Admisión 2015 16

15
ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2015- 16 DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PARA CADA CICLO CICLOS DE GRAO MEDIO Acceso directo (Persoas coa ESO, título de técnico ou equivalentes) Acceso por PCPI (Persoas con módulos obrigatorios do PCPI aprobados) Acceso mediante proba (Persoas con certificado de proba de acceso a ciclos de grao medio ou PAU para maiores de 25 anos) Ata o 70% 2/3 do 30% restante 1/3 do 30% restante 10% para persoas discapacitadas 5% a maiores para deportistas de alto rendemento CICLOS DE GRAO SUPERIOR Acceso directo (Bacharelato, técnico superior ou equivalentes) Acceso mediante proba (Persoas con certificado de proba de acceso a ciclos de grao medio ou PAU para maiores de 25 anos) 80% 20% 10% para persoas discapacitadas 5% a maiores para deportistas de alto rendemento NOTA: Quen cumpra simultáneamente requisitos de acceso directo e de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De facelo, excluirase do proceso de admisión.

description

 

Transcript of Admisión 2015 16

Page 1: Admisión 2015 16

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN

PROFESIONAL 2015- 16

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PARA CADA CICLO

CICLOS DE GRAO MEDIO

Acceso directo (Persoas coa ESO, título de

técnico ou equivalentes)

Acceso por PCPI (Persoas con módulos obrigatorios do PCPI aprobados)

Acceso mediante proba (Persoas con certificado de proba de acceso a ciclos de grao medio ou PAU para maiores de 25 anos)

Ata o 70% 2/3 do 30% restante 1/3 do 30% restante

10% para persoas discapacitadas

5% a maiores para deportistas de alto rendemento

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Acceso directo (Bacharelato, técnico superior ou equivalentes)

Acceso mediante proba (Persoas con certificado de proba de acceso a ciclos de grao medio ou PAU para maiores de 25 anos)

80% 20%

10% para persoas discapacitadas

5% a maiores para deportistas de alto rendemento

NOTA: Quen cumpra simultáneamente requisitos de acceso directo e de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De facelo, excluirase do proceso de admisión.

Page 2: Admisión 2015 16

REQUISITOS DE ACCESO

GRAO MEDIO

RÉXIME ORDINARIO

Título de Graduado en ESO. Título de Técnico dun ciclo formativo de grao medio (CFGM LOXSE ou LOE) Título de Técnico auxiliar (FPI) 2º BUP (ata con dúas materias suspensas) 2º curso do 1º ciclo experimental das ensinanzas medias (REM) 3º curso de artes aplicadas e oficios artísticos do plan de estudos de 1963 Outros estudos declarados equivalentes. Acceso mediante proba: proba de acceso a ciclos de Grao Medio e PAU para maiores

de 25 anos.

RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS (MODALIDADE PRESENCIAL E A DISTANCIA)

Ter cumpridos 18 anos ou cumprilos no ano natural en que comeza o curso. Excepcionalmente, maiores de 16 anos con contrato de traballo que lle impida acudir aos

centros polo réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento. Cumprir os mesmos requisitos académicos que os establecidos para o réxime

ordinario Tamén poderán acceder persoas sen requisitos académicos sempre que teñan

experiencia laboral de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo. Unicamente se poderán matricular nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia.

GRAO SUPERIOR

RÉXIME ORDINARIO

Título de Bacharel LOE Título de bacharel LOXSE 2º de Bacharelato experimental do ano 1986 COU ou PREU Título de Técnico especialista (FP II), de Técnico Superior (CFGS LOXSE OU LOE) ou

equivalente a efectos académicos. Titulación universitaria ou equivalente a efectos académicos. Acceso mediante proba: proba de acceso a ciclos de Grao Superior e PAU para

maiores de 25 anos.

RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS (MODALIDADE PRESENCIAL E A DISTANCIA)

Ter cumpridos 18 anos ou cumprilos no ano natural en que comeza o curso. Excepcionalmente, maiores de 16 anos con contrato de traballo que lle impida acudir aos

centros polo réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento. Cumprir os mesmos requisitos académicos que os establecidos para o réxime

ordinario Tamén poderán acceder persoas sen requisitos académicos sempre que teñan

experiencia laboral de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo. Unicamente se poderán matricular nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia.

