Irmandades da fala

20
Irmandades da Fala

Transcript of Irmandades da fala

Page 1: Irmandades da fala

Irmandades da Fala

Page 2: Irmandades da fala

Época das Irmandades

O inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais:• Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade

das terras. • Consolidación dunha burguesía industrial e financeira.• Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do

campesiñado coa abolición do sistema foral.• Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario.• Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes.

Page 3: Irmandades da fala

O AGRARISMO

• Loita pola abolición dos foros e a rexeneración democrática (caciquismo) e a modernización do agro galego.

• A lingua é aínda unha cuestión secundaria.• Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega” (1907)

e “Liga Agraria de Acción Gallega” (1912) e o líder Basilio Álvarez, o “Abade de Beiro”.

• O Rexionalismo acada unha maior proxección social ao se sumar ás reinvindicacións agraristas.

• Os postulados agraristas terán unha gran repercusión na obra de Cabanillas

Page 4: Irmandades da fala

O líder agrarista Basilio Álvarez

Page 5: Irmandades da fala

Irmandades da Fala• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de

Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do País.

• Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Rexionalismo.

• A dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais

• Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo

• O seu voceiro é a revista A Nosa Terra

Page 6: Irmandades da fala

Irmandades da Fala

Page 7: Irmandades da fala

AS IRMANDADES: actividade cultural

• Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura universal..

• Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Alfar, Ronsel…).

• Publican Algunhas normas pra a unificación do idioma galego, traballo de carácter normativo, e un dicionario castelán-galego

• Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918)

• No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923).

Page 8: Irmandades da fala
Page 9: Irmandades da fala

Actividade cultural: O Seminario de Estudos Galegos

• Institución fundamental na investigación da historia e cultura de Galiza.

• É creado por un grupo de mozos universitarios, entre os que se contan Lois Tobío, Bouza Brey e Filgueira Valverde, no outono de 1923.

• Participan nel, como coordinadores dalgunhas das súas seccións, os intelectuais máis destacados do galeguismo: Castelao, Cuevillas e Risco, entre outros.

Page 10: Irmandades da fala

As mulleres nas Irmandades

Creáronse as Irmandades Femininas (mulleres

vencelladas, familiar ou sentimentalmente, aos

militantes nacionalistas).

Sen vida organizativa activa. Bordado de bandeiras, recadación

de fondos económicos...Ausencia nos xornais ligados ao

nacionalismo, conferencias...

I Asemblea NacionalistaRecóllese nun punto a igualdade de

dereitos para a muller galega.Nun punto posterior, aclárase que a igualdade de dereitos reivindícase,

cando menos, para a muller casada e co home emigrado.

¿Por que e como?

A emigración fixo que moitas delas quedasen ao cargo da economía familiar, polo que conviña que tivesen personalidade xurídica.

Emprego sistemático de termos referidos ao seu aspecto físico e sentimental (beleza, doces sentimentos, tenrura)

Defínese en varios lugares o rol que a muller galega debe ocupar dentro do nacionalismo: axudar os homes. (labor asistencial).

Page 11: Irmandades da fala

AS IRMANDADES: actividade política

• Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca dunhas bases para facer posíbel un federalismo con Portugal.

• Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal.• Cooficialidade do galego.• Igualdade de dereitos da muller. • Reformas que rematen co secular atraso da economía galega• Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político e formulan

as teses do nacionalismo galego: GZ posúe todas as características que a definen como nación. Na última asemblea (1931) fúndase o Partido Galeguista.

Este programa será recollidopolo Partido Galeguista durante a Segunda República.

Page 12: Irmandades da fala

Irmandades da Fala

Page 13: Irmandades da fala

• Iª Asemblea Nacionalista de Lugo(1918): cobra corpo o ideario das Irmandades.

Page 14: Irmandades da fala

A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES

• Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: costumismo ruralista, historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica.

• Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do século XX: continuista (Noriega Varela, Crecente Vega) e renovadora (Ramón Cabanillas, quen renova o empobrecido panorama, achegándose ás tendencias que dominan a lírica europea)

Page 15: Irmandades da fala

Irmandades da Fala: Prosa

• Proceso de modernización da prosa, completado coa Xeración Nós e os vangardistas.

• Labor:– Prosa non ficción:

• Antón Villar Ponte: – Figura fundamental no xornalismo– Iniciador do ensaio político

– Prosa ficción:• Creación de Céltiga• Creación de Lar (proxecto de colección de novelas breves que

achegan a cultura popular e aos renovadores)

Page 16: Irmandades da fala

A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936)O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA

(28 de xuño de 1936)

• O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos ata 1936.

PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931)

Page 17: Irmandades da fala

Nas zonas escuras do mapa pódense ver as zonas nas que gaña a Fronte Popular. O PG

intégrase na Fronte.

CARTELARÍA DA FRONTE POPULAR, BLOQUE DE ESQUERDAS NO QUE SE

INTEGRA O PARTIDO GALEGUISTA

Page 18: Irmandades da fala

MITIN PRO-ESTATUTO

PRAZA DE TOUROS DE

PONTEVEDRA. INTERVÉN

ALEXANDRE BÓVEDA,

SINÁLASE A ALFONSO D. CASTELAO.

- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936).- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936.- As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.

Page 19: Irmandades da fala

CARTEIS PRO-ESTATUTO

Page 20: Irmandades da fala

CARTEIS PRO-ESTATUTO de diferentes organizacións.