Unidade 8 mesopotamia e exipto

51
UNIDADE 8 O INICIO DA HISTORIA: MESOPOTAMI A E EXIPTO

Transcript of Unidade 8 mesopotamia e exipto

Page 1: Unidade 8 mesopotamia e exipto

UNIDADE 8

O INICIO DA HISTORIA:

MESOPOTAMIA E EXIPTO

Page 2: Unidade 8 mesopotamia e exipto

1. O INICIO DA HISTORIA.

A) APARICIÓN DA ESCRITURA

A historia iníciase coa aparición da escritura.

Apareceu hai máis de 5.000 anos en Mesopotamia (actual Iraq), para rexistrar e controlar datos (alimentos, impostos, intercambios comerciais).

Page 3: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Tipos de escritura antiga: Cuneiforme (antes do 3000 a.C.): en forma de cuña, usada polos mesopotámicos. Xeroglífica (c. 3000 a.C.): símbolos variados (soles, animais...), usada polos exipcios. Ideogramas (c. 1300 a.C.): signos que representan ideas. Usada polos chineses. Fenicia (c. 1200 a.C.): con 22 consoantes. O noso alfabeto deriva deste.

Page 4: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Eixe cronolóxico das primeiras formas de escritura

Page 5: Unidade 8 mesopotamia e exipto

B) OS PRIMEIROS IMPERIOS. Durante a Idade dos Metais apareceron os

primeiras cidades cgobernadas por un rei. Co paso do tempo estes reis foron ampliando o

seu poder e territorio por alianza ou conquista. Deste xeito apareceron grandes imperios.

Os primeiros imperios eran civilizacións fluviais (= culturas que se desenvolveron en torno a un río con beiras fértiles). Destacan 4 nos inicios da Historia (5000 B.P.):

♛ Mesopotamia: en torno aos ríos Eufrates e Tigris.

☥ Exipto: en torno ao Nilo.☮ India: río Indo.

旘 China: ríos Huang-Ho (Amarelo) e Iang-Tse (Azul).

Page 6: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Principais civilizacións fluviais

Page 7: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Evolución das civilizacións fluviais

Page 8: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Características das

civilizacións fluviais

PODER POLÍTICO FORTE:

O rei concentraba todoo poder, axudadopor funcionarios,

exército e sacerdotes

SOCIEDADE XERÁRQUICA:2

grupos diferenciados:Privilexiados

(propietariosterras e riquezas).

Non privilexiados (traballadores).

CONSTRUCIÓN DE GRANDES OBRAS:

-Palacios-Templos-Tumbas-Canles…

Page 9: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Pirámide social india (castas)

Porta de Istar (Babilonia).

Gran Muralla China

Page 10: Unidade 8 mesopotamia e exipto

2. MESOPOTAMIAMesopotamia (= “entre ríos”) era unha zona

bastante árida entre os ríos Tigris e Eufrates.

A construción de canles para o regadío permitiu o desenvolvemento da agricultura.

Mesopotamia divídise en 2 grandes zonas: Alta Mesopotamia: situada ao norte (asirios) Baixa Mesopotamia: situada ao sur (sumerios e acadios)..

Page 11: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 12: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Neste territorio iniciouse a Historia. O primeiro pobo en usar a escritura (cuneiforme) foron os sumerios (antes do 3000 a.C.).

Mesopotamia tivo unha longa historia, dende o 3º milenio a.C. ata a conquista polos persas (S. VI a.C.) e estivo marcada pola alternancia no poder dos pobos sumerio, acadio, babilónico e asirio.

Page 13: Unidade 8 mesopotamia e exipto

☹ Grupos privilexiados: posuían a maior parte do poder e riquezas. 3 tipos:

♘ Aristocracia: formada polo rei, a súa familia e a nobreza. Ocupaban os cargos máis altos e as mellores terra. ✞ Sacerdotes: encargados dos rituais relixiosos.

Posuían templos, terras e riquezas. ✐ Escribas: funcionarios que sabían ler e escribir e

contar. Tiñan moito poder.

- Características de Mesopotamia:

A) SOCIEDADE: existen 2 grandes tipos de grupos:

Page 14: Unidade 8 mesopotamia e exipto

☺ Grupos non privilexiados: traballaban e servían aos privilexiados. Podían ser:

♻ Artesáns: traballaban nos obradoiros. Había distintos tipos: tecedores, carpinteiros…✭Campesiños: alugaban as terras ao rei, nobreza ou sacerdotes a cambio do pago dunha renda (parte da colleita). Eran a gran maioría da poboación.

♀ Mulleres: eran propiedade dos homes. As que traballaban cobraban menos que os homes.

☭ Escravos: carecían de dereitos e eran considerados unha propiedade máis.

Page 15: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 16: Unidade 8 mesopotamia e exipto

B) RELIXIÓN: 2 características da relixión mesopotámicas :

✟ Politeístas: crían en varios deuses (Ex: Ishtar = deusa da guerra e do amor). Os deuses eran inmortais, representábanse como persoas e tiñasn paixóns humanas. ✠ Non crían na vida

despois da morte.

