Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo...

4
Énos grato comunicarvos que este ano puxemos en marcha as Xornadas de Portas Abertas para colectivos con discapacidade na sede da Asociación ANDREA, en San Salvador dos Penedos (Allariz), con grande éxito de participación. Máis de 200 persoas coñeceron de primeira man o noso xeito de traballar, e participaron nos Programas de Terapia Asistida con Burros, e aínda que pode soar estraño, o único que nós facemos é cambiar o Despacho Clínico Aséptico e a "Bata Branca" por entornos naturais mediados por animais, conseguindo así máis estimulación multifuncional en colectivos con pouca colaboración e moita e importante información que nunca conseguiríamos no noso des- pacho clínico. As Asociacións e colectivos que participaron son: LIMISI (Asociación de persoas con minusvalidez intelectual da bisbarra da Limia). Cen- tro de Día AIXIÑA para persoas con Minusvalidez Física (Dano Cerebral / Parálise Cere- bral). ACCU OURENSE,(Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da Provincia de Ourense). Asociación Ourensana de Trasplantados Renales. Asociación Ourensana de Hemofilia. DISCAFIS-COGAMI(Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense). ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuro- musculares). ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Minusvalidez Inte- lectual de Lugo). Centro de Día de Nogueira de Ramuin. Máis información no web: andreaasociacion.org ANDREA algo máis que un nome de muller... Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2 Nenos e nenas aprendendo… a través dos burros. 2 Futuras coidadoras de persoas con discapacidade. 2 Autismo e o poder curativo do silencio. 3 A asombrosa comunicación entre os nenos e entorno. 3 ANDREA nos medios de comunicación. 4 Ciclo de Formación en colaboración coa Universidade 4 CONTIDOS AS NOSAS NOVAS ANDREA ASOCIACIÓN Número 13 Setembro-Novembro Ano 2014 Publicación Trimestral

Transcript of Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo...

Page 1: Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo máis que un nome de muller... Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2 Nenos

Énos grato comunicarvos que este ano puxemos en marcha as Xornadas de Portas

Abertas para colectivos con discapacidade na sede da Asociación ANDREA, en San

Salvador dos Penedos (Allariz), con grande éxito de participación. Máis de 200 persoas

coñeceron de primeira man o noso xeito de traballar, e participaron nos Programas de

Terapia Asistida con Burros, e aínda que pode soar estraño, o único que nós facemos é

cambiar o Despacho Clínico Aséptico e a "Bata Branca" por entornos naturais mediados

por animais, conseguindo así máis estimulación multifuncional en colectivos con pouca

colaboración e moita e importante información que nunca conseguiríamos no noso des-

pacho clínico. As Asociacións e colectivos que participaron son:

LIMISI (Asociación de persoas con minusvalidez intelectual da bisbarra da Limia). Cen-

tro de Día AIXIÑA para persoas con Minusvalidez Física (Dano Cerebral / Parálise Cere-

bral). ACCU OURENSE,(Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da Provincia

de Ourense). Asociación Ourensana de Trasplantados Renales. Asociación Ourensana de

Hemofilia. DISCAFIS-COGAMI(Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados

Físicos de Ourense). ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuro-

musculares). ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Minusvalidez Inte-

lectual de Lugo). Centro de Día de Nogueira de Ramuin.

Máis información no web: andreaasociacion.org

ANDREA algo máis que un nome de muller...

Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2

Nenos e nenas aprendendo… a través dos burros. 2

Futuras coidadoras de persoas con discapacidade. 2

Autismo e o poder curativo do silencio. 3

A asombrosa comunicación entre os nenos e entorno. 3

ANDREA nos medios de comunicación. 4

Ciclo de Formación en colaboración coa Universidade 4

CONTIDOS

AS

NO

SA

S N

OV

AS

A

ND

RE

A A

SO

CI

AC

N

Número 13

Setembro-Novembro

Ano 2014

Publicación Trimestral

Page 2: Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo máis que un nome de muller... Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2 Nenos

Páxina 2

Un ano máis alumnas dos

Cursos de Atención Sociosani-

taria a Persoas Dependentes

no Domicilio, da Xunta de

Galicia, acudiron ás instala-

cións da Asociación ANDREA

para coñecer de cerca os Pro-

gramas de Terapia Asistida

con Burros para Persoas con

Discapacidad.

A S NOS A S N O VA S

Un ano máis usuarias e usua-

rios da Asociación Autismo

Vigo, visitan as instalacións

da Asociación ANDREA en

San Salvador dúas Penedos

(Allariz-Ourense), para disfru-

tar do noso Programa Especial

de Lecer Terapéutico para

persoas con necesidades espe-

ciais.

Como é habitual, os burros e as persoas afectadas por Trastornos do Espectro Autista enseguida estable-

cen unha comunicación moi especial, máis aló das palabras, unha interacción moi rica en matices, que

serve aos profesionais como fonte de información relevante para o propio proceso terapéutico.

