Fina casalderrei

8
Fina Casalderrei Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados 1 jueves 1 de marzo de 2012

Transcript of Fina casalderrei

Page 1: Fina casalderrei

Fina Casalderrei

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

1jueves 1 de marzo de 2012

Page 2: Fina casalderrei

Medrei con poucos libros, é certo; pero rodeada de moita literatura! Se somos quen de mirar o mundo con ollos novos..., o mundo nace cada vez que un ollos o observan. Non hai mellor taller literario que a vida. “¡Todo lo inventa el rayo de la aurora!”, cantaba Jorge Guillén. Meu pai contábame deliciosas historias que quedaron habitándome para sempre, mesmo me ensinou a beleza da metáfora atinada —aínda descoñecendo o seu nome—, ou que o humor e a hipérbole suavizan o drama... Miña nai cantaba coplas, romances... mentres cosía a máquina camisas para unha fábrica... Creo que tiven a fortuna de descubrir o valor da sensibilidade, de ser quen de meterme noutra pel, de valorar a forza das palabras... Poño por caso, se os libros desaparecesen como soporte das historias, dos poemas..., desaparece a literatura? Non, asegúrovos que non (eu que case poño todo en dúbida). A literatura naceu co ser humano coma unha necesidade e mentres o ser humano siga a ser tal, seguirá existindo. Eu..., digamos..., de nena vivín a literatura noutros soportes, mesmo no lavadoiro, no río, na leira...

Fina Casalderrei

1. Como unha persoa que nos seus inicios non estaba rodeada de literatura adquiriu ese amor por ela? Marcou a súa obra esta eiva cultural ou aínda a incentivou máis?

Conscientemente non atopo razóns desta escolla nalgunha pasaxe da infancia. Nin tan sequera estou segura de que teña sido decisoria a miña profesión de mestra, aínda que si, estou segura de que influíu, o mesmo que os meus soños, a miña familia, as lecturas, as amizades... Que papel xoga a LIX? Diría que, por suposto sen esquecer ao profesorado que pon nas vosas mans determinadas lecturas —teño moi claro que moito lles debo e moito vos debo tamén a vós—, a LIX ten un gran papel normalizador. Axuda dende cativos a ver como “normal” o feito de ler en galego. Sei, incluso, de moitos pais que se achegaron por 1ª vez á literatura escrita en galego grazas aos libros que lían dos seus fillos. O único malo da literatura que chamamos infantil é a “etiqueta”. As etiquetas mancan máis ca no reverso dos xerseis. Se non fosen os prexuízos, os adultos descubrirían verdadeiras xoias literarias —capaces de conmovelos tamén a eles— nesta literatura.

2. Algún feito da súa infancia fai que se dedique especialmente á literatura infantil e xuvenil? Que papel cre que xoga este apartado na literatura dun país e na súa normalización?

2jueves 1 de marzo de 2012

Page 3: Fina casalderrei

Algunhas das miñas obras para os máis cativos están protagonizadas por xente maior (Eu son eu, Quen me quere adoptar...), en todo caso os novos comparten protagonismo con xentes doutras idades... Certo que me atrae meterme na pel dun neno e tentar ser quen de mostrar o mundo dende o seu ángulo, dende ese lado no que non precisan esforzarse para aceptar o marabilloso. É máis, gustaríame crer que se un adulto le Lúas de nácara, A Pomba e o Degolado, Un misterio na mochila de Alba... lles guste tanto coma a un mozo novo. Non teño unha fórmula máxica que garanta o éxito das miñas obras; só teño moi claro que un neno, unha nena —de calquera idade— é máis novo ca min, non menos intelixente. Tento atopar unha fermosa historia e contala da mellor maneira que sei.

4. Que técnicas utiliza vostede para enganchar ós máis novos? Unha delas pode ser que a maioría das súas obras sexan protagonizadas por xoves ou adolescentes?

Fina Casalderrei

Imos ver... as miñas obras non son “autobiográficas”, pero levan ciscados anaquiños de min. Din que se xuntaramos todos os libros dun autor, dunha autora, poderíase facer un retrato bastante fiable de si mesmo. Non creo que se poida escribir prescindindo das experiencias, nin sequera sei, no caso de ser posible, se sería bo. Claro que iso non significa en absoluto que teñas que cometer un crime para describir un asasinato. Mais, mesmo cando fantasiamos, cando creamos mundos imaxinarios, estamos alimentándonos dos soños, e os soños aliméntanse da realidade. Eu... non son unha deusa capaz de crear da nada; son máis ben coma o carpinteiro que para facer unha mesa de madeira, precisa da madeira. Poño por caso, “creamos” un monstro, poñémoslle dous ollos en cada palma da man, unha man de dous dedos, un rabo no nariz... (que feo me saíu!) , en fin, un monstro que ninguén fixese antes, pero dos ollos, rabo, dedos... xa sabiamos da súa existencia. Igual ten razón Lobo Antunes, quen di que o escritor non crea, só “rouba”.

