Tema 4. 3º Eso

15
TEMA 4. ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN

Transcript of Tema 4. 3º Eso

Page 1: Tema 4. 3º Eso

TEMA 4. ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN

Page 2: Tema 4. 3º Eso

ORGANIZACIÓN E TIPOS DE INDUSTRIAS

Page 3: Tema 4. 3º Eso

As actividades industriais

No mundo contemporáneo no que vivimos, a industrialización marcou a diferenza entre as sociedades desenvolvidas das que non o son.

INDUSTRIA: actividade dedicada a transformar as materias primas en manufacturas.

¿Ónde se leva a cabo esta actividade? En fábricas, nas que se producen obxectos en serie utilizando maquinaria especializada.

Page 4: Tema 4. 3º Eso

TIPOS DE INDUSTRIAS SEGUNDO O PRODESO DE PRODUCCIÓN: Industrias básicas:

Son as que realizan o primeiro paso no proceso productivo. Son as encargadas de realizar a primeira transformación dos recursos naturais para convertilos en produtos manufacturados.

Algunhas delas son: A Siderurxia, na que se converte o mineral de ferro en aceiro. A bauxita coa que se fabrica o aluminio.

Page 5: Tema 4. 3º Eso

Industrias que fabrican bens de equipo: Son as industrias que fabrican maquinaria –eléctrica ou mecánica- que

utilizarán outras industrias nos seus procesos de fabricación.

Industrias que fabrican bens de consumo: Son as que satisfacen a demanda da poboación. Existe unha gran variedade delas: textil, editoriales, farmacias, etc.

Page 6: Tema 4. 3º Eso

Clasificación das industrias e das empresas TIPOS DE INDUSTRIAS SEGUNDO O SEU NIVEL DE

DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO: Industrias de nova tecnoloxía:

Dedican moitos recursos económicos á investigación. Precisas traballadores altamente cualificados. Son habituais nas grandes cidades das rexións máis desenvolvidas.

Industrias tradicionais: Menores recursos económicos dedicados á investigación con respecto á

industria anterior. Necesita man de obra menor cualificada e, polo tanto, os salarios son

máis baixos.

Page 7: Tema 4. 3º Eso

INDUSTRIAS SEGUNDO O TIPO DE EMPRESA: Pequena Empresa:

A que ten como máximo 50 traballadores. Son as máis numerosas. Localízanse no lugar de orixe do empresario.

Mediana Empresa: De 50 a 250 traballadores.

Grande Empresa: Máis de 250 traballadores. Contan con varios centros de traballo Son máis escasos, pero contan con maiores recursos económicos,que

lles permiten invertir en tecnoloxía para a súa empresa, publicidade, etc.

Multinacional: Cuentan con centros de traballo en diferentes países. Exemplo: Coca-Cola.

Page 8: Tema 4. 3º Eso

AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS

Page 9: Tema 4. 3º Eso

PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Fronte á tradición de obter os produtos de maneira artesanal, a través de

obradoiros, a finais do século XVIII iniciouse en Gran Bretaña a Primeira Revolución Industrial.

¿Por qué lugares se estendeu? Polo noroeste de Europa, Estados Unidos e Xapón.

Principais innovacións técnicas: O uso do carbón como principal fonte de enerxía. A aplicación da máquina de vapor, tanto ao traballo como ao transporte.

Sectores industriais máis importantes: Téxtil. Siderometalúrxico.

Ubicación das novas fábricas: Xunto aos depósitos mineiros ou aos portos. As fábricas produtoras de bens de consumo situáronse próximas ás cidades e,

concretamente, próximas ás estacións do ferrocarril para poder desprazar os produtos de maneira máis rápida e económica.

Consecuencias da Primeira Revolución Industrial: emigración de millóns de persoas do campo á cidade.

Page 10: Tema 4. 3º Eso

SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Xurde a comezos do século XX e axiña convértese EEUU como a

primeira potencia en acadar os cambios propios desta segunda revolución.

