-

rante pectoral: pola súa acción antibiótico, mucolítica

( facilita a expulsión da

mucosidade, facéndoa

máis fluída) antiinflamato-

ria, é ideal para o caso de

afeccións respiratorias:

catarros das vías respirato-

rias, sinusite, farinxite,

larinxite, bronquite, tose,

asma bronquial, enfisema

pulmonar. O xarope de cebola con mel é unha forma

tradicional de administrala. Os gargarexos de caldo de

cebola desinchan a farinxe e son útiles en caso de amig-

dalite.

Xarxa ( Salvia officinalis L.) : A súa acción é astrinxente

e antiséptica, en gárgaras calma o picor de garganta e a

tose do fumador. PARA ESCORRENTAR MOSQUITOS

Infusión de axenxo

Preparado: infusión de absintio de 10 a 20 grs de planta

por litro de auga.

Introducir na metade dun limón cravo.

Absintip: a infusión de absintio

é un eficaz insecticida. Pode

refregarse sobre os animais

domésticos. Como loción aplica-

da sobre a pel escorrenta os

mosquitos porque estes non

soportan o seu cheiro. Colocan-

do absintio seco en saquiños de tea entre a roupa evítase

a couza ou traza.

Tamén funciona con lavanda ou ourego.

PARA CONTUSIÓNS E GOLPES

Macéranse 40 grs de raíces e flores de árnica en

200 grs de alcohol de 60 º. despois de 10 días

fíltrase e embotéllase o líquido. Para o seu uso

débese diluír con anterioridade, antes de aplica-

lo sobre mazaduras e golpes sen ferida aberta.

Botamos mel na zona mazada para que cure.

Untarse con mel e sal.

Pór panos de vinagre na mazadura.

Ferver ruda e aplicar na mazadura.

O mel aplicado á zona axuda a que desapareza o

negrón dos golpes.

Arnica (Arnica montana L.): Contén una aceite esencial,

fenois, flavonoides e taninos. Posúe un notable efecto

estimulante sobre o corazón e a circulación, pero resulta

moi tóxica para o sistema nervioso, e non se recomenda

o seu interno. Debe considerarse como unha planta

velenosa.

Por vía externa, aplicada sobre a pel en forma de TIN-

TURA, é un excelente vulnerario e antiinflamatorio lo-

cal, para golpes, contusións, escordaduras (torceduras)

e hematomas ( mazaduras).

Ruda (Ruta graveolens L.): Durante a Idade Media culti-

vábase sobre todo nos claustros dos conventos, pola súa

fama de antiafrodisíaca. Propiedades:

Afeccións xinecolóxicas: a ruda contén unha esencia

rica en metilnonilcetona, de forte actividade oxitócica

( contrae o útero). Por iso úsase no caso de falta de

menstruación: amenorrea.

Antiespasmódicas e antisépticas: adminístrase para

calmar a dor dos cólicos abdominais.

Antihemorráxica: A ruda contén tamén rutina ou rutósi-

do (vitamina P) que aumenta a resistencia dos capilares

sanguíneos.

Antirreumática: Externamente é revulsiva e úsase en

compresas para calmar os dores reumáticos.

Afeccións dermatolóxicas: Polo seu efecto revulsivo é

efectiva para a sarna, psoriase, eccemas.

En doses altas é abortiva e tóxica. O roce da planta ca

pel pode provocar reaccións alérxicas.

Page 22: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Page 23: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Page 24: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

RESUCITANDO A OFELIA

Marta Dacosta achegouse ao noso instituto para falárnos,

entre outros temas, da “invisibilidade” das mulleres e do

“teito de cristal” no ámbito literario.

A través dalgúns textos, a poeta foi desmontando algúns

mitos fabricados sobre prexuízos sexistas e insistiu na

necesidade de documentarse antes de crer algunha “análise

minimizadora” contra mulleres relevantes, sobre todo

cando estas críticas son produto dunha ollada masculina.

Como exemplo, citou lendas sobre algunhas escritoras

coñecidas (Rosalía de Castro, María Mariño...) que nos

sorprenderon e que demostraron como as autoridades

literarias acostuman a desconfiar da intelixencia das

mulleres e mostran reticencias á hora de valorar a calidade

das súas obras.

A poeta tamén interpretou algúns textos de poetas dende

unha óptica feminista. Xohana Torres, Luisa Villalta, Antía

Otero, a mesma Marta Dacosta, forman parte dun grupo de

escritoras que incorporan unha nova materia poética aos

seus versos: vivencias, experiencias e simboloxía claramente

femininas.

Durante moito tempo a muller non foi máis ca un obxecto

artístico deseñado para satisfacer o ego masculino, unha

proxección dos seus desexos. Estas escritoras, coma outras

moitas, racharon cos estereotipos e construíron novos

espellos onde mirarse, espellos que devolven identidades:

de mulleres-suxeito, mulleres activas, críticas,

independentes, que asumen espazos sen ter que

xustificarse.

E aínda que hai moito camiño por andar o proceso é

irreversible e xa non hai marcha atrás.

Mentres Penélope

navega Ofelia resucita.

Mentres Ulises se empapaba de sabedoría viaxan-

do, Penélope tecía e destecía. Mentres Ulises

gozaba dalgunha aventuriña amorosa, Penélope

gardaba fidelidade. Penélope, o descanso do gue-

rreiro, o símbolo da submisión, condenada a non

ser, secuestrada.

A figura de Penélope foi recuperada por moitas

mulleres poetas e liberada das cadeas do amor

perverso. A nova Penélope rebélase contra o

destino e bótase ao mar. Naceu un novo mito: a

muller que decide sobre a súa propia vida, que

actúa. Penélope é esa nova muller, símbolo da

liberación feminina.

Proba disto, estes versos de Marta Dacosta de As

amantes de Hamlet.

Carmen Gómez

“Cartas mariñas para Penélope”.

... Eu son Penélope

e rexeito teas e fíos

non te vou agardar.

PENÉLOPE,

Penélope,

Penélope navegante,

cabelos atados e pel de salitre,

rodeiras nos beizos e dor

nas mans

rotas polas cordas e polo vento.

Penélope navegante,

a que traza rotas e encarta mapas,

leva timón e leme

e ve máis alá do mar,

máis lonxe có charrán,

e busca a calor das illas,

o seu resplandor branco no centro da

noite.

CARTAS mariñas para Penélope,

compás e redes,

única bagaxe para a vida,

nin fitas nin alfaias,

ningunha cadea que a prenda á terra,

só compás, redes e cartas.

Page 25: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O pasado 30 de

xaneiro de 2009,

visitounos Anxo

Fariña, escritor e

ilustrador vigués.

Deunos unha confe-

rencia aos alumnos

e alumnas de 2º da

ESO e nela falou de como foran os seus comezos como escritor

de contos infantís e como acabou converténdose no escritor e

ilustrador que é hoxe en día.

Díxonos que foron moitas as portas que se lle pecharan ante o

seu talento, pero que tamén outras moitas se lle abriran.

Foi entrevistado por uns compañeiros e amosounos as súas ma-

ñas e talento para o debuxo.

Ó final da conferencia asinoulles a tódolos alumnos que quixe-

ron os seus exemplares dos Megatoxos.

Yolanda Doliveira Domínguez 2º ESO

Diego Ameixeiras acudiu ao IES Lagoa de Antela para

compartir a súa visión do xénero negro na literatura co

alumnado de 1º de BAC. O escritor foi presentado por

Raquel Martínez, saciou a curiosidade dalgunhas persoas e

contou como deseñara o personaxe do detective Horacio

Dopico, protagonista das novelas Baixo mínimos e O

cidadán do mes. Tamén falou de como se aborda o

proceso de creación de guións xa que traballa como

guionista en series da Televisión de Galicia, entre elas Os

Atlánticos.

ENCONTROS LITERARIOS

VENRES 3 DE OUTUBRO 13:20 HORAS

O Salón de Actos do instituto foi o escenario para que se partiran o cu da risa

(nunca mellor dito) as persoas alí presentes. Actuou O Leo e saíu o seu álter ego, o Arremecághona, facendo vibrar as paredes. Primeiro viñeron os haikus, performance escatolóxica perfumada, e logo os decibelios, con voces contorsionadas e coros do público entregado. AGUILHOAR, O LEO, NÓS E AS REDES ESCARLATA SÁBADO 4 DE OUTUBRO 22:00 HORAS Despois dos beixos, as tapas e os tragos chegaron as palabras. A fartar, descosidas, sobre nós outros versos pendurados. Mentres o Xabier exercía de anfitrión andaban o Rubén e o Diego que non daban abasto coa sede dos presentes. A xente nova mataba o tempo xogando ao futbolín, dándolle sebo á lingua ou rillando un bocata, por alí transitaban a Raquel, o Iago, a Laura, a Marta, a Sonia, a Esther, o Adrián, a Elisa, a Jasmin e a Victoria, e tamén a Oriana, a Alba, o Brais, o X. Manuel, a Nair e o Isaac. Alí case ninguén sabía quen era poeta ou aspirante. Andaba o Leo de mecánico remexendo entre os cables e o Calís á procura de horizontes de lanterna. De okupa na barra o Xaquín e a Chus atuada na lagoa, coa Quimera. Cando todo era un neboeiro entraron o Anxo e o Aser. Entón, por fin, rebotaron contra o peito as voces esperadas, as propias e as roubadas. Sobre elas, os aplausos. E logo veu o Leo coa súa dinamita e os disparos. No medio da festa irromperon o Manuel e tamén a Raquel, a Alba e a Laura, antigas habitantes das nosas aulas (a rima non foi premeditada, ollo!).

