*As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

3
As actitudes lingüísticas en Galicia Avance de resultados OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010 www.consellodacultura.org/observatorio

description

Non é un libro do CCG http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/actitudes_linguisticas.pdf

Transcript of *As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

Page 1: *As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

As actitudes lingüísticas en Galicia Avance de resultados

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

SETEMBRO DE 2010

www.consellodacultura.org/observatorio

Page 2: *As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

SETEMBRO DE 2010

O Observatorio da Cultura Galega anticipa hoxe co gallo da XII edición dos ‘Encontros para

a Normalización Lingüística’ un avance dos resultados do estudo que se está a levar a cabo

no Consello da Cultura Galega sobre as actitudes lingüísticas en Galicia no ano 2010. O

informe que será publicado nos vindeiros meses recolle aspectos moi variados sobre a

actitude dos galegos cara a lingua e percorre apartados como a normativa, ensino,

administración e vida política, toponimia ou bilingüísmo, entre outros. A enquisa

realizouse em decembro de 2009. A mostra dirixiuse á totalidade da poboación adulta

residente en Galicia con 18 anos de idade cumpridos.

A seguir amosamos algúns resultados:

� O 70,8% de persoas están, en xeral, de acordo con que os pais deberían falarlle máis

galego aos seus fillos

� Case un 90% dos enquisados consideran que cando lles falan en galego o correcto é

responder na mesma lingua .

� Máis do 80% dos enquisados está en desacordo con que o galego non é necesario

porque nos entendemos perfectamente en castelán.

� Un terzo da poboación está en desacordo con que a lingua usada nas familias deba

ser o factor determinante para decidir a lingua principal do ensino dos seus fillos,

mentres un a metade está máis ou menos de acordo. O resto móstrase indiferente.

� 8 de cada 10 galegos está de acordo, bastante de acordo ou totalmente de acordo

con non separar en aulas ou centros distintos aos alumnos por cuestión de lingua.

� Practicamente a totalidade da poboación recollida na mostra, é favorable a que o

sistema educativo garanta que os estudantes sexan capaces de usar correctamente o

galego

Page 3: *As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

SETEMBRO DE 2010

� Un 86,1% está de acordo en que os funcionarios das Administracións que prestan

servizos en Galicia teñen que saber expresarse correctamente en galego.

� No que respecta ao deber dos políticos galegos de empregar o galego na súas

intervencións públicas, máis dun 75% da poboación galega está de acordo con esta

afirmación.

� En liñas xerais, obsérvase unha actitude bastante positiva de cara ao bilingüismo,

xa que case o 90% da poboación galega opina que é posible unha situación de

igualdade nas competencias lingüísticas.

� A un 67% da poboación gustaríalle que o galego estivese máis presente na vida

pública en Galicia.

� A Xunta de Galicia, a familia e o sistema educativo, son para os galegos os tres

piares nos que se fundamenta a protección do idioma.

� Analízanse tamén as actitudes xerais da cidadanía con respecto á maior presenza do

galego en diferentes ámbitos, que son moi favorables nos seguintes: nos medios de

comunicación (61,8%), en asociación privadas, clubs deportivos, colexios

profesionais (54,7%), no ámbito xudicial, das notarías, rexistros da propiedade, no

da avogacía (55%), no ámbito sanitario (56%), por parte dos corpos e forzas de

seguridade (56%), nas celebracións relixiosas (50%), nos produtos de entretemento

para os rapaces e a xente nova (58%), na banca (54%), no comercio: etiquetado,

publicidade (56,1%).