TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas...

19
PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017 1 TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓNS DE : Informática de 4º ESO e TIC de 1º Bacharelato Curso 2016-2017 Departamento de Tecnoloxía e Informática IES Arcebispo Xelmirez I Marco Antonio Bernal Rivas César Lema Pérez Pablo Eiras Vázquez Santiago de Compostela 29 novembro do 2016

Transcript of TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas...

Page 1: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

1

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

PROGRAMACIÓNS DE :

Informática de 4º ESO e TIC de 1º Bacharelato

Curso 2016-2017

Departamento de Tecnoloxía e Informática

IES Arcebispo Xelmirez I

Marco Antonio Bernal Rivas

César Lema Pérez

Pablo Eiras Vázquez

Santiago de Compostela 29 novembro do 2016

Page 2: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

2

1.0 PRESENTACIÓN ................................................................................................................ 3

1.1 Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO ............................................ 4

1.1.1 OBXECTIVOS XERAIS ..................................................................................................... 4

1.1.2 CONTIDOS MÍNIMOS .................................................................................................... 6

1.1.3 CONTIDOS XERAIS ......................................................................................................... 7

1.1.4 Metodoloxia.................................................................................................................. 8

1.1.5 CRITERIOS DE AVALIACIÓN. .......................................................................................... 8

2.0 TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 1º Bacharelato ....................... 9

2.1 INTRODUCIÓN. .................................................................................................................9

2.1.1 OBXECTIVOS. .................................................................................................................9

2.1.2 ACTITUDES ...................................................................................................................10

2.1.3 CONTIDOS MÍNIMOS ...................................................................................................12

2.1.4 CRITERIOS DE AVALIACIÓN ..........................................................................................13

2.1.5 Criterios de cualificación: ............................................................................................13

2.2 CONTIDOS XERAIS TIC 1º de bacharelato .......................................................................14

2.3 Desenvolvemento das competencias clave ....................................................................19

Page 3: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

3

1.0 PRESENTACIÓN

A presente programación de Tecnoloxía, articúlase en torno ao Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da

educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desenvolven un papel fundamental na sociedade actual, porque proporcionan un

conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e colectivas. Neste sentido, as TIC achéganlle ao

currículo a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a

condición de inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas coas TIC

conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar

unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das novas tecnoloxías proporciona unha imprescindible perspectiva

científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece

arredor dela.

A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos

cambios propios deste ámbito tecnolóxico. Deste xeito, na parte da materia correspondente a cuarto curso de educación secundaria obrigatoria,

os bloques de "Ética e estética da interacción en rede", de "Seguridade informática" e de "Internet, redes sociais e hiperconexión" tratan

aspectos das redes moi relacionados entre si, que é necesario que o alumnado domine para que poida desenvolverse con soltura e seguridade

nos ámbitos profesional e persoal. O bloque de "Computadores, sistemas operativos e redes" abonda en aspectos de configuración dos

computadores e de instalación de aplicación cos que as persoas usuarias deben familiarizarse para utilizar computadores e aplicacións xunto

con outros dispositivos hoxe imprescindibles, como teléfonos intelixentes e táboas, ou para utilizar as posibilidades de conectividade das TIC. O

bloque de "Organización, deseño e produción de información dixital" e o de "Publicación e difusión de contidos" tratan os aspectos que poden

necesitarse para producir documentos e difundilos, ademais dalgúns temas relacionados co soporte das publicacións, como son o tratamento

de datos, a xeración de informes e a incorporación de elementos gráficos e audiovisuais nos documentos.

Nos dous cursos de bacharelato, a materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación persegue a consolidación dunha serie de

coñecementos tecnolóxicos indispensables. Así, o bloque "A sociedade da información e o computador" introduce o alumnado na importancia

desta materia na sociedade actual. Os bloques "Arquitectura de computadores", "Redes de computadores" e "Seguridade" abondan en

aspectos relativos aos compoñentes e á configuración dos computadores, e á súa conexión en redes. O bloque "Software para sistemas

informáticos" afonda no uso de aplicacións de uso común no mundo actual, tales como as aplicacións ofimáticas de edición de texto, de cálculo,

de elaboración de presentación, de almacenaxe de información e de traballo con imaxe e vídeo. E os bloques "Programación" e "Publicación e

difusión de contidos" afondan no deseño de programas que permitan dar solucións a problemas do mundo real, e no uso destes no mundo de

internet.

