XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están...

22

Transcript of XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están...

Page 1: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que
Page 2: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

31XORNADAS DE CINE E VIDEO EN GALICIA

11 ao 17 de agosto de 2014

Page 3: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

¡O Carballiño, comezan as XOCIVIGA! Este é un dos anun-cios máis esperados ao longo do ano entre os veciños e ve-ciñas desta vila, e tamén de moitos amigos e amantes dasétima arte que agardan a súa cita anual.

Para todos os da miña xeración, igual podemos decir dasanteriores e posteriores, a chegada do verán supoñía a con-vocatoria de citas clásicas. Entre elas destacaban as Xor-nadas de Cine e Vídeo en Galicia, que convertía á nosa vilana capital do cine galego.

Todos esperabamos con ansiedade a programación das Xor-nadas, as novidades que, na maioría das ocasións inéditas,era imposible ver nas salas convencionais.

As XOCIVIGA enchían as nosas rúas de personaxes do cinee os veciños compartiamos con eles tardes e noites esti-vais.

As XOCIVIGA 2014 é unha renovación daquelas vivencias,unha nova ilusión estival e, o máis importante, unha novaoportunidade de converternos no centro das miradas detodos os afeccionados ao cine en pantalla grande de todaGalicia.

O meu recoñecemento ao CINE CLUB CARBALLIÑO, home-naxeado este ano pola súa labor que, ininterrumpidamente,ven desenvolvendo desde a súa creación no ano 1969, ade-mais de fundador e organizador da maioría das ediciónsde XOCIVIGA.

Rodrigo González Hermida, Concelleiro de Cultura

Como alcalde do Carballiño quero aproveitar este saúdapara felicitar aos responsables da organización que fanposible que un ano máis a nosa vila sexa o referente do au-diovisual galego durante varios días. As XOCIVIGA regre-san, como cada tempada estival, para ofrecer aos nososveciños e visitantes algo que nunca debemos perder: o cineen pantalla grande, a ilusión da sétima arte que chega acada butaca para facernos sentir, polo menos duranteunhas horas, partícipes de cada unha das historias.

As proxeccións programadas no rural do Carballliño vanrecuperar ese sabor auténtico do cine de verán que a maio-ría de nós tiñamos esquecido. É esto que fai que un festivalde cine como o noso creza baseándose no máis importantedo cine, o público.

O Carballiño foi desde o pasado ano un grande estudio na-tural para a gravación de películas, documentais e outrostraballos audiovisuais. Proba diso son producións de grannivel como “A Esmorga” de Ignacio Vilar, que tivo a súa basecentral na nosa vila, “Las brujas de E’lente” de Simón Váz-quez, ou os documentais “O milagre da Vera Cruz” de Ig-nacio Benedetti e “O metílico, a bebida da morte” de EmilioRuiz Barrachina. Esta é unha aposta decidida, o apoio á pro-ducción promovendo e facilitando as rodaxes na nosa co-marca e para iso son imprescindibles as XOCIVIGA

Reitero o meu apoio á organización destas Xornadas deCine e Vídeo en Galicia 2014 e a todos vós convidarvos adisfrutar e participar nun dos festivais máis sobranceirosde Galicia.

Argimiro Marnotes Fernández, Alcalde

O cine e o audiovisual ten orixinado un impacto impor-tante no eido cultural, social e ata económico no entornodo Carballiño, ata tal punto que forma parte da súa imaxe.

As XOCIVIGA foron o revulsivo do audiovisual galego, de-cisivas na creación das estruturas públicas e privadas dosector audiovisual do noso país, xerando unha maneira demirar e de crear sinais de referencia.

A partir dos anos noventa o audiovisual galego experi-mentou un crecemento continuo ata chegar a ser unexemplo de profesionalidade, innovación tecnolóxica emadurez, e moito tivo que ver neste feito a influencia dasXOCIVIGA. Os produtos realizados nos últimos 25 anosmostran unha rica diversidade e un gran avance no do-minio da linguaxe do medio.

Tratando de recuperar aquela liña argumental que carac-terizou o seu nacemento, as XOCIVIGA aspiran a crearun novo espazo que atraia á corrente creativa actual,asumindo o cine como medio de expresión e a necesidadede contribuír ao desenvolvemento de novos proxectosapoiando a súa producción.

Foi e será importante a presenza de Portugal nas XOCI-VIGA. As relacións coas institucións cinematográficas dePortugal permitiron, tempo atrás, un importante intercam-bio de proxectos, a divulgación constante das dúas cine-matografías e o inicio das coproducións entre os douspaíses que convertiran ó Carballiño como o punto de re-ferencial para os profesionais do sector. Cara o futuro,pois, as XOCIVIGA apostan por convertirse no certamende referencia Galicia-Portugal, extensible ao mundo lu-sófono.

A organización

Page 4: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

CINE GALEGOCOSTA DA MORTE de Lois PatiñoENCALLADOS de Alfonso ZarauzaDO CASO QUE LLE ACONTECEU AO DOUTOR ALVEIROS de Luís BañosCampoOS FENOMENOS de Alfonso Zarauza

Lembrando a Xosé Manuel Olveira "Pico"

A CASA DA LUZ de Carlos Amil

Hai 25 anos...

CONTINENTAL de Xavier VillaverdeSEMPRE XONXA de Chano PiñeiroURXA de Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro

CINE PORTUGUESFLORBELA de Vicente Alvés de ÓELA de Julian Grant [BRAGACINE)MANHÁ SUBMERSA de Lauro Antonio

DE FESTIVAL EN FESTIVAL12 ANOS DE ESCLAVITUDE [12 Years a Slave] de Christian PetzoldO GRAN HOTEL BUDAPEST [The Grand Budapest Hotel] de Wes An-dersonLORE de Cate ShortlandPHILOMENA de Stephen Frears

Palmarés FIKE [Festival Internacional de Curtametraxes de Évora]

MAIS DE DÚAS HORAS [Bishtar az do saat] de Ali AsgariPRIMEIRO CONTACTO [First Contact] de Matt RichardsLUMINARIS de Juán Pablo ZaramellaDESENCONTRO MARCADO de A. Bessa, D. Dias e M. de AquinoCUARTO 606 [Zimmer 606] de Peter Volkart

