Rosalia13

1
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!… ROSALÍA DE CASTRO (24 DE FEBREIRO DE 183715 DE XULLO 1885) BIBLIOTECA Ceip “Castro de Ouro” 2012-2013 CAMPANAS DE BASTABALES Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sen querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Doiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Solo media me deixaron os que de aló me trouxeron os que de aló me roubaron. Os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres que se encontra no Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Com- postela. . NEGRA SOMBRA Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa Si cantan, es ti que cantas si choran, es ti que choras i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras nin me dexarás nunca sombra que sempre me asombras. Morreu o 15 de xullo de 1885 aos 48 anos na súa casa de A Matanza (Padrón ) Hoxe casa museo. Casa onde naceu Rosalía (Santiago de Compostela) Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febrero de 1837. Filla de María Teresa de la Cruz Castro y Abadía e do sacerdote José Martínez Viojo. Ata os oito anos viviu coa súa tía paterna nunha aldea preto de Padrón (Castro de Or- toño). Maís tarde foi a vivir a Padrón coa súa nai. En 1856 Rosalía trasládase a Madrid. Alí coñece a Ma- nuel Murguía co que casa dous anos máis tarde.. Por motivos de traballo do seu marido vivirá en distin- tos lugares: A Coruña, Ma- drid , A Mancha, Extrema- dura e Simancas. Rosalía tivo sete fillos . En 1863 apareceu en Vigo o seu primeiro grande libro “Cantares Gallegos” Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón. Alí remata Folllas Novas e escri- be En las orillas del Sar. Rosalía escribiu en galego e en castelán, en prosa e en verso. A súa obra está profunda- mente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida, apuros económicos,

Transcript of Rosalia13

Page 1: Rosalia13

Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón,

i eu non me acordo xa se era aquel cravo

de ouro, de ferro ou de amor.

Soio sei que me fixo un mal tan fondo,

que tanto me atormentóu,

que eu día e noite sin cesar choraba

cal choróu Madalena na Pasión.

“Señor, que todo o podedes

-pedínlle unha vez a Dios-,

dáime valor para arrincar dun golpe

cravo de tal condición”.

E doumo Dios, arrinquéino.

Mais…¿quén pensara…? Despois

xa non sentín máis tormentos

nin soupen qué era delor;

soupen só que non sei qué me faltaba

en donde o cravo faltóu,

e seica..., seica tiven soidades

daquela pena…¡Bon Dios!

Este barro mortal que envolve o esprito

¡quén o entenderá, Señor!…

ROSALÍA DE CASTRO (24 DE FEBREIRO DE 1837– 15 DE XULLO 1885)

BIBLIOTECA Ceip “Castro de Ouro”

2012-2013

CAMPANAS DE BASTABALES

Campanas de Bastabales,

cando vos oio tocar,

mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,

campaniñas, campaniñas,

sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,

penso que por min chamades,

e das entrañas me doio.

Doiome de dor ferida,

que antes tiña vida enteira

e hoxe teño media vida.

Solo media me deixaron

os que de aló me trouxeron

os que de aló me roubaron.

Os seus restos foron trasladados ao Panteón de

Galegos Ilustres que se encontra no Convento de

San Domingos de Bonaval, en Santiago de Com-

postela. .

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa Si cantan, es ti que cantas si choran, es ti que choras i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras nin me dexarás nunca sombra que sempre me asombras.

Morreu o 15 de xullo de 1885 aos 48 anos na súa

casa de A Matanza (Padrón ) Hoxe casa museo.

Casa onde naceu Rosalía (Santiago de Compostela)

Rosalía de Castro naceu en Santiago de

Compostela o 24 de febrero de 1837.

Filla de María Teresa de la Cruz Castro y

Abadía e do sacerdote José Martínez Viojo.

Ata os oito anos viviu coa súa tía paterna

nunha aldea preto de Padrón (Castro de Or-

toño).

Maís tarde foi a vivir a Padrón coa súa nai.

En 1856 Rosalía trasládase a

Madrid. Alí coñece a Ma-

nuel Murguía co que casa

dous anos máis tarde..

Por motivos de traballo do

seu marido vivirá en distin-

tos lugares: A Coruña, Ma-

drid , A Mancha, Extrema-

dura e Simancas.

Rosalía tivo sete fillos .

En 1863 apareceu en Vigo o seu primeiro

grande libro “Cantares Gallegos”

Os derradeiros anos da súa vida pásaos en

Padrón. Alí remata Folllas Novas e escri-

be En las orillas del Sar.

Rosalía escribiu en galego e en castelán, en

prosa e en verso. A súa obra está profunda-

mente marcada polas circunstancias que

rodearon a súa vida, apuros económicos,