Destas guerras veñan balas!! Carmen Gómez

Gym-sberg Eu mirei os mellores cerebros da miña xeración

Page 26: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O día17 de novembro de 2008 visitounos

Serafín Alonso Pintos, profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Abrente de Ribadavia, e colaborador no Proxecto Sarmiento para falarnos un pouco de Frei Martín Sarmiento.

Frei Sarmiento naceu en Vilafranca do Bierzo no 1695. Cando contaba catro meses de idade, a fami-lia trasladouse a Pontevedra onde viviu ata cumprir quince anos, idade en que marcha para Madrid. A pe-sar de vivir nesta cidade, nunca se esqueceu da súa terra, Galicia, e visitouna en varias ocasións nos anos 1725, 1745 e 1754.

Sarmiento pertence á Ilustración e é contem-poráneo de persoeiros como Locke; os creadores da enciclopedia, Diderot e D’Alambert; Voltaire e Kant. O frade ilustrado non se pode considerar menos que to-dos estes persoeiros xa que, a pesar de que hoxe en día a súa persoa non é coñecida a nivel español nin euro-peo e só se lle considera importante en Galicia, a ver-dade é que en vida foi unha persoa moi importante, fonte de cultura e coñecemento que consultaban os máis altos cargos da coroa e a administración. A falta de coñecemento do labor realizado por Sarmiento débese principalmente a que a súa obra non pasou pola imprenta, circulaba manuscrita e iso limitou as súas copias: só ¼ da súa obra está publicada. Unha das re-copilacións máis importante da obra de Sarmiento ató-

pase no arquivo da Casa Medina Sidonia en Cádiz, xa que o duque de Medina Sidonia mandou facer copias manuscritas dos arquiños existentes na cela de Sar-miento en Madrid. Actualmente o Proxecto Sarmiento estuda esta obra co fin de poder publicar o material. O arquivo consta duns 18 volumes cun total de 30000 folios.

A cela de Frei Sarmiento atopábase no conven-to de San Martín de Madrid e non era un simple dor-mitorio, alí almacenaba todos os seus escritos e unha biblioteca venerada polo raro e selecto do seu contido, tiña unha mesa de traballo, instrumental científico e plantas. Nesa estancia recibía as súas visitas e convoca-ba tertulias ás que acudían persoeiros da época que lle consultaban os seus proxectos e lle pedían a súa opi-

nión e informes sobre temas diversos. Os ámbitos temáticos que abarcaba Sarmiento

era moitos. Entre outros destacan a filoloxía, a crítica e a historia literaria, diplomática, arquivística, bibliotecomía e historia, pedagoxía e educación, historia natural (botánica, farmacopea, medicina, zooloxía, xeografía, xeoloxía e mineraloxía, matemáticas, física, belas artes, obras públicas… Moitos dos textos de Sarmiento non serven para ser publicados xa que non os escribiu con esta finalidade e non teñen unha boa planificación, tamén hai outros escritos que non puido publicar na súa época xa que sería unha temeridade debido á censura. Sarmiento “acatou” os dogmas da Igrexa Católica e non se involucrou en cuestións políticas podendo así dedi-carse ás cuestións que de verdade lle interesaban. Pero, en certo modo, o ilustrado foi un progresista xa que de-fendía a igualdade entre sexos, a educación das mulle-res, e a escola dinámica; interesouse polos asuntos gale-gos como, por exemplo, a historia, a natureza, a lingua... e defendeu a idea da especificidade galega. Quixo sacu-dir os complexos, restaurar a autoestima e darse a valer fronte aos demais. O seu obxectivo era facer progresar o país. Unha das maiores aportacións á lingua foi dicir que o galego era independente do castelán e que deriva-ba do latín, algo que no século XIX aínda non estaba cla-ro. Tamén suxeriu a educación en galego. Foi un proto-socialista que estaba en contra dos acumuladores de riqueza, os prebendados e caciques.

O Proxecto Sarmiento non só intenta dar a co-ñecer a figura de Sarmiento a nivel lingüístico senón tamén facer ver a influencia e a importancia que tivo na súa época e en decisións tomadas polo goberno.

SARMIENTO

Page 27: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

ORELLAS DE ENTROIDO Ingredientes: 800 g de fariña 2 ovos 1 chorro de anís 100 g de manteiga 1 vaso de auga tépeda Sal Azucre ou mel Aceite Elaboración: Mesturar a manteiga e a auga tépeda. Engadir os ovos, o sal e o anís. Pouco a pouco ir engadindo a fariña e traballala ben. Estirar a masa e cortar en rectángulos.

ROSQUILLAS DE CABACIÑA Ingredientes: 4 ovos reladura da pel de 2 limóns 1 e ½ l. de aceite 1 quilo de fariña 1 cullerada de bicarbonato 2 culleradas de anís en gran Azucre para rebozar Puré de cabaciña (50ª gr.) e castaña (50 gr.) Quéntase nunha tixola fonda o aceite e bótaselle, cando comece a fumegar, unha corteza de limón ata que se doure. Nun coador pór 2 culleradas de anises en gran e pasalos polo mesmo aceite. Bater os 4 ovos ata que queden cremosos. Engadir pouco a pouco ¼ de azucre, a reladura de limón, o puré de cabaciña, os anises fritos e 4 medios cascaróns de aceite reservado. Engadir, pouco a pouco, a fariña, mesturando ben, logo o bicarbonato. Mesturar todo ben. Unha vez conseguida a pasta, esparexer con fariña a mesa e traballar a masa. Deixala repousar e despois pór o aceite ao lume. Coller anacos de masa e darlles forma de rosquillas. Cando o aceite estea quente ir botando de unha en unha as rosquillas, facéndolles antes uns cortes transversais cun coitelo. Fritir ben sen queimalas. Deixalas escorrer un pouco ao sacalas. Bañalas en azucre e depositalas nunha bandexa para que arrefríen. Listas!

RECEITAS XABÓN ECOLÓXICO

Ingredientes:

250 g de sosa cáustica

250 g de avea moída

1,5 l de auga

1,75 l de aceite de oliva virxe

Preparación:

Mestúrase a auga e a sosa cáustica e reméxese o

preparado 2 ou 3 minutos.

A continuación engádeselle o aceite, removendo

na mesma dirección. Por último, bótase a avea,

que aromatizará o xabón, e, se se desexa, unhas

pingas de esencia de lavanda (ou de romeu).

Bótase todo nun bol e deixar repousar

(removendo de cando en vez) ata que a mestura

espese.

Déixase endurecer durante 1 ou 2 días.

Uso:

Para demoldar o xabón convén usar un

recipiente de plástico ou papel parafinado e

telo un tempo no conxelador.

Unha vez cortado en pastillas, estas aínda

deben secar durante 1 mes antes de usalas.

Propiedades:

Ademais de aplicarse na pel (uso tópico), o

xabón tamén é moi útil para o pelo.

No caso de querermos un bo xabón para a

roupa, bastará cambiar o aceite de oliva por

un aceite de cociña usado.

Por Álex Pires

Verónica, Maimuna, David, José Luis, Óscar,

Jonathan, Daniel, Manuel e José Manuel

Page 28: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Unha nova era comezou o pasado 20 de xaneiro de

2008 para Estados Unidos e, por extensión, para o

mundo: Barack Obama é xa o presidente número 44

da historia do país, ao xurar o cargo no Capitolio de

Washington. Alí, na capital dos EUA, reuniuse unha

enorme multitude de persoas inundadas pola emo-

ción, a excitación e a esperanza.

Obama, de 47 anos, xurou lealdade á Constitución coa

man esquerda sobre a mesma Biblia que usou Abra-

ham Lincoln, en 1861, e que agora sostiña a súa espo-

sa Michelle Obama. Coa palma dereita levantada, o

presidente Obama repetiu o

xuramento que lle leu o presi-

dente do Tribunal Supremo,

John G. Roberts.

A investidura de Obama como

o primeiro Mandatario negro da historia do país foi

presenciada por un mar de xente congregada no Na-

tional Mall. Esta é a enorme explanada de máis de

tres quilómetros que se estende desde a fachada oes-

te do Capitolio ata o monumento a Lincoln.

As primeiras estimacións falaban de ata 3.000.000 de

persoas? (como se pode apreciar na imaxe da derei-

ta), o que constituiría un novo recorde para un evento

en EE.UU.

En canto Obama terminou o xuramento, que fixo bai-

xo o seu nome completo de Barack Hussein Obama,

Roberts estreitoulle a man e pronunciou un simbólico

“Felicidades, señor Presidente!”