Palmarés BRAGACINE [Festival Internacional de Cine Indepenientede Braga]

FLORBELA de Vicente Alvés de ÓELA de Julian Grant

PROGRAMA

SESION DE TARDE, CINE INFANTILA CASA DA LUZ de Carlos AmilBRAVE de Mark Andrews, Brenda Chapman, Steve PurcellGRU, MEU VILÁN FAVORITO 2 de Pierre Coffin, Chris RenaudHOBITT, A DESOLACIÓN DE SMAUG de Peter Jackson

NOITES NA VERACRUZENCALLADOS de Alfonso ZarauzaRODADO NO CARBALLIÑOMETÍLICO, A BEBIDA DA MORTE de Emilio Ruiz BarrachinaOS FENOMENOS de Alfonso ZarauzaSEMPRE XONXACURTAMETRAXES “En 5 minutos” a concursoCURTAMETRAXES “2 minutos en móbil” a concursoFOTOGRAFÍAS a concurso

CINE NO RURALSEMPRE XONXA de Chano PiñeiroANACOS DA HISTORIA DO CARBALLIÑO 1952-1978O TEMPLO DA VERA-CRUZ DE ANTONIO PALACIOS

RODADO NO CARBALLIÑOIMAXES DAS RODAXES NO CARBALLIÑO-La casa de la lluvia-Cotolay-Monsignor Quixote-A lenda da doncela -Lentura-Despertar en París-Galiza

Making of “A ESMORGA”

METÍLICO, A BEBIDA DA MORTE de Emilio Ruiz Barrachina

RECUPERANDO A IMAXE

FOTO FALADA

Fálame de San SadurniñoProxecto de CARMEN SUÁREZ NIETO

MUSICA NO CINE

CONCERTO DE PIANO acompañado de montaxe audiovisual Pianista: SEVERIANO CASALDERREY

CONCURSOSCURTAMETRAXES “En 5 minutos”CURTAMETRAXES “2 minutos en móbil”FOTOGRAFÍA

HOMENAXESCINE CLUB CARBALLIÑO

ERNESTO ROMERO, Novo Cine de Leiro

EXPOSICIÓNS

FOTOGRAFÍANA PROCURA DA NOSA MEMORIA: FOTOS NO TEMPO

COUSAS DE CINE

Museo ERNESTO ROMERONovo Cine de LeiroLugar: Auditorio

COPRODUCIÓN-DISTRIBUCIÓN-EXHIBICIÓN GALICIA-PORTUGALLugar: Hotel Arenteiro

Page 5: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

CONTINENTAL

SINOPSE A finais dos anos 50, tras asasinar ao mítico capo Gonçalves e repartirse os seus dominios,Ventura e Otálora, capos rivais e vellos amigos, loitan coas súas bandas polo control daprostitución e o contrabando. Anabel, prostituta favorita de Ventura e o seu mozo amante,vivirán a súa paixón entre a violencia que envolve a cidade portuaria.

COSTA DA MORTEDirección: Xavier Villaverde

Galicia, 201381 minutos

Guión: Lois PatiñoFotografía: Lois PatiñoProdución: Felipe Lage, Martin PawleySon: Miguel Calvo "Maiki" e Erik T. JensenMúsica: Ann DeveriaXénero: Drama

Dirección: Lois Patiño

Galicia, 1989104 minutos

Guión: Xavier Villaverde, Teresa Ordás, Raúl VeigaFotografía: Javier G. SalmonesProdutora: Televisión de Galicia / Xavier Villaverde AsociadosIntérpretes: Eusebio Poncela, Marisa Paredes, Féodor Atkine, Héctor Alterio, Jorge Sanz,Cristina Marcos, Fernando Guillén, Lola Baldrich, Nancho Novo.Xénero: Thriller

SINOPSE A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante oImperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederonao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos estaterra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros... O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonosao misterio que supón a paisaxe, a historia e o mito.Premios - Festival de Locarno: Mellor director emerxente - Jeonju IFF: Best Picture Award (COREA DEL SUR) - FICUNAM: Puma de prata á Mellor Película. (MÉXICO) - Festival Europeo de Sevilla: Mellor película Nuevas Olas

CINE

GAL

EGO

- Festival dei Popoli: Premio do Público (ITALIA) - Festival Internacional de Uruguay: Mellor película - Mestre Mateo: Premio ao mellor documental

Page 6: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

DO CASO QUE LLE ACONTECEU AO DR. ALVEIROS

SINOPSE Relato con toques humorísticos que trata sobre o esoterismo e a maxia. Ten como escenarioo mundo de ultratumba no que o protagonista entra en contacto co mundo dos mortos através de Dhemel, un personaxe que representa a un alemán falecido fai 5 anos. Falarallesobre a xeometría dos corpos e a necesidade que ten a momia de Tutankamón de bailar adanza macabra e ser liberada das súas vendas.A esta danza macabra ten a oportunidade de asistir o protagonista, a única persoa viva quepuido bailar cos mortos.

Dirección: Luís Baños Campo

Galicia, 201361 minutos

Guión: Luís Martinez Risco-Daviña e Antonio Blanco RodríguezMúsica: José Luis Fernández “Carnicero”Produción: Luis Martinez Risco-Daviña e Luís Baños CampoIntérpretes: Xabier Álvarez Cid, Xoan L. Fernández, Xosé M. Piñeiro, Sandra A. Fernández,Roberto Cid, Antonio Conde, Xosé M. González, Francisco A. PiñeiroXénero: Adaptación do texto literario de Vicente Risco

METÍLICO, A BEBIDA DA MOR TE

España, 201352 minutos

Guión: Fernando Rodríguez, Raúl Romera, Emilio Barrachina Montaxe: Raúl RomeraProdutor: Icarnia, TVG Xénero: Documental

Dirección: Emilio Ruiz Barrachina

SINOPSE 1963. Unha sucesión de estrañas mortes e cegueiras sufridas por mariñeiros de Canarias ecampesiños de Galicia destapa a trama do maior suceso de intoxicacións masivas ocorridoen España: o Caso do Metílico. Unha moza farmacéutica descobre que a causa pola queestán a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que atéese momento só se empregaba para fabricar pinturas e combustible de avións: o metílico.

