LIMIAR:
Dende o Equipo de
Dinamización da Lingua
Galega queremos continuar
co fomento da oralidade do
noso idioma e, para iso,
continuamos coa
presentación de cantigas
para seren cantadas por
todas e todas.
Esta é unha recolleita de
cancións fáciles, sinxelas de
divertidas.
Esperamos que vos gusten,
que as aprendades e
cantedes e, tamén as
ensinedes as vosas familias
para que non se esquezan.
Equipo de Dinamización
da Lingua Galega
C.E.I.P. Lope de Vega
Curso 2014-2015
ÍNDICE:
1.- Himno Galego
2.- A saia da Carolina
3.- Rosiña
4.- Despedida de Ano Vello
5.- Se chove
6.- Catro vellos mariñeiros
7.- O sancristán de Coimbra
8.- Ven bailar Carmiña
9.- O rodaballo
10.- Lévame
11.- Lela
12.- Sementeira
13.- Cocorico
14.- Pirimpimpin
15.- O verde gaio
16.- No niño novo do vento
17.- A formiguiña
18.- A ruliña
19.- Tua nai é meiga
20.- Trubisqueira
21.- Don Melitón
HIMNO GALEGO
Que din os rumorosos,
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado,
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido,
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
LETRA: poema "Os Pinos" de
Eduardo Pondal
MÚSICA: Pascual Veiga
INTÉRPRETE: 1.- Xoán Rubia
2.- Instrumental
A SAIA DA
CAROLINA
A saia de Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ó rabo
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co meu amor
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?.
Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel
Bailaches Carolina?.
Bailei no cuartel.
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co meu Xosé
Bailei co meu Xosé
Bailei co meu Xosé
Bailaches Carolina?.
Bailei, abofé.
ROSIÑA
Rosiña, rosa, roseira,
rosiña namorareira,
venche o ventiño de lonxe.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Lévache a folliña toda.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Lévache a folliña toda.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Ai, la, le, lo.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto. (BIS)
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.(BIS)
Rosiña, rosa,roseira...
(RETROUXO)
Detrás dun toxo pequeno,
dícheme un bico, Rosiña. (BIS)
Puxéchesme tanto xeito
para que o toxo non nos vira.
(BIS)
Rosiña, rosa,roseira....
(RETROUXO)
O San Martiño de Ourense
bota as castañas abaixo. (BIS)
Bótame-las máis grandiñas
que as pequenas van debaixo.
(BIS)
Rosiña, rosa,roseira....
(RETROUXO)
DESPEDIDA DE
ANO VELLO
Despedida de Ano Vello,
entradiña de Aninovo,
os señores de esta casa
mais conten con grande gozo,
mais conten con grande gozo
ai lalelo, ai lalalo
Vivan os nenos do Lope,
que viñeron a tocar
ao neno recén nacido
entre as pallas do Portal (BIS)
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
Ano de festas que naces,
o pasado xa pasou,
a primavera enverdece
o xardín que se marchou,
o xardín que se marchou
ai lalelo, ai lalalo
Vivan os nenos do Lope........
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
SE CHOVE
Eí vén o vento do mare
eí vén o vento mareiro.
Eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro. (BIS)
Se chove, deixa chovere,
se orballa, deixa orballare,
por máis que chova e vente
de ti non me hei de
apartare. (BIS)
Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mare
e botádelle a traíña. (BIS)
Se chove................(BIS)
Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema, mariñeiro, rema
que alá no mar me quedaba.
Se chove................(BIS)
O que navega de noite
ha tropezar cos penedos,
eu que ando polo día,
tropezo cos teus enredos.
Se chove................(BIS)
CATRO VELLOS
MARIÑEIROS
Catro vellos mariñeiros
catro vellos mariñeiros
todos metidos nun bote.
Boga, boga mariñeiro,
imos pra Viveiro
xa se ve San Roque. (X2)
Ai la lei lo lo
Ai la la lei lo lo
Ai la la lei lo lo
Ai la la la (X3)
Os mariñeiros traballan
os mariñeiros traballan
de noite con luz de lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. (X2)
Ai la lei lo lo.....(X2)
Levo sardiña e bocarte
levo sardiña e bocarte
vendo xurelo pequeno.