Page 4: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

4

Como noutras materias que tratan aspectos tecnolóxicos, nesta intégranse coñecementos de carácter matemático e científico, ademais de que

é frecuente que as TIC se utilicen para resolver problemas específicos doutras disciplinas. Un enfoque interdisciplinar, xa que logo, favorecerá a

conexión con outras materias e mesmo con diversos temas de actualidade.

Desde o punto de vista metodolóxico, as TIC admiten tratamentos moi diversos, porque serven tanto para integrar as restantes materias do

currículo como para afondar en aspectos moi específicos, como a programación ou as comunicacións, sen esquecer que son especialmente

indicadas para reflexionar sobre os temas tecnolóxicos e de actualidade.

Esta materia caracterízase pola realización de actividades nas que se desenvolven destrezas técnicas para acceder ás redes de información,

que tamén se comparte, e se utilizan aplicacións informáticas de propósito xeral. Neste contexto, a iniciativa, a colaboración e o respecto polas

normas de seguridade e polos dereitos dos colectivos relacionados coa cultura ou coa produción de programas informáticos son tan

importantes como o dominio dos recursos informáticos e das redes de comunicacións.

A participación pode potenciarse nesta materia mediante a exposición de traballos, a resolución colaborativa de problemas mediante a

realización de proxectos informáticos, a utilización colectiva de recursos virtuais ou a procura e a análise de información en internet, aspectos

que tamén favorecen a propia aprendizaxe.

Na ensinanza das TIC resulta, daquela, adecuado reflexionar e traballar en grupo procurando solucións a problemas concretos onde se poidan

aplicar os coñecementos adquiridos, e buscar información adicional, se se require, para fomentar o espírito emprendedor.

1.1 Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 4º de ESO

1.1.1 OBXECTIVOS XERAIS Coñecer a influencia das tecnoloxías da información nos cambios que se están a producir na sociedade.

Animar a que os alumnos teñan un xuízo propio fundamentado no uso das devanditas tecnoloxías. Eliminar prexuízos e desmitificar

estes instrumentos para que non se creen falsas expectativas e advertir das grandes vantaxes e mesmo dos perigos que poden derivar

da súa utilización.

Fomentar o interese por coñecer os avances que se produzan no eido informático.

Darlle aos alumnos os coñecementos precisos sobre os fundamentos e o funcionamento dos medios informáticos.

Saber elaborar, coa axuda dos medios informáticos , documentos que conteñan información textual,gráfica e numérica.

Saber obter información para resolver un problema por medio de consultas a bases de datos locais ou remotas.

Coñecer algúns programas de deseño, o seu funcionamento e a súa utilidade.

Page 5: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

5

Utilizar follas de cálculo para resolver problemas que requiren unha gran cantidade de datos numéricos ou a realización de cálculos moi

complexos.

Coñecer e usar programas para realizar experimentos matemáticos.

Aprender conceptos básicos de algunha linguaxe de programación.

Page 6: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

6

1.1.2 CONTIDOS MÍNIMOS B l o q u e 1 . É t i c a e e s t é t i c a n a i n t e r a c c i ó n e n r e d e B1.1. Políticas de seguridade para a protección do individuo na interacción coa rede. Contrasinais. Condutas e hábitos seguros. B1.2. Intercambio e publicación de información dixital na rede. Seguridade e responsabilidade no uso dos servizos de publicación. B1.3. Dereitos de propiedade intelectual e de explotación dos materiais aloxados na web. Tipos de lucenzas de distribución. B1.4. Propiedade e distribución do software e da información. Tipos de lucenzas de uso e distribución. B1.5. Identidade dixital, privacidade e seguridade. Desenvolvemento de actitudes de protección activa ante dos intentos de fraude.

B l o q u e 2 . C o m p u t a d o r e s , s i s t e m a s o p e r a t i v o s e r e d e s B2.1. Funcións de configuración dos equipamentos informáticos. B2.2. Instalación e eliminación de software de propósito xeral. B2.3. Utilización de software de comunicación entre equipamentos e sistemas. B2.4. Arquitectura dun computador: compoñentes básicos e características. B2.5. Elementos e sistemas para a comunicación con fíos e sen eles. B l o q u e 3 . O r g a n i z a c i ó n , d e s e ñ o e p r o d u c i ó n d e i n f o r m a c i ó n d i x i t a l B3.1. Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetaxe. Importación de imaxes e gráficos. B3.2. Formatos abertos e estándares de formato na produción de documentación. B3.3. Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración de informes sinxelos. B3.4. Organización da información en bases de datos. Realización de consultas básicas e xeración de documentos. B3.5. Tipos de presentacións e estrutura do contido. Deseño da estrutura e de elementos gráficos adecuados para o público obxectivo. Importación de elementos multimedia, de imaxes e de gráficos.