Page 3: Admisión 2015 16

BAREMO (NO CASO DE EXISTIR MAIOR NÚMERO DE SOLICITUDE CA DE PRAZAS)

RÉXIME ORDINARIO CICLOS DE GRAO MEDIO

No caso de haber máis solicitudes ca prazas terase en conta a nota media do expediente académico dos estudos requeridos para o acceso.

Cupo de acceso directo Nota media de 4º de ESO, nota media do ciclo medio,…

Cupo de acceso por PCPI Nota dos módulos obrigatorios do 1º cuatrimestre de 2º de PCPI.

Cupo de acceso por probas Nota da proba de acceso a ciclos. No caso de acceso mediante PAU para maiores de 25 anos a nota de admisión será de 5,00 puntos.

As persoas solicitantes a grao medio que presenten titulacións de acceso a grao

superior (un título universitario, título de técnico superior, un título de bacharel ou estudos equivalentes) ou proba de acceso a grao superior, participarán cunha puntuación de 5 ptos.

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

No caso de haber máis solicitudes ca prazas terá prioridade o alumnado que cursase:

Bacharelato con modalidade vinculada e materias preferentes. Bacharelato con modalidade vinculada e sen materias preferentes.

Bacharelato sen modalidade. Titulación de técnico superior. Titulación universitaria.

Dentro de cada unha destas preferencias ordénanse ás persoas solicitantes pola nota

media do expediente.

Ciclos ofertados no CIFP A Xunqueira Modalidade de bacharelato Materias de bacharelato

CS Educación Infantil Humanidades e Ciencias Sociais

CS Integración Social Humanidades e Ciencias Sociais

CS Automoción Ciencias e tecnoloxía CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

Ciencias e tecnoloxía

CS Mantemento electróniico Ciencias e tecnoloxía

ASPECTOS COMÚNS A GRAO MEDIO E SUPERIOR

No CUPO DE ACCESO POR PROBAS ordéanse os solicitantes por nota. No caso de acceso mediante PAU para maiores de 25 anos a nota de admisión será de 5,00 puntos.

En caso de EMPATE terá preferencia o sexo menos representado na área profesional. De persistir empate resolverase mediante sorteo público (letras H e E para o primeiro apelido e W e I para o 2º apelido)

TITULACIÓNS OBTIDAS NO ESTRANXEIRO: a nota de admisión será a media reflectida na credencial definitiva de homologación. Se non aparece reflectida nota media ou se alega volante de inscrición provisional, a nota de admisión será 5.

Page 4: Admisión 2015 16

BAREMO (NO CASO DE EXISTIR MAIOR NÚMERO DE SOLICITUDE CA DE PRAZAS)

RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS (OFERTA PARCIAL DE MÓDULOS):PRESENCIAL E A DISTANCIA

BAREMO QUE SE APLICA NA MODALIDADE PRESENCIAL

a/ Por cumprir requisitos académicos de acceso: 10 puntos b/ Pola experiencia laboral relacionada (traballo a tempo completo dun ano nun sector productivo directamente relacionado co ciclo ao que pertence o módulo: 3 puntos por cada ano ata un máximo de 15 puntos. c/ Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 ptos por cada módulo.

BAREMO QUE SE APLICA NA MODALIDADE A DISTANCIA

a/ Por cumprir requisitos académicos de acceso: 10 puntos b/ Pola experiencia laboral relacionada (traballo a tempo completo dun ano nun sector productivo directamente relacionado co ciclo ao que pertence o módulo: 3 puntos por cada ano ata un máximo de 15 puntos. A fracción de ano computarase como 0,25 por mes. c/ Pola experiencia laboral non relacionada (equivalente ao traballo a tempo completo dun ano nun sector productivo non relacionado co ciclo ao que peretence o módulo): 1,2 ptos por ano ata un máximo de 6 puntos; 0,1 por cada mes completo. d/ Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2,25 ptos por cada módulo.

Page 5: Admisión 2015 16

PROCESO DE ADMISIÓN

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

PRAZO ORDINARIO: do 17 de xuño ao 2 de xullo, ata as 13:00 h

PRAZO EXTRAORDINARIO: do 1 ao 11 de setembro ata as 13:00 h

- As solicitudes presentadas no prazo ordinario sempre terán preferencia sobre as presentadas no prazo extraordinario.

- Unicamente poderán presentar solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.

- Estar matriculado/a en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Presentarase unha única solicitude (por duplicado) por réxime, grao e modalidade.

