5.- Os cambios sociais....polos obreiros industriais • Apoliticismo: rexeitamento da organización...
Transcript of 5.- Os cambios sociais....polos obreiros industriais • Apoliticismo: rexeitamento da organización...
5.- Os cambios sociais.
6.- Conflitividade social e movemento obreiro.
6.1.- Os inicios do movemento obreiro
Señores deputados das Cortes constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara á súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das
habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir de día en día o círculo das nosas
necesidades, mandar ao taller as nosas esposas (...), sacrificar (... ) os fillos a un traballo prematuro.
O mal é gravísimo, urxe o remedio, e esperámolo de vós. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo,
porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o
Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio
dun dereito: o dereito de asociarnos.
Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para
poder opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos de talleres, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios,
procurarnos artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional.
Exposición presentada por 33.000 obreiros ás Cortes. 7 de setembro de 1855
6.2.- As grandes ideoloxías obreiras.
Joaquín Abreu
Fernando Garrido
Ramón de la Sagra
ANARQUISMO
MARXISMO ANARQUISMO
Metas
comúns
• A eliminación da sociedade burguesa e o sistema capitalista mediante a revolución
• A emancipación da clase traballadora e a creación dunha nova sociedade sen clases e sen propiedade privada
Obxectivo
da
revolución
• Conquista do Estado burgués polo proletariado
• Desmantelamento sistemático do sistema capitalista e
socialización dos medios de produción
• Implantación da sociedade sen clases (comunismo)
• Destrución de calquera tipo de Estado e das
institucións que o sosteñen: Exército, Igrexa, Banca...
• Substitución do sistema capitalista por unha nova
sociedade: libre, igualitaria e xusta
Proceso • Establecemento dunha ditadura do proletariado,
baseada nun partido centralizado e disciplinado
• Abolición inmediata do Estado, substituído por unha
federación de comunas autónomas
Métodos
para o
triunfo da
revolución
• Formación de partidos obreiros que organicen e dirixan
aos traballadores. Estes partidos deben participar na
loita política
• Instrumento da revolución: a folga, protagonizada
polos obreiros industriais
• Apoliticismo: rexeitamento da organización en partidos
obreiros e da participación na loita política
• Insurrección xeral espontánea das masas (sobre todo
campesiños) / folga xeral revolucionaria / atentados
Organización
económica
e social
• De arriba abaixo: o Estado proletario desmontará a
estrutura do Estado burgués capitalista e implantará o
socialismo, paso previo á sociedade sen propiedade e
sen clases sociais: a sociedade comunista.
• De abaixo arriba: novo modelo de sociedade, baseada
nun contrato libre entre os membros da comunidade,
que forman unha comuna.
• A unión voluntaria de comunas levaría ao federalismo,
forma organizativa que substituiría ao Estado
Tipo de
propiedade
• Socializada: centralizada en mans do Estado proletario,
paso previo á propiedade comunal (comunismo)
• Colectiva: en mans das comunas ou de cooperativas
de obreiros
Organización
da AIT
• Centralizada e estruturada desde arriba: o Consello
Xeral fixa as normas de actuación para os membros
• Descentralizada. Oponse ao dominio do Consello Xeral
sobre as asociacións obreiras que compoñen a AIT
Concepción
da historia
• As clases, os grupos, son os protagonistas reais: o
colectivo por enriba do individuo
• Os individuos son os auténticos protagonistas: o
individuo por enriba do colectivo
Arraigo • Países máis industrializados (Alemaña, Inglaterra).
Predominio entre o proletariado industrial
• Países de industrialización máis tardía (España, Italia).
Predominio entre o proletariado agrícola
A Federación Rexional Española (FRE) da AIT
Giuseppe Fanelli
Paul Lafargue
F. Engels K. Marx M. Bakunin
Anselmo Lorenzo
Rafael Farga Pellicer
6.3.- O movemento obreiro durante a Restauración.
O anarcosindicalismo.
Congreso fundacional da Confederación Nacional do Traballo (CNT) en Barcelona (30 outubro - 1 novembro de 1910)
Líderes da CNT en 1919: Ángel Pestaña, Salvador Seguí, Simó Piera e Josep Molíns Joan Peiró
O terrorismo anarquista.
1878-1879 Atentados contra Alfonso XII
1893 Paulino Pallás atenta contra o xeneral Arsenio Martínez Campos (bomba)
1893 Santiago Salvador lanza unha bomba no Teatro Liceo de Barcelona
1896 Atentado con bomba na procesión do Corpus Christi en Barcelona
1897 Michele Angiolillo asasina a balazos a Antonio Cánovas del Castillo
1904 Joaquín Miguel Artal atenta contra Antonio Maura, Presidente do Consello de Ministros
1906 Mateo Morral atenta contra Alfonso XIII o día da súa voda con Victoria Eugenia de Battenberg
1912 Manuel Pardiñas asasina a José Canalejas, Presidente do Goberno
1921 Tres anarquistas cataláns asasinan a Eduardo Dato, Presidente do Goberno
1923 O grupo anarquista Los Solidarios mata o arcebispo Juan Soldevila en Zaragoza
Ilustración da época que representa o atentado contra a procesión do Corpus en Barcelona (7 de xuño de 1896)
Atentado contra Alfonso XIII na rúa Maior de Madrid o día da súa voda (31 de maio de 1906)
As organizacións socialistas.
Antonio García Quejido,
primeiro presidente da UGT
Pablo Iglesias Posse,
fundador do PSOE e da UGT
A agudización da conflitividade social
• “trienio bolxevique en Andalucía (1918-1921)
• virulenta vaga de folgas nas rexións industriais,
sobre todo en Barcelona (folga de La Canadiense, 1919)
• terrorismo anarquista: atentados contra autoridades, patróns e forzas da orde. Os principais activistas foron
“Os Solidarios".
• terrorismo empresarial: os patróns contrataron sicarios (“Sindicatos Libres”) para asasinar os líderes
obreiros, e recorreron ao "lockout".
• terrorismo gobernamental: o xeneral Martínez Anido (gobernador civil de Barcelona) protexeu os pistoleiros
da patronal, exerceu unha dura represión contra os sindicalistas e puxo en práctica a "lei de fugas".
crise económica posbélica (1ª GM)
+
estímulo da revolución soviética (1917)
incremento vertixinoso da afiliación sindical
(UXT - CNT)
+
estalido de numerosas folgas e
conflitos rurais e urbanos
incremento imparable da radicalización e
da violencia
reacción das organizacións obreiras
(sobre todo a CNT)
represión indiscriminada dos Gobernos
e dos empresarios (a patronal)
Os “anos do pistoleirismo”
(1919-1923):
Joan García Oliver Francisco Ascaso Buenaventura Durruti
O xeneral Severiano Martínez
Anido, Gobernador civil de
Barcelona, responsable da
represión do movemento obreiro
O xeneral Miguel Arlegui, xefe da
Dirección Xeral de Seguridade de
Barcelona, ás ordes de Martínez
Anido
Propaganda dos Sindicatos Libres, que
perseguen a masonería, o anarquismo,
o separatismo, o xudaísmo e o
comunismo
Noticia do asasinato do líder anarquista Salvador Seguí (10 de marzo de 1923) en Mundo Gráfico