Todo mercedes

48
Vivencias e lembranzas de Mercedes Cachaza Platas

Transcript of Todo mercedes

Page 1: Todo mercedes

Vivencias e lembranzas de Mercedes Cachaza Platas

Page 2: Todo mercedes

1.- ACEPTO A INVITACIÓN ÓS SESENTA E SETE ANOS

Quén mo diría!

Son MERCEDES CACHAZA PLATAS, teño sesenta e sete anos e a día 21 de marzo de

2016 empezo a colaborar escribindo as miñas vivencias pedagóxicas nun blog titulado: “40 ANOS

DE ESCOLA” a instancias da profesora do C.P.I “Virxe da Cela de Monfero”: dona Verónica

Dopico Cancela.

En primeiro lugar, agradezo á miña benquerida compañeira e amiga, Verónica que se

lembrara de min á hora de crear este blog. Síntome moi agradecida e quero colaborar con algunhas

pinceladas das miñas vivencias nese lugar tan máxico, chamado: ESCOLA. Gústame a palabra

“ESCOLA” aínda que ó longo da miña vida recibiu diferentes nomes: “Escola Nacional”, “Colexio”,

“Grupo Escolar”, “C. P. I.”, etc. Pero gústame a palabra “ESCOLA” porque realmente trátase dun

lugar onde se vai a aprender. O alumnado aprende do profesorado e viceversa. Non sei moi ben quen

ensina máis. Todo exercemos de mestres e máis de alumnos ó mesmo tempo, porque todos temos algo

que ensinar e moito que aprender.

Eu persoalmente aprendín moito do alumnado e tamén do profesorado. Aprendín moito na

escola, da propia escola. E aínda diría máis: quero seguir aprendendo, porque de boa gana cambiaría

o que sei polo que me falta sen aprender.

O meu paso pola vida profesional foron corenta anos, pero realmente levo na escola desde

os catro anos. Son desas persoas que pode dicir que a miña vida estivo felizmente marcada pola

escola. E –polo que se ve- aínda me dan a extraordinaria oportunidade de seguir una xeiriña máis.

¡Que sorte a miña!

De momento xa van sesenta e tres aniños. E os que veñan… ¡Benvidos serán! Por Iso, -ata

onde a miña memoria alcance-, vou intentar relatar todo aquelo que se me vaia vindo á mente, todo

aquelo que teño ben gardado no meu baúl particular dos recordos, xunto con algunha documentación

que fun arquivando ó longo da miña vida profesional.

O día 21 de marzo, comeza a primavera do ano 2016 e para min comeza un novo renacer da

miña vida profesional que tanto amei ¡Grazas a quen me dá esta oportunidade! Seguimos en

contacto.

O segundo capítulo dedicareino á miña escola primaria, a escola nacional da Galicia rural

da segunda metade do século XX, a dos anos cincuenta do século pasado. Canto cambiou o mundo..!

Desde Vigo (Paderne), a día 21 de marzo de 2016

Page 3: Todo mercedes

2.- A ESCOLA DA GALICIA RURAL DE 1950-60

Empecei a escola o curso 1953-54. Tiña catro aniños. Era moi miudiña, moi pouquiña

cousa e moi enfermiza. Vivía nunha aldea chamada Churío, do Concello de Irixoa.

Normalmente empezábase aos seis anos, pero eu empecei por iniciativa dunha mestra moi

sabia e moi santa que recordarei toda a vida. Chamábase Dona Raquel Rey de Castro. Queríame

moito e dábame leite quente no recreo porque tiña medo que morrera co frío. Moitos anos despois,

cando puiden, localiceina, e díxome que era como un grao de arroz, como unha boliña de algodón…

Localiceina na ancianidade e visiteina ata o último día que a despedín no Sanatorio Modelo.

Naquela aldea había moitos nenos que un día ían e dous non ían á escola nacional que por

non ter ni sequera tiña edificio propio. Era unha casa alugada para tal fin que tiña dúas plantas: na

planta baixa estaba a cociña da mestra, un WC do que falarei noutro momento, as escaleiras que

subían ata a aula e a corte das vacas á que se entraba por unha porta contigua; no piso estaba a aula

e máis o dormitorio da mestra.

Estaba en tan malas condicións que foi declarada en ruína en varias ocasións, pero como

non había nada mellor…Por non ter, non tiña luz eléctrica, nin por suposto auga na casa.

Loxicamente as casas dos veciños, tampouco a tiñan. A mestra tiña que ir á fonte, igual que todos.

Eu aprendín as primeiras letras á luz do candil. A luz eléctrica chegou tres anos despois.

Era una escola mixta: nenos e nenas de tódalas idades convivíamos baixo a tutela dunha

mestra. Tiñamos moito cambio de mestras, eran case todas interinas porque alí ninguén quería ir polo

mal estado do edificio, polo illado do lugar e pola absoluta falta de servizos.

Con todo había bastante orde e urbamidade entre o alumnado. Para entrar poñiamos unha

fila diante da porta. Saudábamos á mestra coas seguintes palabras: “Buenos días tenga usted”, e ó

saír: “Usted siga bien”. Cando che preguntaba como te chamabas, respondías:“Mercedes Cachaza

Platas” para servir a Dios y a usted”. Para empeza-la xornada escolar; rezábamos un Noso Pai, un

Ave María e un Gloria. Cando tiñamos necesidades fisiolóxicas, pedíamos permiso con estas palabras:

¿Puedo ir a fuera? Buscábamos un lugar escondido e o campo era todo noso.

O idioma oficial coa mestra era o castelán, aínda que na aldea todos falabamos en galego.

Nada máis empezar a escola tiñamos que aprender o idioma da mestra. Realmente tiñamos moito

mérito porque nunca oiramos falar outro idioma que non fora o galego.

Page 4: Todo mercedes

O material escolar cabía nun maletín de madeira chamado “cabás”. No cabás levábamos

unha pizarra, un pizarrillo, o silabario onde aprendíamos as vogais, un “Rayas” onde aprendíamos as

primeiras letras e andando o tempo un caderno de caligrafía, un libro que traía algo de todo chamado

“Enciclopedia” e para de contar. Na pizarra facíamos as contas, as redaccións e todo o que nos

mandara a mestra. Usar e borrar, usar e borrar…Borrábamos cos dedos ou a veces cun trapiño que ía

atado cun cordón a un burato que ten a poizarra no marco. De vez en cando lavábamola e quedaba o

marco branquiño e a pizarra limpiña. Eu aínda a conservo e o pizarrillo, tamén.

Na aula había un mapa de España e un encerado de cor negra coa pintura moi desgastada

polo paso dos anos. Os pupitres eran de madeira, alargados onde colliamos cinco ou seis alumnos.

Tiñan varios buratos na parte superior onde estaban os tinteiros con tinta para mollar a pluma á hora

de facer caligrafía. Cando rematábamos de facer a caligrafía, secábamos a pluma ó pelo. (Eu era moi

loira, non me quero imaxinar como quedaría…)

O banco tamén era todo corrido, tan longo como a mesa pero no medio estaba pandeado e

case sempre tiña unha para máis gastada que a outra. Aqueles bancos eran os mesmos que usara o

meu avó. Xa chovera! A min sempre me tocou de estar con nenos maiores ca min e tiña que facer

grandes esforzos para alcanza-la mesa.

O alumnado faltaba moitísimo á escola porque tiña que ir chamar as vacas para ara-las

leiras ou levalas a pacer ó monte. Eu fun unha afortunada, porque nunca tiven que ir coas vacas e

podía asistir sempre á escola agás cando estaba enferma, que era moi a miúdo. Non faltei á escola por

ir coas vacas, pero faltei quince meses seguidos por culpa dunha enfermidade que case me bota para o

outro mundo.

Page 5: Todo mercedes

Na miña familia valoraban moito a escola e a persoa da mestra. Tanto, tanto que me dicían

que cando estaba na escola, non era da miña familia: “era da mestra”. Polo tanto o que ela dixera, ía

á misa. Non valía queixarse. Pobre de min se me portaba mal!

Os alumnos máis adiantados conseguían aprender as catro regras: sumar, restar,

multiplicar e dividir, pero moi poucos chegaban a tanto. Eu pertenzo á primeira promoción que obtivo

o Certificado de Estudios Primarios. Presentámonos cinco ou seis e fomos facer un exame á Escola de

Coruxou onde había una mestra en propiedade de moita talla. Chamábase Dona María. Botou alí

toda a vida e recibiu a medalla ó Mérito docente de “Alfonso X, o Sabio. A mestra que nos preparou

para o exame do Certificado de Estudios Primarios, tamén era unha excelente persoa e profesional.

Aínda vive. Chámase Dona Azucena Rodríguez Seoane. Encontrámonos moitos anos despois,

facendo un curso para profesores en Coruña e desde aquel momento seguimos en contacto. Ata

asistiu á miña xubilación.

As mestras vivían no mesmo edifico da escola. Daquela non había medios de transporte

para trasladarse. Na planta baixa tiña a cociña, unha lareira, un vertedeiro, unha mesa e pouco máis.

En fronte da porta da cociña había outra porta: era a do WC onde facía as súas necesidades

fisiolóxicas vía directa á corte das vacas que estaba debaixo. Para durmir tiña un pequeno cuarto

encima da lareira coa cambota da chimenea empotrado na mesma. Debía ser diminuta. Alí nunca

estiven.

Así era a escola primaria da Galicia rural dos meus tempos… Ten algo que ver coa escola

de hoxe en día? Pódese pensar que non, pero eu digo que si:

“QUEN SE ESFORZABA EN APRENDER, APRENDÍA”

¿Non paso hoxe en día o mesmo?

Desde Vigo (PADERNE), 16 de marzo de 2016

Page 6: Todo mercedes

3.- BOTÁNDOME A VOAR POLO MUNDO ADIANTE

Despois daquela experiencia na escola nacional dos anos 1950-60, viñeron outras moitas

antes de chegar ó Xestal.

Houbo que facer un exame de ingreso no bacharelato, o bacharelato mesmo, a primeira

carreira en Ferrol e Santiago, a segunda na Universidade Autónoma de Barcelona, superar unha

oposición en terra catalana e nove anos coa casa ás costas exercendo a miña amada profesión en

diferentes lugares da xeografía española.P ara que tanto traxín?

Por circunstancias que nunca puidera sospeitar; pero alégrome moito de que así fora,

porque a necesidade agudiza o inxenio e para solventar os recursos económicos dos estudantes; para

iso están as becas.

