Uxía vecino.plantas medicinais

3
MENTA Na miña casa temos un tipo de planta medicinal: a menta. A menta é unha planta herbácea (que ten natureza ou cualidades da herba) de rizomas (talos horizontales) subterráneos entrelazados, dos que nacen numerosos talos de 80 cm. de altura con follas lanceoladas, de aspecto serrado e peludo e de cor verde. Florece en verán e as súas follas son de cor violeta. Os seus froitos son tetraquenios. O seu olor é moi característico e penetrante e o seu aromático sabor deixa unha sensación de frescor. Unha vez plantada ela soa conservase e busca onde acomodarse. Usos medicinais : Mellora a dixestión e reduce diarreas. A menta é tamén un excelente colagogo (dito dunha sustancia ou dun medicamento que provoca a evacuación da bilis) e espasmolítico suave (sustancia que relaxa a musculatura lisa e elimina os espasmos) adecuado na

Transcript of Uxía vecino.plantas medicinais

Page 1: Uxía vecino.plantas medicinais

MENTA

Na miña casa temos un tipo de planta medicinal: a menta.

A menta é unha planta herbácea (que ten natureza ou cualidades da herba) de rizomas (talos horizontales) subterráneos entrelazados, dos que nacen numerosos talos de 80 cm. de altura con follas lanceoladas, de aspecto serrado e peludo e de cor verde.

Florece en verán e as súas follas son de cor violeta.

Os seus froitos son tetraquenios.

O seu olor é moi característico e penetrante e o seu aromático sabor deixa unha sensación de frescor.

Unha vez plantada ela soa conservase e busca onde acomodarse.

Usos medicinais: Mellora a dixestión e reduce

diarreas.

A menta é tamén un excelente colagogo (dito dunha sustancia ou dun medicamento que provoca a evacuación da bilis) e espasmolítico suave (sustancia que relaxa a musculatura lisa e elimina os espasmos) adecuado na inflamación da vesícula, nerviosismo, insomnio, cambras, vértixes, xaquecas e mareos.

Ten un lixeiro poder antiséptico e bactericida, é util nas inflamacións da larinxe, bronquite, en inflamacións contra o catarro e arrefriados.

Cultivo, floración e colleita:

Page 2: Uxía vecino.plantas medicinais

Adaptase a todo tipo de chans, aínda que os prefire fértiles e ben drenados. Soporta climas extremos e é resistente ás xeadas, aínda que a mellor producción provén de climas mornos.

·As follas deben recollerse con tempo cálido e soleado: poñerse a secar nunha corrente de aire (que pode ser artificial) a unha temperatura máxima de 25ºC.

·A mellor tempada para cultivar a menta é en primavera-verán.

·Unha vez recollida a menta teremos que evitar que se humedeza co orballo e as chuvias, por que se deteriora.

A ESTRUGA

Preto da miña casa hai unha planta medicinal que se chama: estruga.

A estruga é unha planta herbácea perenne de preto dun metro de altura, encrespada de pelos tesos e recios tanto no talo coma nas follas que son as responsables do forte proído que se produce ao rozar a pel cunha desas plantas.

Ten o talo cadrado, recto e ahuecado  e as súas follas son de figura ovalada ou lanceolada, con grosos dentes.

As flores aparecen en pés machos ou femias e son verdosas, miúdas, agrupándose en racimillos colgantes.

Froito seco.

Usos medicinais: Antihemorráxica, tanto para

hemorraxias internas como externas, regras abundantes,…. Un bo remedio no campo ante unha ferida imprevista é colocar un emplasto de follas de estruga que previamente machacásemos. Tamén actúa no caso dunha hemorraxia nasal.

Anti-anémica: sobre todo nas carencias de vitaminas e de minerais. Contén vitamina B5, B2, B1, C, E, e K; sales de ferro, silíceo, cloro, cobre, cinc, manganeso e níquel.

É un bo remineralizante e reconstituínte. Utilízase nas diarreas que se producen por inflamación da mucosa dos intestinos.

Page 3: Uxía vecino.plantas medicinais

Diurética e depurativa: elimina cloruros e a urea e polo tanto resulta eficaz en enfermidades como: cistite, uretrite, litise renal,protatitis, gota, hipertensión, edemas, sobrepeso producido por problemas de retención de líquidos, exceso de colesterol, reumatismo, diabete, etc.

Uso externo: en dermatite seborréica, caída do cabelo, etc.

Cultivo, floración e colleita: Recóllese preferentemente nos meses de maio, xuño, xullo e

agosto aínda que non hai problema en recollela ao longo de todo o ano.

Polo seu poder urticante recollerase sempre con luvas e cortaranse só os talos novos e sans.

Secarase á sombra e ben extendida.

As raíces recóllense en primavera (marzo) e en outono (novembro).

Florece do mes de xullo en diante.