Page 7: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

CINE

GAL

EGO

ENCALLADOS

SINOPSE Unha historia louca de tres autores á busca de guión para facer unha película sobre o Prestigecon catro pesos, apunta a como é un país que non foi quen de realizar unha boa ficción ci-nematográfica sobre unha das peores catástrofes ecolóxicas da historia. E faino sen com-plexos, a través do relato do propio fracaso, da propia impotencia, que é a da industriaaudiovisual tamén. Malia que, finalmente, as cousas van saíndo.

Dirección: Alfonso Zarauza

Galicia, 201265 minutos

Guión: Alfonso ZarauzaFotografía: Albero Diaz “Bertixi”Produción: Farruco CastrománIntérpretes: Xulio Abonjo, Ricardo de Barreiro, Federico Pérez, Farruco CastrománXénero: Drama

Premios -Mestre Mateo 2014: Mellor película para televisión, Mellor montaxe e Mellor fotografía.

OS FENÓMENOS

SINOPSE Ao regresar ao seu industrial e decadente pobo, en Ferrol, todo son dificultades para Nenete:non logra atopar traballo e ten que seguir vivindo na furgoneta ata que consegue un postode peón na construción.Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun oficio de homes, pero consegue so-brepoñerse con coraxe e en compañía da súa cuadrilla empezan a ser coñecidos polo cons-trutor como “Os fenómenos” pola súa capacidade para levantar metros cadrados construídos. En pleno boom do ladrillo logra gañar moito diñeiro na construción e comeza a albergar osoño de comprarse un piso onde poder criar ao seu fillo. Cando ao fin o consegue, estala acrise e o soño dunha vida mellor desmorónase.

Dirección: Alfonso Zarauza

Galicia, 2013109 minutos

Guión: Alfonso Zarauza e Jaione CambordaFotografía: Albero Diaz “Bertixi”Produción: Farruco Castromán e Rubén ZarauzaIntérpretes: Lola Dueñas, Luis Tosar, Juan Carlos Vellido, Ledicia Sola, Miguel de Lira,Morris, Xulio Abonjo, Ricardo Barreiro, X. Touriñán, Gonzalo UriarteXénero: Drama

Page 8: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

SEMPRE XONXA

SINOPSE Historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, dende a súa infancia no ano1947 ata a súa madurez no ano 1986. A emigración nas súas dúas vertentes de éxito e mi-seria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunhaaldea que vai morrendo nos montes de Galicia

URXADirección: Chano Piñeiro

Galicia, 198987 minutos

Guión: Alfredo García Pinal, Carlos A. López PiñeiroFotografía: Javier SerranoProdución: Xoxe Xoan Cabanas Cao, Carlos A. López PiñeiroMontaxe: Luis Manuel del ValleMúsica: AlecrinIntérpretes: Luma Gómez, Ernesto Chao, Miguel Pernas, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte,Raquel Lagares

Dirección: Alfredo García Pinal, Carlos A. López Piñeiro

Galicia, 1989114 minutos

Guión: Chano PiñeiroFotografía: Miguel Ángel Trujillo Produción: Produciós Cinematográficas PiñeiroMúsica: Pablo Barreiro, Carlos Ferrant, Marcial Prado Montaxe: Cristina Otero Intérpretes: Uxía Blanco, Miguel Ínsua, Loles León, Xavier R. Lourido, Aurora Redondo,Javier Rocha, Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño

SINOPSE Conta tres momentos da vida dunha muller na sociedade galega de principio, mediados efinal de século. O seu rol máxico está vinculado á contorna social e á natureza da que é pre-servadora e "medium". No primeiro episodio, "0 Medallón de Urxa", unha vella transmiteespírito e saberes á súa sucesora adolescente. Cómplice dun indiano de quen se rumorea esconde a súa fortuna nun lugar descoñecido,"Urxa-Adega" salvagarda en "0 Arcon de Petro Xesto" a vida e memoria do seu amigo dainfancia.

Page 9: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

LORE

SINOPSE Corre a primavera de 1945 e o exército alemán derrúbase por momentos. As forzas aliadasestán entrando por todo o país, e así, cos seus pais ausentes e o Terceiro Reich desmoro-nándose, a moza Lore decide levar aos seus catro irmáns 500 kilometros a través de Alemañaata un lugar seguro, a casa da súa avóa, no Mar do Norte...

Dirección: Cate Shortland

Alemaña, 2012109 minutos

Guión: Cate Shortland, Robin Mukherjee Fotografía: Adam ArkapawMúsica: Max RichterProdución: Edge City Films / Porchlight Films / RohfilmIntérpretes: Saskia Rosendahl, Nele Trebs, André Frid, Mika Seidel, Kai-Peter Malina, NickHolaschke, Ursina Lardi, Hans-Jochen Wagner, Sven Pippig, Philip Wiegratz, Katrin PollittXénero: Drama, II Guerra Mundial, nazismo

Premios Festival de Locarno: Premio do público (Piazza grande)Seminci de Valladolid: Mellor Novo Director

12 ANOS DE ESCRAVITUDE [12 Years a Slave ]

SINOPSE Baseada nun feito real ocorrido en 1850, narra a historia de Solomon Northup, un músiconegro culto que vivía coa súa familia en Nova Iork. Tras tomar unha copa con dous homes,Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo nunhaplantación de Louisiana. Renunciando a abandonar a esperanza, Solomon contempla comotodos á súa redor sucumben á violencia e á desesperación.