VÍAS PARA FACER A SOLICITUDE

1- A distancia (pódese realizar para todos os réximes e graos, agás para 2º curso ordinario)

Cúbrese a solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/ciclosadmision A aplicación xera un impreso con instruccións para cada solicitante, indicando a documentación que debe presentar. Os impresos e a documentación deben ser entregados en prazo en calquera centro público de Galicia con oferta de FP. No caso de que a aplicación lle indique que a solicitude xa está validaa e non ten que entregala nun Centro deberá conservar o impreso como resgardo da solicitude de admisión. 2- Presencialmente: Presentar a solicitude e a documentación necesaria no centro

elixido como 1ª opción. Os impresos de solicitude poden descargarse do portal de FP (www.edu.xnta .es/fp) ou

collelos na Conserxería do Centro 3. Por correo certificado

A solicitude cuberta e asinada poderá remitirse por correo certificado co selo de correos coa data de entrega. Irá dirixida ao director/a do centro elexido en primeira opción. A documentación deberá estar compulsada. No mesmo día no que se entregue o correo certificado deberá enviar ao Centro por correo electrónico ou por fax unha copia da documentación.

Page 6: Admisión 2015 16

DOCUMENTACIÓN

RÉXIME ORDINARIO-GRAO MEDIO

DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade doutro Estado da Unión Europea. Certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título,

de ser o caso (acceso directo). Certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante

proba). Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos

(acceso mediante proba). Certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez (en caso de persoas con

discapacidade). Dictame técnico facultativo (en caso de persoas con discapacidade). Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos: 3º curso do plan de estudos de

1963 ou 2º curso de comúns experimentais Resolución personalizada da Conselleríade Cultura e Deporte pola cal quen solicita obtén

a consideración de deportista galego de alto nivel. Resolución personalizada do Consello Superior de Deportes pola cal quen solicita obtén a

consideración de deportista nacional de alto nivel. Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no extranxeiro

RÉXIME ORDINARIO GRAO SUPERIOR

DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade doutro Estado da Unión Europea. Certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título,

de ser o caso (acceso directo). Certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante

proba). Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos

(acceso mediante proba). Certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez (en caso de persoas con

discapacidade). Ditame técnico facultativo (en caso de persoas con discapacidade). Resolución personalizada da Consellería de Cultura e Deporte pola cal quen solicita obtén

a consideración de deportista galego de alto nivel. Resolución personalizada do Consello Superior de Deportes pola cal quen solicita obtén a

consideración de deportista nacional de alto nivel. Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no extranxeiro).

PRESENTAR FOTOCOPIA COMPULSADA

NOTA: Cando os estudos para o acceso a ciclos se realizaran en centros públicos de Galicia e en ensinanzas LOE, non é necesario achegar documentación relativa aos requisitos de acceso, agás que lla demanden. Tampouco cumprirá, cando sexa o caso, a presentación do certificado de superación da proba de acceso a ciclos formativos cando a proba se realizara en Galicia e despois do ano 2008.

Page 7: Admisión 2015 16

DOCUMENTACIÓN

RÉXIME MODULAR

MODALIDADE PRESENCIAL E A DISTANCIA

DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade doutro Estado da Unión Europea. Certificado do recoñecemento do grao de minusvalía (en caso de persoas con

discapacidade). Ditame técnico facultativo (en caso de persoas con discapacidade). Resolución personalizada da Consellería de Cultura e Deporte pola cal quen solicita obtén

a consideración de deportista galego de alto nivel. Resolución personalizada do Consello Superior de Deportes pola cal quen solicita obtén a

consideración de deportista nacional de alto nivel.

SE A PERSOA SOLICITANTE CUMPRE OS REQUISITOS XERAIS DE ACCESO Certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de

ser o caso (acceso directo). Certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante proba). Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos

(acceso mediante proba). Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no extranxeiro).

EXPERIENCIA PROFESIONAL Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Certificado da empresa onde se faga constar a actividade laboral e o número de horas

dedicadas a esta (traballadores/as por conta allea), no caso de ter experiencia laboral relacionada co ciclo.

Certificado de alta no imposto de actividades económicas e xustificante do seu pagamento, de ser o caso (traballadores/as por conta propia)

SE A PERSOA SOLICITANTE XA TEN MÓDULOS SUPERADOS Certificación acreditativa de módulos xa superados.

