Exipto e Mesopotamia

23
HISTORIA: IDADE ANTIGA O1 As primeiras civilizacións: Exipto e Mesopotamia http://forumgigurrorum.blogspot.com/ IES Cosme López Rodríguez. A Rúa (Ourense)

Transcript of Exipto e Mesopotamia

Page 1: Exipto e Mesopotamia

HISTORIA: IDADE ANTIGAO1 As primeiras civilizacións: Exipto e

Mesopotamia

HISTORIA: IDADE ANTIGAO1 As primeiras civilizacións: Exipto e

Mesopotamia

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

IES Cosme López Rodríguez. A Rúa (Ourense)

Page 2: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Escritura cuneiforme

APARICIÓN ESCRITURA

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A escritura apareceu hai máis de 5.000 anos en Mesopotamia.

Este feito é tan transcendental na evolución da Humanidade que a partir dese acontecemento é cando os historiadores sitúan o nacemento da Historia.

Page 3: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Primeiras civilizacións

AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

As primeiras civilizacións desenvolvéronse en Mesopotamia, Exipto, India e China hai uns 5.000 anos.

Reciben o nome de civilizacións fluviais porque xurdiron en torno a grandes ríos con beiras moi fértiles: o Tigris e o Éufrates en Mesopotamia e o Nilo en Exipto.

Page 4: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Primeiras civilizacións

PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: CARACTERÍSTICAS

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

As civilizacións fluviais tiñan tres características:

• O poder político era forte e concéntrase nun rei ou faraón.

• A sociedade estaba moi xerarquizada. A poboación estaba dividida en dous grupos moi diferenciados: unha minoría de privilexiados e unha maioría sometida.

• Construíronse grandes obras.

Page 5: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Escritura cuneiforme

ESCRITURAS DA ANTIGÜIDADE

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Tipos de escrituras:

Cuneiforme:

• Chámase así porque escribían signos en forma de cuña.

• Escribíase sobre táboas de arxila (barro).

• Era a escritura de Mesopotamia.

Page 6: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

ESCRITURAS DA ANTIGÜIDADE

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Tipos de escrituras:

Xeroglífica

• Estaba baseada en xeroglíficos que representaban palabras ou sons concretos.

• Escribíase sobre pedra ou papiro.

•Era a escritura de Exipto.

Pedra RosettaEscritura xeroglífica

Page 7: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Mesopotamia

A HISTORIA DE MESOPOTAMIA (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Mesopotamia significa “entre ríos” e chamóuselle así a esta civilización fluvial porque se desenvolveu entre os ríos Tigris e Éufrates.

A rexión mesopotámica era unha zona árida, pero a construción de canles para o regadío permitiu un intenso desenvolvemento agrícola.

Page 8: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Mesopotamia

A HISTORIA DE MESOPOTAMIA (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Mesopotamia dividíase en dúas rexións:

• Alta Mesopotamia ou Asiria situada ao norte e habitada polos asirios • Baixa Mesopotamia, situada ao sur e habitada polos sumerios e os acadios.

Page 9: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Hammurabi I

A SOCIEDADE

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Grupos privilexiados tiñan todos os dereitos e poseían a maior parte das riquezas. Eran:• A aristocracia: estaba formada polo rei e a súa familia e a nobreza.• Os sacerdotes encargábanse dos rituais relixiosos.• Entre os funcionarios destacaban os escribas.

Grupo non privilexiados. O resto das persoas que podían ser libres, se tiñan dereitos, ou escravos, que carecían deles e eran tratados coma se fosen cousas. Eran: campesiños, artesáns…

Page 10: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Deus Marduk representado por un dragón

RELIXIÓN

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

 • Creían na existencia de varios deuses, é dicir, eran politeístas.

• Non crían na vida despois da morte.

Page 11: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Arco. Puerta de Isthar

ARQUITECTURA (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Os mesopotámicos foron grandes construtores.

Como construían con ladrillo e adobe quedan poucos restos das súas edificacións.

Nelas usaban:

•Arcos: elemento de construción de forma curva que cobre un oco entre dous piares

• Bóveda: teito curvo.

Page 12: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Cigurat

ARQUITECTURA (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Destacaban dous edificios: o templo e o palacio.