A vida foime levando por diferentes camiños, diferentes experiencias, diferentes

aprendizaxes, pero todo contribuíu para o meu enriquecemento cultural, persoal e social.

Parvulario de Sarriá de Ter (Girona, anos setenta)

Page 7: Todo mercedes

Cando unha persoa é nova, o que lle interesa é formarse, levantar o voo, saír da casiña,

aprender a defenderse polo mundo, coller autonomía persoal… A min foime moi ben para chegar a

instalarme profesionalmente de xeito definitivo, moi preto do lugar onde nacín cuns coñecementos

xerais do que hai polo mundo adiante.

Os anos de vida “errante” servíronme para afianzarme do valor do propio: a terra, a

lingua, a nosa idiosincrasia, as xentes que me viron nacer e medrar, o amor á terra... En resume: as

miñas raíces. As raíces de cada persoa van con ela a onde queira que vaia. E aínda que pareza

mentira, canto máis lonxe se vaia, máis medran.

Aqueles anos, déronme unha visión máis ampla da realidade: coñecín novos lugares, novos

costumes, novas linguas, novas culturas… Servíronme para aprender a valorar máis o propio. Iso si,

gardo moi bos recordos daquela etapa da miña vida. Foron tempos duros, traballando polo día e

estudando pola noite.

Escola Nacional de Parlavà ( Girona, 1975-1978)

As becas axudáronme moito para abrirme camiño. Sen elas sería imposible. Foron tempos

de moito esforzo, pero tamén de grandes satisfaccións. Tempos de formación, en definitiva. Podería

contar mil e unha anécdotas. Atopeime con moitos obstáculos que superar; pero tamén con moi boas

persoas polo mundo adiante. Todas colaboraron para o meu enriquecemento tanto persoal como

profesional.

Page 8: Todo mercedes

Escola Nacional de Berlanga del Bierzo (León 1979-1980)

Aínda é hoxe o día que sigo en contacto moi directo con xentes dos diferentes lugares por

onde pasei. Algunhas pasaron a engrosar parte da miña existencia. SON COMO DA FAMILIA.

Pero a terra tira moito, moito. De tal xeito que en canto puiden, trasladeime a Galicia, ó

Colexio “EL JESTAL” como se chamaba no ano 1980. E aí pasei vinte e nove anos traballando coa

miña xente e para a miña xente. ¡Como debe ser!

Agora, que xa estou xubilada e xubilosa, tócame contar as vivencias de corenta anos

vividos na escola.

E fágoo con moito gusto.

Vigo (Paderne), 17de marzo de 2016

Page 9: Todo mercedes

4.- COMEZO DUNHA LONGA ETAPA

Era o día 1 se setembro do anos 1980 cando cheguei por primeira vez ó Colexio do Xestal.

Para empezar, a presentación ó Sr Director: D. Antonio Pampín Suárez e a continuación ó Claustro

de profesores daquel momento.

O Claustro estaba formado principalmente por profesorado procedente das Escolas

Unitarias da zona. Era maioritariamente feminino: Dona Rosario, Dona Gloria, Dona Pilar, Dona

Rufina, Dona Amelia e a súa irma xemelga: Dona Rosario, Dona Concha, Dona Maruja, Dona

Celia… entre outras das que xa non me lembro neste momento.Entre os varóns estaban: Don Santos,

Don Antonio, Don Ramón (Mon), Don José, Don Gonzalo… ¿…? O grupo femenino, curioso por

saber quen viña de novo, empezou a interrogarme en lingua castelá:

-¿De que done vienes?

-Estuve siete años en Cataluña, uno en Fene y ahora vengo del Bierzo (León).

-¿Y ahora donde vives?

-Vivo en Vigo.

-¿Y vas a venir desde Vigo todos los días?

-¡Claro que si!

(Ignoraban que había un Vigo en Paderne).

Despois de aclararlles que vivía en Vigo de Paderne, xa me sentían máis próxima; e cando

lles dixen que fora á Escola Nacional de Churío (Irixoa), xa empezaron a despexarse máis incógnitas.

A nai de Dona Rufina tamén nacera en Churío e tivera moitas veces á miña nai no seu regazo, porque

a súa nai e maila miña eran veciñas. Dona Rufina nacera e vivía en Santa Xiá de Monfero e eu

nacera e empezaba a vivir en San Xián de Vigo (Paderne). ¡Que coincidencia! Aí empezou unha

amizade que aínda dura a día de hoxe.

Dona Rufina foi un bo punto de apoio para introducirme pola vía rápida no grupo das

“MADRES FUNDAORAS” como deu en chamárselles a aquelas mestras coas que naceu o que co

tempo pasou a ser o que hoxe chamamos: C.P.I. “Virxe da Cela”. Aclarar tamén que naquel intre

había prazas para homes e prazas para mulleres. Por esa razón eu cheguei un ano máis tarde que

Don José e Don Gonzalo aínda que eles tiñan o número de rexistro de persoal máis alto que o meu,

pero chegaron ó Xestal un ano antes por esa razón que hoxe chamaríamos de “discriminación por

razón de xénero”. Esa “discriminación” permitiume ir forzosa, un ano para un preciosísimo pobo

berciano onde pasei o ano máis feliz da miña vida profesional: foi para min un regalo do ceo.

O feito de ter que ir ó Bierzo no primeiro destino forzoso, foi unha auténtica gozada desde

o aspecto profesional e o persoal. A nivel profesional foi unha experiencia gratísima. Aínda é hoxe o

día que sigo tendo exalumnos-amigos alí. E a nivel persoal foi un cambio radical para a miña delicada

saúde: os aires bercianos prestáronme tan ben que a miña saúde corporal mellorou o cen por cen. De

ser unha persoa enfermiza, pasei a ser unha persoa sa. A partir daquel momento puiden comer de todo

sen que nada me sentara mal.

Page 10: Todo mercedes

Pero para trasladarme alí tódolos fins de semana, tiña que cruzar o PORTO DE

PEDRAFITA DO CEBREIRO por unha estrada tan sinuosa e tan peliaguda que máis ben parecía

un camiño de carro. Estaba nun estado pésimo. Era no ao 1979, cando andaban facendo as obras da

autovía A-6 e máis o parque eólico de Sotavento e cando te encontrabas cun camión cargado, tiñas

que facer números para poder pasar. Había tantas curvas que non se podían superar os corenta

quilómetros por hora. Moitas veces estiven a piques de quedarme durmida co cansanzo, pero –grazas

a Deus- aquí estou contando estas peripecias ós nenos de hoxe en día.

Esta experiencia vivida no Bierzo pasoume factura para inicia-la miña vida profesional no

Xestal, porque sempre me tocaba de elixir curso detrás de D. Gonzalo e máis de D. José; pero iso non

me quitou de ser moi feliz. No capítulo seguinte, falarei do ben que me integrei como Profesora de

Ensino Xeral Básico con alumnado do país.

Desde Vigo (Paderne) 18 de marzo de 2016.

Page 11: Todo mercedes

5.- TOCOUME TERCEIRO DE E.X.B.

Cando cheguei ó Xestal xa levaba sete anos co meu título universitario de última xeración,

para exerce-la miña profesión na Segunda Etapa da E.X.B., pero polas razóns de “discriminación de

xénero” das que falei no capítulo anterior; foron os meus compañeiros varóns diante de min á hora de

elixir e tocoume terceiro de E.X.B xunto coa compañeira Dona Concha.

Naquel momento había 550 alumnos no colexio; dúas liñas por curso. En cada clase había

arredor de trinta criaturas. Daquel primeiro curso en Monfero lembro con moito cariño un rapaz de

Ambroa que cantaba moi ben e permitíalle que amenizara a clase cada vez que me ensinaba os seus

deberes ben feitos. Era todo un artista: sacaba do peto o seu pano da man moi limpo pero todo

engruñado nunha bóla; limpaba educadamente os mocos e poñíase a cantar, cantaba como un anxo.

Aqueles nenos eran moi traballadores, non facía falta levanta-la voz. Eran moi obedientes e

ben mandados. Desta promoción non conservo fotos, pero recordo que enseguida me integrei no

Centro porque incluso fun coa excursión de fin de curso a Madrid e Andalucía. Tamén ían: Dona

Maruja e o seu marido, Don José e a súa señora, Don Antonio Pampín, o director e a súa señora,

Don Santos e máis eu. Paseino moi ben. O único incidente foi que lle roubaron a carteira a unha nena

no metro en Madrid. Cando se decatou, levou un gran disgusto e desde entonces, trouxo o bolso ben

agarrado todo o camiño. O problema resolveuse con moita solidariedade, facendo unha colecta e a

nena tivo todos os cartos que lle fixeron falta e máis.

Lembro outra anécdota ó coller as entradas para entrar na Mezquita de Córdoba. Colleunas

o profesor Don Santos que era un home moi sabio, moi bo profesor, de moito carácter pero baixiño de

estatura física e a taquilleira confundiuno cun alumno. Aquel profesor tamén era moi pulcro. Tiña

sempre os zapatos impecables de brilantes. Un día pregunteille como facía para telos tan lustrosos e

respondeume que estaba a punto de publicar un libro coas instrucións. Logo se foi trasladado e

perdinlle a pista.

Os nenos daqueles tempos, non daban unha torna. Eran moi dóciles. Sabían comportarse moi

ben cando saían fóra. Se ve que ían moi avisados das casas. Ademais tíñanlle moitísimo respecto ó

profesorado, especialmente á figura do Director, iso que era unha persoa moi condescendente; incluso

se duchaba con eles os días de ximnasia e ensináballes a usa-la toalla, porque eles non debían estar

habituados a usala moito nas súas casas.

Algúns nenos cheiraban a silo. Era inevitable, sendo fillos de labregos. Outros cheiraban a

roupa posta ó clareo. Tamén a colonia, algún caso. Algúns tiñan piollos. Debera pasar unha nube

deles polo ceo de Monfero naquel momento.Era así a vida. Lembro que cando o Director viña á miña

clase dicía que cheiraba a humanidade. Cheiraban así tódalas aulas, iso que naquel momento o

colexio era bastante ventilado.

Non era nada estraño que faltara algún cristal e tampouco que caera unha folla da ventá enteira ó

patio. Grazas que nunca houbo ningún accidente. Cando as caravillas das ventás xa non tiñan o

burato onde suxeitarse, o remedio era chamar ó Sr Quintas.

