Larada outubro

8
OUTUBRO 2013 nº 57 - Ano V A igrexa é ou debe volver a ser unha comunidade do Pobo de Deus. (Francisco, Bispo de Roma) COMPARTINDO CAMIÑAR Comienza el otoño, se va el verano. Pero hay que seguir adelante con alegría y nuevas fuerzas. Vivimos un tiempo, nuestro tiempo, que debemos aprovechar para testimoniar el Mensaje. Cada uno a su manera y como pueda.” Así remataba a primeira páxina da nosa revista o mes pasado. E con ese ánimo queremos abrirnos á persoa que chega para acompañar a esta Parroquia, D. Manuel Rodríguez Rodríguez. Como el mesmo manifestou nunha reunión que tivo con varios de nós, “non quero estar ao fronte da xente, senón ao lado da xente”. Unha matización moi clarificadora se queremos entender de verdade o que con ela quere significar. Chega despois de estar máis de dez anos en Betanzos e, despois de ser nomeado párroco da veciña Parroquia de San Luís Gonzaga, non dubidou á hora de aceptar asumir tamén a actividade pastoral en San Cristovo das Viñas, cando o Arcebispo llo propuxo, cousa de agradecer. A verdade, non podemos negar que a nosa comunidade parroquial está máis ou menos afeita a convivir con diferentes cregos. Pois ben, o feito de que nestes intres o sacerdote sexa compartido con outra parroquia, non é novidade na nosa diocese, aínda que a nós nos pareza algo novidoso. Ben pensado, compartir é unha actitude plenamente cristiá, así que, por que non vai ser bo compartir crego? Isto, loxicamente, supón cambios, non por capricho, senón porque os tempos son os que son, e os días non teñen máis de 24 horas, que se saiba. Cambios nos horarios das misas, no lugar das celebracións e seguramente noutras moitas cousas. Cambios para nós e cambios tamén para o crego, porque el non o vai ter tampouco fácil ao principio: dúas comunidades descoñecidas para el. Iso supón que teremos que ir aceptando formas e fondos diferentes, ir acompasando os pasos para conseguir percorrer xuntos esta andaina que agora comezamos. Seguramente os primeiros días custaranos un pouquechiño, pero pouco a pouco, con boa vontade e espírito fraterno, axiña sentiremos que imos camiñando ao mesmo ritmo, que todos estamos movidos polo mesmo motor. Recibamos con alegría a D. Manuel, poñéndonos tamén ao seu lado e deixándonos guiar polo espírito, vaiamos axudando a construír entre todos o Reino, vivindo a fe de forma comunitaria e fraternal. SUMARIO Rostros do barrio Momentos da nosa historia (Páxina 2) Ano Litúrxico (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Centro Social Mocidade solidaria (Páxina 5) Mosteiros baleiros (Páxina 6) Vai de cine (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

description

Revista parroquial mensual

Transcript of Larada outubro

Page 1: Larada outubro

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I

OUTUBRO 2013 nº 57 - Ano V A igrexa é ou debe volver a ser unha comunidade do Pobo de Deus. (Francisco, Bispo de Roma)

COMPARTINDO CAMIÑAR

“Comienza el otoño, se va el verano. Pero hay

que seguir adelante con alegría y nuevas fuerzas.

Vivimos un tiempo, nuestro tiempo, que debemos

aprovechar para testimoniar el Mensaje. Cada uno a su

manera y como pueda.”

Así remataba a primeira páxina da nosa revista

o mes pasado. E con ese ánimo queremos abrirnos á

persoa que chega para acompañar a esta Parroquia, D.

Manuel Rodríguez Rodríguez. Como el mesmo

manifestou nunha reunión que tivo con varios de nós,

“non quero estar ao fronte da xente, senón ao lado da

xente”. Unha matización moi clarificadora se queremos

entender de verdade o que con ela quere significar.

Chega despois de estar máis de dez anos en Betanzos e, despois de ser

nomeado párroco da veciña Parroquia de San Luís Gonzaga, non dubidou á

hora de aceptar asumir tamén a actividade pastoral en San Cristovo das Viñas,

cando o Arcebispo llo propuxo, cousa de agradecer.

A verdade, non podemos negar que a nosa comunidade parroquial está

máis ou menos afeita a convivir con diferentes cregos. Pois ben, o feito de que

nestes intres o sacerdote sexa compartido con outra parroquia, non é novidade

na nosa diocese, aínda que a nós nos pareza algo novidoso. Ben pensado,

compartir é unha actitude plenamente cristiá, así que, por que non vai ser bo

compartir crego?

Isto, loxicamente, supón cambios, non por capricho, senón porque os

tempos son os que son, e os días non teñen máis de 24 horas, que se saiba.

Cambios nos horarios das misas, no lugar das celebracións e seguramente

noutras moitas cousas. Cambios para nós e cambios tamén para o crego,

porque el non o vai ter tampouco fácil ao principio: dúas comunidades

descoñecidas para el. Iso supón que teremos que ir aceptando formas e fondos

diferentes, ir acompasando os pasos para conseguir percorrer xuntos esta

andaina que agora comezamos.

Seguramente os primeiros días custaranos un pouquechiño, pero pouco a pouco, con boa vontade e

espírito fraterno, axiña sentiremos que imos camiñando ao mesmo ritmo, que todos estamos movidos polo

mesmo motor.

Recibamos con alegría a D. Manuel, poñéndonos tamén ao seu lado e deixándonos guiar polo

espírito, vaiamos axudando a construír entre todos o Reino, vivindo a fe de forma comunitaria e fraternal.

SUMARIO

Rostros do barrio

Momentos da nosa historia

(Páxina 2)

Ano Litúrxico

(Páxina 3)

Á calor da Palabra

(Páxina 4)

Centro Social

Mocidade solidaria

(Páxina 5)

Mosteiros baleiros

(Páxina 6)

Vai de cine

(Páxina 7)

Axenda

(Páxina 8)

Page 2: Larada outubro

A FUME DE CAROZO

ROSTROS DO BARRIO

Son do noso barrio, da nosa parroquia e cremos

que merecen un lugar tamén na nosa revista.

Son un grupo de mulleres de etnia xitana de As

Rañas, que xunto con outras da Pasaxe, participan nun

proxecto coordinado por Arquitectos sen Fronteiras coa

colaboración do barrio de Monte Alto, a fundación

Ronsel e a empresa Reciflu.

Denomínase “Mulleres Colleiteiras” e o

obxectivo é crear a súa propia empresa de recollida de

aceite doméstico usado. Elas mesmas encargaranse de

todo, de ir polas casas dando información do que fan,

levar botes e/ou colectores especiais para botar neles o

aceite, pasar a recollelo e venderllo a un xestor

especializado para a súa reciclaxe.

Polo de agora están comezando o seu soño,

poñendo todo canto poden da súa parte para que se faga

realidade. Van ás charlas que se lles marcan, percorren

cada mañá as zonas que lles indican, cada unha delas asume unha responsabilidade concreta: facer o

transporte dos colectores e materiais, coordinar os horarios, levar as contas, etc. (e todo isto sen recibir

ningún tipo de compensación económica polo de agora).

Na foto só aparecen cinco mulleres de As Rañas, pero son bastantes máis as que se embarcaron neste

proxecto. Que nelas se sintan representadas todas elas e que moitas máis, xitanas ou non, sexan quen de

loitar por buscar un traballo digno e o seu lugar na sociedade.

Tal vez pronto pasen polas nosas casas solicitando a nosa colaboración: almacenar o aceite nun bote

que nos entregarán. Só iso; non é difícil, non si? Pois, se ese momento chega, escoitémolas. Cun pequeno

xesto podemos axudar a facer realidade un fermoso proxecto.

Noraboa a todas pola vosa valentía e esforzo! Desexámosvos o mellor futuro!

MOMENTOS DA NOSA HISTORIA

1933.- O Concello incáutase do Cemiterio Parroquial.

1936.- O cemiterio é devolto á Parroquia dende o Concello.

1950.- O 1 de outubro, o párroco D. Lucas Gelpi, retírase por

enfermidade e noméase encargado da parroquia a D. José Fernández

Fuentes.