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro. (X2)
Ai la lei lo lo....(X3)
O SANCRISTÁN
DE COIMBRA
O sancristán de Coimbra
facía de mil diabluras,(X2)
mollaba o pan en aceite
deixaba os santos a escuras. (X2)
E vate fado, e vate ben
ti ere-la causa do meu desdén,
e vate fado, e vate ben
ti ere-la causa do meu desdén.
(RETROUXO)
O mar tamén ten amores
o mar tamén ten mulleres, (X2)
está casado coa area
dálle bicos cantos quer. (X2)
E vate fado....(RETROUXO)
Eu quixera ser merliño
e ter o pico encarnado (X2)
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado (X2)
E vate fado......(RETROUXO)
VEN BAILAR
CARMIÑA
O son da miña gaitiña
ás nenas hei de levare
que as tontiñas sonche elas
que se deixan engañare.
Has bailar conmigo
Carmiña, Carmela,
con zapato baixo
e media de seda
con media de seda
e media calada
has bailar Carmiña
miña namorada
(RETROUXO)
Os zapatos piden medias
as medias piden zapatos
e as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos.
Has bailar conmigo...
(RETROUXO)
Haiche vai meu corazón,
se o queres matar ben podes
pero como ti vas vendo,
tamén si ti o matas morres.
Has bailar conmigo...
(RETROUXO)
O RODABALLO
Nunha lancha de Marín,
coa proa de carballo, (BIS)
catro rapaces da Puebla,
ui!, ai!, ai!, ui!, ai!, ai!,
roubaron un rodaballo.
Catro rapaces da Puebla,
roubaron un rodaballo.
Mala chispa te coma,
mala chispa te dé,
mala chispa te trague.
Ai!, ai!, eh!
(RETROUXO)
O patrón que os mandaba
tamén era de Marín. (BIS)
E díxolle o rodaballo,
ui!, ai!, ai!, ui!, ai!, ai!,
moito m iras para min.
E díxolle o rodaballo,
moito miras para min.
Mala chispa....
(RETROUXO)
Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo. (BIS)
E quen llo foi a comprare?
ui!, ai!, ai!, ui!, ai!, ai!,
a filla do Cachirulo
E quen llo foi a comprare?
A filla do Cachirulo.
Mala chispa....
(RETROUXO)
E eiquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo. (BIS)
que por non haber aceite,
ui!, ai!, ai!, ui!, ai!, ai!,
houbo que comelo asado,
que por non haber aceite,
houbo que comelo asado.
Mala chispa....
(RETROUXO)
LÉVAME
Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
nunha noite prateada,
noite dun claro luar.
Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño,
que eu tamén quero bailar.
Quero bailar, quero bailar,
quero bailar, quero bailar.
Onde vas?, meu queridiño,
onde vas? meu caravel.
Vou buscar berberechiños
para darlle ó meu querer,
para darlle ó meu querer,
para darlle ó meu amor.
Onde vas?, meu queridiño,
onde vas?, meu corazón
Lévame, lévame, lévame,......
Quero bailar, quero bailar,
quero bailar, quero bailar
en Vilagarcía!
LELA
Están as nubes chorando
por un amor que morreu.
Están as rúas molladas
de tanto como choveu. (BIS)
Lela, Lela
Leliña por quen eu morro.
Quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.
Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
(RETROUXO)
Dame alento
coas túas palabras.
Dame celme
do teu corazón.
Dame lume
coas túas miradas.
Dame vida
co teu doce amor. (BIS)
Dame lume
coas túas miradas.
Dame vida
co teu doce amor.
Lela, Lela..........
(RETROUXO)
LETRA: Alfonso R.
Castelao/Popular galego
SEMENTEIRA
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no povo medre
un meniño,
un vello e un cantar. (BIS)
(RETROUXO)
Un meniño rebuldeiro
que fale na lingoa nai
que suba nos pexegueiros
a froita verde a roubar.