B l o q u e 4 . S e g u r i d a d e i n f o r m á t i c a B4.1. Procedementos de intercambio de información entre dispositivos físicos de características técnicas diversas. B4.2. Riscos de seguridade para sistemas, aplicacións e datos. Hábitos de protección. B4.3. Medidas de seguridade activa e pasiva. Actualización do software. Antivirus e devasas.

B l o q u e 5 . P u b l i c a c i ó n e d i f u s i ó n d e c o n t i d o s B5.1. Compartición de recursos en redes locais e en internet. B5.3. Deseño de páxinas web sinxelas. B5.4. Creación e publicación na web. Estándares de publicación.

Page 7: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

7

1.1.3 CONTIDOS XERAIS

Bloque 1. Sociedade da información e novas tecnoloxías. As tecnoloxías da información.Evolución das tecnoloxías da información no século XX.Difusión e implantación das tecnoloxías da

información.Expectativas e realidades das tecnoloxías da información.Aspectos sociolóxicos das tecnoloxías da información.

Novos.Tecnoloxías da información converxentes.

Bloque 2. O ordenador e as súas compoñentes.

Historia da informática.Principais compoñentes físicos do ordenador e os seus periféricos.Funcións e relacións entre as distintas compoñentes

dos equipos informáticos.Estrutura física e lóxica do almacenamento magnético,óptico,etc.Tipos de ficheiros:ficheiros importantes do sistema

operativo,ficheiros de datos.

Bloque 3 . Sistemas operativos.Windows

Conceptos básicos dos sistemas operativos.Elementos interactivos.Manexo de ventás.Panel de control.Explorador de

Windows.Multiárea:traballar con varias aplicacións.

Bloque 4 . Tratamento de textos e gráficos.

Conceptos básicos e funcións elementais dos programas para o tratamento de textos.Procesadores de texto.Operacións fundamentais usando o

Word.Programas de autoedición.Funcións principais.Aplicacións. Programas de debuxo.

Bloque 5 . Resolución de problemas usando follas de cálculo.

Conceptos básicos e funcións elementais das follas de cálculo.Aplicacións das follas de cálculo.Creación de modelos de follas de cálculo para a

resolución de problemas.Gráficos asociados ás follas de cálculo.

Bloque 6 . Outros programas para a resolución de problemas científicos.

Programas para a resolución de problemas (Derive). Posibilidades e características. Matemática. Editor. Números, variables e definición de

funcións.Funcións predefinidas. Comandos.

Bloque 7 . O mundo de Internet

Conceptos básicos.Ordenadores en red.

World Wide Wed.

navegador Internet Explorer.

Búsquena de información.

Transferencia de ficheiros(FTP).

Page 8: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

8

Correo electrónico

IRC.

Chat.

Xogos en Internet.

Sonidos en Internet.

Vídeos en Internet.

Bloque 8. Multimedia

Conceptos básicos.

1.1.4 Metodoloxía. Como se trata dunha asignatura eminentemente práctica, os alumnos utilizarán os ordenadores con moita frecuencia,creemos que a única

maneira de que saiban empregar correctamente os ordenadores é facendo moito uso deles.

A metodoloxía que usaremos será a de plantexae ó principio da clase unha serie de problemas ou actividades que,en principio,o alumno non

poda resolver.Despois de dar as explicacións teóricas que sexan necesarias para resolver eses problemas, pasaránselle ao alumno varias

actividades que deberá resolver coas ferramentas que se lle mostraron.

É moi importante que esta asignatura sexa en gran parte práctica, pois aquele que non se utiliza , olvídase con facilidade.

1.1.5 CRITERIOS DE AVALIACIÓN. A avaliación efectuarase cada trimestre tendo en conta o traballo diario do alumno e valorando tamén as actividades realizadas ó longo do

trimestre.Tamén se fará un exame para comprobar o grao de consecución dos obxectivos marcados,este exame constará dunha parte

teórica e outra parte práctica.

Criterios de cualificación:

70% Examines ou probas escritas

20% Traballos prácticos na aula virtual

10% Asistencia e puntualidade

Page 9: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

9

2.0 TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 1º Bacharelato

2.1 INTRODUCIÓN. Un dos obxectivos xerais do bacharelato pretende que se utilice con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da

comunicación. A competencia dixital, desenvolvida nas etapas anteriores do ensino básico, deberá complementarse e actualizarse no

bacharelato para axudar a acadar unha competencia que lle permita ao alumnado posuír a habilidade para empregar a tecnoloxía, as

ferramentas de comunicación e/ou redes para acceder, xestionar, integrar, avaliar, crear e comunicar, ética e legalmente, a fin de poder

participar activamente na sociedade do coñecemento.

