Sobre 'a Virxe de Cristal'

2
A Virxe do Cristal Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Manuel Curros Enríquez, autor do poema. A Virxe do Cristal. A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros Enríquez que relata unha historia de base popular. En 1877 gañou un certame poético en Ourense con este poema xunto coas obras "Unha boda en Einibó" e "O Gaiteiro de Penalta". Debe o seu nome ao Santuario da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes. Contido[editar | editar a fonte] A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor docastelo de Vilanova, que vive

description

Texto sobre el poema de Curros Enríquez.

Transcript of Sobre 'a Virxe de Cristal'

Page 1: Sobre 'a Virxe de Cristal'

A Virxe do Cristal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Curros Enríquez, autor do poema.

A Virxe do Cristal.

A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros

Enríquez que relata unha historia de base popular. En 1877 gañou un certame poético

en Ourense con este poema xunto coas obras "Unha boda en Einibó" e "O Gaiteiro de

Penalta". Debe o seu nome ao Santuario da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes.

Contido[editar | editar a fonte]A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de

namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor docastelo de Vilanova, que vive

Page 2: Sobre 'a Virxe de Cristal'

na Corte e non vén máis que para cobrar a renda e o foro. Outro personaxe é Xan de

Ventrances (rival de Martiño no amor a Rosa, pero a quen ela rexeitou), que lle comenta a

Martiño calumnias sobre a virtude da súa moza. Martiño dá creto ás palabras de Xan e

rompe a relación coa rapaza.

Entón a Virxe aparecéselle en soños a Rosa para a reconfortar e ao día seguinte cae do

ceo, xunto cun raio, un cristal coa imaxe da Virxe dentro. Martiño encontra o cristal pero

non cre que sexa unha proba que demostre a pureza da súa moza. Ao día seguinte, Rosa

topa co cristal e a Virxe dille a Rosa que a enviou Deus para demostrar a súa pureza, á

vez que manifesta o seu desexo de que lle constrúan unha capela naquel val. O pobo

celebra o milagre e Rosa entra nun convento. Martiño víngase de Xan arrincándolle a

lingua. A narración acaba coa morte de Martiño enAllariz, conxelado nunha noite nevada,

ao pé do convento de Rosa.