Porta de Ishtar de Babilonia

Page 17: Unidade 8 mesopotamia e exipto

C) ARTE: 2 tipos de arte: ♬ Arquitectura: destacan 4 trazos:

I) Usaban ladrillo e adobe como materiais.

II) Os elementos constructivos principais eran arcos e bóvedas.

Page 18: Unidade 8 mesopotamia e exipto

III) Os edificios principais eran: - os palacios (residencia dos

reis).- os templos, dentro destes últimos construíanse os cigurats (= enormes torres graduadas que servían de observatorio dos astros e lugar de culto.

IV) As cidades estaban rodeadas por murallas de ladrillo con 4 portas fortificadas. As rúas eran estreitas e irregulares.

Page 19: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Cigurat de Uruk (Sumer)

Page 20: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 21: Unidade 8 mesopotamia e exipto

♫ Escultura: 2 tipos:a) Estatuas: soen ser masculinas coas mesmas características:

- posición frontal.- sen movemento

(ríxidas)- rostros expresivos con

grandes ollos. b) Relevos: realizados sobre

muros de pedra. Representan escenas importantes da vida de Mesopotamia

Page 22: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 23: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Touro alado

Page 24: Unidade 8 mesopotamia e exipto

3 . EXI PTO

A civilización exipcia xurdiu hai máis de 5000 anos no NE de África, en torno ao río Nilo.

Nas súas beiras concentrábase case o total da poboación, grazas o limo moi fértil que deixaban alí as súas augas (terras negras). O resto do país era árido e estaba despoboado (terras vermellas).

Page 25: Unidade 8 mesopotamia e exipto

O Nilo abastecía de auga aos exipcios, regaba e fertilizaba os campos e servía de vía de comunicación.

Para aproveitar mellor á sua auga, os exipcios construíron diques e canles, para reter a auga e regar os campos.

A vida dos exipcios estaba regulada polo Nilo. Cada ano, de xuño a setembro, o Nilo subía de caudal, desbordábase e inundaba as beiras. Cando as augas se retiraban era o momento de sementar. Se non se producía a inundación, a terra permanecía estéril e se sucedían grandes fames.

Page 26: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Vista actual das beiras do Nilo

Evolución das crecidas do Nilo

Page 27: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Aspectos principais da vida no Antigo Exipto:A) HISTORIA:- Exipto tivo unha longa historia, case 3000

anos, dende a súa unificación (c.3100 a.C.) ata a conquista do país polos romanos (31 a.C.

- Exipto estivo gobernado por faraóns = reis exipcios que concentraban nas súas mans todos os poderes (facía as leis, gobernaba, mandaba sobre o exército,…)

- Os exipcios crían que os faraóns eran deuses, que tiñan poderes máxicos, por iso rendíanlles culto. Os faraóns vivían en palacios rodeados de riquezas e de centos de escravos.

Page 28: Unidade 8 mesopotamia e exipto

S ímbolos do faraón

Coroas do Baixo (1) e Alto Exipto

(2)

Page 29: Unidade 8 mesopotamia e exipto

- Cando un faraón morría sucedíalle o seu fillo. Así formábanse auténticas dinastías. Houbo 31 dinastías.

- Na historia de Exipto destacan 3 grandes etapas:

a) Imperio Antigo (3100-2100 a.C.): a capital estaba situada en Menfis (Baixo Exipto). Construíronse as grandes pirámides de Gizah (Keops. Kefrén, Micerinos

Page 30: Unidade 8 mesopotamia e exipto

b) Imperio Medio (c.2100-1800 a.C.):

- A capital estivo situada no Alto Exipto (Tebas).

- Entre o ano 1800 a.C. e 1600 a.C., Exipto foi invadido por pobos estranxeiros

Page 31: Unidade 8 mesopotamia e exipto

c) Imperio Novo (c.1600-31 a.C.): - Época de esplendor no que

destacaron faraóns moi poderosos como Akenatón ou Ramsés II. Levaron a cabo conquistas e construción de templos e palacios

- A partir do ano 1100 Exipto foi dominado por pobos estranxeiros (asirios, persas, gregos).

- No ano 31 a.C. morreu a última raiña (Cleopatra VII) e Exipto foi incorporado ao novo Imperio Romano como provincia.

Page 32: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Templo de Abu Simbel

Ramses II derrotando aos hititas

Page 33: Unidade 8 mesopotamia e exipto

B) SOCIEDADE.- 2 grandes grupos: ☹ Privilexiados: posuían o poder político, a riqueza e as terras. 3 grupos dentro dos privilexiados:

♔ Nobres: familias próximas ao faraón. Posuían riquezas e extensas terras e gobernaban as provincias nas que se dividía Exipto.☥Sacerdotes: controlaban os ritos relixiosos. Os templos posuían grandes terras e recibían rentas dos campesiños (parte da colleita).

