Baloncesto

14
O BALONCESTO Por Iago Baleirón Rubén Blanco Diego Coladas Gonzalo Veiga

Transcript of Baloncesto

O BALONCESTO

Por Iago BaleirónRubén BlancoDiego ColadasGonzalo Veiga

ORIXE E EVOLUCIÓN

O baloncesto foi inventado por James Naismith, un profesor de educación física canadense, en decembro de 1891 na YMCA de Springfield, Massachusetts, Estados Unidos.

Un dos seus superiores, o doutor Luther Gulick, decano do departamento de Educación Física, suxeriulle na primavera do ano 1891, que estudara a posibilidade de crear un deporte, con características como as seguintes:

• Afinidade polo balón.• Fácil de aprender.• Que puidera ser xogado en calquera terreño.• Ataque permanente da meta.• Que houbera un balance entre o ataque e a defensa.• Non fora un deporte agresivo. O primeiro xogo de baloncesto oficial foi xogado no ximnasio de YMCA o 20

de xaneiro de 1892. En 1894 estableceuse o tiro libre; en 1897 regramentanse cinco xogadores por equipo e en 1904 definiuse o tamaño da cancha.

O baloncesto feminino comezou en 1892 na universidade de Smith cando Senda Berenson, profesora de educación física, realizou algúns cambios ás regras de James para axustalos ás mulleres. O primeiro partido oficial foi xogado en Estados Unidos en 1893.

PRIMEIRAS REGRAS• O balón pode ser lanzado en calquera dirección cunha ou ambas

mans. • O balón pode ser golpeado en calquera dirección cunha ou

ambas mans, pero nunca co puño. • Un xogador non pode correr co balón. O xogador debe lanzalo

desde o lugar onde o toma. • O balón debe ser agarrado coas ou entre as mans. Os brazos ou

o corpo non poden usarse para agarralo. • Non se permite cargar co ombro, agarrar, empuxar, golpear ou

cambadelar a un opoñente. A primeira infracción a esta norma por calquera persoa contará como unha falta, a segunda o expulsará ata que se consiga unha canastra, ou, se hai unha evidente intención de causar unha lesión, durante o resto do partido. Non se permitirá o relevo do infractor.

• Considérase falta golpear o balón co puño, as violacións das regras 3 e 4, e o descrito na regra 5.

• Se un equipo fai tres faltas consecutivas (sen que o opoñente fixera ningunha nese intervalo), contarase un punto para os seus contrarios.

• Os puntos conseguiranse cando o balón é lanzado ou golpeado desde a pista, cae dentro da canastra e queda alí. Se o balón queda no borde e un contrario move a cesta, contará como un punto.

• Cando o balón sae fora de banda, será lanzado dentro do campo e xogado pola primeira persoa en tocalo. No caso de dubida, o árbitro lanzará o balón en liña recta cara o campo. O que saca dispón de cinco segundos. Se tarda máis, o balón pasa ao opoñente.

• O árbitro auxiliar, "umpire", sancionará aos xogadores e anotará as faltas, avisará ademais ao "referee" (árbitro principal) cando un equipo cometa tres faltas consecutivas. Terá poder para expulsar aos xogadores conforme á regra 5.

• O árbitro principal, "referee", xogará o balón e decide cando está en xogo, dentro do campo ou fora, a quén pertence, e levará tempo. Decidirá cando se consigue un punto, levará o marcador calquera outra tarefa propia dun árbitro.

• O tempo será de dúas metades de 15 minutos cun descanso de 5 minutos entre ambas.

• O equipo que consiga máis puntos será o vencedor.

REGRAS ACTUAIS• Existen dous equipos, cada un con 5 participantes (en xogo), máis 7

suplentes. • O xogo comeza co lanzamento da pelota ao aire, polo árbitro, entre

dous xogadores adversarios no círculo central, esta só pode tocarse cando atinxir o punto máis alto. O equipo que non gañou a posesión de pelota fica coa seta a o seu favor.

• Catro períodos de 10 minutos de tempo útil cada, cun intervalo de medio tempo entre o segundo e o terceiro período coa duración os 15 minutos, e con intervalos de dous minutos entre o primeiro e o segundo período e entre o terceiro e o cuarto período. O cronómetro só avanza cando a pelota se atopa en xogo, isto é, sempre que o árbitro interrompe o xogo, o tempo párase de inmediato.

• Despois da marcación dunha falta, o xogo recomeza por un lanzamento fóra das liñas laterais, excepto no caso de tiros libres. Despois da marcación de punto, o xogo prosegue cun pase realizado atrás da liña do campo do equipo que defende.

• A pelota sempre se xoga coas mans. Non se permite andar coa pelota nas mans ou provocar o contacto da pelota cos pés ou pernas.

• Un cesto válese cando a pelota entra no cesto, por cima, e pasa a través del. Un cesto de campo vale 2 puntos, a non ser que teña sido conseguido para alén da liña dos 3 puntos (valendo, polo tanto, 3 puntos); un cesto de tiro libre vale 1 punto.

• Os xogos non poden terminar empatados. O desempate procesase a través de períodos suplementares de 5 minutos.

• O xogo é gaño polo equipo que marca maior número de puntos no tempo regulamentar.

• Na execución, os varios xogadores ocupan os respectivos espazos ao longo da liña de marcación, non poden deixar os seus lugares ata que a pelota saia das mans do executante do tiro libre ; non poden tocar a pelota na súa traxectoria para o cesto, ata que esta toque no aro.

• Se a falta for cometida sobre un xogador que non está en acto de lanzamento, a falta será cobrada por forma dunha reposición de pelota lateral. Se a falta for cometida sobre un xogador no acto de lanzamento, o cesto conta e debe, aínda, ser concedido un tiro libre. No caso do lanzamento non tivese resultado cesto, o lanzador irá executar o(s) tiro(s) libres correspondentes ás penalizacións (2 ou 3 tiros libres, conforme se trate dunha tentativa de lanzamento de 2 ou 3 puntos).

• Cada xogador dispón de 5 segundos para repor a pelota en xogo. • Un xogador non pode permanecer máis de 3 segundos dentro da

área restritiva do adversario, en canto o seu equipo estea de posesión de pelota.

• Cando un equipo gaña a posesión da pelota na súa zona de defensa, debe, dentro de 8 segundos, facer pasar a pelota para a zona de ataque.

O EQUIPO Cada equipo componse de:• 5 participantes (en xogo).• 7 suplentes.As posicións básicas dos xogadores son:• Base: xoga na zona central e dirixe o xogo. Ha de ser

un bo lanzador e dominar o bote e o pase.• Escolta: é o axudante do base. Ha de dominar o bote e

o lanzamento.• Ala: hai dous e han de ter unha gran técnica individual e

un bo lanzamento exterior. Han de xogar moito, tanto co base como co pívot.

• Pívot: é o xogador máis alto do equipo. Ha de recoller os rebotes, hase de mover con soltura na zona de tres segundos e ha de dominar o lanzamento de cerca.

O BALÓN

MEDIDAS DO CAMPO

ALINEACIÓNS(ATAQUE)

ALINEACIÓNS(DEFENSA)

EXTRASQue pasa se o taboleiro é de

mala calidade?

Seguinte extra

Se temos puntería...

Créditos

CRÉDITOS ORIXE E EVOLUCIÓN por• Gonzalo e Diego PRIMEIRAS REGRAS e REGRAS ACTUAIS por• Iago e Diego ALINEACIÓNS e MEDIDAS DO CAMPO por• RubénO EQUIPO e O BALÓN por• Iago, Gonzalo e RubénEXTRAS de YouTubeAgradecementos: