Coincidindo coa entrada da primavera celebramos o 21 de
marzo o Día Da Poesía. Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO
(Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) celebra o Día
Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe
poética, querendo homenaxear ás persoas que, só coa palabra como
ferramenta, intentan mellorar o mundo.
A COMISIÓN DA BIBLIOTECA XUNTO CO EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN DA LINGUA PROPOÑÉMOSVOS AS SEGUINTES
ACTIVIDADES:
- Realización dun gran mural colectivo co poema O MAR de Manuel
María.
- Lectura de poemas. Nos estantes colocados á entrada da Biblioteca
atoparedes libros de poesía, así como diversos poemas en formato cartolina...
Aproveitade a hora de ler, as sesións da biblioteca,... para gozar coa poesía.
- Escritura de poemas para decorar bolsas para as familias e o comercio
local.
Trátase de escribir poemas de autoras e autores galegos (ou inventalos) para
pegar sobre bolsas de papel. Cada alumna/o decorará dúas bolsas: unha para a
familia e outra que se dará ao comercio local, para que o día 21 de marzo se
reparta a bolsa coa compra do día e a poesía chegue a gran parte da veciñanza.
“A poesia é sempre um ato de paz.
O poeta nasce da paz como o pão nasce da farinha”
Pablo Neruda
Top Related