Antía e neves

8
María N. Soutelo Vázquez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados (Realizads polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos)- Curso académico 2009-10)

Transcript of Antía e neves

Page 1: Antía e neves

María N. Soutelo Vázquez

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

(Realizads polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO

(16 anos)- Curso académico 2009-10)

Page 2: Antía e neves

Este vindeiro día 1 de Abril cumprirei 15 anos de escrita. Xa había un substrato anterior, claro, non foi por arte de maxia. Pero ese día resultou como se un interruptor se acendera en min. E así, ata hoxe. E celébroo con máis ledicia que o meu nacemento.

María N. Soutelo

1. Cando comezaches a escribir poesía?

2. Estás traballando nalgún proxecto literario actualmente?

Por suposto! Un nunca deixa de escribir, malia que non sempre quede satisfeito co traballo que fai. Iso é o que me pasa a mín, son o meu propio tirano, a miña máis dolorosa crítica: se, unha vez rematado o que escribo non me convence o suficiente, desbótoo ou déixoo madurar. Ás veces, os textos precisan ser vistos dende unha nova perspectiva vital. Necesitan medrar, respirar…

3. Como te sentiches ao gañar o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e saber que a túa obra ía ser publicada?

Antía e Mº Nieves no IES García Barros

Aínda non asumo o premio, nin a publicación. Pero significa un fito importante na miña vida. O premio, un premio (xaquer que sexa), é a consecución dunha cóta de recoñecemento ao esforzo e á dedicación en calquera área. A mín deume pulos nun momento chave da miña vida.

4. Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación entre os lectores?

Non foi unha persoa soa, senon o consello conxugado de moitos dos meus amigos e familiares. Quizais fose unha necesidade interna que todos e todas me animaron a transformar nunha realidade tanxible.

Page 3: Antía e neves

É unha pregunta con trampa? :) Éme difícil escoller a un autor ou a unha autora en concreto, pero postos a ter que dicir un nome (un clásico e un contemporáneo), deles quédome con Cunqueiro e con Rafa Villar.Delas, con Rosalía e con Lupe Gómez.

María N. Soutelo

5. A que autor galego admiras máis? E autora?

6. Hai algún lugar especial no que te sintas máis inspirada para escribir?

Hai sitios para todo, ou para casetodo. Non para inspirarse,a cociña dos versos vai na túa cabeza. Tomas ideas de calquera actividade cotiá, a Vida en sí é a mellor inspiración. Pero de ter que escoller un lugar, quédome co mar en outono. Retroaliméntome del, e do sol. Malia ter nacido terra adentro.

María Neves Soutelo

7. Que sentes cando estás escribindo?

Escribir non é para min unha actividade emocional, senon racional. Concéntrome na escrita, no sonido das teclas, e todo ó redor perde importancia por un intre. Calquera cousa, calquera interrupción ou ruído me molesta.

8. Aparte de escribir, que outras afeccións che gusta realizar no teu tempo libre?

Durmir. Ir a algún concerto. Comer xelado. Ler ensaios de temática antropolóxica ou histórica. Cantar. Estar cas e cos amigos. Facer o que me pete, vaia.

9. Estudaches Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Atráete máis este ámbito ou os temas literarios?

Gusto moito da Arqueoloxía e procuro seguir en contacto con ese campo de estudo e traballo, aínda que non sexa a miña especialidade. Estou bastante descolgada do mundo da literatura, a verdade. Aínda non sei se me atrae o suficiente, pero participo en recitais e actividades literarias sempre que teño oportunidade.

Page 4: Antía e neves

Non creo que debamos facer unha distinción de roles, nin unha discriminación positiva do papel da muller na literatura no tocante ao

cuantitativo, malia que vaiamos sendo máis recoñecidas polo esforzo e o talento das autoras.

En canto a temáticas, é certo que a muller pode facer incidencia en campos, sentimentos ou actitudes de diferente calado que o home,

pero coido que avanzamos cara a un momento de converxencia das escritas feminina e masculina, cara a unha nova visión conxunta da

realidade que vivimos e que nos rodea.

É un bo momento. Corren tempos prósperos para a literatura galega.

María N. Soutelo

10. Que opinas sobre o papel da muller na actualidade no ámbito literario?

Antía e Mº Nieves no IES García Barros

Page 5: Antía e neves

Fátima Antía Otero

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

(Realizads polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO

(16 anos)- Curso académico 2009-10)

Page 6: Antía e neves

María N. Soutelo

1. Sénteste actriz ou poeta?

Traballar na tele está ben porque, aínda que é un traballo moi concentrado no tempo e en enerxía, aprendes moita técnica, coñeces a compañeiros marabillosos e aínda por riba tes unha remuneración económica dabondo que despois che permíte abordar outros proxectos que che interesan a nivel artístico.... Pero o teatro é dende logo para min unha paixón. Nel sintes o proceso e este respira contigo. Cada día vaste coñecendo a ti, vas investigando na persoaxe e sintes que o que fas ten “un aquí e un agora”. Ademais sempre hai constantes cambios e veste obrigada a non despistarte nin un só segundo. Algo que se agradece cando estás metida nun longo proceso.Na tele vai todo máis rodado e máis rápido. O actor ten otro tipo de implicación, porque son outros moitos os factores dos que se depende para que o produto chegue a bo porto: o económico ( cada día que se perde de gravar son cartos que non se recuperan ), a dirección, a realización, o son, a posproducción... No teatro a equipa é familia e iso nótase.

