O QUE TODO GALEGO CHORARÍA
Chora Terra,
teu pranto matricial.
O que todo galego choraría,
se inda chorar pudera,
até cubrir de bágoas o mare.
“Pranto matricial”
“
“As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fóra,
para tornar enmeigado
ao que camiña a deshora”.
“ As velas, flor de navío
as gaivotas, flor do ar
derrama pétalos brancos
no azul xardín do mar”
“Deixo moza no lugar
deixo a miña nai soíña. Quedan para min a fiar
amor e lan na cociña”
Valentín Paz Andrade (1898 – 1987)
CEIP CESPÓN
Valentín Paz Andrade naceu en
Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de
1898. Estudou en Pontevedra o
Bacharelato e en Compostela estudou
para ser avogado. É nesta cidade
onde coñece a fai amizade con
intelectuais galegos como Castelao,
Vicente Risco, Villar Ponte...
Escribiu libros. Participou en revistas,
xornais…Dirixiu varios anos o xornal
“Galicia”. Colaborou na redacción do
primeiro Estatuto de Galicia no ano
1931.
Durante a Gerra Civil, como avogado,
axudou a moitos galeguistas e foi
detido varias veces debido ás súas
ideas políticas.
Fundou a primeira empresa de
Europa de pesca e conxelado de
peixe: Pescanova.
Faleceu en Vigo no ano 1987.
Escribiu libros sobre os problemas
da pesca en Galcia. Tamén escribiu
poesía. O seu primeiro libro de
poemas «Pranto Matricial» está
adicado ao seu amigo Castelao. Máis
tarde escribiu «Sementeira do vento»
(1968) e «Cen chaves de sombra»
(1979).
Membro da Real Academia Galega
das Letras e da Real Academia Galega
das Ciencias; galardoado co Pedrón
de Ouro; Medalla Castelao,… e moitos
máis premios pola súa labor a prol de
Galicia.
Este ano celébrase o centenario do nacemento do autor celanovés Celso
Emilio Ferreiro. Contribuímos a esta conmemoración recordando un dos
seus fermosísimos poemas:
Lingua proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gusta porque me peta e quero e dame a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, fala-la fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente que sufren
[longo . unha historia contada noutra lingua. Non falo prós soberbios, non falo prós ruíns e poderosos, non falo prós finchados, non falo prós estúpidos, non falo prós valeiros, que falo prós que aguantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; prós que súan e choran un pranto cotián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos.
Top Related