Exame de mediacion

3
EXAME DE MEDIACIÓN Nome: Curso : 1. Por que queres ser mediador/a? 2. Que cualidades cres que tes para ser mediador? 3. Rodea a alternativa que che parece mais correcta: 2.1 O profesor formou parellas para facer un traballo e a ti tocouche cun compañeiro que non parece tomarse os estudos moi en serio. Hoxe quedarades na biblioteca ao saír de clase e non se presentou. Que fas? 1. Non dis nada e volves a quedar 2. Vas directamente ó profesor a esixirlle que te cambie de parella 3. Divides o traballo en dous e lle dis ó teu compañeiro que o mellor é que cada un faga a súa parte por separado. 4. Chamas ó teu compañeiro por se lle pasou algo y para facerlle saber que lle estiveches esperando. 5. Comezas a facer o traballo ti so, a cuestión é presentalo. 2.2 Préstaslle un momento o teu móvil a túa mellor amiga porque necesitaba facer unha chamada urxente. Ela prestallo ó mozo que lle gusta e el aproveita para chamar ó seu primo de Italia, sendo unha chamada cara. Que fas? 1. Dislle á túa amiga que che devolva o móvil e que non llo vas prestar nunca mais. Que se cre! 2. Dislle á túa amiga que tedes que falar porque o que sucedeu co móvil molestouche moito

Transcript of Exame de mediacion

Page 1: Exame de mediacion

EXAME DE MEDIACIÓN

Nome:

Curso :

1. Por que queres ser mediador/a?

2. Que cualidades cres que tes para ser mediador?

3. Rodea a alternativa que che parece mais correcta:

2.1 O profesor formou parellas para facer un traballo e a ti tocouche cun compañeiro que non parece tomarse os estudos moi en serio. Hoxe quedarades na biblioteca ao saír de clase e non se presentou. Que fas?

1. Non dis nada e volves a quedar2. Vas directamente ó profesor a esixirlle que te cambie de parella3. Divides o traballo en dous e lle dis ó teu compañeiro que o mellor é que cada un faga a

súa parte por separado. 4. Chamas ó teu compañeiro por se lle pasou algo y para facerlle saber que lle estiveches

esperando.5. Comezas a facer o traballo ti so, a cuestión é presentalo.

2.2 Préstaslle un momento o teu móvil a túa mellor amiga porque necesitaba facer unha chamada urxente. Ela prestallo ó mozo que lle gusta e el aproveita para chamar ó seu primo de Italia, sendo unha chamada cara. Que fas?

1. Dislle á túa amiga que che devolva o móvil e que non llo vas prestar nunca mais. Que se cre!

2. Dislle á túa amiga que tedes que falar porque o que sucedeu co móvil molestouche moito

3. Dislle á túa amiga que che parece ben que preste o teu móvil a quen sexa, pero que debe pagar as chamadas cada vez que o use

4. Fas como que non te deches conta do sucedido5. Comprendes que a túa amiga lle gusta moito ese mozo e non te doe que che prestara

o móvil

Page 2: Exame de mediacion

3. Rodea o número que reflexe a túa opinión, sabendo que:

1 é estar totalmente en desacordo e 5 é estar totalmente de acordo

Podo captar con facilidade se outra persoa quere tomar parte nunha

conversación1 2 3 4 5

Resúltame difícil explicar a outras persoas as cousas que eu entendo con

facilidade cando elas non as entenden á primeira.1 2 3 4 5

Ó discutir con alguén a xente dime que vou demasiado lonxe defendendo o

meu punto de vista1 2 3 4 5

Non me preocupa moito chegar tarde a unha cita cun amigo ou amiga. 1 2 3 4 5

Podo captar fácilmente se unha persoa di unha cousa pero en realidade

quere dicir outra.1 2 3 4 5

Resúltame fácil porme no lugar doutra persoa. 1 2 3 4 5

Teño facilidade para predicir como se sentirá outra persoa 1 2 3 4 5

Enseguida doume conta de se alguén se sente molesto nun grupo 1 2 3 4 5

Se cando eu falo alguén se sente ofendido penso que o problema é seu, non

meu. 1 2 3 4 5

Sempre me poño no punto de vista doutras persoas, ata cando non estou de

acordo con elas. 1 2 3 4 5

Podo darme conta de se outra persoa está ocultando as súas verdadeiras

emocións.1 2 3 4 5

Ás veces non entendo porqué alguén se sentiu ofendido por unha

determinada observación miña.1 2 3 4 5

As outras persoas dinme que teño facilidade para entender como se

senten e que é o que están pensando. 1 2 3 4 5

Se alguén me pregunta se me gusta o seu corte de pelo respóndolle a

verdade, ata no caso de que non me guste. 1 2 3 4 5

Podo captar fácilmente se a alguén lle aburre ou lle interesa o que estou

dicindo.1 2 3 4 5

As miñas amizades adoitan falarme dos seus problemas porque din que

realmente lles comprendo1 2 3 4 5