Futuras coidadoras de persoas con discapacidade coñecen os beneficios da Terapia Asistida con Animais

Autismo e a Comunicación non verbal cos animais

Nenos e nenas aprendendo…a través dos burros

Nenos e nenas do Colexio O Ruxidoiro gozaron da compañía da nosa manda de burros. Primeiro tive-

mos unha breve charla sobre o burro, os seus usos tradicionais e novos, os seus costumes, comportamento

e forma de ver o mundo, as razas españolas... A través de recursos pedagóxicos adecuados á idade dos par-

ticipantes, os profesionais da Asociación puideron apoiar os contidos curriculares escolares e os nenos/as

puideron aprender novos aspectos sobre estes animais, cada vez máis difíciles de atopar no rural galego.

Grazas á mediación dos profesionais de

A.N.D.R.E.A. o grupo puido gozar dunha actividade

de mediación cos animais, moi gratificante e divertida.

E tamén grazas ao carácter dócil e sociable dos burros,

os e as nenas disfrutaron moito coa súa compañía.

Page 3: Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo máis que un nome de muller... Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2 Nenos

N ú m e ro 1 3

Nenos e nenas do CEIP das Neves, en Pontevedra, visitaron as instalacións da Asociación A.N.D.R.E.A.

Cando aos máis pequenos ensínaselles a comunicarse coa contorna, e ofréceslles contornas coidadas e se-

guras, eles sorprenderanche?

Tras unha amena introdución sobre o importante papel do burro no rural, os seus usos tradicionais, así

como da situación actual das diferentes razas españolas, e a creación de estratexias para a súa preserva-

ción, puideron gozar da compañía da nosa manada de burros coas súas crías, mediadores terapéuticos cos

colectivos máis desfavorecidos.

Un novo grupo de usuarios e usuarias da Aso-

ciación Autismo Vigo, acompañados das súas

monitoras, participaron no noso Programa de

Lecer Terapéutico para persoas en desvantaxe.

Grazas á nosa metodoloxía de traballo, deseña-

da polo equipo profesional da Asociación AN-

DREA tras anos de experiencia no traballo con

persoas en desventaja, conseguimos que os

usuarios poidan interaccionar cos asnos nun

ambiente relaxado e seguro.

Páxina 3

A asombrosa comunicación entre os nenos e o entorno.

Autismo e o poder curativo do silencio.

Page 4: Ano 2014 Número 13 ANDREA algo máis que un nome de muller … · 2014. 9. 4. · ANDREA algo máis que un nome de muller... Autismo e a comunicación non verbal cos animais. 2 Nenos

Acorde co auxe dentro do mundo científico das Terapias Asistidas con animais e dada a necesidade de impartir unha formación especializada, desde o Centro Pioneiro en España de Asinomediación e Terapia Asistida con Burros para persoas en desvantaxe física, psíquica e/ou social, a Asociación ANDREA ofrece un dos máis completos ciclos formativos sobre esta nova e beneficio-sa especialidade.

Os nosos cursos e seminarios de Terapia Asistida con Animais están deseñados para poder ofrecer ós partici-pantes a mellor calidade en formación, proporcionando os coñecementos necesarios para poder utilizar animais dentro de diferentes procesos educativos e terapéuticos como unha innovadora ferramenta, e poder implantar programas terapéuticos con Animais con diferentes co-lectivos.

Diferentes medios de comunicación se facían eco os últimos días das

distintas áreas de traballo da Asociación ANDREA.

Así os Informativos de Cuatro facían unha reportaxe sobre o

Xabón D´Allariz, a cadea COPE centrábase máis no área de benes-

tar social cos Programas de Terapia Asistida con Asnos para

persoas con discapacidade, e a TVG emitía no seu novo Programa

“Boas Tardes” a parte máis de Recuperación do Burro e do Me-

dio Rural.

Podedes ter acceso os documentos gráficos no Web:

andreaasociación.org

San Salvador 22 32660 Allariz

Ourense

Ciclo de Formación Especializada en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Vigo

Teléfono: 988442534 Móvil: 696971670

[email protected]

ESTAMOS NO WEB:

www.andreaasociacion.org

ANDREA nos medios

Mellorando a calidade de vida dos colectivos desfavorecidos.

A maior parte dos nosos cursos teñen un formato persoa-lizado en grupos reducidos para garantir unha boa calida-de de ensinanza. Posto que a finalidade da nosa forma-ción é profesional, incluímos nos cursos a realización de prácticas tanto de simulación como reais, participando co noso equipo terapéutico en programas de intervención, para que así os participantes podan rematar o seu ciclo formativo cunha experiencia profesional previa. Adapta-mos tamén os cursos ás necesidades de entidades concre-tas que nos soliciten formación para o seu persoal, volun-tariado…

Este ciclo formativo está recoñecido como créditos de libre elección si eres estudante

Universitario.

Si queres publicitarte neste boletín gratuíto, e colaborar deste xeito a mellorar e aumentar o número de

exemplares, contacta con nós (arriba a esquerda). Por pequena que sexa a túa aportación será de gran utilidade.