Clases de Currículo Vitae

2
CLASES DE CURRÍCULO VITAE CRONOLÓXICO O c.v. cronolóxico é o máis utilizado. Elíxese cando existe moita formación e pouca experiencia. É moi usado polos estudantes, porque permite ver a súa evolución continua, xa que recolle moi ben a súa traxectoria formativa dunha maneira lóxica. Neste currículo reflíctese a información ordenada por datas. Aparece primeiro o máis recente, dándolle máis énfase ao último realizado. Cando os traballos anteriores teñen máis relación col posto ao que optamos, a orde pode ser inversa. FUNCIONAL O currículo funcional é aquel no que se agrupan os datos e experiencias da candidata por temas e se especifican todas as funcións que se realizaron na traxectoria profesional. Acentúa os teus puntos fortes porque pon o énfase nas habilidades necesarias para desempeñar un posto de traballo concreto. Atenúa os teus puntos débiles, xa que admite a posibilidade de prescindir de datas e isto axuda a que non se detecten períodos en branco ou cambios frecuentes de traballo. É recomendable para persoas con moita experiencia profesional. Cando teñen dúas profesións ben diferenciadas ou ben dúas actividades diferentes nunha mesma profesión. CURRÍCULO EUROPEO O currículo europeo é un documento no que se reflicte o nivel de preparación ou traxectoria profesional dos cidadáns da Unión Europea. O modelo europeo de currículo vitae baséase na idea de garantir un trato máis igualitario ás persoas que buscan trabalo e ás que desexan acceder a prazas en cursos de ensino ou formación na Unión Europea. É un recurso para a presentación sistemática, cronolóxica e flexible das cualificacións e competencias dunha persoa. É unha ferramenta de uso voluntario, pódese presentar en papel ou en formato electrónico. O currículo vitae europeo inclúe diferentes categorías: Información persoal: Nome, dirección, teléfono, fax, correo electrónico, nacionalidade e data de nacemento. Experiencia laboral: Datas (de - a), Nome e dirección do empregador, Tipo de empresa ou sector, Posto ou cargo ocupados, Principais actividades e

description

Tipoloxías de Currículo Vitae en función da información aportada

Transcript of Clases de Currículo Vitae

Page 1: Clases de Currículo Vitae

CLASES DE CURRÍCULO VITAE

CRONOLÓXICO

O c.v. cronolóxico é o máis utilizado. Elíxese cando existe moita formación e pouca

experiencia.

É moi usado polos estudantes, porque permite ver a súa evolución continua, xa que recolle

moi ben a súa traxectoria formativa dunha maneira lóxica.

Neste currículo reflíctese a información ordenada por datas. Aparece primeiro o máis recente,

dándolle máis énfase ao último realizado. Cando os traballos anteriores teñen máis relación col

posto ao que optamos, a orde pode ser inversa.

FUNCIONAL

O currículo funcional é aquel no que se agrupan os datos e experiencias da candidata por

temas e se especifican todas as funcións que se realizaron na traxectoria profesional.

Acentúa os teus puntos fortes porque pon o énfase nas habilidades necesarias para

desempeñar un posto de traballo concreto. Atenúa os teus puntos débiles, xa que admite a

posibilidade de prescindir de datas e isto axuda a que non se detecten períodos en branco ou

cambios frecuentes de traballo.

É recomendable para persoas con moita experiencia profesional. Cando teñen dúas profesións

ben diferenciadas ou ben dúas actividades diferentes nunha mesma profesión.

CURRÍCULO EUROPEO

O currículo europeo é un documento no que se reflicte o nivel de preparación ou traxectoria

profesional dos cidadáns da Unión Europea.

O modelo europeo de currículo vitae baséase na idea de garantir un trato máis igualitario ás

persoas que buscan trabalo e ás que desexan acceder a prazas en cursos de ensino ou

formación na Unión Europea.

É un recurso para a presentación sistemática, cronolóxica e flexible das cualificacións e

competencias dunha persoa.

É unha ferramenta de uso voluntario, pódese presentar en papel ou en formato electrónico.

O currículo vitae europeo inclúe diferentes categorías:

• Información persoal: Nome, dirección, teléfono, fax, correo electrónico,

nacionalidade e data de nacemento.

• Experiencia laboral: Datas (de - a), Nome e dirección do empregador, Tipo de

empresa ou sector, Posto ou cargo ocupados, Principais actividades e

Page 2: Clases de Currículo Vitae

responsabilidades. Empezando polo posto máis recente e engadindo aparte a mesma

información para cada posto ocupado.

• Educación e formación: Datas (de – a), Nome e tipo de organización que impartiu a

educación ou formación, Principais materias ou capacidades ocupacionais tratadas,

Título da cualificación obtida (se procede), Nivel alcanzado na clasificación nacional.

Empezar pola formación máis recente e engadir a seguinte aportando a mesma

información en cada unha.

• Capacidades e aptitudes persoais: adquiridas ao longo da vida e da carreira educativa

e profesional, pero non necesariamente avaladas por certificados e diplomas oficiais.

o Lingua materna

o Outros Idiomas: Lectura, Escritura, Expresión oral.

o Capacidades e aptitudes sociais: Vivir e traballar con outras persoas, en

contornas multiculturais, en postos onde a comunicación é importante e en

situacións onde o traballo en equipo resulta esencial.

o Capacidades e aptitudes organizativas: por exemplo, coordinación e

administración de persoas, proxectos, orzamentos; no traballo, en labores de

voluntariado, no fogar, etc.

o Capacidades e aptitudes técnicas: con ordenadores, tipos específicos de

equipos, maquinaria, etc.

o Capacidades e aptitudes artísticas: música, escritura, deseño, etc.

o Outras capacidades e aptitudes que non se nomearon anteriormente.

o Permiso(s) de condución.

• Información adicional: Introducir calquera información que se considere importante,

como persoas de contacto, referencias, etc.