Nese momento, a

multitude estalou de

xúbilo gritando, axi-

tando bandeiras e

arroxando obxectos

ao aire mentres soa-

ban salvas en honor

do novo home máis poderoso do mundo.

A alegría foi case indescritible: descoñecidos abrazá-

ronse como irmáns, familias enteiras choraron e per-

soas lanzábanse ao chan entre gargalladas de excita-

ción, sen importar que a temperatura estivese baixo

cero.

Esas mesmas persoas increparan o presidente saínte,

George W. Bush, cando apareceu nas pantallas xigantes

de televisión, polas que puideron seguir a cerimonia de

investidura.

No palco de autoridades, Obama, habitualmente moi

riseiro e distendido, estivo serio e quedo desde a súa

chegada. E ata pechou os ollos para meditar mentres o

pastor Rick Warren pronunciaba a invocación coa que

comezou a cerimonia.

Se Obama non tiña nervios, transmitiullos Roberts ao

cambiar a orde das palabras do xuramento. O Presiden-

te, coñecedor das 35 palabras, quedouse a metade du-

nha frase ata que o xuíz corrixiu. Pero entón foi o propio

Obama o que repetiu as palabras na orde equivocada.

O erro pasará á historia, pero onte non pasou da anéc-

dota. Coa súa asunción, Obama comeza un mandato de

catro anos, que poderá ser constitucionalmente renova-

do por outros catro se gaña as eleccións previstas para

novembro de 2012.

Logo do seu discurso, Obama, acompañado da súa espo-

sa e agora primeira dama, Michelle, despediu desde a

fachada este de o Capitolio a Bush e á súa esposa Laura.

Eles marcháronse nun helicóptero do corpo de Marines

cara á base aérea de Andrews, para tomar alí un voo a

Texas, o lugar do seu retiro.

Os Obama, acompañados do novo vicepresidente, Joe

Biden, e da súa esposa Jill, esperaron ata que o helicóp-

tero dos Bush desapareceu no horizonte para darse a

volta e emprender o seu propio camiño.

Instantes despois, o novo Presidente asinou as súas pri-

meiras ordes, entre elas as do nomeamento do seu Gabi-

nete. Ademais, designou a responsables interinos das

axencias federais.

Os esposos Obama abriron as festividades. Logo da ceri-

monia, o flamante presidente de EE.UU.,

Barack Obama, e a primeira dama Michelle encabezaron

o desfile desde Capitolio ata a Casa Branca.

Miguel Carballo

Page 29: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

As mulleres non eran consideradas

científicas ou investigadoras ó “non ser

aptas para estes t r a b a l l o s .

Dende a infancia transmitíanselles

valores sexistas segundo os cales tiñan

que ser boas esposas e as encargadas

dos labores domésticos e da crianza

dos nenos.

As poucas mulleres que tiñan acceso á

educación básica, non eran animadas a

que continuasen con estudos

superiores. Iso era “cousa de homes”.

Só eran preparadas para cociñar,

coser… todo relacionado coa creación

d u n h a f ami l ia (n u n ca co a

investigación).

Se a pesar de todo isto algunha muller

destacaba no ámbito científico ou

intelectual, o seu traballo non era

recoñecido e algún home (marido, pai ,

irmán…) quedábase co éxito.

A ciencia que actualmente coñecemos

deriva da filosofía da antiga Grecia. As

ansias de coñecemento levaron ós

gregos a buscar respostas baseadas na

lóxica sobre os fenómenos que os ro-

deaban, converténdose así na primeira

civilización que intentou dar respostas

satisfactorias a tódolos sucesos sen

recorrer á relixión, mitos.

A pesar do desenvolvida que resultou

ser esta sociedade no aspecto da inves-

tigación, tratábase dunha civilización

verdadeiramente misóxina. A muller,

considerada un ser sen ningún dereito,

só se dedicaba ás tarefas do fogar e o

esposo queríaa unicamente para ter

descendencia que perpetuase o nome

familiar. As casas das familias máis

poderosas contaban cunha zona onde

a muller estaba recluída cos rapaces e

onde levaba a cabo os seus labores. O

marido nunca acudía a esta zona,

coñecida como xineceo, agás que

quixese manter relacións coa súa

esposa (caso que só se producía

cando andaba na procura dun fillo; se

non recorría a unha hetera).

Polo tanto, debido a arraigada

sociedade patriarcal, as mulleres non

foron partícipes das orixes da ciencia

e como a súa situación non mellorou

de maneira significativa ó longo da

historia, o machismo e tódolos

prexuízos en contra delas (alegando

unha suposta inferioridade)

impediron a participación feminina na

ciencia.

A ciencia foi ata relativamente pouco

moi machista.

Tras analizar a discriminación padeci-

da polas mulleres no campo científico

ó longo de toda a historia, podemos

asegurar que a súa situación mellorou

considerablemente. Por fin os d

ereitos e deberes masculinos e femi-

ninos son os mesmos (e non só en

ciencia senón en tódalas áreas da

vida) e o labor de investigación é

recoñecido independentemente do

sexo do seu descubridor. A pesar

disto aínda perviven certos prexuízos

en contra das mulleres que se mani-

festan de xeito sutil como o acceso a

postos de menor índole científica como

pode ser a clasificación e catalogación

en historia natural ou o cómputo en

astronomía, activades xa consideradas

femininas, menos valorizadas e rutina-

rias.

Nalgúns casos algunhas mulleres bri-

llantes quedan relegadas a posto de

nivel inferior ó seu intelecto.

Os seguintes datos son moi significati-

vos con respecto á posición da muller

no mundo académico actual:

˜ O 53 % do alumnado universita-

rio correspóndese con mulleres.

˜ Enxeñería e arquitectura técnica,

enxeñería e arquitectura e en xeral

tódalas enxeñerías son ás áreas

con menor presenza feminina cun

25’2 %, 29’1 % e cun 26’8 % respec-

tivamente.

˜ Só o 34 % do profesorado univer-

sitario é feminino.

Sabendo que nos últimos anos estas

cifras non pararon de aumentar pode-

mos extraer unha sinxela conclusión:

MULLERES NA HISTORIA DA CIENCIA

Sen dúbida a situación da mu-

ller ten mellorado moito ó lon-

go da historia. O labor levado a

cabo polas primeiras científicas

foi esencial para acadar a situa-

ción actual. Grazas a súa valen-

tía hoxe en día só nos quedan

pousos da discriminación que

elas padeceron. Hai que seguir

traballando para derrubar os

derradeiros atrancos e poder

vivir así nunha sociedade iguali-

taria para homes e mulleres.

Esther Álvarez

(extracto dun artigo )

QUE PAPEL SE LLES CONCEDEU ÁS MULLERES NA HISTORIA DA CIENCIA?

POR QUE FORON MENOSPREZADAS

DURANTE TODA A HISTORIA (DA CIEN-

CIA)?

CAL É A SITUACIÓN ACTUAL DA

MULLER NA CIENCIA?

Page 30: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O home grego e romano sentía

auténtico pavor polo mal de ollo.

Como podían afastar esta supers-

tición? Un dos remedios utiliza-

dos foi recorrer á imaxe do falo e

da Figa (figuración do sexo femi-

nino representado por unha man

pechada que deixa asomar a punta

do polgar entre o dedo índice e

corazón). Dito así, unha persoa

do século XXI podería preguntar-

se se estes

r o m a n o s

ou gregos

eran uns

o b s e s o s

sexuais...

A resposta

é non. A

representa-

ción do falo no mundo clásico

está libre de toda connotación

pornográfica, o seu significado é

relixioso e protector, por iso, co-

locábano nas portas exteriores de

súas casas, en pontes, en colum-

nas e incluso nos pavimentos das

rúas para indicar unha dirección.

Se pensamos que este costume

clásico desapareceu na actualida-

de, equivocámonos, porque falos

estilizados non son máis que os

antigos chamadores das portas, os

pináculos e as chemineas que

adornan a paisaxe dos nosos tella-

dos. Reminiscencias son tamén os

símbolos das frechas que utiliza-

mos para sinalar unha dirección.

As Figas atopámolas en amuletos

realizados en ébano de forma

artesanal, para escorrentar o mal

de ollo, a

envexa, os

celos e co-

mo protec-

ción contra

as doenzas.

A n t i g a -

mente as

nais acostu-

maban a colocar a Figa ao lado

dos nenos acabados de nacer..

A mitoloxía tamén reflicte a uti-

lización do falo cun fin protector

como se pode observar nas pare-

des do vestíbulo da Casa dos Vetti

en Pompeya onde se encontra

pintado ao fresco un dos deuses

menores, Príapo, representado

cun enorme e rechamante falo en

erección. Considérase a Príapo

deus protector de hortos e xar-

díns, o que escorrenta aos la-

dróns, espantallos, portador de

boa sorte e que neutraliza os ma-

leficios daqueles que intentan

prexudicar as colleitas. Os seus

atributos máis frecuentes son a

podadeira e demais instrumentos

de xardinaría. O fresco coa imaxe

de Príapo nas paredes do vestíbu-

lo cuberto da Casa dos Vetti

áchase pois plenamente xustifica-

do, servir contra o mal de ollo

daqueles envexosos da riqueza da

casa. Do nome do deus Príapo

deriva a palabra priapismo, doen-

za que describe unha erección

permanente e dolorosa sen exci-

tación sexual, da que non se co-

ñece a causa.