(RETROUXO)
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
(RETROUXO)
Un cantar de redención
un vello e novo cantar,
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.
(RETROUXO)
Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.
(RETROUXO)
COCORICO
Cocoricorico
quere un biscoito.
A mamá galiña
faillo para o almorzo.
Picotí, picotá,
hai que rico Cocorico.
Picotí, picotá,
hai que rico, rico está. (BIS)
(RETROUXO)
O gato pelado,
que tamén ten fame,
pensa no biscoito,
quere a metade.
Marramiau, marramiau,
marramiau, miau, miau, miau.
Marramiau, marramiau,
marramiau, miau, miau, miau.
Cocoricorico
come o doce enteiro.
A mamá enfadada
meteo nun pucheiro.
(RETROUXO)
O gato pelado
co dente afiado,
cheira pola casa,
busca o seu bocado,
Marramiau, marramiau,
marramiau, miau, miau, miau.
Marramiau, marramiau,
marramiau, miau, miau, miau.
Cocoricorico
pega un espirrado,
e gato pelado
marcha disparado.
(RETROUXO)
PIRIMPIMPIN
Pirimpimpin pin pin pin pin
Manolo vira pra acá,
Maria vira pra aquí. (BIS)
(RETROUXO)
Teño dentro do meu peito
unha laranxa partida,
para darlle ao meu amor,
o pirimpirimpimpin,
para darlle a miña vida.
(RETROUXO)
De Portugal me mandaron,
tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min sabere,
o pirimpirimpimpin,
quen me ten tanto cariño.
(RETROUXO)
Do outro lado do río,
do outro lado meu ben.
Do outro lado do río,
o Pirimpirimpimpin,
teño a quen lle quero ben.
(RETROUXO)
Á entrada do Lope,
hai un lexo de letreiro,
que sempre esta a dicir,
o Pirimpirimpimpin,
Portugal meu compañeiro
(RETROUXO)
Rebola o pai,
rebola a nai,
rebola a filla
eu como son da familia,
tamen quero rebolar.(BIS)
O VERDE GAIO
As peras do verdegaio
son verdes e amarelas,
non me toques senón caio,
non me rompa-las canelas.
O do verdegaio,
o do rastrastrás,
quero o meu amor
quero o meu rapaz,
o do verdegaio
o do rustrustrús,
quero o meu amor,
quero o ben Xesús.
Vai tu vai tu, vai ela,
vai tu para a casa dela.
Vai tu vai tu, vai ela,
vai tu para a casa dela.
(RETROUXO)
Anubía e anubía,
e anque anubía non chove.
O meu amor está malo,
e anque está malo non morre.
(RETROUXO)
Meu gaio, meu gaionciño,
todos te chaman pequeno,
e a min me pareces grande,
co cariño que che teño.
(RETROUXO)
O cariño que che teño,
e mais o que che hei de ter,
colle na folla dun toxo,
e mais non ha de encher.
(RETROUXO)
É do meu gusto,
é da miña opinión,
é da madeira máis fina
da raíz do corazón. (BIS)
(RETROUXO)
NO NIÑO NOVO
DO VENTO
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada.
(BIS)
Quen poidera namorala!
Quen poidera namorala!
meu amigo!
(BIS)
Canta ao luar e ao mencer,
en frauta de verde olivo.
Quen poidera namorala!
Quen poidera namorala!
meu amigo!
(BIS)
LETRA: Álvaro Cunqueiro
A FORMIGUIÑA
Fun ao mercado
a comprar café,
veu a formiguiña
e picoume no pé.
Eu sacudín, sacudín, sacudín,
mais a formiguiña
non paraba de subir.
(RETROUXO)
Fun ao mercado
a comprar champú,
veu a formiguiña
e picoume no cu.
(RETROUXO)
Fun ao mercado
a comprar azafrán,
veu a formiguiña
e picoume na man.
(RETROUXO)
Fun ao mercado
a comprar lentellas,
veu a formiguiña
e picoume nas orellas.
(RETROUXO)
Fun ao mercado
a comprar regaliz,
veu a formiguiña
e picoume no nariz.