NOTA: Cando os estudos para o acceso a ciclos se realizaran en centros públicos de Galicia e en ensinanzas LOE, non é necesario achegar documentación relativa aos requisitos de acceso, agás que lla demanden. Tampouco cumprirá, cando sexa o caso, a presentación do certificado de superación da proba de acceso a ciclos formativos cando a proba se realizara en Galicia e despois do ano 2008.

Page 8: Admisión 2015 16

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

CALENDARIO

PERÍODO ORDINARIO

Presentación de solicitudes 17 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 h

Listaxe provisional de solicitudes 8 de xullo

Reclamación á listaxe provisional 8 ao 10 de xullo ás 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitantes 17 de xullo

1ª adxudicación 17 de xullo

Matriculación 1ª adxudicación (No réxime ordinario: matrícula ou renuncia)

17 ao 23 de xullo ás 13:00 h

2ª adxudicación 28 de xullo

Matriculación 2ª adxudicación 28 ao 30 de xullo, ás 13:00 h

PERIODO EXTRAORDINARIO

1ª adxudicación Realízase sobre as listaxes de espera de período ordinario

2 de setembro

Matriculación 1ª adxudicación 2 ao 4 de setembro ás 13:00 h

Presentación de solicitudes 1 ao 11 de setembro ás 13:00 h

Listaxe provisional de solicitudes 16 de setembro

Reclamación á listaxe provisional 16 ao 18 de setembro ás 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitudes 23 de setembro

2ª adxudicación 23 de setembro

Matriculación 2ª adxudicación 23 ao 25 de setembro ás 13:00 h

PERÍODO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA SIMULTÁNEA

Presentación de solicitudes Sempre que existan prazas disponibles

23 ao 25 de setembro

Matriculación Sempre que existan prazas disponibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa

5 ao 9 de outubro

OUTRAS ACCIÓNS

Adxudicación continuada 29 de setembro ao 2 de outubro

Oferta de prazas vacantes dos módulos de réxime ordinario para o réxime de persoas adultas

5 ao 9 de outubro

Page 9: Admisión 2015 16

ADMISIÓN E MATRÍCULA NO RÉXIME ORDINARIO

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Deberá presentar unha única solicitude , por duplicado, por grao

Na solicitude indicará os ciclos que solicita por orde de preferencia, indicando o centro en que desexe cursalos. Pode marcar 8 preferencias de ciclos como máximo.

Deberá marcar só unha forma de acceso e quen cumpra simultaneamente varios requisitos de aceso deberá sinalar o que teña maior porcentaxe de reserva de prazas.

No caso de ter máis dun requisito de acceso directo

Grao medio Poderá presentar o que considere

Grao superior Presentará a titulación máis alta que posúa, seguindo a seguinte orde: -Titulación universitaria -Técnico especialista, técnico superior ou equivalente -COU ou PREU -Bacharelato experimental (19869 -Bacharelato LOXSE -Bacharelato LOE

MATRÍCULA

A matrícula realízase para cada un dos cursos en en que se organizan estas ensinanzas

A matrícula en 2º curso pode formalizarse cando se teñan superados todos os módulos de 1º ou a suma do módulo/s pendentes non supera as 300 horas.

RENUNCIA Á MATRÍCULA

NO RÉXIME ORDINARIO a renuncia deberase realizar no modelo de impreso correspondente (Anexo VIII), e entregala no prazo de matrícula establecido para esa adxudicación en calquera centro público de Galicia con oferta de formación profesional ou no centro en que lle fora adxudicada a praza á que vai renunciar.Tamén se poderá realizar a través da internet na aplicación informática http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A renuncia á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas no réxime ordinario que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e so poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes.

Page 10: Admisión 2015 16

ADMISIÓN E MATRÍCULA NO RÉXIME MODULAR- PRESENCIAL E A DISTANCIA

ASPECTOS XERAIS

Cada curso é necesario realizar unha nova solicitude de admisión (non existe reserva de praza para o alumnado que estivera matriculado o curso anterior no Centro)

Deberá presentarse unha única solicitude por duplicado, por grao. Poden solicitarse ata 4 preferencias de ciclos, por orde de preferencia. En cada anexo de solicitude indicarase código de centro, código de ciclo e código de módulo. (Consulta de códigos https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ ) Pódense marcar ata 8 preferencias de módulos.

