Xabier p docampo

7
Xabier P. Docampo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

description

 

Transcript of Xabier p docampo

Page 1: Xabier p docampo

Xabier P. Docampo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Xabier p docampo

A Terra Chá, como territorio da infancia, especialmente da primeira infancia, convérteseme co tempo nun espazo mítico (máis ben direi mitificado) e faise Macondo de todas as miñas historias, tanto que sucedan alí coma noutro lugar. Sempre que invento un topos para unha novela ou un conto, ten elementos da Terra Chá, insisto por ser o meu primeiro topos vitalSobre o que ten a Terra Chá par a produción masiva de escritores eu adoito dicir de broma que debe ser por unha pataca autóctona que había na miña infancia: a pataca cazona.

Xabier P. Docampo

1. Que recorda con máis cariño da súa terra natal? A Terra Chá, polas súas características especiais marcou ao futuro escritor? Que papel cumpriu esta etapa nos futuros espazos literarios? Ten esta Terra Chá algo especial para producir tan importantes escritores na nosa lingua?

2. Por que a súa predilección (sen descartar outras opcións) pola literatura infantil e xuvenil? Onde cre que está a importancia desta literatura dirixida cara aos máis cativos?

Marcou o meu inicio como autor editado, porque cando se publica esta novela eu tiña máis obras escritas que se publicarían despois.Non creo que esa novela marcase de todo a miña obra posterior, pero tampouco podo negar que noutras dúas novelas hai elementos literarios que aprendín escribindo O misterio das badaladas.

En realidade é unha elección que a min, coma outros autores da miña xeración e que escriben obras deste xénero, nos veu da necesidade que aparece nos primeiros anos oitenta de crear textos literarios para os rapaces que comezaban a ler na nosa lingua na escola. Non había e houbo que inventalos. Unha serie de persoas que tiñamos o desexo e o propósito de nos dedicar a escribir (eu, Agustín Fdez, Paz, Xoán Babarro, David Otero, Fina Casalderrey, Gloria Sánchez, Paco Martín e un longuísimo etcétera) principiamos a escribir eses textos. De aí saíu unha manchea de grandes obras que son as que lle deron á LIX galega a importancia que ten.

3. Marcou O misterio das badaladas unha etapa na súa literatura? A súa obra posterior estivo marcada polo éxito da antedita obra?

Fonte: El correo gallego

Page 3: Xabier p docampo

Non sei se será unha mala información, porque eu creo que nunca cheguei a pasar, en toda a miña vida, un mes seguido fóra de Galicia. Viaxei moito, gústame, pero en quince ou vinte días como máximo xa estou de volta. Non me afago.

Xabier P. Docampo

5. Poderíanos falar da súa faceta na posta en escena dalgunha das súas obras? Afectou esta actividade á súa obra literaria ou esta última foi unha vantaxe para a representación? Que sente un escritor cando lle levan unha obra súa á pantalla? Sente mágoa pola perda de diferentes apartados que teñen que desaparecer da obra primixenia?

Tanto nalgunha obra miña que se levou ao teatro como na novela que se levou ao cinema, tiven sempre claro que o que eu vía cando xa estaban feitas a obra ou a película, non era unha obra miña senón do adaptador ou do guionista e dos directores. Tratábase de contar a mesma historia, é certo, pero con outras linguaxes (a teatral e a cinematográfica), por tanto eu só me sinto responsábel da obra en linguaxe literaria, non nas outras.En ambos casos me gustou velas, pero abomino dos autores que din que un director de cine lles estragou unha novela. O director pode estragar unha película, a súa, nunca a novela. Unha mala película sobre o Quixote non afecta ao de Cervantes.

4. Influenciou a súa estancia fóra de Galicia na súa literatura? como? Foi quen de saber conxugar o espazo galego e o foráneo?

Fonte: Filix

6. Polo que vemos no seu blog, indígnalle como se trata o galego, como cre que evolucionará esta situación? Ten futuro esta nosa amada lingua? De que necesita?

Que teña ou non futuro depende de vós. Xa non de min, que vou vello e non me queda moito. O que se necesita é que vós a faledes e a escribades. Que a defendades en base ao dereito que tedes a seguirdes sendo galegos, se non hai lingua non hai galegos.