Page 12: Todo mercedes

O Señor Quintas era o conserxe que acudía cunha punta e un martelo e cravaba a ventá por

días de vida e xa non se volvía a abrir. Outra misión do Señor Quintas era avisar para as entradas e

as saídas. Tiña un chifro ó que todos obedecíamos puntualmente, principalmente á hora de saír. O

chifro do Señor Quintas, era o que máis mandaba no colexio.

O patio do colexio era sumamente espazoso, pero arredor do edificio estaba cheo de puntas

que quedaran alí das obras desde cinco anos antes. Entre as puntas, os cristais e outros obxectos non

identificados, facían unha boa alfombra, pero ninguén se queixaba. Afortunadamente, nunca pasou

nada de importancia.

Para o seguinte curso volveume a tocar terceiro. Desta promoción, si que gardo fotos, nomes

e parroquias. Por primeira vez na miña vida profesional encontreime coa diabete nun neno do oito

aniños. Miña xoíña. Mimábao canto podía. Non sabía que facerlle. Pero nunca tivo ningún

problema. Comía no comedor, pero sabía moi ben o que podía comer. Era moi consciente da súa

situación e a súa mamá unha persoa encantadora.

Era un curso con maioría absoluta de varóns; pero nunca houbo ningún problema nin entre

eles nin coas nenas. Foi un curso estupendo. Botei dous cursos naquela aula de terceiro “B” á que lle

tiña cariño porque pasaba por alí a chiminea da calefacción e resultaba menos fría que outras.

Aqueles rapaciños agora xa pasan da corentena. Fai pouco que falei con tres delas. Foilles

ben na vida. Din que gardan bos recordos daquela época. Nótase que aínda me levan no seu

corazón.Eu tamén llelo agradezo. Cada vez que isto ocorre, estíraseme a alma, éncheseme o corazón

de gratitude.

Esta profesión é preciosa. A máis preciosa de todas!

Desde Vigo de PADERNE, a día 19 de marzo de 2016.

Page 13: Todo mercedes

6.- SORPRESA, SORPRESA!

Era o ano 1983, cando un respectable número de alumnos non aprobara os oito cursos da

E.X.B. para optar ó Certificado correspondente. A onde irían sen un certificado de Ensino Xeral

Básico? Qué se podería facer con aquelas criaturas? Pois, ó amparo da Orde Ministerial de 1974,

Boletína Oficial do Estado do cinco de marzo, ó Sr Director D. Antonio Pampín Suárez ocorréuselle

crear unha AULA DE EDUCACIÓN PERMENENTE DE ADULTOS en horario nocturno para

ver se podían sacarse adiante aquel colectivo tan numeroso de rapacería que non acadara os

obxectivos á súa idade. O calendario abarcaría desde o seis de febreiro ata o 31 de maio, un total de

90 horas. O inspector correspondente de E.P.A. era D. Camilo Ocampo Gómez.

¿Con que profesorado se podería contar? Os que lles daban clase, loxicamente non estaban

dispostos.Entre os restantes: en primeiro lugar tería que ser profesorado especializado na segunda

Etapa da E.X.B.; en segundo aquelas persoas que estiveran dispostas a sacrificarse en horario

nocturno en atender aquel alumnado tan peculiar, despois de traballar todo o día co alumnado en

idade obrigatoria. Case nada! Despois de moito deliberar e vendo a necesidade, aceptamos dúas

profesoras: Dona María Josefa Abeledoe Abeledo colleu as asignaturas de Letras e Ciencias Sociais.

A unha servidora tocoulle a súa especialidade: Matemáticas e Ciencias da Natureza.

Aínda conservo as listas do alumnado, 33 en total: dous terzos eran rapaces, un total de

22; o terzo restante eran rapazas, 11 en total; trece chegaran a oitavo, cinco de sétimo e o restantes a

sexto. Mi madriña! Vaia reto! Algúns xa se consideraba mozalbetes. Lembro que empezaron as clases

co tono un tanto pasota. Eles estaban feitos uns mozalbetes e eu unha profesora xove e recén chegada

ó Xestal… A ver que pasaría alí? Un día ata houbo quen intentou poñerse a fumar na clase. Eles

estaban armados de valor xuvenil, pero eu aínda estaba máis de dotes profesionais: carácter non me

faltaba; preparación, tampouco, e ganas de axudarlles, todas, aínda que eles non o comprenderan

naquel momento. Así que… Xa saberían quen era eu! E logo o souberon, porque enseguida lles calmei

os ánimos. Total: a traballar tocaba e así o fixemos. Algúns retiráronse, pero a maioría seguiron. As

calificacións obtidas moi boas non eran; pero… Con moito traballo, con moito empeño e con moita

boa fe, máis do cincuenta por cen conseguiu aprobar.

Algún volveu polo Centro pasado un tempo para mostra-lo seu agradecemento porque

grazas a aquel título puido crear a súa propia empresa. Unha puido conserva-la carteiría que deixaba

o seu pai por xubilación. Outra puido empregarse como persoal laboral na Xunta de Galicia. Outros

viñeron busca-lo certificado anos máis tarde. Outros…

Para min foi unha experiencia máis no terreo profesional e se en algo os puiden axudar, xa

me dou por satisfeita. A intención foi esa. Por outra banda, seguía cos meus pequerrechos do curso

anterior, traballando nun plan experimental que dera moi bos resultados. É asombrosa a capacidade

que teñen os nenos a estas idades temperás si se lle sabe sacar partido. A min quedáronse moi bos

recordos daquel momento. Espero que a eles, tamén.

Desde Vigo (PADERNE), a día 21 de marzo de 2016

Page 14: Todo mercedes

7.- O PÉ DE OURO

Ninguén pon en dúbida que os pés son unha parte fundamental e importantísima do corpo

humano. Neles descansa o peso de todo o noso organismo. Usámolos desde que nacemos ata o

momento do falecemento. Con eles corremos, xogamos, saltamos, brincamos, bailamos, imos á escola,

imos facer recados, imos dun sitio para outro... A veces usámolos por razón persoais, outras por

razóns profesionais. Usalos en beneficio doutras persoas, ten tanta importancia como usalos en

beneficio propio. Neste caso, D. Antonio Pampín Suárez utilizounos para percorrer aldeas e rueiros

onde había nenos que puideran engrosar o alumnado do Colexio recentemente creado. O alumnado

deste centro abarcaba os concellos de Monfero, Irixoa e incluso algúns de Andrade. Había que

mentalizar á sociedade dunha nova realidade: os nenos tiñan que trasladarse ó Centro Comarcal e

abandonar as escolas unitarias. De feito algunhas unitarias aínda seguiron existindo varios anos

desde a fundación do Colexio, pero pouco a pouco fóronse incorporando.

Había que concienciar ós poderes municipais de que os nenos teñen moitas necesidade e

ocasionan moitos gastos. Había que conseguir recursos para o bo funcionamento do Centro: que se a

calefacción; que se o comedor; que se o transporte deste ou aquel lugar hai que amplialo; que se un

neno se pon indisposto, hai que levalo á casa ou ó médico; que se había que conectar co pobo aínda

que fora día festivo ou en lugares de uso público como podía ser unha taberna. E, por suposto, estar

en contacto permanente coa Administración Educativa. En moitos casos foi o coche de D. Antonio

Pampín o primeiro en chegar a segundo que lugares de Monfero e de Irixoa. Daquela o asfalto era un

gran descoñecido no medio rural. Á aldea de Lagares non podía ir o autobús do transporte escolar.

Era un todo terreo do Alcalde do momento, D. Juan do Casal, o que transportaba o alumnado

daquela aldea... O que está moi claro é que a infraestrutura viaria nada tiña que ver coa de hoxe en

día, por moi mal que estea.

Por que digo todo isto? Porque o labor de D. Antonio Pampín á pé de camiños e

corredoiras foi moi notorio. Cando lle chegou o momento do seu traslado a outro centro, D. Antonio

veu recompensado o seu labor: Monfero regaloulle un “PÉ DE OURO·” en agradecemento ó que

deixaba “pisado “ aquelas terras. O que non teño claro é se foi Monfero só ou cooperou tamén Irixoa.

Teño oído que naqueles tempos Irixoa poñía e dúbida a súa necesidade legal de colaborar cos gastos

do Colexio por estar o Centro en terras de Monfero. Neste caso non lembro como foi. Pero o PÉ DE

OURO, vírono os meus propios ollos nas mans de Don Antonio Pampín Suárez, que reloucaba de

ledicia e agradecemento. É algo inusual, pero neste caso merecido. Monfero é un pobo agradecido.

Hoxe en día pode parecer primitiva, aquela maneira de conectar co pobo, pero era o que

había. Os tempos cambiaron moito e están cambiando de día en día. De feito, fai poucos días que fun

dar unha volta arredor do Centro un día festivo e decateime das modificacións externas que se fixeron

nos últimos tempos. Parabéns a cantos fan posible esta melloría para os nenos do rural galego!

Meréceno!

Desde Vigo (PADERNE), a día 22 de marzo de 2016.

Page 15: Todo mercedes

8.- EMPEZAR POLO PRINCIPIO

Cambiou a Dirección do Centro e eu tamén cambiei de curso. Pasei para a outra ala do

edificio, unha aula moi fría ó pé da porta que daba ó patio. Era o que tocaba. Alí botei varios anos.

O Ensino Xeral Básico empezaba ós seis anos. Normalmente, o alumnado empezaba aos

seis anos sen saber nada de nada. Viña cos libros de primeiro na súa carteira, pero era imposible

empezar con eles, porque non sabían ler. Antes de empezar con aqueles libros, había que ensinarlles

outras moitas cousas: fichas e más fichas feitas á man e fotocopiadas nunha multicopista sumamente

primitiva que case sempre estaba avariada.

Durante moitísimos anos conservei aquelas fichas feitas á man con moito amor e

dedicación. Pasado moito tempo, un bo día pensei que aquilo pasara á historia e non quero recordar o

que fixen con elas. Tiñan o seu encanto e –seguramente- valor histórico. Pero agora xa foi, Marica

non chores!

Daquela había moitos métodos de lectura, pero ningún predeterminado. Cadaquén

amañábase como podía. A min sempre me gustou face-las cousas á miña maneira. E naquel momento

tamén as fixen. Expúxenme sen saber o resultado, pero quería experimentar aproximándome o máis

posible á sensibilidades do alumnado. Experimentei e acertei.

Lembro que para ensinarlles a ler debuxaba un animal no encerado co nome das grafías que

quería que aprenderan e a partir diso, íamos construíndo unha historia. Aquela historia era

“sagrada”, non se borraba do encerado mentres non se tiña ben aprendida, de pe a pa. Liámola

repetidas veces cada día. Incluso convivían varias historias xuntas, ata enche-lo encerado. Así con

diferentes animais ata aprender a ler.