✏ Escribas: funcionarios que redactaban os documentos oficiais e levaban as contas dos impostos e das mercadorías. Tiñan gran poder e prestixio.

Page 34: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Nobreza

Escribas Sacerdotes

Faraón

Page 35: Unidade 8 mesopotamia e exipto

☺ Non privilexiados: gran maioría da poboación, dominada polos privilexiados. 6 grupos: Campesiños: a maioría da poboación.

Debían pagar tributos e rendas ao faraón, á nobreza e aos sacerdotes.

✂ Artesáns e comerciantes: realizaban e vendían esculturas, cerámicas, vestidos (liño) e papiros sobre os que se escribía.

☂ Servos: persoas libres que traballaban para un señor a cambio dun pequeno salario.

Page 36: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Escenas de campesiños exipcios

Page 37: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Escravos: non tiñan dereitos e a maioría eran propiedade do faraón. Traballaban nas minas, obras públicas e exército.

Mulleres: as mulleres tiñan algúns dereitos e liberdades: ter propiedades, vender e comprar bens, divorciarse.As mulleres adicábanse ao coidado da casa e dos fillos e tamén realizaban outros traballos: tecedoras, panadeiras, serventas, campesiñas….

Page 39: Unidade 8 mesopotamia e exipto

C) RELIXIÓN: OS TEMPLOS.- Os exipcios eran politeístas (crían en moitos

deuses): Exemplos: Ra, Amón ou Atón (sol), Isis, Osiris…

- Tamén adoraban animais (gatos, cocodrilos,…) ao Nilo e ao faraón (deus vivinte).

Page 40: Unidade 8 mesopotamia e exipto

- Os exipcios facían os seus ritos nos templos, onde tamén se gardaban as estatuas dos deuses.

- Cada templo tiña un corpo de sacerdotes que coidaban a estatua do deus e lle levaban ofrendas (bebida, comida, riquezas…) en procesión.

Page 41: Unidade 8 mesopotamia e exipto

- Características dos templos exipcios:

Material: pedra.

Grandes dimensións

Arquitectura alintelada = teitos planos sostidos por enormes columnas.

Templos de Karnak (arriba) e Luxor (abaixo) ambos en Tebas

(Alto Exipto)

Page 42: Unidade 8 mesopotamia e exipto

- Partes do templo exipcio:a) Avenida das esfinxes: rúa que

conduce a entrada no templo decorada con esfinxes (estatuas con cabeza humana e corpo de león).

b) Pilono: muro que da acceso ao templo, decorado con obeliscos.

c) Patio: rodeado por columnas.d) Sala hipóstila: sala cuberta e chea

de enormes columnas.e) Santuario: onde se conservaba a

estatua e tesouro do deus.

Page 43: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 44: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Templo de Karnak

Templo de

luxor

Page 45: Unidade 8 mesopotamia e exipto

D) AS TUMBAS.- Os exipcios crían na vida despois da morte e

pensaban que era necesario conservar o corpo para a seguinte vida. Por iso convertían aos mortos en momias, secando os corpos e envolvendoos con vendas.

- As momias eran depositadas nun sarcófago e introducidas en tumbas. 3 tipos de tumbas:

☥ Mastabas: edificio rectangular cunha cámara funeraria subterránea. Eran as tumbas máis antigas.

Page 46: Unidade 8 mesopotamia e exipto
Page 47: Unidade 8 mesopotamia e exipto

☥ Pirámides: enormes tumbas en forma piramidal que se utilizaron para enterrar a faraóns do Imperio Antigo.

☥ Hipoxeos: tumbas subterráneas excavadas no interior dunha montaña. Ex: Val dos Reis, val das Raiñas.

Page 48: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Val dos ReisPirámides de Guiza

Page 49: Unidade 8 mesopotamia e exipto

Nas tumbas, os sarcófagos eran rodeados por un enxoval, formado por todos os utensilios que podía precisar o difunto na outra vida (alimentos, vestidos, figuras que representaban aos seus serventes…).

As tumbas estaban seladas e cheas de pasadizos para evitar o roubo do enxoval

Page 50: Unidade 8 mesopotamia e exipto

E) ARTE EXIPCIA.- Características:

✽ Arte relixiosa. ✽ Falta de perspectiva: as escenas non tiñan

profundidade. ✽ Frontalidade: os obxectos mostrábanse sempre

de fronte. No caso da figura humana cada parte do corpo se representaba dunha maneira: cara e estremidades de perfil, corpo de fronte.

✽ As figuras son sempre ideiais, belas e xóvenes. ✽ As figuras son ríxidas e estáticas, o movemento

apenas existe. ✽ Horror vacui (“horror ao baleiro): os muros e

teitos aparecen todos cubertos de decoración sen espazos libres.

Page 51: Unidade 8 mesopotamia e exipto