María Reimóndez

9
María Reimóndez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados María Reimóndez Meilán ( Lugo, 1975) comezou publicando poesía coa obra Moda galega. Outras obras líricas súas son: Moda galega reloaded // Presente continuo... pero polo que máis é coñecida é polas súas publicacións na narrativa. Comezou coa obra O caderno de bitácora. Pero a nivel narrativo os maiores recoñecementos viríanlle polas obras O club da calceta (Premio Xerais, 2005), Dende o conflito (Premio Xerais, 2014), sen esquecermos as súas últimas novelas: En vías de extinción ou A música dos seres vivos. Tamén ten publicado literatura infantil e xuvenil (O regreso de Usha e O monstro das palabras) ensaios e moitas traducións ao galego. jueves 7 de enero de 2016

Transcript of María Reimóndez

Page 1: María Reimóndez

María Reimóndez

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

María Reimóndez Meilán ( Lugo, 1975) comezou publicando poesía coa obra Moda galega. Outras obras líricas súas son: Moda galega reloaded // Presente continuo... pero polo que máis é coñecida é polas súas publicacións na narrativa. Comezou coa obra O caderno de bitácora. Pero a nivel narrativo os maiores recoñecementos viríanlle polas obras O club da calceta (Premio Xerais, 2005), Dende o conflito (Premio Xerais, 2014), sen esquecermos as súas últimas novelas: En vías de extinción ou A música dos seres vivos. Tamén ten publicado literatura infantil e xuvenil (O regreso de Usha e O monstro das palabras) ensaios e moitas traducións ao galego.

jueves 7 de enero de 2016

Page 2: María Reimóndez

Non sei se se fixo realidade, creo que o que fixo foi espertar en min a curiosidade por coñecer outros lugares e tamén unha reflexión crítica sobre quen somos e o que parecemos ser. Os trazos físicos son nada máis un accidente pero ese accidente colócanos en situacións moi variopintas. No meu caso ser morena de pel, de cabelo, de ollos... levoume a estar preto de persoas semellantes e tamén me fai moitas veces ter que enfrontarme á discriminación que padecen as persoas non europeas (por exemplo nos aeroportos) porque non son branca abondo nalgúns contextos.

María Reimóndez

1. Como Vostede mesma ten dito “de pequena sempre me dicían que parecía india”... até que punto esta observación se fixo en certa medida realidade?

2. Estivemos ollando que pertence Vostede ao colectivo “Implicadas”... podería dicirnos qué obxectivos procura este colectivo e por que xurdiu?

“Implicadas no Desenvolvemento” é unha organización feminista que fundei hai xa máis de 15 anos. O seu obxectivo é transformar as raíces da pobreza cambiando o noso imaxinario e os nosos actos, a forma que temos de representar ás mulleres e comunidades do Sur e de actuar con respecto a elas. Establecemos alianzas con compañeiras sobre todo en Támil Nadu, no sur da India mediante programas de cooperación dos que elas son protagonistas pero sobre todo abrimos espazos para que as súas voces diversas se escoiten en Galicia e nos fagan entender como cousas tan básicas como o que consumimos, a roupa que mercamos etc. están creando situacións de discriminación en todo o mundo.

3. Até que punto o seu compromiso feminista se viu reflectido nas súas obras? Pode unha autora evadirse do seu “eu” á hora de escribir?

Unha autora nunca escribe se non é dende si mesma. Isto non quere dicir que escriba sempre personaxes coas que está totalmente de acordo, o meu está moi lonxe de ser unha escrita autobiográfica porque o que me divirte é crear persoas diferentes a min, pero si que hai unha base común de visión crítica, que é o que é a literatura feminista. Escribir dende os feminismos é escribir literatura incómoda, non compracente, e que pon a quen le en situación de ter que reformular quen é. Dentro diso hai centos de maneiras de escribir e plasmar esa visión crítica no papel.

María Reimóndez

jueves 7 de enero de 2016

Page 3: María Reimóndez

Sempre digo que ata que os seres humanos non sexamos entes incorpóreos, ser percibidas como mulleres ou homes pola sociedade vai marcar definitivamente todo o que facemos. No meu caso é evidente que as miñas obras se reciben con certa hostilidade por parte de sectores patriarcais da crítica que tentan marcar a escrita feminista como algo secundario, excluíndonos así ás autoras do discurso literario. Mais tamén é certo que as autoras feministas soubemos crear espazos propios, como por exemplo a plataforma de crítica literaria A Sega (www.asega-critica.net) para tecer alianzas dende a nosa diversidade. Nada disto pertence a tempos pasados, é algo moi presente. A forma en que se nos le e se nos percibe ás autoras está tremendamente marcada por visións patriarcais (por exemplo os comentarios sobre o noso físico, etc.). A partir desta experiencia logo cada unha escribe dende bases e posturas moi diferentes. Malia a discriminación patente ou velada eu creo que escribir dende as experiencias das mulleres é sempre unha vantaxe. En primeiro lugar porque permite tocar espazos e temas que a literatura patriarcal excluíu de forma constante. En segundo lugar porque permite facelo con doses de creatividade moi elevadas. E terceiro porque as mulleres podemos contribuír cunha serie de experiencias que sempre se narraron no noso nome pero sen que fósemos nosoutras quen falásemos delas. Insisto que dentro disto as voces logo son moi diversas pero persoalmente as voces das autoras sempre me interesan de partida.

