Xoves 28 de xuño ás 20.30 horas - museodevigo.org · Escritora e premio Nobel polaca, considerada...

2
Recital de poemas de A propósito do Instante A cargo dos estudantes polacos Sabina Bednarz, Magdalena Janowska e Mateusz Kapala Xoves 28 de xuño ás 20.30 horas no Pazo de Castrelos Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Transcript of Xoves 28 de xuño ás 20.30 horas - museodevigo.org · Escritora e premio Nobel polaca, considerada...

Page 1: Xoves 28 de xuño ás 20.30 horas - museodevigo.org · Escritora e premio Nobel polaca, considerada unha das voces máis orixinais da poesía contemporánea do seu país. Naceu nunha

Recital de poemas de

A propósito doInstante

A cargo dos estudantes polacosSabina Bednarz,Magdalena Janowskae Mateusz Kapala

Xoves 28 de xuño ás 20.30 horasno Pazo de Castrelos

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Page 2: Xoves 28 de xuño ás 20.30 horas - museodevigo.org · Escritora e premio Nobel polaca, considerada unha das voces máis orixinais da poesía contemporánea do seu país. Naceu nunha

Escritora e premio Nobel polaca, considerada unha das voces máis orixinais da poesía contemporánea do seu país. Naceu nunha vila da provincia

de Poznan (Polonia, 1923), pero trasladouse canda súa familia en 1931 a Cracovia, lugar ao que sempre estivo vencellada. O seu primeiro libro

publicado foi “Busco a palabra” (1945), pero non empezou a conseguir recoñecemento literario ata a aparición, en 1952, do seu poemario “Por

iso vivimos”, que foi seguido de “Preguntas formuladas a unha mesma” (1954), ambos na liña historicista propia do realismo socialista imperante

nese momento, froito da súa admiración polo poeta ruso Vladimir Maiakovski e do rexeitamento aos horrores da ocupación nazi en Polonia. A

partir de 1956 desenvólvese en Polonia, coma noutros países da área soviética, un sentimento nacionalista no que participan activamente moitos

intelectuais que buscan unha vía para condenar e superar todo o que foi o período stalinista. Szymborska opta por unha reflexión persoal e intimista

que lle devolva un equilibrio espiritual. Nesta liña escribe “Chamada a Yeti” (1957) que é un axuste de contas co seu propio dogmatismo anterior.

A crítica viu no Yeti a Iósiv Stalin. Séguenlle “Sal” (1962), na que se presenta a vida humana como parte de todo un proceso universal, escrita cun

fino humor e sobriedade; e despois “Cen consolos” (1967), “Gran número” (1976), “Xente na ponte” (1986) e “Fin e principio” (1993), nos que xa

aparece perfilado o seu estilo intimista, irónico, paisaxístico e existencialista. A obra de Wislawa Szymborska está considerada coma unha lírica

impregnada de dúbida metódica con claras intencións éticas, ao estilo do poeta español Antonio Machado; dá a casualidade que tamén, coma el,

se serve de versos curtos, estrofas clásicas e léxico común, e con estes elementos consegue uns poemas de gran fondura e forza. Polo conxunto da

súa obra, que non é moi numerosa, recibiu en 1996 o Premio Nobel de Literatura.

Recital de poemas de

A propósito do Instante

Lectura de textos en galego:Krzysztof Kraszewski e Pepa Barreiro (Directora da aula de teatroda Universidade de Vigo)

Poemas extraídos do libro Instante, Ediciones Igitur,traducidos ao galego por Eva Panadero

Con motivo da exposición “Admirar o tempo”o museo municipal “Quiñones de León” programa un recital de poesía polaca contemporánea

seleccionada da premio nobel Wislawa Szymborska,a cargo dos estudantes polacos

Sabina Bednarz, Magdalena Janowska e Mateusz Kapala.

Chwila

W Zatrzesieniu

Milczenie Roslin

Negatyw

Pierwsza Milosc

Przyczynek do Statystyki

Trzy Slowa Najdziwniejsze

Fotografia z 11 wrzesnia

Notatka

Instante

Unha do montón

O silencio das plantas

Negativo

Primeiro amor

Contribución á estatística

As tres palabras máis estrañas

Fotografía do 11 de setembro

Apunte

PROGRAMA