Boledix Outubro

10
EDITORIAL DO SECRETARIO XERAL FEDERAL DA FETE UGT Nº 01 Outubro 2010 BOLETÍN FETE UGT A folga do 29 S supuxo un apoio dos traballadores e traballadoras deste país para que os Sindicatos sexamos os interlocutores ante o Goberno e a Patronal, pero ademais, ese mesmo día pola tarde, os cidadáns botáronse á rúa, manifestándose nunha multitudinaria marcha democrática lembrando que hai (que ten que haber) outra forma de saír da crise e non só as solucións que xorden das institucións que, nun principio tiñan a obriga de controlar a aqueles que a través da especulación nos levaron ao desastre financeiro, feito que posteriormente se trasladou ás empresas e a vida cotiá. O FMI fixou chegar ao 3% do déficit no 2013 e iso supón realizar uns axustes orzamentarios máis centrados en rebaixar os gastos que en incidir na fase recadadora dos ingresos. Seguramente chegaremos a ese obxectivo pero, en que condicións? Estamos nunha triste etapa onde os contables do FMI están por riba dos políticos. Dicíase que había que aproveitar este momento difícil, dende o punto de vista económico, para cambiar o noso modelo productivo, e para iso as Universidades, a través de transferir o coñecemento ás empresas ían ser a plataforma, utilizando para iso o I+D+I e as novas tecnoloxías; pero se examinamos os orzamentos para o 2011, observamos o descenso do 8% nestes conceptos con respecto ao 2010, así mal podemos incidir nese novo modelo. Educando en Igualdade 3 Ensino Privado e Concertado 4 Campaña FP / Comedores 6 Saúde Laboral Día mundial do transporte 8 Cómic 9 Recursos na rede 10 Formación 7 ÍNDICE Carlos López Cortiñas, Sº Xeral POSTFOLGA E EDUCACIÓN

description

boletín de noticias do mes de Outubro

Transcript of Boledix Outubro

Page 1: Boledix Outubro

EDITORIAL DO SECRETARIO XERAL FEDERAL DA FETE UGT Nº 01

Outubro 2010

BOLETÍN FETE UGT

A folga do 29 S supuxo un apoio dos traballadores e traballadoras deste país para que os

Sindicatos sexamos os interlocutores ante o Goberno e a Patronal, pero ademais, ese

mesmo día pola tarde, os cidadáns botáronse á rúa, manifestándose nunha multitudinaria

marcha democrática lembrando que hai (que ten que haber)

outra forma de saír da crise e non só as solucións que xorden

das institucións que, nun principio tiñan a obriga de controlar a

aqueles que a través da especulación nos levaron ao desastre

financeiro, feito que posteriormente se trasladou ás empresas e

a vida cotiá.

O FMI fixou chegar ao 3% do déficit no 2013 e iso supón

realizar uns axustes orzamentarios máis centrados en rebaixar

os gastos que en incidir na fase recadadora dos ingresos.

Seguramente chegaremos a ese

obxectivo pero, en que condicións?

Estamos nunha triste etapa onde os

contables do FMI están por riba dos políticos. Dicíase que había que aproveitar este momento difícil,

dende o punto de vista económico, para cambiar o noso modelo

productivo, e para iso as Universidades, a través de transferir o

coñecemento ás empresas ían ser a plataforma, utilizando para iso

o I+D+I e as novas tecnoloxías; pero se examinamos os

orzamentos para o 2011, observamos o descenso do 8% nestes

conceptos con respecto ao 2010, así mal podemos incidir nese

novo modelo.

Educando en Igualdade 3

Ensino Privado e Concertado 4

Campaña FP / Comedores 6

Saúde Laboral Día mundial do transporte

8

Cómic 9

Recursos na rede 10

Formación 7

ÍNDICE Carlos López Cortiñas, Sº Xeral

POSTFOLGA E EDUCACIÓN

Page 2: Boledix Outubro

Página 2 BOLETÍN FETE UGT

O noso sindicato fai unha aposta clara por equiparar os datos de matriculación na FP

de Grado Medio cos da UE e para iso aposta por flexibilizar a propia estructura da FP, para

que o alumno antes de abandonar o sistema educativo volva a recolocarse ou que se

recoñeza a súa cualificación profesional a través da experiencia; o que non podemos admitir

é que a través dunha Lei como a da Economía Sostible, a

Universidade poida impartir títulos de Grado Superior de FP.

Os ciclos de Grado Superior gozan dun recoñecemento

por parte das empresas, é o alumnado que se soe inserir

mellor no mercado laboral ou seguir os seus estudos para

obter o título universitario. Non estará detrás desta

pretensión a dificultade que teñen determinados estudos

universitarios en ter matrículas razoables?

