Conclusión polo si

2
A FAVOR CONCLUSIÓN O mundo está en constante cambio, as tecnoloxías sempre foron un dos seus motores principias. Cada vez que se dá un avance tecnolóxico , aparecen os entusiastas que lle ven os aspectos positivos e os detractores que teñen medo e só ven os aspectos negativos. Moitas veces reducimos o concepto de novas tecnoloxía aos móbiles, ordenadores ou videoxogos, pero, como xa demostramos ao longo da nosa argumentación, por novas tecnoloxías entendemos unha variada gama de instrumentos, ferramentas, canles, soportes, dedicados esencialmente ao uso, manexo, presentación, comunicación , almacenamento e recuperación de información. Todos os soportes e artefactos dixitais son utensilios que de maneira xeral, e deixando fóra algúns casos concretos, o que fan é mellorar as relacións sociais na familia, na escola, na rúa , no traballo e no mundo en xeral. Repasamos os nosos argumentos para reafirmar esta tese: 1. Son un utensilio que axuda a resaltar os valores familiares. Se nas relacións familiares hai comunicación e se comparten experiencias, as novas tecnoloxías conseguirán reforzalas. Cando se dan casos de individualismo e illamento, nunca é culpa das novas tecnoloxías, o motivo está nunhas malas relacións familiares, con ou sen novas tecnoloxías. 2. Comunican as familias separadas, feito case xeneralizado hoxe en día por mor da emigración, de viaxes de estudos … ; as novas tecnoloxías permiten manter contacto diario se así o desexan, superando o illamento e axudando a manter a conexión cos fillos, marido, muller..... 3. Establecen lazos entre distintos membros da familia onde son os fillos ou netos os que poñen ao día aos seus proxenitores, establecendo encontros interxeracionais interesantes e diferentes. 4. Permiten compatibilizar a vida laboral e familiar co traballo desde casa e dedicar aos fillos moitas horas que doutra forma se perderían en desprazamentos, atascos, etc.

Transcript of Conclusión polo si

Page 1: Conclusión polo si

A FAVOR

CONCLUSIÓN

O mundo está en constante cambio, as tecnoloxías sempre foron un dos seus motores principias.

Cada vez que se dá un avance tecnolóxico , aparecen os entusiastas que lle ven os aspectos positivos e

os detractores que teñen medo e só ven os aspectos negativos.

Moitas veces reducimos o concepto de novas tecnoloxía aos móbiles, ordenadores ou

videoxogos, pero, como xa demostramos ao longo da nosa argumentación, por novas tecnoloxías

entendemos unha variada gama de instrumentos, ferramentas, canles, soportes, dedicados

esencialmente ao uso, manexo, presentación, comunicación , almacenamento e recuperación de

información.

Todos os soportes e artefactos dixitais son utensilios que de maneira xeral, e deixando fóra

algúns casos concretos, o que fan é mellorar as relacións sociais na familia, na escola, na rúa , no

traballo e no mundo en xeral.

Repasamos os nosos argumentos para reafirmar esta tese:

1. Son un utensilio que axuda a resaltar os valores familiares. Se nas relacións familiares hai

comunicación e se comparten experiencias, as novas tecnoloxías conseguirán reforzalas. Cando se dan

casos de individualismo e illamento, nunca é culpa das novas tecnoloxías, o motivo está nunhas malas

relacións familiares, con ou sen novas tecnoloxías.

2. Comunican as familias separadas, feito case xeneralizado hoxe en día por mor da emigración, de

viaxes de estudos … ; as novas tecnoloxías permiten manter contacto diario se así o desexan,

superando o illamento e axudando a manter a conexión cos fillos, marido, muller.....

3. Establecen lazos entre distintos membros da familia onde son os fillos ou netos os que poñen ao

día aos seus proxenitores, establecendo encontros interxeracionais interesantes e diferentes.

4. Permiten compatibilizar a vida laboral e familiar co traballo desde casa e dedicar aos fillos

moitas horas que doutra forma se perderían en desprazamentos, atascos, etc.

Page 2: Conclusión polo si

5. Achegan a información e a cultura a lugares diversos, adaptando os contidos ás circunstancias,

nivel cultural, necesidades específicas: cursos on line en concellos, asociacións ou centros de maiores,

aprendizaxe de idiomas....

6. Canalizan unha corrente de solidariedade que axuda a combater as inxustizas asinando cartas ás

autoridades, aos políticos e solidarizándose coa xente que sofre agravios e ataques aos dereitos

humanos.

7. Son unha ferramenta para axudar e mellorar as relacións das persoas maiores comunicándooas

e facendo que se sintan menos illadas e máis conectadas. Non esquezamos que moitos maiores viven

sos e manteñen contacto con institucións a través de dispositivos de última xeración.

8. Abren unha porta á autonomía a persoas con minusvalías e enfermidades de tipoloxía ben

distinta. Melloran a súas relación e en moitos casos cambian completamente as súas vidas.

9 Facilitan a comunicación co mundo laboral á hora de buscar traballo.

10. Estimulan a creatividade , autoestima e melloran as habilidades sociais.

11. Mobilízannos e amplifican todo "cando os individuos se unen a través da Internet poden facer

que xurda algo completamente novo"

12. Permítennos abrir horizontes e comunicarnos co xentes de todo o mundo e de toda condicións a

tempo real sen que iso teña que significar que rompas o contacto cos que tes preto.

13. Contribúen a acabar coa censura e incluso poden axudar a derrubar ditaduras, a gañar ou perder

eleccións....

Estamos seguros de que hai aspectos que se poden mellorar co tempo e tamén recoñecemos que

hai sectores que fan un mal uso das novas tecnoloxías. Pero parécenos innegable que modificaron o

xeito de comunicarmos co resto das persoas e que maioritariamente favorecen as relacións sociais no

mundo como nunca antes se conseguira. Isto non significa que se derruben ou substitúan as

relacións anteriores, senón que se están implantando novas formas de informarse, producir,

divertirse, comprar, etc. que modifican o conxunto de relacións sociais, e nos entendemos que moi

favorablemente.