Os cereais-o pan (primaria)
Transcript of Os cereais-o pan (primaria)
O panO pan
Os cereais
Os cereais son plantas con sementes (grans) de grande poder nutritivo. Foron aproveitados como alimento desde hai máis de 10.000 anos e constitúen a principal fonte nutricia da humanidade e un complemento fundamental para o gando.
Todos os cereais son gramíneas, un grupo de máis de 6.000 especies de plantas capaces de vivir en todo tipo de solos e climas.
Flores agrupadas en espigas, acios ou panículas terminais protexidas por brácteas (glumas e glumelas).Follas alternas,
envainadoras e cos nervos paralelos.
Talo (cana) oco ou con pouca médula, dividido por tabiques transversais.
Froitos (grans) de tipo cariópside, cunha única semente soldada ao froito.
Raíz fasciculada.
Xerminación Afillado
Encanado Floración Maduración
CICLO VEXETATIVO
O millo é orixinario de América, é unha das primeiras plantas cultivadas (hai máis de 7.000 anos en México). Foi traído a Europa polos conquistadores. A primeira noticia do cultivo en Galicia é do ano 1604 en Mondoñedo.
Cultívase en toda a costa e no interior por debaixo dos 400 m de altura.
O millo ocupa máis do 50% da superficie cerealista de Galicia. Nos últimos anos aumentou a extensión de cultivo para forraxe (ocupa máis de 41.000 ha) e diminuiu a de gran.
Flor feminina
Pode acadar máis de 3 m de altura. O millo do país bota unha espiga grande e outra pequena e os híbridos dúas ou tres grandes.
Os froitos agrúpanse nunha espiga ou mazaroca cuberta por unha brácteas (follato).
Flor masculina(pendón, candea)
Tui
San Sadurniño
Carballeda (Salcedo)
Cambados
Bande
Cambre
Pontedeume
Pradocabalos
Monfero
Seméntase en marzo-abril e páñase en outubro. É unha planta moi sensible á seca, polo que precisa regas.
USOS•Alimentación humana (directamente ou en multitude de produtos elaborados)•Alimentos para o gando (ensilado ou como compoñente de pensos).•Bebidas: chicha, bourbon, cervexas...•Aceites, plásticos, papel... •Menciña popular
Máis de 1.200 produtos vendidos nun supermercado inclúen un ou varios ingredientes derivados do millo (Hallauer, 1994).
REFRÁNS-Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar.-Non caves o millo con néboa, que como está, así queda.-Polo San Pedro (xuño) abre o rego.-No marzo abrigo, mozas e pan de millo.-Por xuño, onde está o mozo?, ou está na aberta ou no pozo.
ADIVIÑAS
Ten barbase home non é;ten dentese non pode comer.(O MILLO)
Verde nai de cabelo dourado,leva o fillo no colonun coberto acochado.(A MAZAROCA)
CANTIGAS
Sachade ben sachadoras,sachade ben o meu millo;se non queda ben sachado¿Que farei pró San Martiño?
Sei cantar e sei bailar,todo se me da na mantamén sei cavar o milloalá en chegando San Xoán.
Ata a folliña do millosabe tamén picardía,garda do orballo da noitepara beber polo día.
espiga raíña
espiga das ánimas
TRIGOtrigo
wheat
É o cereal máis importante das zonas temperadas, necesita humidade e temperaturas suaves durante o seu desenvolvemento e tempo cálido e seco para a colleita.
Comezouse a cultivar hai máis de 10.000 anos nas concas do Tigris, Úfrates e Xordán desde onde se difundiu ao resto do mundo.
O trigo é unha gramínea que pode acadar 1,5 m de altura. Coñécense máis de 20.000 variedades. Cultivase nos terreos máis fértiles.
espiga en flor
espiga e grans
algunhas variedades de trigo cultivadas en Galicia
O trigo cultívase en Galicia desde a prehistoria. Cobre unha superficie aproximada de 23.000 ha. As zonas de cultivo máis importantes son A Coruña (sobre todo Bergantiños), Lugo e Ourense (A Limia).
