Dia poesia

1
Coincidindo coa entrada da primavera celebramos o 21 de marzo o Día Da Poesía. Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética, querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta, intentan mellorar o mundo. A COMISIÓN DA BIBLIOTECA XUNTO CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA PROPOÑÉMOSVOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES: - Realización dun gran mural colectivo co poema O MAR de Manuel María. - Lectura de poemas. Nos estantes colocados á entrada da Biblioteca atoparedes libros de poesía, así como diversos poemas en formato cartolina... Aproveitade a hora de ler, as sesións da biblioteca,... para gozar coa poesía. - Escritura de poemas para decorar bolsas para as familias e o comercio local. Trátase de escribir poemas de autoras e autores galegos (ou inventalos) para pegar sobre bolsas de papel. Cada alumna/o decorará dúas bolsas: unha para a familia e outra que se dará ao comercio local, para que o día 21 de marzo se reparta a bolsa coa compra do día e a poesía chegue a gran parte da veciñanza. A poesia é sempre um ato de paz. O poeta nasce da paz como o pão nasce da farinha” Pablo Neruda

Transcript of Dia poesia

Page 1: Dia poesia

Coincidindo coa entrada da primavera celebramos o 21 de

marzo o Día Da Poesía. Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO

(Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) celebra o Día

Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe

poética, querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como

ferramenta, intentan mellorar o mundo.

A COMISIÓN DA BIBLIOTECA XUNTO CO EQUIPO DE

DINAMIZACIÓN DA LINGUA PROPOÑÉMOSVOS AS SEGUINTES

ACTIVIDADES:

- Realización dun gran mural colectivo co poema O MAR de Manuel

María.

- Lectura de poemas. Nos estantes colocados á entrada da Biblioteca

atoparedes libros de poesía, así como diversos poemas en formato cartolina...

Aproveitade a hora de ler, as sesións da biblioteca,... para gozar coa poesía.

- Escritura de poemas para decorar bolsas para as familias e o comercio

local.

Trátase de escribir poemas de autoras e autores galegos (ou inventalos) para

pegar sobre bolsas de papel. Cada alumna/o decorará dúas bolsas: unha para a

familia e outra que se dará ao comercio local, para que o día 21 de marzo se

reparta a bolsa coa compra do día e a poesía chegue a gran parte da veciñanza.

“A poesia é sempre um ato de paz.

O poeta nasce da paz como o pão nasce da farinha”

Pablo Neruda