XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura...

8
XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas 75 Mitilicultura galega como exemplo de sustentabilidade Angeles Longa Portabales Departamento de I+D Consello Regulador Mexillón de Galicia E-mail: [email protected] O cultivo do mexillón, mitilicultura, é a actividade de acuicultura mais importante en Galicia e en España, tanto polo seu volume de produción e de emprego, como pola súa cifra de facturación. A mitilicultura galega, que en 2009 supuxo (segundo o Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural y Marino) mais do 78% da produción da acuicultura española, é levada a cabo por numerosas empresas familiares que a través do desenvolvemento de prácticas de cultivo tradicionais e “ambientalistas” aportan ao mercado en torno a 250.000 toneladas anuais dun alimento natural de elevada calidade. É “ambientalista” xa que na medida na que dependemos do medio ambiente, o respectamos e o defendemos. É tradicional xa que basicamente a losofía deste cultivo, extensivo e natural, mantense a través de mais de sesenta anos de historia. Ademais, un atributo particularmente signicativo da mitilicultura galega é a súa importantísima contribución a escala local en termos económicos e de creación de emprego. Todo elo fai que podamos situar á mitilicultura galega como exemplo de actividade humana sustentable, como veremos a continuación. Sustentabilidade A sustentabilidade dunha actividade ven denida polos seguintes eixos: eixo económico: a actividade debe ser rendible; falamos pois dunha actividade

Transcript of XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura...

Page 1: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

75

Mitilicultura galega como exemplo de sustentabilidade

Angeles Longa PortabalesDepartamento de I+DConsello Regulador Mexillón de GaliciaE-mail: [email protected]

O cultivo do mexillón, mitilicultura, é a actividade de acuicultura mais importante en Galicia e en España, tanto polo seu volume de produción e de emprego, como pola súa cifra de facturación.

A mitilicultura galega, que en 2009 supuxo (segundo o Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural y Marino) mais do 78% da produción da acuicultura española, é levada a cabo por numerosas empresas familiares que a través do desenvolvemento de prácticas de cultivo tradicionais e “ambientalistas” aportan ao mercado en torno a 250.000 toneladas anuais dun alimento natural de elevada calidade.

• É “ambientalista” xa que na medida na que dependemos do medio ambiente, o respectamos e o defendemos.

• É tradicional xa que basicamente a fi losofía deste cultivo, extensivo e natural, mantense a través de mais de sesenta anos de historia.

Ademais, un atributo particularmente signifi cativo da mitilicultura galega é a súa importantísima contribución a escala local en termos económicos e de creación de emprego.

Todo elo fai que podamos situar á mitilicultura galega como exemplo de actividade humana sustentable, como veremos a continuación.

Sustentabilidade

A sustentabilidade dunha actividade ven defi nida polos seguintes eixos:

• eixo económico: a actividade debe ser rendible; falamos pois dunha actividade

Page 2: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

76

“economicamente viable”.

• eixo social: a actividade debe xerar equidade tanto inter como intra-xeracional; polo tanto nos referimos a unha actividade “socialmente equitativa”.

• eixo ambiental: a actividade debe ser respectuosa co medio ambiente, actuando en harmonía coa natureza; estamos ante unha actividade “ambientalmente aceptable”.

1. Dimensión económica

Como xa dixemos soamente son sostibles aquelas actividades produtivas que son economicamente rendibles. Para elo os ingresos deben superar aos gastos, e o benefi cio obtido debe a súa vez superar as inversións requiridas. Esta premisa cúmprese na mitilicultura galega.

Pero ademais a cría de mexillón en Galicia ten incidencia xeral, xa que os resultados desta actividade económica benefi cian a diversos sectores sociais. A mitilicultura galega xera ao seu redor, nas comarcas produtivas, un efecto económico positivo que non se limita unicamente ao sector produtor, pois xunto aos produtores e as súas asociacións, os procesadores, as compañías comercializadoras (centros de depuración, e industrias de procesado e conserveiras) e os subministradores de insumos -conxunto de sectores que integran o cluster do Mexillón-, benefíciase da existencia deste cultivo.

