LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO
• Orixe e formación de palabras
-O morfema: unidade mínima dotada de significado e significante (=signo).
Ex: gato gat- significado: “animal, felino”
significante: os fonemas ou grafemas /g/-/a/…
-o- significado: “masculino”
significante: fonema ou grafema /o/
1. morfema léxico ou lexema: tradicionalmente chamámoslle raíz, ten significado léxico. Ex.: gat-o
2. morfemas gramaticais: a) flexivos: ofrecen o contido gramatical das palabras (xénero, número, tempo, persoa…)
Ex.: home-s, cant-a-mos
b) derivativos: prefixos, sufixos, interfixos. Ex. re-facer, dent-ista, café-c-iño
Mo
rfo
loxí
a n
om
inal
Lexema Morfemas flexivos
Categorías nominais Xénero Número
nen- -o- -s
nen- -a- -s
alt- -o Ø
Mo
rfo
loxí
a ve
rbal
Lexema Morfemas flexivos
Categorías verbais Tempo/modo Número/persoa
and + (a) -re- -mos
varr + (e) Ø -s
part- -a- -des
• Morfemas derivativos
a) Prefixos: sitúanse antes do lexema.
Prefixo Significado Exemplos
a- negación, privación amoral, ateo
bi- dúas veces, dous bilingüe, bígamo
biblio- libros bibliografía, biblioteca
des- contrario de despegar, desfacer
pre- anterioridade predicir, prehistoria
re- repetición refacer, retorcer
tri- tres veces, tres triloxía, tricampión
b) Sufixos: sitúanse detrás do lexema.
-Non apreciativos:
Significado Sufixo Exemplos
conxunto ou colectivo, abundancial
-ame dentame, enxame -al pombal, piñeiral -ado/a profesorado, alameda
-eiro/a cancioneiro, carballeira -axe plumaxe, equipaxe
de acción ou proceso
-ción/sión alteración, agresión -mento casamento, pagamento
-dura/tura andadura, licenciatura
locativo -ería/aría panadaría, confeitaría profesións -án tecelán, artesán
-Apreciativos: Engaden matices de afectividade. Diminutivos: Despectivos: Aumentativos: -echo/a gordecho -aco/a libraco -ón/ona mullerona -elo/a cadelo -oupo/a casoupa -azo/a cochazo, bombazo -ete/a banqueta -exo lugarexo -iño/a rapaciña -uco/a casuca -ico/a burrico -ucho/a cuartucho -ocho/a delgadocho -uzo/a xentuza -olo/a raiola -allo/a espantallo -ucho/a papelucho c) Interfixos: sitúanse entre o lexema e os afixos. Son elementos de unión.
Carecen de significado. Ex. cafe-c-iño, fum-ar-eda.
1. Orixe do léxico: etimoloxía.
-A palabra: unidade lingüística constituída por un ou varios morfemas. O conxunto
de palabras dunha lingua constitúen o corpus léxico.
O léxico dunha lingua créase de diversas maneiras (etimoloxía, formación de
palabras, préstamos…)
A lingua galega é o froito da evolución do latín vulgar (estrato) traído polos
romanos á Gallaecia, ao que se lle engadiron trazos e léxico procedentes de linguas
prerromanas (substrato) e linguas de pobos xermánicos e árabes ( superestrato).
Substrato
Linguas preindoeuropeas: carqueixa, carrasco, mata, queiroga...
Linguas indoeuropeas: carballo, bidueiro, rodaballo, carro, billa, burato,
Barallobre, Sar...