A matrícula realízase por módulos dun mesmo ciclo formativo, non por curso, e non pode superar a carga lectiva anual de 1000 horas

Non é necesario facer renuncia á matrícula nos módulos adxudicados

INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PARA A MATRÍCULA NO RÉXIME MODULAR PRESENCIAL

No enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/itinerarios-adultos están publicados os itinerarios formativos para cursar os ciclos de réxime modular, presencial e a distancia. Estes itinerios, publicados pola Consellería de Educación, teñen carácter informativo e de orientación en relación coa orde en que é preferible cursar os módulos nos ciclos de réxime modular (en 3, 4 e 5 anos)*

*IMPORTANTE: NO RÉXIME MODULAR PRESENCIAL a asistencia á clase é obrigatoria, polo que a matrícula realizarase en módulos cunha compatibilidade horaria do 90%. Para poder garantir esta compatibilidade horaria, é necesario consultar a distribución de módulos establecida polo Centro educativo para cada Ciclo Formativo.

ADMISIÓN PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Na admisión existe unha reserva de prazas (10% do total de postos ofertados) para as

persoas que teñan recoñecida unha discapacidade (superior ao 33%) Deberán aportar o certificado de minusvalía e o ditame técnico facultativo. O Departamento de Orientación do Centro elexido en primeira opción manterá unha

entrevista coa persoa solicitante co obxecto de elaborar un ditame de escolarización no que se recolle a proposta razoada de escolarización en función das necesidades do alumno/a. De ser ocaso; De ser o caso, engadiranse as propostas de flexibilización modular, apoio ou adaptacións metodolóxicas pertinentes.

Os Informes serán remitidos á Comisión autonómica de escolarización, que emitirá o

ditame de escoalrización definitivo.

Page 11: Admisión 2015 16

RÉXIME ORDINARIO - REPETIDORES

REPETIDORES DE 1º CURSO POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO

Presentar solicitude de admisión durante o período de admisión (Do 17 de xuño ao 2 de xullo ata as 13:00h), marcando a casilla “solicita repetir curso”. Non ten que adxuntar documentación. Teñen praza garantida Deberán formalizar a matrícula durante o período de matrícula.

REPETIDORES DE 2º CURSO POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO

Matrícula sen necesidade de presentar solicitude de admisión, durante o período de matrícula.

REPETIDORES POR SEGUNDA VEZ NO CENTRO

Non teñen dereito a repetición, deberán solicitar praza noutro centro.

REPETIDORES DOUTROS CENTROS

Os repetidores doutros centros non terán reservada praza neste Centro. Deberán facer unha solicitude de admisión e someterse a un novo proceso de admisión centralizado e perderán a praza no seu centro.

MATRÍCULA FCT

No CIFP a matrícula na FCT formalizarase na 2ª quincena do mes de xullo. Coa matrícula, cando proceda, solicitará a exención do módulo de F C T

Page 12: Admisión 2015 16

MATRICULA PARA VALIDAR NO RÉXIME MODULAR

As persoas que soliciten validación de módulos que resolva o Centro (por UC acreditadas, FOL, EIE por ter cursados estes módulos noutro ciclo, módulos validables entre dous ciclos,…) non precisan matricularse nestes módulos, pero sí deberán solicitar a convalidación nos primeiros 20 días dende o inicio de curso (co impreso de solicitude de matrícula xa poden facer constar os módulos que solicitan validar) Secretaría formalizará a matrícula neses módulos e fará efectiva a validación. Isto non é extensivo ás validacións que se deben enviar ao MECD, neste caso é necesaria a matrícula previa no módulo para poder solicitar a validación.

VALIDACIÓNS QUE RESOLVE O CENTRO (CASOS MÁIS FRECUENTES)

ALUMNADO MATRICULADO EN CICLOS FORMATIVOS LOE (Todos os ciclos ofertados no CIFP son LOE)

Posibles validacións Resolución

Por módulos superados de títulos LOXSE Validacións recollidas no anexo IV do decreto de curriculo de cada ciclo. www.edu.xunta.es/fp

Dirección do centro

Por módulos superados de títulos LOE Validacións recolidas no Anexo II da Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro

Dirección do centro

Por módulos superados co mesmo código Traslado de cualificación Dirección do centro

Por unidades de competencia acreditadas do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Validacións recollidas no anexo V do curriculo de cada ciclo www.edu.xunta.es/fp

Dirección do centro

FOL FOL superado nun ciclo LOE valida dito módulo en calquera outro ciclo LOE

Dirección do centro

FOL superado nun ciclo LOXSE valida FOL LOE, sempre que se acredite formación en prevención de riscos. Deberá aportarse certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico de acordo co establecido no RD 39/1997.

