CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES ... -...

23
CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE MEMORIA 2013

Transcript of CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES ... -...

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE

MEMORIA 2013

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

2 2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN

2. OBXECTIVOS PARA O 2013

3. ACTIVIDADES

4. ATENCIÓN A FAMILIAS

5. DATOS DE OCUPACIÓN

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

3 3

1.- INTRODUCIÓN

O pasado 2013 foi un ano de estabilización no Centro de Día de persoas maiores dependentes se nos referimos aos datos de ocupación de usuarios. Ao marxe dos períodos de tempo que se tarda entre que se produce unha baixa e se xestiona a seguinte alta podemos concluír que a ocupación da totalidade das prazas municipais se mantivo practicamente constante durante todo o ano. Por outro lado para o equipo de profesionais e demais traballadores do Centro foi un ano de adaptacións á nova tipoloxía de usuarios que dende mediados do 2012 se foi incorporando ao mesmo. En concreto o feito de pasar de atender case exclusivamente a usuarios con demencias a incorporar nas actividades e terapias a usuarios sen esta patoloxía supuxo un esforzo de reorganización das actividades, de grupos, de atención a necesidades e expectativas diferentes por parte das familias e dos propios usuarios, de formación noutras patoloxías e en xeral de cambio no enfoque da atención presada co fin de mellorar na prestación do servizo. Partindo desta realidade nova na que tivemos que traballar con usuarios un tanto dispares en cuanto a grado de afectación cognitiva, o noso reto para o ano 2013 era tentar de das resposta as necesidades de cada persoa e de cada familia e conciliar a atención e necesidades de todos da mellor forma posible. Pese a que o balance xeral do ano foi moi positivo, de cara ao 2014 tentaremos seguir a traballar nesta liña de mellora constante.

2.- OBXECTIVOS PARA O 2013 Para o ano 2013 nos marcamos dúas liñas de actuación. Unha liña centrada en mellorar a atención directa dos usuarios do Centro e unha segunda liña enfocada á atención das familias. Partindo desto formulamos os seguintes obxectivos:

Ampliar a oferta de actividades para adecualas as demandas e necesidades dos usuarios con menor grado de deterioro congnitivo.

Adecuar os horarios e grupos de usuarios á nova realide de patoloxías atendidas.

Realizar un seguimento máis intenso dos usuarios máis afectados.

Mellorar a formación e seguimento do persoal coidador.

Mellorar á atención a familias.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

4 4

3.- ACTIVIDADES Á hora de enfocar o tipo de actividade que debemos prestar, centrámonos no grado de deterioro cognitivo que presentan cada un dos nosos usuarios. Partindo desto, a escala máis utilizada para coñecer a gravidade do estado de demencia é a denominada Escala de Deterioro Global (Global Deterioration Scale, GDS) (Reisberg et al. 1982) na que se clasifican as demencias en sete niveis evolutivos, segundo as manifestacións clínicas presentes. Aínda que existen moitos factores que poden influír no curso da enfermidade e que a evolución en cada persoa é diferente, existen os seguintes Criterios de Deterioro Global:

GDS 1 - sen deterioro cognitivo/normalidade (MMSE: 28-30)

GDS 2 - deterioro cognitivo moi leve/olvido benigno senil (MMSE: 25-30)

GDS 3 - deterioro cognitivo leve/ ou deterioro compatible con Enfermidade de Alzheimer incipiente (MMSE: 20-27)

GDS 4 - deterioro cognitivo moderado/demencia leve (MMSE: 16-23)

GDS 5 - deterioro cognitivo moderadamente grave/ demencia moderada (MMSE: 10-19)

GDS 6 - deterioro cognitivo grave/ demencia moderadamente grave

(MMSE: 0-12)

GDS 7 - deterioro cognitivo moi severo/ demencia grave (MMSE: 0-0)

MMSE: Mini exame cognoscitivo (Lobo et al., 1979) proba de valoración cognitiva. Despois de realizar as valoracións dos usuarios nos primeiros días de estancia no Centro, se sitúa a casa persoa nun grupo de traballo en función do seu grado de afectación cognitiva. Partindo do estado cognitivo dos usuarios, o tipo de actividades que presentamos se enmarcan dentro de tres bloques de traballo: actividades físico funcionais, actividades cognitivas e actividades de creatividade e relación social.

