Empresarios de Galicia 207 -...

27
EMPRESARIOS DE GALICIA VOLUME 2

Transcript of Empresarios de Galicia 207 -...

EMPRESARIOSDE GALICIA VOLUME 2

1834-1909

MANUEL BÁRCENA FRANCO

CONDE DE TORRE-CEDEIRA, BANQUEIRO E GRAN PROPIETARIO URBANO

María Jesús Facal RodríguezProfesora titular da Universidade de Vigo

Son poucas as familias que poden gabarse de contar con dous dosseus membros que lle dean nome a cadansúa rúa viguesa. A dos Bárcenaé unha delas. O conde de Torre-Cedeira, ao que Vigo dedicou unha dassúas máis populares rúas era Manuel Bárcena Franco, alcalde e fundadorda Caixa de Aforros e da Cámara de Comercio; a condesa de Casa Bár-cena, que conta con outra, era a súa cuñada, a esposa do seu irmánAugusto. A toponimia recoñece neste caso a pegada que esta familia deempresarios deixaron na configuración do Vigo moderno, pois, só porcitar algúns, foron eles os promotores de edificios como o antigo HotelModerno (na Porta do Sol) ou o actual Centro Social de Caixanova (narúa Policarpo Sanz), dúas das mellores pezas do patrimonio arquitectó-nico da cidade olívica, que foron deseñadas por Michel Pacewicz eJenaro de la Fuente respectivamente. Ou a contribución de Augusto ácultura local, pois o pequeno dos irmáns Bárcena Franco foi un impor-tante coleccionista de obras de arte e impulsor do que sería Cine Tam-berlick a través dunha sociedade fundada en 1897 (Bárcena, Martínez yPérez), da que el era o xerente. Finalmente, Manuel Bárcena de Andrés,fillo de Manuel, foi un dos fundadores e primeiro presidente do RealClub Celta de Vigo

Os primeiros empresarios da familia: Bernardo Bárcena de la Concha (1743-1819) e Manuel Bárcena y Bustillo (1792-1861)

Manuel e Augusto Bárcena Franco non foron en todo caso os primeirosempresarios da familia. Formaban parte dunha longa saga que arribara aGalicia no ano 1736, coa instalación en Bouzas, como administrador daRenta de Tabacos, de Gaspar Bárcena y de la Concha.1 Gaspar, nacidoen 1711 no cántabro val de Carriedo,2 casou na igrexa de San Miguel deCoia en segundas nupcias con Bernarda Isabel Arizmendi y Caamaño en1742. O su vinculeiro, o boucense Bernardo Bárcena de la Concha, nacidoao ano seguinte, sería o primeiro membro da familia que adquiriría rele-vancia no mundo empresarial.Bernardo Bárcena de la Concha Arizmendi (1743-1819) exerceu

como retallista e comerciante por xunto, como prestamista e como na-vieiro no Vigo do derradeiro cuarto do século XVIII. O seu ascenso nesteeido estivo asociado como era adoito naquela altura, ás súas relacións fa-miliares e de procedencia, pois non só era curmán dun dos máis impor-tantes armadores e mercadores da cidade, Manuel Antonio López Bár -cena, senón que ademais casaría coa súa cuñada, Francisca del Bustillo,un e outra tamén naturais do mesmo val cántabro ca o seu pai. Estivo aso-ciado ao seu curmán e a outros comerciantes da cidade, como Josef An-tonio Cayro, en diversas empresas. Unha delas foi López, Bárcena yCairo,3 que, establecida en 1792, foi unha das principais importadoras deliño de Rusia polos portos de Vigo e Carril e exportadora de lenzos galegose importados con destino a América, así coma introdutora de xéneros co-loniais con destino a outros portos españois e europeos. Bernardo Bárcenafoi tamén armador de buques e prestamista, actividade na que deixabaavultadas cantidades de diñeiro a algunhas das casas mercantís máis im-portantes da cidade. Abriu así unha liña de negocio na que destacaríanalgúns dos seus sucesores.

124Empresarios de Galicia

1 Agradézolles a Felipe Bárcena y Varela de Limia, a Luis Bárcena de Castro e a JuliaSanz Angulo as facilidades que me deron para consultar a documentación relativa á familiaBárcena.

2 Arquivo Conde de Torre-Cedeira (en adiante ACTC), árbore xenealóxica; Arquivoda Deputación de Pontevedra (en adiante ADP), Fondo Bárcena Saracho.

3 AHPPo, Protocolos, López Varela, 01/12/1792 e 17/06/1796.

A comezos do século XIX Bernardo era xa un dos principais mercado-res da cidade. Como tal tiña casa con tenda e bodega na rúa da Faixa(actual rúa Real), onde vivían os máis importantes dos seus compañeirosde profesión, tales como os Marcó del Pont, os Cayro, a viúva de López,Pedro de la Fuente ou Mathias Pascual Coca; tiña outra na limítrofe rúado Outeiro, que era onde residía coa súa familia.Manuel Bárcena Bustillo (1792-1861) foi o único fillo supervivente

de Bernardo, e tomou as rendas dos seus negocios logo do seu pasamentoen 1819. Naquela altura, o panorama económico era completamente dis-tinto do dos anos finais do século anterior nos que o seu pai desenvolveraos seus negocios. O comercio de importación e exportación ocupabaagora un lugar marxinal no negocio local e Manuel Bárcena diríxese,como outros tantos, aos investimentos urbanos e as actividades de inter-mediación no mercado local de capitais. Pero, sobre todo, o mais salien-table da súa actividade empresarial foi a súa implicación nas actividadesmanufactureiras, pois de toda a saga dos Bárcena foi este Manuel Bár-cena Bustillo o máis directamente implicado na industria. Curiosamente, a actividade industrial de Manuel Bárcena Bustillo foi

moi representativa do que foi este eido na Galicia do século XIX, pois estivocentrada precisamente nas que foron as súas practicamente únicas dúasespecializacións manufactureiras: a salgadura da sardiña e o traballo docoiro. No primeiro destes ámbitos, a súa implicación foi máis ocasional,pois estivo limitada a súa participación nas sociedades que entre os anos1823 e 1830 xestionaron dúas fábricas de salgadura, unha delas na Portela(Santo André de Cedeira), preto de Redondela, e a outra na viguesa rúada Vitoria.4 Tras dunha excelente costeira no ano 1828, a ralentizacióndeste negocio empurrouno a abandonalo. Deste xeito, centrouse na outraindustria na que mantiña intereses, a do coiro. Bárcena mercara unhafábrica de coiros coñecida como a da Coutada Nova, situada en Lavadores,a un prezo moi reducido nunha subhasta xudicial no ano 1823, e empren-dera a súa explotación en sociedade coa súa tía materna María IsabelBustillo, a viúva de Manuel A. López, que achegara a metade do capital.