Dirección: Steve McQueen

EEUU, 2012133 minutos

Guión: John Ridley Fotografía: Sean BobbittProdución: Summit Entertainment / Plan B / River Road Entertainment Música: Hans ZimmerInterpretación: Chiwetel Ejiofor, Michael Fassbender, Lupita Nyong'o, BenedictCumberbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Sarah Paulson, Brad PittXénero: Drama, escravitude, racismo

Premios -3 Premios Oscar: Mellor película, guión e actriz secundaria. -Globos de Ouro: Mellor película dramática. -Premios BAFTA: Mellor película e actor (Ejiofor). -Critics Choice: Mellor película, guión adaptado e actriz secundaria -Festival de Toronto: Mellor película (Premio do público)-Círculo de Críticos de Nova Iork: Mellor director

DE F

ESTI

VAL

EN F

ESTI

VAL

Page 10: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

O GRAN HOTEL BUDAPEST [The Grand Budapest Hotel]

EEUU, 201499 minutos

Guión: Wes Anderson Fotografía: Robert D. YeomanMúsica: Alexandre DesplatProdución: FoxSearchlight / Scott Rudin Productions / American PaintbrushInterpretación: Ralph Fiennes, Tony Revolori, Saoirse Ronan, Edward Norton, JeffGoldblum,Willem Dafoe, Jude Law, F. Murray Abraham, Adrien Brody, Tilda Swinton, Xénero: Comedia

Dirección: Wes Anderson

SINOPSE Gustave H., un lexendario conserxe dun famoso hotel europeo de entreguerras, entablaamizade con Zero Moustafa, un novo empregado ao que converte no seu protexido. A his-toria trata sobre o roubo e a recuperación dunha pintura renacentista de valor incalculablee sobre a batalla que enfronta aos membros dunha familia por unha inmensa fortuna. Comotelón de fondo, os levantamentos que transformaron Europa durante a primeira metadedo século XX. Premios -Festival de Berlín: Gran Premio do Xurado-Premios David di Donatello: Mellor film extranxeiro

PHILOMENA

SINOPSE Conta a historia real de Philomena Le, unha muller irlandesa que, tras quedarse embarazadacando era unha adolescente, viuse obrigada a dar ao seu fillo en adopción. Despois dedicousea buscalo durante cincuenta anos.

Dirección: Stephen Frears

Reino Unido, 201398 minutos

Guión: Steve Coogan, Jeff Pope Fotografía: Robbie RyanProdución: BBC Films / Pathé / Baby Cow Productions / British Film Institute (BFI) / Música: Alexandre DesplatInterpretación: Judi Dench, Steve Coogan, Charlie Murphy, Simone Lahbib, Anna MaxwellMartin,Neve Gachev, Sophie Kennedy Clark, Charlotte Rickard, Nichola Fynn, Cathy BeltonXénero: Drama

Premios -Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. -Premios David di Donatello: Mellor película europea-Festival de Venecia: Mellor guión e Premio SIGNIS-Satellite Awards: Mellor guión adaptado

Page 11: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

FLORBELA

SINOPSE Portugal, 1920. Florbela Espanca, unha muller adiantada á súa época e poetisa fa-mosa, deixa de escribir. Ao pouco tempo séntese inqueda e frustrada. Cando o seuirmán Apeles a chama a Lisboa, corre desde a súa vida tranquila de cidade interiorpara xuntarse a el. Xuntos, navegan no lado máis bohemio da capital: alcohol, mani-festacións políticas, bailes e a súa intensa atracción mutua. Florbela séntese partidaentre dúas forzas: o amor do seu marido e a efervescencia de Apeles.

Dirección: Vicente Alvés do Ó,Portugal, 2012 119 minutosVO. subtitulada castelán

Guión: Vicente Alvés do ÓFotografía: Luís BranquinhoMúsica: Guga BernardoProdución: Ukbar FilmesIntérpretes: Dalila Carmo, Ivo Canelas, Albano Jerónimo, António Fonseca, CarmenSantos, Rita Loureiro, Anabela Teixeira, José Neves, Marques D’Arede

CINE

POR

TUGU

ÉS

Director: Julian Grant

Portugal, 20123 minutos

Axudante de dirección: Justyna GarbaczProductor executivo: Artur MoreiraProductor: Hugo FerreiraProductor asociado: Tiágo IgnacioEditor: Raquel MoreiraIntérprete: Serena Horniz

ELA

Premios -Premio ao Mellor film e á Mellor atriz do BRAGACINE 2012-Festival de Cinema de Bogotá, Premio “Círculo Precolombino de Ouro”- 6 premios Sophia da Academia Portuguesa de Cinema-Festival Caminhos do Cinema Portugués, Premio á Mellor longametraxe, á Mellor atriz, ao Mellor son

Videoclip realizado durante a IX edición de FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPEN-DENTE DE BRAGA (BRAGACINE).

Page 12: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

“MAIS DE DÚAS HORAS“ [Bishtar az do saat]de Ali Asgari15 min, ficción, 2013, IránPremio á Mellor FicciónVO. subtitulada portugués

“PRIMEIRO CONTACTO” [First Contact] de Matt Richards21 min, ficción, 2012, AustraliaMención EspecialVO. subtitulada portugués

"LUMINARIS"de Juán Pablo Zaramella6 min, animación, 2011, ArxentinaPremio á Mellor Animación

DESENCONTRO MARCADO de Alice Bessa,Duarte Dias e Marcley de Aquino13:30 min, ficción, 2013, BrasilPremio ao Mellor ArgumentoVO. portugués

“CUARTO 606" [Zimmer 606] de Peter Volkart15 min. ficción, 2012, SuizaPremio Don QuijoteVO. subtitulada portugués

Palmarés FIKEFestival Internacional de Curtametraxes de Évora

MANHÁ SUBMERSA

SINOPSE Describe o despertar da vida dun neno, entre a austeridade da casa señorial de Dona Este-fânia, a neve e a sensualidade da súa aldea natal e o silencio das paredes do seminario. Naquel ambiente negro, triste, ríspido e severo do seminario, o mozo descóbrese e descobreo mundo que o rodea: a represión na educación, a pobreza da súa terra, as desigualdadessociais, o desexo do seu corpo en formación, a camaradería, a amizade, o amor.