2. Prefires traballar na televisión ou no teatro? Cal dos dous requere unha maior dedicación?

Antía e Mº Nieves no IES García Barros

( Risos)... Esta pregunta sempre se lle soe facer a aquelas persoas que se adican a dúas facetas artísticas á vez... Por iso eu sempre respondo que ser poeta é algo que ven comigo, mentras que ser actriz é algo no que me tiven que formar e que hoxe en día é a miña profesión e vocación. Síntome a partes iguais. De seguro que ningún Ministro que escriba se lle preguntaría se se sinte máis ministro ou poeta..., non credes?... Ningunha cousa está berrada coa outra.

3. Que te impulsou a escribir?

Querer ter na miña posesión a estilográfica Monblanc inspirada en Greta Garbo!!!!

(risos )... Non, é broma... ou Non é broma... ( risos)O único que sei é que escribindo atopei unha maneira de comunicarme na que me sentía cómoda... Era coma un xogo. Xogar a intentar transmitir no papel o que se me pasaba pola cabeza e polas sensacións...quelo que pensaba. Un aprende a falar porque quere chegar aos demáis, non?, pois supoño que o mesmo ocorre coa escrita. Síntome cómoda e así sigo.

Page 7: Antía e neves

María N. Soutelo

4. Porque escolliches “O son da xordeira” como título para o teu libro?

Dende a AELG decidimos crear unha vicepresidencia que estivese ao corrente dos novos creadores e creadoras e de conseguir que vexan á asociación coma unha plataforma. Traballamos nunha editora virtual e realizamos multitude de encontros, recitais, publicacións...

5. Como membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en que proxectos estás a traballar?

Antía e Mº Nieves no IES García Barros

Penso que os cinco sentido ( din que seis ) que ten o ser humán son fundamentais para percibir o que nos rodea. Pero hai algo que vai máis aló do puramente tanxible e que tende ao conceptual. Penso que vivimos nun mundo no que falamos moito pero escoitamos pouco. Co meu primeiro poemario “ O son da xordeira“, o que quixen foi escoitar a aquelas voces que eran silenciadas. Ás costureiras e ás traballadoras do téxtil que realizan os patróns da roupa que nunca levarán posta. Esa incongruencia foi sen dúbida algunha o punto de partida para facerme eco dun son que é xordo porque ninguén o escoita.

Como comentaba antes, non creo que unha cousa este berrada coa outra. Para min todo ten unha implicación. Non escribiría como escribo se non me tivese formado en todo o que me formei... Historia da Arte é unha carreira que debe ser feita con gusto e como unha aprendizaxe a longo prazo. Constantemente esas aprendendo. O mundo da arte non para de se reproducir, e o historiador debe estar constantemente ao tanto das cousas que se están a creando, onde están os focos de debate.... Para min todo pode ser hibridado porque todo tende a enriquecerse se se fai con senso, gusto e contido. A poesía é arte, ao igual que a música, o teatro ou a banda deseñada. Dalgunha maneira nunca deixei de estar en contacto co mundo da arte porque traballo e vivo dela.

6. Estás licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, cres que debido ao teu labor como actriz deixaches apartada estoutra faceta?

Page 8: Antía e neves

María N. Soutelo

7. Botas de menos vivir na Estrada?

Admiro a Samuel Beckett e ao seu “ Agardando a Godot”. Saber esperar é algo fundamental, pero se nos pasamos a vida agardando a que algo ocorra ( un soño, unha meta que queremos alcanzar ) o máis seguro é que nos estemos perdendo o que de verdade está acontecendo por diante dos nosos ollos, e que verdadeiramente constrúe o noso camiño vital. Esa foi a grande ensinanza que me ofreceu o texto teatral de Beckett, unha obra na que o silencio está cheo de palabras e que dende aquí recomendo a todo o mundo.

8. O teu blog chámase “Agardando a Godot”, por que decidiches ese nome?

Antía Otero

A verdade é que familiarmente sigo moi ligada á Estrada, así que non a boto moito de menos. O que si teño en falta son sensacións que me quedaron gravadas dende cativa e que moi poucas veces recupero... Boto de menos a aldea. Crieime nela tanto no Foxo ( que foi onde estudei ata os dez anos ) como as Quintas de Codeseda ( que é de onde son ). O cheiro dos castiñeiros do colexo do Foxo, a auga do Pazo de Oca e o seo dos tilos, os amenceres e a xiada nas Quintas de Codeseda ou as tardes de verán e herba seca nas leiras de Terreboredo son as cousas que me fan sentir das aldeas da Estrada.

Hai moi boas autoras galegas. Dende Avelina Valladares á actulidade son moitas as voces que debería nombrar e ás que lle debemos moito. De todos xeitos, teño as miñas preferencias... Admiro ás mulleres que na década dos oitenta comezaron a abrir camiño nun mundo no que se cría que fundamentalmente había poetas e unhas cantas poetisas ( Ana Romaní, Pilar Pallarés foron e son unhas das voces máis interesantes)... Pero tamén é verdade que admiro a moitos homes e colegas que na actualidade escriben dende unha condición transxenérica ( como Eduardo Estévez polo seu minimalismo, Carlos Negro pola súa mirada que sempre complexa semella sinxela, ou a Estevo Creus polo arriscado e non (auto)censurado da súa escrita ).

9. Entre todas as autoras galegas, a quen admiras máis?

10. Cres que é máis difícil para unha muller introducirse no mundo literario aínda na actualidade?

Non creo que na Galiza así sexa, ou polo menos dende a miña posición, non sinto que iso ocorra. Nos xuris soe haber mulleres poetas e nas listas de libros que saen á rúa hai nomes femininos. Máis non todo é tan doado. Sen ben a muller si participa da literatura, na proxección literaria aínda lle queda camiño por percorrer. Ser muller, nova, independente, non fea e poeta... aínda xera prexuízos por parte dalgúns sectores.