María Reimóndez

4. Na súa irrupción na literatura sentiu nalgún momento que o mero feito de ser muller escritora puider supoñer certa diferenza como ten ocorrido en tempos pasados?

5. Que foi o que a levou a se mergullar na escrita digamos “en serio”? porque supoñemos que o de escribir xa lle viña de ben antes...

Sempre me gustou escribir igual que sempre me gustou ler ata puntos enfermizos. Non concibo a vida sen estas dúas cousas. Mais é certo que hai un momento en que a escrita se volve máis importante en cuestión de tempos, cando deixa de ser unha afección e pasa a ser unha actividade á que xa non se lle dedica tempo roubado senón tempo propio. Para min esa inflexión marcouna “O club da calceta”. É unha obra á que lle debo moito, entre outras cousas isto. A súa repercusión fíxome pensar que era hora de tomar máis en serio a escrita e de dedicarlle un tempo «lícito».

6. Ollamos que o viaxar, a cooperación... son un eixe na vida cotiá de María Reimóndez... Que beberon as súas obras literarias desta realidade persoal?

Como di Agustín Fernández Paz, a literatura escríbese cos fíos da vida. A miña vida está marcada pola miña convivencia coas nosas «outras», o cal implica á súa vez viaxar moito física e mentalmente.

María Reimóndez

jueves 7 de enero de 2016

Page 4: María Reimóndez

Pois o certo é que si escribín teatro, e bastante ademais, na miña adolescencia e anos máis mozos porque sempre estiven activa en grupos amadores de teatro, só que ningunha desas obras se publicou. Dito isto, non son moi consciente de escoller certos xéneros literarios para certas cousas. Digamos que para min cada libro é un proxecto sobre algo que quero investigar, que me intriga ou incomoda. A forma que toma xa é algo moito máis orgánico, como, creo, calquera proceso creativo.

María Reimóndez

7. Menos teatro, ten empregado os outros xéneros literarios. Como xorde en María Reimóndez unha obra en determinado xénero literario? Ah, e para cando teatro?

8. Ímoslle dar unha serie de características que nos pareceron saír de Vostede: solidariedade, compromiso, feminismo, liberdade, galeguista... con cal ou cales se identificaría máis? Quedaríannos algunhas por enxergar?

As teorías feministas falan dun concepto que se chama «interseccionalidade». Este vén dicir que as persoas non nos podemos dividir por parroquias, somos un todo con todas as nosas características e as nosas alianzas e discriminacións están marcadas por múltiples compoñentes. No meu caso non se pode separar ningunha desas cuestións que mencionades. Para min non hai feminismos se non pasan polas linguas propias, non hai compromiso se non pasa polos feminismos, non hai ningunha desas cousas se non pasan pola visión crítica de como nos relacionamos coas nosas compañeiras do Sur...

9. A súa obra O club da calceta foi traducida a varios idiomas... non cre Vostede que a nosa literatura contemporánea ten que convivir con esa eiva da falta de traducións para a súa universalización? E claro, isto visto dende a súa óptica como tamén tradutora...

Efectivamente creo que é importante que as obras se traduzan. Está claro que no noso caso sen un esforzo institucional ao respecto é sempre cousa da boa sorte cruzar fronteiras e isto non debería ser así. Como tradutora creo que non é só importante que se traduzan as nosas obras senón que aumente o volume de traducións en particular de autoras, ao galego.

Portada: “Dende o conflito”

jueves 7 de enero de 2016

Page 5: María Reimóndez

María Reimóndez

10. É Vostede digamos un tanto “coleccionista” de premios pero quizabes o máis salientábel fose o Xerais coa obra Dende o conflito. Que supuxo para esta obra e este premio para María Reimóndez?

Pois non era eu consciente dese «coleccionismo», a verdade é que se se me compara con outras autoras como Eli Ríos ou Ledicia Costas estou moi lonxe de ter un palmarés de premios importante, haha. Mais é certo que o Premio Xerais marcou para min un fito persoal. Creo que como todas as cousas que son importantes para min tivo que ver sobre todo co afecto, con formar parte Xerais da miña historia vital dunha forma moi forte (case toda a miña obra está publicada na editora e nela conto con persoas como Manolo Bragado ou Fran Alonso). Foi tamén, nesa altura concreta e con esa obra concreta, un reconforto no sentido de recoñecer unha forma de escribir particular que moitas veces é vista con malos ollos pola crítica patriarcal, que prefire obras máis descafeinadas ou que sigan uns patróns do ambigüo que non se impliquen tanto co presente dunha forma aberta e sen fisuras. Tamén creo que é importante por todo o que rodea o Premio Xerais. Por todos os títulos que o levaron e pola xente que se reúne o día da entrega dos premios en San Simón. Creo que nos anos que viva non esquecerei o cariño recibido ese día, foi coma unha aperta enorme!