-PRIMEIRA PELÍCULA PROXECTADA NAS XOCIVIGA, NA 1ª EDICIÓN ANO 1984

Dirección: Lauro António

Portugal, 1980127 minutosVO. subtitulada castelán

Fotografía: Elso RoqueMontaxe: Lauro António Produción: Leonel Brito Intérpretes: Gael García Bernal, Luis Gnecco, Néstor Cantillana, Alfredo CastroXénero: Drama

Premios -Grande Momento do Festival de Cannes -Trofeo Nova Gente para Mellor Filme do Ano e Mellor Actriz -Seleccionado para o Oscar de Melhor Filme -Prémio Feminae do Festival de Cinema da Figueira da Foz

Page 13: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

SESI

ÓN D

E TA

RDE.

CIN

E IN

FANT

IL

BRAVE

SINOPSE Merida, a indómita filla do Rei Fergus e da Raíña Elinor, é unha hábil arqueira que decideromper cun antigo costume, que é sagrada para os señores da terra: o xigantesco Lord Mac-Guffin, o malhumorado Lord Macintosh e o cascarrabias Lord Dingwall. As accións de Meridadesencadean o caos e a furia no reino. Ademais, pide axuda a unha sabia anciá que lle con-cede un desexo moi desafortunado. A rapariga terá que afrontar grandes perigos antes deaprender que é a auténtica valentía.

Dirección: Mark Andrews, Brenda Chapman, Steve Purcell

EEUU, 201290 minutos

Música: Patrick DoyleGuión: Mark Andrews, Steve Purcell, Brenda Chapman, Irene Mecchi Produción: Pixar Animation Studios / Walt Disney PicturesXénero: Animación, aventuras, fantástico, comedia

Premios Óscar: Mellor película de animación2 Premios Annie: Mellor montaxe e deseño de produciónGlobos de Ouro: Mellor película de animaciónPremios BAFTA: Mellor película de animación

A CASA DA LUZ

SINOPSE Unha cuadrilla de nenos e nenas pasa as súas vacacións en Eiravella, unha pequena vila amedio camiño do rural e o urbano, entre a construción dunha cabana e os xogos propiciadospor Duarte, ex profesor de debuxo e pintor.Un novo xogo de pistas debe conducir aos nenos á presenza de Duarte, pero Duarte nonaparece e ninguén sabe dar conta do seu paradoiro. As sospeitas recaen sobre Pumariño,un vello "Toliño", mudo, marxinado por todo o pobo e que acostuma a facer ocos nas paredesdas casas de Eiravella.

Premios -Premio do Público Infantil do 5th International Film Festival for Children Galicja 2012 (Polonia).

Dirección: Carlos Amil Serantes

Galicia, 200890 minutos

Guión: Carlos Amil SerantesFotografía: Alfonso ParraMúsica: Nani GarcíaProdución: Vimbio Filmes Intérpretes: Miguel de Lira, Agustina Bentós, Xabier López, Xeila Carbia, Antón Sampredo,Jorge Taboada, Claudia Pena,Xosé Manuel Oliveira “Pico” Xénero: Comedia dramática

Page 14: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

GRU, MEU VILÁN FAVORITO 2 [Despicable Me 2]

SINOPSE Xusto cando Gru empeza a adaptarse ao seu papel de home de familia, unha organizaciónmundial ultrasecreta dedicada á loita contra o mal chama á súa porta. Xunto coa súa novacompañeira de aventuras, Lucy Wilde, Gru terá que descubrir quen é o responsable dun es-pectacular e malévolo plan e levalo ante a xustiza. E é que fai falta botar man do maior ex-vilán do mundo para atrapar a quen aspira a ocupar ese lugar.

Dirección: Pierre Coffin, Chris Renaud

USA, 201398 minutos

Guión: : Ken Daurio, Cinco PaulMúsica: Heitor Pereira, Pharrell WilliamsMontaxe: Heitor Pereira, Pharrell WilliamsXénero: Animación, comedia, fantástico

HOBITT, A DESOLACION DE SMAUG

SINOPSE Continúa a aventura de Bilbo Bolson na súa viaxe co mago Gandalf e trece enanos lideradospor Thorin Escudo de Carballo nunha procura épica para reclamar o reino enano de Erebor.No seu camiño toparán con multitude de perigos e farán fronte ao temible dragón Smaug.

Dirección: Peter Jackson

USA, 2013160 minutos

Fotografía: Andrew LesnieMúsica: Howard ShoreProdución: Metro-Goldwyn-Mayer (MGM) / New Line Cinema / WingNut FilmsIntérpretes: Martin Freeman, Richard Armitage, Ian McKellen, Aidan Turner, LukeEvans,Evangeline Lilly, Ken Stott, Orlando Bloom, Graham McTavishXénero: Fantástico, aventuras, acción

Page 15: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

PROXECTO “FÁLAME DE SAN SADURNIÑO”

CARME SUÁREZ NIETO foi responsable do deseño, posta en marcha e coordinación da Redede Dinamización da Sociedade da Información da Consellaría de Industria (2007-2010),onde se realizaron proxectos innovadores como “Memoria de Muller”, “Memoria dos oficios”,“E-signovisual” ou “Maiores con iniciativa” entre outros. Actualmente traballa como axenteda Rede CEMIT no concello de San Sadurniño, onde desenvolve o proxecto “Fálame de SanSadurniño” .

“FÁLAME SAN SADURNIÑO”xurde dunha actividade desenvolvida na Aula CEMIT do Concellode San Sadurniño para conmemorar o 17 de maio do 2013, día das Letras Galegas e taméndía de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o empregodas TIC.

Basicamente a actividade consiste na realización de obradoiros colaborativos nos que osparticipantes aprenden a dixitalizar e xeolocalizar fotografías; posteriormente gravan unaudio explicativo de cada imaxe, para subir logo o resultado final á web. Un espazo na redeno que simples fotos faladas cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuaisque, só en aparencia, semellan desconectadas.

Mais o proxecto non só pretende reflectir os tempos pasados de San Sadurniño, senón taméno seu presente a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que nos “falen de SanSa” naactualidade, para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalarcotián das xentes, empresas, asociacións ou creadores das terras de San Sadurniño.