Actividades físico funcionais Fisioterapia/xerontoximnasia Psicomotricidade

Actividades cognitivas

Orientación á realidade Estimulación cognitiva Taller de memoria Estimulación sensorial (método

Montessori e método Snozelen)

Actividades de creatividade e relación social

Musicoterapia Taller de costura e calceta Taller de plantas e hortalizas Xogos de mesa Manualidades

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

5 5

Descrición das actividades Fisioterapia: conxunto de actividades físicas controladas, realizadas de forma grupal ou individual, que inclúen una serie de exercicios adaptados ás características psicofísicas dos usuarios. Inclúe exercicios de ximnasia de membros superiores, inferiores, de columna e cadeira.

Psicomotricidade: consiste en actividades que usando o movemento, se busca desenvolver e reforzar o recoñecemento do propio corpo e do espazo. Inclúe actividades para o traballo do esquema corporal, expresión corporal, coñecemento espacial e temporal.

Orientación a la realidade: terapia dirixida a reducir a desorientación e confusión derivadas do deterioro cognitivo. Traballa competencias de orientación temporal, espacial, persoal e situacional. Inclúe actividades de intervención ambiental (calendario, tarxetas con nomes, reloxo) e estimulación informal (usando periódico, fotografías actuais…).

Estimulación cognitiva: conxunto de estratexias que estimulan as funcións e procesos cognitivos preservados. Utilízanse técnicas de intervención como a modificación de conducta e facilitación neuropsicolóxica. Trabállase con grupos o máis homoxéneos posibles adecuando cada actividade ao nivel cognitivo de cada usuario en función da valoración psicolóxica previa.

Os procesos cognitivos que se traballan son atención, memoria, linguaxe, praxias, percepción, calculo, abstracción e función executiva e dende actividades o máis significativas posible para cada usuario.

Taller de memoria: conxunto de intervencións dirixidas a mellorar distintas habilidades relacionadas coa memoria, o proceso de aprendizaxe e o recordo na persoa maior. Empréganse estratexias cognitivas como uso de regras mnemotécnicas, aprendizaxe sen error, aprendizaxe espaciado e esvaecemento de claves. Trabállase con grupos o máis homoxéneos posibles adecuando cada actividade ao nivel cognitivo de cada usuario en función da valoración psicolóxica previa.

Estimulación sensorial: uso do método Montessori dirixido a persoas con deterioro cognitivo severo. Baséase na proposta de tarefas que permitan manter as habilidades necesarias para seguir realizando o maior tempo posible actividades da vida diaria. Trabállanse actividades procedimentais con material de uso doméstico. Favorécese a estimulación da memoria procedimental.

Así mesmo realizamos estimulación sensorial mediante estimulación snoezelen. É un tipo de estimulación que permite ofrecer un entorno interactivo de estimulación dos sentidos (tacto, oído, vista, olfacto e gusto), ampliando as vías de comunicación. Desenvólvese nas nosas salas multisensoriais snoezelen onde se facilita á persoa con deterioro cognitivo avanzado un ambiente relaxado e agradable favorecendo un benestar físico e mental.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

6 6

Musicoterapia: conxunto de actividades que utilizan o estímulo musical como ferramenta terapéutica e se dirixen a proporcionar unha estimulación sensorial adecuada para a mellora do estado psicoafectivo á vez que se potencia a dimensión relacional. Realízanse actividades de recoñecemento de cancións, seguir ritmo, produción de son ou actividades de canto.

Obradoiros de ocupación significativa: conxunto de actividades dirixidas a mellorar a participación e o aspecto relacional das persoas, integrándoas no contexto dunha actividade ocupacional en estreita relación coa súa historia persoal. Inclúense actividades relacionadas con oficios, actividades cotiáns e aficións.

Tratase de propor actividades significativas a cada persoa, en grupos o máis homoxéneos posible que lle permita continuar con actividades previamente adquiridas.

En concreto durante o ano 2013 ofertáronse os seguintes obradoiros: obradoiro de costura e calceta, obradoiro de plantas e hortalizas, xogos de mesa (cartas, dominó, bingo), manualidades.

Relación grado deterioro cognitivo e tipo de actividade

GRADO DE DETERIORO COGNITIVO

TIPO DE ACTIVIDADE

GDS 3-4 Deterioro leve-moderado

Atención psicolóxica

Atención logopédica

Fisioterapia / Xerontoximnasia

Obradoiro orientación á realidade

Obradoiro estimulación cognitiva

Obradoiro de memoria

Obradoiro musicoterapia

Obradoiro de costura e calceta, de plantas e hortalizas Manualidades, xogos de mesa

GDS 5-6 Deterioro moderado-grave

Estimulación cognitiva

Atención logopédica

Estimulación sensorial

Obradoiro de musicoterapia NOTA: tódolos usuarios cos que traballamos no 2013 partían como mínimo dun grado de deterioro leve (GDS 3).

