Paz Andrade Cespón

2
O QUE TODO GALEGO CHORARÍA Chora Terra, teu pranto matricial. O que todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cubrir de bágoas o mare. “Pranto matricial” As bruxas de Vozqueimado deixan as vasoiras fóra, para tornar enmeigado ao que camiña a deshora. “ As velas, flor de navío as gaivotas, flor do ar derrama pétalos brancos no azul xardín do mar” “Deixo moza no lugar deixo a miña nai soíña. Quedan para min a fiar amor e lan na cociña” Valentín Paz Andrade (1898 1987) CEIP CESPÓN

Transcript of Paz Andrade Cespón

Page 1: Paz Andrade Cespón

O QUE TODO GALEGO CHORARÍA

Chora Terra,

teu pranto matricial.

O que todo galego choraría,

se inda chorar pudera,

até cubrir de bágoas o mare.

“Pranto matricial”

“As bruxas de Vozqueimado

deixan as vasoiras fóra,

para tornar enmeigado

ao que camiña a deshora”.

“ As velas, flor de navío

as gaivotas, flor do ar

derrama pétalos brancos

no azul xardín do mar”

“Deixo moza no lugar

deixo a miña nai soíña. Quedan para min a fiar

amor e lan na cociña”

Valentín Paz Andrade (1898 – 1987)

CEIP CESPÓN

Page 2: Paz Andrade Cespón

Valentín Paz Andrade naceu en

Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de

1898. Estudou en Pontevedra o

Bacharelato e en Compostela estudou

para ser avogado. É nesta cidade

onde coñece a fai amizade con

intelectuais galegos como Castelao,

Vicente Risco, Villar Ponte...

Escribiu libros. Participou en revistas,

xornais…Dirixiu varios anos o xornal

“Galicia”. Colaborou na redacción do

primeiro Estatuto de Galicia no ano

1931.

Durante a Gerra Civil, como avogado,

axudou a moitos galeguistas e foi

detido varias veces debido ás súas

ideas políticas.

Fundou a primeira empresa de

Europa de pesca e conxelado de

peixe: Pescanova.

Faleceu en Vigo no ano 1987.

Escribiu libros sobre os problemas

da pesca en Galcia. Tamén escribiu

poesía. O seu primeiro libro de

poemas «Pranto Matricial» está

adicado ao seu amigo Castelao. Máis

tarde escribiu «Sementeira do vento»

(1968) e «Cen chaves de sombra»

(1979).

Membro da Real Academia Galega

das Letras e da Real Academia Galega

das Ciencias; galardoado co Pedrón

de Ouro; Medalla Castelao,… e moitos

máis premios pola súa labor a prol de

Galicia.

Este ano celébrase o centenario do nacemento do autor celanovés Celso

Emilio Ferreiro. Contribuímos a esta conmemoración recordando un dos

seus fermosísimos poemas:

Lingua proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gusta porque me peta e quero e dame a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, fala-la fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente que sufren

[longo . unha historia contada noutra lingua. Non falo prós soberbios, non falo prós ruíns e poderosos, non falo prós finchados, non falo prós estúpidos, non falo prós valeiros, que falo prós que aguantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; prós que súan e choran un pranto cotián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos.