15 de outubro - Barrios

24
Nova aula na escola infantil de Xinzo VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.8 Número: 6 - Ano: IX - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.18 CELANOVA Páx.16 O macedán Iván Feijoo, 1º na Copa España de ciclocross O presidente da Xunta e a ministra de Fomento no interior do túnel do Espiño, na Gudiña./XOÁN CRESPO. Xornadas de Carne de Boi de Allariz, ata o 18 de outubro A colleita da D.O. Monterrei bate récords de produción Homenaxe no Furriolo aos represaliados do franquismo Adegal posiciónase contra o peche da planta de xurros de Sarreaus Visita ás obras do AVE O Consorcio Galego de Benestar informou que o 15 de outubro abría a nova aula da escola infantil./PAULA LODEIRO [páx. 14] Entrevista a Pío Álvarez, creador da páxina “Aquela Celanova”

description

A visita da ministra de Fomento ás obras do AVE na nosa provincia e a apertura dunha nova aula na escola infantil de Xinzo, temas de portada do número de outubro de Barrios

Transcript of 15 de outubro - Barrios

Page 1: 15 de outubro - Barrios

Nova aula na escola infantil

de Xinzo

VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.8

Número: 6 - Ano: IX - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.18CELANOVA Páx.16

O macedán Iván Feijoo, 1º na Copa España de ciclocross

O presidente da Xunta e a ministra de Fomento no interior do túnel do Espiño, na Gudiña./XOÁN CRESPO.

Xornadas de Carne de Boi de Allariz, ata o 18 de outubro

A colleita da D.O. Monterrei bate récords de produción

Homenaxe no Furriolo aos represaliados do franquismo

Adegal posiciónase contra o peche da planta de xurros de Sarreaus

Visita ás obras do AVE

O Consorcio Galego de Benestar informou que o 15 de outubro abría a nova aula da escola infantil./PAULA LODEIRO

[páx. 14]

Entrevista a Pío Álvarez,

creador da páxina “Aquela Celanova”

Page 2: 15 de outubro - Barrios

� BARRIOSOutubro de �014

VERÍN E COMARCA

O BNG denuncia contaminación medioambiental entre Vilaza e Pazos 4 O vertido atópase detrás da nova subestación eléctrica, re-cén inaugurada.Redacción

Fai uns días o BNG de Verín e Monterrei detec-tou residuos fecais nunha zanxa recén aberta nunha pista de acceso a fincas privadas, sita nos lindes entre Pazos e Vilaza. Por dita zanxa, de máis dun quilómetro de lonxitude, transcorre, segundo os na-cionalistas, “auga turbia con restos fecais e que ex-piden olores nauseabun-dos, que fan imposible transitar pola zona”.

Trala inspección ocu-lar dos edís do BNG de ambos concellos, com-probouse que os residuos fecais proceden dunha estación de bombeo ava-riada con arquetas aber-

tas. Ademais, indican que “seguindo o percorrido da zanxa e dos residuos sos-peitamos que estes vertidos chegan ata o río coa con-seguinte contaminación do seu cauce”.

Como consecuencia, den-de o BNG instan aos gober-nos de ambos concellos a abrir unha investigación so-bre o motivo de ditos ver-tidos e esixen a inmediata limpeza da zona afectada.

EN BREVE

4 Verín xa ten acceso a servizos dixitais da administración electrónica estatal

O Concello de Verín foi un dos primeiros de Gali-cia en ter acceso gratuito a servizos dixitais da Ad-ministración electrónica do Estado, ao adherirse ao convenio asinado entre a Axencia para a Moder-nización Tecnolóxica de Galicia e o Ministerio de Facenda, que permite á Xunta actuar como nodo de interoperabilidade, fa-cilitando a conexión das entidades locais a servizos estatais.

Grazas ao acordo servi-zos como a sinatura elec-trónica avanzada, o acceso a Pasaxe!, a plataforma de intermediación de datos por medios electrónicos, a interconexión de rexis-tros e o sistema de certi-ficación, ou o servizo de notificacións electrónicas estarán a disposición dos veciños de xeito gratuí-to a través da plataforma tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Son servizos fundamen-tais que promoven o uso compartido destas solu-cións tecnolóxicas, evitan-do duplicidades e reducin-do custos.

4 Obtención do graduado en ESO en Verín

O Concello de Verín, a través da Escola de Fa-milia municipal, pon en marcha unha nova acción formativa destinada á pre-paración das probas libres para a obtención do gra-duado en ESO, que terán lugar en maio e setembro de �015.

Para presentarse ás mes-mas, dirixidas a maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade no �015, non é necesario ningún requisito académico.

A inscrición debe reali-zarse no servizo de Edu-cación Familiar (Avda. de Portugal, 11), en [email protected] ou no 988 41 47 76. Tamén no edificio municipal do Lavadoiro (esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no 988 41 14 68.

O BNG denunciou uns vertidos nunha zanxa aberta entre Vilaza e Pazos./CEDIDA.

Os vertidos fecais proceden dunha estación de bombeo avariada, denuncia o BNG, que pide a súa limpeza

Redacción

O Consello da Cultura Galega vén de pronun-ciarse sobre as obras de rehabilitación do castelo de Monterrei. O seu in-forme considera necesario “facer unha declaración de Conxunto Histórico que protexa este elemento territorial” así como “re-visarse o destino para un uso hoteleiro dunha parte do actual edificio do cas-telo”. Recolle o informe desta institución que “tal-vez sería máis atinado fa-cer un plan de viabilidade do parador xa existente, adaptalo ás novas nece-sidades do turismo, ela-borar ou rematar un Plan Director do Castelo que contemple uns detallados estudos previos e que in-cida no seu papel como elemento dinamizador da comarca, incentivo turís-

O Consello da Cultura Galega propón revisar o uso hoteleiro do castelo 4 Pídelle á Administración que teña en conta o seu informe antes de continuar coas obras de rehabilitación da fortaleza.

tico-cultural e complemen-to do espazo hoteleiro”.

Por último, o Consello da Cultura Galega propón á Administración galega que “antes de continuar as obras no sentido do proxecto re-formado”, teña en conta as súas consideracións, e ofré-cese a realizar “conferen-cias de consenso, orientadas á procura da converxencia e síntese dos diferentes crite-rios e valoracións que este ‘debate público’ reportou”.

Ante este ditame, o BNG xa presentou unha iniciati-va no Parlamento galego para paralizar as obras do castelo.

Accións reivindicativasO pronunciamento do

Consello da Cultura Galega prodúcese a raíz dunha peti-ción da Asociación Cultural Alto Támega e da Platafor-ma en Defensa do Castelo de Monterrei, plataforma

que continúa coas súas ac-cións reivindicativas.

Nas últimas semanas instalaron unha mesa informativa na capital ourensá e presentaron un total de 7.200 firmas na Xunta en apoio a un uso público e cultural do cas-telo. Ademais, organiza-ron dúas conferencias so-bre a fortaleza impartidas polo profesor de Historia Francisco Javier Pérez Rodríguez. E puxeron en marcha unha campaña de “apoios ilustres” de xente da cultura ou do especta-culo.

De cara ao futuro, a Pla-taforma está valorando acudir á vía xudicial para poder paralizar a obra de construción do novo pa-rador.

A Plataforma valora acudir á vía xudicial

NOtiCiAs dE EMpREsA

Abre en Verín Ao teu lado, empresa de axuda a domicilio

María José Taboada é a responsable de Ao teu lado, unha nova empresa de axuda a domicilio que abriu as súas portas en Ve-rín hai mes e medio.

Con experiencia en axuda a domicilio e no Sergas, Taboada decidiu embarcarse nesta aventura empresarial que na comar-ca verinesa ten unha boa demanda. “A acollida foi boa en Verín, pois a po-boación é bastante maior e a xente non quere irse a residencia, e moitas fami-lias non poden estar todo o día con eles”, afirma a xerente de Ao teu lado.

A empresa ofrece servi-zos de coidado de persoas maiores, enfermas, nenos, así como todo o relaciona-

do co fogar (pasar o ferro, limpeza, facer a comida, realizar compras…)

Os servizos ofértanse por horas soltas, por turnos de mañá, tarde ou noite, ou ta-mén a través de internas. Ao teu lado estuda cada caso de forma individual e fai un orzamento personalizado, “cada enfermo ou ancián ten o seu servizo adaptado en funcións das súas nece-sidades”.

Para ofrecer as maiores garantías ás familias ve-rinesas, o persoal de Ao teu lado é cualificado e responsable,con títulos de auxiliar de axuda a domici-lio, auxiliar de enfermería e auxiliar de xardín de infan-cia. “Estúdase ben a quen se contrata e sempre con refe-

rencias, están dous meses en prácticas coa familia e se lles gusta faise o con-trato, todo o persoal está asegurado”, indica María José Taboada.

A empresa dispón tamén dunha enfermeira que vai polos domicilios para fa-cer curas ou administrar a medicación. “E se hai que levalos a urxencias a calquera hora, imos con eles”, engade a xerente, que como encargada visita todos os pacientes a diario para interesarse polo seu estado e preguntarlles como se presta o servizo.

Outra das súas vantaxes son os seus prezos, bas-tante económicos, e as fa-cilidades de pago.

[+ info: 687 0�3 641]

Page 3: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

3VERÍN E COMARCA

Exterior da Casa da Cultura de Verín.

Nesta vendima foi preciso facer dúas seleccións de uva, nos propios viñedos e nas adegas

As obras foron financiadas integramente polo Concello

Redacción

Novo récord para a Denominación de Orixe Monterrei. A colleita �014 convértese na maior da súa historia, con �.8�0.�00 qui-los de uva recolectados, o que supón un 4% máis que a colleita �01�, a maior rexistrada na denominación ata o momento, e un �1,7% máis que o ano pasado.

Desta cantidade, a maior parte (un 68%) corresponde a variedades brancas, men-tres que o 3�% foi de uvas tintas. A variedade godello, cun 50,64% do total, e a mencía, cun �7,16%, foron as de maior produción.

Estas cifras históricas dé-bense a varios motivos, ar-gumentan desde o Consello Regulador da D.O. Mon-terrei. Por unha banda, o momento de expansión que

atravesa a denominación. O recoñecemento e o éxi-to de comercialización que os seus viños están a expe-rimentar nos últimos anos fixeron que moitas adegas incrementaran o número de hectáreas inscritas nesta colleita �014 (aproximada-mente 38 máis, que fan un total de 475 hectáreas culti-vadas). Ademais, incorporá-ronse 3� novos viticultores (ronda xa os 400), así como unha nova adega á denomi-nación (que suma �4).

Estado da uvaTodo isto xunto a unha

colleita boa de por si, ma-lia que a meteoroloxía ad-versa das últimas semanas obrigou a facer unha maior selección da uva, ante a aparición de casos de bo-tryte, fungo que aparece en condicións de humidade e

A D.O. Monterrei acada a maior colleita da súa historia4 Alcanzou os �.8�0.�00 quilos de uva recolec-tados, nun 68% de variedades brancas, o que su-pón un 4% máis que a colleita de �01�.

produce a podremia dos acios.

De feito, indica o direc-tor técnico do Consello Regulador, foi necesario realizar dúas seleccións de uva nos propios viñe-dos e nas adegas, de ma-neira que “a uva que non estaba en boas condicións non entrou”. Isto garantirá a calidade dos caldos unha vez comece a súa elabora-ción.

A D.O. Monterrei am-para viños producidos nos municipos de Verín, Oím-bra, Monterrei, Castrelo do Val, Vilardevós e Riós.

Remodelada a cuberta e o salón de actos da Casa da Cultura de Verín4 Tamén se realizaron traballos de mellora do pavimento exterior. Redacción

O Concello de Verín finalizou as actuacións de conservación e mante-mento da cuberta e do in-terior do salón de actos da Casa da Cultura do muni-cipio, co obxecto de sub-sanar principalmente as deficiencias de filtracións de auga no inmoble.

Entre as melloras reali-zadas na Casa da Cultura de Verín, situada na rúa Irmáns Lasalle, atópase a reparación da cuberta do edificio municipal -a través da mellora e substi-tución de elementos dete-riorados na mesma, como as tellas e os caneiros de recollida de auga-; restau-ración do pavimento de madeira do salón de actos da Casa da Cultura -acoi-

telado, lixado e vernizado-; picado do morteiro de re-matado das paredes inte-riores deixando un zócalo de entre 40 e 50 centíme-tros, coa pedra vista, para solventar os problemas de humidade de capilaridade existentes; pintado de pare-des do propio salón, vestí-bulo de acceso e baños; así como a limpeza das cadei-ras do salón de actos, entre outras actuacións.

Pavimento exteriorPor outra banda, tamén

se efectuaron melloras nos exteriores desta instala-ción, onde se substituíu o pavimento de baldosas por outro de pedra, ademais de rehabilitar os bancos de madeira existentes na zona.

As actuacións foron fi-nanciadas integramente

polo Concello de Verín e realizadas tras a adecuación da nova Oficina de Infor-mación Turística e Sala de Exposicións da localidade no edificio anexo da Casa da Xuventude.

Outras mellorasCon todo, non se trata das

únicas melloras impulsadas polo Concello de Verín nas últimas semanas no ámbito de remodelación de cuber-tas. Ademais da reparación do tellado da capela de San Lázaro, na actualidade es-tase a substituír a antiga cuberta do centro social de Cabreiroá por unha nova.

Un viñedo da D.O. Monterrei./ARQUIVO.

Page 4: 15 de outubro - Barrios

4 BARRIOSOutubro de �014

VERÍN E COMARCA

Os cativos de Verín aprenden primeiros auxiliosCruz Vermella Monterrei celebrou o �5 de setembro unha campaña de sensibilización

sobre primeiros auxilios básicos e activación da emerxencia, dirixida a escolares dos centros educativos de Verín e á poboación en xeral.