MÚSICA NO CINE RECUPERANDO A IMAXE

CONCERTO DE PIANO acompañado de montaxe audiovisual

SEVERIANO CASALDERREY CONDE é pianista e profesor superior de piano no IES RamónMª Aller Ulloa e no Conservatorio Profesional de Lalín onde colabora en diferentes facetascomo profesor de materias como Historia da Música, Análise Musical e Piano complementario. Participou como solista interpretando o Concerto para Piano nº 21 en Do Maior de WolfgangAmadeus Mozart e no dúo de Piano a catro mans “Ars Sonora”. Participa con frecuencia naOrquestra do Conservatorio e na Banda Sinfónica de Lalín. Intervíu no Certame Internacionalde Bandas de Música de Valenciacoa coa Banda de Música Municipal de Caldas de Reis.

Nos últimos anos decanta o seu interese cara o marco do audiovisual, principalmente comoferramenta pedagóxica. Profesionalmente inicia a súa labor como programador de cinemaen cine clubs, festivais e outros eventos. En 2010, crea e dirixe o Festival de Cinema de Ani-mación “ANIRMAU”. Ten participado como xurado en festivais de cinema como o Festival In-ternacional de Ourense, o FIC-Bueu, as XOCIVIGA , o CINANIMA (Espinho-Portugal) e o TIDCAde Taipei (Taiwan).

PROGRAMA DO CONCERTO

AMELIE de Yann TiersenSCHINDLER’S LIST de John WilliamsTHE HOURS de Philip GlassFAR FROM HEAVEN de Elmer BernsteinFORREST GUMP de Alan Silvestri

CASABLANCA de Herman HupfeldTHE ENGLISH PATIENT de Gabriel YaredMERRY CHRISTMAS, MR. LAWRENCE de Ryuichi SakamotoTHE PIANO de Michael Nyman

Page 16: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

Un acercamento do cine propio ao medio rural, o obxectivo de promover a cultura cinema-tográfica como ferramenta sociocultural e unha perspectiva de xerar espazos e oportunidadede socialización e participación cidadán.

Teñen como obxectivo principal conseguir a participación e implicación de aqueles aficio-nadosou profesionais interesados neste proxecto que pretende promover o entorno do Car-balliño como escenario de producións e rodaxes audiovisuais.

1.1 CERTAMEN DE CURTAMETRAXES "en 5 minutos".As curtas deberán ter unha duración máxima de 5 minutos e amosarán de maneira libre epersoal unha historia que exprese os escenarios ambientais da comarca do Carballiño.Poderán ser de xénero documental ou ficción. Os traballos presentados optarán a tres pre-mios, dous concedidos polo xurado oficial e outro por votación do público asistente á pro-xección das curtametraxes. Os traballos participantes proxectaranse durante asXOCIVIGA_2014.

1.2 CERTAMEN DE CURTAMETRAXES "2 minutos en móbil"Terase en conta a orixinalidade e creatividade, utilizando como medio de rodaxe o teléfonomóbil e poderá ser montado en programa de edicción. Resaltará de maneira libre e persoalunha historia que exprese os escenarios ambientais da comarca do Carballiño. As curtas-deberán ter unha duración máxima de 2 minutos. Os traballos presentados optarán a douspremios, un concedido polo xurado oficial, integrado por tres profesionais do audiovisual,e un segundo premio que votará o público. Os traballos participantes proxectaranse duranteas XOCIVIGA_2014.

1.3 CONCURSO FOTOGRAFÍAAs fotografías amosarán a riqueza ambiental e artística da comarca do Carballiño e pasarána formar a base de datos da web como información de localizacións e rodaxes.

CINE NO RURAL CONCURSOS

Page 17: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

FOTOGRAFÍA

NA PROCURA DA NOSA ME-MORIA: FOTOS NO TEMPO

Esta exposición é o resultado do traballofeito por un grupo de alumnos de 4º de ESOdo IES Chamoso Lamas do Carballiño, coor-dinados polo fotógrafo José Caruncho, querealizou todo o proceso con eles, dende a re-alización das fotos ata o revelado e positi-vado das copias. Este traballo está dentro do

programa FOTOGRAFÍA EN CURSO do CGAI, no que participan centros de ensino de Galicia,Cataluña, Tanzania e Brasil. FOTOGRAFÍA EN CURSO está integrado ademais nos programasde innovación educativa da Consellería de Educación, o chamado Plan Proxecta. No traballoparticiparon tamén 8 profesores do centro.

O traballo escollido chámase NA PROCURA DA NOSA MEMORIA: FOTOS NO TEMPO. Retrátanseespazos e antigos habitantes de varios dos pobos abandonados que hai no val do Varón.Consta de 60 fotografías en b/n. Van colocadas de dúas en dúas, un espazo e un retrato.

O proxecto FOTOGRAFÍA EN CURSO desenvólvese a través de catro grandes eixes: talleresnos centros educativos a partir da formación destinada a docentes ou coa participaciónpuntual de fotógrafos; actividades e talleres nos museos, centros de arte, arquivos ou equi-pamentos culturais; formación aos docentes; e a Web.

A web ten un papel fundamental no proxecto, xerando unha exploración activa do patri-monio fotográfico e a fotografía contemporánea (a través dos espazos da Fotopropuesta eo Fondo fotográfico), presentando prácticas de creación (Prácticas), e publicando as Expo-sicións xeradas polos nenos e novos participantes nos talleres nos centros educativos e nosequipamentos culturais.

EXPOSICIÓNSCOUSAS DE CINE

O “CINEMA PARADISO “EN LEIRO

ERNESTO ROMERO abriu as portasdo NOVO CINE DE LEIRO alá polo ano1983. Ademais de atender as fun-cións de empresario exhibidor, de-dicou unha boa parte do seu tempo

á apaixonante afección do coleccionismo de aparatos e obxectos cinematográficos: gramó-fonos, pianolas, transistores de válvula, visores e máquinas de fotos en tres dimensións,discos de lousa, proxectores de 35 mm, 16 e súper 8, revistas gráficas do ano 1926 enadiante, fotografías, carteis, programas de man da primeira época do cine, etc..