Aínda conservo a historia dun paxariño que se chamaba “GUL”, o “Osiño Panda”, a

patiña “ALEGRE”, o “canciño FRUS”, a gatiña “PITUSA, a balea “RAL”, o coelliño “TRIN”, a

mona de “TARZÄN”, o ratiño “PÉREZ”, o elefante “TRONQUITO”, a galiña “GRIN, GRIN”, a

vacina “TRANS” e outros… Tiñamos o noso pequeno zoolóxico particular no encerado. Ós nenos

gustáballes e a min dábame resultado pedagóxico porque chegado xaneiro sabían ler.

Page 16: Todo mercedes

Aquel método era totalmente de fabricación persoal, non estaba escrito en ningún sitio.

Ata penso que había profesores que poñían en dúbida o seu resultado. De feito un bo día recibín a

visita da inspección en ton un tanto inquisidor. Debía ser en decembro, máis ou menos, porque ata

xaneiro non empezaba cos libros. Pediulles ós nenos os libros de primeiro. Contesteille que aínda non

os empezara ata que souberan ler.

-¿Pero como lo hace, entonces? -Mediante fichas. -¿Que fichas?¿Dónde están esas fichas? -Las tienen los niños. Eu non as tiña, porque llelas daba ós nenos. Resulta que os nenos xa as levaran para a

casa porque dicían que llelas gardada a súa mamá; pero houbo unha neniña moi coidadosa que as

tiña alí todas xuntiñas e ensinoullas ó Inspector. Despois de observalas detidamente, quedou tan

prendado daquel labor tan artesanal, que me dixo: SIGA ASÍ! E foise aprendendo unha cousa máis.

Despois daquel día incluso me encomendou un plan experimental para o curso seguinte porque me

tiña moito aprecio.

Estas son anécdotas profesionais, pero o autenticamente bo é a comunicación coa infancia.

Son tan encantadores os nenos pequenos! Teñen tanta inxenuidade! Contan tantas cousiñas! Contan

tanto sen que ti lles preguntes nada..! Loxicamente eu nunca lles preguntei nada de nada. Só

faltaría! Sentía un profundo respecto coa súa vida persoal, pero eles contaban… Contaban

espontaneamente.

Page 17: Todo mercedes

Naquel curso roubáronme o corazóns dúas criaturas. Unha neniña miudiña, moi

pequerrechiña, a máis pequerrecha de todos; que me contaba como encontrara á súa mamá morta na

cama cando ela tiña tres aniños. Contábame que lle tiraba dos pelos pero non lle contestaba. Era

sumamente entenrecedora aquela historia. Tamén me contaba outras cousiña relativas á súa situación

familiar. Canto ensina a necesidade! Era unha criatura con moita historia e con moi boas

capacidades. Eu tíñalle un cariño moi especial a aquela neniña. Aínda llo teño hoxe. Collíaa moitas

veces no colo e dáballe canto mimo podía. Ela tamén me colleu moito cariño. Tódolos compañeiros lle

tiñan un aprecio especial. Facíase querer. Merecíao.

Tamén me roubou o corazón un neno que me contaba como era a súa irmanciña que nacera

con moitas discapacidades físicas e psíquicas. Como a quería! Como me explicaba o marabillosa que

era a súa irmanciña! Aquel neno tamén me colleu moito cariño. Non fai moito que me mandou

recordos a través duns parentes que ten na miña aldea. É tan grato recibir recordos dos exalumnos!

Gardo na miña mente outros moitos recordos, porque cada neno ten a súa historia e todas

son moi bonitas, pero non podo poñelas aquí todas, porque a lista sería interminable. Lembro tamén

que cada curso plantara unha árbore no patio escolar e coidabámolo con moito cariño. Era unha

maneira de cultiva-lo amor á natureza e ó mesmo tempo poñíamos o patio máis bonito e

asegurábamos algunha sombra para os días de calor. Tamén foramos plantar algo ó monte, pero non

sei se daría moito resultado. O día que plantamos, comemos de campo. O compañeiro Dopico fixera

unha paella exquisita.

A relación coas familias tamén era moi boa. Incluso apareceran unhas becas naquel

momento e axudáballes a cubrilas. Eran pequenas axudas debido á zona onde estaba ubicado o

colexio. Eu sempre tiven moi claro que debía colaborar coa familia e deixo feito moitísimas reunións ó

longo da miña vida profesional. Daquela o trato era totalmente persoal. Tampouco había outros

medios para facelo. Era así aquela vidiña. A verdade é que era “moi humana”

Desde Vigo (PADERNE) a día 23 de marzo de 2016-03-21

Page 18: Todo mercedes

9.- AMOR Á TERRA

Cheguei a Monfero en setembro de 1980. Daquela o ensino era totalmente en lingua

castelá. Pero unha realidade era a vida cotiá do alumnado galego-falante e outra ben diferente era a

vida escolar. Daba a impresión de que o idioma culto era o castelán e o vulgar era o

galego.Desafortunadamente aínda hai moita xente (maioritariamente persoas maiores) que o pensa

hoxe en día.

Eu tiña moi claras dás cousas: En primeiro lugar o amor á lingua que me viu nacer, que me

viu medrar, a miña lingua materna, a que usei toda a vida coa familia e coas persoas máis próximas.

En segundo lugar, chegara o momento no que a lei recoñecía a lingua galega en cooficialidade co

castelán. Chegara o momento de revalorizar unha lingua que era a que verdadeiramente expresaba a

idosincrasia da Galicia Rural e a miña propia idiosincrasia. Loxicamente eu non a dominaba a nivel

oficial, porque nunca tivera ocasión de estudala como estudei o castelán ou o francés ó longo dos

estudos.

O amor á terra e á lingua como sinal de identidade, tocoume unha tegra moi sensible:

“TODA PERSOA GALEGA TEN O DEBER DE SABER GALEGO E SE É UNHA

PROFESIONAL DO ENSINO, CON MÁIS RAZÓN.”

Na primeira ocasión xa me puxen co galego. E púxenme con moitas ganas. Lembro un día

festivo que me puxen a estudar ás oito da mañá e cando mirei o reloxo xa pasaran doce horas, xa me

doía a cabeza coa fame. Non era sen razón. Ó pouco tempo xa era “ESPECIALISTA EN LINGUA

GALEGA”. Xa estaba capacitada para impartila na Segunda Etapa da E.X.B. e tamén cando

apareceu o ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO. Xa tiña un desexo cumprido.

Desde aquel momento da miña vida, uso esta preciosísima lingua a cotío, tanto na fala

como na escrita. Incluso teño a sorte de poder publicar un artigo de opinión, tódolos xoves en

“Galicia Dixital” na miña lingua nai. As linguas non son un obstáculo para entendérense as persoas.

De feito teño unha amiga catalana e cando estou con ela fálolle en galego e ela fálame en catalán.

Entendémonos perfectamente. E somos grandes amigas. Problema ningún.

O natural é que cada un defenda o seu con absoluta naturalidade e –por suposto- sen

fanatismos. Tódalas linguas son fermosas. Todas son ferramentas para comunicarse a través da

palabra oral ou escrita. En tódalas linguas se poden dicir cousas fermosísimas, por iso todas son

importantes aínda que sexan minoritarias.

Precisamente cando se trata de linguas minoritarias como é o caso da nosa, debemos

cultivalas aínda máis para evita-la súa desaparición. Se nós non coidamos a nosa lingua… Se nós

non conservamos a nosa identidade… Quen o vai facer?

Desde Vigo (PADERNE), a día 24 de marzo de 2016.

Page 19: Todo mercedes

10.- CAMBIO DE ETAPA. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS

Nos Colexios Públicos hai cambios constantes; uns profesores vanse e outros veñen, uns

cambian de curso, outros non… En fin, que no ano 1985, a min tocoume de cambiar de etapa. Xa

botara dous anos en terceiro, un en primeiro, dous en segundo e agora tocaba sexto. Sexto era o

primeiro dos tres cursos da Segunda Etapa de Ensino Xeral Básico. Naquel momento había 87

alumnos en sexto, repartidos en tres aulas. Tocáranme dá-las linguas galega e castelá e más a titoría

dun sexto.

Alumnado de sexto de E.X.B. en 1986

Cos tutelados

Page 20: Todo mercedes

Aínda é hoxe o día que conservo unhas redaccións feitas polo alumnado e nelas pódese

observar a vida do colexio naquel momento. Pintáranse as aulas e conviña conservalas en bo estado.

O mobiliario tamén estaba regular porque o uso que facían del non era de todo axeitado. Recoñecían

que eran algo abandonados, que non respectaban o edificio nin o material e que debían corrixirse; pero

do que non se decataban é de que eran nenos e non se lles podía pedir moito máis. Segundo eles, as

duchas estaban vellas, os inodoros atascados con certa frecuencia e os enchufes sen luz. Practicaban

deporte no patio cuberto, pero como tiña goteiras e non se encontraban cómodos. Os deportes máis

practicados eran o brilét, o fútbol sala e o ping-pong. A clase de ximnasia tamén lles gustaba, pero

queixábanse da falta de material. Con todo preferían os xogos, e os deportes.

Un alumno finalizou a súa redacción coas seguinte poesía:

“XOGADE NENOS

NON PASMEDES

CANDO SEXADES VELLOS

XA PASMAREDES”

Unha nena que agora me parece que está de Profesora de Español en Francia, remataba a

súa redacción desta maneira:

“MIREMOS AL FUTURO

CON ESFUERZO Y SACRIFICIO

Y NUESTRA COSECHA DEL FUTURO

NOS PROPORCIONARÁ BENEFICIO”

Daquela estaba de Director Don Francisco López, un gran profesional e con moitos

coñecementos musicais. El daba clase de música a mediodía, eu teño asistido ás súas clases. Algo

aprendín, pero a música non é o meu forte. Con todo estoulle agradecida. Outros profesores tamén

daban clases voluntariamente no recreo de mediodía: mecanografía, labores, xadrez, películas, etc. A

verdade é que se trataba dun profesorado moi voluntarioso e moi traballador. Era o propio

profesorado o que se encargaba de facer actividades extraescolares sen ningún custo para o alumnado

que voluntariamente quería asistir a elas. Tampouco as aproveitaban todos, pero seguro que algún lle

sacaría partido.