Para iso, ademais de realizar unha demostración da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP), explicaron como actuar ante as principais lesións que se producen no fogar: caídas, golpes contra obxectos, cortes, queimaduras, intoxicacións, corpos estraños e asfixia. E na parte práctica, o alumnado puido realizar unha inmobilización nos bonecos de primeiros auxilios, aprender a cortar unha hemorraxia, e a curar unha ferida, entre outras actuacións.

Simulacro da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) realizo por diversos cativos de Verín ante a supervisión dos profesionais de Cruz Vermella Monterrei. /CEDIDA.

Nove cursos novos na aula CeMIT de VerínDurante este mes de outubro, a aula Multimedia do Concello de Verín está a acoller

nove accións formativas para os interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Entre os temas destes novos cursos atópase iniciación á informática, busca de infor-mación na Internet, correo electrónico, ferramentas na nube, Google Docs e Google Folla de cálculo.

Ademais, en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil ‘Kero-Informátika’, destinado a nenos de entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse co mundo virtual.

Grupo de mulleres que participan nun curso sobre procesadores de texto na aula Multi-media do Concello de Verín. /CEDIDA.

Page 5: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

5

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

Vítimas de violencia de xénero de Verín aprenderán defensa persoal4 A última reunión da Mesa para a mellora da atención ás víti-mas da violencia de xénero acordou tamén realizar unha xornada formativa para profesionais.Redacción

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu o �6 de setembro unha nova reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xé-nero, presidida pola conce-lleira de Igualdade, María Corona Meixeira Roma-santa, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres. Na xuntanza participaron traballadores sociais das Mancomunida-des de Municipios da Co-marca de Verín, persoal do Hospital Comarcal, Centro de Saúde de Verín, centros educativos do municipio e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e

Xustiza. Durante a reunión, reali-

zouse un balance e análise dos casos de violencia de xénero no que vai do ano �014, denuncias, ordes de afastamento e protección, así como as medidas para seguir actuando na preven-

ción e atención das vítimas. Por outra parte, concretouse a realización dunha xornada formativa destinada a téc-nicos de servizos sociais e educación -similar ásç rea-lizadas en xuño sobre me-nores que actúan de forma violenta ou sofren violen-

Potenciar o uso peda-góxico das novas tecno-loxías é un dos obxectivos que se establecen na Pro-gramación Xeral Anual �014/�015 do IES Gar-cía Barbón. A referencia concreta dos recursos in-formativos do centro en internet e as explicacións correspondentes –páxina web do centro, blogs e redes sociais- poden verse en detalle en: http://bitly.com/barbontic.

No IES García Barbón séguese apostando pola innovación educativa e a utilización das novas tecnoloxías no ensino. Así neste curso xa se es-tán impartindo diversas materias a través da aula virtual. A día de hoxe xa está en funcionamento o curso de Tecnoloxías da Información e da Comu-nicación (TIC) de 1º de Bacharelato, unha mate-ria dentro do ciclo medio

de Coidados Auxiliares de Enfermaría, dúas materias no 1º e 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa e unha materia na Educación Secundaria de Adultos.

A aula virtual é un entor-no altamente interactivo no que os profesores, despois de elaborar a teoría e as distintas actividades rela-cionadas co tema, súbenas a unha páxina web na que só os alumnos matriculados na materia poden acceder. Aquí pódese consultar o programa da materia, e os distintos documentos que o profesor vai colgando. Ademais, unha vez que os alumnos teñen feitas as actividades propostas polo profesor, envíanllas a tra-vés da mesma páxina. A aula virtual tamén permite realizar charlas en directo mediante foros de discu-sión e posibilita unha co-municación constante e directa entre o profesorado

O iEs García Barbón de Verín aposta polo uso educativo das novas tecnoloxías

e o alumnado.

Orientación académicaNo ámbito da orienta-

ción académica do alum-nado, anotar que o IES García Barbón dispón da versión actualizada do programa informáti-co “Orienta �014/�015”, ferramenta que axuda no proceso de toma de deci-sións sobre estudos e saí-das profesionais de futuro e que se facilita no blog http://orientacion.blogia.com/�014/101001-pro-grama-informatico-de-orientacion-�014-�015.php.

Saídas pedagóxicasO alumnado de 1º e �º

curso do Ciclo Medio de Mantemento Electrome-cánico viaxou a Vigo o día oito de outubro á Feira In-ternacional CONXEMAR e tamén visitou as instala-cións da Empresa Denso.

4 Convenio para a recollida de ani-mais abandonados

O Concello de Verín acaba de asinar un conve-nio co albergue-residencia ‘O Cuco’ para recoller e aloxar animais domésticos, abandonados ou extravia-dos no termo municipal.

Esta medida tamén afectará a animais que aínda que non estean abandonados, se atopen en condicións de insa-lubridade, inseguridade, falta de hixiene, ou xeren intranquilidade cidadá ou outras semellantes, espe-cialmente, cando se trate de animais perigosos.

O convenio terá un ano de duración, e permitirá que tras ter coñecemento da existencia dun animal abandonado, o mesmo sexa recollido e trasla-dado ao albergue, onde se tratará de averiguar a identidade do seu propie-tario para que o recupere. Neste caso, dado que o abandono está tipificado como unha infracción moi grave, porase en coñe-cemento das autoridades competentes.

cia-. Asemade, propúxose a realización de cursos de defensa persoal para mulle-res vítimas da violencia de xénero por parte da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en colaboración coa Policía Nacional.

Reunión da Mesa para a mellora da atención das vítimas de violencia de xénero./CEDIDA.

Page 6: 15 de outubro - Barrios

6 BARRIOSOutubro de �014

XiNZO E COMARCA

P. Lodeiro Como recibes a noti-

cia da fichaxe do actual alcalde dos Blancos, o independente José Ma-nuel Castro, polo PP?

Juan Manuel Andra-de: “Eu levo oito anos en primeira liña do Partido Popular dos Blancos, 1� no partido. Cando collín o PP tiña cento e poucos votos, e agora hai 400. A seguir, o que lle dixen ao presidente (por Manuel Baltar) hai máis dun ano, que eu non ía seguir en política nos Blancos, que non me ía presentar máis á alcaldía dos Blancos. Pero, a min o que non me parece ben, que aínda hoxe son presidente do PP dos Blancos, que me entere pola prensa que ese señor (por José Ma-nuel Castro) ficha polo PP; iso non é normal, non é de recibo. A min o que non me gustou en absolu-to é que firmen un venres, xa case con nocturnidade, e eu entérome pola prensa o luns.

Visto todo o que pasou en Blancos nos últimos anos vai supoñer un enfa-do da poboación terrible, posto que as eleccións hai catro anos foron durísi-mas, houbo un montón de enfrontamentos, e agora mesmo toda a xente que traballou por unhas siglas vese un pouco traiciona-

da. Vai levantar asperezas alí.

Eu entendo que a algún compañeiro dos que eu tiña detrás lle interesaría seguir a traxectoria que nós traía-mos, e de golpe e porrazo... fichar ao alcalde de Alter-nativa, eu creo que no PP se equivocaron”.

Non foi unha decisión que se consensuara coa agrupación local?

J.M.A.: “Para nada, eu sabía que eles estaban ne-gociando, extraoficialmen-te. Non había moito que lle deran unha obra de 150.000

euros para facer unha ponte e a xente fomos atando ca-bos”.

Dun día para outro pa-sades de ser oposición a ser goberno. Houbo algún contacto do alcalde con vós?

J.M.A.: “O que el dixo a algún periódico foi que nos próximos días se poría en contacto con nós, pasa-ron dez días e a min non me chamou ninguén. Blancos é Blancos e neste caso foi un sácate ti para poñerme eu”.

Vas aguantar como con-celleiro ata maio?

ENTREVISTA A JUAN MANUEL ANDRADE

“Toda a xente que traballou por unhas siglas vese traicionada”

4 A raíz da fichaxe de José Manuel Castro polo PP, o actual vo-ceiro e presidente local do PP nos Blancos anuncia que nos próxi-mos días presentara a súa dimisión.

Juan Manuel Andrade, actual voceiro e presidente local do PP dos Blancos./P.LODEIRO.

J.M.A.: “Aínda non o teño claro pero probable-mente nos próximos días, non ten sentido que estea aí, dimitirei tanto de conce-lleiro, como de presidente local dos Blancos, como de militancia no PP”.

Segues contemplando un futuro na política?

J.M.A.: “Encántame a política, gústame traballar pola xente, gústame estar activo en proxectos. Pro-bablemente, non sei agora mesmo nin as cores nin as siglas, siga participando en política”.

O PP ficha ao alcalde dos Blancos4 O rexedor de Baltar tamén se reincopora ás filas populares.

“O que non me gustou en absoluto é que firmen un venres e eu entéronme pola prensa un luns”“Probablemente nos próximos días dimitirei tanto de concelleiro, como de presidente local dos Blancos, como de militancia no PP”

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo./ALBERTE PAZ.

José Manuel Castro con Manuel Baltar./ALBERTE PAZ.

Redacción

O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, que concurriu ás pasadas elec-cións municipais como in-dependente por Alternativa Popular Galega, vén de afi-liarse ao Partido Popular.

“Paréceme un proxecto atractivo, cunha gran sensi-bilidade polas necesidades do rural e onde sempre ato-pei diálogo e cooperación para acadar melloras para Os Blancos”, xustificaba Castro a súa afiliación.

Doutra banda, o alcal-de de Baltar, José Antonio

Feijoo, vén de reincorpo-rarse ás filas do PP, do que se dera de baixa temporal cando comezou un proce-so xudicial contra el e do que finalmente saiu absol-to.

Feijóo Alonso sopesou deixar a política e incluso os veciños lle pedían que continuase “como inde-pendiente”, pero decidiu reincorporarse “pola afini-dade e respeto que sempre me amosou o presidente provincial, Manuel Baltar, que soubo estar á altura das circunstancias cando o momento non era doado”

Page 7: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

7pUBLiCidAdE

Page 8: 15 de outubro - Barrios

8 BARRIOSOutubro de �014

EN BREVE

XiNZO E COMARCA

A planta producía ao ano 15.000 toneladas métricas de abono orgánico e electricidade para 20.000 persoas; o seu peche obriga aos produtores a trasladar os residuos a máis de 100 km

Redacción

A Asociación de empre-sarios, gandeiros e agricul-tores da Limia (Adegal) e a asociación ecoloxista Amigos da Terra veñen de amosar o seu rexeitamento quere mostrar o seu rexei-tamento ao peche do Cen-tro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus. Adegal insta á Xunta e á Deputación a adoptar medidas que per-mitan que retome da súa actividade.

“A planta prestaba un servizo esencial para unha bisbarra na que gran par-te das familias dependen deste sector, e permitía compatibilizar a activi-dade agrícola e gandeira coa protección do medio, facilitando a reciclaxe dos residuos das explotacións da zona”, explican dende a Asociación de empresa-rios, gandeiros e agriculto-res da Limia.

Así, o peche da insta-lación está a obrigar aos gandeiros a adoptar medi-das de urxencia para xes-tionar os excedentes, bus-cando novos terreos para depositalos como abono. Pero ante a falta de terreos dispoñibles na comarca, os residuos gandeiros de-ben ser agora transporta-dos a distancias de máis de 100 quilómetros das explotacións, o que fai que esta solución sexa tremen-damente custosa para os produtores, xa que o gasto medio que representa para cada explotación ascende a máis de 40.000 euros anuais.

“Trátase dunha cifra in-asumible para as granxas, a maioría delas de carác-ter familiar, que nos últi-mos anos veñen sufrindo as consecuencias da crise de consumo e a continua redución das marxes de venda”, reclaman dende

Adegal e Amigos da Terra posiciónanse en contra do peche da planta de tratamento de xurros de Sarreaus 4Os produtores da Limia consideran que se trataba dun servizo “imprescindible”; e os ecoloxistas recalcan o alto poder contaminante dos xurros se non reciben tratamento nunha instalación deste tipo.

Adegal.Por iso adiantan que

“este novo gasto suporía a ruína e o peche de moitas das explotacións, das que dependen directamente nu-merosas familias da zona e, indirectamente, o comercio e gran parte dos negocios da Limia”. Ademais, o pe-che da planta tamén supuxo a perda dos 1� postos de traballo que xeraba.

Investimento perdidoOs produtores da Limia

non entenden as razóns que levaron ao peche deste cen-tro, que foi construido fai sete anos e xestionaba os re-siduos gandeiros dun modo totalmente respectuoso. “O investimento realizado queda agora perdido, algo incoherente cando os pro-dutores seguen necesitando este servizo”, denuncian.

Nesta liña, Adegal con-sidera contradictorio que a Xunta e a Deputación non tomen medidas para evitar o peche da planta de residuos gandeiros, a pesar de que son plenamente conscien-tes da urxencia de reforzar a protección ambiental na zona e, de feito, traballan en iniciativas ao respecto, como o proxecto “Life Re-

genera Limia”.Asemade, esta asociación

mostra o seu rexeitamento ás acusacións de contami-nar a comarca que reciben os colectivos que repre-senta. “Os agricultores e gandeiros da Limia son os primeiros interesados na maior protección ambiental da zona, e en que a activi-dade que desenvolven sexa totalmente compatible co máximo respeto ao entor-no”, insisten.

Amigos da TerraPola súa banda, a asocia-

ción Amigos da Terra tamén manifestou o seu rexeita-mento a este peche.