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

7 7

Datos de asistencia a actividades (centro de día Alborexo e San Francisco)

GRADO DE DETERIORO COGNITIVO

TIPO DE ACTIVIDADE FRECUENCIA

SEMANAL

MEDIA PARTICIPANTES

Á SEMANA

GDS 3-4 Deterioro leve-moderado

Obradoiro orientación á realidade 5 v/sem 13

Obradoiro estimulación cognitiva 3 v/sem 14

Obradoiro de memoria 2 v/sem 12

Obradoiro musicoterapia 3 v/sem 10

Atención psicolóxica 2 v/sem 3

Atención logopédica 1 v/sem 1

Xerontoximnasia 5 v/sem 26

Obradoiro de ocupación significativa

5 v/sem 8

GDS 5-6 Deterioro moderado-grave

Estimulación sensorial 2 v/sem 9

Estimulación cognitiva 2 v/sem 8

Obradoiro de musicoterapia 3 v/sem 10

Atención logopédica 4 v/sem 5

Obradoiro de ocupación significativa

5 v/sem 11

Obradoiro de orientación á realidade

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

8 8

Obradoiro de estimulación cognitiva

Fisioterapia / Xerontoximnasia

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

9 9

Psicomotricidade / Terapia ocupacional

Obradoiro de pintura

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

10 10

Xogos de mesa / Tempo de lecer

Obradoiro de costura e calceta

Obradoiro de coidado persoal Tempo de lecer

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

11 11

ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS

Como tódolos anos realizáronse tres encontros familiares: Entroido, comezo do curso despois do verán e Nadal.

No mes de febreiro celebramos a festa do Entroido. Durante o mes de xaneiro preparamos máscaras e adornos para os disfraces e a temática de moitas das actividades centrouse nesta celebración popular.

Neste día como xa é tradición xuntáronse os usuarios do Centro de día San Francisco e Alborexo. Coma tódolos anos, bailouse, cantouse e coméronse orellas e doces de Entroido.

Nunha data próxima ao día Mundial do Alzheimer celebramos o encontro familiar que marca o comezo do novo curso despois do período de verán. É unha celebración recibida con moito cariño tanto polos usuarios como polas familias e nela facemos unha pequena homenaxe a un dos nosos usuarios.

20 DE SETEMBRO - CELEBRACIÓN DO DÍA DO ALZHEIMER

11 DE FEBREIRO - CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

12 12

Celebrouse no salón de actos do CIS Aixiña e participaron os usuarios dos Centros de día “Alborexo” (Finca Sevilla) e “San Francisco” así coma as súas familias.

Nesta celebración contamos coa presenza da Concelleira de Benestar Social, a Xefa de Servizo do Departamento de Benestar e algunha das Traballadoras Sociais municipais.

No mes de decembro celebramos o Nadal. Durante todo o mes se traballa na confección de adornos e postais navideñas así coma na confección de pequenos agasallos que os avós lle fan aos seus familiares.

20 DE DECEMBRO - CELEBRACIÓN DO NADAL

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

13 13

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

14 14

Datos de participación nas actividades extraordinarias.

FESTA DO ENTROIDO 11/02/2013

FESTA DO ALZHEIMER 20/09/2013

FESTA DE NADAL

20/12/2013

Nº USUARIOS ASISTENTES

24 de 27 19 de 23 21 de 24

Nº FAMILIARES ASISTENTES

25 18 28

4.- ATENCIÓN A FAMILIAS Dentro do Programa de Intervención con Familias, realizáronse diversas intervencións a nivel individual con familias dos usuarios:

PROGRAMA DE INTERVENCIÓN CON FAMILIAS

Profesional Intervencións realizadas con

familias no 2013

Servizo de Información e Orientación

Traballadora Social 7

Servizo de Asesoramento Interdisciplinar

Traballadora Social 2

Psicóloga 17

Logopeda 3

Fisioterapeuta 5

Enmarcadas dentro do Programa de Intervención con Familias, tamén se realizaron catro xornadas de formación.

Xornadas de formación

PSICOLOXIA.- 21 de marzo e 18 de abril.

Estas xornadas foron impartidas pola Psicóloga do Centro de Día e se desenvolveron no Salón de Actos do CIS AIXIÑA.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

15 15

Os temas tratados na primeira sesión foron os seguintes:

Presentación das xornadas de formación para familiares.