1954.- Pasa á Parroquia de San Rosendo, de nova creación, a zona de

Outeiro, Vioño, Borrallón, Nelle e Campo de Tornos, que corresponden ao

sector máis poboado da parroquia.

Ábrese o primeiro libro de Actas de Cáritas Parroquial o 1 de

novembro deste ano.

1958.- D. José Ríos Gigirey, que era Rexente dende 1954, é

nomeado Párroco, por renuncia de D. Lucas Gelpi.

Page 3: Larada outubro

A LAREIRA

ANO LITÚRXICO

Ás veces asistimos a celebracións e non somos moi conscientes do que estamos a celebrar, hoxe en

día máis ou menos sabemos que o Advento son os catro domingos antes do Nadal, que a Coresma son os 40

días antes da Pascua, … pero aínda así podemos ir afondando en cousiñas que nos axuden a vivir a liturxia

como se merece. Para os cristiáns, é ou debe ser a acción sagrada máis importante, non é obra nin dunha

persoa nin tan sequera do grupo que se reúne para celebrala, é obra de Cristo e de toda a Igrexa.

Cada celebración litúrxica ten un triplo significado:

1. Lembranza: nas liturxias, a través de moitos signos, pero sobre todo da Palabra, lembramos todos os

acontecementos importantes non só da vida de Xesús, senón do Pobo de Deus.

2. Presencia: é Cristo o que se fai

presente na Eucaristía (que pode

ser máis importante que isto?)

3. Espera: en cada celebración

esperamos o establecemento do

Reino de Cristo.

A Liturxia está enmarcada no que

chamamos Ano Litúrxico, que non

coincide co ano natural nin tampouco co

ano escolar. É un camiño que empeza

co primeiro domingo de advento e

remata con Cristo Rei.

E quixemos recalcar camiño,

porque é iso, o camiño de fe que se ten que percorrer como en espiral, crecendo en fe e no amor a Deus e aos

irmáns, crecendo en seguir e parecerse máis a Cristo.

Imos presentar as distintas etapas do ano litúrxico (tempos litúrxicos):

-Advento: catros domingos anteriores ao nacemento de Xesús. É un tempo de espera, de esperanza, de

espertar na fe en vista do encontro co Neno. A chegada dun neno sempre é unha espera alegre, e de

compromiso.

-Nadal: xa sabemos que é o 25 de decembro. Neste día celebramos con gozo o nacemento de Xesús, logo

vén a festa da Epifanía do Señor (6 de xaneiro) que nos lembra a manifestación pública de Xesús a tódolos

homes e mulleres.

-Primeiro Tempo Ordinario que vai dende o 6 de xaneiro ata o primeiro domingo de Coresma. Tanto no

primeiro como no segundo tempos ordinarios non se celebra ningún aspecto concreto do misterio de Cristo.

En ambos tempos afóndase nos distintos momentos históricos da vida de Xesús para adentrarnos na historia

da Salvación.

-Coresma: dura corenta días, dende o Mércores de Cinsa ata o Xoves Santo, onde celebramos a última cea

de Xesús. É un tempo de Conversión, pero non é un tempo triste senón meditativo e recollido, onde debemos

afondar en temas como o pecado, a penitencia e o perdón.

-A Pascua comeza co Xoves Santo, e remata o domingo de Resurrección. Lembramos e vivimos con Cristo

a súa Paixón, Morte e Resurrección.

-Tempo de Pascua: son 50 días, ata Pentecoste. É un tempo de paz, alegría e esperanza, ata a chegada do

Espírito.

-Rematamos co Segundo tempo Ordinario, que vai dende Pentecoste ata Cristo Rei.