125Manuel Bárcena Franco

4 AHPPo, Protocolos,Martínez, 14/05/1823 e 02/11/1830.

5 AHPPo, Protocolos, Martínez, 08/07/1825.6 TABOADA LEAL (1840: 120).7 ALONSO ÁLVAREZ (1986).

De pé Manuel BárcenaFranco e as súas irmáns Concepción e Ángela. Sentados están AugustoBárcena Franco e a súa muller (ADP, Fondo Saracho)

Empresarios de Galicia 126

Manuel actuaría como director efectivo da fábrica, en troques dunha re-muneración do 2,5% das vendas de becerros, baquetas e solas,5 que foronas especialidades que traballaron nos anos seguintes. Bárcena, que á mortede Isabel, quedaría coa plena propiedade das instalacións, deulles un puloque as transformou en pouco tempo nunha das máis importantes de Españado seu ramo. Dela diría Nicolás Taboada Leal no ano 1840 que:

[...] tiene muchísimo surtido, está perfectamente dirigida y sus manufac-turas merecen el mejor crédito en el interior del reino, para donde salencontinuas remesas de toda clase de curtidos.6

O propietario e director da fábrica de Lavadores casou dúas veces, nasdúas ocasións con mulleres dunha familia de comerciantes asturianos es-tablecida en Vigo, a dos Menéndez. Pola súa transcendencia empresarial,o matrimonio máis importante foi o segundo, o que tivo lugar en 1824con Pilar Franco Menéndez, tras unha corta viuvez da súa primeira esposa.Pilar era filla de Clementa Menéndez Colwell, que o era á súa vez de Lo-renza Colwell Taboada e Francisco Menéndez de Montes, un dosprincipais navieiros e empresarios do corso vigueses de finais do séculoXVIII, a carón de Marcó del Pont e Velázquez Moreno.7 O seu pai era JoséJacinto Franco Andino, coronel cabaleiro da Orde Real e militar de SanLuís e cabaleiro da Lexión de Honor, que ao remate da guerra do francésfixara a súa residencia en París. Clementa e a súa filla Pilar pasaron, trasda fuxida do seu marido e pai, a vivir na casa de Leopoldo Menéndez, queera irmán de Clementa e Pilar converteuse nunha máis das súas fillas.Como marido de Pilar, Manuel Bárcena foi gañando a confianza do

seu tío político Leopoldo Menéndez Colwell (1780-1841), de xeito queen 1828 este deulle participación na xestión dos seus negocios, mesmopara o substituír nas súas funcións como vicecónsul de Inglaterra. Ámorte deste último, Manuel pasaría a ser depositario e administrador dafortuna da herdanza, que pertencía ás fillas do finado e á súa propiaesposa, Pilar Franco Menéndez, que pola súa volta, e ao pasamento da

súas primas, remataría por ser a herdeira universal dos bens do seu tíoLeopoldo.8 Por esta vía, os patrimonios das dúas familias quedaban uni-dos no matrimonio entre Manuel Bárcena e Pilar Menéndez.

Menéndez y Bárcena, fusión e continuidade de dúas importantesempresas familiares

Como na maioría das empresas familiares dedicadas ao comerciodurante todo o século XIX, o circulante representaba o maior dos compo-ñentes do capital. Para evitar a súa dispersión, a fórmula que elixiron asherdeiras de Leopoldo Menéndez foi a de constituír unha sociedade regu-lar colectiva, á que aquel se incorporaría e que adoptaría a denominaciónde Menéndez y Bárcena. O marido de Pilar Franco Menéndez entraríacomo socio industrial, e pasaría a se encargar da administración. Non sópor ter experiencia nos negocios senón tamén porque a ampla discrimi-nación que o Código civil establecía para as actividades empresariais dasmulleres, especialmente as casadas, non deixaba practicamente outraposibilidade. De feito, cando catro anos máis tarde a sociedade se trans-formou en comanditaria, a única muller que se puido incorporar aoequipo xestor foi Isabel Menéndez, que estaba solteira.9As actividades de Manuel Bárcena Bustillo bifurcaranse a partir da

constitución de Menéndez y Bárcena, pois deberá atender simultanea-mente á dirección da súa fábrica de coiros de Lavadores e aos negociosda nova sociedade familiar. Nesta última e libre da tutela do seu tío polí-tico, ampliará as súas tradicionais actividades comerciais e navieiras e en-trará en negocios novos. No primeiro destes sentidos, Bárcena pasará aparticipar como armador no daquela nacente do transporte de emigrantesa América e reforzará a súa actividade crediticia, especialmente nos prés-tamos para o financiamento de expedicións marítimas. Entre os negociosnovos nos que a firma entraría baixo a dirección de Manuel, un dos máisrelevantes sería o da exportación de gando vacún a Inglaterra, unha acti-vidade que tivo moita importancia na Galicia de mediados do século XIX.

128Empresarios de Galicia

8 AHPPo, Protocolos, Lago, 07/05/1828.; ídem, Blein 01/06/1841 e 27/02/1841.9 AHPPo, Protocolos, Blein, 03/09/1845.

Nesta actividade, Menéndez y Bárcena, foi non só unha das pioneiras se-nón tamén a segunda máis importante das que operaron nos portos galegosentre 1842 e 1860. No seu posicionamento nesta actividade tivo sen dú-bida moito que ver, como tamén o tivo no caso da obtención do negociodo abastecemento de carbón aos barcos de vapor que recalaban no portovigués e que consegue pouco máis tarde, o feito de que os Bárcena-Me-néndez ocupasen o viceconsulado inglés en Vigo desde 1770.10A carón da súa actividade mercantil ocupou cargos políticos, como o

de alcalde segundo e o de membro da Deputación Provincial de Vigo nobreve período no que a cidade foi capital provincial; exerceu cargos dearbitraxe entre a profesión comercial como os de prior, viceprior e cónsulno Tribunal de Comercio de Vigo, que exerceu entre 1839 e 1859. E final-mente —por citar só un exemplo da súa participación na vida social dacidade— foi un dos impulsores en 1847 do Círculo Recreativo de Vigo.11Manuel Bárcena Bustillo e Pilar Franco tiveron oito fillos, tres homes

e cinco mulleres. Xa maior e con vistas a preparar a sucesión, Manuel ce-lebrou no ano 1857 un convenio cos tres primeiros. Na súa virtude, a ad-ministración de todos os bens familiares, incluída a sociedade Menéndezy Barcena, pasaba a mans dos dous maiores, Leopoldo e Manuel BárcenaFranco. Leopoldo amosou pouco interese polo negocio, ao deixar axiñade acudir polo escritorio, polo que o seu pai revogou o convenio, e quedouManuel —que daquela tiña 24 anos— como único director ata a maioríade idade do terceiro irmán, Augusto.12 Eles dous serían, xa que logo, ossucesores, pois para iso foran educados, mesmo semella que Manuel cur-sara estudos en Inglaterra.13 Pola súa banda as mulleres foran, como eraadoito na época, educadas para o matrimonio, o que supoñía un investi-mento moi inferior ao realizado nos irmáns, unha discriminación que

129Manuel Bárcena Franco

10 A concesión en Gaceta de Madrid, 19/02/1850. Para estes efectos Bárcena alugaríaen 1859 dous almacéns no Areal. Cfr. AHPPo, Protocolos, Graña, 12/02/1859.