Este colectivo lembra que este Centro Tecnoló-xico Medioambiental de Coren naceu co obxecto de eliminar os problemas de contaminación por xurros, transformando 1�0.000 to-neladas métricas dos mes-mos ao ano en 15.000 to-neladas métricas de abono

orgánico, e producindo ao mesmo tempo electricidade para unhas �0.000 persoas. E a súa ubicación na Li-mia non foi casual, xa que o 60% das explotacións de porcino de Coren sitúanse nesta bisbarra.

Agora, dende Amigos da Terra demandan informa-ción sobre que terreos son os dispoñibles para absor-ber estes residuos gandei-ros (con forte poder conta-minante xa que non reciben tratamento previo), e quen vai asumir o custo medio (40.000-45.000 euros por explotación) dos residuos que xera cada unha das granxas afectadas.

Os ecoloxistas critican tamén que a Unión Europea financie o programa medio-ambiental de tratamento de residuos gandeiros “Life- Regenera Limia” cun orza-mento de � millóns de euros ao tempo que a planta exis-tente, con tan só sete anos de actividade, foi pechada.

4 Plan Director da Rede Natura na Limia

Adegal mantivo en Ourense unha reunión cos responsables da Conselle-ría Medio Ambiente para tratar a problemática que causa a aplicación do Plan Director da Rede Natura �000 na Limia.

A esta xuntanza acudi-ron, por unha banda, os alcaldes de Xinzo de Li-mia, Vilar de Santos, Tras-miras, Sandiás, Porqueira, Sarreaus e Rairiz de Vei-ga, xunto con membros de Adegal, e, por parte da Ad-ministración, estivo pre-sente o delegado da Xunta en Ourense, a directora xeral de Conservación da Natureza, o xefe territo-rial de Medio Ambiente en Ourense e o xefe do Servi-zo de Conservación.

Os representantes da Li-mia puxeron de manifesto a problemática e o malestar da comarca ante a norma-tiva vixente e a aplicación do Plan Director (ZEPA A Limia e ZEC Veiga Ponte Liñares), porque “xera un gran prexuízo para o sec-tor primario, base econó-mica, social e cultural da Limia”, aseguraron.

Finalmente logrouse que a directora xeral de Conservación da Nature-za convoque unha mesa de traballo, que se levará a cabo de xeito inminente en Xinzo na que terán ca-bida e participación os re-presentantes políticos dos concellos da Limia, e Ade-gal como representación dos produtores e empresas da comarca, para traballar conxuntamente na elabo-ración dunha normativa que si se corresponda coa realidade e coas necesida-des dos limiáns, na que te-ñan cabida as actividades implantadas na comarca.

4 Sandiás delega na APLU as súas competencias urbanísticas

A Axencia de Protec-ción da Legalidade Ur-banística e o Concello de Sandiás veñen de asinar o convenio de adhesión que permite a este municipio delegar na APLU o exer-cicio das competencias municipais de inspec-ción, supervisión, san-ción e restablecemento da legalidade urbanística en relación coas obras e usos do solo que se exe-cuten sen licenza ou sen axustarse ás súas condi-cións.

Estas actuacións terían que estar situadas en solo rústico e urbanizable, mentres non sexa aproba-do o correspondente plan parcial ou de sectoriza-ción, así como no ámbito dos núcleos rurais deli-mitados.

Para o Concello de Sandiás o presente con-venio, que ten carácter indefinido, non compor-ta ningún gasto e o seu persoal poderá acceder a información urbanística, consultas e formación de xeito gratuíto.

4 Escolares dos Blancos súmanse a unha campaña de reciclaxe

O CEIP dos Blancos é un dos �50 centros esco-lares galegos que se ads-cribiron á terceira edición da campaña autonómica “Separemos ben, reci-claremos mellor” unha iniciativa educativa pro-movida pola Consellería de Medio Ambiente, Te-rritorio e Infraestruturas e Sogama.

16 alumnos de 1º a 6º de Primaria recibirán o vindeiro �1 de outubro a visita dos educado-res desta campaña, que lles explicarán por que é necesario reducir a pro-dución de lixo, en que consiste a reutilización e como debemos separar os residuos para que poidan ser reciclados.

Os escolares serán ob-sequiados con material divulgativo e merchandi-sing deste programa.

Exterior do Centro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus, agora pechado./ARQUIVO.

Page 9: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

9XiNZO E COMARCA

Redacción A directora xeral de Con-

servación da Natureza, Ve-rónica Tellado; o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; e o presidente da Confedera-ción Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; veñen de asinar o protocolo ‘Life Re-genera Limia’, cuxo obxec-to é implantar un conxunto de técnicas demostrativas para reducir a contamina-ción agrogandeira nas ma-sas de auga da comarca da Limia.

Este proxecto Life, cun orzamento superior aos dous millóns de euros e que foi aprobado pola Co-misión Europea o pasado mes de abril de entre case 1.500 candidaturas., xa co-mezou os seus traballos en xullo para demostrar que é posible unha mellor xestión ambiental dos terreos agra-rios, tanto no que se refire

á xestión dos fertilizantes como ás augas residuais procedentes de xurros de porcino, que poden ser tra-tadas con tecnoloxías bran-das para o medio ambiente.

Tellado explicou que “esta iniciativa aplicará téc-nicas non agresivas co me-dio para reducir a presenza de nutrintes, fundamental-mente de orixe agrogan-deira, nas masas de auga da comarca da Limia, con-tribuíndo así a cumprir cos obxectivos medio ambien-tais da directiva da auga”.

Actuacións e educación ambiental

Esta iniciativa conta con dous obxectivos: a mello-ra da calidade da auga e recuperación da superficie húmida e o leito orixinal na zona da ZEC Veiga de Ponteliñares; e o proxecto piloto na canle da Lagoa de Antela para a restauración de charcas areeiras de an-tigas explotacións mineiras e a súa integración no ciclo hidrolóxico da canle.

En canto á difusión e concienciación social, me-llorarase a información so-bre todo entre os gandeiros e outros profesionais do sector a través dun plan de sensibilización e educación

ambiental.Verónica Tellado des-

tacou que “esta colabo-ración está a ser clave na Limia para levar a cabo proxectos cunha inci-dencia moi importante na mellora do medio, e concretamente das au-gas”. Concretou que “un exemplo desta mellora é o proxecto de optimi-zación da capacidade de nutrientes da depuradora de Xinzo de Limia, unha actuación conxunta coa Confederación Hidrográ-fica e o Concello, asinada hai un mes, e que mellora-rá a eficacia da infraestru-tura para cumprir os pará-metros de calidade das augas depuradas”. Outros exemplos a destacar son actuacións como as me-lloras no saneamento do Pobo da Pena, de Soutelo ou de Laroá, rematadas fai poucos meses.

A directora xeral de Conservación da Natu-reza concluíu que “coas melloras no saneamento de Xinzo e as distintas medidas que contempla o proxecto Life Rexenera Limia, que estará en mar-cha ata xuño de �017, o río Limia ten garantido un mellor futuro”.

Xunta, Confederación Hidrográfica e Deputación asinan o protocolo “Life Regenera Limia” 4 Este proxecto, que conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros, busca reducir a contaminación nas masas de auga da comarca.

Momento da sinatura do proxecto “Life rexenera Limia”./RAMSÉS

Os pais amosaran as súas dúbidas “sobre as condicións de seguridade e idoneidade” da aula

Redacción

Elvira Lama, portavoz do grupo municipal socia-lista en Xinzo de Limia, vén de pedir ao alcalde da localide que informe, segundo criterio dos téc-nicos de urbanismo, dos efectos que terá a senten-za do Tribunal Supremo na que ditamina que “é rústico a efectos catas-trais, aquel terreo urba-nizable que esixa para o

O PSOE pide ao alcalde que determine o IBI a pagar polos propietarios de solo urbanizable4 Trala sentenza do Supremo que o califica como rústico se precisa de plans parciais e non conta con servizos.

seu desenvolvemento plans parciais ou de execución, e polo tanto non ten a consi-deración de solo urbano”.

Lama sinala que “na ac-tualidade Xinzo conta con tres áreas de reparto que precisarían de plans parciais para o seu desenvolvemen-to, e nas que os propietarios están a pagar un IBI que non lles corresponde”.

Unha vez que se pronun-cien os técnicos de urbanis-mo ao respecto, a socialista

A nova aula da escola infantil ten todos os permisos, aseguran desde o Consorcio4 A súa apertura estaba prevista para o 15 de outubro.

Nova aula da escola infantil de Xinzo./CEDIDA.

P.L.

A nova aula da escola infantil de Xinzo de Li-mia abre este 15 de outu-bro con todos os permisos necesarios. Así o indican desde o Consorcio Gale-go de Benestar, entidade que xestiona a instalación. “Xa foi a inspección, xa temos permiso de activi-dade e estanse seguindo os prazos normais”, apun-taban.

Segundo fontes do Con-sorcio, foi o Concello de Xinzo quen propuxo a obra de ampliación da gardería, transformando unha sala de outros usos en aula, de maneira que o centro dispón agora de seis aulas e un máximo de 8� prazas. A Adminis-tración local presentou o proxecto e realizou a obra. Entrementres, os repre-sentantes dos pais fixeron público un comunicado manifestando as súas dú-bidas sobre as condicións de seguridade e idonei-dade para funcionar desta

aula de nova creación”, e o concelleiro de Anova en Xinzo, Manuel Pérez Cam-pos, solicitou ver a docu-mentación de dita obra.

“O día do comunicado dos pais esa mesma mañá o Concello comunicounos que rematara a obra e xa se avisara á inspección”, ex-plican desde o Consorcio, desde onde opinan que as dúbidas dos proxenitores podían terse aclarado an-tes “se comunicaran direc-tamente con nós”. En todo caso, non estaba previsto

que a nova aula abrira ata o 15 de outubro, pois o prazo de matrícula para aqueles cativos qu se preinscribiran no prazo extraordinario (ata o 31 de agosto) realizouse aínda entre os días 10 e 14 deste mes.

adianta que, se correspon-de, “haberá que facer recla-macións polas referencias catastrais”.

Asemade, dende o PSOE lembran que as taxas do IBI en Xinzo levan subindo todos os anos “e seguirano facendo debido ao plan de axuste que ten o Concello de Xinzo ata o ano �03�”, aclara Elvira. “Unha carga que para moitos propieta-rios resulta insoportable”, conclúe.

Aplicaranse “técnicas non agresivas co medio para reducir a presenza de nutrintes” nos ríos da comarca

Page 10: 15 de outubro - Barrios

10 BARRIOSOutubro de �014

XiNZO E COMARCA

,ENTREVISTA A MANOLO FONTEMOURA

“Teatro Aneis é un gran descoñecido dentro da comarca”

4 Cunha traxectoria de case dúas décadas, a Escola Municipal de Teatro de Xinzo conta na actualidade con arredor de 45 alumnos.Paula Lodeiro

Manolo Fontemoura é o director de Aneis, grupo de teatro afeccionado de Xin-zo que desde hai anos é Es-cola Municipal de Teatro, formando parte da oferta da Casa da Cultura de Xin-zo. Na actualidade Aneis ten varias seccións, sendo Aneis xuvenil o grupo máis coñecido, pois realiza moi-tas representacións no con-cello, monólogos en pubs da vila, etc., e ten partici-pado en encontros de teatro xuvenil no País Basco e en Portugal.

Como xurdiu Aneis?Manolo Fontemoura:

“Eu vivín en Vigo (é de Porqueira), e vin vivir para aquí nos 90, saqueime o tí-tulo de monitor de tempo libre na escola de Lodose-lo. En Vigo xa facía teatro, e empecei a prepararme. Empecei no ano 95 cun grupo en Vilar de Santos, e en agosto do 96 xurdiu a idea de facer un grupo en Xinzo; presentáronse sete rapaces”.

Coa idea de facer teatro afeccionado?

M.F.: “Si; eu son autodi-dacta, cando a algo lle pos paixón, che emociona, é a xente a que che vai dicir se o fas ben ou mal. Pode haber críticas sobre se eu teño capacidade para levar a escola, pero os 18 anos que levo aquí ningúen mos pode quitar. Teño dado tea-tro en Sandiás, en Verín, aínda a día de hoxe dou en

Porqueira, a nenos e a un grupo de mulleres rurais, e aquí en Xinzo tamén levo o grupo Xeito, que depende do centro social da terceira idade”.

Cando se converteu Aneis en Escola Munici-pal?

M.F.: “Fará aproximada-mente uns dez anos. Deci-dimos formar a Escola de Teatro do Concello por-que dábanos estabilidade a todos. Pasouse ao grupo municipal pola demanda, pasamos de ser sete persoas a actualmente ter cinco gru-pos”.

Divididos segundo as idades?

M.F.: “Si; temos un grupo E, que o compoñen os ne-nos que empezan, de dous, tres, catro, cinco anos, son nove rapaces. Empecei fai tres anos con eles. Temos o grupo D que teñen entre seis e nove anos; temos o grupo C, moi compacto, que empecei a formar o ano pasado, son 14 rapaces e ra-pazas, que están entre os 10 e os 13 anos.

Despois está o grupo B, que actúa o 8 de novembro en Ourense, eu lle chamo o grupo semiprofesional. É o grupo que temos como re-presentación da Escola, o ano pasado fumos ao fes-tival de teatro escolar do Porto e a Bilbao. No grupo B os maiores teñen 18 anos e temos unha nena que leva bastante tempo, que ten só 11 anos.

E temos un grupo A que

empezou o ano pasado, que son pais, nais e unha avoa de nenos do grupo que dixeron ‘por que non facer teatro de adultos?’.

Cantas horas reciben de clase á semana?

M.F.: “Cada grupo ten mínimo dúas horas, menos o grupo B que ten máis en-saios”.

E cal é a vosa actividade anual?

