Revista Trisquel

4
AMENCER INFORMA: Sabías que… …A XXVª O.Q. atendeu, neste Nadal, a través de 24 Cáritas Parroquiais a 1.006 familias formadas por 3.404 persoas. … Durante as vacacións de Nadal Amencer estivo a cen cun curso de Monitores de Tempo Libre, no que participaron 25 mozos e mozas de Ourense; IV a Edición de Mañás de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 11 anos de idade; A Tope na Ponte en Nadal, con actividades abertas e gratuítas polas tardes de 17:00 a 20:00 h.; o Festival Solidario Boscomusic, e os seus ensaios correspondentes con todo o recadado para Proxecto Home; Obradoiros no CCPV; Torneo 24h de fútbol sala; 5x5 de Baloncesto; Díamencer, o 23 de decembro, de 10:30 a 02:00 h.; e unha manchea de actividades internas de programación, convivencias, traballos de xestión... participando máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas atendidos por preto de 300 voluntarios e voluntarias de Amencer. EDUCANDO XUNTOS Para estar na mesma clave, esta vez propoñemos que visitedes con certa frecuencia a nosa páxina web amencer.org. Nela se indican as actividades que imos a realizar. Tamén se pode ver e descargar as publicacións que realizamos, entre elas esta que tes nas túas mans. O obxectivo da nosa páxina web é que estedes o máximo de informados e que haxa o mínimo de malentendidos posibles para que entre todos poidamos seguir traballando na educación dos vosos fillos e fillas, uns desde o ámbito familiar, o máis importante, e outros desde o tempo libre. Ademais se queredes, podedes recibir unha folla informativa dixital semanal que denominamos “O Chisqueiro dixital”, no que informamos máis polo miúdo das novas de cada semana ou quincena. Xa sabedes quen queira pode estar super-informado da vida de Amencer. COLABORACIÓN FAMILIAR Seguimos indicando en cada Folla Trisquel unha acción concreta para estar máis implicados como familia en Amencer. A principios do ano propoñémosvos participar nun club de lectura de adultos. A todas e todos a quen vos gusta ler e queredes contaxiar este bo hábito ás vosas fillas e fillos, que mellor xeito que vervos ler na vosa propia casa! En Amencer temos tres clubs de lectura: Un para as vosas fillas e fillos, outro para as animadoras e animadores, e un terceiro para as familias das rapazas e rapaces que participan nas actividades de AMENCER. A organización é moi sinxela: Hai que inscribirse en Amencer. É de balde, non custa nada. Teremos algunha xuntanza arredor dun libro; a data e a hora porémola entre quen participemos. Apúntate neste mes e xuntarémonos para organizar o noso club de lectura. Anímaste? Boas amigas e amigos: Como é habitual de todos os inicios dos trimestres, dende Amencer poñémonos en contacto con todos vós mediante esta publicación para transmitirvos todas as novas da asociación. Nas páxinas seguintes podemos observar unha memoria fotográfica das actividades realizadas no primeiro trimestre e das actividades conxuntas máis destacables do trimestre que comeza. Como xa saberedes, este é un ano importante para Amencer, por ser o ano do seu 25º aniversario. Dende Amencer xa o levamos celebrando con pequenos xestos dende o comezo do curso, pero neste 2º trimestre, na fin de semana do 24 e 25 de marzo será cando realicemos as actividades máis importantes para todos nós. Ide reservando as datas para poder celebralo todos xuntos por todo o alto. Un saúdo Aburiño e pasádeo ben. Vémonos! Folla Voante Trisquel folla voante Saúdo Recuncho das familias xaneiro/marzo 2012 2ª tempada/ nº11

description

Revista trimestral de las actividades de la AXA

Transcript of Revista Trisquel

Page 1: Revista Trisquel

AMENCER INFORMA: Sabías que… …A XXVª O.Q. atendeu, neste Nadal, a través de 24 Cáritas Parroquiais a 1.006 familias formadas por 3.404 persoas.

… Durante as vacacións de Nadal Amencer estivo a cen cun curso de Monitores de Tempo Libre, no que participaron 25 mozos e mozas de Ourense; IVa Edición de Mañás de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 11 anos de idade; A Tope na Ponte en Nadal, con actividades abertas e gratuítas polas tardes de 17:00 a 20:00 h.; o Festival Solidario Boscomusic, e os seus ensaios correspondentes con todo o recadado para Proxecto Home; Obradoiros no CCPV; Torneo 24h de fútbol sala; 5x5 de Baloncesto; Díamencer, o 23 de decembro, de 10:30 a 02:00 h.; e unha manchea de actividades internas de programación, convivencias, traballos de xestión... participando máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas atendidos por preto de 300 voluntarios e voluntarias de Amencer. EDUCANDO XUNTOS Para estar na mesma clave, esta vez propoñemos que visitedes con certa frecuencia a nosa páxina web amencer.org. Nela se indican as actividades que imos a realizar. Tamén se pode ver e descargar as publicacións que realizamos, entre elas esta que tes nas túas mans. O obxectivo da nosa páxina web é que estedes o máximo de informados e que haxa o mínimo de malentendidos posibles para que entre todos poidamos seguir traballando na educación dos vosos fillos e fillas, uns

desde o ámbito familiar, o máis importante, e outros desde o tempo libre. Ademais se queredes, podedes recibir unha

folla informativa dixital semanal que denominamos “O Chisqueiro dixital”, no que informamos máis polo miúdo das novas de cada semana ou quincena. Xa sabedes quen queira pode estar super-informado da vida de Amencer.