11 ACTC; MEIJIDE PARDO (1973).12 Leopoldo finou poucos meses máis tarde, e a súa descendencia trasladouse a Madrid,

polo que apenas exerceu outra influencia na evolución da empresa familiar ca a derivadado cobro da súa parte da herdanza.

13 Public Record Office, Foreign Office, atado 72/740.

mesmo o pai recoñeceu no seu testamento.14 Todas elas ca-saron con membros do comercio ou da pequena nobreza etodas se mantiveron afastadas da xestión do negocio familiar.Con todo, dous dos seus matrimonios destacaron pola súatranscendencia posterior. Concepción casou con JoaquínOtero Mariño, e un dos seus fillos foi Joaquín Otero Bárcena,que se convertería en director-propietario do xornal Faro deVigo e importante empresario durante o século seguinte. Án-gela casou con Eduardo Jáudenes, e do seu matrimonio na-cería o banqueiro Manuel Jáudenes Bárcena.Co pasamento no ano 1860 de Manuel Bárcena Bustillo,

Pilar Franco concentraba na súa persoa a titularidade dosbens das dúas pólas familiares. Do capital de Menéndez yBárcena herdaba o cuarto que pertencía ao seu defunto ma-rido, pero tamén, como xa vimos, os outros tres cuartos queforan do seu tío. A fábrica de curtidos da Coutada Nova e asleiras e os dereitos propiedade dos Bárcena pasaban tamén aela e aos fillos por herdanza de Manuel. Só concorrían outrosdereitos sobre o conxunto do novo patrimonio, os dos seus fi-llos. Pilar entregoulles algo máis de dous millóns de reais enefectivo, e en troques pasaba a concentrar na súa persoa tantoos bens procedentes dos Menéndez coma dos Bárcena.15Pouco máis tarde transformaría a sociedade Menéndez y Bár-cena e daríalle entrada ao seu fillo maior, Manuel —Augustoera aínda menor de idade— como socio industrial; a súa contribuciónsería toda de capital.16A década de 1860 foi unha xeira favorable para a refundada empresa

que acumulaba xa dúas décadas de vida e que agora dirixía o mozoManuel Bárcena Franco. Continuaron co negocio das pasaxes a Amé-

130Empresarios de Galicia

14 «Cos meus fillos homes gastei todo o que foi preciso para a súa esmerada educacióne que con iso cometín moitos máis dispendios ca coas súas irmáns», AHPPo, Protocolos,Graña, 17/02/1860.

15 ACTC. Tamén AHPPo, Protocolos, Álvarez del Quintanal 16/04/1862 e GonzálezFebrero 18/06/1874.

16 AHPPo, Protocolos, Álvarez del Quintanal, 07/05/1871.

rica, agora como consignatarios da Pacific Steam Navigation Company,de A. López y Compañía, e doutras de entre as máis importantes compa-ñías que tocaban nos portos galegos.17 Continuaron tamén coa actividadebancaria: negociación de letras de cambio, diñeiro a premio, préstamospara diversos efectos. E co depósito de carbón, que agora vía medrar o seumovemento a medida que o vapor substituía a vela como aquel de trac-ción para os barcos que frecuentaban a ría. E coa exportación de gando,que tivo precisamente nos anos 1860 a súa década de ouro. Neste últimoeido os Bárcena foron un dos grupos comerciais que participaron no cár-tel da exportación de gando galego a Inglaterra, un negocio no que unfeixe de compradores, ao que pertencían tamén o compostelán ManuelPérez Sáenz e os coruñeses Augusto José de Vila e os irmáns Carricarte,se distribuían as zonas de compra co obxectivo de evitaren a competen-cia.18 Pola súa banda, a fábrica de curtidos debeu ter durante os anossesenta unha evolución favorable, pois unha avaliación de peritos corres-pondente a 1871 dáballe un valor superior aos dous millóns de reais, oque a seguía a situar como unha das máis importantes polo valor dos seusactivos en Galicia. Xa na metade da década, contra 1864, a sociedadeMenéndez y Bárcena era a primeira contribuínte en concepto de comer-cio de por xunto de toda a provincia de Pontevedra.O pasamento da propietaria do capital familiar, Pilar Franco Menéndez

no ano 1872 tampouco alterou a continuidade do negocio. Os dous irmánsBárcena Franco cambiaron a razón social pola de Manuel Bárcena y Her-mano e seguiron adiante.19 O importe do traspaso achegouse aos sete mi-llóns de reais, dos que os dous terzos lle correspondían á fábrica de cur-tidos.20 Manuel e Augusto mantivéronse asociados durante os dez anosseguintes, pero cada vez actuando máis pola súa propia conta, polo queen xuño de 1881 decidiron liquidar a empresa familiar. Manuel quedou

131Manuel Bárcena Franco

17 VÁZQUEZ (1999: 786).18 Carta de Manuel Pérez Sáenz a John Hall and Company do 02/11/1863, en Arquivo

do Banco Gallego, fondo Manuel Pérez Sáenz, libros maiores e correspondencia de MPSentre 1860-1880.

19 Datos extraídos da Escritura ante Eugenio Domínguez González o 28/05/1881.ADP, Fondo Saracho.

20 AHPPo, Protocolos, González Fernández, 14/12/1873.

coa fábrica de curtidos e cos activos e pasivos daquela, mentres que Augustorecibiu a liquidación pola parte achegada á sociedade e polas utilidadescorrespondentes a aqueles anos.21 Agora si que era, despois de corentaanos, o final de Menéndez y Bárcena.A partir da liquidación da sociedade, os irmáns Bárcena Franco segui-

ron cada un o seu propio camiño, aínda que os eidos percorridos non foronmoi distintos. Ocupáronse ambos os dous no negocio bancario, na consig-nación de buques e nos asuntos portuarios e inmobiliarios. Ambos os dousocuparon diversas representacións consulares e interviñeron na políticalocal, chegando un e outro a ser alcaldes da cidade, Augusto durante unsmeses no ano 1879 e Manuel durante os dous anos seguintes. Formaronparte do consello de administración da sucursal viguesa do Banco deEspaña, entre os anos 1884-1887 Manuel e desde aquela ata 1909 Augusto,e da directiva da Cámara de Comercio, da que Manuel foi fundador e pri-meiro presidente.22 Finalmente, ambos acadaron títulos nobiliarios, poisManuel foi nomeado no ano 1891 conde de Torre-Cedeira e Augusto en1906 adquiriu o de conde de Casa Bárcena23. En todo caso, e malia esteselementos comúns no percorrido dos irmáns Bárcena Franco, as súas tra-xectorias tiveron un peso e unha orientación diferentes dentro da vida eco-nómica viguesa, máis virada ao mundo da cultura no caso do menor emáis cara ao da política e a empresa no caso de Manuel.Deste xeito, e aínda que Augusto Bárcena Franco (1839-1910) tamén

se dedicou ao comercio de importación-exportación, especialmente dobacallau e á consignación de buques —asociado primeiro con SegundoTorres e logo aos coruñeses irmáns Carricarte— e aínda que foi o solici-tante dalgunha liña de tranvías, Augusto pasaría á posteridade máis ca porestas actividades por outras relacionadas coa educación e coa cultura.Achegou os terreos, que el herdara, nos que a sociedade Bárcena, Martínezy Pérez, construíu o teatro-circo, que logo sería Tamberlik e presidiu noano 1885 a comisión que impulsou a creación da Escola de Artes e Ofi-

132Empresarios de Galicia

21 «Presentación de cuentas de Manuel Bárcena Franco a su hermano Augusto el 13de abril de 1882», en ADP, Fondo Bárcena Saracho.