A transcendencia socio-económica inducida ao redor do cluster do Mexillón de Galicia, pódese avaliar polo seu efecto dinamizador do desenvolvemento das comarcas onde ten presenza, coa xeración neste ámbito local tamén de actividades, de servizos para as familias e a produción de bens de consumo, difi cilmente cuantifi cables, e só comprensibles se somos capaces de imaxinar as consecuencias da súa ausencia.

Page 3: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

77

Doutra banda cando se fala de sustentabilidade, fálase de futuro. E no noso caso o Mexillón de Galicia é un alimento con futuro que pode dar resposta ao incremento da demanda de produtos do mar a escala europea.

O mexillón é un alimento san e saudable. Tal como refl exa a Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA), o mexillón é rico en proteínas, vitaminas (A, B12, B2, B3...) e sales minerais (ferro, selenio, zinc...). Ademais o seu contido relativo en graxas é baixo, e as graxas que ten son maioritariamente insaturadas. Por todo elo o seu consumo, como en xeral o dos produtos do mar, asóciase a efectos benefi ciosos para a saúde, xa que axudan a combater a obesidade e a regular o colesterol, reducen o risco de padecer enfermidades coronarias, artrite... E aínda que tradicionais na fi losofía de produción, o cluster do Mexillón de Galicia é innovador en canto aos procesos, instalacións, formas de procesado e conservación, fórmulas de control... o que nos permite adaptarnos ás novas necesidades e expectativas dos consumidores.

2. Dimension social

Tal vez outras formas de acuicultura ou de produción de alimentos son economicamente máis rendibles (achegan maiores benefi cios) que a mitilicultura, pero cando tratamos de valorar a sustentabilidade dunha actividade é necesario conxugar esta dimensión económica coa social. De forma que, son aquelas actividades nas cales se produce unha redistribución das rendas entre unha base social mais ampla as que orixinan un maior grao de benestar social, de equidade, polo que comparativamente son máis sostibles.

Page 4: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

78

A signifi cación social da mitilicultura galega demóstrase, por exemplo, na ampla base social que integra as numerosas pequenas e medianas empresas familiares dedicadas a esta actividade.

Unhas 3.300 bateas dedicadas ao cultivo do mexillón que están distribuidas entre 2.400 propietarios.

A mitilicultura galega xoga tamén un importante papel a nivel local como xeradora de emprego.

En Galicia a cifra de poboación ocupada no sector do mexillón sitúase nas 11.500 per-soas, o que supón que máis ou menos un 17,5% da poboación activa dos concellos produtores de mexillón dedícanse a esta actividade, chegando esta cifra a superar o 40% nalgúns municipios.

3. Dimension medioambiental

Calquera actividade produtiva humana degrada de forma inaceptable o medio natural cando:

1. os recursos naturais son utilizados a un ritmo maior ás capacidades da natureza de rexeneralos : Situación de depredación

2. os refugallos son xerados a un ritmo maior á capacidade de absorción da natureza: Situación de contaminación

Page 5: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

79

Polo tanto, os problemas ambientais xorden cando se produce un desaxuste entre os ritmos dos ciclos de produción humana e os ritmos naturais de rexeneración-absorción. É por iso que unha actividade será ambientalmente sostible na medida na que os seus ritmos harmonizan cos naturais, non superando a capacidade de carga do sistema.

Así, aquelas actividades nas que se fai uso intensivo de recursos non renovables ou de recursos renovables pero a ritmos maiores á capacidade dos ecosistemas de repoñelos, e aquelas actividades que xeran un maior volume de residuos, ou un tipo de residuos máis persistentes ou perigosos, orixinan un signifi cativo dano sobre o medio ambiente, e polo tanto son insostibles. Mentres que aquelas actividades humanas nas que se produce acorde coas capacidades da natureza orixinan impactos limitados e por tanto son ambientalmente sostibles.