M.F.: “Preparamos unha gala de Nadal, con obras curtas de 10-15 minutos,

con todos os grupos menos o A, e despois outro día de Nadal facemos unha gala de monólogos. E despois preparamos unha gala de verán onde cada grupo fai a súa obra”.

Qué é máis difícil, ensi-nar aos pequeniños ou aos adultos?

M.F.: “Ante todo o que fago é prepararme eu, para cada ano facer cousas no-vas. Cos máis pequenos fanse xogos teatrais, con algo de música, ensíno-

lles expresión corporal de maneira moi sinxela. Cos maiores xa traballas o per-sonaxe, explicar de que vai a historia, é un traballo máis difícil... E coa xente da ter-ceira idade, para min son xente especial, para eles esa actividade éo todo e fanme sentir a gusto”.

Cantos alumnos tes en total?

M.F.: “Este ano pode ha-ber 46 persoas no grupo e ao mellor repiten 40 do ano pasado, o cal é para min unha satisfacción. No 96 non había nin a piscina, nin a cantidade de escolas de-portivas nin as dúas esco-las de danza que hai hoxe, a competencia é enorme, e que ano tras ano sigan confiando en ti para min é importante. Por Aneis teñen pasado sobre 700 rapaces”.

Por que se apunta un rapaz a teatro, por inicia-tiva dos pais ou propia?

M.F.: “Hai de todo, hai nenos que veñen porque ven o amigo, hai pais que queren que fagan unha ac-tividade cultural; o teatro tamén é moi divertido, dife-rente; o teatro para min, que son moi tímido, é a gran es-cola dos tímidos”.

Pero ti non te pos enri-ba do escenario?

M.F.: “Algunha vez, cos máis pequenos o ano pasa-do tiven que subir. Axuda a vencer a timidez, a utilizar a palabra, trabállase a ento-nación, a expresión a nivel verbal e facial”.

O atrezzo e o vestiario, tamén o facedes vós?

M.F.: “Teño que darlle as grazas aos pais, que son os que se encargan de facer o atrezzo das obras”.

De que vai a obra que ides presentar no Audito-rio de Ourense, “Hai que aforrar”?

M.F.: “Foi estreada o ano pasado en Xinzo, foi unha aposta persoal miña, o meu

primeiro guión en plan se-rio. É unha obra tola, unha historia que transcurre nun hospital onde suceden cou-sas moi divertidas. É unha sátira, unha crítica á si-tuación na que estamos de crise, mézclanse situacións absurdas”.

Normalmente as obras que montades son escritas por ti, non levades a escea adaptacións?

M.F.: “Si, fixemos, é algo que me atrae moitísimo, pero o medo aos dereitos de autor fai que a produción a día de hoxe sexa practi-camente 100%. É a forma máis sinxela e máis econó-mica, nós somos afeccio-nados, se temos que facer obras nas que pagamos 300 euros de dereitos de autor cando nos nosos espectácu-los nunca cobramos…”

Hai programación e público para o teatro en Xinzo?

M.F.: “Penso que a xen-te non se achega ao teatro por descoñecemento, can-do hai unha obra ou unha actuación, quen ven ver as obras? Pais, nais, amigos, avós… Eu estou seguro de que hai moita xente en Xin-zo que xamais veu a Aneis e temos estado en Bilbao e puxemos a 300 persoas en pé aplaudíndonos no teatro. Que a xente non teña medo a achegarse á cultura, que probe, e que se non lle gus-ta que non veña.

Pensamos que a oferta cultural que temos a través de Aneis é grande pero po-día ser máis se houbera máis demanda. Teatro Aneis é un gran descoñecido dentro da comarca. Hai pubs ou salas que traen a xente de fóra e seguramente ou non saben ou non queren saber que hai un grupo de 45 rapaces que están aquí e algúns deles fan monólogos, e nos gus-taría que nos deran a opor-tunidade”.

Manolo Fontemoura, monitor da Escola de Teatro Muni-cipal de Xinzo./P.LODEIRO.

“Hai pubs e salas que traen a xente de fóra e seguramente non saben que hai un grupo de 45 rapaces aquí que fan monólogos e nos gustaría que nos deran a oportunidade”

Page 11: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

11

Licitada a mellora da EDAR de Xinzo4 Por 1,5 millóns de euros.

XiNZO E COMARCA / ALLARiZ E COMARCA

Allariz celebra ata o 19 de outubro as III Xornadas de Carne de Boi4 Participan 19 establecementos hosteleiros da vila que cociñarán 600 quilos de carne.Redacción

O Concello de Allariz acolle unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz, nas que participarán un total de 19 establecementos hostalei-ros da vila, 11 no apartado de menús e pratos e 1� no concurso de tapas.

Ata o 19 de outubro, os restaurantes e taparías alaricanos ofrecen menús e pinchos especiais así como concurso de tapas, no que o boi de Allariz é o protagonista. A un prezo único de 1,5 euros a tapa, o público poderá degustar 14 tapas elabo-radas de xeito diferente e entrar nun sorteo dunha fin de semana para dúas persoas en Allariz.

Dúas fins de semana e 600 quilos de carne

Debido o éxito das xor-nadas do ano pasado esta edición repetirase o mesmo esquema aínda que como novidade ampliase dunha a dúas fins de semana a

EN BREVE

4 Curso de patronaxe e costura básica

A Fundación Ramón Glez Ferreiro oferta va-rios cursos relacionados coa costura básica e prác-tica destinados a xente creativa, para aprender a confeccionar roupa pro-pia ou accesorios.

Este é un ciclo de tres obradoiros que se inician en outubro deste ano e terán continuidade du-rante o ano �015.

O primeiro deles será o curso de patronaxe e montaxe básico, que se impartirá martes e xoves de 17 a �0 horas (30 ho-ras en total) por un prezo de 80 euros. O segundo será de costura básica, mércores de 17 a 19 ho-ras (ata 30 horas) por 60 euros. E o último será de patronaxe e montaxe de bolsos, que se iniciará en novembro e se impar-tirán 3 horas semanais ata completar as 1� desta actividade, a cal ten un custo de 40 euros.

Os interesados poden inscribirse no 988 43 61 8� ou no email [email protected].

4 Obradoiro de radio

O GDR Avinza orga-niza dentro do proxecto de cooperación “Jóvenes rurales”, un obradoiro de radio. Trátase dunha iniciativa organizada coa colaboración de Radio Allariz co obxecto de fo-mentar o uso deste medio como nexo de comuni-cación e unión no rural. Unha ferramenta ao al-cance dos mozos da vila.

Os seus organizadores consideran que esta actividade contribuirá a que os máis novos que residen no medio rural desenvolvan autoconfianza nas súas propias capacidades para afrontar calquera proxecto profesional ou persoal.

Para que sexa así, este curso consta de varias sesións, nas que os rapa-ces tomarán contacto co medio e coñecerán todo o proceso de elaboración dun magazine radiofóni-co: a mesa de redacción, a locución e o control.

Redacción

A Confederación Hidro-gráfica do Miño-Sil licitou por 1,5 millóns de euros o contrato para mellorar a de-puradora de Xinzo.

O obxectivo das actua-cións é mellorar a calida-de das augas do río Limia executando actuacións que minimizarán o consumo de reactivos na actual EDAR, priorizando a eliminación

de nutrintes, sobre todo fósforo e nitróxeno, por vía biolóxica.

Estes traballos implican un importante aumento na capacidade de tratamento da instalación, coa que se poderá dar servizo unha poboación de 16.�50 ha-bitantes- equivalentes.

As empresas interesa-das deberán presentar as súas ofertas ata o 1� de novembro.

posibilidade de degustar Carne de Boi de Allariz. E para iso os hostaleiros teñen a súa disposición aproximadamente un to-tal de 600 quilos de carne para preparar de diferen-tes xeitos.

Bois da explotación de Coedo que foron sacrificados para estas xornadas gastronómicas./ARQUIVO.

Redacción

O grupo de goberno de Allariz presentará no ple-no do 31 de outubro os orzamentos municipais para �015, que ascenden a 6,� millóns de euros no capítulo de ingresos e a 6 millóns no de gastos.

Segundo explicou o al-calde, Francisco García, en rolda de prensa, o or-zamento do Concello de Allariz para o ano �015 centra os seus esforzos en manter unha política mu-nicipal de dinamización económica favorecedora da creación de emprego e a atención prioritaria ás políticas sociais.

A cifra de ingresos (6.�1�.1�7 euros) supón un incremento de 808.�45

euros, case un 15% con res-pecto o ano pasado, mentres que no apartado de gastos o incremento rolda o 1�% (6.03�.1�7 euros).

Explica o rexedor este incremento no apartado de ingresos na comercializa-ción de parcelas no Parque Empresarial de Chorente, xa que no ano �015 van efectuarse dúas opcións de compra. Por outra banda, o Concello tamén prevé in-gresar máis por novas altas nos impostos municipais de contribución urbana.

1,2 millóns para investi-mentos

No apartado de gastos o �1% (1.�83.5�7 euros) vai destinado a investimentos que terán por obxecto, en-tre outros, atender a rede

viaria municipal, mellorar o ximnasio e vestiarios da piscina climatizada, e cambiar a xestión na re-collida de lixo co novo servizo “porta a porta”. O Programa Allariz �0�0 adicado á mellora nas urbanizacións, melloras en parques infantís, aglo-merado en quente da rúa de acceso a Acearrica son outras das inversións previstas para o vindeiro ano.

O orzamento tamén contempla un esfor-zo importante (7%) de amortización de pasi-vos financeiros, capítulo incrementado de xeito importante coa formali-zación de préstamos ICO para o pago a provedores �01� e �013.

O orzamento 2015 de Allariz prioriza dinamización económica e políticas sociais4 As contas serán debatidas no pleno do 31 de outubro.

Redacción

A Escola Rural de Saúde da Limia puxo en marcha un amplo abano de activi-dades para este outono.

Entre as primeiras acti-vidades atopáronse unha Xornadas de Terapias Al-ternativas que se celebra-ron do 6 ao 9 de outubro. No seu programa incluiron a naturopatía, osteopatía, paleonutrición, neurofisio-loxía e acupuntura.

De seguido, dende o 15 de outubro comezarán os talleres de relaxación e de paleogim (exercicio fun-cional); as clases serán os mércores de �0.15 a �1.30 na Casa da Cultura .

Os días �� e �4 de outubro será o turno dun obradoiro sobre a fibromialxia, tamén na Casa da Cultura, e o 6 e 7

Novos talleres na Escola Rural de Saúde da Limia4 Relaxación, fibromialxia ou alimentación medicinal son al-gúns dos temas que tratarán.

de novembro a formación versará sobre alimentos e plantas medicinais.

Asemade, continuarán coas charlas sobre as fun-cións do enfermeiro, as enfermidades cardiovascu-lares e a diabete.

É preciso inscribirse pre-viamente na Escola Rural de Saúde para poder parti-cipar nestas actividades.

A realización destes talleres estan dentro do Proxecto de intervención e educación sociosanitaria na zona rural, subvencio-nado pola Deputación Pro-vincial, e que conta coa co-laboración do Concello de Xinzo. Ademais, hai que sinalar que esta iniciativa pode levarse a cabo grazas á implicación de profesio-nais e entidades do ámbito social e sanitario limiao.

Participantes nas Xornadas de Terapias Alternativas.

Page 12: 15 de outubro - Barrios

1� BARRIOSOutubro de �014

ALLARiZ E COMARCA

Redacción

Un cento de asistentes déronse cita no congreso “Medio rural, Innovación e Novas Tecnoloxías”, que se celebrou o pasado 9 de ou-tubro en Allariz. Este even-to marcou o punto e final de “Geopueblos”, un proxecto que desde �011 traballou para fomentar novas tecno-loxías e novos sistemas de comunicación nas sete co-marcas españolas nas que están establecidas os co-rrespondentes sete grupos

Asistentes ao congreso de Geopueblos en Allariz./CEDIDA.

de desenvolvemento rural, que forman parte del, entre eles o GDR-15 Avinza.

O obxectivo último de “Geopueblos” é promover un desenvolvemento sus-tentable e duradeiro a través de estratexias claras e novas no ámbito da comunicación no medio rural. Para iso, creouse unha plataforma de xeolocalización de recursos naturais, culturais, sociais e económicos, dispoñibles na web www.geopueblos.com e en senllas aplicacións gra-tuítas para iOS e Android.

“O proxecto recopila in-formación de onde comer, durmir, que visitar, e esa información está xeolocali-zada e dispoñible nun por-tal web e nunha aplicación móbil; está pensado sobre todo para o turismo pero ta-mén é útil para os propios locais”, explica a coordina-dora do GDR Avinza, Eva González.

“Geopueblos” está ba-seado nunha contorna tan universal e intuitiva como Google Maps. Mediante un sistema de capas de infor-

Unha ferramenta web xeolocaliza os puntos de interese do territorio Avinza4 Deuse a coñecer no congreso “Medio rural, in-novación e novas tecnoloxías” celebrado en Alla-riz.

mación específica é posible acceder a datos prácticos e xeolocalizados que facilitan a compra directa de alimen-tos de produción ecolóxica, ou de variedades autócto-nas ou a práctica do turismo rural e de natureza.

Xogo interactivoAdemais, a plataforma

oferta un xogo interactivo multimedia para os máis pequenos (“O código segre-do”), que a semana pasada foi difundido nos colexios

de Rairiz, Allariz, Xun-queira, Baños de Molgas, Maceda e Xunqueira de Es-padanedo, “a través do cal os menores van coñecendo o seu territorio”, engade a responsable de Avinza.