O NOVO CINE DE LEIRO no só é un cine ao uso que ofrece as proxeccións habituais senónque promociona a arte cinematográfica e a multitude de elementos únicos do seu museo,como as gravacións de Raquel Meyer no Centro Galego de Cuba entre os anos 1902 e 1950,coplas dos anos 20 ou discos de son independente da película de 1928. Unha interesantecolección de cine con documentos relativos á emigración galega a América digna de seranalizada por estudiosos da historia de Galicia: pasaxes dos barcos trasatlánticos á illa deCuba, pasaportes datados no século XIX e fotografías que poden ser visionadas con este-reoscopio.

Parte deste fondo cinematográfico estará exposto no vetíbulo do auditorio durante as XO-CIVIGA e quere ser un recoñecemento e homenaxe para o que publicacións xornalísticaspublicadas hai algún tempo resaltaban a súa paixón polo cine e o desafío a todas as crisesda exhibición denominaban "o Cinema Paradiso en Leiro" e a ERNESTO ROMERO como undos últimos románticos da Sétima Arte que, a pesar de ser a vila mais pequena de Galiciacon sala estable de proxección, o NOVO CINE DE LEIRO foi a primeira sala da provincia eninstalar o sistema dixital con 3D.

Page 18: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

XOCIVIGA DE HONRA

CINE CLUB “CARBALLIÑO”

O CINE CLUB “CARBALLIÑO” foi creado no ano 1969 e, a día de hoxe, é unha das entidadeshistóricas no territorio español. Foi o fundador, no ano 1984, e o responsable da organizaciónda maior parte das 30 ediccións das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia.

Grazas á súa labor mantívose vivo aquel proxecto que supuxo a base e o revulsivo para a cre-ación e desenvolvemento do audiovisual galego cando todo estaba por facer ata acadar osono de Chano Piñeiro e a súa firme convicción que "facer cine en Galicia era posible" e "facercine en galego era necesario"

Ao cumprirse os 30 anos de historia das XOCIVIGA, é obrigado o recoñecemento á bagaxe eá inxente e esforzada labor do CINE CLUB “CARBALLIÑO”como entidade e á de todo o grupode persoas que durante todos estes anos participaron dun xeito ou doutro para facelo posi-ble.

COPRODUCIÓN-DISTRIBUCIÓN-EXHIBICIÓN GALICIA-PORTUGAL

Foi importante a presenza de Portugal nas XOCIVIGA. A través da COMISIÓN LUSO-GALICADO AUDIOVISUAL, creada nas primeiras Xornadas, as relacións coas institucións cinemato-gráficas lusitanas permitiron un importante intercambio de proxectos de divulgación cons-tante das dúas cinematografías en ámbolos dous países, coa participación dos profesionaisdo sector e o inicio das coproducións. Un dos obxectivos marcados é o restablecemento destarelación co país veciño que, ao mesmo tempo, facilitaría a ampliación do contacto con todoo mundo lusófono, creando o lugar de encontro e referencia anual.

HOMENAXES ENCONTROS

Page 19: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

Foi por estes días, alá polo ano 1984, cando comezaba a andar o que primeiro se deron enchamar XORNADAS DE CINE EN GALICIA e, posteriormente, coa denominación definitiva deXORNADAS DE CINE E VIDEO EN GALICIA. Xurdiron a proposta da Dirección Xeral de Culturada Xunta de Galicia, que daquela ocupaba Luís Álvarez Pousa, ao Cine Club Carballiño quenaqueles momentos destacaba pola súa intensa actividade.

Nacía coa intención de crear un novo modelo de festival, un lugar de encontro anual paraos profesionais galegos do audiovisual, onde participaran xunto a profesionais chegadosde outros puntos do estado ou do exterior. Un lugar para o debate, reflexión de propostase ideas para o desenvolvemento de sector.

Destacaba nesta primeira edición o conxunto de ponencias e comunicacións sobre o Cine ea Literatura. Foron numerosos os poñentes, algúns deles de prestixio internacional comoManuel Puig, arxentino, autor de "El beso de la mujer araña" que Héctor Babenco levara aocine; o director de cine Antonio Drove; o historiador Julio Pérez Perucha e Jesús GonzálezRequena; ou o crítico do periódico El País, José Ramón Pérez Ornia; ademais dos críticosJaume Fuster, José Enrique Monterde e Juán Hernández Les. Pola parte galega estiveronpresentes Xosé Luís Méndez Ferrín, Margarita Ledo, Anxo Rei e Miguel Anxo Murado

Sen embargo, foi a sección dedicada ao cinema portugués a que conseguiu á maior atencióne interese, pois non deixaba de ser unha novidade mesmo no territorio español onde a ci-nematografía lusa era completamente descoñecida.

E comezaba a primeira proxección na recén inaugurada Casa da Cultura co film "Manhásubmersa" de Lauro Antonio que, xunto con "Conversa acabada" de Joao Botelho, "BomPovo Portugués" de Rui Simoes, "Silvestre" de Joao César Monteiro, "Francisca" de Manuelde Oliveira e "Cerromaior" de Luís Felipe Rocha, conseguía sorprender ao numeroso públicoasistente pola súa excelente proposta e a onde os profesionais galegos empezaban a mirarcomo a referencia a seguir.

Aparte da sección dedicada ao cinema brasileiro completábase o programa con unha es-colma de traballos videográficos do panorama galego, español e internacional, onde des-tacaban os videocreadores galegos Xavier Villaverde e Manuel Abad.

Daquela primeira edición e das que lle seguiron foron saíndo as propostas que fixeron po-sible o entramado audiovisual galego. Neses anos, 1989, estreábanse ao mesmo tempo noCine Fraga de Vigo as tres primeiras longametraxes de produción propia: "Continental" deXavier Villaverde, "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro e "Urxa" de Alfredo García Pinal e CarlosPiñeiro.

A modo de lembranza, teremos a oportunidade de disfrutar daquela excelente películaque abriu a historia das XOCIVIGA, "Manhá submersa" e contar coa presenza do seu directorLauro Antonio, un dos realizadores clásicos do cine portugués.