Nocións básicas sobre qué é unha demencia, etioloxía, tipos de demencia e tratamentos.

Toma de contacto coas dúbidas máis frecuentes.

Na segunda sesión tratáronse os seguintes temas:

Facer fincapé nas dúbidas, especialmente en alteracións do comportamento.

O papel da familia no proceso de tratamento.

O Síndrome do coidador.

Conclusións:

Dado o tipo de dúbidas e a participación nestas dúas primeiras sesións a principal conclusión foi que estes encontros se consideran necesarios tanto a nivel individual como grupal. A nivel individual para poder facer un acercamento individualizado e a nivel grupal para favorecer a participación das familias nun espazo de apoio mutuo.

LOGOPEDIA .- 22 de maio.

Esta xornada foi impartida pola Logopeda do Centro e se realizou no Salón de Actos do CIS AIXIÑA.

Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:

Nocións básicas sobre os problemas de deglución: síntomas da disfaxia, accións para previr o risco de aspiración, recomendacións xerais, alimentos de alto risco en caso de disfaxia, dietas, qué facer en caso de atragantamento.

Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.

Conclusións:

Das familias que asistiron á xornada, ningunha tiña familiares con problemas de deglución. De todas maneiras aproveitouse este momento de encontro e formación para explicarlles a cales dos usuarios das familias presentes se lle pasara a proba de disfaxia e a cales non, así como o motivo de facer este tipo de probas. En relación a este tema, tódolos familiares asistentes a xornada se mostraron bastante interesados en saber cales eran os posibles problemas que poderían xurdir e como podían previlos, aínda que é certo que o que máis lle preocupaba naquel momento ás familias presentes eran os problemas conductuais ou de memoria que o seu familiar presentaba na casa.

Tamén se lles facilitou documentación cos principais temas tratados na xornada.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

16 16

FISIOTERAPIA.- 20 de xuño.

Esta xornada foi desenvolvida pola Fisioterapeuta do Centro e dada a escasa asistencia de familiares se realizou dentro das instalacións do Centro de Día.

Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:

Nocións básicas sobre mobilizacións en persoas maiores.

Prevención de úlceras por presión.

Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.

Conclusións:

Ademais do contacto directo nos casos nos que é necesaria unha atención personalizada, sería de utilidade propor a formación por grupos en función de patoloxías afíns, é dicir, grupos homoxéneos por necesidades físocofuncionais.

Resumo de participación

PSICÓLOGA 21/03/2013

PSICÓLOGA 18/04/2013

LOGOPEDA 22/05/2013

FISIOTERAPIA 20/06/2013

Nº FAMILIARES ASISTENTES

11 11 5 2

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

17 17

Conclusión xerais das xornadas de formación:

Pese a que por parte dos profesionais se puxo moito empeño no desenvolvemento destas xornadas de formación, a participación das familias foi moi escasa.

Detectouse máis interese polos temas que abordan os problemas conductuais que por outros temas que non afectan de igual maneira a tódolos usuarios.

Os profesionais que impartiron as xornadas de formación valoraron que sería mellor ofertar unha formación individualizada ou por grupos de familias que compartan unhas problemáticas similares. Isto nos leva a plantexarnos a necesidade de reforzar o Servizo de Asesoramento Interdisciplinar propoñendo dende o Centro máis sesións de seguimento individualizado coas familias.

Observouse nos familiares asistentes ás xornadas unha certa necesidade de falar e compartir as súas situacións e problemáticas concretas con persoas coas que sintan que comprenden e comparten as súas inquietudes e preocupacións. Deixase aberta a posibilidade de por en marcha nun futuro algún grupo de apoio mutuo entre os familiares dos usuarios.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

18 18

5.- DATOS DE OCUPACIÓN

Os datos que se analizan a continuación fan referencia ao total de usuarios que foron atendidos no Servizo de Centro de día municipal durante o ano 2013.

USUARIOS CON ALTA

ANTERIOR AO 2013

PROPOSTAS DE ALTA NO 2013

ALTAS EFECTUADAS

ALTAS NON EFECTUADAS

BAIXAS TOTAL

USUARIOS ATENDIDOS

27 21 20 1 23 47

En relación aos datos sinalados anteriormente, comentar que durante o ano 2013 houbo unha gran mobilidade de usuarios. Do total de 26 prazas municipais (25 máis 1 extra) formalizáronse 23 baixas e 20 novas altas. Por outro lado esta mobilidade é normal se temos en conta a idade avanzada dos usuarios que atendemos e as características peculiares dos usuarios cos que traballamos (maiores dependentes e maioritariamente con demencia).