COLABORACIÓN FAMILIAR Seguimos indicando en cada Folla Trisquel unha acción concreta para estar máis implicados como familia en Amencer. A principios do ano propoñémosvos participar nun club de lectura de adultos. A todas e todos a quen vos gusta ler e queredes contaxiar este bo hábito ás vosas fillas e fillos, que mellor xeito que vervos ler na vosa propia casa! En Amencer temos tres clubs de lectura: Un para as vosas fillas e fillos, outro para as animadoras e animadores, e un terceiro para as familias das rapazas e rapaces que participan nas actividades de AMENCER. A organización é moi sinxela: Hai que inscribirse en Amencer. É de balde, non custa nada. Teremos algunha xuntanza arredor dun libro; a data e a hora porémola entre quen participemos. Apúntate neste mes e xuntarémonos para organizar o noso club de lectura. Anímaste?

Boas amigas e amigos: Como é habitual de todos os inicios dos trimestres, dende Amencer poñémonos en contacto con todos vós mediante esta publicación para transmitirvos todas as novas da asociación. Nas páxinas seguintes podemos observar unha memoria fotográfica das actividades realizadas no primeiro trimestre e das actividades conxuntas máis destacables do trimestre que comeza. Como xa saberedes, este é un ano importante para Amencer, por ser o ano do seu 25º aniversario. Dende Amencer xa o levamos celebrando con pequenos xestos dende o comezo do curso, pero neste 2º trimestre, na fin de semana do 24 e 25 de marzo será cando realicemos as actividades máis importantes para todos nós. Ide reservando as datas para poder celebralo todos xuntos por todo o alto. Un saúdo

Aburiño e pasádeo ben. Vémonos!

Folla Voante Trisquel

folla voante

Saúdo

Recuncho das familias

xaneiro/marzo 2012 2ª tempada/ nº11

Page 2: Revista Trisquel

Os teus fillos e fillas, os protagonistas

folla voante

Page 3: Revista Trisquel

Neste trimestre será...

Festa do

Entroido

Noite Trsiquel

Festa de Reis

Festa de Don Bosco

Saída á neve

...e moito máis!!

Page 4: Revista Trisquel

Última hora! Estamos no curso 2011-2012, curso no que

celebramos o 25º aniversario da Asociación Xuvenil AMENCER. Si, 25 anos crendo na xente miúda e na xente moza. Si, 25 anos apostando por un mundo moito máis ilusionante e solidario do que temos. E queremos celebralo todo o curso, e iso estamos facendo proxecto por proxecto. Pero a grande festa do noso 25ª aniversario será o venres 23, sábado 24 e domingo 25. Porfa apuntade estas datas nas vosas axendas e deixade libre esa fin de semana para celebralos todos xuntos fillos/as, pais/nais, animadores/as, amigos e amigas de Amencer. O venres pola tarde será para a xente moza, o sábado pola mañá para os rapaces e rapazas, o sábado pola tarde o acto institucional, o sábado pola noite para voluntarios/as e ex-animadores/as destes 25 anos de Amencer; e o domingo pola mañá para todos cunha eucaristía ás 12:00 e logo un ágape para todos na Sala Aberta. Contamos con vós! .

xaneiro’12

Día Grupo(s) Actividade Horario

13 CATECUMENADO “Festa Xuvenil de Reis” 22:00 a 00:00

14 BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa Infantil de Reis” 11:15 a 13:00

20 BUXAINA “Preparación de Xoan Bosco” 17:45 a 19:30

21

ANDAINA ”O Saltimbanqui” 11:15 a 13:00

ADS ”Preparamos a festa”

CATECUMENADO ”Xuntanza en Lugo” (Consultar en

Amencer)

28

ANDAINA ADS ”Preparación da velada” 11:15 a 13:00

BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa de Xoan Bosco” 16:30 a 18:30

febreiro’12

3 BUXAINA “A Odisea” 17:45 a 19:30

4 ANDAINA

“Os pitufos: Na búsquea da esencia Azul” 11:15 a 13:00

ADS “Oca-Bosco”

11

BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO PAIS

“Saída á neve” 10:00 a 19:00

18 BUXAINA ANDAINA ADS

“Festa Infantil de Entroido” 11:15 a 13:00

24 BUXAINA ”Asalto a Troia” 17:45 a 13:00

25 NON HAI ACTIVADES.

TODOS Do 17 ó 22 ATP: Entroido (Consultar en

Amencer)

marzo’12

2 BUXAINA ANDAINA ADS

“Noite Trisquel” (quedamos a durmir o Venres 2)

22:00 (día 2) a 9:30 (día 3)

9 BUXAINA “Circo Romano” 17:45 a 19:30

10

ANDAINA “As aventuras de Tintín”

11:15 a 13:00 ADS

“Aventura na Cidade: Lugares con encanto”

17

BUXAINA ANDAINA

“Xuntanzas Preandaina e Andaina en Vigo”

9:30 a 19:30

ADS “Aventura na Cidade: MCS” 11:15 a 13:00

24 BUXAINA ANDAINA ADS

“25 Anos” 10:30 a 13:00

25 NON HAI ACTIVADES. (VACACIÓNS DE SEMANA SANTA)

Calendario do segundo trimestre

*Os grupos de Catecumenado teñen o seu ritmo propio de reunións semanais

Publicidade

Folla voante xaneiro/marzo 2012

2ª tempada/nº 11

Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Laura Valcárcel e Xulio César Iglesias Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz e Borja Sampayo Impresión: Gráficas Olympia

Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: [email protected] Web: www.amencer.org

Edita:

Colabora: