A Memoria Dos Nosos AvóS

24
O tesouro dos nosos avós Ana Lomba Martínez 4ºD Sara Cabral Portela 4ºD

Transcript of A Memoria Dos Nosos AvóS

Page 1: A Memoria Dos Nosos AvóS

O tesouro dos nosos avós

Ana Lomba Martínez 4ºDSara Cabral Portela 4ºD

Page 2: A Memoria Dos Nosos AvóS

Primeiras testemuñas

Nome: Juan Bautista Portera LoureiroData de nacemento: 14 de Maio de 1928Idade: 79 anosLugar de nacemento: Camposancos

Nome: Josefa González RodríguezData de nacemento: 12 de Xuño de 1934Idade: 74 anosLugar de nacemento: A Guarda.

Page 3: A Memoria Dos Nosos AvóS

Segundas testemuñas

Nome: Manolo Domínguez Pacheco (alias Taxota)Data de nacemento: 14 de Agosto de 1910 Data de falecemento: 13 de Maio do 2007Idade: 97 anosLugar de nacemento: A Guardia

Nome: María Concepción Andrés García (Concha)Data de nacemento: 20 de Novembro de 1909Idade: 98 anosLugar de nacemento: A Guardia

Page 4: A Memoria Dos Nosos AvóS

A guerra

Page 5: A Memoria Dos Nosos AvóS

Manolo Domínguez e María Concepción

Concha defínenos a guerra desde o seu punto de vista desta forma: “As guerras son moi malas veñan de onde veñan, sexa pra un partido, sea por outra nación, unha a outra, ou que sea na misma nación, sempre son malas. Entonces claro, antes aquí, falo pola Guardia e España, pois era moita miseria a que había, moita de máis. Entonces se dous hermanos nunha casa pelean é como unha guerra porque xa lucha un con outro, e as guerras son iguales. España eran os irmáns cos irmáns, uns estaban na parte de alá, outros estaban da parte de aquí, polo tanto era unha guerra. É así foi como comenzou en España.”

Tamén nos comenta como a guerra é inxusta, enriquece a uns e mata a outros. Os máis poderosos eran crueis e de sangue frío, non dubidaron un segundo en sacar do cárcere á nai de Manolo, unha vez morrera seu pai, facendo que a pobre muller se atopara co ataúde e o corpo do seu marido morto nada máis abrir as portas da súa casa.

Page 6: A Memoria Dos Nosos AvóS

Daquela chamábannos roxos

Page 7: A Memoria Dos Nosos AvóS

Juan Bautista e Josefa González

Cando estoupou a guerra o pai de Juan estaba embarcado en Barcelona e tivo que quedar alí. Na Guarda a súa familia xa quedou marcada como “roxa” desde aquel momento.

A familia de Josefa tamén quedou marcada, debido a que o seu pai fora nun dos primeiros barcos de pesca que foran a Inglaterra. El quería crear un sindicato e foi cando lle deron a condición de “roxo”, nesa época había que ser falanxista para que non te cualificaran desa forma. Como a mesma Josefa di “era unha vida moi rara”

Page 8: A Memoria Dos Nosos AvóS

O pai de Josefa, “un roxo”

Page 9: A Memoria Dos Nosos AvóS

Manolo Domínguez e María Concepción

Concha cóntanos como, naquela época, por calquera cousa te levaban preso e como continuamente había que vixiar o que facías para non correr o risco de rematar no cárcere e como dous dos irmáns de Manolo foron fusilados nos Xesuítas.

Page 10: A Memoria Dos Nosos AvóS

Os irmáns fusilados

E aquí temos as fotografías dos irmáns de Manolo que foron fusilados con tres homes máis, cinco en total, e os cales xa estaban casados.

Page 11: A Memoria Dos Nosos AvóS

Separados pola miseria

Page 12: A Memoria Dos Nosos AvóS

Manolo Domínguez e María Concepción

Foi en Setembro cando levaron a Concha presa. Tería que estar nove meses encerrada pero déranlle a alternativa de saír do cárcere sempre que ela non falase coa familia de Manolo, pero non aceptou esa condición e cando volveu a A Guarda tivo que ter coidado de que non a collese a policía.

Page 13: A Memoria Dos Nosos AvóS

A dor

Para Manolo, os duros recordos da vida pasada, xunto co seu estado de saúde no momento da entrevista, fixo que non puidera quedar debido á dor que sentía.

Page 14: A Memoria Dos Nosos AvóS

A dor

É un sufrimento que esta dentro de nós,sufrimos pola miseria,sufrimos polo amor.

Sufrimos por esquecer todo aquilo que xa pasou.

Penetra nos nosos corazóns,botando raíces, pero non de flor,

senón raíces que nos aforcane a estas raíces chamámoslle

“DOR”

Page 15: A Memoria Dos Nosos AvóS

Por salvar a vida

Page 16: A Memoria Dos Nosos AvóS

Concha cóntanos unha historia sobre unha muller que coincidira con ela no cárcere e que estaba condenada a morte. Para evitalo tivo que mentir e finxiu un embarazo pensando que en poucos meses remataría este pesadelo. Pero equivocábase. A guerra durou máis do previsto e tiña que por unha barriga improvisada con trapos. Os médicos que lle facían a revisión calaban e non dicían o do falso embarazo para evitar a morte da muller. Finalmente chegaron os nove meses e a farsa non se podía alongar durante máis tempo e desta vez tocoulle finxir un aborto. Unha noite, tódalas mulleres que nese momento tiñan o período xuntaron os seus trapos e metéronos nun cubo, salvando por segunda vez a vida da muller condenada a morte.

Page 17: A Memoria Dos Nosos AvóS

Perseguidos

Concha cóntanos que foron perseguidos durante a guerra e que unicamente eran os roxos os buscados pola lei, nunca aos de dereitas.

Page 18: A Memoria Dos Nosos AvóS

A posguerra

Juan e Josefa dinnos que a posguerra foi unha etapa ou época moito peor cá guerra e cunha maior duración. Afírmannos que é peor porque o país enteiro, España, estaba arrasado debido á queima de oliveiras e outros desastres como consecuencia da guerra.

Tamén a miseria do pobo era moi elevada, debido a que era este o que tiña que pagar as débedas que tiña Franco con Europa.

Page 19: A Memoria Dos Nosos AvóS

A roupa

Page 20: A Memoria Dos Nosos AvóS

A roupa

Tanta era miseria do país durante a posguerra que as nosas testemuñas comentan que levaban a mesma roupa durante toda a semana e ó chegar o venres tiñan que lavala e secala para poder póla o sábado.

Tamén comentan que todo “era pecado” referíndose a forma de vestir: do xeonllo para arriba “era pecado”, de medio brazo para arriba tamén “era pecado” e sen falar de escotes, sempre había que levar todo abotoado ata o pescozo, pero ante todo a limpeza.

Page 21: A Memoria Dos Nosos AvóS

O estraperlo en Camposancos

Page 22: A Memoria Dos Nosos AvóS

O estraperlo

A que nos referimos co estraperlo? Josefa defíneo como “unha especie de “trapicheo” ou intercambio de materiais ou elementos que nese momento, na posguerra, escaseaban en España debido a que se atopaba nunha situación denigrante”

Nas Rías Baixas consistía no intercambio, tanto de España para Portugal como de Portugal para España, de bens, como por exemplo menciñas, café, chatarra, azucre, penicilina, telas, etc.

A falanxe reprimía a poboación. Juan cóntanos unha experiencia persoal vivida nos tempos do estraperlo: había un falanxista que vixiaba de cerca a Juan debido a que este coñecía a súa condición de estraperlista. Os falanxistas tampouco vivían ben, aínda que a súa situación eran mellor ca do pobo. Este falanxista o ameazaba con que o ía “pillar” con mercancía. Entón Juan decidiu falar “de home a home”. Decidiu facerlle unha proposta. Preguntoulle canto diñeiro ganaba o mes, e contestoulle 1600 ptas. E así decidiu duplicarlle o soldo coa condición de que se esquecese del para sempre. Estivo así 3 anos e medio.

Page 23: A Memoria Dos Nosos AvóS

Conclusións

Grazas a este traballo atopamos algo que descoñeciamos e que nos chegou moi dentro, un sufrimento que nós non vivimos pero que o pasaron os nosos maiores e que é de gran interese para nós.

Aprendemos o significado da guerra, da posguerra, do estraperlo…

Contáronnos historias e anécdotas vividas por eles mesmos que nos recordan unha frase que Juan nos comentou durante a entrevista e a cal agora sabemos que é certa, “nós vivimos mellor que os reis daquela época”

Un dos traballos máis enriquecedores das nosas vidas que nos ensinou moitas cousas do noso pasado non escrito nos libros, o pasado posiblemente máis cruel de todos.

Page 24: A Memoria Dos Nosos AvóS

Sara Cabral PortelaSara Cabral Portela Ana Lomba Martínez Ana Lomba Martínez