Non debemos esquecer que a nosa actividade e a do alumnado se desenvolven nunha sociedade globalizada, na sociedade da información, e

polo tanto as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) deben ser ferramentas imprescindibles para acadar unha participación activa

coas cales debemos traballar en todas as áreas, tanto do currículo coma da vida, sen restrinxir o seu uso a esta materia.

As novas tecnoloxías dixitais deben axudar a crear novos ámbitos de aprendizaxe nos cales as alumnas e os alumnos se sintan máis

motivados e comprometidos, asuman maiores responsabilidades sobre a súa propia aprendizaxe e poidan construír con maior independencia

os seus propios coñecementos.

Deberán moverse nun ámbito rico en información, ser capaces de analizar e tomar decisións, e dominar novos ámbitos do coñecemento nunha

sociedade cada vez máis tecnolóxica. Deberán converterse en estudantes de por vida, colaborando con outras persoas para realizar tarefas

complexas e utilizando de modo efectivo os diferentes sistemas de representación e comunicación de coñecemento.

As TIC constitúen unha ferramenta decisiva para axudar o alumnado a acceder a vastos recursos de coñecemento, a colaborar con outras

compañeiras e compañeiros, consultar a persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos, representar e expresar as

súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e audiovisual.) e a través de diferentes dispositivos.

2.1.1 OBXECTIVOS. O ensino de tecnoloxías da información e da comunicación terá como obxectivos o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Coñecer e empregar os recursos e posibilidades que as TIC poden ofrecer para unha aprendizaxe ao longo da vida.

2. Ser quen de demostrar un pensamento creativo, construíndo coñecemento e desenvolvendo produtos innovadores, empregando as TIC.

3. Empregar medios e ámbitos dixitais para comunicarse e traballar en rede, para obter, avaliar e usar información, e para apoiar a

aprendizaxe individual e contribuír á aprendizaxe doutros.

4. Desenvolver e usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir unha investigación, administrar proxectos, resolver

problemas e tomar decisións informadas usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.

5. Poñer en práctica condutas éticas e legais e entender os asuntos humanos, culturais e sociais relacionados coa tecnoloxía.

Page 10: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

10

6. Acadar un entendemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamento da tecnoloxía; adquirindo unha formación ética, mediante

un exercicio constante de reflexión e práctica democrática ante o uso das TIC.

7. Adquirir un coñecemento global e contextualizado, integrando as aprendizaxes, relacionándoas cos contidos curriculares das diversas

áreas e materias, asumíndoas de maneira que sexan transferibles e aplicables en diversas situacións e contextos de ensinoaprendizaxe

a través das TIC.

8. Aprender a convivir, participando activamente nun mundo globalizado, interrelacionado e cambiante.

2.1.2 ACTITUDES A i n f o r m a c i ó n : c o n c e p t o e a n á l i s e .

Fluidez informacional: accesibilidade da información e accesibilidade á información.

Fontes e medios de información. A internet: buscadores, xornais dixitais, boletíns e grupos de novas, webs temáticas, sindicación de

contidos (RSS), etc.

Análise dos contextos onde se dan as mensaxes e a información.

Análise e evolución dos diferentes formatos e das diferentes mensaxes á hora de transmitir información.

Recoñecemento das diferentes mensaxes que se transmiten.

Interconexión e relación entre as diferentes modalidades de transmisión de información e o emprego de diferentes dispositivos.

Emprego de diferentes representacións audiovisuais á hora de crear e transmitir información e coñecemento propio.

A I N F O R M A C I Ó N : F O N T E D E C O Ñ E C E M E N T O .

coñecemento previo como xerador de novas ideas, produtos ou procesos. Estratexias de busca de información en redes telemáticas.

Recursos para a súa

selección, almacenamento e reutilización, e como medio para xerar e ampliar coñecementos: directorios de recursos, motores de busca

e metabuscadores.

Procesamento de datos e presentación de resultados: bases de datos, follas de cálculo, presentacións, mapas conceptuais, técnicas de

edición audiovisual etc.

As técnicas e ferramentas para a publicación, comunicación e difusión de información e coñecemento: ferramentas web 2.0 (blogs,

wikis, redes sociais, marcadores, videoblogs, fotoblogs.) mashup e futuras evolucións. Estándares de publicación. Accesibilidade da

información.

Page 11: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

11

A colaboración como medio para analizar e seleccionar información e crear coñecemento: o traballo en rede (wikis, webquests, buscas

de tesouros, etc.) Acceso a recursos e plataformas de intercambio de información e coñecementos: plataformas de aprendizaxe

colaborativa.

traballo propio e orixinal como medio de expresión persoal ou de grupo.

C I D A D A N Í A D I X I T A L .

Tendencias e posibilidades das TIC. A evolución da sociedade fronte á evolución tecnolóxica.

Actitude positiva fronte ao uso da tecnoloxía para apoiar a colaboración, a aprendizaxe e a produtividade.

Aprendizaxe ao longo da vida: a aldea global.

F U N C I O N A M E N T O D A T E C N O L O X Í A E C O N C E P T O S .

Os sistemas tecnolóxicos. Internet, TDT, sistemas operativos, dispositivos, evolución, conexións (wifi, wimax, bluetooth…) e futuras

evolucións.

Selección e uso de aplicacións de forma efectiva e produtiva. Ética, legalidade, accesibilidade e usabilidade das ferramentas. Tipos de

licenzas de uso e distribución. Utilización crítica e responsable de información e software.

Adquisición de hábitos orientados á protección da intimidade e á seguridade persoal na interacción en contornos virtuais.

Page 12: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

12

2.1.3 CONTIDOS MÍNIMOS

Bloque 1. A sociedade da información e o computador. B1.1. Concepto de sociedade da información. B1.2. O sector das TIC: composición e características. Bloque 2. Arquitectura de computadores B2.1. Bloques funcionais dun sistema microinformático e compoñentes de cada bloque funcional. B2.2. Compoñentes dos sistemas microinformáticos B2.3. Periféricos básicos B2.4. Dispositivos de almacenamento: características e tipos. B2.5. Dispositivos de memoria: características e tipos. B2.6. Sistema operativo: elementos e estrutura. Clasificación, funcións e procesos do sistema operativo. Sistemas operativos actuais. B2.7. Instalación e actualización de sistemas operativos e de aplicacións de software. Bloque 3. Software para sistemas informáticos B3.1. Deseño e utilización de bases de datos sinxelas. B3.2. Elaboración de documentos mediante procesadores de texto. B3.3. Elaboración de presentacións. B3.4. Presentación ao público: conexión a un proxector e configuración. B3.5. Resolución de problemas mediante follas de cálculo. B3.6. Deseño e edición de Imaxes en 2D e 3D.

B3.7. Creación de contidos audiovisuais. Elaboración de guións, captura de son e de imaxes, edición e montaxe. B3.8. As redes de intercambio como fonte de recursos multimedia. Dereitos que amparan as producións alleas. Bloque 4. Redes de computadores B4.1. Configuración básica de redes locais: características, tipos, topoloxías e arquitecturas. B4.2. Cables e conectores: características e tipoloxía. Normalización. B4.3. Elementos das redes de datos: situación, dispositivos e adaptadores de interconexión de redes con fíos e sen eles; configuración básica destes. B4.4. Despregamento de redes locais sen fíos: elementos, medios de transmisión, protocolos e recomendacións. Seguridade básica. B4.5. Niveis do modelo OSI: funcións dos niveis, os protocolos e os dispositivos.

Page 13: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

13

2.1.4 CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar e seleccionar información para construír e crear o seu propio coñecemento cos medios axeitados Preténdese identificar e avaliar

se o alumnado é capaz de buscar e analizar información para acadar un nivel de coñecemento superior. Valorarase así mesmo a capacidade

de coñecer como se produce a procura de información, os métodos de investigación, o emprego de recursos para chegar a crear coñecemento.

2. Empregar as tecnoloxías da información para crear coñecemento a partir de compartir e comunicar as súas ideas en grupo. Este criterio

pretende avaliar o coñecemento e o emprego das redes de comunicación á hora de expoñer e traballar con outros, ser capaz de compartir,

chegar a conclusións.

3. Analizar a influencia dos medios no desenvolvemento da sociedade da información e na vida cotiá. Este criterio pretende avaliar a visión

crítica que ten o alumnado á hora de analizar, avaliar e valorar a importancia dos medios tecnolóxicos no desenvolvemento da sociedade en

xeral e da influencia que ten na súa vida cotiá.