O traballo cos colexios é unha das principais liñas de acción de “Geopueblos”. O fin último destes talleres lúdico-educativos é con-vidar os alumnos a que re-flexionen sobre como viviu o home no pasado, como vivimos agora e como po-

deriamos facelo no futuro para recuperar o equilibrio co noso planeta e co resto de persoas.

Cooperación interterri-torial

“Geopueblos” é un proxecto de cooperación interterritorial financiado polo Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Medio Ambiente. Remata o 15 de novembro, pero desde Avinza intentarán que teña continuidade a través do novo programa Leader e así seguir xeolocalizando máis recursos de interese dos dez concellos da co-marca de Allariz-Maceda e da Reserva da Biosfera que o integran.

A web e aplicación móbil “Geopueblos” xeolocaliza recursos naturais, culturais, sociais e económicos dos 10 municipios que forman parte do GDR-15 Avinza

Page 13: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

13pUBLiCidAdE

Page 14: 15 de outubro - Barrios

14 BARRIOSOutubro de �014

CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Pío Álvarez creou, den-de a súa Administración de Lotería, en outubro de �01� a páxina de Facebo-ok “Aquela Celanova”, co fin de compartir entre veciños esas fotos antigas da vila que permanecen es-quecidas en caixóns.

Naceu cunha única imaxe dos anos 50; hoxe acumula máis de 1.700, deu forma a un libro e, proximamente, verán a luz unha web e un documental.

“Aquela Celanova” foi a idea dunha tarde de outo-no, que nestes dous anos se cargou de sentimentos, reencontros e proxectos de futuro.

Como xorde “Aquela Celanova”?

Pío Álvarez: “Eu tiña moitas fotos antigas dos meus pais, e o primeiro que fixen foi escanealas para non as perder. Unha tarde ocurríuseme crear a páxina en Facebook e subir unha, porque tiña varias de pan-dillas de antes. Era outubro de �01�, e subín a primei-ra ca idea de intercambiar fotos entre todos, porque sempre hai xente que pode ter instantáneas dos teus pais ou avós que ti non tes. Esa foto era dos anos 50 e nela saía un grupo de xente, pero como non tiña aínda amigos esa páxina o que fixen foi etiquetar aos que eu tiña de xeito parti-cular, para que a través de-les se fora vendo e a xente se animase a colgar máis. E foi automático, comezou a unirse xente e a subir fo-tos de maneira inmediata. E a partir de aí a páxina xa foi medrando soa”.

E medrou moi rápido. Cantas fotografías se pu-blicaron?

P.A.: “Si, medrou rá-pido, en menos de dous meses xa tiña 600 amigos. Hoxe ten �.604 e hai ao redor de 1.700 fotografías. E eu teño varias para subir agora porque as vou esca-neando cando teño algo

ENTREVISTA A PÍO ÁLVAREZ - CREADOR DA PÁXINA “AQUELA CELANOVA”

“O importante é que compartamos as fotos antigas de Celanova, gardadas non fan nada”4 Pío Álvarez creou a páxina “Aquela Celanova”, que reune 1.700 fotografías da vila de San Rosendo que fan un respaso pola súa historia.

de tempo, porque hai moita xente maior que non ten or-denador e por iso llo fago eu no meu establecemento”.

E como leva a xente maior iso do Facebook?

P.A.: “Hai quen se fixo un perfil só para ver as fotos de “Aquela Celanova”, e de feito só teñen ese amigo”.

Agora conta con amigos da vila e de fóra.

P.A.: “Si, de feito creo que hai máis xente de fóra que de acá. Hai moitos ami-gos de Venezuela, Argenti-na, Suiza, Estados Unidos, Alemania... incluso xente que nunca pisou Celanova, porque son fillos ou netos de emigrantes. Eu acepto a todo o mundo aínda que non os coñeza, porque hai moita xente de fóra que ves o nome en inglés e os apelidos son galegos. Ademais, tamén se uniu xente á que lle gusta a fotografía antiga”.

Tamén serviu para reto-mar vellas relacións?

P.A.: “Si, en moitos casos hai xente que atopou a com-pañeiros da escola ou vellos amigos ou veciños a raíz de entrar nas fotos e comen-talas. E ves que se poñen a falar da súa vida e estable-cen de novo contacto, pero ese tipo de cousas son polas que merece a pena esta his-toria”.

Como pasa “Aquela Ce-lanova” a un libro?

P.A.: “A idea do libro foi de Aser Álvarez, que un día me suxeriu facer unha publicación coas fotogra-fías. E para levalo a cabo colaboramos man a man coa Asociación Arraianos, a produtora Lareira Pop de Inés Vázquez -que naceu en Celanova-, os textos son de Benito Reza, Luis Espe-ranza proporcionou moitas fotografías, hai unha poesía de Baldo Ramos e a introdu-ción é de Méndez Ferrín”.

Pero tivestes que reali-zar unha gran selección.

P.A.: “Si, no libro hai só �55 fotos. Sei que hai xente que quería que saíran máis, pero hai que ter en conta que non todas valían porque

era preciso que tiveran unha determinada calidade e as de Facebook non valen. Así que houbo que contactar coa xente para que nos pasaran a foto ou a trouxeran polo meu establecemento para escaneala en boa resolución. Por iso, había moitas que eran interesantes pero foinos imposible publicalas.

Ademais, o proceso de selección e corrección foi longo. Eramos cinco: Ines, Baldo, Luis, Aser e máis eu. Inés, como era de fóra e polo tanto neutral, era a que ía facendo a distribución por capítulos, pero despois os outros catro mandabámos-lle correccións, e por iso se alongou. Ademais, quixemos que todas as fotos levaran pé, para indicar a data, quen eran os que aparecían, onde estaban, e iso require moito traballo. Ademais, tamén re-cuperamos os alcumes, que mos enviou fai moitos anos un primo de miña nai que estaba en Argentina, e son todos feitos en verso, cos motes da xente”.

Cando subiches esa pri-meira foto, pensabas que remataría en todo isto?

P.A.: “Non, non, que va. E menos no do libro”.

Que tal o recibiron os veciños?

P.A.: “A maioría xa piden segunda edición, para que teña máis fotos”.

Recibistes algunha cola-boración das institucións públicas?

P.A.: “Si, tanto o Con-cello de Celanova como a Deputación Provincial axu-dáronnos economicamente para publicalo e estámoslles moi agradecidos porque iso nos axudará para os proxec-tos futuros”.

Cales son eses proxec-tos?

P.A.: “Aser está pensan-do en pasar as fotos a unha páxina web e elaborar un documental. Como web hai unha en Carballo que nos está inspirando, nela están ordenadas as fotografías de xeito cronolóxico e ten ata xeolocalizador, está máis organizado. Pero é certo que

o Facebook é máis global.O documental será a par-

tir do material do Facebook e coa xente maior da vila, porque son a historia”.

Pero sen dúbida hai un protagonista moi impo-rante: o fotógrafo Rizo.

P.A.: “Si, sen el non ha-bería páxina porque el es-taba en calquera esquina inmortalizando a vida de Celanova. E o bo é que as súas fotos eran espontáneas, de todos aqueles costumes da época, como era o paseo os xoves pola tarde, despois do mercado. E é que naquel momento non había outro fotógrafo de rúa coma el, só os había de estudio. Hoxe co móbil hai �00 fotos dunha mesma festa, pero daquela ninguén sacaba fotos de xei-to particular. E por iso esas fotos teñen moito valor, eran en carrete, podían sair ben ou non... non era sinxelo”.

Eras afeccionado ao mundo da fotografía?

P.A.: “Si, eu traballei 7 anos co fotógrafo Montero acá en Celanova, aínda que facía máis vídeo. E téño-me presentado a diversos concursos. Gañei o Outono Fotográfico no Concello de Celanova no 91; tiven un accésit no concurso de Rai-game fai uns anos; e quedei seleccionado noutros. Pero agora non saco moitas fotos porque non teño tempo”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños de Celanova.

P.A.: “Sei que hai xente que ten fotos pero non se acaba de decidir, porque non ten Facebook ou es-cáner. Eu dígolles que mas traian sen problema, que xa me encargo. Que o impor-tante é compartilas, porque hai moitas fotos en caixóns que se acabarán perdendo, gardadas non fan nada, e todo isto é historia do noso pobo.

Esta páxina non é miña, é de todos os veciños. E, por suposto, quero agradecer a colaboración de Aser, Inés, Baldo, Luis e todas aquelas persoas que colgaron ou trouxeron fotografías”.

“A través da páxina moita xente atopou vellos coñecidos cos que retomou o contacto”, asegura Pío Álvarez

Pío Álvarez confesa que nunca imaxinou que “Aquela Cela-nova” se rematase convertendo en libro./S.N.

EN BREVE

4 Charla motiva-cional en Celanova

O alumnado do obrado-iro de emprego “San Ro-sendo… Segue o camino” recibiron o pasado 3 de outubro unha charla mo-tivacional para fomentar a cultura do emprendemen-to, en particular no eido dos recursos patrimoniais e turísticos da súa comar-ca. A xornada foi impartida por Manuel Rivero Pérez, sociólogo e antropólogo, oriundo de Bande, e que conta cun extenso curricu-lum académico e unha di-latada experiencia laboral orientada ao estudo dos liderados e as habilidades humanas.

Este obradoiro de em-prego é una iniciativa des-envolvida polos concellos de Celanova, Bande e Ve-rea para fomentar o turis-mo cultural como motor de desenvolvemento eco-nómico das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia.

4 Novos congre-sos populares en Cartelle e Ramirás

A Xunta Directiva do PP de Ourense fixou a data de cinco novos congresos lo-cais para novembro, entre eles os de Cartelle o día 14 e o de Ramirás o día �8.

Ademais, o 17 de outu-bro terá lugar o congreso extraordinario de Novas Xeracións en Xinzo.

4 Internet de calidade en Celanova

Máis de 1.6�0 veciños de Celanova xa poden acceder a Internet de cali-dade logo de rematarense neste municipio os traba-llos de despregue da tec-noloxía UMTS-3G incluí-dos no Plan de banda larga da Xunta de Galicia.

Grazas a esta nova tec-noloxía veranse benefi-ciados os habitantes dos núcleos de poboación do-Casal, Cavadoiro, Cerde-do, As Chousas, Hermide, As Lamas, Outeiro, Pazo das Chousas, Os Prados, San Cibrao, O Tellado, O Terrado, Trasmiras, Vila-verde, Xamirás, Amoroce, Os Barreiros, Carballeira, Casal, Goterre, A Granxa, e Mociños, entre outros.

Page 15: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

15

deputación de Ourense e Medio Rural asinan un convenio para investir máis de 5 millóns de euros para infraestruturas agrarias

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, e a conselleira do Medio Rural, Rosa Quin-tana, asinaron este 8 de outubro en Ourense un con-venio de colaboración para investir máis de 5 millóns de euros (5.7�8.947 euros) en infraestruturas agrarias para o rural da provincia de Ourense. Este acordo é o primeiro dos catro que a Xunta asina coas deputa-cións de Galicia e permitirá financiar actuacións no mar-co do programa de mellora de camiños de titularidade municipal nos exercicios de �014 e �015.

A Deputación de Ouren-se achega en total máis de 619.000 euros (��9.753 € en 2014 e 389.550 € en �015) desta actuación que está financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Des-envolvemento Rural cunha porcentaxe do 75 %; polo Ministerio de Agricultura (1�,13 %) e con fondos da Xunta de Galicia, onde se

inclúe a achega da Deputa-ción de Ourense (1�,87 %).

Os obxectivos deste pro-grama son a realización de melloras das infraestruturas no medio rural, e nun con-texto de crise económica e financeira como a actual, a Administración autonó-mica e as entidades que integran a Administración local consideran necesario reforzar a colaboración co fin de pór en marcha actua-cións que redunden na me-llor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos. Desta maneira, a FEGAMP e Agader consen-suaron os criterios de dis-tribución das asignacións económicas aos concellos para desenvolver o Plan Marco programa de mellora de camiños de titularidade municipal �014-�015, que se executará por Agader a través de subvencións aos concellos en réxime de con-cesión directa.

Manuel Baltar considera que esta actuación “nace

da cooperación entre ad-ministracións e contribúe a vertebrar o territorio, po-ñendo a disposición dos concellos a posibilidade de realizar obras de mellora que, unidas aos proxectos do plan provincial de obras e da rede viaria provin-cial, permiten mellorar as contornas, os municipios e, en definitiva, a calidade de vida dos veciños do ru-

ral”. Asemade, o presidente provincial destacou a cola-boración que a Deputación está a manter coa Xunta de Galicia a través do Inorde para levar a cabo proxectos nos ámbitos da castaña, as razas autóctonas e o sector do viño, entre outros, “co-laboración que favorece a competitividade e dinamiza a economía do rural ouren-sán”.

Rosa Quintana, pola súa banda, dixo que logo de dous invernos “moi duros” para o rural galego “este programa de mellora de in-fraestruturas permitirá fa-cerlle a vida máis fácil aos habitantes do rural, pois o noso obxectivo é que no rural dispoñan da mesma comodidade que nas ci-dades para desenvolver as súas actividades cotiás”.

A deputación aproba axudas sociais e culturais por importe de 417.000 euros

A xunta de goberno da Deputación de Ouren-se, presidida por Manuel Baltar, resolveu a conce-sión de subvencións para a realización de servizos sociais e actividades cul-turais por un importe to-tal de 417.�84 euros.

No que atinxe a servi-zos sociais, a xunta de goberno resolveu a con-vocatoria de subvencións a asociacións e funda-cións para proxectos rela-tivos a �014, concedendo a 71 entidades a cantida-de total de 337.�84 euros, mentres que en materia cultural a xunta de gober-no resolveu a convocato-ria de concurso público para a concesión de sub-vencións para a realiza-ción de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, corresponden-tes ao exercicio �014.