30 anos de historia

Page 20: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

TRES PELÍCULAS GALEGAS

Vou contarlles unha historia de cine. Fai agora dous lustros, un mozo de bigote turco cha-mado Carlos Piñeiro baixouse do coche de liña en Silleda, na ruta de Santiago a Ourense,coa única equipaxe dunha cámara de 16 milímetros envolvida nunha manta de recluta.Acompañábano media ducia de insensatos, quizais aínda máis novos. Camiñaron durantequilómetros ata o val de Merza e instaláronse nun derruído mosteiro medieval ás beiras dorío Deza. Ían rodar unha película, pero, por non levar, non levaban nin unha tenda de cam-paña. Así que construíron un alpendre con cama de fentos e teitume incerto. Cando sucedeuo que tiña que suceder, o único lugar respectado polas goteiras foi reservado, claro, á cámara.Ao cabo dunha semana, aquel equipo intrépido presentaba un aspecto lamentable, ata opunto que unha paisana regaloulles un polo. Asárono alí mesmo, entre as ruínas da ábsidade Carboeiro, recheo de cecimbre. Podo contar aquilo porque tiven a sorte de axenciarmeun zanco, do que gardo un recordo inesquecible.

MEMORIA DA FAME

Pese a estar ben nutridas de orzamento autonómico, nun despregue seguramente non alleoá contenda electoral, as xornadas de Cinegalicia celebradas o fin de semana en Vigo nondebían nin podían borrar esa memoria da fame, na que o propio Carlos, Miguel Gato, Bai-xeras, Antonio Simón, Miguel Castelo, Manuel Abad, Eloy Lozano e un longo etcétera depioneiros ensaiaron a utopía dun cine autóctono no far-west galaico. Por iso, cando na noitede clausura, dous milleiros de persoas aplaudiron postas en pé o Sempre Xonxa, de ChanoPiñeiro -outro pioneiro que se deu a coñecer máis aló do Miño co curto Mamasunción-,aplaudían tamén un acto heroico e protagonizaban, ¡que carallo!, un acto de fe.

Coa estrea das tres primeiras longametraxes da filmografía galega -salvando o intento deMalapata-, un mediometraxe digno de tal título-, Cinegalicia constituíu a máis longa sesióncontra o reuma cultural dos últimos anos na nación de Breogán. A graza deste lote iniciáticoé que Continental, de Xabier Villaverde; Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, e Sem-pre Xonxa, de Chano Piñeiro apuntan tres vías ben distintas, tres universos, tres formas deinvención e relato, quizá en xusta correspondencia co país máis endemoñadamente com-plexo do planeta.

VISIÓN CONTEMPORÁNEA

Coa brillante bagaxe en vídeo de Veneno Puro ou Viuda Gómez, cun solvente crédito de ac-tores e orzamento, as maiores expectativas centráronse en Continental, de Villaverde. A xul-gar pola reacción de parte do público e crítica, a esperanza trocouse nun certo desacougo.Díxose e escribiuse que non hai historia en Continental. E claro que hai historia. O que nonhai é convención. Cunha factura impecable, bebendo no thriller e no melodrama, Villaverdeconstrúe unha atmosfera densa, enrarecida, onde non hai outra lei que o destino baixo anéboa. Os logros das súas creacións en vídeo están plasmados en Cinemascope, cun ritmoinquietante, posiblemente non alleo á fascinación de Rumble fish, de Francis Coppola. En-volta en celofán nostálxico, cunha escenografía teatral, a mirada de Villaverde é absoluta-mente contemporánea, fría como o xeo nos ollos dun mozo que pasma durante anos antea catástrofe televisiva. Creo que hai razóns para afirmar que é unha obra singular na fil-mografía española destes tempos.

Chano Piñeiro e Carlos Piñeiro partiron para as súas respectivas aventuras cunha maior pre-cariedade de medios. Máis que meses, anos levoulles recoller os fondos necesarios, e sólles faltou montar unha mesa petitoria na Catedral de Santiago. En Urxa hai brechas ondeasoma con demasiada evidencia o amateurismo e algunhas concesións tópicas, que son oenvés perigoso dun realismo máxico que utiliza como referentes lenda e mitoloxía. Pero éunha obra digna, cun exotismo que pode resultar atractivo noutras latitudes. En canto aSempre Xonxa, Chano Piñeiro, como xa fixo en Mamasunción, aposta por un costumismoonde se reflicte con emoción e sensibilidade a sociedade agraria convulsionada brutalmentepola emigración. Como certamente ocorre na realidade, é o humor a gran defensa dos hu-mildes, e na película de Chano Piñeiro -con ese feliz descubrimento que é o personaxe deCaladiño, un tolo sabio popular- florece o humor con tanta naturalidade como se albisca odesenlace dramático. Aplaudir a Chano Piñeiro, xa o dixemos, foi tamén aplaudir un actoheroico e unha apaixonada historia de amor polo cine.

Cinegalicia pasou como un galope do cabalo do orgullo. O bo é que con estes queridísimostestáns xa non é posible dar marcha atrás.

Manuel Rivas , El País 6/XI/1989[Extraído do libro "Documentos para a Historia do Cine en Galicia" de Manolo González ]

Hai 25 anos

Page 21: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

XOSÉ MANUEL OLIVEIRA “PICO”Unha lembranza aos bos e xenerososHonestidade, home de benVontade e compromiso co paísUn actor

Page 22: XORNADAS - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/edicion/catalogo_xociviga_2014.pdf.pdf · están a morrer os seus veciños é o envelenamento de licores elaborados cun alcol que

OrganizaConcellería de CulturaConcello do Carballiño

CoordinaAnxo Santomil

ProxecciónsOscar Fernández Álvarez

ColaboranDeputación Provincial de OurenseCGAIGADISFederación de Asociacións de Veciños do CarballiñoFestival Internacional de Cine Independente de Braga[BRAGACINE]Festival Internacional de Curtametraxes de Évora[FIKE]Fundación Insua dos PoetasAutocares RodríguezCer&BerHotel ArenteiroNovo Cine de Leiro

Agradecementos especiaisArtur BarrosChema Rodríguez [CGAI]Emilio Ruiz BarrachinaErnesto RomeroJosé María RodríguezLauro AntonioSeveriano CasalderreyUxío Álvarez

CONCELLO DE O CARBALLIÑOPraza Maior nº 132500 O CarballiñoTfno [email protected]/xociviga