4. Identificar as responsabilidades no emprego da información e das tecnoloxías. Este criterio pretende avaliar o sentido ético á hora de crear e

difundir información a través de diferentes medios e producida con diferentes ferramentas.

5. Analizar as diferentes mensaxes que recibimos a través de diferentes medios e formatos, identificando a súa intencionalidade e usabilidade

de cara a ter unha opinión obxectiva do mundo que nos rodea. Mediante este criterio preténdese comprobar que o alumnado é quen de ser

crítico á hora de identificar e analizar as diferentes mensaxes que nos chegan a través do mundo audiovisual.

6. Seleccionar de xeito eficaz e eficiente as ferramentas que se empregarán no desenvolvemento das tarefas. Con este criterio preténdese

comprobar a idoneidade no emprego das diferentes ferramentas que teñen ao seu alcance á hora de buscar, filtrar, analizar e almacenar

información, e á hora de producir e crear as súas propias mensaxes.

7. Crear e elaborar produtos orixinais empregando as TIC. Preténdese avaliar a capacidade de elaboración de materiais propios por parte do

alumnado, tendo en conta aspectos éticos, legais e accesibles como base á hora de crear e compartir coñecemento.

2.1.5 Criterios de cualificación:

70% Exámenes ou probas escritas

20% Traballos prácticos na aula virtual

10% Asistencia e puntualidade

Page 14: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

14

2.2 CONTIDOS XERAIS TIC 1º de bacharelato

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Bloque 1. A sociedade da información e o computador

a

d

g

h

i

l

m

p

B1.1. Concepto de sociedade da información.

B1.2. O sector das TIC: composición e características.

B1.1. Analizar e valorar as influencias das tecnoloxías da información e da comunicación na transformación da sociedade actual, tanto nos ámbitos da adquisición do coñecemento como nos da produción.

TIC1B1.1.1. Describe as diferenzas entre o que se considera sociedade da información e sociedade do coñecemento.

CD

CCL

CSC

TIC1B1.1.2. Explica cales son os novos sectores económicos que apareceron como consecuencia da xeneralización das tecnoloxías da información e da comunicación.

CD

CSIEE

CSC

Bloque 2. Arquitectura de computadores

a

d

B2.1. Bloques funcionais dun sistema microinformático e compoñentes de cada bloque funcional.

B2.1. Configurar computadores e equipamentos informáticos identificando os subsistemas que os

TIC1B2.1.1. Describe as características dos subsistemas que compoñen un computador, -

CD

CMCCT.

Obxectivos

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 1º de bacharelato

Competencias clave Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

g

i

l

B2.2. Compoñentes dos sistemas microinformáticos

B2.3. Periféricos básicos

B2.4. Dispositivos de almacenamento: características e tipos.

B2.5. Dispositivos de memoria: características e tipos.

compoñen e relacionando cada elemento coas prestacións do conxunto, e describir as súas características.

identificando os seus principais parámetros de funcionamento.

CCL

TIC1B2.1.2. Realiza esquemas de interconexión dos bloques funcionais dun computador e describe a contribución de cada un ao funcionamento integral do sistema.

CD

CMCCT.

CCL

TIC1B2.1.3. Describe dispositivos de almacenamento masivo utilizados en sistemas de computadores, recoñecendo a súa importancia na custodia da información.

CD

CMCCT.

CCL

Page 15: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

15

TIC1B2.1.4. Describe os tipos de memoria CD utilizados en computadores, analizando os CMCCT. parámetros que as definen e a súa achega ao

CCL rendemento do conxunto.

a B2.6. Sistema operativo: elementos e estrutura. B2.2. Instalar e utilizar software de propósito xeral TIC1B2.2.1. Elabora un diagrama da estrutura CD

b Clasificación, funcións e procesos do sistema

d operativo. Sistemas operativos actuais.

g B2.7. Instalación e actualización de sistemas operativos e de aplicacións de software.

i

l

e de aplicación, e avaliar as súas características e os contornos de aplicación.

dun sistema operativo relacionando cada parte CMCCT. coa súa función.

TIC1B2.2.2. Instala sistemas operativos e CD

programas de aplicación para a resolución de CMCCT. problemas en computadores persoais, seguindo

CAA instrucións de fábrica.