3. As súas lembranzas ou feitos xuvenís son reflectidas nas súas obras? Pódese escribir prescindindo das experiencias vitais do autor?

Calquera sitio no que non faltase o pan e a poesía, por seguir os consellos de Celso Emilio Ferreiro, me valería para nacer con tal de que fose preto dos meus. Anaquiños de Xeve, de Lérez, do río, de Moraña, de Marín, dos lugares onde aniñan os amigos ou polos que viaxei... andan ciscados polos libros, si... Supoño que quedaría mellor se enfocase a resposta dicindo que a aldea, esa aldea universal na que caben todas as sensibilidades do universo, está por reivindicar, por descubrir..., pero o certo é que escribo sobre o que sei, o que me atrae, o que me gusta...

5. De non ser en Xeve, en que outro espazo lle tería gustado nacer? Ten algo especial esa súa simbiose coa aldea que fai que siga a vivir neste espazo? Vémolo reflectido nalgunha das súas obras? A temática do libro O misterio dos fillos de lúa que se traslada da cidade ó mundo rural ten que ver coa súa vida no medio aldeán?

3jueves 1 de marzo de 2012

Page 4: Fina casalderrei

Como non me vou interesar por manter con boa saúde a miña “casa”? Como non me vou interesar por saber como son os seus alicerces, eses que tantos anos estiveron ocultos e me fixeron crer que o galego non servía nin para escribir unha carta? Méteseme tanto no corpo, e na alma, que aínda vivindo eu 200 anos non daría descuberto todo o que en Galicia se fixo e se fai. Oxalá puidésemos, os da miña xeración, ser “salvadores da patria”, pero non creo que o poder da literatura sexa tal. Podemos optar a remover conciencias, pero é o ser humano, colectivamente, quen ten o poder de cambiar o mundo, se quixese. Se, de certo, tivésemos toda esa forza, co lonxe que está chegando a literatura galega con premios estatais e internacionais, con traducións a outras linguas, con recoñecementos de lectoras e lectores galegos e foráneos... o galego non tería que estar vivindo nesta incerteza constante sobre a súa saúde futura; ninguén me preguntaría a estas alturas “Por que escribes en galego?” Da nosa cultura interésanme sobre todo as ventás, que estean sempre abertas para que entre aire de fóra e para que, dende fóra, saiban como recende aquí...

6. Vostede mostra a súa obra moito interese pola cultura galega. Que é o que máis lle interesa da nosa cultura? Cal cre que é o papel que unha escritora ou un escritor xogan nesta cultura?

Fina Casalderrei

Si... tiven sorte. De feito despois do Premio Nacional, non me presentei nunca a ningún (vaia... a ese tampouco hai que presentarse); os que veñen son doutro tipo. Iso é todo. Explícome: un premio para a literatura non significa nada no sentido de que vaia cambiar a calidade da obra segundo sexa premiada ou non, pero cambia a posición inicial do lector ante a mesma, un premio abre a porta aos lectores e lectoras, que é en realidade o que quixeramos: que nos lean. Non hai premio mellor ca un lector satisfeito, entregado, seducido… a non ser que sexan dous, ou tres… Os premios son unha sorte de “búscase”, coma cando se saca a concurso unha obra arquitectónica. Non sempre se acerta... É unha porta que se abre, pero que, afortunadamente, pódeche dar nos fociños se non o mereces minimamente. Para normalizar unha literatura, ten que ter quen a lea, se os premios, fan “ruído” para chamar a atención dos lectores... valen... Pero intúo que, ás veces, quedan tantas cousas boas inxustamente tapadas por estes “ruídos”!

7. Vostede recibiu premios dabondo, que supuxeron para Vostede estes recoñecementos? Cumpren unha función importante na normalización dunha literatura? Bota de menos algún tipo de premio á arte literaria?

Si, bótoos de menos. Foron 40 anos!! Xa empecei a sentirme enferma de melancolía no momento en que presentei a documentación. Débolles tanto! Creo que aprendín con eles, canda eles, moito máis do que ensinei. Gardarei coma un tesouro o caderno no que me encheron de declaracións de amor. Aínda volvín ao instituto hai uns días e soubéronme tan ben aquelas carreiras para darme apertas, aqueles sorrisos… Aquel “calamidade” que tanto me facía “rabiar” e que me meteu o máis bonito poema de amor no peto o día que me fun… Que son da ESO, eh! Esa idade en que tes por norma ocultar as emocións nun cofre secreto. Que se reflectín nalgunha obra algo das aulas? Seguro que si. E non lles “roubei” as súas propias historias porque todo se sabe e sería unha vergonza, pero tentada teño estado a aproveitarme das súas magníficas ideas. Sempre lles digo, lles dicía, “Se escribides algo co que notades estar gozando, que vos gusta…, non o tiredes, quen sabe máis para diante. Aprenderedes a escribir cada vez mellor, pero esa frescura, esas ideas de estrea, igual non volven”. Eu, a unha frase dun alumno de Moraña nun recreo —daquela aínda non lle daba clase—, débolle o premio Merlín, o 1º.

8. Agora está xubilada, pero bota de menos o labor da docencia e o cariño dos alumnos? Algunha vivencia ou anécdota que lle sucedera nas aulas reflectiuna nalgunha obra?

4jueves 1 de marzo de 2012

Page 5: Fina casalderrei

Non da miña exactamente, non da miña experiencia persoal, pero si da miña observación nalgúns ambientes. E aínda está máis vixente do que pensades, e do que pensaba eu… Teño recibido, e conservo, centos de cartas de adolescentes que se identificaban cos protagonistas. Conste que o amor e as reaccións que provoca non son tan diferentes nas distintas épocas. Conste que hoxe, 20 anos despois de cando a escribín… seguro que a escribiría diferente, pero non podo, nin debo, renegar de ningún dos meus momentos. Sería como renegar de min e creo que este libro, a xulgar polas misivas, fixo lectores na nosa lingua…

9. Auria, de Asústate Merche é o reflexo da súa adolescencia?

Fina Casalderrei

Estivo peor na miña infancia, dende logo. Non había radio galega, nin televisión, nin revistas, nin galego na escola, nin editoriais (agás algunhas de resistencia das que non nos chegaban noticia). Foron os segundos séculos de silencio da ditadura. Pero logo, xa vivín épocas de máis entusiasmo no profesorado e no alumnado ca hoxe, coma se nos tivesen que prohibir con forza para nos facer reaccionar co mesmo ímpeto. Hoxe todo o mundo sabe ler e escribir en galego, se quere; pero moitos non queren… De vós vai depender ese futuro. Cada lingua canaliza un estilo. Na nosa lingua secular hai riqueza dabondo como para escribir as mellores obras do mundo. E na xente nova hai talento. Ás veces cádrame de estar en xurados literarios e teño ocasión de comprobalo. Herdamos unha lingua rica, temos xente moza con talento… —non podo dicir o mesmo da clase política— En fin, se vós queredes, eu si, a lingua e a literatura terán esas mil primaveras máis das que falaba Cunqueiro. Non é bo o pesimismo absoluto e derrotista de quen non fai nada por remedialo. Non vale o de “Total xa ía…”

10. Que pensa da situación actual da nosa lingua? E da nosa literatura? Hai futuro para ambas?

5jueves 1 de marzo de 2012

Page 6: Fina casalderrei

CUESTIONARIO

6jueves 1 de marzo de 2012

Page 7: Fina casalderrei

A m

ural

la ch

ines

a

(mañ

á di

ríav

os

outr

o…)Un m

onum

ento

salie

ntábe

l?

Cunqueiro. Si o vello

Simbad volvese ás illas

(pero poderían ser outros…).

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

El guía del Hermitage

Unha obra teatral?

Lamote e o Principiño.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Katherine Kressmann Taylor.

Enderezo descoñecido

Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros?

 Se non me sae nun

triscar de dedos… é que

non me identifico…

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se

identifique?

La vida es bella

(pero podería ser

outra).

Unha película de cine

Fina Casalderrei

7jueves 1 de marzo de 2012

Page 8: Fina casalderrei

Experimentar iso de

SER AVOAUn anceio por rea

lizar?

Descubrir novos

horizontes, conversar

cos amigos...

Outro entretemento

ademais da literatura?

Todos, pero por

quendas de ánimo.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

A India. Na beira dun río, do mar… á sombra. Onde aniña o silencio, e algunha vez perderme entre o bulicio…

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O cese da loita

armada de ETA

Un feito histórico?

Ser feliz sen ter que

pechar os ollos á

realidade que me

rodea.

Unha utopía?

Un arrandeadoiro que teño

na casa, unha sombra con

músicas de auga

Un lugar axeitado para a lectura?

Soul, jazz, blues… Niso de

unha canción… gústame que

leve ritmo poético ou que conte

unha historia, mesmo… Un

ramito de violetas.

Un tipo de música?

Unha canción?

Estas preguntas resúltanme sempre incómodas. Son maior…

non son quen de quedarme cun só autor, nin con dez, sequera…

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

8jueves 1 de marzo de 2012