O Profesorado na segunda Etapa, naquel momento eramos: Dona María Luz Carro, Don

José García Barreiro, Don José Dopico Sueiro, Don José Ramón…, Don Antonio…, unha sevidora,

Mercedes Cachaza Platas. Non sei se me queda algún máis…

O alumnado por aquel entonces xa dominaba bastante ben a lingua galega á hora de

escribir.Tiña moito coñecemento de cantigas e refráns que lle ensinaban na casa. Posuían moitos

coñecementos de sabedoría popular propia do rural galego. Tamén sabían moitos chistes. Unha vez ó

trimestre deixáballes contar chistes e a verdade é que sabían moitos e moi bonitos.

Page 21: Todo mercedes

Para estimula-la súa expresión na escrita na nosa lingua nai, mandáballes facer diferentes

tipos de traballos e os mellores pasaban ó “LIBRO DE HONRA”. Conservo unha boa colección.

Eran rapaces moi creativos. Vexamos algúns títulos:

“O PAÍS DE MARCHA ATRÁS” (Belén, 11 anos)

“POR QUE VIVIMOS” (Antonio, 12 anos)

“A PANTASMA E O VENTO” (Yolanda, 12 anos)

NAI PIADOSA Ó FINAL DOLOROSA” (Anónimo)

“UNHA VIDA DE SOIDADE” (Marta, 12 anos)

“UNHA VIAXE POR ÁFRICA”(Anónimo)

“UN LIBRO, UNH VIAXE COA IMAXINACIÓN” (Vanesa, 11 anos)

“MANEIRAS DE SER FELICES” (Rocío, 12 anos)

“UN ANXO PARA O CEO” co gallo do falecemento dun compañeiro de 6 aniños. (Rocío, 12 anos).

O QUINCE E FEBREIRO

EN TABOADA

MORREU UN NENO.

ESTAMOS EN SILENCIO,

A ESTO NON HAI DEREITO

ASÍ QUE BERREMOS

E SAQUEMOS

A DOR DO NOSO PEITO.

POR EL FIXEMOS MISA

QUE VALE MÁIS QUE MIL SORRISOS,

TAMÉN CHE MANDAMOS UNHAAPERTA

POLO TEU ETERNO DESCANSO.

“VIVE, GOZA, AMA.” (Vanessa, 13 anos)

“HISTORIAS DE POSUÍDOS” (Lucía, 12 anos)

“O SORRISO DO MEU AVÓ” (Ana María, 13 anos)

Incluso se adiantaban ós tempos dicindo cousas como esta:

“CAMIÑAMOS NESTE MUNDO DE CONSUMO CARA A UNHA SOCIEDADE

SEN CABEZA, SEN INTELIXENCIA, SEN AMOR, PENSANDO SÓ NO VENTRE E NAS

PREOCUPACIÓNS DE CADA DÍA” (Lorena, 13 anos)

Tamén facían entrevistas a persoas maiores e ademais de favorece-la comunicación

interxeracional, familiarizábanse coa cultura popular. Eran nenos bastante maduros aínda que a

algúns non lles gustara moito estudar, pero ían facendo: as calificacións non eran malas. Así foi a

miña introdución na segunda Etapa de Educación Xeral Básica.

Desde Vigo, a día 26 de marzo de 2016.

Page 22: Todo mercedes

11.- A IMPORTANCIA DA ESCRITA

Chegado o ano 1989, apareceu por Monfero unha nova remesa de profesores xoves, ben

formados e tamén con moitas ganas de innovación. Recaeu a Dirección na persoa de Don Alberto

Veleiro Vidal, a Xefatura de Estudios en Dona Cristina Vázquez Barreiro e a Secretaría, a

Coordinación da Segunda Etapa e formar parte do Consello Escolar, tocoume a min tamén xunto con

outros membros da Comunidade Educativa. O Consello Escolar era o Órgano Colectivo de Goberno do

Centro. Estaba integrado por cinco pais/nais de alumnos, o Alcalde de Monfero, tres alumnos da

Segunda Etapa de E.X.B., seis profesores, o Director, a Xefa de Estudos, a Secretaria e un membro

do persoal laboral.

Moitas responsabilidades, moitas reunións, moito traballo pero o mellor de todo era o

Alumnado. Eu seguía coleccionado traballos e máis traballos inéditos que ían realizando os meus

alumnos. Na segunda Etapa da E.X.B., en ámbalas dúas linguas cooficiais en Galicia. Coa chegada

da Secundaria no ano 1996, xa pasei a dar soamente Lingua Galega no Primeiro Ciclo de ENSINO

SECUNDARIO OBRIGATORIO. Son historias preciosas que reflicten a vida da Comunidade

Escolar do momento: un momento de transición entre o ENSINO XERAL BÁSICO e a

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA que comezou en 1996.

Collo o LIBRO DE HONRA dos anos 1986-1994 e empezo a ler e relembrar aquelas

preciosas historia feitas con todo o amor do mundo naquel momento da historia do noso Colexio.

-PEPIÑO QUERÍA SER EMIGRANTE (Sandra, 12 anos)

-APORTACIÓN DE LOS PADRES AL COMEDOR ESCOLAR (María Isabel, 12 anos)

-APORTACIONES DE LOS NIÑOS PARA MEJORAR EL COLEGIO (María Isabel, 12 años)

-LOS DEPORTES DEL COLEGIO (Eva María, 12 anos)

-COMPORTAMIENTO EN EL TRANSPORTE (Sandra María, 11 anos)

-RELACIONES ENTRE LOS ALUMNOS (María del Pilar, 12 anos)

-LA COCINA (José Manuel, 12 anos)

-CIUDADO DE LOS LIBROS DE LA BIBLIOTECA (Mª Belén, 12 anos)

-EDUCACIÓN DE LOS NIÑOS EN EL COLEGIO cunha poesía incluída:

“Niños y niñas de este Colegio

quiero pediros un favor:

edúcate en el colegio

para cuando seas mayor.

Por favor, educaros

en el Colegio, bien

porque si no sois educados

no os querrán tan bien. (Antonio , 12 anos)

Page 23: Todo mercedes

-NIÑOS MALTRATADOS, tamén cun poema para rematar:

“Miremos al futuro

con esfuerzo y sacrificio

y nuestra cosecha del futuro

nos proporcionará beneficio” (Marta, 12 anos.

-CONSERVACIÓN DE LAS CLASES (Isabel 11 anos)

-EL ALUMNADO e tamén fai relación ó transporte escolar:

“Niño/a, no distraigas al conductor

él te lleva y te trae

en orden, mucho mejor” (Montserrat, 12 anos)

-HIGIENE DE LOS SERVICIOS que remata así:

Cuida los servicios higiénicos,

si eres destrozón

quitas sin razón

el calificativo de “higiénicos” (Susana, 12 anos)

-LAS MESAS DEL COLE, que non ten desperdicio:

Ser bueno,

trabajador,

amable

es lo mejor.

Ser honrado

obediente,

ordenado

y paciente.

Ten educación,

respeta el mobiliario

no seas destrozón. (Manola, 13 anos)

-EL COLEGIO POR FUERA (Non se lles escapaba un detalle) (María Pilar, 13 anos)

-EL AMOR. El amor es la pasión por la entrega, es decir, saber dar sin esperar nada a cambio. Todo

un tratado filosófico dunha rapariga de 13 anos, chamada: “Vanesa”.

-DIOS, LA RELIGIÓN Y EL AMOR. Dios y la religión no son cualquier cosa, son nuestra buena

conducta y la conciencia limpia (María Dolores, 13 anos).

-GRACIAS A DIOS. Daquela os nenos tiñan a Deus presente nas súas vidas (Diana, 2º de E.S.O.)

Tamén había quen optaba pola poesía:

Page 24: Todo mercedes

-CORAZÓN CHEO DE ALGO NOBRE:

“Se o corazón che fala

con palabras dóces

se che crea cariño

e ten cousas nobres…

é que hai algo dentro

no teu interior

é un sentimento

que se chama amor.

Persoas nobres

aquelas que falan

aquelas que senten

aquelas que aman,

levando o cariño

que lles é entregado

creando un sorriso

para un enfadado.

Pero a felicidade

non se di con palabras,

óbrase coa mente

séntese na alma.

Pero o máis importante

non está en ser feliz

senón en que este sentimento

se poida compartir

coa túa familia

cos teus amigos

coa xente da rúa

tamén cos mendigos.

Este sentimento no debe amainar

e nas nosas cabezas

ten que perdurar. (Cristina, 2º de E.S.O.)

Despois de ler todo isto, podemos preguntarnos: Hai algo máis fermoso que a infancia?

Pode haber traballo máis agradecido? Para o meu parecer, NON. Se volvera a nacer, elixiría a mesma

profesión. Continuará…

Desde Vigo (Paderne) a día 27 de marzo de 2016.

Page 25: Todo mercedes

12.- OS NENOS SON OS MELLORES MESTRES.

Ó longo da miña profesión fun deixando constancia escrita de infinidade de traballos

escolares. Lembrar todo canto levo aprendido do alumnado, sería imposible; pero grazas ós seus

escritos podo deixar constancia dos seguintes comentarios como un breve resume de sabedoría infantil.

Canta sabedoría ten a infancia! Que feliz sería a humanidade se de maiores conserváramos tanta

ciencia!. Vexamos o que dicían os nenos de 13 anos en 1999:

-“Para que una persoa sexa feliz, é mester que estea contenta consigo mesma” (Fátima, 13 anos).

-As árbores acompáñannos desde que nacemos ata que morremos, e incluso, despois de mortos, están

con nós.

-Se queres recoller amor, cariño, comprensión, docilidade, respeto, etc, etc…o único que tes que facer é

sementalo.

-Con só plantar una semente nos corazóns que te rodean, despois recollerás toneladas e toneladas de

amor, respeto, comprensión… (Natalia, 13 anos).

-Son rico porque teño familia, porque podo disfrutar da vida e da paisaxe, porque teño amigos e

amigas que me queren, porque teño roupa e calzado, porque teño una cama onde dormir, porque teño

moitos animais domésticos para a alimentación familiar, etc, etc. (Óscar, 12 anos)

-Podemos vivir sen pensar como se naceramos descerebrados. Pero vivir sen pensar é como non vivir.

É como face-las cousas sen facelas. É como vivir e non vivir. É como respirar e non respirar.