(RETROUXO)
Fun ao mercado
a comprar café,
veu a formiguiña
e picoume no pé.
A RULIÑA
A ruliña anda chorando
que lle roubaron o niño.(BIS)
Quen cho mandou facer rula,
tanto á beira do
camiño.(BIS)
A ruliña que non merendou,
caiu no lazo e alá lle quedou.
Dame un abrazo,
cousa que non fago.
Dame un biquiño,
cousa non dou.(BIS)
(RETROUXO)
A ruliña vai entrando,
polo adro da igrexa. (BIS)
Non hai tiro que a mate
nin cazador que a vexa.(BIS)
(RETROUXO)
A laranxa foi á fonte
e o limón a tras dela.(BIS)
A laranxa truxo a ola
e o limón truxo a
panela.(BIS)
(RETROUXO)
TUA NAI É MEIGA
Eu chorei chorei
o domingo a tarde. (BIS)
Que veña Lourenzo,
que veña Lourenzo,
que diga a verdade.
(RETROUXO)
Que diga a verdade
pero con cautela.(BIS)
Tua nai é meiga,
tua nai é meiga.
Teño medo dela.
Teño medo dela
e ela non me come.(BIS)
Tua nai é meiga,
tua a nai é meiga,
teu pai un mal home,
(RETROUXO)X2
Que diga a verdade,
pero con cautela.(BIS)
Tua nai é meiga,
tua nai é meiga.
Teño medo dela.
Teño medo dela
e ela non me come.(BIS)
Tua nai é meiga,
tua a nai é meiga,
teu pai un mal home.
Que diga a verdade
pero con cautela.(BIS)
Tua nai é meiga,
tua nai é meiga,
teño medo.
Tua nai é meiga,
tua nai é meiga,
teño medo.
Tua nai é meiga,
tua nai é meiga,
teño medo dela.
TRUBISQUEIRA
Chamáchesme trubisqueira,
ai si si.
Chamáchesme trubisqueira,
ai si si, ai non non,
herba que o gando non come
ai si si.
Máis vale ser trubisqueira
ai si si, ai non non
que muller de ruín home
,ai si,si.
Xa me dixo teu pai
que te saque a bailar
e no medio do baile
que te deixe quedar,
que te deixe quedar
ai si si, ai non non,
xa me dixo teu pai
que te saque a bailar.
(RETROUXO)
O río cando vai cheo, ai si si.
O río cando vai cheo,
ai si si, ai non, non,
leva carballos e follas,ai si si.
Tamén podía levar,
ai si si, ai non non,
as linguas marmuradoras,ai si, si.
(RETROUXO)
Salgueiro verde no río, ai si si.
Salgueiro verde no río,
ai si, si, ai non non,
cuberto de flores brancas,ai si si.
Como queres que te queira,
ai si,si, ai non non
sendo ti galán de tantas,ai, si, si.
(RETROUXO)
Vou a dar-a despedida, ai si si.
Vou a dar despedida,
ai si, si, ai non non,
por riba dun pau de xesta, ai si si.
Aquí está a boa xente,
ai si si, ai non non,
aquí está a xente na festa,
ai si si.
(RETROUXO)
DON MELITÓN
Detrás da adega,
Don Melitón,
perdín unha agulla,
Don Melitón,(BIS)
e fun dar parte,
Don Melitón,
a Dona Xulia,
Don Melitón.(BIS)
Anda no ar,
Don Melitón,
o paxariño,
Don Melitón,(BIS)
dame un abrazo,
Don Melitón,
dame un biquiño,
Don Melitón.(BIS)
(RETROUXO)
Detrás da adega,
Don Melitón,
perdín o dedal,
Don Melitón,(BIS)
e fun dar parte,
Don Melitón,
a Portugal,
Don Melitón.(BIS)
(RETROUXO)
Detrás da adega,
Don Melitón,
perdín o anel,
Don Melitón,
e fun dar parte,
Don Melitón
ó furriel,
Don Melitón.
(RETROUXO)
Top Related