CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS · pequenos tubiños ou ventosas denominados pes ambulacrais que...
Transcript of CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS · pequenos tubiños ou ventosas denominados pes ambulacrais que...
ARTRÓPODOS
ARÁCNIDOS
INSECTOS
CRUSTÁCEOS
MIRIÁPODOS
TRILOBITES
FILUM
CLASE
………………………………………
QUELICERADOS
MANDIBULADOS(ANTENADOS)
Especies fósiles(extinguidas)
Características xerais: Constitúe o Filum máis extenso do reino animal. Exoesqueleto articulado, ríxido e duro, constituído
por quitina ou sales cálcicas (crustáceos), que mudanpara medrar.
Corpo segmentado e dividido en: cabeza, tórax e abdome. As veces, os dous primeiros forman o cefalotórax, ou os dous últimos o tronco.
Apéndices articulados (artellos). Viven tanto en ambientes acuáticos coma terrestres. Reprodución sexual. Desenvolvemento directo en
arácnidos e miriápodos. Desenvolvemento indirecto con metamorfose en crustáceos e insectos.
Corpo dividido en: Cabeza, cun par de antenas, ollos simples (ocelos) ou
compostos (formados por omatidios), con visión en mosaico. A boca,con distintos apéndices bucais, pode ser chuchadora, mastigadora, lambedora ou picadora.
Tórax , formado por tres aneis, con 6 patas articuladas e2 pares de ás.
Abdome, segmentado sen apéndices.. Respiran por tráqueas que comunican có exterior
por estigmas ou espiráculos. Os órganos excretores reciben o nome de Túbulos
de Malpighi.
Teñenreproduciónsexual. Sexos separados e dimorfismo sexual. Son ovíparos con fecundación interna. Con metamorfose.
Ovos
Eiruga
Crisálida (pupa)
Imago
Metamorfosecompleta dunhabolboreta.
Corpo dividido en cefalotórax e abdome. Posúen 2 pares de antenas na cabeza e 5 pares
de patas no cefalotórax Algúns crustáceos , como o cangrexo , teñen as
patas dianteiras transformadas en pinzas. A maioría son acuáticos e respiran por
branquias. Nalgúns, como o lumbrigante, existen órganos
excretores nas antenas chamados glándulas verdes.
Corpo dividido en cefalotórax e abdome. Carecen de antenas. Na boca posún pinzas que lles serven para
comer, os pedipalpos e un par de unllasveleñosas, os quelíceros.
No cefalotórax teñen 8 patas. Son terrestres e respiran por tráqueas. O principais grupos de arácnidos son: Arañas, carrapatas e ácaros
Escorpións.
Corpo dividido en cabeza e tronco.Posúen 2 antenas na cabeza. Tronco formado por moitossegmentos articulados, provistos de 1 ou 2 pares de patas cada un. Os apéndices do primeiro segmento están transformados en unllasveleñosas, as forcípulas.Son terrestres e respiran por tráqueas.
TRONCO CABEZA
Patas
Segmentos
Cempés ouescolopendra.
Son animais mariños con simetría radial. Posúen un aparello ambulacral que é un sistema de
canles polo que circula a auga de mar, das canles saenpequenos tubiños ou ventosas denominados pes ambulacrais que utilizan para desprazárense, para capturar o alimento, como superficie respiratoria e como sistema excretor
Esqueleto interno formado por placas calizas encaixadas entre si. Sobre el dispóñense púas móbiles.
A boca dos ourizos ten un aparello mastigador que recibe o nome de lanterna de Aristoteles.
Reprodución sexual, sexos separados, fecundación externa, ovíparos. Con metamorfose.
As estrelas de mar presentan reproduciónasexual por fragmentacióne tamén rexeneración.Son depredadoras. Aliméntanse de moluscos para o que sacan ao exterior o estómago.