Bloque 3. Software para sistemas informáticos

a B3.1. Deseño e utilización de bases de datos B3.1. Utilizar aplicacións informáticas de TIC1B3.1.1. Deseña bases de datos sinxelas e/ou CD

b sinxelas. escritorio ou web, como instrumentos de extrae información, realizando consultas, CMCCT.

d B3.2. Elaboración de documentos mediante

e procesadores de texto.

f B3.3. Elaboración de presentacións.

g B3.4. Presentación ao público: conexión a un

resolución de problemas específicos. formularios e informes. CAA

CSIEE

CCEC

proxector e configuración. h

B3.5. Resolución de problemas mediante follas i

de cálculo.

TIC1B3.1.2. Elabora informes de texto que CD integren texto e imaxes, aplicando as posibilidades CMCCT. das aplicacións e tendo en conta o destinatario.

CCL

Page 16: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

16

Obxectivos

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 1º de bacharelato

Competencias clave Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

l

m

n

B3.6. Deseño e edición de Imaxes en 2D e 3D.

B3.7. Creación de contidos audiovisuais. Elaboración de guións, captura de son e de imaxes, edición e montaxe.

B3.8. As redes de intercambio como fonte de recursos multimedia. Dereitos que amparan as producións alleas.

CAA

CSIEE

CSC

CCEC

TIC1B3.1.3. Elabora presentacións que integren texto, imaxes e elementos multimedia, adecuando a mensaxe ao público obxectivo ao que se destina.

CD

CMCCT.

CCL

CAA

CSIEE

CSC

CCEC

TIC1B3.1.4. Resolve problemas que requiran a utilización de follas de cálculo, xerando resultados textuais, numéricos e gráficos.

CD

CMCCT.

CAA

CSIEE

CCEC

TIC1B3.1.5. Deseña elementos gráficos en 2D e 3D para comunicar ideas.

CD

CMCCT.

CCL

CAA

CSIEE

CSC

CCEC

TIC1B3.1.6. Realiza pequenas películas integrando son, vídeo e imaxes, utilizando programas de edición de ficheiros multimedia.

CD

CMCCT.

CCL

CAA

CSIEE

CSC

CCEC

Page 17: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2016-2017

17

Obxectivos

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 1º de bacharelato

Competencias clave Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

Bloque 4. Redes de computadores

b

d

g

i

l

B4.1. Configuración básica de redes locais: características, tipos, topoloxías e arquitecturas.

B 4.1. Analizar as principais topoloxías utilizadas no deseño de redes de computadores, relacionándoas coa área de aplicación e coas tecnoloxías empregadas.

TIC1B4.1.1. Debuxa esquemas de configuración de pequenas redes locais, seleccionando as tecnoloxías en función do espazo físico dispoñible.

CD

CMCCT.

CAA

CSIEE

d

g

i

l

B4.2. Cables e conectores: características e tipoloxía. Normalización.

B4.3. Elementos das redes de datos: situación, dispositivos e adaptadores de interconexión de redes con fíos e sen eles; configuración básica destes.

B4.4. Despregamento de redes locais sen fíos: elementos, medios de transmisión, protocolos e recomendacións. Seguridade básica.

B4.2. Analizar a función dos equipos de conexión que permiten realizar configuracións de redes e a súa interconexión con redes de área extensa.

TIC1B4.2.1. Realiza unha análise comparativa entre os tipos de cables utilizados en redes de datos.

CD

CMCCT.

CCL

TIC1B4.2.2. Realiza unha análise comparativa entre tecnoloxía con fíos e sen eles, e indica posibles vantaxes e inconvenientes.

CD

CMCCT.

CCL

TIC1B4.2.3. Explica a funcionalidade dos elementos que permiten configurar redes de datos, indicando as súas vantaxes e os seus inconvenientes principais.

CD

CMCCT.

CCL

d

g

i

l

B4.5. Niveis do modelo OSI: funcións dos niveis, os protocolos e os dispositivos.

B4.3. Describir os niveis do modelo OSI, relacionándoos coas súas funcións nunha rede informática.

TIC1B4.3.1. Elabora un esquema de como se realiza a comunicación entre os niveis OSI de dous equipamentos remotos.

CD

CMCCT.

CCL

Bloque 5. Programación

b

d

g

i

l

B5.1. Diagramas de fluxo: elementos e ferramentas; símbolos e o seu significado.

B5.2. Identificación dos elementos dun programa informático: estruturas e bloques fundamentais.

B5.3. Deseño de algoritmos utilizando diagramas de fluxo.

B5.1. Aplicar algoritmos á resolución dos problemas máis frecuentes que se presentan ao traballar con estruturas de datos.

TIC1B5.1.1. Desenvolve algoritmos que permitan resolver problemas aritméticos sinxelos, elaborando os correspondentes diagramas de fluxo.