Principais innovacións tecnolóxicas: Uso de hidrocarburos e electricidades como fontes de enerxía. Utilización do motor de explosión e a maquinaria eléctrica aplicados

ao automóbil e outros transportes ou aos electrodomésticos. Revolución das comunicacións (invéntase o teléfono, a radio e,

posteriormente, a televisión). Desenvólvese a produción en serie, a través das cadeas de montaxe.

Ubicación das fábricas: Se concentran en zonas de grande aglomeración urbana, o que ao

longo do tempo causaron problemas contaminación atmosférica e tráfico de vehículos.

Page 11: Tema 4. 3º Eso

TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Xurde a partir dos anos setenta do século XX, nas áreas máis dinámicas das cidades. Principais innovacións tecnolóxicas:

O cambio actual a nivel tecnolóxico baséase na microelectrónica e ten como destino as TICs (tecnoloxías de información e comunicación).

Fabricación de chips cada vez máis pequeños, potentes e baratos. Innovacións na biotecnoloxía, como o láser ou a industria aeroespacial. Revolución nas comunicacións: internet.

Sectores Importantes: Informática. Robótica. Telecomunicacións. Biotecnoloxía. Ademáis das cadeas de montaxe en masa da Segunda Revolución Industrial, o novo sistema de

produción flexible, substitúe traballadores por máquinas especializadas na fabricación dun produto.

Ubicación das fábricas: A mellora nas comunicacións xa non limita a ubicación das fábricas, polo que éstas se

deslocalizan, é dicir, buscan lugares onde se reduzan os seus custos, trasladando as producións de menos valor a países e rexións con menores salarios e impostos.

Page 12: Tema 4. 3º Eso

FACTORES DA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL

Page 13: Tema 4. 3º Eso

FACTORES DA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL

As industrias que transforman: Materias primas voluminosas. Materias primas que se deterioran co transporte.Sitúanse próximas aos depósitos de extracción ou as áreas de cultivo.Exemplos: Siderurxia (próxima ás áreas mineiras), a Industria Agroalimentaria.

As industrias con traballadores pouco cualificados adoitan localizarse en áreas rurais (ex.: téxtil ou calzado), mentres que se os traballadores necesitan unha formación técnica máis especializada, estas industrias ubícanse preto das cidades con universidades ou centros de investigación.

Algunhas industrias necesitan estar próximas aos mercados de consumo, polo que adoitan construirse nas grandes aglomeracións urbanas ou próximas as grandes vías de comunicación, para poder distribuirse con maior eficacia.

En moitas ocasións, son empresas extranxeiras as que invisten o seu capital noutro país. Outro factor de localización é a existencia de centros de investigación e formación técnica,

que contan con traballadores cualificados e servizos de innovación (ex.: empresas de alta tecnoloxía).

En último lugar, as empresas familiares adoitan situarse nos lugares de orixe do empresario, que adoita ser un lugar con medio de calidade, é dicir, clima e paisaxe óptimos, bos servizos, etc.

Page 14: Tema 4. 3º Eso

O NOVO MAPA INDUSTRIAL DO MUNDO

Page 15: Tema 4. 3º Eso

OS NOVOS PAÍSES INDUSTRIALIZADOS A xeración de novos países industriais (NPI) se localizan sobre todo en

Asia: Os Dragóns Asiáticos: Corea do Sur, Taiwan, Hong Kong e Singapur, foron os

primeiros. Indonesia, Malasia ou Filipinas tamén son importantes, pero sobre todo é

fundamental China, posto que na actualidade rexistra o maior crecemento industrial do mundo.

¿A qué foi debido o éxito destes países? Na abundancia de man de obra, con salarios moi baixos, longas xornadas de

traballo e moi poucos dereitos laborais. Destaca sobre todo a explotación laboral de mulleres e nenos.

A existencia de zonas francas portuarias, onde as empresas está exentas de impostos e hai liberdade de movemento para o capital e as mercadorías.

¿Cáles son as industrias de maior crecemento? As que empregan un maior número de traballadores (confección, construcción

naval, etc.) As que utilizan moitos recursos naturais e teñen procesos contaminantes

(siderurxia, química pesada, etc.)