A nosa Federación está inmersa nunha “campaña específica de recollida de firmas” entre o

profesorado para que estes estudos se manteñan no ámbito non universitario, campaña que

trasladaremos ao Ministerio.

Os docentes, ao igual que os demais empregados/as públicos, temos que seguir dicíndolle ao

Goberno, que hai que reconducir a negociación colectiva na Función Pública, rota

unilateralmente por parte do Goberno, ao rebaixarnos o salario a finais do curso pasado e

conxelárnolo no 2011, deixando sen valor o acordo firmado coas OOSS do sector. Iniciamos o curso en peores condicións laborais, aumentando os rateos, reducindo o número

de profesorado por centro e aínda temos algunhas conquistas sindicais, como a xubilación

anticipada LOE en dúbida.

O sistema educativo é a peza chave para saír

da crise fortalecidos: o aumento na formación

dos cidadáns, xunto a un apoio á Universidade

para impulsar ese cambio no modelo produtivo

son esenciais para conseguilo. Pero tanto a

sociedade como o Goberno teñen que ter claro

que para facelo os/as traballadores/as do

ensino somos imprescindibles.

Carlos López Cortiñas

Sº Xeral Federal da FETE UGT

A educación é un traballo en equipo

Page 3: Boledix Outubro

Nº 01 Página 3

EDUCANDO EN IGUALDADE

O pasado mes de xuño FETE

UGT firmou un convenio co

Ministerio de Igualdade co

obxectivo de achegar a Igualdade

ás aulas. Deste convenio xurde

a campaña “Educando en

Igualdade” , centrado nas

relacións afectivas e a promoción

das relacións de bo trato e de

igualdade entre homes e mulleres.

A coeducación é parte fundamental da Educación en Valores. Unha sociedade igualitaria e

non discriminatoria cara ás mulleres esixe que se empece dende as primeiras idades

pasando por todas as etapas educativas.

FETE UGT GALICIA realizou a presentación desta campaña en tres centros da provincia da

Coruña.

As actividades foron desenvolvidas no CEIP Concepción Arenal e CEIP de Zalaeta da

Coruña e no CEIP Mosteirón de Sada.

Nelas participaron preto de 200 alumnos/as de 2º a 6º

de primaria e 8 mestres/as que recibiron o día 4 a

presentación da campaña por parte da Secretaría de

Políticas Sociais da FETE e unha formación inicial por

parte dunha relatora do Ministerio de Educación.

Desexamos que esta actividade se repita en moitos centros de

Galicia.

Debido a importancia que ten o tema da igualdade no Ensino animámosvos a participar

nesta campaña

Page 4: Boledix Outubro

Página 4 BOLETÍN FETE UGT

Resulta practicamente imposible sintetizar todos os cambios da reforma laboral que

prexudican os dereitos dos traballadores. Aquí,

simplemente, expoñemos algúns dos máis

salientables:

• Fai que o DESPEDIMENTO dos traballadores

sexa: máis fácil, máis barato e máis rápido

• As Empresas poderán descolgarse das Subas

Salariais pactadas nos Convenios Colectivos

• A modificación do horario de traballo será a

discreción da empresa

• As Empresas poderán reducir a Xornada Laboral dos Traballadores,

unilateralmente

máis información

ENSINO PRIVADO e CONCERTADO

REFORMA LABORAL: para nós prexudicial

XUBILACIÓN PARCIAL: caos administrativo Xubilación parcial aos 60 anos e 6

meses:

Xa vos informamos recentemente de

que segundo da provincia de que se

tratase estábase a conceder ou non a

xubilación parcial aos 60 anos e 6

meses aos traballadores do ensino

concertado.

Ante semellante desconcerto FETE-UGT Galicia fixo unha consulta ás catro

direccións provinciais. As respostas foron as seguintes:

As dirección provinciais de Coruña e Lugo responden que haberá que esperar á

publicación no BOE da lista dos convenios que se poden acoller á disposición transitoria

segunda do Real Decreto lei 8/2010 de 20 de maio.

A dirección provincial de Ourense manifesta que si é aplicable a antedita disposición

transitoria e a dirección provincial de Pontevedra di que non.

máis información

Page 5: Boledix Outubro

CONTRA O RECORTE DO SALARIO

Nº 01 Página 5

As organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, USO e CCOO denuncian o posible recorte dos

salarios dos traballadores do ensino concertado para o ano 2011.