¿Entendes eso? ¿Qué xeito ten? (Leticia, 12 anos)

-Se pensamos que un aceno de amor, non salva á Humanidade, nunca haberá xustiza, nin paz, nin

dignidade, nin felicidade sobre a terra dos homes. A vida está feita de pequenos detalles. Anímate a

colaborar! (Cristina, 12 anos)

-Sempre é posible ser máis feliz. Busca na túa vida os momentos felices, súmaos todos e comprobarás

como medra a túa felicidade.

-Sempre é posible que saia un raio de sol nun día nubrado. Mira ben e verás. Verás cousas

marabillosas. (Belén, 13 anos).

-Cando visito ó meu bisavó de 99 anos e me conta as historias da súa vida, doume conta que é un rico

remanso onde desembocan as correntes da vida. É moi bo e dáme moitos consellos. (Inés, 12 anos)

-Imos iluminando as nosas mentes cos logros cotiás. Cada un de nós sómo-los encargados de encende-

las nosas propias luces, poñendo felicidade nos obxectivos e logros que imos conseguindo. (Laura, 12

anos)

Estes comentarios saqueinos do Libro de Honra de finais do século pasado, que remata coas

seguintes dedicatorias:

Page 26: Todo mercedes

-Tanta felicidade nos proporcionas, Libro de Honra, en recompensa ó que nos esforzamos. Desexo que

a miña Tutora te coide moito”. (María Begoña).

-Para ti esta dedicatoria co meu amor.Quérote como se foras o meu corazón. Co meu corazón, douche

o meu amor. (Belén, 13 anos)

-Para ti “Libro de Honra” que recolles os nosos contos, as nosas redaccións, os nosos poemas e os

nosos pensamentos para que sigamos facendo contos que iluminen ós nosos irmáns pequenos.

(Manuel, 13 anos).

-Dedico este libro con amor e cariño porque levas as nosas redaccións para ensinar a todo o mundo.

(David, 13 anos)

-Con dedicación e agarimo, escribo neste Libro. (Tomé, 13 anos).

-Con agarimo e delicia, brindo os meus contos a toda Galicia e a cantas persoas de boa vontade que o

queiran ler. Porque grazas á nosa mestra Mercedes e ó seu apoio, fixemos posible este Libro. Grazas

por gardar estes contos que nos dan moito que aprender. GRAZAS! (Leticia, 13 anos)

-Quero dedicar os contos e as historias que escribín aquí, a tódolos meus compañeiros e compañeiras e

á miña mestra Mercedes. (José Antonio, 13 anos).

-Para un Libro tan especial desde o principio ata o final. (Lucía, 13 anos)

-Adico este libro a xente que o lea porque ha ter moito que pensar e que aprender. (Óscar, 13 anos)

-Querido Libro de Honra: Deches traballo pero ó final conseguímoste e vasnos servir no verán de

profesor. Tes moitas páxinas. Ogallá para o ano, teñas moitas máis! Pero para iso hai que pensar con

ganas e así facer un libro “guai” para os demais. (Santiago, 13 anos).

-Queridos/as amigos/as de todo o mundo: eu preséntovos a este libro da imaxinación dos rapaces e

rapazas de primeiro de E.S.O. Espero que vos guste. É feito con toda a nosa inspiración. (Katia, 13

anos)

-Este Libro é moi bonito e por iso os nenos e nenas de primeiro lle facemos una dedicatoria. Durante

todo o curso, fixémolo con cariño e agora vamos seguir con el. Grazas, Libriño por ensinarnos moitas

cousas e ser o noso amiguiño. (Inés, 13 anos).

-Querido Libro de Honra: es moi bonito e a tódolos nenos nos gusta. A todos nos costou facer contos

e poesías; aínda estás moi delgaducho; pero despois seguro que serás máis gordecho. A min

gustaríame que no verán nos serviras de mestre; pero xa se sabe: “No verán os nenos só pensan en

xogar” (Laura, 13 anos).

¡GRAZAS RAPACES! Non teño noticias de por onde andades a estas alturas, pero sei que

sodes unhas persoas excelentes e iso bástame. Seguro que sodes moi felices! Merecédelo!

Desde Vigo (PADERNE), 28 de marzo de 2016

Page 27: Todo mercedes

13.- ANÉCDOTAS CURIOSAS. MERCEDES CACHAZA PLATAS

Ó longo dunha vida profesional bastante dilatada, teñen lugar moitas anécdotas curiosas.

Vou mirar de recordar algunhas:

“O MOZO DO UNIFORME”.

Esta primeira, eu non a presenciei porque foi co gallo da INAUGURACIÓN DO

COLEXIO no ano 1975, e cando eu cheguei o Centro xa tiña cinco anos. Tratábase da inauguración

oficial do Centro. Seica veu o Sr Bispo do momento, entre outras moitas autoridades. Daquela o

comedor do Profesorado non estaba no local do comedor. Os profesores comían a parte. Naquel

momento o Comedor dos Profesores estaba onde hoxe é unha aula de infantil ó pé do despacho da

Administración.

Chegou o Sr Bispo en coche co seu chofer ben uniformado cando o profesorado aínda estaba

na clase. A profesora en cuestión non os viu chegar, pero o que si viu foi o elegante chofer: un rapaz

novo, elegante, guapo e moi ben uniformado. Bo mozo porque si! A profesora- solteira e xove, ela-

vendo a beleza do rapaz pensou que era unha das autoridades que viñan ó acto –posiblemente un

militar de certa graduación- e fóronselle os ollos a el. Pasou toda a comida mirándoo de esguello. Na

súa mente xa facía plans. Pero… “as contas da casa non dan coas contas da feira”.

Total, cando soubo que era o chofer, caéuselle a alma ó chan. E nada de nada. De aparencias

non se vive. Contóunolo varios anos despois.

“HAMBURGUESAS CON PELA”

Esta segunda anécdota ocorreu o mesmo día no mesmo lugar. No menú entraban

HAMBURGUESAS entre outros deliciosos manxares. Ata aí, todo normal. Pero… ¡Pásmate! A

cociñeira preparou as hamburguesas con plástico e todo. Seguramente sería a primeira vez que as

preparaba.

Estouna vendo…Ai, Virxe da Cela! E a cousa non para aí: O Sr Bispo púxose a cortalas e

…dalle que dálle..! ¡dálle que dálle! E nada… Os coitelos eran os propios dun comedor escolar: de

punta roma, que non cortan nada e o plástico menos. O Sr Bispo se ve que tamén era a primeira vez

que se encontraba naquela situación.

As risas dos comensais eran abundantes aínda que contidas. Só faltaría que se puxeran a rir

da situación na que se atopou o pobre do Bispo! Conste que cousas como esta e peores, pasan nas

mellores familias.

Page 28: Todo mercedes

O CAFÉ AÍNDA ESTÁ DURO COMO UN PELOURO

Esta tamén ma contaron pero quen ma contou, presenciou o caso. Era cando nas festas do

patrón se traía una orquestra e os músicos comían e pernoctaban nas casas dos vicarios. Nunha aldea

deste contorno do noso amado Monfero, xa levaban varios anos coa mesma orquestra e os músicos xa

tiñan certa confianza coa familia que os acollía. A ama da casa, moi educada ela, sempre lle

preguntaba ó músico:

-Qué tal, comeu ben, gustoulle a comida?

-Si, si; a comida estaba boísima, pero se quere mellorar para o ano que vén, voulle dicir como

pode facelo.

-Ah, si…

-¿Cómo non?

-Vostede dira:

-Mire, pois daquela… para o ano que ven pon café para tomar despois da comida e queda

vostede como unha raíña.

-Moi ben, si señor. Para o ano que ven teremos café, se Deus quere.

Chegou a festa do ano seguinte: o primeiro prato boísimo, o segundo tamén, o postre

inmellorable e… faltaba o café. O músico –que sabía o conto- agardaba polo cafeíño, pero non daba

chegado. Espera… espera… e nada. A señora ama non traía o café. Nunha ocasión que o músico viu

á señora merodeando arredor da mesa… Como había confianza, retirouse una miaxa e díxolle o

músico en voz baixiña:

-¿Non se lembrou de café do que lle faleu o ano pasado?

-Ai, lembrei si señor; pero téñoo a cocer desde pola mañá e aínda está duro como un pelouro.

Ja! Ja! A señora non sabía que había que moelo e botou os graos a cocer á primeira hora da

mañá porque xa os vía moi duros. Isto tamén pasa nas mellores familias.

“DURMINDO CON CASTAÑAS TODO O CURSO”.

Isto tamén mo contou unha compañeira en Monfero que viviu esta experiencia. Estaba

exercendo de mestra nunha aldea da zona que lle quedaba lonxe da súa casa para ir e vir andando

cada día. Daquela moi poucas mestras tiñan coche. Neste caso o que facía a Sra Mestra era quedarse

nunha casa que tiña por costume albergar ás mestras de turno. Ela faría como as súas antecesoras.

Ata aquí, todo normal…

Pero a sorpresa foi cando a puxeron a durmir nun cuarto que estaba totalmente cheo de

castañas polo piso. Só había un carreiriño para ir para cama cun pé diante doutro. E alí botou todo o

curso sen varre-lo piso porque había castañas para todo o curso escolar.

Así era a vida dalgunhas mestras ás que logo chamamos “MADRES FUNDADORAS!

do que en 2016 coñecemos como “C.P.I. Plurilingüe VIRXE DA CELA”.

Page 29: Todo mercedes

“O ABELLÓN DA GAITA”

Isto vírono os meus ollos: Era un día moi soleado de primavera, xa debía ser polo mes de

maio. Facía bastante calor. Era a hora de mediodía. A profesora en cuestión xa estaba chegando á

xubilación forzosa, é dicir, ós setenta anos, aínda que estaba de moi bo ver: moi guapa, moi elegante,

moi boa profesional e una excelentísima persoa. Estaba viúva. Tiña fillos e netos xa maiores, pero ela

vivía soa.

Aquel día, xa comera e atopábase na aula, agardando que fora a hora de entrar ás clases da

tarde, cando… chaman á porta: ¡Pum, pum! Sorprendida porque era hora do recreo de mediodía e á

aquela hora non contaba con ninguén… Abre a porta e atópase cun cabaleiro de avanzada idade

vestido cunha gabardina de inverno (cunha gabardina de inverno, un día de verán):

-“Boas Dona……, son O ABELLÓN DA GAITA”. Non te lembras de min?

Ela non se lembraba de nada e despediuno. El foise co rabo entre as pernas e as orellas

baixas, totalmente decepcionado. Tanta ilusión que traía...! E foi despedido sen máis.