Colleitadora na Limia
USOSÉ o cereal máis utilizado para a elaboración de pan, galletas, pastas, doces...É a base da alimentación para o 35% da poboación mundial.Tamén se emprega para elaborar cervexas, licores, cremas, xabóns...A palla para facer cestos, sombreiros...
Sémola-fariña
TRADICIÓN ORALREFRÁNS-Cando o trigo está nos campos é de -Deus e máis dos santos.-Nin viña no baixo nin trigo no cascallo.-Maio frío moito trigo, maio pardo, ano farto.
CENTEOcenteno
rye
É orixinario das montañas do Hindukush, en Asia Menor.Noutros tempos foi o cereal máis cultivado em Galicia (o pan) e a base fundamental da alimentación en moitas zonas rurais, en especial da montaña.Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado. Cultívase sobre todo en Lugo e Ourense, a maior parte para forraxe.
campo de centeo na Mezquita
searas de centeo nos Ancares, hai 30 anos
A planta de centeo pode acadar os 2 m de altura. Ten unha fácil nascencia e resiste os climas fríos mellor que os outros cereais.
espiga de flores
espiga e grans de centeo
CULTIVOSeméntase no outono (grandal) e recóllese de xuño a agosto. Tamén se pode sementar na primavera (serodio) se o mal tempo non o permite no outono.
mallo
Noutros tempos facíase a malla (para separar o grao da palla) colectivamente na eira. Na actualidade faise con máquinas.
Festa da malla en Allariz
TRADICIÓN ORALREFRÁNS-O que sementa sen semente sega sen fouciña.-Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña.-En abril espigas mil, en maio todo espigado.-Polo San Clemente bota a túa semente.-No agosto a fariña e no setembro a fouciña.-Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.-Polo San Xoán seca a raíz do pan.
USOS DO CENTEOA fariña úsase para facer pan, soa ou mesturada con fariña de trigo ou de millo (mistura ou mistilla). A fariña de centeo é máis escura que a de trigo e contén menos gluten, o que fai o pan máis escuro e máis compacto. O pan de centeo consérvase moi ben.
O gran e a palla úsanse para alimentación do gando.Coa palla longa e flexible (colmo) fanse cubertas para alboios e pallozas, sombreiros, cestos, cordas...En Rusia o centeo utilizase para elaborar unha cervexa.É un dos cereais que se utilizan na elaboración do whisky.
PROCESADO DOS CEREAISCOLLEITA
MALLA
AIREADO E SECADO
ALMACENADO
PROCESAMENTOS
limpeza, clasificación, descascarillado, moído, extruído, cociñado (pan, empanadas, pastas, galletas, pizzas, bolos,
pasteis, pratos precociñados …)
ENVASADO E COMERCIALIZACIÓN
CONSUMO
HÓRREOS para almacenar millo
ensilado
palleiros, medas
MUÍÑOS
de man
de vento
hidráulico
Muíño eléctrico
FÁBRICA DE FARIÑA
ELABORACIÓN DO PAN
PROCESO:•Amasado•División e pesado•Repouso ou fermentación•Formado•Cocción
INGREDIENTES: fariña, auga, sal, lévedo
Elaboración tradicional
Elaboración industrial
Segundo o proceso de elaboración: bregado ou gramado, de Viena, de molde, ácimo, dóce, relado, de ovo, de leite, con sementes, con herbas, con pasas...
Segundo a orixe: de Cea, de Carballo, de Ousá...
Segundo as formas: bolo, bola, molete, barra, rosca, pulga, cornecho...
Segundo o tipo de fariña: de trigo (branco, integral), millo, mistura...
TIPOS DE PAN
Carballo
Santiago
Cea
Caldas
Ousá
pastelaría
empanada
torta de millo
orellas, flores, tartas…
bola larpeiramelindres
filloas
MONTAXE: Adela LeiroTEXTOS: Adela Leiro, Manuel NúñezFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetDebuxos: Mon Daporta