Esta breve exposición intenta su-

xerirnos que o mundo clásico

non morreu, que somos os seu

descendentes, que sobrevive ao

noso lado de forma evidente, ás

veces, e camuflada, outras. Como

di o aforismo latino:

“Nihil novum sub sole,”

que quere dicir “Nada novo baixo

o sol”.

Rosa de Ávila

NIHIL NOVUM SUB SOLENIHIL NOVUM SUB SOLENIHIL NOVUM SUB SOLE

Page 31: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O 18 de Marzo era un día marcado nas no-

sas axenda. Dende había varios meses estaba-

mos agardando ese día.

A nosa viaxe por Italia comezaba!!!

Jasmin, Tania, María, Esther, Laura,

Marta, Raquel, Sonia, Viky, Rebeca, Néstor e

eu (Cándido) saímos da estación de autobuses

de Xinzo para dirixirnos ó Mercado de Ourense,

onde María Rosa, Manuel e Miriam, ademais

de compañeiros doutros institutos nos estaban

agardando. Alí collemos o autobús que nos le-

vou a Santiago, e tamén coñecendo aos com-

pañeiros do Couto e da Carballeira. Unha vez

no avión as sensacións eran diferentes, mentres

uns tiñan medo por ser a primeira vez que

montaban en avión, outros dedicáronse a dur-

mir ou a ir entablando amizades.

Cando chegamos a Ciampino, aeroporto

de Roma, atopámonos con xente doutro institu-

to co que íamos vivir esta aventura, eran os

compañeiros de Verín, que tiveran que ir noutro

voo. Despois de varias horas no avión, collemos

un autobús e dirixímonos a Florencia (Firenze).

Polo camiño, para facelo menos pesado, come-

zamos a cantar cancións e a coñecer outros

compañeiros de viaxe, mentres os profesores

nos mandaban calar. Cando chegamos a Flo-

rencia, deixamos as maletas no hotel e fomos

dar un paseo polo centro da cidade, onde case

nos multan por tocar unhas estatuas. Logo vol-

tamos ao hotel. Había que recargar forzas para

ó día seguinte!

O 19 de Marzo comezou a verdadeira

excursión. Tras un almorzo de leite cun cacao que

non se disolvía, o primeiro que fomos ver foi a

Academia de Florencia, onde está a famosa esta-

tua de Miguel Anxo, “O David”. Posteriormente

visitamos a Catedral de Sta. María de Fiori, e como

fronte dela se atopa o Baptisterio de Ghiberti pui-

demos observar as famosas “Portas do Paraíso”.

Algúns de-

cidimos su-

bir á Cúpula

de Brune-

lleschi den-

de onde hai

unha mag-

nífica pano-

rámica da

cidade. Anécdota: sorprendeunos moito foi a ra-

pidez coa que se multiplican os chineses, pois

viron en nós un gran negocio para vendernos os

seus produtos, nun principio eran dous, pero

cando nos demos conta tiñamos sete ó noso re-

dor. Logo fomos comer, esa foi para moitos a nosa

primeira comida italiana, boísima! Pola tarde visita-

mos a Galería de Arte dos Ufizzi, o Ponte Vechio, a

igrexa do Sto. Spirito de Brunelleschi… Tras un día

esgotador, e chuvioso, os profesores deixáronos

saír e fomos cear e logo dar unha volta por Floren-

cia. Quixemos ir de compras, pero os gardas de

seguridade non nos deixaron entrar! Tamén qui-

xemos ir a unha discoteca, pero as poucas nas

que entramos non nos sentimos a gusto. Ás do-

ce voltamos ao hotel, e a diversión continuou

nas habitacións.

E

XC

UR

SI

ÓN

CU

LT

UR

AL

FL

OR

EN

CI

A—

RO

MA

Page 32: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O 22 de Marzo visitamos o Coliseo, un

dos monumentos que todos queriamos ver. Chegar

alí supuxo toda unha fazaña, pois tivemos que pasar

por unha maratón. Blanca, compañeira da Carballei-

ra perdeuse, e non a atopamos ata a hora de comer.

Á saída do Coliseo atopamos unha exhibición de

breakdance, que nos chamou a atención. A conti-

nuación vimos o Arco de Tito, e fomos xantar a un

dos peores sitios de Roma, pois a comida aparte

de ser conxelada, non sabía demasiado ben e o

servizo era pésimo. Despois fomos visitar os Mer-

cados de Traxano, a columna Traxana, e fomos ata

a praza do Capitolio. A última hora da tarde cruza-

mos o Tíber e fomos ata o Trastevere, alí estivemos

na colina do Aventino e visitamos Santa María do

Aventino, por quendas, pois algúns perdémonos.

Ese día foi a nosa última cea en Roma, a máis bara-

ta e saborosa de todas, ceamos todo tipo de pasta

por 2 e 3 euros, nun barrio moi bonito, en com-

pensación do xantar. Logo voltamos ao hotel en

autobús e alí gozamos da nosa última festa.

O 23 de Marzo foi o noso último día

na capital. Pola mañá despedimos os compañeiros

de Verín que marchaban. Tras almorzar visitamos S.

Carlo dei quatto, Fonte de Borromini, e vimos a

famosa escultura de Éxtase de Santa Teresa. Fixe-

mos as nosas últimas compras e collemos o auto-

bús para dirixirnos de novo ao aeroporto de Ciam-

pino, onde todo comezara. Cando chegamos a

Santiago comezaron as bágoas porque sabiamos

que se acabara unha das mellores excursións da

nosa vida. Cando chegamos a Ourense os amigos

da Carballeira foron os primeiros en despedirse,

despois fixérono algúns profesores no Posío, e lo-

go o resto (Couto e Xinzo), fixémolo no Mercado.

Foi unha viaxe inesquecible!!!

Cándido Paniagua e Victoria Feijóo

O 20 de Marzo pola mañá trasladámonos

de novo a Roma en autobús. Iso levounos toda a

mañá, pero para algúns a viaxe fíxosenos algo curta,

xa que fomos durmindo case todo o traxecto, men-

tres os profesores nos molestaban, en vinganza polo

do primeiro día. Cando chegamos a Roma o primei-

ro que vimos foron as Termas de Caracalla. De se-

guido visitamos as Catacumbas de San Calixto, un

lugar un tanto tétrico no que algúns pasaron medo,

xa que aí estaban tumbas. Deixamos as equipaxes

no hotel e despois leváronnos a dar unha volta po-

los arredores. Tomamos un capuccino ao McDo-

nald’s, ceamos mentres viamos por unhas pantallas

como se facían as nosas pizzas, visitamos a Fontana

di Trevi onde cantamos o himno galego mentres os

chineses nos gravaban, e ás doce estabamos na

Piazza de Spanga onde nos dixeran os profesores.

O 21 de Marzo foi un día de emocións. Fo-

mos en METRO ao Vaticano, moitos era a primeira

vez que o faciamos, pero a verdade é que é como ir

en tren, só que podes ir de pé e tes que estar máis

pendente das carteiras. No Vaticano estivemos toda

a mañá. Foi un día de descontrol, todos nos perde-

mos, pois o guía que tiñamos ía con présa, e no que

máis se parou foi na farmacia na que el traballaba.

Ademais, botáronnos fóra da tumba de Xoán Paulo

II por sacar fotos. Visitamos os Museos Vaticanos,

onde vimos os famosos Papa móbil, a fabulosa Ca-

pela Sixtina e a Basílica de San Pedro, onde tamén

se perderon algúns e quedamos só tres co guía. Al-

gúns subimos á Cúpula do Vaticano. Tras unha ma-

ñá un pouco embarullada fomos comer. Pola tarde,

despois de durmir un pouco nas escaleiras da praza

do Vaticano, vimos o castelo de S. Angelo, o mauso-

leo de Adriano, a Piazza Navona e o Panteón, onde

nos atopamos cun profesor que dera clase da Car-

balleira e co que nos fixemos fotos. Pola noite qui-

xemos saír, porque era sábado, pero alí non hai a

festa que hai aquí.

Page 33: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA,

Teresa Moure

Un convento no século XV ve

perturbada a súa rutina polo

desembarco do amor. As revoltas

irmandiñas están protagonizando

unha revolución e o seu ideario

entra nas paredes do convento. Os preceptos

relixiosos abanean.

NUNO [Ri]: Sabedes, madre prioresa, por que amo a

forza e a liberdade dos paxaros? Porque lles

permiten ser libres e non escravos! Non hei de

defender os falcóns. Só quería anunciarvos que

chegará un día en que os pardais deixen de ser

criaturas asustadas e se lancen a perseguir a quen os

fustriga. Se cadra xa estamos nos albores dese día...

SANCHA [soñadora]: Se cadra...!

XOANA: Os mozos serán señores...