Superestrato
Xermánico: Afonso, Alberte, Gondomar, Samil, Allariz, Baamonde, Forcarei,
Bertamiráns, Randulfe, guerra, roubar, gañar, xardín, frecha…
Árabe: Sada, A Mezquita, Rábade, laranxa, aceite, limón, cenoria, arroz,
xinete, albanel, almofada, álxebra, cifra, azucre, alcalde, alicerce…
• Palabras patrimoniais, cultas e semicultas
A marioría das palabras do galego proceden do latín, pero non todas entraron na
lingua ao mesmo tempo. As palabras patrimoniais introducíronse moi cedo e
evolucionaron sufrindo moitas transformacións; os cultismos entraron na lingua de
forma tardía e practicamente non sufriron evolución respecto á forma latina
orixinal; e os semicultismos están a medio camiño.
LATÍN GALEGO EXEMPLOS
-n-, -l- intervocálicos ø CENA > cea; MOLA > moa
[p, t, k] intervocálicos [b, d, g] LUPU > lobo; FOCU > fogo
pl-, fl-, cl- iniciais ch- PLUVIA > chuvia; FLAMMA >chama
-ct- -it- TECTU > teito; LACTE > leite
• Patrimoniais: CLAVICULA > chavella, PLENU > cheo, INTEGRUM > enteiro, OCULUM > ollo, LACTEM > leite, AURICULAM > orella
• Semicultas: CLAVICULA > caravilla, PLAGAM > praga, FLACCUM > fraco
• Cultas: CLAVICULA > clavícula, PLENU > pleno, INTEGRUM > íntegro, OCULUM > ocular, LACTEM > lácteo, AURICULAM > aurícula
Ao existir palabras cultas, semicultas e patrimoniais derivadas da mesma base latina, orixínanse familias léxicas irregulares.
-NOITE > noitiña, anoitecer, nocturna, noctámbulo, nocturnidade...
-LÚA > luar, luada, lunar, lunático...
2. Orixe do léxico: formación de palabras por procedementos internos
Moitas das novas palabras das linguas constrúense a partir das xa existentes
mediante procedementos de:
-Derivación: engadindo prefixos ou sufixos. Ex.: panadeiro, empanada…
-Composición: unindo dous ou máis lexemas. Ex.: xordomudo, afialapis…
-Parasíntese: dáse simultaneamente prefixación e sufixación ou
composición e derivación. Ex.: em+pobr+ecer (*empobre, *pobrecer),
sete+mes+iño (*setemés, *mesiño)
3. Orixe do léxico: os préstamos
Son as palabras que tomamos doutras linguas para denominar ideas, conceptos,
etc. anteriormente descoñecidos para nós.
• Préstamos necesarios:
-Inalterados: manteñen a grafía e fonética estranxeira. Ex.: software.
-Adaptados: acomodan a fonética e grafía ao galego. Ex.: fútbol.
-Calcos: traducen a palabra estranxeira. Ex.: baloncesto.
• Préstamos innecesarios:
Non hai necesidade para usar estas palabras, polo que deben ser evitadas.
P. ex. os castelanismos
• Os castelanismos
Préstamos innecesarios do castelán ao galego, derivados da situación de contacto
lingüístico.
-Fonéticos: menos frecuentes. Ex. non procunciar vogais abertas/pechadas.
-Morfolóxicos: *o viaxe, *os caracoles, *había camiñado, *andiven, *casouse…
-Sintácticos: *meu compañeiro, *vinche pola rúa, *Che digo…
-Léxicos: billa/*grifo, beizos/labios, *parexa, *conexo, *Dios
4. Orixe do léxico: onomatopeas e abreviacións
-Onomatopeas: palabras que se crean imitando o son que produce unha
acción. Ex.: bum!, bruar, ouvear.
-Abreviacións: prodúcense por economía lingüística.
• Abreviacións: pronúnciase só unha parte da palabra. Ex.: profe, tele.
• Siglas: fórmase coas letras iniciais de cada elemento do sintagma. Ex.
ESO (Educación Secundaria Obrigatoria)
• Acrónimos: úsanse varias letras ou sílabas completas dunha ou varias
palabras dun enunciado. Ex.: Sergas (Servizo Galego de Saúde)
Top Related