Juan e Yolanda

Page 4: Larada outubro

Á CALOR DA PALABRA

Domingo 6 de octubre (Lc 17, 5-10)

En aquel tiempo, los apóstoles le pidieron

al Señor: «Auméntanos la fe.» El Señor contestó:

«Si tuvierais fe como un granito de mostaza,

diríais a esa morera: " Arráncate de raíz y plántate

en el mar."Y os obedecería. Suponed que un

criado vuestro trabaja como labrador o como

pastor; cuando vuelve del campo, ¿quién de

vosotros le dice: "En seguida, ven y ponte a la

mesa"? ¿No le diréis: "Prepárame de cenar, cíñete

y sírveme mientras como y bebo, y después

comerás y beberás tú"? ¿Tenéis que estar

agradecidos al criado porque ha hecho lo

mandado? Lo mismo vosotros: Cuando hayáis

hecho todo lo mandado, decid: "Somos unos

pobres siervos, hemos hecho lo que teníamos que

hacer. " »

Domingo 13 (Lc 17, 11-19)

Yendo Jesús camino

de Jerusalén, pasaba entre

Samaria y Galilea. Cuando iba

a entrar en un pueblo, vinieron

a su encuentro diez leprosos,

que se pararon a lo lejos y a

gritos le decían: «Jesús,

maestro, ten compasión de

nosotros.» Al verlos, les dijo:

«ld a presentaros a los

sacerdotes.» Y, mientras iban

de camino, quedaron limpios. Uno de ellos,

viendo que estaba curado, se volvió alabando a

Dios a grandes gritos y se echó por tierra a los

pies de Jesús, dándole gracias. Éste era un

samaritano. Jesús tomó la palabra y dijo: «¿No

han quedado limpios los diez?; los otros nueve,

¿dónde están? ¿No ha vuelto más que este

extranjero para dar gloria a Dios?» Y le dijo:

«Levántate, vete; tu fe te ha salvado.»

Domingo 20 (Lc 18, 1-8)

En aquel tiempo, Jesús, para explicar a

sus discípulos cómo tenían que orar siempre sin

desanimarse, les propuso esta parábola: «Había un

juez en una ciudad que ni temía a Dios ni le

importaban los hombres. En la misma ciudad

había una viuda que solía ir a decirle: "Hazme

justicia frente a mi adversario." Por algún tiempo

se negó, pero después se dijo: "Aunque ni temo a

Dios ni me importan los hombres, como esta

viuda me está fastidiando, le haré justicia, no vaya

a acabar pegándome en la cara." » Y el Señor

añadió: «Fijaos en lo que dice el juez injusto; pues

Dios, ¿no hará justicia a sus elegidos que le gritan

día y noche?; ¿o les dará largas? Os digo que les

hará justicia sin tardar. Pero, cuando venga el Hijo

del hombre, ¿encontrará esta fe en la tierra?»

Domingo 27 (Lc 18, 9-14)

En aquel tiempo, a algunos que,

teniéndose por justos, se sentían seguros de sí

mismos y despreciaban a los demás, dijo Jesús

esta parábola: «Dos hombres subieron al templo a

orar. Uno era fariseo; el otro, un publicano. El

fariseo, erguido, oraba así en su interior: "¡Oh

Dios!, te doy gracias, porque no soy como los

demás: ladrones, injustos, adúlteros; ni como ese

publicano. Ayuno dos veces por semana y pago el

diezmo de todo lo que tengo." El publicano, en

cambio, se quedó atrás y no se atrevía ni a

levantar los ojos al cielo; sólo

se golpeaba el pecho,

diciendo: "¡Oh Dios!, ten

compasión de este pecador."

Os digo que éste bajó a su

casa justificado, y aquél no.

Porque todo el que se

enaltece será humillado, y el

que se humilla será

enaltecido.»

Viernes, 1 de noviembre (Mt 5, 1-12a)

En aquel tiempo, al ver Jesús el gentío,

subió a la montaña, se sentó, y se acercaron sus

discípulos; y él se puso a hablar, enseñándoles:

«Dichosos los pobres en el espíritu, porque de

ellos es el reino de los cielos. Dichosos los que

lloran, porque ellos serán consolados. Dichosos

los sufridos, porque ellos heredarán la tierra.

Dichosos los que tienen hambre y sed de la

justicia, porque ellos quedarán saciados. Dichosos

los misericordiosos, porque ellos alcanzarán

misericordia. Dichosos los limpios de corazón,

porque ellos verán a Dios. Dichosos los que

trabajan por la paz, porque ellos se llamarán los

Hijos de Dios. Dichosos los perseguidos por causa

de la justicia, porque de ellos es el reino de los

cielos. Dichosos vosotros cuando os insulten y os

persigan y os calumnien de cualquier modo por mi

causa. Estad alegres y contentos, porque vuestra

recompensa será grande en el cielo.»