SANCHA: E os pobres teremos as riquezas dos pazos.

XOANA: E os vestidos das condesas...

SANCHA: E bailaremos todas as noites...

XOANA: E durmiremos con quen nos pete e non co

guerreiro do señor.

SANCHA: E erguerémonos tarde da cama...

XOANA: E só comeremos amorodos...

NUNO: Amorodos? Eu prefiro comer carne.

XOANA / SANCHA: Ha, ha! Non estades afeitos a ser

falcón!

NUNO: Os auténticos pardais, que gañarán a revolta,

son xentes coma vós.

FIN DE SÉCULO EN PALESTINA,

Miguel anxo Murado

Miguel Anxo Murado viviu varios

anos no mesmo epicentro do

conflito palestino-israelí, primeiro

como cooperante das Nacións

Unidas e logo como correspon-

dente xornalístico. Este libro é un produto das súas

vivencias en Xerusalén e nos territorios ocupados de

Gaza e Cisxordania e van acompañadas de interesan-

tes reflexións sobre a orixe da intifada e os odios se-

culares que enfrontan a palestinos e israelís e que

non parecen ter fin.

“Nestes días, os prisioneiros eran tan numerosos en

toda Cisxordania que o exército empezou a pintar-

lles números nos antebrazos. Cando se soubo, es-

toupou un escándalo no parlamento israelí. Un de-

putado, antigo supervivente dos campos de extermi-

nio nazis, pedía explicacións desde a tribuna, louco

de ira. Pero a explicación era evidente. “Son dema-

siados”, dicía un militar nas noticias, “¿Qué queren

que fagamos? Os nazis facíano porque é un sistema

que funciona ben. Non o copiamos deles, é que así é

como se fan estas cousas...”

Era así como se facían esas cousas...”

SARDINIA BLUES, Flavio Soriga

Illa de Sardeña, ano 2007, tres amigos apuran a vida

entre pequenos roubos, noites de discoteca e

relacións efémeras. Linguaxe a

ritmo de blues para retratar a

xuventude sarda.

“Conseguín chegar cando aínda era

noite pero non vai durar moito, en

poucas horas sairá o sol e as

familias espertarán, prepararanse

para ir á praia, pobres vidas ordenadas sen sorpresas

nin desenfreos nin seducións nin noites en branco,

baixo os chanzos que dan á praia e desvístome e

métome na auga, non o fago nunca, nadar de noite,

de verán non, en maio si, gústame moitísimo, nádase

coma nun soño”

RE

CO

ME

ND

AM

OS

AMOR, RELACIÓNS TERROR

AVENTURAS, CIENCIAS CONFLITO

Page 34: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Nós, o alumnado, cremos que os profesores son

aburridos, amargados e que están encantados con explicar

ano tras ano o mesmo. Mais aquí temos evidencias de que

isto non é de todo certo…

A nosa querida mestra de latín, Rosa, intenta que

aprendamos esta lingua morta da maneira máis divertida

posible…

Rosa-A ver, le preguntamos al verbo…Hola, señor

verbooo!!!¿Qué eres, copulativo, transitivo o in-

transitivo?

Rosa facendo que é o verbo-Soy el verbo ser…

Entonces ¿que soy?

Alumna-¿¿¿¿Transitivo????

Rosa-¡¡¡¡NOOOO cebollina!!!! ¡Soy copulativo! ¿Y si

soy copulativo llevo atributo? Siiiiiiiií, señorita Es-

carlaaaata.

María, a profesora de lingua española, ten máis pa-

ciencia ca un santo! Intenta ensinarnos dun xeito sinxelo

pero isto non a salva de que nalgunhas ocasións as súas

clases sexan monólogos…

“Yo me pregunto, yo me contesto…a ver…yo me lo

guiso yo me lo como…”

“No me pongas esa cara que no te he acusado de

asesinato…”

“Pones ques por todas partes y , o eres García

Márquez o puntúa los textos”

“Mira, ya sé que la uña es tremendamente intere-

sante, pero mira para el tema.”

Alumno-¿Pero García Lorca era novio de Blanco

Amor?

María-No sé, esto no es “Corazón Corazón” así que

no tengo esa información.

Luís, o filósofo do instituto, corríxenos dunha forma moi

construtiva, entre outras cousas…

Alumna-Este texto divídese en varios apartados

Luís-A ver, non me poñas apartados, que eses son

os de correos…

“Aristóteles estaba moi interesado na bioloxía pero

a Platón a bioloxía importáballe un pito…todos eses

bichiños…”

“A ver, que permanece cando Sócrates a espicha??”

“Aristóteles era coma os nenos… e por que?, por

que? , e por que?...”

Manuel, o mestre de hª da arte, intenta que as

“interminables” clases da súa materia sexan máis amenas

explicándoas dun modo un tanto peculiar…

“Xesús dos 30 aos 33 montouna en Xerusalén…”

“No Renacemento aínda seguía ese pensamento

ultracatólico e conservador. O humanismo e o

antropocentrismo só o defendían catro mataos.”

Pilar, a nosa mestra de galego, tenta non perder os estribos

mais nalgunhas ocasións…

“Sábelo? Se non pechamos o chiringuito e ímonos.”

Óscar, o profesor de grego, explícanos o significado das

palabras cunha técnica moi pintoresca…

“A ver, mirade o que fago (ponse nunha esquina da

clase e tira un lapis cara a outra). Vistes o que fixen?

Pois iso é o que significa en grego o verbo ballw

(lanzar).”

Sindo, o gran historiador, explica a historia de España nun

“spanglish”, que fai evidente que está a estudar “el inglés con

1000 palabras” de CCC…Pero que sorte temos de aprender

historia e inglés ó mesmo tempo!!

“A ver, de que vai este texto, de que speakearedes??”

“Isabel II era a que tiña a lot of lovers na Corte”

Tamén nos dá moi bos consellos en ocasións acompañados

de refráns froito da sabedoría popular…

“O estudo é como las lentejas, si quieres las tomas y si

no las dejas.”

“Se vos interesa falamos da actualidade, si no habla-

mos de la Belén Estévez, del Cachuli…”

“Os outros nese programa de teta culo solucionan a

súa vida seguro, vós non!!”

A pesar de que só gozamos un ano (4ºESO) das marabillosas

matemáticas de Marisa, perdurarán na nosa memoria do

mesmo xeito que as súas célebres frases:

“Ollo! Pódelle a este problema un ollo no voso caderno

porque isto entra eh! entra!”

¨FR

ASE

S C

ÉLEB

RES

Saú

do

s d

e A

ntí

a P

ou

sa e

Van

esa

Ro

drí

gue

z 2

ºBA

C

“A ver…isto é facilísimo …entendeche ou non enten-

deche?”

Esperamos non ofender a ningún profesor ou alumno, xa

que non o fixemos con mala intención, só nos propuxemos

facervos pasar un bo rato. Esperamos acadar o noso

obxectivo.

Page 35: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Xogar encántame, Odiar non podo Subliñar axúdame e Expresarme libérame. Falo moito pero Escoito poucas veces. Re, a nota que menos me gusta,

Nasa, apeteceríame traballar aí , Andar polo espazo é o meu desexo. Necesito, para relaxarme, Divertirme e esquecerme de todo.

Escribir axúdame e Zocos nunca poño.

Cachucha de porco que

Rica con grelos

Incluíndolle un pouco de allo

Sabe a cabelos de anxo

Ten moi boa pinta e

Íncolle o dente, logo

Adminístrome un pouco viño

No vaso na matanza deste ano.

Baco, Deus da festa

Oh!! ti si que sabías

Lailolai cantabas

Aturuxos de gaiteiros

Ñoi… que ben soaba

O punteiro tocado en galego.

Úps (o que digo cando me equivoco)

Remendo (acción común en min)

Soños (moitos e variados)

Ulir (non ao fedento!)

Ledicia (valor indispensable)

Amor (sen palabras)

Cedo (o que non chego aos sitios)

Alerxia (enfermidade fastidiosa)

Sinxeleza (así son eu!)

Algarabía (habitual nos sitios que vou)

Durmir (ben prezado…)

Omm (Úrsula, reláxate!)

Verbas (necesítoas para vivir)

Achantaches! (sempre caio!)

Zarabeta (nos meus primeiros anos de vida)

Queixo (rico rico)

Uhh... (máis cara pensativa)

Esperar (non me gusta nada de nada)

Zoar (o vento nos días de inverno)

Adoro comer,

Nunca me encho, o

Xamón faime soñar,

Odio ter que parar.

Quixera poder viaxar

Utilizando o meu compás máxico,

Indo dun lugar a outro

Navegando polos mares sen

Temón nin rumbo,

A descubrir novo mundo

Investigando novas especies en cada

Recuncho do planeta

Onde poida vivir sen preocupacións e poder

Ser libre!!!

Miro pola fiestra Antes de saír á Rúa, son unha Indecisa, penso mentres Abro a porta. Labirintos, son Unicamente Intentos de Superación A unha mesma.

Sol, que me ilumina cada día, Uu, gústanme os contos de medo, Ser solidaria é o meu e a Amizade é unha parte importante na miña vida. A miña Nai, a miña conselleira e son Avergoñada para os que non me coñecen.