22 GONZÁLEZ MARTÍN (1986).23 ADP, Fondo Bárcena Saracho.

cios, que tivo nun edificio da súa propiedade a súa primeira sé.24 Casadocon María del Carmen Saracho Spínola en 1881,25 tivo dous fillos, Au -gusto (1883-1977) e Margarita (1886-1909). Ao seu pasamento en 1910, asúa viúva e os seus fillos formaron a sociedade regular colectiva Viuda eHijos de Augusto Bárcena, para darlles continuidade aos negocios decomercio e consignacións, pero xa cun capital moi minguado, o de cincomil pesetas. A actividade desta sociedade sería breve, pois o fillo, AugustoBárcena Saracho, malia licenciarse en Dereito en Madrid e comezar estu-dos de comercio en Barcelona, optou por consolidar a súa vocación artís-tica que o levaría a se converter nun importante compositor de música dearraigo galego.26

Manuel Bárcena Franco e a expansión urbana do Vigo oitocentista

Cando no ano 1881 Manuel Bárcena Franco se independiza do seuirmán, acumulaba xa sobre as súas costas unha amplísima traxectoria em-presarial, pois actuara como xerente practicamente único de sociedadefamiliar durante máis de vinte anos. Pero ademais diso, tamén desenvolverade seu diversas actividades. Entre elas, unha das de máis transcendenciafora a súa participación na construción e na urbanización dos recheos dazona do porto, na que entrara na xeira na que estaba asociado con Augusto,e que no momento da separación aínda non rematara. Aquelas obras e oseu resultado —que foi o primeiro ensanche vigués e as súas primeirasinstalacións portuarias modernas— formaban parte dun conxunto de ac-tuacións que configuraron a fasquía do Vigo da época da primeira indus-trialización e que comezaran co derrubamento das murallas da cidadeantiga e co proxecto de «nueva población» e continuaran coa chegadado ferrocarril e co trazado das que se converterían en principais arteriasda cidade. O futuro conde de Torre-Cedeira albiscara moi axiña as posi-

133Manuel Bárcena Franco

24 AMV, caixa URB-11, núm. 141 (ano 1885).25 María Saracho, era pontevedresa, nacida no ano 1865 e filla do delegado provincial

de Facenda. Muller de fonda relixiosidade, foi a principal impulsora dos Xoves Eucarísticosen Vigo. O Concello dedicoulle unha rúa co gallo do cincuentenario destes últimos.

26 GONZÁLEZ MARTÍN (2005).

bilidades do negocio urbanístico e tomaría unha participación moi activana configuración do urbanismo vigués contemporáneo, do que sería undous principais facedores, tanto pola súa participación no movemento desoares e construcións coma porque desde os postos políticos que ocupouexerceu unha enorme influencia nesta cuestión. Para desenvolver o proxecto de saneamento dos terreos da parte occi-

dental do Areal e da construción dos peiraos situados na zona da Laxe —que presentaran García Olloqui e Vázquez Varela no Ministerio deFomento no ano 1870— formouse tres anos despois a denominada Com-pañía de los Terrenos y Muelles del Puerto de Vigo.27 A cambio das obrasque debía realizar, a empresa recibiría os terreos saneados dos que se des-contaría un espazo que se destinaría a paseo público. Os autores do proxectoentraron como accionistas da empresa, a carón do capitalista madrileñoJuan Callejón Villelgas e dun feixe de empresarios locais, que eran FélixVilloch, Juan Tapias Ferrer, Fernando Carreras, Alejandro Buenaga e opropio Manuel Bárcena Franco. A eles in-corporaríase axiña Simeón de Oya. Agás opropio García Olloqui, os demais eran todossocios capitalistas e achegaron un total dedous millóns de reais.28 Bárcena ocuparíao cargo de xerente durante os dous primeirosanos da empresa e en tal concepto foi quenlle presentou o proxecto de urbanizacióndo novo barrio ao concello de Vigo.29Tal como estaba estipulado, ao remate

das obras, a sociedade recibiu as obras e opeirao de madeira; os terreos convertéronseen soares que ocupaban o que actualmente son os bloques comprendidosentre as rúas Carral, García Olloqui e Concepción Arenal, limitadas aosur pola Alameda e ao norte por Montero Ríos.30 A continuación liquidouse

134Empresarios de Galicia

27 Gaceta de Madrid do 28/12/1870 e do 09/10/1873.28 AHPPo, Protocolos, González Febrero, 23/09/1873 e 31/11/1873.29 AMV, caixa URB-6.30 Sobre a historia do recheo véxase PEREIRO ALONSO (1981).

135Manuel Bárcena Franco

e disolveuse a sociedade de forma quese valoraron os bens e se lles entregarona cada socio os terreos que lles corres-ponderan en función da súa contribu-ción de capital. A Bárcena correspon-déronlle doce soares por un valor de168.674 pesetas, o que supoñía un be-neficio de case que un 40% xa antesde comezar a súa venda.Os doce soares do recheo engrosa-

ron o patrimonio inmoble que ManuelBárcena adquirira por herdanza, poisPilar Franco reunira no seu día unhaboa presada de leiras. Pero houbo aíndaunha terceira fonte de engrandece-mento das propiedades do antigo xe-rente de Menéndez y Bárcena, que foia propia compra que el mesmo viña fa-cendo, e que continuaría ata os derra-deiros anos da súa vida.31 O conde deTorre-Cedeira mercou especialmenteen zonas como a actual rúa de Poli-carpo Sanz, a de Carral, Caños, Areal,Guixar, Victoria, Roupeiro e Urzáiz,así coma tamén edificios na zona vella.Finalmente, mercaría xa no ano 1894soares máis afastados do centro en lu-

gares como Peniche e Coia. Alí mercou, por exemplo, dúas leiras que to-talizaban unha extensión de media hectárea, entre as actuais rúas deTomás Alonso e Paz, moi ben dotadas de auga, que utilizaría posteriormentepara augada dos buques.32 En realidade, xa antes destas últimas comprasde soares e edificios, xa no ano 1889 Manuel Bárcena convertérase no

