Tema 5. 3º Eso

13
Tema 5. A Nova Tema 5. A Nova Xeografía dos Servizos Xeografía dos Servizos

Transcript of Tema 5. 3º Eso

Page 1: Tema 5. 3º Eso

Tema 5. A Nova Tema 5. A Nova Xeografía dos ServizosXeografía dos Servizos

Page 2: Tema 5. 3º Eso

Lección 1. Un mundo de Servizos

Page 3: Tema 5. 3º Eso

A expansión dos servizosA expansión dos servizos

A partir do século XX a maioría dos traballadores non producen bens materiais, senón que traballan no sector servizos.

SECTOR TERCIARIO/SERVIZOS: forman parte deste sector todas aquelas actividades que ofrecen servizos, tanto á poboación como ás empresas.

TERCIARIZACIÓN: ◦ É o proceso de crecemento do sector terciario.◦ Na actualidade, a maioría dos territorios medran de cara a este proceso e, de feito, as

actividades unidas ao sector servizos son as que xeran maior riqueza e emprego nun territorio.

Nos países do mundo cun número maior de ingresos, as persoas dedicadas a este sector suman un 70% da poboación total. Nestos casos, é habitual dicir que estes países acadaron a fase de sociedade posindustrial, posto que a súa economía está nunha fase posterior á industrialización, e está dominada polos servizos, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Nos países cun grao menor de desenvolvemento, o emprego nos servizos está aumentando nos últimos anos, sobre todo naqueles países que experimentaron unha rápida urbanización de América Latina.

En canto aos países pobres, a súa vinculación ao sector servizos na maioría dos casos relaciónase coa economía mergullada (sumergida) ou informal, que é aquela na que as empresas non están rexistradas oficialmente, non pagan impostos e teñen empregados sen contrato, en definitiva, son ilegais.

Page 4: Tema 5. 3º Eso

As causas do crecemento dos As causas do crecemento dos servizosservizos

Causas nos países máis prósperos:◦ Incremento dos ingresos e mellora do nivel de

vida. Canto maís grande é a renda das persoas, maior porcentaxe gasta en servizos.

◦Xeralización do Estado de Benestar. É o que asegura a protección social dos seus cidadáns (sanidade, vivenda, educación, servizos sociais, pensións de xubilación ou a protección do emprego ou do empregado).

◦Busca de maior competitividade. As empresas tratan de mellorar o su funcionamento, a calidade dos servizos ou a súa comercialización.

◦Desenvolvemento do capital financeiro. Normalmente a través da participación das empresas, bancos e compañías na Bolsa.

Page 5: Tema 5. 3º Eso

Causas nos países pobres:◦ Ademáis de compartir cos países máis ricos as causas anteriores,

nestes territorios existe a necesidade de empregar a moitas persoas con escasa formación.

COMPOSICIÓN DO SECTOR SERVIZOS:◦ Seguros. ◦ Turismo. ◦ Actividades financeiras. ◦ Comercio◦ Educación. ◦ Restaurantes. ◦ Franquicias. ◦ Industria do ocio incluindo a industria de grabación, música, radio,

televisión e cine. ◦ Informática e tecnoloxía. ◦ Transporte. ◦ Cuidados persoais e de saude. ◦ Servicios a empresas como consultoría, investimento e

asesoramento xurídico. ◦ Comunicacións (prensa, radio e internet).◦ Servizos públicos.

Page 6: Tema 5. 3º Eso

Lección 2.Unha gran variedade de Servizos

Page 7: Tema 5. 3º Eso

As diversas pautas de localizaciónAs diversas pautas de localización

Dependendo de qué tipo de actividade se trate, as empresas do sector servizos pódense localizar de diferentes formas:◦Actividades financeiras e empresas máis avanzadas. Sitúanse nas grandes cidades, nos seus distritos de negocios (ex.: Manhattan en Nova York).