Page 4: Xabier p docampo

Xabier P. Docampo

7. Poderíanos falar da organización na que traballa pola defensa do galego? Aínda é necesaria no noso espazo lingüístico e literario a existencia daquelas asociacións nas que vostede traballou e aínda traballa ou xa pode a nosa cultura camiñar soa?

Trátase dunha plataforma, apartidadaria e plural, de defensa da lingua propia de Galicia que naceu como resposta ás continuas agresións que a lingua galega está a recibir do goberno galego. Onde vistes vós disparate máis grande co de que un goberno lexisle encontra da lingua propia do seu país? Isto é o que fai necesaria esta e outras plataformas cidadás para defendermos a nosa lingua e a nosa cultura do noso propio goberno, que pretende erradicalas.O normal sería que non fosen necesarias estas asociacións e estas accións, o normal sería que existisen instrumentos asociativos para a promoción, para dar pulo, para dar a coñecer as nosas distintas expresións culturais, pero as actitudes agresivas fan necesaria a defensa.

8. Ten en mente ou está traballando nalgunha obra? Escribiu algunha obra que aínda permaneza nun baúl ou que dubide da súa función ou éxito?

Estou a escribir unha novela coa que levo moito tempo (varios anos) e aínda me falta bastante para acabar.Teño cousas sen publicar porque non me gustan, o do éxito non me preocupa nadiña, pero si que eu estea conforme co que din e como o din. Supoño que volverei a elas, pero polo de agora aí seguen e seguirán

9. Cal é a obra da que se sente máis orgulloso? Por que? Ou é que aquí tamén temos que escoitar que todos os “fillos” son queridos da mesma maneira?

Non, non a todos os “fillos” os quero igual, pero nunca direi a cal quero máis e a cal menos,. Imaxinade que eles soubesen das miñas preferencias, que pensarían de seu “pai”?

10. Foron moitos os premios recibidos polo seu labor literario. Ten algún que lle causase maior felicidade? Son imporantes os premios para a nosa literatura? Falta algún tipo de premio aínda para normalizar algo máis a nosa cultura ou ben algún apartado dela?

Non me gusta moito falar dos premios, paréceme cousa de vaidade. Os premios non me poderán dar nunca unha felicidade maior ca de escribir, a de crear mundos e xentes e que haxa alguén que penetre despois neses mundos e nesas xentes que eu creei con gusto.Falta volverlles aos premios nacionais o seu nome e a dignidade que tiñan. Ambas cousas lles tirou o goberno actual.

Page 5: Xabier p docampo

CUESTIONARIO

Page 6: Xabier p docampo

 O p

órtic

o da

glor

ia.

Un m

onum

ento

salie

ntábe

l?

 Merlín e familia de

Álvaro Cunqueiro.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

 Luces de bohemia de Valle Inclán.

Unha obra teatral?

 Castelao e Hipatia de Alexandría.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

 A illa do tes

ouro de

Robert L. Stevenson.Un/ha autor/-a e u

nha obra

literaria estranxeiro

s?

De ciencia-ficción? Sorpréndeme a

pregunta, pero respondo: Guy Montag de

Fahrenheit 451 de Ray Bradbury.

Un personaxe de ciencia-ficción co que se identifique?

 The Nigth of the Hunter (A noite

do cazador) de Charles Laughton.

Unha película de cine

Page 7: Xabier p docampo

 Tocar o piano, pero

xa é tarde.Un anceio por rea

lizar?

 O cinema

Outro entretemento

ademais da literatura?

 Rural e

montaña.

Mundo rural/

urbano? Praia/

Visitar: Lisboa, Praga, Viena, Florencia, Estambul... Descansar: Un lugar moi tranquilo e solitario ao que adoito ir de cando en vez, pero nono digo

para que siga a ser tranquilo e solitario.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

 As guerras irmandiñas.

Un feito histórico?

Mai ben é un desexo ca

unha utopía:

Liberdade, igualdade e

fraternidade.

Unha utopía?

 No verán: na hamaca que colgo

entre un piñeiro e unha maciñeira

na miña casa de Vilarón.

No inverno: no meu estudio da Coruña.

Un lugar axeitado para a lectura?

 A música clásica en xeral. Ne me quitte pas de Jacques Brel.

Un tipo de música? Unha canción?

Identificarme non sei, pero

que leo as súas obras unha e

outra vez, Cunqueiro.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?