As entidades beneficia-rias das axudas son 17 e o importe total ascende a 80.000 euros.

Facenda reduce de 10 a 5 millóns a débeda da deputación ao aceptar a petición de compensación proposta por Manuel Baltar

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de comunicar á Depu-tación de Ourense a compen-sación económica que levará a efecto e que reducirá de 10 a 5 millóns de euros a can-tidade que a institución pro-vincial ten que reintegrar ao ministerio polas irregularida-des detectadas nos proxectos Daredo e Deputráns.

Desta maneira, Facenda acepta a petición plantexada polo presidente da Deputa-ción, Manuel Baltar, segun-do a cal se compensan as débedas entre ámbalas dúas administracións, quedando pendente de pago un total de 5.198.454 euros, a metade do solicitado inicialmente (10.1�3.053 euros).

Esta resolución ten a súa razón de ser en que o Mi-nisterio de Facenda debe

dende o ano �007 un total de 4.9�4.599 euros á Depu-tación de Ourense, importes retidos en operacións den-tro do Programa Operativo FEDER Rexional Galicia �007-�013 que, a data de hoxe, non foron aboados á institución provincial.

Por elo, ante a solicitude de compensación proposta pola Deputación de Ourense o ministerio, por medio dun escrito asinado polo director xeral de Fondos Comuni-tarios, José María Piñeiro, acepta realizar dita compen-sación, que terá que ser re-ferendada pola Deputación nun prazo de 15 días.

Manuel Baltar valora moi positivamente esta decisión do Ministerio por terse aten-dido a súa petición de levar a cabo a compensación de débedas, “pois non fago

máis que cumprir coa miña obriga de defender os inte-reses provinciais”, e lem-bra que, a maiores diso, “a Deputación de Ourense ten plantexado ante a xurisdi-ción contencioso-adminis-trativa a medida cautelar de suspensión da obriga de pagamento por parte da institución provincial, pro-cedemento que está aínda pendente de resolverse”.

inorde, Cámara de Comercio e incyde poñen en marcha un novo programa de creación de empresas e autoemprego

O presidente da Deputa-ción, Manuel Baltar, xunto co director xeral da Funda-ción Incyde, Javier Collado, e o presidente en funcións da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Para-da, presentaron o novo pro-grama para emprendedores que poñen en marcha as tres institucións, dirixido á crea-ción e consolidación de em-presas e o autoemprego.

No marco do Plan “Transforma Ourense” a institución provincial cola-bora nesta iniciativa dirixi-da especialmente a empren-dedores dos sectores do mel e da lousa e a empresarios que queiran consolidar o seu negocio.

A duración do programa será de oito semanas conse-cutivas a un promedio de 40 horas semanais e o número máximo de participantes será de �5 alumnos.

Os obxectivos deste pro-

grama enmárcanse dentro das premisas de Europa �0�0, a nova estratexia da UE que prevé a formación de persoas facilitando a súa incorpora-ción ao mercado de traballo. Os contidos do curso están relacionados con consulto-ría e dirección de proxectos, marketing, comercialización, aspectos financeiros e xurí-dicos, temáticas de calidade, prevención de riscos laborais e medio ambiente.

CompetitividadeBaltar dixo que esta ini-

ciativa pretende “favorecer a competitividade na pro-vincia impulsando proxectos que poidan facerse realidade e que contribúan a reactivar a economía”.

Pola súa banda, Juan Car-los Parada destacou que nos últimos tres anos a Cámara de Comercio contribuíu a facer realidade os proxectos de máis de 300 empresarios,

e no que atinxe ao programa presentado sinalou que xa son �0 os alumnos inscritos. Finalmente, Collado desta-cou o feito de que a idade media dos emprendedores neste programa é de 33 años e que o 40 % son mulleres.

Sector forestalTamén tivo lugar a clausu-

ra do Programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego no sector fo-restal, agrícola e gandeiro, coa entrega de diplomas aos alumnos; o cal converteu á nosa provincia na primeira de España en poñer en mar-cha un proxecto formativo destas características.

Nestes senso, Baltar subli-ñou que o Plan “Transforma Ourense” verase potenciado en �015 e �016 coa aproba-ción por parte do Goberno central de iniciativas dirixi-das ao emprendemento en Ourense.

Manuel Baltar.

Rosa Quintana e Manuel Baltar.

especial dEpUtACiÓN

Page 16: 15 de outubro - Barrios

16 BARRIOSOutubro de �014 CELANOVA E COMARCA

Tralo alzamento, Cancela agochouse nun zulo ata que foi desterrado e levado a prisión

O Furriolo acolle unha homenaxe aos represaliados polo franquismo4 Arraianos promoveu un acto na honra do derradeiro alcalde republicano de Celanova, Benito Cancela, no que se presentou a investigación de Pablo Sánchez sobre o mesmo.Redacción

O domingo �8 setembro tivo lugar un acto reivin-dicativo artístico, poético e musical en homenaxe ás vítimas da represión franquista diante do Mu-ral do Furriolo (A Bola), unha obra promovida por Arraianos e deseñada por Xosé Vizoso, que está ao pé da estrada entre Cela-nova e Xinzo.

Durante este acto públi-co, que contou coa presen-za do propio Vizoso, lem-brouse moi especialmente ao derradeiro alcalde re-publicano de Celanova, Benito Cancela, unha víti-ma da represión franquis-ta que foi recuperada do esquecemento grazas a un traballo de investigación do historiador celanovés Pablo Sánchez.

No acto, ao que acu-diron descendentes do exrexedor, presentouse

este traballo de Sánchez, “Benito Cancela e o seu tempo, un persoeiro esque-cido da nosa historia, que fai un percorrido pola vida do derradeiro alcalde repu-blicano de Celanova”.

Un home de pazTal e como se mos-

trou “tratouse da vida dun verdadeiro home de paz, atrapado nun mundo de desenfrenada xenreira, ira e violencia, desatada nos momentos máis críticos da historia desta vila. Mo-mentos convulsos da nosa historia contemporánea nos que Benito Cancela ―unha figura que aínda agarda un reconoñecemento por parte das institucións― ofreceu desde o seu natural talante conciliador, pacífico e to-lerante, un exemplo de in-tegridade que lle permitiu gañar o respecto tanto dos seus correlixionarios coma dos seus opoñentes”, ex-

plicaron dende o colectivo Arraianos.

Así mesmo, lembrouse que “bo e xeneroso coma poucos, o seu carácter hu-manista, compasivo e to-

lerante, non impedíu que vivira unha cruel represión franquista tralo alzamen-to fascista do 36, en forma de boicot ao seu negocio, o Bar Hotel Cuba, nin tam-

pouco evitou que tivera que vivir agochado nun zulo ou pasar un pesadelo intermi-nable de desterro, xuízos, cárcere e confiscacións, até morrer no anonimato e no ostracismo político, sen ter recibido ningún recoñece-mento”, reclaman.

Momento da homenaxe aos represaliados polo franquismo promovida polo colectivo Arraianos e que conduciuo o seu membro Aser Álvarez (segundo pola dereita).

Redacción

Chegaron o outono, as temperaturas suaves e a choiva, o que propicia un

bo inicio de tempada sil-vestre �014 coa presenza nos montes ourensáns de numerosas setas. De feito, xa podemos gozar das Aga-

Nova edición das Xornadas Micolóxicas de Celanova4 Do �0 ao �6 de outubro a tapería Plan C aco-llerá exposición, degustacións e conferencias de expertos micólogos.

ricus, Cantharellus, Macro-lepiotas, Boletus e outros xéneros de interese culina-rio, aínda que tamén apare-cen cogomelos tóxicos, polo

que, como recomendan os expertos, é imprescindible a formación botánica para identificalos.

Con este fin chega unha nova edición das Xornadas Micolóxicas de Celanova, de asistencia libre e gratuita. Carecen de axudas e sub-vencións oficiais e son as máis veteranas de Ourense e das máis antigas de Galicia.

ProgramaAs Xornadas celebraranse

do �0 ao �6 de outubro na Sala Micolóxica Plan C, e no seu programa inclúense conferencias de expertos (todas ás 19.30 horas), ex-posicións, degustacións e unha saída ao campo.

O día �0 esta iniciativa comeza da man da confe-rencia “Principais cogome-los comestibles”, impartida por Ricardo Mínguez.

O martes �1 será o turno da charla “Principais cogo-melos tóxicos”, a cargo de Carlos Suárez Santalices.

O día �� será o turno de profundizar na “Trazabili-dade. Normativa micolóxi-

ca �014” da man de Borja Mínguez.

O xoves �3 Ricardo Mín-guez achegaranos “Recolli-da ordenada e cultivo. Coo-perativismo agrario”.

O venres �4, ás 19.30 ho-ras, será a presentación do libro “En el país de las se-tas”, de Alejandro Mínguez, que irá acompañada de sina-tura de exemplares.

O sábado �5 organizarase unha saída ao campo de 11 a 13.30 horas pola zona do Monte da Cruz. E ás 14 ho-ras realizarase unha degus-tación. Ademais, ás �0 ho-ras, celebrarase a asemblea xeral da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova.

Por último, o día �6, Plan C acollerá unha mostra de exemplares e obxectos ven-cellados coa micoloxía (de 11.30 a 14 e de 18 a �� ho-ras).

O venres 24 presentarase o libro “En el país de las setas”, de Alejandro Mínguez

O micólogo Ricardo Mínguez (primeiro pola esquerda) resolvendo dúbidas na expo-sición de exemplares das Xornadas de 2013.

EN BREVE

4 Renuncia o voceiro do BNG na Merca

O voceiro do BNG na Merca, Manuel Outumuro Seara, presentou no mes de setembro a súa renun-cia como concelleiro. Ou-tumuro Seara, tras preto de 16 anos de edil e oito como portavoz, explica que renuncia por motivos persoais.

Segundo el mesmo in-dica nun comunicado, “vai sendo hora de dar paso a xente nova que lle dea pulo e aire fresco ao proxecto nacionalista que sempre defendín e segui-rei defendendo. Neste eido, voume tranquilo xa que estou seguro de que a miña sustituta (Teresa Garrido, nº 4 da lista do BNG) vai continuar coa folla de ruta da nosa orga-nización”.

Outumuro Seara agarda que o seu traballo “servira para mellorar a calidade de vida dos meus veciños, xa que este foi o único obxectivo que perseguín”.

4 Celebrado o congreso local do PP de Verea

A Biblioteca Municipal de Verea acolleu o pasado �6 de setembro o congreso local do PP nesta localidade. A única candidatura que se presentou foi a encabezada por Juan Antonio Martínez González, que acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos.

Durante a súa interven-ción, o recén elixido pre-sidente local agradeceu o apoio unánime á candida-tura que el lidera. De feito, sinalou que “eu sempre te-rei un obxectivo ao frente do PP local: loitar incan-sablemente polo benestar dos veciños e veciñas do meu pobo”.

Juan Antonio Martínez González púxose á dis-posición do presidente provincial, Manuel Baltar, para traballar arreo na vin-deira campaña electoral, co fin de acadar o obxec-tivo de gañar as elec-cións municipais de �015, “apuntalando ao PPOU como forza política hexe-mónica na provincia”.

Page 17: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

17OURENsE pROViNCiA

En 2015, Ourense verá reducido o tempo de conexión por tren con Madrid en máis de 30 minutos

Reciben fondos os CIMs de Verín, Xinzo, Maceda e Terra de Celanova

A ministra de Fomento supervisa o avance das obras da alta velocidade4 Ana Pastor percorreu o traxecto entre Vilariño de Conso e A Vilavella.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, entre outras autoridades, no inte-rior do túnel do Espiño, na Gudiña./XOAN CRESPO.

Redacción

As obras da Liña de Alta Velocidade (LAV) Ma-drid-Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense marchan ao ritmo previsto. Así o confirmou a ministra de Fomento, Ana Pastor, nunha visita a un tramo de obras na Gudiña, na que es-tivo acompañada polo pre-sidente da Xunta de Gali-cia, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades.

Durante o percorrido, a ministra comprobou a evo-lución das obras, así como o estado de execución dalgunhas das principais estruturas localizadas no tramo da LAV que atravesa Ourense, e cuxa conclusión permitirá completar a co-nexión Madrid-Galicia no horizonte de �018; tras a entrada en servizo do tramo de alta velocidade Olmedo-Zamora, prevista para �015. A este respecto, o titular do Executivo galego resaltou que o ano próximo Ouren-se verá reducido o tempo de conexión con Madrid en máis de 30 minutos, grazas á chegada do AVE a Zamo-ra. Isto significará, agregou,

que “a partir do ano �015 será máis rápido circular entre Galicia e Madrid en tren que en coche”.

Investimento por parte de Adif e nos Orzamentos

Tanto a ministra como o presidente galego destaca-ron o impulso investidor que o Goberno proporcio-nou durante esta lexislatura á conexión de Galicia e a Meseta, cuxo último exem-plo se concretou o pasado �6 de setembro ao apro-bar Adif Alta Velocidade un investimento global de 54�,7 millóns de euros para equipamentos e materiais destinados á construción da LAV Madrid-Galicia.

Neste sentido, o investi-mento máis significativo, de 511,9 millóns de euros, corresponde á adxudicación da redacción dos proxectos construtivos, execución das obras, conservación e man-temento das instalacións, sistemas de protección do tren, control de tráfico cen-tralizado, sistemas auxilia-

res de detección, telecomu-nicacións fixas, GSM-R e instalacións de protección e seguridade no tramo Olme-do-Ourense.

Ese contrato inclúe ta-mén a conservación e man-temento das instalacións existentes no tramo Ouren-se-Santiago, xa en servizo.