Quen viña sendo o tal “ABELLÓN DA GAITA”? Un pretendiente que ela tivera nos seus

tempos mozos. De ilusións non se vive, aínda que polo que se ve, hai quen si. Ja! ¡Ja! Cando nolo

contou a risa foi boa. Por qué levaba una gabardina de inverno un día de calor? Despois de moito

indagar supuxemos que sería porque viñera nunha moto e se ve que a puxo para que non o collera o

frío coa velocidade. Unha boa proba do duradeiros que son os amores primeiros.

UNHA VELLA COMA TI!

Dona Gloria e D. Antonio Pampín, trinta anos despois

Page 30: Todo mercedes

Era una mestra castelán-parlante, de menos de corenta anos que estaba en terceiro de Ensino

Xeral Básico con nenos e nenas de oito anos aló polos anos oitenta do século pasado. Faltou un neno

á clase dous ou tres días.

-Falta fulanito. ¿Sabe alguno que le ha pasado? –pregunta a Profesora.

-Si, Profe: morreulle a súa avoa –contestou un desde o fondo da clase.

-¡Ah, vale, gracias!-respostoulle a Profesora.

Ó día seguinte chega o neno á clase e a mestra para consolalo, dille:

-Así que faltaste a clase porque falleció tu abuelita… ¡Pobrecita! ¿Estaba enfermita?

O neno con cara moi triste: “Si”

-¿Era muy mayor?

-¡Si! ¡Era una vella coma ti!

E aquí acabouse a conversación. Conclusión: O nenos vennos moi maiores. Hoxe a

profesora pasa dos oitenta e aínda anda por aí. O neno hoxe en día seguro que: “É un vello como era

súa Profe ós corenta anos”.

UN XOGO

Isto foi UN XOGO. Un xogo ó rematar de xantar no comedor escolar cando xa faltaba

pouco para volver ás aulas. Un xogo entre Profesores de Secundaria. Parece que os estou vendo.

Aquel día eramos bastantes, estabamos na mesa que dá o sur, ó pé do ventanal.

O alumnado comía e falaba como de costume. O balbordo era notable. Xa se sabe, onde hai

nenos… Calquera diría que non se enteraban de nada do que facíamos os profesores…O xogo ten as

súas normas e consta de tres partes.

1ª.- Cada xogador/a, neste caso profesor ou profesora elixía ser un personaxe famoso: un

santo, un político, un artista…

2ª.- Cada xogador/a tiña que dicir que parte do porco lle gustaba máis: a cachola, as orellas,

o rabo, o lacón, o touiciño….

Page 31: Todo mercedes

3ª.- Nese momento cada xogador/a xa non era el/a mesmo/a. Transformábase no personaxe

que elixira.

4ª.- Cada xogador/a tiña que darlle un bico ó que tiña á súa dereita naquela parte do corpo

que elixira do porco.

Estas eran as normas que eu ía dicindo.

Ocorreu que unha profesora que elixira o personaxe da Santa Teresa tiña que darlle un bico

no “rabo” ó que tiña ó seu carón, que neste caso era un profesor que representaba a un personaxe que

non recordo, pero que santidade non tiña ningunha.

A reacción de repugnacia da profesora non se fixo esperar. Resultou un disparate tan

gracioso aquel xogo que os profesores botámonos a rir todos a unha.

Resultara espectacular. Imposible resistirse. Todo o Profesorado a gargalladas.

-¿Qué pasou co alumnado? Que se fixo o silencio. O alumnado estaba ben ó tanto do que

facíamos e dicíamos os profesores, aínda que nós non nos decatáramos.

Acto seguido pitou a sirena. Tocaba ir para as clases. A profesora que lle tocara darlle un

bico no rabo ó compañeiro atopoume polo andar e se a mirada puidera matar; matábame porque fora

eu a ordenante do xogo. Aquela tarde duroulle a “rabieta”, por todo quedou aí porque se trataba dun

xogo. Xa na clase, o alumnado preguntoume:

-Qué lles pasou ós profesores no comedor? Por qué se rían tanto?

Eu aínda estoupaba coa risa, pero… loxicamente non lles dixen nada. Se algún le isto, é

probable que recorde aquel día. O que si é ben certo é que os nenos están moito máis atentos do que

nós pensamos. Así que… COIDADIÑO CO QUE SE DI E SE FAI DIANTE DOS NENOS! Non

vos vaia pasar como me pasou a min aquel día. Menos mal que era un xogo; pero se fora outra

cousa…

Desde Vigo (PADERNE) a día 29 de marzo de 2016

Page 32: Todo mercedes

14.- ADOLESCENTE EMBARAZADA.

Lémbrome como se fora agora mesmo. Era un luns a primeira hora da mañá. Sería o ano 1983-

84 ou como moito o 1985? Eu estaba poñendo a data no encerado cando un neno de terceiro de

E.X.B. se me acerca para dicirme en voz baixiña:

-Profesora, a miña curmá, a que está en sétimo, tivo unha nena”

Eu fixen que non oía e seguín escribindo. A súa curmá que estaba en sétimo, tiña trece anos,

era unha nena regordeta que ultimamente tiña un aspecto algo diferente, pero eu pensaba que sería

cousa da transformación da adolescencia. Non daba creto ó que estaba oíndo; pero o neno insistiu:

-A miña curmá tivo unha nena.

O neno dicíamo con tanta seguridade que cheguei a crerllo. Sen mediar palabra, saín da clase

como un lóstrego. Baixei as escaleiras a cen por hora para ir á sala de Profesores. Alí esta o Director

D. Antonio Pampín, o Profesor de ximnasia, Don Ramón e non sei se había alguén máis. Arrimeime a

un armario porque pensei que me daba un síncope e díxenlles:

-“Fulanita de tal” -a de sétimo- tivo unha nena, acaba de dicirmo o seu curmán de terceiro.

-Imposible! El jueves tuve yo clase de gimnasia con ella y estaba bien. Cuando le mandé saltar

se cayó, pero se levantó sin problema –engadiu Don Ramón, o profesor de ximnasia.

Non fai falta dicir que á hora do recreo todo o Profesorado estaba informado. A noticia correu

polo colexio como o lume.Efectivamente: o domingo anterior a rapaciña encontrouse mal, levárona ó

médico e este certificou o embarazo e a criatura que levara tan en segredo durante nove meses no seu

ventre, viu a luz naturalmente aquel mesmo domingo. Durante nove meses tivemos unha alumna

embarazada, ela mantivo o embarazo en segredo e ninguén se decatou.

Ninguén se decatou, nin a familia nin o profesorado. Que misterio! Daquela empezaban a

estar de moda os chandals que eran relativamente frouxos. Eu observaba nas vixiancias de patio que

a nena “embarazada” estaba regordeta e adoitaba unha postura algo rara, pero sen máis. Os

profesores que lle daban clase, tampouco sospeitaron nada de nada. Parece ser que os adolescentes en

cuestión, se puxeron a xogar, e resultou un embarazo, supoño que “indesexado”.

Foron pasando os anos. A recén nacida foi medrando e veu á escola. Eu deille clase en sexto ou

sétimo; non me lembro ben, pero se miro no meu arquivo persoal seguro que a encontro. A nena-filla

era unha nena do máis educado que hai: moi lista, moi intelixente, estudosa a máis non poder e moi

guapa. Gardo moi bo recordo dela. A súa mirada falaba soa. Parece que estou vendo a súa cara con

algunha espinilla de adolescente, a súa expresión nobre e aberta, con media melena nunha coleta.

Unha nena con moita seguridade en si mesma. Vivía a súa filiación paterna con absoluta

naturalidade, igual que a materna. O papá responsabilizouse da súa crianza e –por suposto- a súa

mamá tamén. E –loxicamente- a súa familia tamén se implicou, porque os papás eran aínda nenos.

Page 33: Todo mercedes

Non volvín a ter noticias delas, pero seguro que están estupendamente. Posiblemente a estas

alturas a mamá adolescente xa será unha avoa xove. Deséxolles o mellor do mellor. Meréceno!

Non sei porque me parece que aquela nena terá cursado estudios e quizais estea desenvolvendo

un posto de moita responsabilidade a estas alturas. Ninguén pon en dúbida que este foi un “caso

especial”. Habería que analizar moitos factores, pero só me vou referir á valentía da mamá

adolescente.

Se iso pasara hoxe en día, non sei cal sería a reaccción... Pero o que teño moi claro é que unha

vida sempre deber ser ben recibida porque ten un valor incalculable e nunca se sabe o que deparará o

futuro.

O caso que nos ocupa é un bo exemplo. Non sei se elas chegarán a ler isto. Tampouco sei se se

lembrarán de min; pero eu deséxolles o mellor do mundo e desde aquí mándolle unha aperta ben

grande e ben forte para ámbalas dúas.

Desde Vigo, a día 1 de abril de 2016

Page 34: Todo mercedes

15.- COMPAÑEIROS A PROBA DE BOMBA

Paréceme que sempre intentei ser boa compañeira. Con uns compañeiros tiven máis

confianza que con outros, pero con todos ben. Con algúns aínda sigo en contacto. Cando se vai ó

traballo; vaise traballar todo o mellor que se sabe e se pode; pero se ademais se establecen boas

relacións de compañeirismo e se algúns casos chegan a crear lazos de amizade; xa é o máximo que se

pode pedir.

Ó longo dunha dilatada vida profesional, pasan moitas cousas: períodos de boa saúde e

períodos de mala saúde; períodos de boa situación familiar e períodos moi duros; períodos festivos e

períodos de dor. Algo de todo como a vida mesma. Cando se pasa por períodos de bonanza… vívense

case sen darse conta porque todo vai ben ou moi ben. Pero cando chegan momentos de loita co cancro

nalgúns membros próximos da familia ou na túa propia persoa, cando che falecen os seres máis

queridos… Aí te quero ver!

Na miña vida persoal e familiar houbo un período extremadamente negro durante a década

dos noventa. O cancro instalouse na miña casa en persoas xoves e nas máis próximas e máis

queridas:o meu curmán-irmán que se foi con trinta anos e un matrimonio recén estreado; o meu irmán,

que despois de loitar corenta e dous meses, tamén tivo que marchar ós cincuenta e dous; e o meu pai e

miña nai tamén se foron pouco despois con tan só dous meses de diferenza, e eu mesma estiven a

piques…

No caso do meu amado irmán, estaba eu soa para atendelo e nalgún momento pensei que

reventaba co sufrimento. Os meus compañeiros estaban o tanto de todo. Foron durante tres anos e

medio os meus anxos da garda. Oxalá nunca teña que agradecerlles o que deixan feito por min!