Dirección do centro

EIE EIE superado nun ciclo LOE valida EIE en calquera outro ciclo LOE.

Dirección do centro

EIE Por superación de AXCPE nun ciclo LOXSE Dirección do centro

EIE Superación do CM Xestión administrativa ou CS Administración e Finanzas

Dirección do centro

VALIDACIÓNS QUE NON RESOLVE O CENTRO E DEBEN ENVIARSE AO MECD. REQUIREN MATRÍCULA PREVIA NO MÓDULO

Por estudos universitarios superados Achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais.

Ministerio de Educación

Outras (Ex. dende FP I e FP II,..) Remitiranse ao Ministerio de Educación

Ministerio de Educación

Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro (BOE 20/11/2014) http://www.todofp.es/todofp/pruebas-convalidaciones/convalidaciones-equivalencias/convalidaciones/documentos-de-apoyo.htm

Page 13: Admisión 2015 16

VOLANTE DE INSCRICIÓN CONDICIONAL- TITULACIÓNS OBTIDAS NO ESTRANXEIRO

As persoas que desexen solicitar admisión en ciclos mediante TITULACIÓNS OBTIDAS

NO ESTRANXEIRO E NON TEÑAN HOMOLOGADOS OS SEUS ESTUDOS deberán solicitar na Delegación de Educación un volante de inscrición condicional (aportando certificación dos estudos cursados no país de procedencia). O volante debe ser selado pola Unidade de Rexistro e permitirá a inscrición nos mesmos términos que se a homologación fora concedida, aínda que con carácter condicional e polo prazo fixado nel.

A persoa solicitante deberá aportar no prazo establecido a homologación dos estudos,

de non ser así quedará sen efecto a inscrición condicional e os resultados dos exames realizados.

MATRÍCULA SIMULTÁNEA

O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO, poderá

solicitar a autorización de matrícula simultánea.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 23 de setembro, sempre

que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 25 de setembro.

No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de

formación en centros de traballo e/ou o módulo de proxecto, de ser o caso, poderá

solicitarse, a partir do 23 de setembro, en calquera momento do curso académico, co fin de

efectuar a matrícula no devandito módulo.

O Servizo Territorial de Inspección Educativa resolverá a autorización no prazo que

abrangue desde o 29 de setembro ata o 1 de outubro, á vista dos informes de inspección dos

centros implicados na solicitude, se existe unha compatibilidade horaria mínima do 90 %,

que se deberá remitir ao centro educativo a través da aplicación informática que xestiona a

admisión antes do remate do período de matrícula.

Logo de concedida a autorización da matrícula simultánea, o alumno ou a alumna

poderá formalizar a matrícula no centro educativo no prazo que abrangue desde o 5 de

outubro ata o 9 de outubro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de

espera.

Page 14: Admisión 2015 16

OFERTA EDUCATIVA CIFP A XUNQUEIRA 2015-16

RÉXIME ORDINARIO

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

CM INSTALACIÓN DE TELECOMUNICACIÓNS

CS MANTEMENTO ELECTRÓNICO

CS SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS

MADEIRA MOBLE E CORTIZA

CM CARPINTARÍA E MOBLE

CM INSTALACIÓN E AMOBLAMENTO

SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

CS EDUCACIÓN INFANTIL

CS INTEGRACIÓN SOCIAL

TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

CM CARROZARÍA

CM ELECTROMECÁNICA

RÉXIME PERSOAS ADULTAS- MODALIDADE PRESENCIAL

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

CS SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS

MADEIRA MOBLE E CORTIZA

CM INSTALACIÓN E AMOBLAMENTO

SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

CS AUTOMOCIÓN

RÉXIME PERSOAS ADULTAS- MODALIDADE A DISTANCIA

SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

CS EDUCACIÓN INFANTIL

HORARIO DA SECRETARÍA DO CIFP A XUNQUEIRA

De Luns a Venres, de 9.00 a 14:00 h.

Page 15: Admisión 2015 16

PÁXINAS WEB DE INTERÉS

www.edu.xunta.es/fp

www.edu.xunta.es/centros/cifpxunqueira

NORMATIVA DE REFERENCIA

Orde do 5 de xuño de 2007, pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior en réxime ordinario e para persoas adultas

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial

Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional dos sistema educativo de Galicia

Orde do 5 de novembro de 2012 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial

Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde do 11 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidads presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015-16.