11. E falando de premios, que prefire Vostede, un premio a unha obra súa ou máis ben un premio á súa obra en xeral -estamos a nos referir ao da AELG do 2014-?

12. Que ten Saínza Combarro, a protagonista de Dende o conflito de María Reimóndez?

Os premios son coma o clima, non se escollen. Para min o maior premio é ter público que lea as nosas obras, ter xente que fale a lingua en que as escribimos e espazos onde compartir os textos co público como as librarías especializadas no libro galego, o Culturgal, as redes sociais. O maior premio é formar parte dunha comunidade lectora que busca tecer mundos diversos e mellores.

A verdade é que Saínza Combarro e mais eu temos, como caracteres, pouco que ver. O que si temos en común pode ser unha certa maneira de facer as cousas, de enfrontar o noso traballo de mediación dende a ética e obviamente compartimos algúns lugares do planeta pero de forma moi distinta. Malia as lecturas biograficistas das obras a persoa que son, como xa dixen, tende a afastarse bastante das persoas que escribo. Se hai algunha coa que teña certo parecido diría máis ben que é Gaia, a protagonista de En vías de extinción, e mesmo aí hai moitas liñas que nos separan.

María Reimóndez presentando “En vías de Extinción”

jueves 7 de enero de 2016

Page 6: María Reimóndez

14. E para rematarmos, non nos podería falar dos seus futuros proxectos literarios?

María Reimóndez

Este ano acabo de publicar unha novela que se chama A música dos seres vivos e que forma parte do “Ciclo dos elementos”, un conxunto de novelas relacionadas entre si das que xa hai tres publicadas (En vías de extinción e Dende o conflito). É un proxecto moi complexo, unha especie de crebacabezas para as lectoras e lectores onde as personaxes secundarias dunha novela se fan principais noutra. Este ciclo mantenme bastante ocupada pero polo medio hai outras cousas en marcha como unha nova aventura de Usha e o libro co que gañei o Premio de novela por entregas de “La Voz de Galicia”, A dúbida, que se centra no tema dos abusos sexuais a menores e que espero que quen non lese no xornal este novela serializada se achegue agora a ela na edición que fará Xerais en 2016.

13. Non se lle escapou tampouco á súa pluma as lectoras e os lectores de menor idade... Supón un fondo sacrificio para unha autora mergullarse no mundo infantil ou máis ben unha satisfacción? Non cre que este tipo de literatura é moi fundamental na normalización da literatura de noso?

Eu non creo que a literatura poida facerse como sacrificio, ten que facerse sempre dende o afecto e dende o gozo, mesmo se nalgúns casos por motivos diferentes padezamos tamén nos procesos de escrita ou logo cando as obras se publican. Para min escribir para xente miúda (ou, mellor dito, para todos os públicos), é un desafío divertido e estimulante. Como persoa sigo habitando moitos dos meus mundos da infancia que se van transformando nas infancias do presente. A literatura infantil é moi complexa porque non só é fundamental para crear lectoras e lectores na nosa lingua, senón para crear persoas críticas, para abrir os ollos ao mundo.

María Reimóndez

jueves 7 de enero de 2016

Page 7: María Reimóndez

CUESTIONARIO

jueves 7 de enero de 2016

Page 8: María Reimóndez

A lingua galeg

aUn monumento

salientábel?

Rosalía de Castro e Begoña

Caamaño. A obra, A semellanza de

María Xosé Queizán.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Rosalía de Castro. Malinzin.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Chimamanda Ngozi A

dichie. A obra

Trumpet de Ja

ckie Kay

Un/ha autor/-a e u

nha

obra litera

ria

estranxeiro

s?

Lisbeth Salander

Un personaxe literario co que

se identifique?

O mundo.

Cal é a súa fonte de inspiración

Os xogos da fame.

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

Happy de Doris Dörrie

jueves 7 de enero de 2016

Page 9: María Reimóndez

Ter un can.Un anceio por rea

lizar?

O «rurbano», por iso vivo en Vigo. Montaña.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Múnic nos dous casos.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?O voto das mulleres

Un feito histórico?

Vivir nunha

sociedade xustaUnha utopía?

Calquera

Un lugar axeitado para a lectura?

Funk. Tightrope de Janelle Monae

Un tipo de música? Unha canción?

Con quen escribe con afán de cambiar o

mundo.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Calcetar e facer deporte

Outro entretemento ademais da lectura?

jueves 7 de enero de 2016