31 SOUTO (1990: 84-92).32 Rexistro da Propiedade de Vigo (en adiante RPV), leiras núm. 3272 e 3275.

principal propietario urbano da cidade de Vigo, algo que continuaríasendo ata o seu pasamento.33Manuel Bárcena pode ser considerado un verdadeiro empresario

inmobiliario, que actuou coa racionalidade de tal, probablemente o máisimportante da Galicia da súa época. Na súa política de compras estivo enmoitas ocasións a perspectiva de agrupar leiras, aumentar o seu valormediante a concentración e vender ou edificar por conta propia, en moi-tos casos para alugar e obter rendas.34 A xénese do coñecido como edifi-cio Bárcena —que ocupa a esquina entre as actuais rúas de PolicarpoSanz e Velázquez Moreno— é un bo exemplo do que estamos a dicir.Bárcena dispoñía dunha leira na Fervenza, que era o nome que anterior-mente tiña aquel lugar; no ano 1878 mercou seis leiras estremeiras (dúascualificadas como rústicas e catro como urbanas) por un valor de 43.229pesetas.35 Sobre parte do predio resultante o Concello abriu no ano 1888unha rúa que comunicaba a rúa do Príncipe coa actual de PolicarpoSanz. Daquela, o noso empresario construíu alí un edificio valorado en446.933 pesetas, onde hoxe se sitúa o centro social dunha coñecida enti-dade financeira.Cómpre ter en conta que naquela altura —anos 1870 a 1900— a dis-

persión da propiedade fóra da zona vella era elevada e que a competenciapola compra de leiras no seu contorno era forte. Ademais de Bárcenaoutros importantes investidores neste tipo de bens eran naqueles anos osBarreras, os Curbera, os Curty ou os Tapias, polo que resulta pouco pro-bable que Manuel Bárcena puidese concentrar alén do que o fixo. Manuel Bárcena Franco non se limitou a facer unha contribución

importante á configuración do urbanismo moderno en Vigo senóntamén á súa estética, pois entre os edificios que promoveu atópansealgúns dos que aínda hoxe resultan distintivos da cidade, tal como por

136Empresarios de Galicia

33 Lista dos maiores contribuíntes de Vigo en SOUTO (1990: 86-89).34 Non é esta a opinión por exemplo de SOUTO, para o que «a ausencia de concen-

tración das propiedades, agás no caso do ensanche de García Olloqui, e a correspondenteurbanización, implica unha escasa actuación empresarial no eido inmobiliario, o que con-trasta coas numerosas propiedades pola cidade…». Cfr. SOUTO (1990: 92).

35 As vendedoras eran sobre todo mulleres de certa idade, que herdaran as leiras dosseus pais ou como gananciais. RPV, leiras núm. 2083, 2101, 2102, 2112; 2157.

exemplo o xa citado da esquina entre Policarpo Sanz e Velázquez Mo -reno ou o antigo Hotel Moderno na Porta do Sol. Manuel Bárcena tamén mercou fóra de Vigo distintas leiras noutras

bisbarras da provincia. Xa antes de casar adquirira unha na parroquiaredondelá de Cedeira, que posteriormente pasaría a denominarse Torre-Cedeira, á que acudirían frecuentemente políticos madrileños e outrospersoeiros ao seu paso por Vigo. As súas compras na zona do Salnés e doCondado manifestaron axiña o seu interese polo mundo da viticultura. No

ano 1884, xa casado, mercou por 140.000pesetas, unha gran leira denominada Filla-boa, que ocupaba 37 hectáreas e que lin-daba coa desembocadura no Miño do ríoTea.36 Era esta unha espectacular propie-dade da duquesa de Híjar, dedicada a cereal,viñedo, que incluía unha importante carba-lleira e piñeiral, que Bárcena mercou a cam-bio do pago a varios banqueiros madrileñospara saldar algunhas débedas que a grava-ban. A Fillaboa foi empregada primeiro co -mo segunda residencia á que tamén acu -dían persoas relevantes ao seu paso por Vigopero axiña pasou a ter como uso principal aprodución comercial de uva para vinifica-

ción baixo a marca La Fillaboa e a indicación de orixe do Condado. Oconde de Torre-Cedeira actuou nesta ocasión como un verdadeiro empre-sario agrario, pois tivo que realizar un importante investimento na renova-ción das cepas, e fixo un esforzo moi relevante por situar o seu viño —tintoe branco— nun segmento alto do mercado, como viño de calidade, desti-nado ao consumo en actos de importancia social en España, pero sobretodo a ser consumido polo estrato máis abastado da emigración galega en

137Manuel Bárcena Franco

36 «Además de una casa con bodega, tres lagares con sus correspondientes maderas yvasijas, tres casas más subalternas, dos corrales o cuadras, pegadas a la principal con treshórreos y una barca para paso de jornaleros», Rexistro da Propiedade de Ponteareas. Tomo140 de Salvaterra, leira núm. 1267, inscrición núm. 6, fol. 133.

Etiqueta vino de La Fillaboa

América. Deste xeito, o Fillaboa xa se exportaba a Cuba e Arxentina contrao ano 1900 e aparecía, a carón do champaña da viúva de Clicot, nos me -nús das vodas do Hotel Suízo de Vigo ou dos máis importantes actos so -ciais dos balnearios da Toxa e de Mondariz.37Polo conxunto das súas propiedades o matrimonio Bárcena-Franco

foi no cuarto de século anterior á primeira Gran Guerra non só o primeirocontribuínte por urbana da súa cidade, senón tamén un dos primeirospor territorial na provincia.

Manuel Bárcena Franco, banqueiro e empresario portuario

A carón da urbanística, as outras dúas grandes orientacións empresa-riais de Manuel Bárcena Franco foron a bancaria e a dos servizos maríti-mos. Cara a elas foi aos poucos orientándose o conde, ao mesmo tempoque, desde o momento da disolución da empresa familiar, se desentendíada súa outrora gran fábrica de coiros ou de calquera investimento nasnovas industrias que estaban a se desenvolver no seu contorno inmediato,tales como a conserva e as súas afíns ou como a eléctrica.38 Resulta espe-cialmente indicativo da súa pouca propensión ao investimento industrialo feito de ser o único banqueiro galego das dúas décadas finais do XIX eprimeira do XX que non tomara parte na creación de ningunha empresahidroeléctrica nin tranviaria, malia as estreitas relacións que mantiña comarqués de Riestra e con Laureano Salgado, que se contaron entre osprincipais impulsores do sector, e que, sen dúbida, o tentaron a partici-par. En realidade, nin sequera se debeu preocupar moito pola súa fábricade curtumes de Lavadores porque os investimentos que nela fixo foronmáis en ampliacións do seu perímetro ca en instalacións produtivas.Con trinta anos e aínda na súa época de Menéndez y Bárcena, o pro-

pietario vigués fora no ano 1863 un dos impulsores do proxecto de crea-ción dun Banco de Emisión e Desconto en Vigo, acubillado á lexislaciónbancaria de 1856, que permitía a formación de institucións locais concapacidade de emisión de billetes e de realizar descontos bancarios. En