Do mesmo xeito, os Or-zamentos Xerais do Estado para o ano �015 prevén un investimento de 891,4 mi-llóns de euros para o tramo Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo.

A Liña de Alta Velocida-de Madrid-Galicia, está a ser cofinanciada con 201,2 millóns de euros de fondos europeos FEDER.

Estruturas singularesEntre os elementos sin-

gulares do tramo visitado destacan os túneles bitubos do Espiño e de Vilavella, de 15,8 e 7,6 km respecti-vamente de lonxitude, así como a chaira na que se si-tuará a estación de Porta de Galicia, na Gudiña.

Redacción

4� municipios da pro-vincia de Ourense van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de 580.111 euros, para a pos-ta en marcha de iniciativas en tres liñas de actuación: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres.

Durante a presentación das axudas, a secretaria xeral de Igualdade, Susa-na López Abella, destacou que a convocatoria deste ano reforzou a prioridade dos proxectos de xestión compartida entre varios municipios, e de feito, nesta convocatoria foron máis as entidades locais que presentaron unha so-licitude conxunta. Este in-cremento reflíctese sobre todo no programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIMs). Así, este ano no ámbito dos 13 CIMs en funcionamento na provincia participan un total de 4� concellos, dos que 37 teñen unha xestión compartida deste servizo fronte a cinco que a teñen individualizada.

López Abella referiuse a que cinco concellos con este tipo de centros pre-sentaron unha solicitude

conxunta coa agrupación dun total de �0 concellos. Entre eles o de Verín, que comparte a xestión co con-cello de Vilardevós. Tamén ofrecerán unha xestión com-partida no ámbito dos CIMs tres mancomunidades, unha delas a de Terra de Celano-va. En total para apoio aos CIMs a Secretaria Xeral de Igualdade reparte 440.761 euros en 13 centros, entre eles tamén o de Xinzo de Limia e o de Maceda.

Conciliación A segunda liña, por volu-

me presupostario, é a de fo-mento da conciliación, con 90.9�7 euros, destinados ao financiamento de plans e actuacións de conciliación no ámbito local. Nesta liña son 20 os concellos benefi-ciados.

Por último, a liña de medidas de promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da vio-lencia de xénero conta cun orzamento de 48.4�3 euros que se repartirán entre 35 concellos.

Entre as entidades locais que reciben máis axudas es-tán os concellos de Verín e de Xinzo de Limia.

42 concellos reciben fondos da Xunta para promover a igualdade4 Repártense 580.000 euros.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, pre-sentaron as axudas aos concellos./RAMSÉS.

4 Complexidade técnica do tramo

O tramo Lubián-Ourense, de 100 km de lonxitude, é un dos máis complexos tecni-camente da LAV Ma-drid-Galicia, e de toda a rede española de alta velocidade, debido á accidentada orografía que atravesa. Da súa complexidade tamén dá mosta o feito de que na súa execución partici-pan case medio cento de empresas construtoras.

Entre os elementos singulares visitados es-tán o túnel do Espiño, de 7,9 km de lonxitude en cada un dos seus dous tubos, e que discorre polos termos municipais da Gudiña e Vilariño de Conso.

Nas inmediacións da Gudiña, dentro do sub-tramo Túnel do Cañizo vía dereita, inclúese explanación de ambas as vías (esquerda e de-reita), necesaria para albergar a plataforma da que será a futura esta-ción Porta de Galicia.

Page 18: 15 de outubro - Barrios

18 BARRIOSOutubro de �014 dEpORtEs

4 Nova sala aeróbica na piscina de Verín

A piscina climatiza-da de Verín conta cunha nova sala aeróbica e outra de spinning. Estas novas salas son o resultado da remodelación realizada na piscina durante as últimas semanas.

4 Instalacións deportivas de Celanova

O presidente da Deputa-ción, Manuel Baltar, visi-tou as instalacións deporti-vas de Celanova e mantivo unha reunión co alcalde, José Luis Ferro. Baltar preocupouse polas necesi-dades deportivas da vila e asegurou que a aposta polo deporte é unha máxima da Deputación.

Redacción

O sábado 11 de outubro celebrouse en Xunqueira de Ambía unha andaina e un maratón para rendir tributo a Eva e Zeltia, ve-ciñas de Xunqueira faleci-das no accidente do Alvia en Angrois o �4 de xullo de �013.

A Asociación Deporti-va Asaltamontes, en co-laboración co Concello de Xunqueira de Ambía, organizaron este evento para manter viva a súa memoria. Máis de 300 persoas homenaxearon as dúas rapazas. Entre os participantes, familiares, amigos e veciños.

4 Curso de monitor de fútbol base en Verín

A Federación Galega de Fútbol, a través da Es-cola Nacional de Ades-tradores, e o Concello de Verín promoven a reali-zación dun curso federa-tivo de monitor de Fútbol Base na localidade.

Os requisitos para os alumnos son: ter 16 anos cumpridos e efectuar a inscrición antes do día de inicio de curso que será o �8 de outubro (ou ata es-gotar as 35 prazas ofer-tadas). Os participantes recibirán un diploma que acredita para adestrar equipos federados ata a categoría cadete.

A inscrición custa 150 euros e o curso ten unha duración de 65 horas (do �8 de outubro ao �8 de xaneiro os martes e mércores de �0 a ��.30 horas).

[+ info no mail [email protected]]

Redacción

O piloto Iván Ares, xunto ao seu compañei-ro Álvaro Bañobre, foi o vencedor do terceiro Rali Ourense - Ribeira Sacra. O piloto coruñés chegou a Ourense como campión galego de ralis deste ano, cando aínda faltaban por disputar dous ralis (inclui-do o Ribeira Sacra).

Iván Ares vence no Ribeira Sacra4 Antes do rali ourensán xa era campión galego.

Ares, co seu Porsche 911, foi superior aos seus rivais en oito dos nove tramos cronometrados da proba. O segundo clasificado foi Pedro Burgo, quen tamén pilotaba un 911. 4� segun-dos separaron a Burgo da primeira posición de Iván Ares. O podio foi comple-tado pola sensación do rali, o piloto local Miguel Pare-des, co seu Renault Clio R3.

Paredes, que foi o primeiro da Top Ten Pirelli, rematou a pouco máis de dous minu-tos do campión. A vitoria na Copa Pirelli fixo que quede aberto este título ata a últi-ma proba do Campionato galego de ralis. Esta última cita do campionato galego será o Rali Eurocidades, e celebrarase no mes de nov-

embro con tramos en Tui e Valença do Minho.

A choiva, protagonistaNos últimos tramos do

rali a choiva foi protagonis-ta. A metade dos case 100 participantes tiveron que abandonar, moitos deles polas adversidades clima-tolóxicas.

Un dos participantes do Rali Ribeira Sacra./ I.OSORIO.

Redacción

O ciclista de Maceda Iván Feijoo conseguiu a vi-toria en Oviedo e con ela o liderado na Copa de España de ciclocross, no arranque da mesma.

Na carreira de cadetes, Feijoo impúñase ao catalán Jofre Cullel e ao valenciano Miguel Lloret, situándose como líder da Copa. Iván vencía ao sprint a Jofre des-pois dunha carreira moi in-tensa no parque de Inverno da capital asturiana.

Doutra banda, Xiana Conde terminaba cuarta en categoría junior, quedando ás portas do podio, nunha proba que gañaba a tamén galega Irene Trabazos.

Máis resultadosEn cadetes, Abel Franco

finalizaba 18. Na carreira de elite sub �3, o actual campión galego de BTT XC, Raúl González, na súa primeira carreira como sub 23, finalizaba sétimo, realizando unha gran ca-rreira entre a elite do ci-clocross español. Así pois gran comezo de tempada para o CC Maceda, nunha tempada que se presenta longa e ilusionante.

Iván Feijoo, primeiro na Copa de España de ciclocross4 O macedán acadou a vitoria en Oviedo.

Iván Feijoo no ciclocross de Oviedo.

Unha andaina e un maratón para o recordo4 Para as veciñas de Xunquei-ra de Ambía que faleceron no accidente do Alvia.

Dos 300 inscritos, máis de �00 participantes de-cantáronse pola andaina, mentres que superaron a centena os que participa-ron no maratón.

Vencedor do maratónAínda que o menos im-

portante era o competitivo, o vencedor foi Fernando Arca, ao realizar o mara-tón de montaña en 3:31 horas. José Manuel Casa-do Méndez foi segundo, (3:41). En contra punto, outros deportistas fixeron o percorrido en 10 horas. Para eles o importante era estar nesta cita e non esquecer as súas amigas, veciñas ou familiares.

Na mesma proba Xiana Conde foi cuarte en júnior, e Raúl González quedou sétimo en elite sub 23

EN BREVE

Page 19: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

19pUBLiCidAdE

Page 20: 15 de outubro - Barrios

�0 BARRIOSOutubro de �014 OCiO E CULtURA

Poden participar cativos de Verín e Chaves de entre 11 e 16 anos

Biblioteca Municipal de Verín, que acollerá os “Contos cos nosos maiores”./CEDIDA.

Redacción

Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da comarca de Verín entre os máis novos, a Biblioteca Pública Muni-cipal de Verín, coa colabora-ción do investigador e escri-tor Bruno Rúa, promove a terceira edición do concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’, no cal poderán participar rapaces da comar-ca ou de Chaves, con idades comprendidas entre os 11 (cumpridos ou que cumpran en �014) e os 16 anos, e so-cios da biblioteca.

A inscrición será indivi-dual, podendo ir acompa-ñado por un proxenitor ou outra persoa maior de idade no desenvolvemento das probas.

A persoa que se inscribe deberá presentar o seu nome e apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, te-léfono, correo electrónico e concello no que está empa-droado.

ObxectivoO obxectivo do concurso

é que o cativo que partici-pa consiga fotografarse ou achegar a información que se solicita de cada unha das probas (dando así a coñecer

4 ‘Contos cos nosos maiores’

O 17 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Bibliote-ca Pública Municipal de Verín organiza os ‘Contos cos nosos maiores’, desti-nada a un máximo de �0 nenos (socios da instala-ción) de entre 3 e 9 anos. Nesta ocasión, os meno-res poderán acudir acom-pañados dos seus avós ou familiares maiores.

Esta actividade consisti-rá na realización de conta-contos e como manualida-de elaborarase un centro de outono e un marco cun-ha foto dos nenos e avós xuntos -os participantes deberán traer unhas follas secas e froitos típicos das datas de outono para con-feccionar o centro-.

Para participar é nece-sario inscribirse na propia biblioteca ou no 988 414 776.

Esta iniciativa, ademais de enmarcarse na progra-mación de actividades para o fomento da lectu-ra, inclúese na campaña de sensibilización social “¡¡¡Dona AMOR!!!”, do Plan Xerontolóxico Mu-nicipal de Verín, plan des-tinada a alzar a voz sobre a soidade non desexada que padecen moitos maio-res. Trátase da cuarta ac-tividade do curso escolar que se desenvolverá na Biblioteca de Verín.

A Biblioteca de Verín organiza o III concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’4 Celébrase do �0 de outubro ao 3 de novembro.

a riqueza patrimonial e cul-tural da zona).

Para descubrir cada un dos espazos, daráselle unha pista, que conducirá ao par-ticipante a un o varios libros en cuestión, que lle indica-rán o punto exacto no que se atopa a peza ou lugar no que se terá que fotografar.

A pista será a mesma para todos os participantes, e cada vez que se resolva unha das pistas, daráselle ao concursante unha nova, até o total de tres.

O gañador do concurso será o que consiga fotogra-farse ou achegar a informa-ción con todas as pistas máis rápido. A imaxe será enviada ao correo electrónico [email protected], indicando onde se atopa a peza e algún comentario sobre a dificul-tade da proba e o aspecto patrimonial - cultural.

Asemade, dado que unha das probas non require de fotografía, deberá presen-tarse o traballo realizado na propia biblioteca.

Prazos e premioO concurso comezará o

�0 de outubro (a inscricón permanence aberta até o 17) e rematará o 3 de novembro. Se non se conseguiran resol-ver as tres probas, vencerá o concursante que máis pistas teña resolto.

O premio do gañador con-sistirá nunha Tablet Sam-sung Galaxy Tab de 7”, cor-tesía de Ordenadores Verín.

4iMAXEs dO MEs

“180 anos de Historia Provincial” na Sala de Exposicións de Verín

A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o �� de outubro a mostra itinerante “180 anos de Historia Provincial”, organizada pola Deputación Provincial de Ourense coa colaboración do Concello de Verín.

Esta mostra, que está a percorrer Ourense, está concibida como un itinerario no que se poden ver as máis destacadas divisións xeográficas e político-administrativas da penín-sula Ibérica, desde a conquista romana ata a actual organización provincial. Un resumo da historia da provincia de Ourense completa a visión panorámica da nosa división e organización territorial. O itinerario histórico está ilustrado con 14 mapas, expresamente realizados para a mostra, e un libro catálogo, nos que os límites da provincia de Ourense acadan o protagonismo necesario para que o espectador teña unha clara visión da iden-tidade territorial.

A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a sábado de 10 a 14 e das 17 ás 19.30 horas.

Autoridades na inauguración da mostra “180 anos de Historia Provincial”./CEDIDA.

Un momento da batalla entre moros e cristiáns na Romaría da Saínza./IÑAKI OSORIO.

Final entre abrazos na batalla de moros e cristiáns na SaínzaA Romaría da Saínza congregou a centos de persoas en Rairiz de Veiga durante a fin de

semana do �0 e o �1 de setembro. O acto centrais desta festa tradicional voltou ser a esce-nificación, durante a mañá do domingo e ao remate da misa, dos combates entre mouros e cristiáns no campo do castelo, nos que participan os veciños do lugar e arredores.