Para o caso concreto da mitilicultura, o cultivo do mexillón, e por extensión o cultivo de moluscos bivalvos, ten unha idiosincrasia propia que o caracteriza como unha forma de produción de alimentos única.

Ningunha outra forma de produción de alimentos ten, como a mitilicultura, unha vinculación tan estreita co medio natural onde se desenvolve. O mitilicultor galego non engade ningunha sustancia allea ao medio para a alimentación e o desenvolvemento dos bivalvos. Non require do uso de fármacos, nin de produtos zoosanitarios e non realiza ningunha manipulación das variables ambientais.

De feito, os mexillóns, especie autóctona das nosas costas, crecen e desenvólvense ata o momento da súa colleita unicamente alimentados polo material nutritivo “renovable” presente no medio natural (fi toplancto e materia orgánica particulada), por tanto a mitilicultura é un sistema de produción extensivo no que se explotan os recursos naturais (renovables) co máximo rendemento e o mínimo deterioro. Un delicado equilibrio no cal o ecosistema regula a produción.

Page 6: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

80

O cultivo de mexillón en Galicia é unha fórmula 100% natural e moi efi ciente de aproveitamento, para a produción de alimentos, do potencial produtivo natural das áreas costeiras (ou doutra forma, da enerxía que fl úe a través do ecosistema). Non require da adición de insumos alleos ao medio e os organismos cultivados sitúanse nos primeiros elos da cadea trófi ca (os moluscos bivalvos son consumidores primarios).

Por tanto, a mitilicultura rexistra unha efi ciencia enerxética e ambiental moi superior á rexistrada por moitas das outras formas de produción animal, nas cales o aproveitamento da enerxía natural do sistema é signifi cativamente menor: ben porque se cultivan organismos situados en elos trófi cos superiores, ben porque requiren da adición de insumos extras alleos ao sistema para manter os volumes de produción.

En canto ao seu impacto sobre o medio, como cabria esperar, é mínimo -en moitos casos por baixo do límite de detección- e limitado á área de cultivo. É por iso que dentro dos esquemas da acuicultura multitrófi ca integrada proponse sempre o cultivo de moluscos bivalvos para que ao actuar como biofi ltros remedien os impactos ambientais producidos polas outras prácticas de acuicultura non extensiva.

Por outra banda as actividades conquilícolas en xeral, e o cultivo do mexillón en Galicia en particular, realizan servizos ecosistémicos positivos para o medio natural, xa que:

• axudan a controlar a eutrofi zación costeira: podemos estimar que a mitilicultura galega fi xa anualmente aproximadamente 3.000 toneladas de nitróxeno e 275 toneladas de fósforo (datos estimados en base ás taxas de fi xación de Lindahl et al., 2005 e Gren et al., 2009).

• actúan como sumidoiro de CO2 atmosférico: Macías et al. (2005) estiman que anualmente o mexillón galego fi xa 40.000 toneladas de CO2 no proceso de formación das cunchas.

Ademais o cultivo de moluscos bivalvos, incrementan a biodiversidade local, como se refl icte na riqueza que se asocia aos sistemas de produción de moluscos bivalvos que dan acubillo, sustento, e hábitat, a multitude especies, incrementando a capacidade produtiva a nivel local (Romero et al., 1982; D’Amours et al., 2008).

Este papel positivo que ten o cultivo de moluscos bivalvos (incluído o mexillón) é recoñecido polas administracións europeas que no Regulamento (CE) nº 710/2009 sobre produción ecolóxica de animais da acuicultura e algas mariñas, indica no considerando:

“O cultivo de moluscos bivalvos fi ltradores pode ter un efecto benefi cioso na cali-dade das augas costeiras a través da retirada de nutrintes .../... tendo en conta que non é necesaria a alimentación complementaria e que, por tanto, o impacto ambien-tal podería ser menor que noutros sectores da acuicultura a este respecto.”

Page 7: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

81

Unha breve refl exión sobre o futuro da mitilicultura en Galicia

Visto todo o anterior podemos afi rmar que a mitilicultura galega é unha actividade sustentable. Queda agora por refl exionar brevemente sobre unha cuestión primordial que marcará o futuro desta actividade na nosa Comunidade: o medio ambiente.

Nun recente documento elaborado pola Comisión Europea “Construir un futuro sustentable para a acuicultura”-COM(2009)162, indicábase no apartado 4.1.2. Un medio ambiente respetuoso da acuicultura, que “a acuicultura [de bivalvos] necesita dispoñer de auga da mellor calidade para garantir a sanidade dos animais acuáticos e a seguridade e calidade dos produtos.”

Así a sustentabilidade do cultivo de mexillón en Galicia, e a súa capacidade de fornecer produtos seguros de calidade, están condicionadas fundamentalmente pola dispoñibilidade dun medio ambiente de elevada calidade, que garde ademais as mellores condicións hixiénico-sanitarias.

A existencia de ecosistemas sans é a mellor garantía para a continuidade (futuro) do sector mitilicultor galego. Para elo, as administracións son quen poden, e deben, ditar normas para protexer as áreas de produción de bivalvos contra a súa contaminación e degradación. Pero para que a normativa de protección sexa efectiva, hai ademais que facela cumprir e cumprila. Por tanto as administracións deben adoptar unha actitude preventiva e executiva na protección das áreas de produción de bivalvos, o que permitirá garantir a sustentabilidade futura da produción de Mexillón de Galicia.

Page 8: XIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías ... · En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social

82

En conclusión, a mitilicultura en Galicia é unha actividade sustentable dende os tres eixos (medioambiental, social e económico) e so o mantemento, a conservación e a mellora dun medio natural sán facilitará a súa permanencia.

Bibliografía

Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA). http://www.bedca.net/

D’Amours O., Archambault P., McKindsey C.W., Johndson L.E. (2008). Local enhancement of epibenthic macrofauna by aquaculture activities. Mar. Ecol. Progr. Ser. 371: 73-84.

García Erquiaga E., San Martín Campos C., García Álvarez O., Miranda Torrado F., Pais Lima M. (2001). La contribución de la actividad mejillonera al desarrollo local de Galicia. Ed. Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Vilagarcía de Arousa: 178 pp.

Gonzalez-Gurriarán E. (1982). Estudio de la comunidad de crustáceos decápodos (Brachyura) en la Ría de Arousa (Galicia NW España), y su relación con el cultivo de mejillón en batea. Boletín del Instituto Español de Oceanografía 72: 223-254.

Gren I.M., Lindahl O., Lindqvist M. (2009). Values of mussel farming for combating eutrophication: An application to the Baltic Sea. Ecological Engineering 35: 935-945.

Hammen C.S., Wilbur K.M. (1959). Carbon Dioxide Fixation in Marine Invertebrates. I. The main pathway in the oyster. Journal of Biological Chemistry 234 (5): 1268-1271.

Hickey J.P. (2008). Carbon sequestration potential of shellfi sh. Seminars in Sustainability – UniSA. www.unisa.edu.au

Iglesias J. (1981). Spactial and temporal changes in the demersal fi sh community of the Ría de Arousa (NW Spain). Marine Biology 65: 199-208.

Lindahl O., Hart R., Hernroth B., Kollberg S., Loo L.O., Olrog L., Rehnstam-Holm A.S., Svensson J., Svensson S., Syversen U. (2005). Improving Marine Water Quality by Mussel Farming: A Profi table Solution for Swedish Society. Ambio 34 (2): 131-138.

López-Jamar E., Iglesias J., Otero J.J. (1984). Contribution of infauna and mussel-raft epifauna to demersal fi sh diets. Mar. Ecol. Prog. Ser. 15: 13-18.

Macías F., Camps Arbestain M., Rodríguez Lado L. (2005). Alternativas de secuestro de carbono orgánico en suelos y biomasa de Galicia. Recursos Rurais 1 (1): 71-85.

Romero P., González-Gurriarán E., Penas E. (1982) Infl uence of mussel rafts on spatial and seasonal abundance of crabs in the Ría de Arousa, NW Spain. Mar. Biol. 72: 201-210.