138Empresarios de Galicia

37 Gaceta de Galicia, 30/09/1903 e 30/03/1909.38 CARMONA e NADAL (2005).

Galicia existía xa un banco emisor desde 1857 na Coruña, e estaba enmarcha en Santiago de Compostela unha iniciativa semellante.39 Os pri-meiros pasos deste proxecto déraos un banqueiro cántabro —JuanAbarca— que a través da casa coruñesa de Pastor Hermanos reunira unamplo grupo de comerciantes industriais e vigueses, que serían, a carónde coruñeses e cántabros os primeiros subscritores de accións. A aquelaxuntanza asistira Manuel Bárcena e no seu curso subscribira cincuentaaccións, unha cantidade significativa, porque era a mínima precisa parapoder exercer o cargo de director. Bárcena incorporouse decontado ácomisión xestora e desde ese momento foi un dos seus principais impul-sores. Mais o proxecto foi rexeitado polo Consello de Estado, que, entreoutras cousas, considerou excesivamente longo o prazo proposto para odesconto de obrigas de pagamento e préstamos, que era de seis meses,cando o común era a noventa días, e porque nas garantías de sinaturaspara desconto só se esixían dúas, cando o uso xeral era de tres.40Á marxe da súa frustrada participación nesta sociedade anónima ban-

caria, Bárcena continuou como banqueiro individual, o máis importantedos existentes en Vigo, coa dinámica herdada de Menéndez y Bárcena:admisión de diñeiro a depósito pagando un 1% de xuro, concesión dediñeiro a préstamo, operación esta na que esixía adoito garantías hipote -carias ou de papel comercial, aceptación de obrigas de pagamento, aper-tura de contas de crédito, etc. Dispoñía dunha ampla rede de correspon-dentes e os seus seareiros acadaban toda a área sur da provincia. Moitos dosmovementos nas contas destes últimos estaban relacionados coa compra e coa venda de débeda pública española e latinoamericana, coa compra ecobro de cupóns e coa distribución das remesas procedentes da emigra-ción, liña esta na que Manuel Bárcena era, xunto con Tapias, o seu prin-cipal canalizador no sur da provincia, tal e como indica o gobernador civilnun coñecido informe do ano 1888.41Aínda que tal e como xa dixemos, Manuel Bárcena non se involucrou

directamente nas industrias daquela nacentes en Galicia, si que partici -

139Manuel Bárcena Franco

39 FACAL (2003). «Banco de Emisión y Descuento de Santiago 1863-1871» (ms.)40 AHN, Hacienda, atado 434.41 SARTHOU (1888: 27).

pou no financiamento dalgunhas, nomeadamente das de carácter maríti -mo. No Vigo de finais de século, e ata a creación do Banco de Vigo noano 1900 os empresarios tiveron moi poucas oportunidades de contar conliñas estables de crédito bancario. Pois ben, a casa Bárcena foi nestesentido, a máis implicada nesta actividade. Entre os clientes que dispuxeronde préstamos relevantes ou de liñas de crédito máis elevadas contáronseindustriais como Benigno Barreras (fabricante de conservas), AntonioSanjurjo Badía (fundidor e fabricante de caldeiraría), León Valverde (ar-mador), Laureano Salgado (turismo e xeración de electricidade) ou Román

140Empresarios de Galicia

Rodríguez (empresario de Baiona). Neste sentido, pódese dicir que noperíodo anterior á creación do Banco de Vigo, Manuel Bárcena Francofoi —na medida na que lle foi posible— o banqueiro da primeira indus-trialización viguesa.No eido dos negocios marítimos, Bárcena foi ampliando os seus activos

destinados á mellora da loxística do fornecemento de carbón aos buquesde vapor que chegaban ao porto, non así os destinados ás exportacións degando, pois foi este un negocio que rematou a comezos dos anos 1880por mor das prohibicións sanitarias inglesas. Tamén foi mercando barcos,de xeito que no ano 1891 inscribira ao seu nome unha corveta, unhafragata de ferro, un remolcador de vapor e seis gabarras, ademais dun de-

pósito flotante de carbón.42 O remolcador proporcionáballes aos vaporesde auga, aceite, velas, chalecos salvavidas, carbón, remolques, servizos delimpeza de caldeiras e reparacións; algúns destes servizos prestábanse coacolaboración dos talleres de Troncoso y Santodomingo. As actividadesportuarias eran durante os primeiros anos do século vinte a principal víade ingresos da casa Bárcena, pois representaba o 57% da facturación. Asegunda vía en importancia era a bancaria; dentro desta última as principaispartidas eran os xuros, as comisións e especialmente os ingresos por dife-rencial nos cambios e cupóns. As consignacións e os servizos de axenciadas compañías armadoras para as que traballaban eran a terceira vía deingresos. Naquela altura —primeira década do século XX— a casa Bárcena con-

taba con oito empregados de oficina, dos que dous desenvolvían tarefasde responsabilidade. Eran Ramón Menacho e Perfecto Pino. Cun amplocoñecemento do mundo dos servizos portuarios, estes dous últimos aso-ciáronse, á morte do conde de Torre-Cedeira, con Sobrinos de José Pas-tor e cos irmáns Tapias para formar en a Compañía de Carbones de Vigo,unha importante empresa de compravenda de carbón a buques a travésde depósitos flotantes.43O peso do conde de Torre-Cedeira na sociedade viguesa do último

terzo do XIX levouno a ocupar diversos postos significativos nas instituciónseconómicas locais. Comezou sendo cónsul do Tribunal de Comercionos anos 1865-1866, daquela como representante da empresa familiar;foi fundador e presidente da Liga de Contribuyentes a mediados dos anossetenta e impulsor e primeiro presidente da Cámara de Comercio, cargoeste último que ocupou entre 1886 e 1893. Participou tamén en instituciónscomo a sociedade recreativa La Tertulia. No eido da política Manuel Bárcena y Franco continuou e ampliou

a actividade dos seus devanceiros. Comezou como presidente da JuntaRevolucionaria Local no ano 1868; de aí pasou á Deputación en repre-sentación do Partido Radical nos anos 1871-187244 e ao Senado. En se -

141Manuel Bárcena Franco

42 ABREU (1983); ACTC, Libros Auxiliares.43 Rexistro Mercantil de Pontevedra (en adiante RMP), Sociedades, tomo 8, núm. 12.44 TABOADA MOURE (1987).