Respecto, todos somos iguais, a miña Amiga coñece todos os meus segredos, e a Luz é a que intento ver cando as cousas van mal. Hoxe, intento vivir día a día! Araña, animal a que lle teño pánico.

Page 36: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Nun país chamado “O Cocho” vivían Xulieta

Costeleta e Emilio Solombiño.

Coñecéronse na sala do matadoiro, onde

entablaron unha grande amizade ata que a

adolescencia os separou: Xulieta foi para a

Universidade Ósea e Emilio á dos

Invertebrados. Despois de rematar os

estudos, coincidiron na cola do INEM, grazas

ao cal foron dar ambos á “Carnicería

Casimiro”. Alí, a amizade converteuse en

AMOR!!

Un día, chegou un personaxe con acento

afrancesado e bigote refinado e pediulle a

Casimiro unha costeleta e os namorados

souberon que a súa relación chegara á súa fin.

Sen tempo de despedirse, Costeleta foi dar

cos seus ósos a unha bolsa. Unha semana

despois, na revisión semanal, Casimiro

observou que un solombo, Emilio, estaba cheo

de mofo e desprendía un olor que non se

aturaba. Botouno ao lixo.

Emilio viviu durante un tempo sen traballo,

medio morto. Un día, un home estraño

chamado Mac, de pelo vermello e afro,

implicado en asuntos ilegais, ofreceulle

traballo e Emilio aceptou.

A partir de aí, Emilio Solombiño comezou a

levar mala vida, pero mellor cá de antes. En-

cargábase de traficar con salsas “ketchup”, e,

de paso, esquecer o seu amor.

Un día, despois de facer o reparto, de camiño

á súa casa, a través da vidreira dun restauran-

te, viu, si, a Xulieta e a desgana de vivir desa-

pareceulle. Ela estaba morena, cara torrada,

sobre unha cama de leituga. Cando el xa

estaba preparado para atracar o restaurante,

movido polo impulso do amor, un home cun

bandullo xigante zampou a súa amada nun abrir

e pechar de ollos. Agora si que era a fin: a dela

mais a del. Con desgana dirixiuse onda Mac,

quen lle preguntou que lle ocorría. Emilio

respondeu, tremendo, que xa non quería vivir

pois vira desaparecer a única razón da súa

existencia. Entón, Mac, que tiña sona de

pallaso diabólico, botouno ao lume co obxectivo

de preparar unha rica hamburguesa. Non tiña

corazón.

Pouco despois, un barrigudo a punto de

estoupar entrou no Mac Donalds e pediu unha

hamburguesa, e si, alá foi Emilio engulido, ah,

pero ao chegar ao estómago, viu alguén, un pelo

loiro, un cheiro familiar, si, era ela,

XULIETA!!! Por fin, agora si que ninguén os

ía poder separar. Xuntos para sempre.

Moralexas:

O A

MO

R C

ÁR

NIC

OO

AM

OR

RN

ICO

O A

MO

R C

ÁR

NIC

O

Page 37: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Unha vez, nun país multicolor, naceu

unha princesa baixo o sol, cunha verruga no

seu nariz e un só dente na súa boca, o seu no-

me era Cincenta, a tía era dura de roer, ¡era

máis mala cá fame!

Vivía coa súa madrasta e as súas dúas irmás,

ben, medio irmás. Á súa madrasta e ás súas me-

dias irmás traíaas pola rúa da amargura, facíaas

traballar coma mulas, vestíaas con farrapos, e

por se fora pouco, maltratábaas verbalmente.

Pero nese país non todo eran amarguras, de vez

en cando celebrábase unha festa á que Cincenta

non podía faltar. Organizábaas co diñeiro dos

demais, e por si iso fora pouco, gastaba moito

na súa roupa de marca.

Cincenta, o día antes do baile, deuse un baño

relaxante en leite de burra e unha sesión de

bronceado para poder estar “divina da morte”

para a gran festa.

Cando chegou a hora tan agardada, Cincenta

presentouse cun traxe de Ágata Ruiz de la Pra-

da, unha chaqueta de pel de dinosauro ( única

no mundo) e os famosos zapatos non eran de

cristal, senón de diamantes de trinta quilates de

Dolche Gavanna.

Un aposto príncipe achegóuselle e preguntoulle

se quería bailar con el. Ela, toda chea de razón,

díxolle que non. E logo foise cun hippie..

Andrea Marques Borges 1º ESO

CINCENTA DO REVÉS

Florecer no monte

Medran as flores sobre o campo

descansan os paxaros no niño

vexo os homes traballando a carón do río.

Se me fixo no horizonte

útiles durante moito tempo

vexo ermos os terreos dos nosos vellos.

Jose Fernández (sobre “Anoitecer na terraza”, de

Xavier Seoane)

“Bananas”

Desexara probar

os teus beizos

na eterna alegría

dun día de verán.

Elisabet Quintas (sobre “Campanas” de Luís Amado

Carballo)

Mañá non haberá silencio entre as nosas palabras. Mañá non teremos medo nin soidade

só luz. Mayte López (sobre “Xénese”, de Eduardo Estévez)

Gústame o teu sabor doce e fresco na miña lingua!

Gústame o teu corpo, esa calidez que apreixo!

Gústame a miña ledicia proxectada no teu sorriso!

Gústame o teu silencio nos meus beizos.

Raquel Vázquez ( sobre “Será o teu corpo...?” de

Alfonso Pexegueiro)

Isto dixo no outono a miña derradeira folla: quen me dera ser perenne

para seguir colgada sempre.

Laura García (sobre “Esta será na morte” de Lupe

Gómez)

R

EC

RE

AC

NS

PO

ÉT

IC

AS

Page 38: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

A larapeteira

A muller por curiosidade quer *larapetar, pensou Xan hai moito tempo. A súa tía quixo larapetar de todos, quixo larapetar do cura, quixo larapetar da veciña, quixo larapetar do alcalde, quixo larapetar da peixeira. Cala! –respondeulle o sobriño que a escoitaba sentado- a que quere larapetar, *arrostra. *Larapeteira: que fala máis do conveniente da vida privada dos outros. *Arrostrar: facerlle fronte a unha dificultade.

Carlos Rodríguez (sobre “O preguntón”, de Celso Emilio Ferreiro)

Prohíbese, por mandato do pobo,

que agromen porque si

os corruptos no goberno universal.

Dende xa os chantaxistas teñen

que solicitar permiso para falar.

Prohíbese a Marte

influenciar imperiosos na noite dende o ceo.

Marte é un manipulador que anda ceibe

sendo mala compañía dos traballadores actuais

e das xentes con poder.

Pagarán imposto os estafadores.

Prohíbese mentir de sol a sol.

Prohíbese cuspir (falsos) perdóns.

Pódese mercar tan só cando é época

para que non fiquen

baldeiras as despensas.

Un só debe aforrar

os comentarios e observacións

cando se asoballa

a liberdade das persoas do universo.

Están fóra da lei

os “buracos negros”, o “Inverno”,

os “toxos” e os “voitres”.

Transcríbese este bando en tal e cal

para que se consiga (algún día)

por orde/ necesidade do pobo.

Firmado e “finiquitado”.

Esther Álvarez (sobre “Bando”, de Manuel María)

Por esforzo

Por esforzo teño os pés na terra.

Por esforzo cheguei onde cheguei.

por esforzo son como son,

por esforzo.

Por esforzo dóenme os cadrís

e estóupame o corazón.

Por esforzo dóeme todo.

Por esforzo, só por esforzo.

Ana Barxa (sobre “Por amor”, de Darío Xohán Cabana)

Amor con coitelo: submisión Pecado con razón: lamento Cea con pan: ameaza Verán con chuvia: desterro Conversa con ledicia: unha malleira Vestido con sangue: a derradeira Ti con el fin. Raquel Trigo (sobre “Voz sen verbas”, de Antonio García Teijeiro)

Para que queredes un porco durmido

para que queredes que baile con el,

abrídeo e comédelle a cachucha.

Alba Núñez (sobre “Para que queredes un poeta vivo”,

de Alfonso Pexegueiro)

Page 39: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO

I.E.S. LAGOA DE ANTELA

Que fas cando vas ó baño?

Os resultados das enquisas realizados a pro-

fesorado e alumnado foron moi produtivas.

ofrecéndonos repostas moi graciosas.

A continuación ofrecemos unha síntese dos

resultados:

- Con que frecuencia acostumas ir ó baño?

O 25 % afirmou ir 2 ou 3 veces ó día

O 40 % 4 ou 5 veces ó día

O 35 % máis de 5 veces ó día

- Vas só ou acompañado?

O 85 % dos enquisados respondeu ir só

O 15 % respondeu ir acompañado

- Levas algún obxecto contigo?

O 35 % afirmou que si

O 65 % dixo que non

- Se a pregunta anterior respondiches si,

indica cal:

-A consola da miña irmá

-A maquillaxe para deixarllo á miña amiga

-A revista para informarme dos cotilleos da familia real

- Gústache pechar a porta con chave?