Page 8: Tema 5. 3º Eso

A administración pública e os servizos sociais básicos. Non se limitan a unha zona concreta, senón que están máis dispersos. Case todos os municipios contan con algunha actividade deste tipo.

O comercio e os servizos á poboación. Adoitan situarse o máis cerca posible dos clientes, polo que se sitúan en zonas de ampla densidade demográfica e consumo.

Page 9: Tema 5. 3º Eso

Os factores de localización do Os factores de localización do

comerciocomercio

TIPO DE LOCALIDADE

NÚMERO DE COMERCIOS

GRAO DE ESPECIALIZACIÓN

ÁREA DE MERCADO

VILAS - Poucos establecementos.- Escasa variedade de produtos.

-Comercios moi básicos.-Venden bens de primeira necesidade (pan, leite, queixo, etc.)

- Municipal

PEQUENAS CIDADES

- Maior número de establecementos.- Maior variedade de produtos.

-Aparecen algúns establecementos especializados en bens de maior calidade e prezo.-Exemplos: concesionarios, tendas de roupa, farmacias, etc.

- Cidade principal e as que a rodean.

GRANDES CIDADES

- Gran cantidade e variedade de establecementos comerciais.

-Existen establecementos que venden artigos de luxo e artigos moi especializados.-Exemplos: proveedores de intrumental científico, boutiques internacionais, etc.

- Localización máis extensa. A xente desplázase a ela cando necesita un produto especializado.

Page 10: Tema 5. 3º Eso

Os medios de transporte

Page 11: Tema 5. 3º Eso

A evolución do transporteA evolución do transporte

Na era preindustrial. Antes da Primeira Revolución Industrial os intercambios de mercancías eran escasos e limitábanse ás deistancias curtas debido a que os sistemas de transporte eran moi elementales (carros ou barcos de vela).

Durante a Primeira Revolución Industrial. Con ela tamén se revolucionou o transporte, coa aparición do ferrocarril ou o barco de vapor.

Durante a Segunda Revolución Industrial. A principios do século XX chegaron o automóbil e o avión.

Durante a Terceira Revolución Industrial. No derradeiro terzo do século XX desenvolvéronse as redes de ordenadores e con elas Internet, o que supuxo unha grande mellora na transferencia e transporte da información. Todos estes cambios van acompañados das constantes melloras tecnolóxicas.

Page 12: Tema 5. 3º Eso

Os sistemas de transporte na Os sistemas de transporte na actualidadeactualidade

SISTEMAS DE TRANSPORTE INTERURBANO:◦ Transporte por ferrocarril:

Foi o medio de transporte dominante a finais do século XIX e principios do XX.

Pero ao longo do século pasado foi perdendo viaxeros e mercadorías, a favor das estradas.

Na actualidade está medrando o transporte de pasaxeiros grazas as vías de alta velocidade (TGV en Francia ou AVE en España).

◦ Transporte por Estrada: Utilizado tanto para o transporte de persoas como de

mercadorías. As redes de estradas (autoestradas e autovías) son cada

vez máis extensas e mellores; por outro lado, os vehículos son máis numerosos, e máis potentes, seguros e cada vez consumen menos.

Page 13: Tema 5. 3º Eso

◦ Transporte marítimo: Está especializado no tráfico de mercadorías, posto que os

custos son menores se se trata de longas distancias. Tamén existen buques especiais para o trnasporte de certos

artigos.◦ Transporte aéreo:

Está especializado no transporte de pasaxeiros en longas distancias.

Na actualidade a texnoloxía permite viaxar en avións máis baratos, máis grandes e máis seguros.

◦ Transporte intermodal: Dase nos casos en que varios tipos de transportes traballan de

maneira conxunta.SISTEMAS DE TRANSPORTE URBANO:

◦ Transporte privado (automóbil particular), que en ocasións provoca problemas de conxestión circulatoria.

◦ Transporte público (metro, tranvía, autobús, etc.): Consome menos enerxía. Provoca menos accidentes. Ocupa menos espazo. É menos contaminante que o transporte privado.