tembro do ano 1879 foi elixido alcalde de Vigo, cargo no que se mantivoata maio do 1881. A súa foi unha das alcaldías con mais frenesí urbanísti -co de toda a historia da cidade. Naquela altura era xa membro do PartidoConservador de Cánovas del Castillo, que na provincia representabaElduayen e, como tal, repetiu de senador durante cinco lexislaturas máis.Cómpre salienta-las súas intervencións naquel foro en temas como adefensa das admisións temporais de materias primas destinadas á súaincorporación a produtos exportables, algo que demandaban os conser-veiros vigueses para a folla de lata, ou como a construción ou mellora decategoría de varios dos portos galegos.Baixo a alcaldía de Manuel Bárcena Franco aprobáronse os primeiros

proxectos de urbanización extra muros, entre os que se contaron os dasactuais rúas de Carral, Elduayen, Afonso XIII ou Lepanto. El mesmo ocu-pouse, en moitos casos, de convencer e organizar os propietarios de leirassituadas en lugares que debían atravesar as novas rúas, para efectuar acesión ou permuta, tal como aconteceu na zona da antiga rúa de Circun-valación (hoxe Policarpo Sanz) ou de intervir en temas conflitivos comoo contencioso entre o Concello e a Compañía de los Terrenos y Muellesdel Puerto de Vigo sobre os terreos que hoxe conforman a Alameda.45Tamén durante a súa alcaldía se expuxo o Plan Xeral elaborado por ManuelFernández Soler, no que se establecían as liñas das novas rúas. Bárcena—como bo coñecedor que era da situación urbanística e dos problemaseconómicos do Concello— para os levar adiante propuxo e conseguiu aaprobación de diversas medidas destinadas a financiar obras municipais,como por exemplo melloras na recadación dos gravames sobre edificación,emisión de empréstitos e outras que permitiron construír catro casas escola,un mercado aberto e unha peixaría, así coma reformar a Alameda. Contodo, de entre todas as súas iniciativas como alcalde, pola que quedoumáis presente na memoria local non foi unha medida urbanística, senónfinanceiro-benéfica: a creación da Caja de Ahorros Municipal de Vigo,da que foi o seu primeiro presidente, un cargo no que estaría pouco tempopor estar ligado á ocupación da alcaldía, e primeiro impositor.

142Empresarios de Galicia

45 SOUTO (1990), AMV, URB.

Morte e sucesión do conde de Torre-Cedeira

Manuel Bárcena Franco casara no ano 1874 coa compostelá Doloresde Andrés y López —filla e neta de empresarios daquela cidade— coaque tivera tres fillos (Manuel, Fernando e Carlos) e outras tres fillas (En -riqueta, Dolores e Pilar).46 Destas últimas, a primeira morreu nova; dasoutras dúas, casou unha delas cun industrial vigués, administrador dasociedade León Valverde y Compañía, e outra cun militar irmán da mar-quesa de Riestra. Á súa morte, acaecida no ano 1909, o valor dos ganan-ciais cuadriplicaba o achegado polos dous cónxuxes ao matrimonio, unindicador do pulo empresarial que o conde tivera.47Mais co pasamento do conde de Torre-Cedeira rompeuse a continui-

dade de cinco xeracións da empresa familiar. Inicialmente dous dos fillos,Fernando e Carlos Bárcena de Andrés formaron unha sociedade colectiva,á que logo incorporaron a súa nai e o seu irmán Manuel. Esta sociedadeque trataba de ser un recurso para a continuidade do negocio —como noseu día Menéndez y Bárcena— agrupaba a todos os activos non inmobi-liarios da familia. Tivo unha vida curta xa que se disolveu no ano 1916 eCarlos quedou co negocio máis rendible que era o dos carbóns. Nos anos seguintes fóronse segregando os distintos negocios que com-

poñían a casa mercantil. A fábrica de coiros quedou nas mans de FernandoBárcena, as consignacións e o consulado inglés nas de Manuel, os depósitosde carbóns e o patrimonio flotante nas de Carlos; o patrimonio urbano erural distribuíuse entre fillos e fillas, agás a leira da Fillaboa e, xa que lo -go, a elaboración de viño, que por vontade do conde foi excluída dedivisión, e que quedou nas mans da viúva e logo das dúas fillas.48 Ningúndos fillos quixo saber nada da división bancaria e foi un sobriño, ManuelJáudenes Bárcena, corredor de comercio, o que se fixo cargo do negocio,transformándoo na que sería casa Banca Jáudenes Bárcena.49

143Manuel Bárcena Franco

46 Sobre a familia de Andrés García véxase BARREIRO FERNÁNDEZ (1988).47 O matrimonio comezara cun millón trescentas mil pesetas e cos gananciais; á morte

de Bárcena superaban os cinco. ACTC, «Partilla da herdanza de Manuel Bárcena Franco».48 A familia mantivo a leira da Fillaboa ata 1955 na que foi adquirida polos descen-

dentes de Federico Barreras Massó e pasou logo por compra das partes dos seus irmáns acoñecido enxeñeiro vigués Alejandro Barreras Barret, que a convertería nun dos emblemasdo nova denominación de orixe Rías Baixas.

49 RMP, libro 17, fol. 1.

A orientación e a sorte dos herdeiros foi moi distinta nos anos seguin-tes. Manuel, o vinculeiro, segundo conde de Torre-Cedeira, compaxinouos negocios urbanísticos cos portuarios. Mercou no ano 1910 unha granpropiedade no areal de Coia, coñecida como Alambique, que era conti-nuación dunha herdada do seu pai, e que ocupaba desde a actual TomásAlonso ata o areal devandito, todo ao longo da actual rúa da Paz. No ano1913 presentoulle ao Concello unha proposta de urbanización de toda azona situada entre aquela e Peniche, distribuíndo en soares edificables eabrindo unha «calle particular», que remataría por ser a actual rúa deTorrecedeira.50 Nestas e noutras moitas actuacións urbanísticas Manuelfoi o principal continuador da política do seu pai, e tivo unha importanteinfluencia, como el sobre a paisaxe viguesa do século XX.No outro eido, o dos negocios portuarios, entrou Manuel en dous im-

portantes negocios, sempre asociado con León Valverde. O primeiro delesfoi a sociedade establecida no ano 1912 para subministrar augada, salva-mentos e outros servizos portuarios baixo a razón social de Molins, Val-verde y Compañía.51 Bárcena achegou o manancial de auga potable quetiña no seu soar de Peniche, que a carón dos que achegaron os outros so-cios nas zonas do Areal e de Meira, os alxibes da familia Carrera e os co-ruñeses de Hijos de Thomas Guyatt, déronlle vida a unha empresa quese mantería funcionando ata 1999.52 A outra iniciativa na que tomou partefoi a fábrica de xeo León Valverde y Compañía, constituída en 1918 a ca-rón doutros trinta e cinco empresarios da zona, entre os que se contabanJosé Cardama ou Benigno Montenegro. Bárcena era —a carón de Val-verde e Ramón Lojo— un dos principais accionistas desta fábrica que en1923 ampliaría capital para absorber a outras dúas que existían na ría,unha delas a do seu curmán Manuel Otero Bárcena.53Manuel Bárcena de Andrés casara con Obdulia de Castro Montene-

gro, coa que tivo catro fillas e nove fillos, menores de idade aínda candofinou en 1927. O maior, Manuel, herdou o título nobiliario, que, ao mo-

144Empresarios de Galicia

50 AMV, Actas, 25/10/1913 e URB-79.51 RMP, libro 8, fol. 181.52 A sociedade transformouse en Aljibes de Vigo S.L. en outubro do ano 1986 e dis-

olveuse no ano 1999. Cfr. RMP, libro 596, fol. 105.53 RMP, libro 11, fol. 158.