Sinalar que só houbo unha proposta de alta que non chegou a efectuarse por renuncia da familia a ocupar a praza.

Dos 47 usuarios atendidos no ano 2013 destacar que 27 foron usuarios que xa estaban no Centro de día de anos anteriores e 20 foron novas altas no ano 2013.

2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 TOTAL

1 - 1 3 8 14 20 47

Distribución dos usuarios atendidos no 2013 en función do ano en que se deron de alta no Centro.

Destes datos extraemos a conclusión que os usuarios atendidos no 2013 son persoas que maioritariamente se incorporaron ao Centro nos últimos 3 anos. Gráfica da evolución da ocupación no ano 2013.

20

21

22

23

24

25

26

27

28

Nº USUARIOS …

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

19 19

Distribución de usuarios por sexo.

Homes Mulleres

Datos de distribución de usuarios por sexo - ano 2012.

En relación á tipoloxía de usuarios atendidos hai que salientar que aínda que maioritariamente seguemos a atender a persoas con algún tipo de demencia, no último ano se incorporaron ao Centro usuarios con outras patoloxías.

NOTA: demencia mixta: demencia vascular máis demencia Alzheimer; trastorno mental: esquizofrenia, distimia, trastorno depresivo maior; outras demencias: frontotemporal, corpos de Levy, parálise supranuclear progresiva; enfermidade non neurolóxica: enfermidades físicas.

HOMES MULLERES TOTAL

18 29 47

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

20 20

Distribución de usuarios por zonas.

Nº TOTAL

USUARIOS EN 2013

USUARIOS DOUTROS

ANOS ALTAS 2013 BAIXAS 2013

ZONA A PONTE

16 11 5 9

ZONA HISTÓRICA

19 11 8 7

ZONA CENTRO 7 3 4 3

ZONA COUTO 5 2 3 4

TOTAL 47 27 20 23

34%

40%

15%

11%

DISTRIBUCIÓN DE USUARIOS POR ZONAS

Z. A PONTE

Z. HISTÓRICA

Z. CENTRO

Z. O COUTO

Datos de distribución dos usuarios por zonas no ano 2013.

Se temos en conta a zona de residencia dos usuarios do Centro de día é de destacar que durante o ano 2013 acudiron maioritariamente usuarios da zona de Histórica e da zona de A Ponte. Esta circunstancia xa se repetiu nos anos anteriores.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

21 21

Análise das altas e baixas.

Z. A PONTE Z. HITÓRICA Z. CENTRO Z. O COUTO TOTAL

ALTAS BAIXAS ALTAS BAIXAS ALTAS BAIXAS ALTAS BAIXAS ALTAS BAIXAS

XANEIRO - 2 - - 1 1 1 - 2 3

FEBREIRO - - 1 - - - - - 1 0

MARZO - 3 1 - - - 1 1 2 4

ABRIL 1 1 2 2 - - - 1 3 4

MAIO - - - 1 - - - - 0 1

XUÑO 2 - 1 1 - - - - 3 1

XULLO 1 1 - 1 - - - 1 1 3

AGOSTO - - - 1 1 1 - - 1 2

SETEMBRO - 2 2 - - - - - 2 2

OUTUBRO 1 - 1 - - 1 - 1 2 2

NOVEMBRO - - - - 1 - 1 - 2 0

DECEMBRO - - - 1 1 - - - 1 1

TOTAL POR ZONAS

5 9 8 7 4 3 3 4 20 23

Datos de distribución das altas e baixas ao longo do ano e segundo a zona de residencia do usuario.

0

1

2

3

4

RELACIÓN ALTAS E BAIXAS

ALTAS BAIXAS

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

22 22

A distribución das altas e as baixas ao longo do ano queda plasmada nos seguintes gráficos.

0

1

2

3

4

ALTAS POR ZONAS

Z. O COUTO

Z. CENTRO

Z. HISTÓRIZA

Z. A PONTE

Distribución das altas segundo a zona de residencia dos usuarios.

0

1

2

3

4

BAIXAS POR ZONAS

Z. O COUTO

Z. CENTRO

Z. HISTÓRIZA

Distribución das baixas segundo a zona de residencia dos usuarios.

TPL

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO

CONCELLO DE OURENSE 2013

23 23 0

5

10

Z. A PONTE Z.HISTÓRICA Z. CENTRO Z. O COUTO

Altas e baixas por zonas

ALTAS BAIXAS

Altas e baixas por zonas (2013)