Page 5: Larada outubro

MUXICAS

UN ANO MÁIS O CENTRO SOCIAL ABRE AS SÚAS PORTAS

Coma todos os anos en Outubro o Centro

Social da Parroquia de San Cristovo das Viñas

oferta actividades para todas as persoas que queiran

participar nelas. Este é xa o seu sexto ano e

presentámosvos novas actividades. Todas elas

comezarán a semana do luns 14 de Outubro.

As cotas de colaboración son de 3 €

mensuais por unha actividade e 5 € se son dúas.

(Estas cotas son de carácter voluntario, todo

aquel que non poida non terá que pagalo).

As actividades ofertadas e os seus horarios son as seguintes:

• Ximnasia Terapéutica e Danzas do Mundo → Luns, de 17:00 a 18:30 horas.

• Reunión de Labores → Martes e Mércores, de 16:00 a 18:00 horas.

• Taller de Memoria → Xoves, de 17:00 a 19:00 horas.

• Iniciación ao Inglés → Venres, de 17:30 a 19:00 horas.

• Taller de expresión oral e corporal (teatro) → Venres, de 20:00 a 21:30 horas.

• Iniciación á informática → Sábados, de 12:00 a 13:30 horas.

• Apoio escolar → Luns, de 19:00 a 20:00 horas; e Xoves de 17:00 a 18:00 horas.

• Tai Chi → Mércores e venres, de 11,00 a 12,00 horas.

Aquelas persoas interesadas en apuntarse a algunha/as actividades, ou preguntar calquera

dúbida, poden acudir ao Centro Parroquial o luns 7 de outubro e o xoves, 10 de outubro, de 16:30 a

18:30 horas.

A MOCIDADE SÚMASE Á RECOLLEITA

Sabedes que dende hai tempo, na parroquia véñense recollendo tapóns de plástico para

axudar a persoas que o precisen.

Este curso, un grupo dos nosos xóvenes, súmanse a esa

iniciativa. E non só iso, senón que amplían a recolleita aos móbiles que

xa non serven.

Os tapóns de plástico serán recollidos cada semana por estes

mozos que os levarán a SEUR, empresa que ten unha fundación e

reparte os cartos obtidos cos tapóns entre nenos e nenas que precisan

esa axuda para costearse tratamentos médicos moi caros. Por outra banda, a campaña “Llamada Solidaria” empregará os

beneficios obtidos polos móbiles para axudar tamén a un grupo de

nenos/as que padecen enfermidades raras. Entre eles está unha nena

galega de catro anos, chamada Lola. Os móbiles serán recollidos por

colaboradores desta campaña, no local da parroquia unha vez se encha

o recipiente no que se depositen.

Podedes atopar máis información na páxina web

http://www.llamadasolidaria.org Grazas pola vosa axuda.

Page 6: Larada outubro

BRASAS

AVANZAR NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA: UN TEITO E UN FOGAR DIGNO PARA

TODA PERSOA HUMANA

Un dos principais indicadores sociais que sinalan a indiferenza da xente con respecto ás persoas que

non teñen un fogar, é o crecente número de persoas que dormen nas rúas. En República Dominicana, onde

vivín varios meses, non era raro escoitar falar dalgunha familia numerosa que acolleu nenos que quedaran

orfos, e mentres no noso occidente europeo rexeitamos aos avós e ás persoas marxinadas, sendo a súa única

saída vivir (e durmir) nas rúas. Que nos di o sentido común? Como

podemos combater este ambiente de marxinalidade?

O papa Francisco non só foi de visita ao romano

“Centro Astalli” de asistencia a refuxiados, senón

que insistiu en que a acollida do pobre e a

promoción da xustiza sexa unha atención de toda

pastoral, de parroquias e movementos. Pero deu un

paso máis, ao sinalar: “O Señor chama a vivir con

máis valentía e xenerosidade a acollida nas

comunidades, nas casas, nos conventos baleiros.