FETE-UGT, xunto co resto das organizacións

sindicais e empresariais máis representativas do

Ensino Privado Concertado, diriximos unha carta

ao Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, co fin

de solicitarlle a reunión urxente da Mesa do Ensino

Concertado para debater o Proxecto de Lei dos

Orzamentos Xerais do Estado para 2011.

Así mesmo, tamén acordamos presentar aos

partidos políticos con representación

parlamentaria as emendas necesarias para que

non se produzan estes recortes.

máis información

Page 6: Boledix Outubro

Página 6 BOLETÍN FETE UGT

CAMPAÑA en defensa da FORMACIÓN PROFESIONAL

FETE UGT rexeita rotundamente o sistema de

integración da Formación Profesional Superior nas

Universidades.

MANIFESTO: "Non aos ciclos formativos de FP na

Universidade"

Solicitamos a túa firma para expresar a túa

oposición a que os ciclos formativos pasen a

depender dos Campus de excelencia

COMEDORES ESCOLARES A Consellería de Educación responde

ante a reclamación da FETE-UGT sobre

os dereitos do persoal docente e laboral

nos comedores escolares. A UGT esta

estudando xuridicamente este tema

para establecer o correspondente

contencioso.

máis información

Page 7: Boledix Outubro

Página 7 BOLETÍN FETE UGT

CURSOS NA REDE

DATAS : 3, 4 e 5 de novembro

LUGAR : Edificio Sindical - Parque San Lázaro,12 - baixo OURENSE

HORARIO: mércores e xoves de 18.00 a 21.30, venres de 18.00 a 21.00

PREZO: 15€ afiliad@s - 45 non afiliad@s

HOMOLOGACIÓN: Esta actividade de formación está homologada pola Universidade de

Santiago polo tanto é computable para as oposicións e para o concurso de traslados pero

non para os sexenios.

máis información no teléfono 988 237 790

EDUCACIÓN EN VALORES

FETE UGT GALICIA organiza dous cursos na rede

Curso para activos (funcionarios/as docentes, interinos/as, substitutos/as, mestres de

relixión, mestres privada concertada)

60h en dous módulos de 30

LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA I - do 13 de decembro ao 20 de xaneiro

LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA II - do 1 de febreiro ao 6 de marzo

Homologado pola Consellería de Educación

Curso para parados/as

LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA

60h (poderán ser as 60 ou 4 certificados de 15 horas)

Homologado pola Universidade de Santiago

Máis información na túa sede comarcal

FORMACIÓN

Page 8: Boledix Outubro

Página 8

DÍA MUNDIAL DO TRANSPORTE ESCOLAR

BOLETÍN FETE UGT

Hai que ter en conta que no caso de accidente de traballo e enfermidade profesional téñense

unha serie de dereitos médicos como:

• Tratamento médico cirúrxico e de

rehabilitación, todo o gasto de prescricións

farmacéuticas e técnicas diagnósticas e

terapéuticas que sexan necesarias.

• Subministración e renovación dos aparellos de

próteses e ortopedia se fosen necesarios, así

como os vehículos para inválidos se fosen

necesarios.

• Cirurxía plástica e reparadora axeitada cando quedasen deformacións ou

mutilacións que produzan alteración importante no aspecto físico do accidentado/a

• Rehabilitación necesaria ata obter unha curación

completa

• Os gastos de desprazamento, se fosen necesarios para

recibir a asistencia.

SAÚDE LABORAL PRESTACIÓNS ÁS QUE SE TEN DEREITO EN CASO DE ACCIDENTE LABORAL OU ENFERMIDADE PROFESIONAL

FETE UGT lanza unha campaña para concienciar aos

estudiantes sobre a importancia dun comportamento

correcto nos autobuses escolares

Page 9: Boledix Outubro

Nº 01 Página 9

Page 10: Boledix Outubro

FETE-UGT AROUSA Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: [email protected]

FETE-UGT A CORUÑA Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: [email protected]

FETE-UGT COSTA LUGUESA García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: [email protected]

FETE-UGT DEZA Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: [email protected]

FETE-UGT FERROL Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LEMOS Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LUGO Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: [email protected]

FETE-UGT OURENSE Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: [email protected]

FETE-UGT PONTEVEDRA Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: [email protected]

FETE-UGT SANTIAGO Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: [email protected]

FETE-UGT VALDEORRAS Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: [email protected]

FETE-UGT VIGO García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: [email protected]

Belén
Texto escrito a máquina
Recursos para EI
Belén
Texto escrito a máquina
Recursos para primaria
Belén
Texto escrito a máquina
Recursos para EI e EP
Belén
Texto escrito a máquina
xogos educativos EP
Belén
Texto escrito a máquina
Recursos
Belén
Texto escrito a máquina
Belén
Texto escrito a máquina
Recursos EP e ES