O 55 % responde que si

O 45 % responde que non

- Cando rematas tiras da cisterna ou prefi

res que o faga outro/a?

70 %: prefiro tirar eu

30 %: deixo que tire outra persoa

- Acostumas a ler no baño? O 40 % di que si

O 60% di que non

- Se respondiches si a pregunta anterior, que

acostumas ler?

-Revistas do corazón

-Poesía

-Novelas románticas

- Vas sempre que tes ganas?

O o 95 % afirmou que si

O 5 % dixo que non

- Cal é a túa opinión sobre o baño?

-É imprecindible na casa.

-É moi bonito

-Parece un cortello

-É o lugar máis íntimo da casa

-É o peor sitio da casa

- Que fas se vas ó baño dun bar, realizas as túas

necesidades e te decatas de que non hai pa-

pel?

-Poñerme de malas e largarme

-Sacar un pano de papel do bolso

-Pedirlle papel ó camareiro

-Miro antes de facer nada

- Por que cres que as mulleres van de dúas en

dúas ó baño?

-Para cotillear e contarse as súas cousas

-Para contarse chistes

-Para poder facer as súas necesidades máis rápido e aga-

rrarlle do bolso á amiga

Page 40: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

Todos os 25 de Abril, os portugueses cele-

bran o fin da ditadura de Salazar. Portugal era o único país que en 1974 tiña colonias en África. Alí enviaban a tropas pa-ra combater. Todo comezou a noite do 24 de Abril, can-do ás doce da noite soaba na radio, tomada polos revolucionarios, o himno da Re-volução (Grándola Vila Morena). Ese foi o inicio da revolución máis pacífica e bonita de toda a historia da humanidade. Apenas houbo mortos, tan só catro. Pero en cambio os caraveis triunfaron e foron moi-tos os que se dispararon. Conta a lenda que unha florista ao saber de que a ditadura caera, comezou a rega-lar caraveis na praza de Lisboa. Os soldados puxéronos nos fusís das súas armas. A Ditadura caera e Portugal xa era LIBRE. Este 25 de Abril tamén celebra-mos o aniversario da nosa amiga e compañeira Raquel. Todos lle cantamos os parabéns e o Grán-dola Vila Morena (No Area 12). Ademais regalámoslle un dicio-nario de portugués. Ese sábado saímos coa bandeira de Portugal para rememorar todo o aconte-cido no país veciño e porque fala un idioma que nos gusta.

Cándido Paniagua

Aparentemente reina a normalidade no

País do “orgulhosamente sós” salazarista. Madrugada de 25 de Abril. Portugal dorme. Num posto de comando clandestino, há um aparelho de rádio sintonizado. Á sua volta alguns oficiais das Forças Armadas esperam ansiosos ouvir a senha que confirmará o curso irremediável da revolução planeada. Ela virá em forma de uma canção: “Grândola, Vila Morena, Terra da fraternidade, O povo é quem mais ordena, Dentro de ti, ó cidade”. Por todo o país iniciam-se movimentações militares, com os capitães de abril, rapazes e homens que foram obrigados a combater nas colónias. Soldados saem às ruas em tanques e camiões. A massa de populares avoluma-se com eles. E ocorreu então um caso extraordinário, até hoje sem explicação. As mãos do povo sostinham milheiros de cravos vermelhos, dos que seriam enfeitados os fuzis dos militares. Seis horas mais tarde o regime ditatorial desmorona-se e instaura-se a democracia. Iniciáva-se a Revolução que iria causar a surpresa e a admiração do mundo. Foi a mais linda festa política que se viu nunca,

uma revolução pacífica em que só morreram 4 pessoas a mãos da PIDE, a polícia política. E nós, as alunas e alunos de português do 1º de bacharelato quisemos festejar este dia e saímos à rua com a bandeira p o r t u g u e s a . A l g u n s pusemos um cravo nas nossas roupas e além disso pedimos num bar para nos porem a canção com que a revolução teve o seu início, esse foi, sem dúvidas, o momento mais giro da noite.

Raquel Trigo

25

de

Ab

ri

l :

Re

vo

lu

çã

o d

os

cr

av

os

Page 41: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

É deber de cada persoa no mundo non discrimi-

nar, non insultar, non entristecer un imigrante máis

do que está, por non estar xunto á súa familia, ami-

gos, e o aire do seu país.

Vouvos contar a historia dunha nena que naceu en

Marrocos, en Mohamedia (unha cidade preto de

Casablanca). Naceu nunha familia moi feliz, entre

unha nai e un pai, tres irmáns e unha irmá. A única

sombra era a falta do pai e dous irmáns seus que eran

emigrantes.

A nena empezou a crecer, toda a súa familia estaba

moi contenta con ela porque era a máis pequena.

Creceu nunha cultura e tradición orientais, no medio

da relixión Islámica: as mulleres levaban veo (pero no

seu país, Marrocos, non era obrigatorio, só o levaba

quen quería), a xente rezaba nas mezquitas, os venres

era tanta xente a rezar que non había mezquitas

suficientes para todos. No Ramadán (os 30 días de

xexún), o ambiente era totalmente diferente, excepto

os nenos a xente non podía comer ata o solpor. E era

a partir da idade da pubertade cando se tiña que

cumprir o Ramadán. Eses días, cando chega a hora de

comer, as rúas quedan como desertos, sen xente, e

despois de comer hai xente que vai rezar, xente que

sae, porque nesa cidade fanse moitos festivais onde

hai cantantes marroquís e tamén estranxeiros, hai

ambientes moi familiares, con visitas entre parentes

que quedan espertos ata ben entrada a noite. Despois

hai xente que se levanta ás cinco da mañá para comer

anter do nacer do sol, para non sentir fame durante o

día.

Agora, xa entendedes un pouco do ambiente onde

creceu esta nena.

Chegou a hora que foi ó colexio, onde fixo moitos

amigos cos que xogaba e cantaba todos os días moi

contenta. Empezou a falar o "marroquí", a lingua

corrente que se fala entre a xente na rúa e nas

familias, e empezou a escribir o árabe, que se escribe

da dereita para a esquerda e que era a língua oficial

do país.

Entre os seus amigos destacaba unha nena chamada

Dunia, era a súa mellor amiga, eran veciñas e nunca

se separaban, pasaban as tardes unha na casa da

outra, xogando con bonecas, cache cache...

Nas vacacións, cando viña o seu pai do estranxeiro,

ían de vacacións a outras cidades de Marrocos: a

Rabat (a capital), Agadir, Tanger, e outras, ás praias de

Mohamedia e Casablanca (Sablete, David , Markaze,

Manisemane...).

A nena sentíase a máis feliz do mundo, acostumada

ao mundo onde vivía, aos seus amigos, á maneira

como celebraban as festas e a todo que a rodeaba.

Entón chega un día marcado para ela na súa vida, sen

entender, sen saber como nin por que, chega unha

tempestade forte que a levanta e a pon no medio do

mar e sen orientación, sen saber onde se dirixe.

A tempestade levouna para unha terra, un

país, onde todo era diferente, a cultura occidental, a

lingua, a xente, as tradicións, todo por completo era

diferente. Ese era o país para onde emigrara o seu

pai, Portugal,

onde tiña un

comercio, unha

t e n d a d e

alfombras.

Á nena de 6 anos

todo lle parecia

moi raro, os

veciños non eran os mesmos que coñecía e que a

saudaban sempre que a vían, a casa non era o

mesma. Todo era distinto.

Chegou a Portugal no inverno, e estaba empezando o

Ramadán, e para a nena non era o mesmo, non era o

mesmo ambiente, non estaba a familia, e despois da

hora de comer non saían como era habitual. Pero

todo iso poderíase aguantar. Onde a nena sufría máis

era no colexio. Todo o que aprendera no seu país non

lle servía para nada. A lingua era distinta, nin sequera

sabía como se dicía grazas, non conseguía expresarse,

entenderse cos profesores, e iso impedíalle achegarse

aos colegas da súa clase, e facerse amiga deles.

Pasaba os recreos aillada, soa, sentada nun sitio á

parte, non podía xogar cos nenos da súa idade.

Sentada co corazón a latexar moi forte, con ganas de

xogar e correr cos nenos, os ollos con lágrimas por

non poder e coa cabeza pensando nos bos momentos

U

N T

IP

O D

E V

ID

A I

NM

IG

RA

NT

E

Page 42: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

que pasara cos seus amigos en Marrocos.

Despois de pasar días, semanas e meses, empezou a ir

coa súa irmá, despois de clase, á casa dunha profesora

particular para aprender o idioma.

Polo seu gran esforzo, coa axuda da profesora

particular, dos profesores no colexio, coa axuda do pai,

empezou a entender e falar o idioma, e a mellorar en

clases. Pero como empezou a entender a lingua, ás

veces, no colexio escoitaba cousas que non lle

agradaban, algúns nenos dicían "marroquina, vai para a

tua terra, aquí nao fazes nada", aínda así continuou a

esforzarse, e conseguiu aprobar o seu primeiro curso

alá, e todos os demais cursos ano tras ano.