Queridísimos relixiosos e relixiosas, os conventos

baleiros non serven á Igrexa para transformalos en

hoteis e gañar cartos. Os conventos baleiros non son vosos, son para a carne de Cristo que son os refuxiados.

O Señor chama a vivir con máis valor e xenerosidade a acollida nas comunidades, nas casas, nos conventos

baleiros. Certo, non é algo sinxelo: precísase criterio, responsabilidade, pero requírese tamén valor.” Algún de nós ten unha vivenda que non use? Temos algunha herdanza compartida dun inmoble que

non se vai ocupar? Incluso a parroquia, ten propiedades que poden servir para vivir? Porque aquí non valen

interpretacións amplas: o bispo de Roma fala de casas baleiras, de avivar a xenerosidade, e de que fai falla

valor (e non medo, atrévome a engadir eu). Por certo, que nos evanxeos atopamos cambios de vida tras o

encontro con Xesús, que levaron a desprenderse do material para seguir ao mestre (Zaqueo, Mateo, etc.). Non digo que sexa doado, ollo! Pero o máis atraínte é que se pode facer, se queremos, claro está. E a

igrexa nisto tamén ten que seguir a dar testemuño. Porei dous exemplos concretos: o primeiro aparece no

boletín oficial do arcebispado de xuño deste ano. Trátase da cesión da casa reitoral da parroquia de Santo

Tomé de Piñeiro, a unha familia con escasos recursos económicos, por espazo dun ano. Chapeau!

Outro: a iniciativa da asociación Bo Camiño, grupo nacido da parroquia de S. Francisco de Asís da

Coruña, que comezaron diversas actividades, entre elas BoaNoite (http://boanoite.es), un contacto semanal

dende hai xa tres anos con persoas que dormen sen teito. Buscan

axudar a persoais que viven nas rúas, que dormen en caixeiros,

portais ou literalmente baixo unha ponte.

Como ben din eles, hai institucións que lles ofrecen

comida, ducha e acompañamento profesional, pero seguen

carecendo de algo vital: unha familia, un fogar. Por iso, crearon

o proxecto Mesoiro (a carón de San Cristovo, no mesmo pobo

de Mesoiro, nunha casiña cunha pequena horta), querendo crear

unha familia “provisional”, un fogar, que dea estabilidade ás

vidas desas persoas e recuperen a súa dignidade. Proxectos reais, concretos, palpables e ben pretiño de

nós. Son chamadas de conciencia e feitos visibles de que a

solidariedade é máis forte cá cobiza. Remato con verbas de

Francisco: “Debemos devolver a esperanza aos xóvenes, axudar aos vellos, abrirnos cara o futuro, difundir o

amor. Pobres entre os pobres. Debemos incluír aos excluídos e predicar a paz.” Ogallá traballemos por unha

igrexa pobre e para os pobres. Unha igrexa pobre e para os pobres...

Alfredo Losada

Page 7: Larada outubro

LUME ABERTO

UNA PELÍCULA CLÁSICA PERO ACTUAL

Aunque parece que el cine es un entretenimiento banal, muchas veces puede abrirnos los ojos a otras

realidades, a otros mundos, a otras maneras de entender la vida. Y otras tantas, puede mostrarnos historias

(aunque sean ficticias) que nos hagan reflexionar sobre nuestra forma de actuar o sobre los condicionantes

que tenemos y cómo es posible enfrentarnos a ellos y superarlos.

Esta película quizás sea una buena muestra de ello. No es reciente, desde luego, pero hay situaciones

y valores que siempre serán actuales. A fin de cuentas, no somos tan diferentes de nuestros antepasados.

Agradecemos a Ricardo, nuestro cinéfilo colaborador, que nos permita abrirnos a esta ventana

cultural del séptimo arte.

CAPITANES INTRÉPIDOS

FICHA

Título original: Captains Courageous

Año: 1937

Duración: 116 min.

País: Estados Unidos

Director: Victor Fleming

¿POR QUÉ VERLA?

Para disfrutar de una de las historias de aprendizaje y amistad

más hermosas del cine, un espectáculo en el que la emoción y la aventura

se dividen a partes iguales y que nos será imposible no ver con una

sonrisa continua a la vez que nuestros ojos se llenan de lágrimas.