rrer sen descendencia pasaría ao seu irmán Felipe, e del ao actual condede Torre-Cedeira, Felipe Bárcena Varela de Limia.Carlos Bárcena de Andrés, casado con Margarita Conde Pascual, foi

protagonista dunha importante e fugaz aventura empresarial no mundoda construción naval. Ao fío do auxe dos anos da Primeira Guerra Mundialno sector dos estaleiros54 entrou a formar parte en 1917 —a carón de JoséMaeztú Novoa— dunha sociedade destinada «a la construcción y compraventa de cascos, máquinas y calderas de vapores pesqueros». A compañía,J. Maeztú y Compañía, facíase cargo da carteira de contratos de caldeirase buques pesqueiros que tiña o seu socio, así coma das garantías de en-trega;55 Carlos, pola súa banda mercou dous soares na zona do CruceiroVello de Bouzas nos que se estableceu o estaleiro que pasaría a dirixirMaeztú. A empresa construíu e montou máis de corenta pesqueiros entre1919 e 1922 e pasou así a ser o cuarto estaleiro da ría por número de bu-ques entregados durante eses anos.56 Mais o medio desfavorable do finalda Guerra Mundial e a propia e deficiente xestión do negocio levárono ácreba e a unha desafortunada sucesión de obrigas que remataron por forzara intervención da viúva do conde de Torre-Cedeira e por repercutir gra-vosamente sobre o patrimonio familiar dos Bárcena.Finalmente, Fernando Bárcena de Andrés herdou a fábrica de coiros

de Lavadores nun momento no que esta actividade estaba xa en Galiciaen completa decadencia. Continuou a traballar solas e becerro ata 1934mais proba da súa mala marcha foi o feito de que Fernando se viu for-zado a hipotecala catro veces, tería que enfrontarse a un embargo, e final-mente, faríase con ela no ano mencionado a Caja de Ahorros Municipalde Vigo que fundara precisamente o seu pai. A Caja subhastouna e foimercada por un cidadán portugués que a transformaría nunha fábrica degoma.Cando no ano 1928 finou Dolores de Andrés, condesa viúva de Torre-

Cedeira, os bens que lles deixou aos seus herdeiros non representaron nino dez por cento dos que quedaran no momento do pasamento do seu

145Manuel Bárcena Franco

54 CARMONA e NADAL (2005: 156-160).55 ACTC, Correspondencia.56 ABREU (1983).

Empresarios de Galicia 146

marido dezanove anos antes. Dunha banda, porque moito fora xa repar-tido e estaba espallado entre a descendencia. Doutra, porque ela mesmativera que responder ante as débedas do estaleiro de Bouzas, de maneiraque tivera que poñer o máis emblemático edificio da familia, a popular-mente coñecida como Casa Bárcena, da esquina Policarpo Sanz-Veláz-quez Moreno, nas mans da Caja de Ahorros de Vigo. Unha vez tododividido, ningún dos fillos, que contaron en todo caso cun amplo patri-monio inmobiliario, desenvolveu unha carreira empresarial semellante ádos seus devanceiros. Con numerosas familias e cunha nova repartición,o patrimonio foise esvaecendo segundo avanzaba o século XX. E é queunha dinastía empresarial, a dos Menéndez e dos Bárcena, coa quintaxeración, tocaba á súa fin.

Bibliografía

ABREU FERNÁNDEZ, F. (1983): La formaciónde capital en la ría de Vigo 1888-1940.El sector naval y la industria conservera,tese de doutoramento inédita, Universi-dade de Santiago de Compostela.

ALONSO ÁLVAREZ, L. (1986): Comercio co-lonial y crisis del Antiguo Régimen enGalicia (1778-1818), A Coruña.

BÁRCENA GUZMÁN, J. M. (2007): Los condesde Casa Bárcena. Memorias de una fa-milia viguesa, transcrición e redaccióndo manuscrito por Julia Sáez-Angulo.

BARREIRO FERNÁNDEZ, J. R. (1988): «La bur-guesía compostelana: la familia de An-drés García (1760-1815)», en R. VILLA-RES (coord.): La ciudad y el mundourbano en la historia de Galicia, Santiagode Compostela, Tórculo.

CARMONA, X. (1982): «Sobre as orixes daorientación exportadora na producciónbovina galega. As exportacións a Ingla-terra na segunda metade do século XIX»,Grial, anexo 1, pp. 169-206.

— e M.ª T. FERNÁNDEZ (2003): A Compos-tela industrial. Historia e pegada das fá-bricas de coiros no Concello de Santia -go, Santiago de Compostela, Consorciode Santiago.

— e J. NADAL (2005): El empeño industrialde Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, A Coruña, Fundación Pedro Ba-rrié de la Maza.

FACAL, M.ª J. (2003): El efecto de las leyesbancarias de 1856 en Galicia: el caso delBanco de Emisión de la Coruña 1857-1875, tese de doutoramento, Universidadede Santiago de Compostela.

FARIÑA JAMARDO, X., e M. PEREIRA FIGUE-ROA (1986): A Diputación de Pontevedra1836-1986, Pontevedra, Deputación dePontevedra.

GARCÍA LÓPEZ, A. (2003): La actividad ban-caria en Galicia desde el Catastro delmarqués de la Ensenada a la ley Cambó,Valladolid, Lex Nova.

GIRÁLDEZ LOMBA, A. (2005): Recordando lostranvías de Vigo, Pontevedra, Deputa-ción Provincial de Pontevedra.

GONZÁLEZ MARTÍN, G. (1986): Cien añosde interés por Vigo, Vigo, Cámara de Co-mercio, Industria y Navegación.

— (2005): «Augusto Bárcena Saracho, mú-sico vigués con amplia obra gallega»,Glaucopis, Boletín del Instituto de Estu-dios Vigueses, núm. 11.

MEIJIDE PARDO, A. (1973): «Apuntes para laHistoria de Vigo y su consulado de Co-mercio 1820-1826», Boletín de la RealAcademia Gallega LXVI, tomo XXXI,núm. 355.

TABOADA LEAL, N. (1840): Descripción to-pográfica-histórica de la ciudad de Vigo,su ría y alrededores, Vigo.

PEREIRO ALONSO, J. L. (1981): Desarrollo ydeterioro urbano de la ciudad de Vigo,Vigo, C.O.A.G.

RODRÍGUEZ ELÍAS, A. (1930): El cincuente-nario de la Caja de Ahorros de Vigo. Elfundador y su obra, Vigo, Faro de Vigo.

SARTHOU, R. (1888): Memoria redactada encumplimiento del art. 26 de la Ley Pro-vincial vigente, Pontevedra.

SOUTO GONZÁLEZ, X. M. (1990): Vigo: Cenanos de historia urbana (1880-1980),Vigo, Xerais.

TABOADA MOURE, P. (1987): Las elites y elpoder político. Elecciones provinciales enPontevedra (1836-1923), Pontevedra, De-putación Provincial de Pontevedra.

VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (1999): La emigra-ción gallega a América 1830-1930, vol.II, tese de doutoramento inédita, Uni-versidade de Santiago de Compostela.

Manuel Bárcena Franco 147