Tódolos días e a tódalas horas estaban pendentes de min porque a miña cabeza –naquela

etapa da miña vida profesional- estaba “ida”. Eu non podía evitalo. Pero aqueles compañeiros

estaban pendentes de min: dicían algo para distraerme ou para levar a miña atención a outra parte

aínda que tan só fora uns instantes. Se estaba no baño, chamaban á porta pensando se estaría

chorando…Viñeron á casa en varias ocasións; en dúas xantamos todos xuntos neste fogar

acompañando ó meu irmán. A miúdo ían a visitarnos ó oncolóxico. Estaban en todo.

Page 35: Todo mercedes

Naquel momento estaba de director Don Gonzalo Tizón Sánchez. Era un día pola mañá

cando eu cheguei ó colexio máis disgustada que nunca porque aquela mañá vira como meu irmán

colocaba tiritas nas pálpebras para poder mante-los ollos abertos (o tumor, cada día máis grande,

presionaba ata deixalo cego e xordo). Era un día á primeira hora da mañá. Estábamos na sala de

Profesores. Eu contáballes:

-Agora xa non ve os números do teléfono! Xa non me pode chamar..!

Daquela a Sala de Profesores estaba onde está agora a Dirección e a Dirección estaba, onde

está agora a Secretaría. Don Gonzalo, que estaba na dirección, saltou como un lóstrego:

-Vaite! Colle un mes de baixa! E se fai falta máis..!

Non fixo falta que mo repetira. Funme ó médico -daquela estaba deprimida- e deume a

baixa por depresión. Desde aquel día, eu non ía ó colexio, ata despois do desenlace; pero os

compañeiros seguían ó pé do canón. Nunca llelo agradecerei abondo!

Estiveron ata o día, no que meu irmán estaba defunto, de corpo presente, na casa. Nunca

me explicaron como fixeron; pero presentáronse todos a facerme compañía aquela mañá do día 19 de

decembro de 1996. Deberon quedar no Colexio un par de profesores cos nenos no patio. Iso supoño,

porque non podía ser doutra maneira. Acompañáronme ata o momento da despedida final. Os máis

achegados ocuparon un posto no presbiterio e o compañeiro Alfonso estivo ó meu carón no primeiro

banco da igrexa. Catro meses antes, empezara a Secundaria; pero todos acudiron a acompañarme nun

dos momentos máis duros da miña vida.

Page 36: Todo mercedes

Ó mesmo tempo apareceume a min un problema que apuntaba ser moi grave. De feito un

médico mandoume para a casa a morrer, porque non vía solución. Eu xa pensei que chegara a miña

hora… Pero non, afortunadamente, axudáronme moito no Oncolóxicpo e conseguín que un gran

experto lograra extirparme toda a parte afectada. Nesta ocasión os meus compañeiros e outras moitas

persoas –entre elas moitos alumnos e alumnas- seguiron ó meu carón ata que conseguín a

recuperación.

Acto seguido faleceu meu pai e dous meses despois, miña nai. Os compañeiros en todo

momento presentes. Isto non hai cartos no mundo que o paguen. Quero que saiban que sempre os

recordarei con moitísimo cariño. O seu comportamento foi exemplar. Foron: “compañeiros a proba de

bomba”.

Graciñas.

Desde Vigo (PADERNE), a día 8 de abril de 2016

Page 37: Todo mercedes

16.- EXPERIENCIA ESCOLAR EN FIN DE SEMANA

Durante a convalecencia do meu irmán, pasaron pola miña casa pais de alumnos que traían

ós seus nenos. Nunha ocasión vin que un neno lle dicía en voz baixiña ós seu pais:

-Quen me dera pasar unha fin de semana con Doña Mercedes, nesta casa!

Eu fixen que non me decataba, pero tomei boa nota. Convidei ós meus alumnos a pasar de

venres a luns na miña casa coas seguintes condicións:

1- Elixirían o que querían comer; pero terían que cociñar eles mesmos. Eu supervisaría o que

facían en todo momento, claro está.

2- Terían que acompañarme o domingo á misa, pois nin quería faltar eu; nin podía deixalos

a eles sos na casa. Podía pasarles algo…

3- Deberían vir en grupos de tres porque tiña unha habitación triple a toda proba onde

poderían “batallar” todo o que quixeran, como así o fixeron.

Page 38: Todo mercedes

Viñeron en varias ocasións. Era un ha experiencia moi arriscada pola miña parte, pero se a

eles lles facía ilusión… Pasado o tempo, chegáronme noticias –a través de terceiras persoas- de que

lles quedaran gratos recordos. O alimento referido: o chocolate. No sei se o tomamos con churros ou

só; pero seique estaba boísimo. Eu gocei véndoos como correteaban pola casa, como se equivocaban de

planta, como disfrutaban…

A parte destas experiencias tamén fixemos outras moitas indo de excursión a diferentes

lugares en grupiños máis numerosos xunto con rapaces da miña parroquia.

Con varios aínda seguimos en contacto e –de vez en cando- ven algún a verme xa

acompañado pola familia que formou. Así dá gusto. A vida continúa.

Hoxe en día non se poderían facer este tipo de experiencias tan enriquecedoras. Non sería

por non estar no programación escolar, que tampouco estaban daquela; senón porque:

-Desafortunadamente perdemos confianza uns nos outros

-Hoxe por calquera cousa aparecen denuncias por todas partes.

-Estamos complicándonos a vida. Dá a impresión de que cada día somos menos humanos.

-Ás novas xeracións tócalles recuperar certos valores antes de que se perdan por completo.

Aínda quedamos moitos que lembramos con cariño cando un profesor nos pasaba

cariñosamente a man pola cabeza, cando nos daba un bocadillo ou calquera outra cousa. A confianza

entre os membros máis próximos da comunidade nunca debería desaparecer. Aínda que o nivel

económico subiu e a relación de independencia, tamén; nunca se pode dicir:”Desta auga non beberei”.

Todos necesitamos de todos moito máis do que nos poidamos imaxinar.

Nunha ocasión fixemos unha excursión a Chelo e fixemos escala na Praza de Vigo. O

coñecemento do entorno é o primeiro. Arredor de nós temos suficientes recursos para traballar

diferentes obxectivos pedagóxicos. Nunca debemos esquece-la nosa orixe, nin os nosos compañeiros

dos primeiros anos de vida, nin os mestres que nos ensinaron as primeiras letras.

Desde Vigo, 15 de abril de 2016

Page 39: Todo mercedes

17.- REMATE DUNHA ETAPA

A vida do ser humano ten varias etapas, a profesional é unha delas. A verdade é que eu fun

unha persoa moi feliz na miña profesión. Sentínme moi contenta e agradecida. Por iso quixen facer

unha convivencia, onde puideramos pasar unha xornada feliz e relaxada. Algo así como un punto de

encontro onde compartir mantel e compañía nun lugar tranquilo e relaxado onde todos puideramos

estar felices. Por iso elixín a barbacoa da miña casa e recibinvos cos brazos abertos. Acudiron moitos

compañeiros.

Dona Pilar e Dona Rufina, dúas das Nais Fundadoras,

procedentes de Santa Xiá e Queixeiro.

Dona Gloria de Taboada, Dona Maruja do Xestal

e D. José Dopico do Alto de Xestoso. Dona Teresa chegou despois.

Page 40: Todo mercedes

Dona Elvira foi Directora un tempo e Dona Gloria Moares Ares

(a da dereita foi profesora de Relixión en Secundaria)

De esquerda a dereita: Don a Azucena, Dona Rufina,

Dona Pilar, Dona Dolores e unha servidora.

Don Antonio Pampín e Dona Gloria Ares con Ita detrás.

Page 41: Todo mercedes

Dona Mirián (Directora de Secundaria)

e Dona Pilar de Educación Física (Secretaria do Centro)

Compañeiras noviñas xunto coa veterana Dona Azucena,

a miña mestra preferida da infancia.

D. Alfonso Salgado García.

Page 42: Todo mercedes

O meu primeiro Director: Don Antonio Pampín Suárez

Dona Visitación Novo (Tita), Don José Carlos, Dona María Méndez,

Dona María del Carme Seoane Míguez, Dona Teresa Losada Rodríguez,

Dona Pilar e unha servidora.

Foron grandes cociñeiros: Marcelino, o coiñeiro do Comedor

e o compañeiro Don José Dopico Sueiro.

Page 43: Todo mercedes

A continuación: bailoteo

Dona María Méndez con Don Alfonso Salgado García.

Dona Visitación Novo con Don José Dopico Sueiro.

Dona Estela, vai por libre.

Varias chicas. O chico está coa Directora e Dona Teresa Losada, xa está cansada.

A ama de chaves, tamén baila. Está feliz.

Page 44: Todo mercedes

¡E veña máis festa!

E dixo Tita: ¡Xa está ben!

E CO GALLO DA MIÑA XUBILACIÓN:

Un encontro moi gozoso: Dona Elvira, Don Ramón, Don Albert,

Dona Mari, Dona Azucena, etc, etc…

Page 45: Todo mercedes

Dona Alicia, Dona Lourdes e outros moitos.

Total: sesenta convidados e sesenta comensais

Don Manuel Sánchez, o Xefe de estudios do momento

e Dona Pilar Castro Arias, a Secretaria do Centro

Emociónantes as calurosas palabras de Dona Pilar

Dona Elvira Castro Otero, que tamén fora Directora

e o amigo Albert Saballs.

Dona Yolanda e Dona Begoña, profes de Relixión

xunto coa Parvulista, Estela

Page 46: Todo mercedes

Con Dona María Méndez, a miña Xefa de estudios e Dona Ana María Pereiro,

xefa de estudios de Primaria. Detrás: Don José Manuel Otero

e Don José García Barreiro, profesores de matemáticas, Dona Nieves Nieto Lamas, Dona Mercedes

Dosinda , a profe de música e outras.

Emotiva aperta de Dona Azucena.

Para que un xantar resulte ben, ten que facerse con moito amor por persoas que saben e

queren facelo moi ben: como Maruja

Dona Concepción Nadal Coloma e Dona Paquita Bonany Poch,

compañeiras catalanas

Page 47: Todo mercedes

E para remata-la xornada: BAILE

E non queda máis que dicir:GRACIÑAS A TODOS!

GRAZAS A UNHA PROFESIÓN TAN ENRIQUECEDORA!

Page 48: Todo mercedes

http://40anosvivindoaescola.blogspot.com.es/2016/06/vivencias-e-lembranzas-por-mercedes.html