Una película de ésas que ves cuando eres pequeño y no se te olvida, y que cuando ya eres adulto y

vuelves a ver te sigue pareciendo tan grande como la primera vez.

ARGUMENTO

Harvey es un presuntuoso y repelente niño acostumbrado a hacer su voluntad gracias al dinero y el

poder de su padre. Escudándose en él, hace y deshace a su albedrío intentando someter a quienes le rodean.

Sin embargo, su mal

comportamiento y su mal proceder lo

llevan a tener problemas con sus

compañeros de colegio y profesores, que

admiran su inteligencia, pero nunca su

proceder. Al tiempo, somos conscientes

de que Harvey está prácticamente

abandonado a su voluntad, su padre está

siempre trabajando y el colegio, cómo

no, es un internado. Una víctima en realidad que busca por la fuerza lo que el amor le niega. Expulsado del

colegio, su progenitor toma conciencia de su falta de responsabilidad y cuidado para con su hijo y se lo lleva

de viaje. Espera así tomar contacto con él y ejercer, al fin, de padre. Un estúpido accidente dará con los

huesos de Harvey en el mar y será recogido por un pescador portugués, Manuel, que saca a su “pescadito” de

las frías aguas.

Ricardo

Page 8: Larada outubro

AGENDA OCTUBRE 2013

INTENCIONES MISAS

Semana del 7 al 13:

Sábado 12:

18,00 h.: Intenciones parroquiales.

Domingo 13:

10,00 h.: Intenciones parroquiales.

12,00 h.: Por José Sánchez Varela,

Begoña Soliño y demás difuntos de la

familia.

Semana del 14 al 20: Sábado 19:

18,00 h.: Intenciones parroquiales.

Domingo 20:

10,00 h.: Intenciones parroquiales.

12,00 h.: Por los difuntos de Consuelo

Galán.

Semana del 21 al 27:

Sábado 26:

18,00 h.: Por los

difuntos de la familia

Corral Galán.

Domingo 27:

10,00 h.: Intenciones Parroquiales.

12,00 h.: Por Enrique y José Juncal Bello.

Semana del 28 al 3 de noviembre:

Viernes 1: sin concretar todavía.

Sábado 2:

18,00 h.: Intenciones parroquiales.

Domingo 3:

10,00 h.: Intenciones parroquiales.

12,00 h.: Por Antonio Becerra Calviño.

Descansan en la Paz del Padre:

Dominga Roca Sánchez

Antonio Becerra Calviño

Juan García Sánchez

Antonio Mena Morales

Se incorporaron a la comunidad cristiana

por el bautismo.

¡Bienvenid@s!:

Thiago González Golpe

Mario Asprón López

Darío Folla-Cisneros López

Lucía Parada Fernández

Sergio Campo Pardo

Pedro Trincado Vérez

MESA DE REDACCIÓN E

COORDINACIÓN

Yolanda Sánchez Sánchez

Juan López Sánchez

Alfredo Losada Suárez

José Juan Videla Rodríguez

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

DIRECCIÓN

“Centro Parroquial”

R/ Birloque, 52 B

15. 008 A Coruña

Tlf.: 981 132 700

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

Loli Mantiñán Loureiro

E-MAIL

[email protected]

BLOG:

sancristovodasvinas.blogspot.com

TIRADA

500 Exemplares.

DISTRIBUCIÓN

Primeiro domingo de mes na

parroquia e no barrio.

IMPRIME

Velfer

NUEVOS HORARIOS A TENER EN CUENTA

MISAS:

Sábados: 18,00 horas (En la Iglesia Parroquial).

Domingos: 10,00 horas y 12,00 horas (En el Centro Parroquial las dos).

CATEQUESIS de INFANCIA: Domingos a las 11,00 horas (En el Centro Parroquial).

DESPACHO PARROQUIAL:

Martes y viernes, de 17,00 horas a 19,00 horas.

CÁRITAS PARROQUIAL

Reparto alimentos (a partir de las 18,30 horas):

Miércoles 16 de octubre

Miércoles 30 de octubre

Miércoles 13 de noviembre