CD

CMCCT.

CAA

CSIEE

b B5.4. Uso de estruturas de control: operadores, B5.2. Analizar e resolver problemas de tratamen- TIC1B5.2.1. Escribe programas que inclúan CD

Page 18: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2015-2016

18

Obxectivos

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 1º de bacharelato

Competencias clave Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

d

g

i

l

condicións, bloques e estruturas de repetición. to de información, dividíndoos en subproblemas e definindo algoritmos que os resolven.

bucles de programación para solucionar problemas que impliquen a división dun conxunto en partes máis pequenas.

CMCCT.

CAA

CSIEE

b

d

g

i

l

B5.5. Execución, proba, depuración e documentación de programas.

B5.3. Analizar a estrutura de programas informáticos, identificando e relacionando os elementos propios da linguaxe de programación utilizada.

TIC1B5.3.1. Obtén o resultado de seguir un pequeno programa escrito nun código determinado, partindo de determinadas condicións.

CD

CMCCT.

CAA

CSIEE

d.

g.

i.

l.

B5.6. Identificación dos elementos da sintaxe da linguaxe.

B5.4. Coñecer e comprender a sintaxe e a semántica das construcións básicas dunha linguaxe de programación.

TIC1B5.4.1. Define o que se entende por sintaxe dunha linguaxe de programación e propón exemplos concretos dunha linguaxe determinada.

CD

CMCCT.

CCL

b

d

g

i

l

B5.1. Diagramas de fluxo: elementos e ferramentas; símbolos e o seu significado.

B5.2. Identificación dos elementos dun programa informático: estruturas e bloques fundamentais.

B5.3. Deseño de algoritmos utilizando diagramas de fluxo.

B5.5. Realizar pequenos programas de aplicación nunha linguaxe de programación determinada e aplicalos á solución de problemas reais.

TIC1B5.5.1. Realiza programas de aplicación sinxelos nunha linguaxe determinada que solucionen problemas da vida real.

CD

CMCCT.

CAA

CSIEE

CSC

CCEC,

Page 19: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ESO... · 2017-01-13 · Na resolución de problemas coas TIC conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo

PROGRAMACIÓN TIC´S- IES XELMIREZ 1 -CURSO 2015-2016

19

2.3 Desenvolvemento das competencias clave A contribución da materia de TIC ao desenvolvemento das competencias clave dependerá en grande medida do tipo de actividades; é dicir, da

metodoloxía empregada. Neste sentido, a comunicación lingüística desenvolverase na medida en que o alumnado adquira e utilice un

vocabulario técnico preciso, elabore programas e documentos, explique conceptos ou elabore e expoña información. A competencia

matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía poden alcanzarse configurando e administrando máquinas e sistemas

operativos, aplicando técnicas de tratamento e almacenamento de datos ou asumindo hábitos seguros no contexto das redes de

comunicación, competencias que tamén se favorecen analizando o funcionamento de programas, aplicacións e sistemas operativos, ou

mediante a análise e a valoración das repercusións dos hábitos sociais en internet. A competencia dixital, que é a específica desta materia,

desenvolverase co emprego constante das TIC para procurar e almacenar información, para obter e presentar datos e para simular sistemas,

ou para elaborar programas ou utilidades informáticas que sirvan para resolver problemas.

Para que o alumnado poida aprender a aprender, as actividades deben permitir que tome decisións cun certo grao de autonomía, que organice

o proceso da propia aprendizaxe e que aplique o aprendido a situacións cotiás das que poida avaliar os resultados. Do mesmo xeito, as

competencias sociais e cívicas alcanzaranse procurando que o alumnado traballe en equipo, interactúe con outras persoas e con grupos de

forma democrática, e respecte a diversidade e as normas, e tamén mediante a análise da interacción entre o desenvolvemento das TIC e os

cambios socioeconómicos e culturais que produce.

O sentido de iniciativa e espírito emprendedor conséguese nesta materia a través do deseño, da planificación e da xestión de proxectos

informáticos sinxelos, ao transformar as ideas propias en programas ou en documentos. E a conciencia e as expresións culturais reflíctense na

análise da influencia dos fitos técnicos das TIC en distintas culturas e no seu desenvolvemento e progreso.

En resumo, a materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación ofrece un inmenso potencial para axudar a comprender o contorno

social e para desenvolver un conxunto de competencias relacionadas tanto co contexto profesional como coas formas que a participación

cidadá está a adoptar no contexto das TIC que afectan por igual os ámbitos social e do desenvolvemento persoal