Conseguiu facer amigos e empezou a xogar con eles,

fíxose amiga dunha rapaza que ía na súa clase, e que

vivía preto da súa casa, Cristiana. Fixéronse amigas e

tiveron varias experiencias xuntas.

En Portugal a escola primaria acaba no 4º ano, e despois

hai que ir para o instituto que é desde o 5º ano ata o 9º

ano (que aquí en Galicia equivale a desde o 5º de

primaria ata 3º da ESO).

A nena creceu e converteuse nunha moza, xa estaba

ben integrada e fixo un montón de amigos con quen ría

e falaba e cos que podía contar sempre que quixera.

Divertíase moito con eles, en excursións, nos recreos,

nos seus aniversarios. Conseguiu esquecer os malos

momentos polos que pasara ao principio, e xa se sentía

ben cos seus amigos, o que era importante para ela. E a

súa profesora de Inglés, que a entendía moi ben e en-

tendía a súa cultura, foi unha super profesora para ela.

Pasou o tempo, foi aprobando, e a ter cada vez máis

éxito escolar, era unha das mellores da clase.

Ufffffffff. Outra vez, por 2º vez, chega unha

tempestade que a vai atacar. O seu pai caeu

enfermo, tivo un infarto de miocardio e foi asegurado

en España.

Despois da operación, o seu pai, como tiña

nacionalidade española, decidiu quedar en España,

xubilado, porque non podía traballar máis.

A rapaza sentíase moi mal polo que lle pasara a seu pai,

quen, a partir dese momento, non podía facer ningún

tipo de esforzo e tiña que tomar moitos medicamentos

para o resto da súa vida. Vía a seu pai moi triste, non

era o mesmo de sempre, o que ría, o que lle contaba

cousas, o que lle axudaba sempre...

Tivo outra vez que deixar os seus amigos, que lle

custara moito facelos, tivo que deixar os veciños e toda

a xente con que pasara unha boa parte da súa vida, tivo

que deixar a Cristiana que era como unha irmá, tivo

que deixar todo. Tivo que vir para Galicia, onde o seu

pai estivera nos 70 e 80, e tivo que continuar os seus

estudos aquí, aprender de novo outros dous idiomas: o

galego e o castelán.

Pero como xa tiña 15 anos e era moi responsable pola

experiencia da vida, continuou a estudar no curso en

que estaba, coa axuda de varios profesores, e unha

super amiga que a axudou un montón, Isabel

Fernandez Diez, nunca vai esquecer como a axudaba en

clases.

Tiña medo de non conseguir aprobar polas dificultades

que tiña, pero conseguiunas superar e aprobou ese

curso e só deixou unha materia que logrou aprobar en

setembro. E está intentando aprobar o seguinte curso,

o actual, e ir á universidade e facer unha carreira.

Agora xa é o final, esta rapaza encóntrase neste

instituto que todos coñecedes: Instituto Lagoa de

Antela.

Está é a miña história, déuseme a oportunidade de

escribir sobre a inmigración, e quixen escribir a miña

propia vida, a vida dunha inmigrante. Son eu, Fatima

Zahra Fathallah Fathallah, a vosa amiga que coñecedes.

Fatima Zahra Fathallah Fathallah

Page 43: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

O dia 19 de xaneiro, como que-

dara prometido, algúns dos que formáramos parte deste “intercambio”o ano pasado, xun-támonos cos alumnos de Maceda. Esta vez

tocounos a nós facer de guías para mos-trarlles a terra limiá. Primeiro, dirixímonos a Lodoselo, onde Carmen nos propuxo, nada máis chegar,

uns xogos para quitar as primeiras vergoñas que xurdiran unha vez máis. O xogo máis orixinal, que nos desconcertou un pouco,

foi un no que nos tiñamos que poñer por parellas e presentarnos con cara de terror.

Logo fomos amasar o pan ó forno da aldea,

alí explicáronnos a maneira tradicional de facer este delicioso alimento. Mentres se cocía, dirixímonos á casa rural para facer pulseiras con coiro. As primeiras resistíron-

senos pero pouco a pouco collémoslle o tru-co (ata nos propuxemos dedicarnos a vende-las nas festas).

Ó mediodía comemos caldo, polo con pata-cas e de sobremesa flan. Logo de gozar do xantar e quedar coa barriga ben chea, lemos

unhas lendas e uns compañeiros tocaron unha fermosa peza coa gaita. Á tardiña collemos os nosos pans xa cocidos

e fomos ó Mosteiro de Trandeiras. Non pui-demos entrar á igrexa por iso aproveitamos para “explorar” os arredores.

Máis tarde fomos á Torre de Pena e dende alí gozamos das marabillosas vistas da Limia.

A partir de aí, o seguinte destino era xa o instituto, polo que nos despedimos dos nosos “colegas”de Maceda cun ata logo rápido para

subir correndo ó autobús polo frío que fa-cía. Por último, queríamos dicir que foi un pra-cer facer este último artigo para a revista

antes de continuar o noso camiño fóra do instituto, para lanzarnos a esa “aventura” chamada universidade. Grazas por todo.

Antía Pousa e Vanesa Rodríguez

VIA

XE

A L

OD

OSE

LO

VIA

XE

A L

OD

OSE

LO

Page 44: REVISTA NO LÍMITE

NO LÍMITENO LÍMITENO LÍMITE

No Límite No Límite ENDL IES ENDL IES Lagoa de Antela Lagoa de Antela No Límite No Límite

2008—

2009 n

º 15

IES Lagoa de Antela, un corredor das au-

las de 3º: - Estamos no mesmo grupo. - Grupo de que?! - Grupo de traballo na proba de orientación. Xa verás que xogo nos preparou Tomás.

- Por certo, ti sabes chegar a Lodoselo? - Esa é a primeira proba, chegar ao CDR O VisO. Esta conversación sería imposible nun deses mega-centros das cidades, neses cemiterios de elefantes aos que a maioría do profesorado

aspira pertencer algún día. E sería imposible porque aí non haberá un Tomás disposto a

"currarse" un magosto coma este. Porque a relación entre unha profesora de inglés e unha de galego non será tan cordial. Porque a metade da xente non coñece a outra metade.

Porque non existe un Lodoselo para gozar. Tocou madrugar, a algúns máis ca outros. En

Ourense facía un frío do demo e a néboa amea-zaba con estragarnos o día. Pero o experto copi-loto xa dicía que alá no alto non habería néboa,

que iamos ter un día estupendo (e acertou me-llor ca Pemán).

O mapa e Tomás falaban de pistas de concentra-ción, asfaltadas, así que cando chegamos a onde o asfalto se acabou, onde o GPS non indicaba

nada, onde cada viaxeiro tiña unha opinión dife-

rente, houbo que botar man do sentido común. Os dous vellos que parecían non fiarse moito dunha muller ao volante tamén axudaron. Apar-camos diante do CDR O Viso: caras coñecidas, compañeiros de traballo durante a semana, pero

agora con roupa de camiñata e fillos. Algún des-coñecido tamén, pero só por uns minutos. Entramos no cuberto, o lume dentro daquel forno circular tróuxeme á memoria a miña tía Albina, nacida no 1894, muller solteira que "quedou na

casa" e tivo que quentar moitos fornos para facer pan para a familia de súa irmá; tivo que apañar moitos toxos vellos para facer o mellor lume para cocer, e alegroulles o día máis dunha vez aos so-briños dándolles as "bolas da porta aberta", o

inchón que nos deron a probar a media mañá, can-do a fame xa nos acompañaba na excursión domi-

nical. Os pequenos pasárono estupendamente facendo o seu boliño de pan, e Ivón e Lucía pa-recían dúas auténticas muilleiras coa cara bran-ca. Seguro que os seus pais lles contaran o conto do lobo e os cabritiños.

Nos xogos populares comezou a rivalidade, e as chaquetas foron quedando nos bancos. A comida deu para moito, ata para que chegasen os que antes foran facer ciclismo pola cidade. Pero o mellor veu pola tarde, o xogo de

orientación. Se fora capaz de chegar a Lodoselo non ía quedar atrás por culpa dun compás que nin sabía como se collía. Menos mal que a miña

colega de xogo preguntou se había que mirar a agulla a onde apuntaba a parte encarnada ou a negra. A maioría das árbores estaban dominadas, carballos do país e americanos, cerquiños,

abeleiras, castiñeiros, bidueiros, acivros, sanguiños... E ata unha especie que seguro que descubrimos nós: o Abetus Caducus (é que a maioría das árbores aparecían identificadas pola

folla no noso caderno de campo, pero esta non. Sabiamos que era un abeto e de folla caduca,

por que non ía ser ese o nome científico?). Ademais de admirar a capacidade de traballo do compañeiro que preparou todo, descubrimos

árbores e plantas que non coñeciamos, cogomelos e bolboretas que, aínda sen

invitación, quixeron acompañarnos na excursión, o inchón, o santo "San Guan" (para que saia bo pan) e a marabillosa labor de todos os que

forman parte do CDR O Viso.

Uxía Nogueira MA

GO

ST

O E

N L

OD

OS

EL

O 2

00

8