Cerca do templo ou no seu interior construíanse enormes torres graduadas chamadas cigurats.

Os cigurats tiñan distintas funcións, por exemplo: observatorio astronómico…

Page 13: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Exipto antigo

EXIPTO: O RÍO NILO (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Xurdiu no noreste de África, xunto ao río Nilo.

Aínda que o imperio exipcio era moi grande a poboación concentrábase nunha estreita franxa de terreo situada nas beiras do río Nilo.

Page 14: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Exipto: Nilo desbordado

EXIPTO: O RÍO NILO (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Cada ano de xuño a setembro o río Nilo experimentaba unha espectacular subida do caudal, desbordábase e inundaba as beiras.

Cando as augas se retiraban era a época de sementar.

Practicamente podemos dicir que sen o Nilo, Exipto non existiría.

Page 15: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Faraón. Elementos da súa indumentaria

A HISTORIA DE EXIPTO (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A orixe de Exipto sitúase arredor do ano 3.100 a. AC., cando o rei Menes unificou baixo o seu mando todos os territorios que estaban en torno ao Nilo. O fin do antigo Exipto tivo lugar no ano 31 a. C., cando foi conquistado polos romanos.

.

Menes

Page 16: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Tutankhamon

A HISTORIA DE EXIPTO (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Exipto estivo gobernado por reis, aos que chamaban faraóns.

Destacaron os faraóns Keops, Kefrén e Micerinos que construíron as pirámides de Guiza e Ramsés II.

Os exipcios crían que os faraóns eran deuses.

Tamén pensaban que tiñan poderes máxicos, como facer que as augas do Nilo crecesen.

Page 17: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Escriba

SOCIEDADE (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Grupo dos privilexiados: formado polo faraóns, os nobres, os sacerdotes e os escribas. Eran:

Nobres eran os membro da familia do faraón.

Sacerdotes controlaban osritos religiosos.

Escribas redactaban os documentos oficiais e levaban as contas dos impostor. 

Page 18: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Exipto. Campesiños

SOCIEDADE (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Grupo dos non privilexiados formado por:

Campesiños (nove de cada dez exipcios eran campesiños).

Artesáns, comerciantes, serventes.

Os escravos eran maioritariamente prisioneiros de guerra. Non tiñan dereitos e a maioría eran propiedade do faraón que os utilizaba para traballar nas obras públicas e nas minas.

Page 19: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Cleopatra

SOCIEDADE (III)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

As mulleres. En Exipto gozaban dalgúns dereitos e libertades que non tiñan outras mulleres da Antigüidade.

Algunhas chegaron a gobernar como faraóns, por exemplo Cleopatra.

Page 20: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Anubis. Deus exipcio

RELIXIÓN (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Os exipcios eran politeístas, é dicir, crían en moitos deuse. O seu deus principal era o Sol, que se chamaba Ra.

Os exipcios crían na vida despois da morte e pensaban que era necesario consevar os corpos para esta segunda vida.

Por iso, convertíanos en momias, é decir, secaban os corpos e envolvíanos con vendas.

Page 21: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Pirámides de Guiza

A RELIXIÓN (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

As tumbas máis grandes eran as dos faraóns.

As pirámides de Guiza son as tumbas máis espectaculares.

Page 22: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Templo

ARTE (I)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Arquitectura

• Utilizaron a pedra como material de construción, xa que resistía mellor o paso do tempo ca o ladrillo de barro cocido.

• O edificio característico era o templo.

• Eran edificios alintelados, é decir, tiñan teitos planos sostidos por enormes columnas.

• A maioría dos templos tiñan dimensións colosais.

Page 23: Exipto e Mesopotamia

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Pintura

ATE (II)

O1 Exipto-MesopotamiaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A pintura e a esculturaA arte exipcia cambiou pouco durante os 3.000 anos que durou a civilización exipcia.

Características:

Falta de perspectiva. As figuras representábanse sen sentido de profundidade.Frontalidade. Os obxectos mostrábanse sempre de fronte.Idealización. Preferían representar as persoas con aspecto de xuventude e beleza.Inmobilidade e rixidez. As figuras son estáticas, o movemtno apenas existe.