A teatralización representa a batalla na que os cristiáns recuperan o castelo e o estan-darte da virxe, sometendo aos mouros, grazas á intervención milagrosa da Nosa Sra. da Mercé. Desta volta a batalla rematou cun abrazo e apretóns de mans entre ambos os bandos, a petición do párroco de Rairiz.

Declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia, a Romaría da Saínza, ademais de ser celebración relixiosa e esceneficación do combate, é tamén xogos, fogo, música e animada troula durante varios días. Durante unha fin de semana, o lugar da Saínza énchese con miles de romeiros, que ocupan os verdes prados e escampados da contorna con comidas familiares e de amigos.

Page 21: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

�1pUBLiCidAdE

Page 22: 15 de outubro - Barrios

�� BARRIOSOutubro de �014

4HistORiAs dE MONtERREi

Din que os membros da “Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei” so-mos catro gatos, uns fol-clóricos, aos que nunca lle fomos quitar as silvas ao castelo e ademais uns bu-rriños sen altura de miras.

Pero o que non din é que os catro gatos fai un mes que lle entregaron á Xunta máis de 7.000 firmas en contra de converter o noso castelo nun parador, que os folclóricos organizaron unha romería con catro cadelas (eles gastarían uns miles) para ademais de de-fender o castelo apoiar os grupos e a cultura musical que existe na nosa zona. Tampouco se lle oíu dicir nada sobre as conferen-cias que organizou a pla-

Dintaforma e que foron maxis-tralmente levadas a cabo por D. Francisco Javier Pérez, profesor de Historia Medie-val na Facultade de Historia da Universidade de Vigo.

Os burriños da platafor-ma temos apoios do mun-do das letras: Xosé Neira Vilas, Suso de Toro, Teresa Moure…; apoios do mundo da arqueoloxía: Bea Co-mendador, Félix Gonzá-lez, Rebeca Blanco Rotea, Martiño X. Vázquez…; do mundo da música: Sergio Dalma, Delafé y las Flores Azules, A Roda, Kepa Jun-quera… e da televisión: Da-vid Amor, Isi, Laura Ponte e un largo etc. (Podedes velos a todos/as en: http://caste-lodemonterrei.wordpress.com/apoios-ilustres/).

Mentres, os grandes pen-sadores que idearon facer un parador no castelo, van quedando sos, os últimos en deixalos en evidencia foron os do “Consello da Cultura Galega”, un orga-no asesor e consultivo da propia Xunta que emitiu un longo informe o pasado 13 de outubro instando a Xunta a que modifique o uso que pretende darlle o castelo de Monterrei e que teña en conta a cidadania antes de decidir darlle un uso en concreto a un ben patrimonial tan importante.

Quedan sos, quedan sen excusas e quedan en evi-dencia.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

4dEsdE A pONtE... A MONtERREi

O corazón pechado

Voltou a sen razón ao fermoso val de Monte-rrei. Coido que, nos de-rradeiros anos, estamos a vivir, nesta querida terra, acontecementos que cada vez semellan máis os das grandes urbes, onde actos insensibles e reprobables de violencia de xénero, brotan sen xeito, de for-ma desproporcionada e inxusta, facendo que unha vila pacifica e tran-quila coma a nosa, non encaixe doadamente este golpe brutal.

Aínda latente o terrible suceso, que vivimos con Fátima, que estremeceu as entrañas de todo un pobo, de novo o ruín, voltou es-pertar a besta salvaxe da violencia, ata chegar ao máis doloroso e absurdo que endexamais poidera imaxinar.

Aquela tarde, o demo entrou no seu corpo, e agochado, andou dentro del ata levalo o abismo. Descoñezo o seu nome, mesmo nunca ollara a súa

faciana xuvenil de adoles-cente inseguro. Non é pre-ciso saber mais que o acon-tecido.

A tolemia, fixo esquecer o corazón, o cariño e o amor, rachando en mil anacos os recordos dun berce quente, dun agarimo sen límites, e do máis importante, do agasallo mais fermoso que unha muller pode dar ... a vida! Só trece anos, e a escuridade venceu o seu fráxil espírito de neno, de fillo e persoa.

No fatídico día, a in-consciencia bateu no máis fermoso e apaixoante que podemos ter, unha nai. O corpo incomparable dunha nai, ese corpo único, que percibe o milagre de poder concebir unha vida dentro doutra, con dous corazóns palpitando ao mesmo tem-po, o ritmo da esperanza, cedendo todo, a cambio de nada.

Aquí, na faciana da mamá, caeron os traidores golpes do demo, os golpes estériles e baleiros, que

deixan marcas sensibles, carentes de dor. Sen dúbi-da, o dor máis profundo, pasou por soportar un mar embravecido, fóra de si, coas ondas sen control, petando nun peirao des-protexido, angustia!.

Agora, co perdón da alma, e coa obriga, na Fis-calía, unha nai acorralada de sentimentos non des-cansa, mentres seu fillo pasa os trámites estable-cidos da controvertida e raquítica Lei do menor.

Sei a boa fe que os ollos do demo pasarán longas horas clavados no teito dun dormitorio amargo e frío, sen póster do Real Madrid, sen xoguetes nin redes sociais, sinxela-mente só, e maquinando unha e outra vez. As bá-goas baixarán ceibes cara á almofada do arrepenti-mento, que de seguro e paseniño, aliviarán os la-texos do seu corazón, dese ferido corazón, pechado.

Miguel A. Prieto “Chita”

4AXENdAExposicións- Ata o 17 de outubro -

Exposición “Culturas para compartir, xitanos hoxe” - Biblioteca Pública de Verín

- Ata o 19 de outubro - Exposición “Sequienzas” - Centro de Artes Nadir Afonso (Chaves)

- Ata o �� de outubro - “180 anos de Historia Provincial” - Sala de Ex-posicións de Verín

Feiras- Todos os xoves - Cela-

nova- 18 de outubro - Carte-

lle- 19 de outubro - Rami-

rás- �0 de outubro - Mace-

da- �3 de outubro - Rairíz

de Veiga e Verín- �4 de outubro - Xun-

queira de Ambía- �6 de outubro - A Mer-

ca- �7 de outubro - Xinzo- 1 de novembro - Alla-

riz e Porqueira- � de novembro - Baños

de Molgas, Calvos de Ran-dín, Riós e Sandiás

- 4 de novembro - Sarreaus

- 5 de novembro - Cua-ledro

- 7 de novembro - Vilar-devós

- 8 de novembro - Baltar e Vilar de Barrio

- 9 de novembro - Oím-bra, Xunqueira de Espada-ñedo e Vilar de Santos

- 13 de novembro - Pa-derne de Allariz

Cursos- 19 de outubro - Obra-

doiros de caligrafía xapo-nesa e origami – De mañá e tarde – Allariz

- Do �0 ao �6 de outu-bro - Xornadas Micoló-xicas - Tapería Plan C de Celanova

- �� e �4 de outubro - Obradoirdo de fibro-mialxia - Escola Rural de Saúde da Limia

- 6 e 7 de novembro - Taller sobre alimentos e plantas medicinais - Es-cola Rural de Saúde da Limia

OCiO E CULtURA / ARtiGOs

4 Novo curso organizado por Rebulir

O colectivo Rebulir or-ganiza un novo curso que terá como eixo a cultura tradicional e se desenvol-verá en Ramirás.

Entre os contidos do seu programa inclúe activida-des de lecer, baile tradi-cional, canto e pandeireta, percusión e gaita.

4 Exposición sobre a cultura xitana

Ata o 17 de outubro, a Biblioteca Pública de Verín acolle a exposición ‘Cultu-ras para compartir, xitanos hoxe’, que busca formar ao público no coñecemento da historia, as tradicións, a cultura e a realidade actual da comunidade xitana.

A exposición inclúe fo-tografías, pequenos textos, obxectos e instrumentos, e poderá visitarse de 10 a 13.30 horas e de 16 a �0.30.

4 Obradoiros de caligrafía xaponesa e origami

A Fundación Vicente Risco de Allariz organiza o 19 de outubro dous obra-doiros, un de caligrafía xa-ponesa e outro de origami. O de caligrafía terá lugar, para os cativos de entre 8 e 1� anos, de 10 a 11 horas. E para os maiores de 1�, de 11:15 a 1�:15.

O obradoiro de origami será de 1�:30 a 13:30 para os nenos de entre 5 e 1� anos. E para os máis maio-res de 16:30 a 17:30.

A participación en cada un destes obradoiros ten un custo de 15 euros (10 para os socios da Fundación). A inscrición debe facerse na Aira das Letras.

4 Curso sobre o patrimonio relixioso

Os días �1 e �� de no-vembro celébrase na vila de San Rosendo o curso

EN BREVE

“O patrimonio relixioso como recurso turístico: o ex Mosteiro Benedictino de Celanova”, que terá lugar na Sala dos Arcos (antiga bi-blioteca).

Estas conferencias están dirixidas a estudantes, pro-fesionais de turismo, histo-riadores e público en xeral. E realizarase unha visita ao Mosteiro, capela de San Mi-guel e prazas e rúas da vila.

O prezo de inscrición (que pode facerse ata o 14 de no-vembro) oscila entre os �0 e os 30 euros (con ofertas para desempregados, discapacita-dos e familias numerosas).

4 Curso de animación 3D

A Casa da Mocidade de Allariz acolle (de novembro a xuño) un curso de animación 3D, no que os participantes se achegarán ao desenvol-vemento de películas de de-buxos animados, creación e animación de personaxes.

O prezo do curso é de 60 euros mensuais, e a inscri-ción pode facerse na Casa da Mocidade, en Promoción Económica ou en anima-ció[email protected].

4 Inicio dos programas “Kero-Kolo”e “Kero-Kedar”

O programa ‘Kero-Kolo’ terá como escenario o Pa-villón Municipal, e consis-te nun espazo de encontro entre pais e nenos (menores de tres anos non escolariza-dos), onde conxuntamente coa familia e os orientado-res das sesións aprenden a relacionarse entre eles. Terá lugar os martes e mércores de 11.30 a 13 horas.

Na Escola Municipal de Familia (antigo Lavadoiro) desenrolarase o programa ‘Kero-Kedar’, no que nenos de tres a catro anos realiza-rán actividades sen a figura adulta de apego. Como no-vidade, o último mércores do mes, os menores trasla-daranse á aula CeMIT de Verín, para familiarizarse cos recursos educativos vir-tuais.

Page 23: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014

�3CLAsiFiCAdOs

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº6 - Ano: IX - Outubro �014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4tELÉFONOs dE iNtEREsE4CLAsiFiCAdOs

ALUGUER/VENdACompro casa vella, palleira, ade-ga ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Compro terreo, máximo 500-1000 m� preto de Ourense, máxi-mo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con coci-ña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, � baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comu-nidade. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase praza de garaxe en Edi-ficio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 �55 033.Vendo piso na avenida de Portu-gal (zona Couto) a 5 minutos do centro de Ourense. Ascensor e ca-lefacción central. Opción de praza de garaxe. Teléfonos: 988 �� 39 3� / 657 40� 184.Alúgase piso na zona do Couto. �-3 dormitorios, cociña, baño, adega (30 m). Amoblado. Moi soleado. Tel. 677 49 46 45.Alugo local económico acondicio-nado en avda de Zamora e oficina amoblada en avda. da Sainza. Con certificados enerxéticos letras E e C respectivamente. Prezo a convir. Tel. 6�7 �03 131.Véndese fábrica de embutidos en funcionamento con clientela. Tel. 667 95 93 41.Véndese casa con finca na estrada de Santiago Tel. 637 00 59 10.Alugo oficinas na rúa Progre-so ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10.Vendo piso en Vigo (praza Espa-ña). Oportunidade! Tel. 639 81 6� 09.

EMpREGOClases a domicilio en Ourense. Especialidade Matemáticas xe-rais. Todas as etapas. Diversos grupos de materias. Recupera-cións - Verán. Con certificado de formador e CAP. Ampla ex-perencia. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail: clasesadomici-lio�[email protected] cubano católico, con preparación cultural e pro-fesional, busca emprego como coidadores de personas maio-res, acompañantes, xardinería, traballo doméstico. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realiza-mos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en cal-quera zona. Tel. 611 353 009.Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, orga-nización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou ne-nos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coi-dar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empre-gador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou [email protected]ózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese modista para particu-lares. Bo prezo. Calidade e pun-tualidade. Tel. 988 �55 30�.Academia de debuxo e pin-tura María Pinal Trashorras en Ourense. Clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico impartidas por licenciada en Belas Artes a grupos de nenos e adultos. Tel. 669 603 414.Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de camareiro). Tel. 609 919 36�.Ofrécese piano e voz para eventos e clases particulares de piano, linguaxe musical e canto. Contacto: 663 733179; [email protected]; e Facebook. + info en: www.youtube.com/user/duopianovoz

CONtACtOsOfrécese chico de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos . Tel 66� �81 31�.

VENdAsVendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distan-cia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel./Whatsapp 667 830 310.Vendo coche de neno Casual Play, pouco uso, �50 euros. Tel. 609 8�� 076Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón ne-bulizador. Tel. 686 54 00 87.Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cris-tal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44Vendo 2 portas de aluminio bran-co con cristal sen marco. Medidas: �35cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44.Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75.

Vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.Cómprase cinta de andar eléc-trica. Tel. 698 157 448 (whats-app). Zona Verín.Vendo sofá 3x2, enfriador de botellas, apeiros de labranza para decorar, unha caldeira de gas ci-dade. Tel. 637 00 59 10Vendo bicicleta de muller. Tel. 637 00 59 10.Vendo secadora sen apenas uso. Prezo económico. Tel. 988 �5 43 86.

Page 24: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �014